MEDICINA REXENERATIVA

Un equipo de científicos da Universidade de Edimburgo (Reino Unido) conseguiu un gran paso na medicina rexenerativa tras restaurar completamente un órgano nun animal vivo; en concreto o timo, o primeiro órgano do corpo que se deteriora ao envellecer.

Para lograr esta rexeneración, os investigadores modificaron xeneticamente ratos para que puidesen aumentar os niveis dunha proteína chamada FOXN1. Esta proteína axuda a controlar como se activan os xenes no timo. Mediante sinais químicas para estimular o aumento de FOXN1 nos ratos, os científicos foron capaces de inducir ás células inmaduras no timo a activarse. Unha vez activadas, as células inmaduras reconstruíron o órgano nos ratos máis vellos.

O innovador desta técnica, ademais de lograr unha funcionalidade completa, é que o timo rexenerado tamén tiña un tamaño moito maior ca o dos órganos dos ratos vellos non tratados con esta nova técnica.

 

“Os nosos resultados suxiren que se seguimos o mesmo proceso en humanos podemos mellorar a función do timo e, polo tanto, aumentar a inmunidade en pacientes maiores” afirma Clare Blackburn, líder do estudo.

 

Autora: Marta Palacios

 

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Bioloxía celular, Biotecnoloxía, Medicina e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

32 Responses to MEDICINA REXENERATIVA

  1. fab-elisaperez di:

    O timo é un órgano do sistema linfåtico, responsable da maduración dos córtex profundo e médula, tiñéndose o córtex superficial de cor oscura, e a médula de cor clara tras realizar unha tinción.

  2. faa-ricardop di:

    Marta cóntanos neste artigo que grazas a un avance xenético, conseguiron rexenerar o timo, un dos primeiros órganos que se dexeneran coa idade.
    Grazas a este proceso, a proteína que intervén (FOXN1)`revive´ os xens mortos do dito órgano.

  3. fab-rebecachaves di:

    O timo é un órgano linfático que está localizado na porción antero-superior da cavidade torácica.
    Ten por función:
    -Permite a diferenciación de linfocito T a Th e Tc, con funcións moi distintas.
    -Expón os linfocitos aos antíxenos do organismo, para que os recoñezcan como propios.
    -Elimina os linfocitos que están madurando mal.
    Esta noticia é outro exemplo de que a nosa tecnoloxía avanza rápidamente estando preto de rexenerar órganos fundamentais nos seres vivos e deixar así a donación como un segundo plano á hora de obter órganos.

  4. fab-ariadnacordal di:

    A posibilidade de rexenerar órganos consiste nunha idea moi atractiva para o futuro da mediciña; grazas a isto poderían conseguirse curar múltiples enfermidades caracterizadas pola deterioración dalgún compoñente do corpo, coma por exemplo aquelas relacionadas cos riñóns, as cales provocan que a recuperación destes órganos sexa pouco probable logo de telos afectado.
    As investigacións sobre o ámbito da medicina rexeneratia concluíron con resultados moi positivos nos laboratorios anteriormente: demostrárona capaz de curar enfermidades coma a hemofilia ou a anemia de Fanconi.

  5. faa-marcromero di:

    Sería fantástico que se poidera aplicar esta técnia á medeciña. Un abance coma iste supondria que alguns organos que se deterioran (todos realmente) poderían durar mais tempo e seria xenial poder aplicar este procedemente ó noso sistema nervioso central para evitar a destrucción das células mais especializadas do noso organismo, as neuronas, abrindo unha via para a investigación da cura do Alzheimer por exemplo.

    Se se poidese xeneralizar todo o proceso, o efecto nunha persoa seria o de vivir mais tempo. Existe a posibilidade de efectos secundarios non desexados.

  6. fab-gretageorgieva di:

    A posibillidade de poder rexenrar órganos sería un método moi avanzado e de gran axuda no ámbito da mediciña. Poderían se rexenrar múltiples órganos do corpo humano polo que aumentaría a esperanza de vida. Sería posible curar órganos como o corazón despois dun paro cardíaco ou organos do sistema nervioso…pero eso sí, se é que funciona da mesma maneira que cós estudos que se fixerón principalme cos ratos.

  7. faa-igonzalez di:

    Que poidamos rexenerar órganos noutros animais, axudaranos a poder rexenerar os ótganos humanos para o futuro e, así, poder obter unha esperanza de vida máis longa, sen olvidarnos que vamos a seguer sendo vellos cada vez máis, pero xa non estaremos tan mal durante varios anos, como por exemplo, quedarse na cama sin poder facer nada por culpa de que hai órganos ou músculos que non relizan ben a súa principal función.

  8. fab-iciacores di:

    Os avances na mediciña rexenerativa son de grande importancia para así no futuro poder curar certas enfermidades ou rexenerar os nosos propios órganos (o fígado, por exemplo, pode recuperar por completo o seu tamaño e función se se perde unha parte del nunha operación xirúrxica ou nun accidente).
    O timo é un organo que se atopa no sistema linfático e que se encarga da maduración da médula e da paracorteza. Este descubrimento científico, como se amsosa no artigo, quizais axude a que se poida facer o mesmo nos humanos que nos ratos, ata chegar á inmunidade.

  9. faa-christiancacabelos di:

    Aínda que sen experimentar con humanos, para os medicamento non é posible proseguir co seu avance xa que este se vería truncado se non é deste xeito, logo de superar as probas con animáis iniciaríase esta segunda fase na que se inscriben a cambio de cartos un determinado número de persoas coas que se experimentaría.
    Aínda que necesario, paréceme arriscado para os participantes destas probas porque aínda que hai un certo número de síntomas que normalmente son comúns poden atoparse con algúns non descritos que poderían sorprender ao participante. De calquer xeito “todos participamos en certo modo” xa que no momento que consumimos ese medicamento, no prospecto indícanos uns posibles efectos secundarios e tamén citan “si considera que alguno de los efectos adversos que sufre es grave o si aprecia cualquier efecto adverso no mencionado en este prospecto informe a su médico o farmacéutico” polo tanto todos estaríamos expostos a este risco.

  10. faa-laurarey di:

    O que Marta trata neste artigo é moi interesante, pois mediante este método podemos alongar a esperanza de vida dos humanos, xa que coa medicina rexenerativa temos a capacidade de reemprazar tecidos de órganos que non funcionan ben debido a vellez. Con este avance incluso lograríamos a solución a enfermidades que hoxe en día non teñen cura ou incluso a creación de órganos listos para ser transplantados.
    A medicina rexenerativa trátase dun ámbito que aínda está en estudo, pero que asta os nosos días é todo un avance médico.

  11. faa-fatimaf di:

    Neste artigo fálase dun órgano tan importante para nós como descoñecido.
    O timo é un órgano pertencente ó sistema linfático que ten unha especial importancia na maduración da paracorteza e a médula e na resposta inmunolóxica defensiva do noso organismo, e que tamén pode influír no desenvolvemento das glándulas sexuais
    Este órgano está completamente desenvolto no terceiro mes de xestación e continúa crecendo ata a puberdade, onde alcanza o seu máximo crecemento e, a partir dese momento, comeza a decrecer de forma progresiva e constante, sendo substituída boa parte del por tecido adiposo na idade adulta.

  12. faa-adrianmartinez di:

    Está claro que isto si é unha boa noticia. Se isto sae ben e chega a poder realizarse en humanos poderíamos seguramente aumentar sustancialmente a vida dos seres humanos. E se incluso isto se podidese aplicar a outros órganos, cousa que descoñezo xa que non se menciona no artigo, estaríamos ante o avance na medicina máis importante dos últimos anos segundo o meu criterio. Pero en tal caso aínda queda moito para saber se isto é aplicable aos humanos, como para estar pensando xa en se se podería facer con outros órganos. Deixemos que a ciencia avance e veremos o que nos depara.

  13. faa-fatimalago di:

    Grazas a un equipo de científicos da Universidade de Edimburgo (Reino Unido), conseguiuse a restauración completa dun órgano nun ser vivo, un paso moi grande na ciencia, como os últimos grandes avances que neste campo se están a dar. Neste caso conseguiron a restauración do timo, un órgano que eu descoñecía por completo.
    O timo é un órgano linfoide do sistema inmunolóxico, situado na parte superior do tórax. No timo prodúcese a maduración dos linfocitos T. Alcanza o seu máximo desenvolvemento e actividade durante a infancia e a adolescencia. Na idade adulta atrófiase e vaise substituíndo por tecido adiposo. O timo tamén pode considerarse parte do sistema endócrino. Produce algunhas hormonas que regulan a actividade dos linfocitos T nos tecidos do corpo. O timo está dividido en dous lóbulos e presenta unha cápsula de tecido conxuntivo e dende este tecido conxuntivo parten tabiques cara o interior. A súa principal función é a de producir linfocitos T. Estes linfocitos fórmanse na cortiza do timo baixo a influencia das hormonas producidas polas células reticulares. No timo teñen lugar un proceso de aprendizaxe dos linfocitos para que recoñezan as células do organismo. Os linfocitos que no recoñecen correctamente ás células do organismo son eliminadas polos macrófagos. Os linfocitos T son liberados ao torrente sanguíneo chegando finalmente aos ganglios linfáticos, ao bazo, ás amígdalas e ás placas de Peyer. Hai dúas enfermidades relacionadas coa incorrecta maduración dos linfocitos T, como a diabetes.

  14. faa-nicolecorbacho di:

    O timo é un órgano do sistema linfático, responsable da maduración dos córtex profundo e médula, tiñéndose o córtex superficial de cor oscuro, e a médula de cor claro tras realizar unha tinción. esta corteza componse de linfocitos estreitamente apiñados, células epiteliais denominadas epiteliais reticulares que rodean a grupos de linfocitos, e macrófagos.
    A SÚA estructura se oriXina da tercera bolsa branquial NO feto, que aparece completamente desarrolada no tercer mes de xestación, e continúa crecendo hasta a pubertade onde alcanza o seu máximo crecemento.

  15. faa-santiagoescudeiro di:

    Se realmente se pode aplicar en breves aos humanos, o tema do que trata o artigo sería un gran avance na mellora da lonxevidade das persoas na actualidade. Paréceme verdadeiramente interesante este tema, xa que todo o que mellore a nosa vida,a calidade ou a extensión da mesma é algo no que creo que se debe de investir e tratar de avanzalo todo o que se poida.
    Por desgracia o tema da investigación actualmente está bastante descoidado polos gobernos, polo menos en España, e eso non nos beneficia, xa que se non se invirte en I+D, non podemos avanzar tecnoloxicamente, o que desecandea un non crecemento da economía.

  16. faa-begonasuarez di:

    Este artigo cóntanos como un equipo de científicos da Universidade de Edimburgo (Reino Unido) conseguiu restaurar completamente o timo, o primeiro órgano do corpo que se deteriora ao envellecer. Os investigadores modificaron xeneticamente ratos para que puidesen aumentar os niveis dunha proteína chamada FOXN1. Sería incrible que nos humanos se
    O timo é un órgano do sistema linfático, responsable da maduración do córtex profundo e da medula. A súa estrutura orixínase da terceira bolsa branquial no feto, que aparece completamente desenvolvida no terceiro mes de xestación, e continúa crecendo ata a puberdade, onde alcanza o seu máximo crecemento. Logo evoluciona atrofiándose de maneira progresiva e constante. O timo exerce unha clara influencia sobre o desenvolvemento e maduración do sistema linfático e na resposta inmunitaria defensiva do noso organismo.

  17. faa-veronicanoya di:

    O feito de poder rexenerar órganos é unha gran noticia, xa que podería alongar a esperanza de vida de forma moi notable, tanto a humana como a de outros animais.
    Neste caso o órgano rexenerado foi o timo, un órgano moi importante no desenvolvemento do sistema linfático e das respostas inmunitarias defensivas do noso organismo, que ademais pode participar tamén no desenvolvemento das glándulas sexuais.
    Como di Icía, é posible que este descubrimento científico nos leve á inmunidade.

  18. fab-manuelgonzalez di:

    Outro gran paso para a mediciña e a ciencia,que supondrá un gran avance para todo tipo de operacions ou mediciñas,para rexenerar os órganos que ata agora non podíamos remediar. Debería facerse máis probas con animais antes de dar o gran paso e experimentar con humans,e concreto coas ratas,que son os animais que teñen un organismo parecido o noso.

  19. faa-martinlosada di:

    Creo que este sería un dos maiores avances para a mediciña en moito temo xa que un abance casí suporia que alguns organos que estiveran dañados ou que se estean a deteriorar se puideran salvar, e así ter unha esperanza de vida máis prolongada,non so as persoas que teñan un risco de morte máis proximo por calquera circunstancia, senon que na poboación en xeral. Estes avances daríanse evidentemente si este avance fose aplicablea máis organos que o Timo.
    Por estes motivos creo que este é un avance no que se debe seguir a traballar, e estar pendentes dos avances que se poidan producir no futuro.

  20. fab-elisaperez di:

    Este é un gran avance, polo feito de que algúns órganos dañados poderían ser salvados, o que provocaría ter unha maior esperanza de vida.

  21. faa-igonzalez di:

    Na investigación que ten que ver coa saúde, hai poucos medios para conseguer o resultado que un se propón, pero, grazas aos avances das novas tecnoloxías, os nosos experiemntos con órganos e materiais que tñan que ver coa saúde, estanse a disparar para poder evitar enfermidades fatales, ou enfermidades terminais.

  22. fab-yamilayelpez di:

    Unha gran parte dos artigos falannos de avances médicos, pero este é dos máis importantes sen dubidalo. O que implica o que nos conta o artigo non só se limita ó alargamento e a mellora da calidade das nosas vidas, senón que nos achega á posibilidade de cura de enfermidades crónicas ou dexenerativas.

  23. fab-aldaramuniz di:

    Restaurar un órgano nun ser vivo é un gran paso para a mediciña e a ciencia. Conseguiuse a restauración do timo,que é un órgano linfoide do sistema inmunolóxico, situado na parte superior do tórax e no cal se produce a maduración dos linfocitos (células linfáticas). Con este avance poderiamolo aplicar en humanos, e non só en persoas maiores, senon tamén en persoas que teñen un órgano danado e poden morrer xóvenes, e así salvarlle a vida. E con isto, alongar a vida das persoas, ou salvarlla a quen o precise. Eu prefiro que si esto se pode aplicar en humanos, nun futuro ao mellor cercano, pois que o empreguen en persoas que realmente o necesiten, para salvar vidas de bebés ou así, porque nunha persoa maior pois para que alongarlle a súa longa vida moito máis tempo? A un neno aínda lle queda toda a vida por diante; e isto non empregalo de forma avariciosa…

  24. faa-christiancacabelos di:

    Se este proxecto continúa adiante e é viable para os humanos non cabe dúbida de que poderiamos vivir máis anos e mellor.
    Se como dí no artigo “Os nosos resultados suxiren que se seguimos o mesmo proceso en humanos podemos mellorar a función do timo e, polo tanto, aumentar a inmunidade en pacientes maiores” afirma Clare Blackburn, líder do estudo, tamén podería ser un gran avance para as persoas que sofren enfermidades coma a sida que anula o seu sistema inmunolóxico xa que o timo entre outras funcións participa na resposta do noso sistema inmunolóxico.

  25. fab-iriamartinez di:

    A posibilidade de rexenerar órganos, coma neste caso o timo, órgano do sistema linfático responsable da maduración da médula e da paracorteza. Este descubrimento científico, axudaría nun futuro a que se poida facer o mesmo nos humanos que nos ratos.

  26. faa-manuelcacabelos di:

    O timo é un órgano linfático que está localizado na porción antero-superior da cavidade torácica.
    Limita, superiormente coa traquea, a vea xugular interna e a arteria carótide común, lateralmente cos pulmóns e inferior e posteriormente co corazón. Ao longo da vida, o timo involuciona (diminúe de tamaño) e é substituído por tecido adiposo.

  27. fab-elisaperez di:

    Como din os meus compañeiros, o avance que se está producindo no mundo da ciencia, grazas ás novas tecnoloxías, axudará a lograr que a esperanza de vida sexa máis duradeira, e que nun futuro, vivamos mellor. É bastante probable que se logren cousas que ata agora, eran impensables.

  28. fab-martapalacios di:

    A enxeñaría de tecidos, tamén coñecida como medicina rexenerativa ou terapia celular, é o sector de bioenxeñaría que utiliza a combinación móbil, enxeñaría de materiais métodos, bioquímica e fisicoquímica para mellorar ou substituír as funcións biolóxicas. Este termo está intimamente relacionado coas aplicacións para arranxar ou substituír parte ou todos os tecidos (por exemplo, óso, cartílago, válvulas cardíacas, vexiga, etc. ). Moitas veces, os tecidos implicados requiren certas propiedades mecánicas e estruturas para a súa propia función.
    A enxeñaría de tecidos traballa fundamentalmente con células cultivadas e modificadas xeneticamente no laboratorio como material de enxeñaría.
    Así mismo utiliza estructuras 3D que poden imitar a estructura dun órgano. Isto sirve para reemplazar parte dun órgano danado que deixou de desenvolver a súa función ou como vehículo para transportar células e moléculas no seu interior hata o tecido ou órgano diana. O obxectivo principal neste sentido sería obter un biopolímero, que é unha macromolécula presente nos seres vivos.

  29. faa-noeliaparracho di:

    A capacidade de rexenerar tecidos é un privilexio co que os seres humanos contamos en unha mínima proporción, ou mellor dito: non contamos, xa que as nosas células están moi especializadas, o que non lles permite rexenerar tecidos unha vez especializadas. Estase intentando, a partir dunha célula especializada nunha función, conseguir unha célula non especializada, é dicir, unha célula nai, xa que hai un gran problema ético coa obtención de células nai de fetos, os cales si se rexeneran debido á súa baixa ou ás veces nula especialización.
    A verdade é que a rexeneración ten un futuro moi prometedor no mundo da medicina, xa que isto permitiría a “creación” do tecido ou órgano que se necesitase sen ter que buscar por todos os recunchos unha persoa compatible para unha doación.
    O que se está intentando hoxe en día é facer “creer” ás células nais conseguidas que son células fetais e tratar de facer que se especialicen nunha determinada función e se vaia creando o tecido que se necesita.
    Sen dúbida, en máis ou menos tempo, conseguiremos que a nosa medicina avance aínda máis, aumentando a calidade e duración da vida do ser humano que teña acceso a estes privilexios.

  30. faa-laurarey di:

    A manciña rexenerativa é a menciña baseada no cultivo de células nai para rexenerar órganos ou tecidos danados, a consecuencia de enfermidades ou accidentes .
    Isto plantéase como unha posible cura para enfermidades como o Párkinson, o Alceime ou incluso a diabete. Co cultivo de células nais poderíase nun futuro eliminar os problemas de falta de órganos donantes pu rexeitamento nun transplante.
    A enxeñería de tecidos utiliza maioritariamente células cultivadas e/ou modificadas xeneticamente no laboratorio.

  31. fab-raqueloliveira di:

    Grazas a descubrimentos como estos, eu estou segura de que co tempo aumentaremos moito máis a nosa esperanza de vida, e o sque ahora chegar ós 100 anos é algo maravilloso,no futuro será o máis frecuente do mundo.
    Hai moitos outros esperimentos en proceso para poder mellorar os órganos, rexeneralos…os humanos poseemos una intelixencia que cada vez desarrollase máis,aínda que as veces os grandes hallazgos danse por casualidade,espero impaciente que poida ver algún outro gran descubrimento.

  32. fab-anaoubina di:

    Este artigo resúmenos un avance científico da Universidade de Edimburgo, conseguiron restaurar completamente un órgano nun animal vivo; timo, o primeiro órgano do corpo que se deteriora ao envellecer. Este é un gran paso para a ciencia e a mediciña. O feito de rexenerar órganos é unha gran noticia, xa que se podería recuperar por completo o tamaño e a función do órgano e podería durar máis tempo.