EXTINCIÓN DAS ABELLAS: PERIGO GLOBAL

A polinización dos cultivos, básico para a nosa alimentación, está en perigo pola crecente desaparición das abellas en todo o mundo. É un problema que se considera xa global, despois do informe feito polo Programa de Nacións Unidas para o Medio Ambiente, o cal asegurou que este fenómeno extendeuse por moitas rexións do planeta.

Rexistrouse un alarmante aumento de mortes das abellas e o informe sinala que esta grave desaparición das colonias débese a múltiples factores, como a contaminación, o cambio climático, os parásitos que atacan os cultivos e os pesticidas que debilitan as colmeas.

A importancia destas desaparicións é altísima, xa que nas últimas décadas multiplicouse o número de cultivos que dependen da polinización polas abellas. As mortes masivas constantes das abellas ameaza os ecosistemas da Terra, e a causa da falta de abellas, nun futuro, podería xerarse unha crise alimentaria, porque as abellas morren deixando as flores sen polinizar e polo tanto cae a produtividade nos cultivos. Isto, lamentablemente, podería derivar na desaparición do ser humano.

Autora: Aldara Muñiz

Esta entrada foi publicada en Catastrofes naturais, Contaminación, Saúde e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

41 Responses to EXTINCIÓN DAS ABELLAS: PERIGO GLOBAL

  1. fab-danielbaulo di:

    Eu creo que a maior parte de culpa teñena os pesticidas, xa que fan que as colmeas e as súas abellas vaian morrendo.
    O 80% das plantas con flores e o 86% das plantas cultivadas, máis o 76% da nosa cesta de alimentos, dependen de que haxa abellas nos nosos campos.
    Como o artigo explica, a desaparición das abellas é un problema moi grave, xa que non polinizarían os cultivos e caería a producción, desencadeando a falta de alimentos e a desaparición do ser humano.

  2. faa-gabriellopez di:

    Este problema xa ven de fai un tempo cando empezaron os problemas de contaminacion que fixo que os animais e a natureza se comportara dunha mforma diferente. As abellas son unha parte fundamental para a vida porque repercuten nunha cadea que nos afecta a nos, se siguen desaparecendo tera unha repercusion bastante mala para todos nos na que despois sera dificil volver a solucionala.

  3. fab-mariablanco di:

    Este é un tema o que se lle debería de prestar unha gran atención e importancia.
    Como se conta no artigo, a desaparición das abellas, non so é un problema que afectaría aos alimentos e o mundo animal, se non tamén á existencia do ser humano e á vida na terra. As abellas son as encargadas de extraer o polen e se isto non se fai as plantas non se reproducirían, o que implica que nun futuro a maioría dos animais non terían alimento e incluso no caso moi extremo, a terra podería quedar sen osíxeno.
    Considero que é un tema gravísimo o que está ocorrendo e que se debería de dar máis a luz, para así poder ser conscientes do que a contaminación está creando no mundo e sobre todo concenciarse de que nós mesmos estamos destruíndo a terra.

  4. fab-elisaperez di:

    As abellas son insectos que miden ao redor de quince milímetros de largo e forman colonias compostas por unha única femia fecundada (Reina), varias femias estériles (obreiras) e unha gran cantidade de machos (zánganos). Polo xeral, estas diminutas criaturas viven nos ocos das árbores ou nas colmeas desenvolvidas polo ser humano.

    • faa-christiancacabelos di:

      Aínda que tamén existe a probabilidade de que as obreiras poñan ovos, se esto ocorre a Reina come eses ovovs e deposita un propio dela, por eso a descendencia depende dela, e por eso está tan protexida e alonxado do exterior da colmea xa que a súa función primordial é a de continuar a expansión de dita colmea, antes de comezar a posta de ovos a abella reina sae da colmea para ser fecundada por dez ou quince zánganos e logo xa comeza a súa posta de ovos.
      Cando nacen as pequenas abellas en estado larval dentro das súas celdas exagonais aliméntanse dunha cantidade de mel que foi depositada anteriormente e que cando a esgotan e se atopan preparadas para saír ao exterior deboran a “porta” da celda e saen dela.

      O ciclo biolóxico completo dunha abella reina dende a posta do ovo ata o seu nacemento dura dezaseis días, no caso das obreiras este tempo aumenta ata os vinte e un días e no caso dos zánganos este ciclo dura vinte e catro días.

  5. faa-ricardop di:

    Aldara trata neste artigo un tema crucial, que nos afecta mundialmente, a desaparición das abellas.
    As abellas son as principais polinizadoras da Terra, polo que debemos coidalas, posto que se desaparecesen, só tardaríamos 6 meses en extinguirnos pola falta de O2.

  6. faa-laurapaz di:

    A desaparición das abellas é un dos casos, entre outros moitos, no que os factores máis perxudiciais son o cambio climático e a contaminación. Os pesticidas, eu penso que, son os que máis afectan. Hoxe en día empréganse moitos nos cultivos e así polo tanto, perxudican directamente ás abellas.
    Como indica no artigo, a falta destes animais é moi importante, xa que son imprescindibles, aínda que non se reflexe de forma directa, tamén nos acabará afectando aos humanos perxudicando a toda a cadea e, tendo en conta que esta desaparición vai avanzando cada vez máis rápido, non tardará moito tempo.
    Este é outro dos exemplos que nos fai pensar que temos que intentar disminuir a contaminación e empezando por exemplo, empregando menos pesticidas na agricultura.

  7. fab-jairotroncoso di:

    Parece unha tontería pero sin as abellas os seres vivos podemos morrer. Os seres vivos necesitamos osixeno, cousa que a producen as plantas. As abellas son as encargadas da polinización, e si esto non se produce, porque as abellas morren, as plantas non se reproducirían e non producirían osixeno. Por eso de ahí a que sin as abellas, non de forma directa, pero poderíamos desaparecer.

  8. fab-rebecachaves di:

    A desaparición das abellas é un tema moi preocupante, xa que a desaparición desta especie, esta desaparición é provocada pola contaminación é o cambio climático, ademáis dos pesticidas empregados para matar ós insectos que afectan ás abellas, que van en buscan dos froitos máis doces. E estes pesticidas matan ás abellas dunha forma máis rápida que a contaminación que afecta pero en menor medida.
    As abellas son produtoras de mel e axentes indispensables da polinización de flores e plantas. As abellas son un elemento na cadea interactiva dos ecosistemas. A importancia das abellas é moita nos diversos ciclos vitais de varias especies. Sen abellas non hai mel, pero tampouco reprodución, e si desaparecesen algunhas especies vexetais, tamén o farían algunhas especies animais.

  9. faa-marcromero di:

    Esoeluznante dato. Ata agora tiberon lugar 5 extincións masivas no planteta Terra, cada unha debeuse a unhas razóns diferentes pero o efecto foi o mesmo, a desaparición de todas as especies que non se poideron adaptar ás novas condicións, pero a vida seguiu adiante…

    Pois ben, se as abellas deixasen de existir por acción nosa, moi probablemente todas as cadeas tróficas verianse afectadas, probocando unha extinción masiva na que nos seriamos os maiores perxudicados. Pero cando o ser humano desaparezca, por culpa dunha guerra mundial autodestructiva ou da desaparición das abellas, a vida seguira adiante.

    Entón temos que protexer ás abellas.

  10. faa-larafernandez di:

    Este tema trátase nun filme de Disney: Bee Movie. Nela unha abelliña loita polo dereito da abella a non ser explotada polo mel, gañando un xuizo contra os humáns, facendolles que estes lles devolveran todo o mel recolectado. As abellas deixan de traballar tendo a mel suficiente para toda a vida, e polo tanto deixaron de saír a recoller polen e polinizar flores. Os campos secaronse, as flores non florecían.
    As abellas son moi importantes para a superviviencia, aínda que sónse considere un simple insecto.

  11. faa-igonzalez di:

    As abellas son as principais encargadas da reproducción das plantas, debido a que cando polinizan, levan as sementes de polen pegadas nas súas patas e, ao apoiarse noutra planta, deixan esa semente, e empézase a crear unha reproducción etre dúas plantas. Sen as abellas, as plantas que necesiten reproducción sexual, dependerán únicamente do vento e dos fenómenos atmosféricos para poder reproducirse e, polo tanto, podería chegar a extinguirse moitas especies de plantas.

  12. fab-iciacores di:

    Outra vez volvémonos a atopar cun caso de perigo de extinción dunha especie por culpa dos humanos. Pensamos que a contaminación non é un problema cercano, que non nos afecta directamente, pero o certo é que si o fai. As abellas proporciónannos recursos que utilizamos na vida diaria, como poden ser o mel ou a cera, e tamén polinizan os nosos cultivos. A desaparición das abellas produciría, polo tanto, un descenso deste, deixándonos á súa vez con menos alimentos da terra. Pese a que a ninguén lle gusta ter unha abella cerca, témonos que concienciar de que son altamente necesarias para nós.

  13. faa-christiancacabelos di:

    As abellas son os principais polinizadores da Terra xa que recorren moitos campos cheos de flores, árbores, xardíns etc alimentándose do néctar das flores e impregnándose do polen das mesmas das que se alimenta, logo van movéndose dunha flor a outra para seguir alimentándose e esparcindo e impregnándose de polen doutras flores nas cales tamén deixa unha parte do polen que ten adherido a ela favorecendo desta forma a gran variedade de flores e disfrutando tamén dos ricos froitos como son as cereixas melocotóns ou mazás que podemos consumir grazas ás abellas.
    Sen elas veríase directamente afectado este complexo ecosistema que favorece a ambos reducindo cantidade e variedade de vida vexetal e productos derivados da mesma complicando deste xeito a vida para ós humanos.

  14. faa-laurarey di:

    A desaparición das abellas é un problema moi grave, que conlevará a unhas terribles consecuencias.
    Se as abellas se extinguisen, con elas non só desaparecerá o mel, isto provocaría que non se produza a polinización dos vexetais, e se esta situación ocorre desaparecerían a maioría dos ecosistemas, o que levaría a morte a un sen fin de especies animais, incluso como ben di o artigo, dos humanos.

  15. fab-sporto di:

    A área máis crítica da nosa dependencia das abellas, ten lugar na agricultura. As plantas que dan vexetais, froitos e grans, producen flores que necesitan polinizar se. A abella é responsable do 80% de toda a polinización feita por insectos. Sen a axuda da abella para polinizar, os cultivos de froitas e vexetais diminuirían considerablemente, dende as mazás ata os zuquinis, noces e brotes de soia, pastura e algodón, comezarían a faltar. Nin os humanos nin as máquinas, poden replicar este importante traballo que as abellas fan parecer tan doado.
    As abellas producen:
    Cera: A cera provén das secrecións glandulares das abellas. Elas utilízana para construír os seus favos. O favo é onde viven, van, volven e polinizan entre cada incursión. A cera tamén é importante para os humanos, xa que se usa en remedios naturistas, cosméticos, abrillantadores, velas e materiais para artistas. Aínda que algúns destes artigos poderían non ser fundamentais para a supervivencia, son importantes para os humanos, e moito máis para as abellas, das cales dependemos para obter os nosos alimentos. A nivel medicinal, a cera de abella reportou ter propiedades antioxidantes e antinflamatorias, estimula o estómago, alivia a dor e neutraliza substancias tóxicas. Tamén é de notar a xelea real, que mellora a función do sistema nervioso e a circulación.
    Mel: As abellas producen mel nos seus favos ou colmeas. O mel é un alimento doadamente dixerible, puro e con moitos atributos importantes. Vén en moitos tipos, sabores e cores, dependendo do tipo de néctar.

  16. fab-cporto di:

    A polinización é un servizo vital dentro dos ecosistemas que depende en gran parte da simbiose entre as especies, é dicir, polinizador e polinizado. A redución ou perda dun ou outro influirá na supervivencia de ambas as dúas partes.
    A polinización é o proceso de transferencia do pole dende os estames ata o estigma ou parte receptiva das flores, onde xermina e fecunda os óvulos da flor, facendo posible a produción de sementes e froitos.
    A polinización confúndese a miúdo coa fecundación, aínda que son dous procesos distintos, se ben o primeiro é case sempre condición necesaria do segundo. O transporte do pole pódeo realizar un axente físico como o vento, plantas anemófila, ou un axente vivo, plantas zoófilas.

  17. faa-santiagoescudeiro di:

    Preocupame o tema que se trata no artigo, as abellas son imprescidibles practicamente. Cumplen funcións moi diversas e necesarias para a natureza e para nós mesmos, os humanos.
    Estes organismos son os máximos responsables da polinización e reprodución das plantas, algo sin o que nos costaría sobrevivir e que conlevaría a desaparición de máis seres vivos. O tema é delicado e os gobernos deberían intervir para evitar a extinción das abellas, así como outros organismos competentes e nós mesmos tamén.

  18. faa-fatimaf di:

    A polinización consiste no transporte do pole dende os estames ata o estigma das flores nas anxiospermas, onde se fecundan os óvulos da flor, dando lugar ás sementes e ós froitos.
    Este transporte pódeno realizar axentes físicos, como o vento e a auga, ou un animal polinizador, dos cales existen unhas 200.000 especies, que van dende os mamíferos, como o Lemur de Madagascar, pasando polos réptiles, como o gecko, ata as distintas especies de escaravello. Pero sen dúbida algunha, os polinizadores máis numerosos son os insectos, e dentro deles o máis eficiente é a abella, xa sexa a abella europea, a abella verde metálica ou o abellón, debido a que estas, a diferenza das avespas que son carnívoras, son vexetarianas e, polo tanto, dependen das flores para alimentar ás súas crías. Ademais, moitas flores están adaptadas ás vistas das abellas na súa cor, deseño, etc.

  19. faa-manuelmontes di:

    É unha noticia horrible. As abellas son seres vivos importantísimos no noso planeta, xa que polinizan as flores. Se se reduce o número de abellas, que xa está a ocorrer, moitas das flores non seran polinizadas e isto producirá unha serie de problemas nos ecosistemas.O causante deste suceso é o cambio climático, que a parte de a estes insectos, tamén pon en perigo outros animais e plantas.

  20. faa-noeliaparracho di:

    Na miña opinión está situación en concreto ven dada moitas veces pola ignorancia. Por exemplo, a min nunca me gustaron as abellas, danme moito medo, e cando o meu pai me dixo unha vez que poderían desaparecer eu estaba encantada, o único no que pensaba era que non volvería a ver un deses bichos nunca máis.
    Creo que a moita xente lle pasa o mesmo que me pasaba a min, non saben qué riscos trae matar tantas abellas, simplemente pensan neles mesmos e nas súas colleitas, nos cartos, sen pararse a pensar que se existe unha determinada especie é por algo, esa especie fai determinadas cousas e é alimento de outros animais. Non se paran a pensar que a desaarición dun animal, por pequeno ou grande que sexa, supón un cambio en maior ou menor medida no medio, e que neste caso as consecuencias serían brutais.
    E con respecto ó comentario da miña compañeira Lara, alégrome de que se trate de concienciar ás novas xeracións a cerca deste problema de un modo un tanto cómico (xa que un xuízo abellas contra humáns é gracioso) e entretido para os nenos, xa que se eu vira esa película de nena pensaríao dúas veces antes de desexar que desapareceran todas as abellas.
    Hoxe en día, a abella non é un animal que me guste, dame medo todavía, pero agora sei que é realmente necesario para nos e quero conservar esta especie.

  21. faa-adrianmartinez di:

    Está claro que as abellas son seguramente o ser vivo máis importante para a polinización. Sen elas, a polinización sería tan escasa que unha enorme cantidade de plantas desaparecerían en moi pouco tempo, o que sería desastroso xa que as plantas non só son os únicos productores de osíxeno na terra, o cal é esencial para a realización da respiración de todos os seres vivos do planeta, senón que tamén as plantas son a base da cadea alimenticia. Ou sexa que a desaparición das abellas deixaria en pouco tempo aos seres vivos sen alimento nin osíxeno, o que acabaría coa extinción de todos os seres vivos. Por iso é importante protexer ás abellas, xa que cada día son máis escasas e á vez máis necesarias.

  22. faa-christiancacabelos di:

    Estou seguro de que se esta diminución da poboación das abellas continúa reducíndose vai ocasionar un problema a nivel global que afectará ás áreas máis castigadas pola pobreza xa que dependen exclusivamente do sector primario, gandaría e agricultura, e ao resto do mundo reducindo o número de cereais para elaborar pan, cerais para o almorzo, pan de molde, pasta, galletas… etc e ademáis aumentará o custo dos que derivan dos cereais, tamén aumentará o custo dos froitos e reducirase o seu número, non poderemos disfrutar o delicioso mel que elaboran as abellas, a gran variedade de diferentes plantas reducirase…

    Hai que evitar que esto ocorra a toda costa, sen as abellas todo se tornaría moito máis complicado para nós.

  23. fab-elisaperez di:

    As abellas son moi importantes para nós e para o que nos rodea. Viven en colmenas, e cada unha ten unha función:
    -Está a abella reina, que é a única fecundada, e é a encargada da reproducción.
    -O zángano, é a abella macho. A súa función é estar dispoñible para fecundar ás reinas doutras colmenas ou á súa propia.
    -As abellas obreiras son abellas femia que teñen atrofiado o aparato reproductor e dedican toda a súa existencia a perpetuar a especie coidando da colmena, alimentando á reina, fabricando cera para construir os panais, traendo néctar, auga, polen, e defendendo a colmena dos intrusos ademais doutras tareas especializadas en función da idade.

  24. faa-fatimalago di:

    Este é un claro exemplo de como a falta dun insecto tan pequeno pode acabar tendo grandes consecuencias sobre nos.
    A abella é un dos insectos máis importantes para o medio e o ser humano. Isto débese non só á súa produción de mel, cera ou xelea real, senón tamén polo seu papel fundamental na polinización da maioría dos principais cultivos de froitas, hortalizas e vexetais, así como plantas non cultivadas que impiden a erosión do chan.
    O pole destas plantas e froitos é demasiado pesado e pegañento para ser dispersado polo vento, co cal a abella é o principal medio de transporte deste pole, de aí que sexa habitual instalar colmeas nos hortos froiteiros. Neste sentido, a apicultura vénse realizando dende tempos inmemoriais (hai papiros exipcios do ano 2.400 A.C. onde se observa esta práctica).
    Non obstante, diversos problemas ambientais causados na súa maior parte polo ser humano, como os neste artigo mencionados, están a poñer en perigo as poboacións destas, e con iso, a diversidade agrícola e vexetal.
    A comunidade das abellas está composta pola raíña, o abázcaro e as obreiras, toda ela con diferentes funcións. A raíña é a nai de todos os membros da colonia, sendo capaz de producir 1.500 ovos diarios e de determinar o sexo da súa descendencia. Aliméntase case exclusivamente de xelea real, producida polas abellas obreiras, e adoita vivir ata 3 anos. A misión do abázcaro consiste en aparearse coas novas raíñas, tras o cal morre. En canto ás obreiras, aínda que viven só unhas seis semanas, son as encargadas de recoller o pole, que serve de fonte de enerxía para o desenvolvemento de toda a comunidade, manter o favo e defendelo dos depredadores. O seu aguillón, provisto de pequenos dentes microscópicos, queda ancorado ao corpo da súa vítima e inxéctase un veleno(apitoxina). Ao intentar sacar o aguillón, a abella esgaza parte do abdome e morre ao pouco tempo.

  25. fab-martapalacios di:

    É denigrante que o ser humano continúe eliminando especies ou poñéndoas a alto perigo de extinción. Ademais o máis absurdo son os casos coma este no que a especie en perigo é vital para a nosa existencia. As abellas son as encargadas de polinizar os cultivos os cales, sen estes pequenos animais, descenderían en importantes proporcións. As abellas son necesarias na vida humana e mentres, os humanos destruímos esta especie con pesticidas e demais productos.

  26. fab-ariadnacordal di:

    Soamente en España, entre un 25 e un 30% das abellas morre anualmente debido a pesticidas, enfermidades ou problemas medioambientais. Ademais, informes recentes establecen que un 75% das colmenas do estado español están infectadas polo parásito Nosema. Este pode provocar unha reducción do mel das colmeas ata a metade e non temos a disposición ningún medicamento para combater o problema; o único quedou prohibido polos residuos que provocaba no mel e cera das colmeas. Pero ademais das consecuencias referidas ó mel é a cera que pode provocar a desaparición das abellas, esta tamén supón un problema para un gran número de plantas, porque moitas destas especies, cuxo número incrementa conforme transcorren os anos, dependen da polinización das abellas para xerminar.

  27. fab-marcosdaporta di:

    Hai un documental sobre a desaparición das abellas no que di que se desaparecesen os humanos só duraríamos unhas semanas, supoño que hata que se acabasen os suministros de comida. Hoxe en día dependemos moito das abellas, non para crear productos con mel senon porque son un importantísimo axente de polinización.
    Quen sabe cales son as causas exactas polas que están desaparecendo as abellas pero deberíanse tomar medidas. Algunha especie de macrocultivo de abellas ou conseguir algún tipo de feromonas para que se reproduzcan máis rápido. Espero que se tomen decisións de forma globalizada e non independiente por país.

  28. faa-veronicanoya di:

    Esta noticia paréceme moi alarmante, xa que a desaparición das abellas afectaría a toda a cadea, ó meu parecer en maior medida e de forma máis rápida que a desaparición de outros seres vivos, xa que as abellas son as encargadas de fabricar mel e cera, pero tamén son importantes no proceso de polinización.
    A polinización é o proceso de transferencia de polen dende os estames ata o estigma facendo posible a producción de semillas e froitos. O transporte deste polen pódese dar por diversos motivos como o vento, pero as abellas xogan un papel moi importante transportándoo, seguidas das bolboretas, moscas, colibríes, morcegos e nalgúns casos raros ratos e monos.
    Se a polinización non se leva a cabo ou se fai en menor medida a cantidade de alimentos verase reducida moi rapidamente, e moitas especies de plantas perderán parte do seu modo de reprodución podendo chegar a extinguirse.

  29. faa-diegocores di:

    Gran problema o citado neste artigo. A desaparición das abellas pode acabar cos humanos dunha forma pasiva, pois a cadea alimenticia depende moito delas, se non se polinizan os campos, non haberá herba, e sen herba os herbívoros caerán en número de poboación, caendo tamén os carnívoros e creando unha gran demanda alimenticia. É moi importante evitar que isto pase pero podería afectar a todos os animais da Terra.

  30. fab-manuelgonzalez di:

    A polonización das flores é un proceso moi importante polo cal derivan todos os alimentos agrícolas,que son as abellas as encargadas de polinizalas,pero o calentamento global non só trae consecuencias para o nivel te temperatura ou o desxeo,tamén afecta os animais,e neste caso esta matando cas abellas,entre outro factores. Todo ser vivo da Terra ten unha función e son portantes cada un,incluido as moscas,unha polonizadora moi inoortante(a pesar de ser un dos insectos máis odiados polo ser human,entre os que eu me incluo) ou unha excelente control de pragas,que fai que o ciclo da vida poida circular correctamente,e se calquera deixa de existir,podería traer horripilantes consecuencias,que desembocarían por exemplo,na desaparición do ser human.

  31. fab-gretageorgieva di:

    As abellas son os polinizadores máis importantes das nosas froitas, legumes e todo tipo de cultivos de alimentos que serven para humanos e animais.As abellas desaparecen e aínda seguense a facer máis cultivos que precisan do seu traballo.
    Aumentou o uso de pesticidas, polo que cada vez son máis as abellas que morren debido a estes, e con elas unha boa parte da biodiversidade.
    Quizais por iso a produción de mel nas cidades é de calidade superior, as abellas da cidade son máis produtivas e máis saudables das que se atopan nos pobos , e a razón é que, no campo empreganse máis produtos químicos perxuciiais para estas.

  32. faa-martinlosada di:

    Creo que a desaparición das abellas é un feito que ten moita importancia para toda a natureza, e como di no artigo, tamén nos, xa que as abellas atopanse na base da cadea alimentaria e a súa función de polinizar as plantas é unha das máis importantes, porque a polinización das plantas sen elas sería imposible, xa que única e exclusivamente o vento non podería realizar esta función.
    Todo isto ven dando por culpa do ser humano, que “temos os ollos cerrados” e non nos damos conta de que o cambio climático, a utilización de pesticidas e outras moitas accións estamos acabando coa vida, e non só de plantas e outros animais, senon tamén coa dos seres humanos.
    Tamen penso que está noticia estase subestimando tanto pola maior parte da poboación como polas persoas que teñen que tomar as primeiras medidas para mellorar a situación, e deberiamos de empezar a tomar medidas antes de que como posiblemente ocorra co cambio clímatico sea demasiado tarde.

  33. faa-veronicanoya di:

    Penso que Dani ten moita razón ó comentar que moita culpa da desaparición deste animal se debe ós pesticidas, aínda que non estén realmente claras as causas.
    Os pesticidas son substancias químicas, non necesariamente velenosas pero si altamente tóxicas, que se empregan sobre certos cultivos coa finalidade de matar, repeler, atraer, regular ou interromper o crecemento de seres vivos considerados pragas (como algúns insectos, herbas, paxaros, peixes, microbios ou mamíferos) que habitan ou se nutren destes cultivos.

    • faa-christiancacabelos di:

      Eu tamén creo que os pesticidas teñen parte de culpa neste feito xa que os fitosanitarios por exemplo hoxe en día están presentes en todas as prantas e cultivos que nos podamos imaxinar e é raro ver algún sen eles de forma que ademáis de contaminar en parte o producto tamén se contamina o solo e o que hai baixo el como poden ser augas subterránes, ríos subterráneos, manantiais de auga potable, fontes hidrotermáis, a propia terra, as bacterias e animáis que a habitan etc. ademáis estes pesticidas son tan potentes e dañinos que nas etiquetas do envase mostran a pegatina de irritante, perigosos para medios acuáticos, indica que pode producir cancros, que é tóxico no caso de ser inhalado, inxerido etc. e aínda por riba cada vez as cepas que pretendemos evitar e exterminar con estos praguicidas están fortificándose e volvéndose resistentes aos actuáis obrigándonos a crear un novo máis toxico, perigoso e mortal para calquer ecosistema deste planeta.

  34. fab-noerodriguez di:

    As abellas están a desparecer, a pesar de ser as polinizadoras de todos os nosos cultivos e plantas que observamos día a día. Isto débese á contaminación e ao uso de pesticidas. Dende fai tempo, o número de abellas foi diminuindo pouco a pouco, e agora podemos ver moitas menos que antes. Se isto continúa deste xeito, os nosos recursos serán cada vez máis escasos e nun futuro será cada vez máis difícil de solucionar isto.

  35. fab-iriamartinez di:

    A crecente desaparición das abellas en todo o mundo está a poñer en perigo a polinización dos cultivos esencial para a alimentación da humanidade. A importancia destas desaparicións é alta, xa que nas últimas décadas se multiplicou o número de cultivos dependentes da polinización por abellas. No caso de determinadas froitas, a produción de sementes diminúe en máis do 90% ao desaparecer estas eficientes polinizadoras.

  36. fab-yamilayelpez di:

    Ao longo dos milenios o ser humano dedicouse a extinguir especies, xa sexa directa ou indirectamente. O caso das abellas paréceme alarmante á par que esaxerado. Por un lado, pode ser catastrófica a desaparición das abellas. A polinización é un cometido moi importante, no que as abellas levan a voz cantante. Por outro lado, decir que a extinción das abellas está próxima é como dicir que van desaparecer as moscas. Como pode chegar a ocorrer esto? non só pola cantidade de abellas por colmea, senón tamén por tódolos apicultores que se adican a facer maiores as súas granxas.
    Non obstante, o que nos presenta Aldara no artigo é a consecuencia da perpetuación dos actos do ser humano a larfo prazo. O que nos queda é confiar na evolución moral do ser humano.

  37. faa-laurarey di:

    A polinización é a transferencia de polen dos estames aos pistilos. O polen é transmitido principalmente mediante o vento (por exemplo en céspedes e en coníferas), da auga e animais vertebrados como os colibrís e os morcegos, e a través dos insectos, fundamentalmente das abellas, polo que se estas chegasen a desaparecer case toda a produción agrícola e a maioría dos vexetais da terra desaparecerían, chegando asía a unha situación crítica para todos os humanos.

  38. fab-anaoubina di:

    A abella é un dos insectos máis importantes para o medio e para o ser humano. O papel funfamental das abellas é a polinización da maioria dos principias cultivos, de hortalizas, vegetáis ou de froitas, e tamén de plantas non cultivadas que impiden a erosión do chan. A abella é o principal medio de transporte do pole, sen estos animais, os cultivos descenderian en grandísimas proporcións. As abellas son moi importantes para nos e para o que nos rodea por iso hai que evitar que desaparezcan e tomar decisións axeitadas contra este problema.

  39. fab-raqueloliveira di:

    Este artigo debería saír ata no telediario porque paréceme tremendo o que está a suceder.
    As abellas son unha especie moi importante para a humanidade,porque,sen elas moitas especies de flores extinguiríanse debido a que non obtendrían o polen das flores que recollen as abellas.
    Isto parece algo insignificante pero realmente sería unha catástrofe,unha alteración horrible no ecosistema.
    As abellas teñen unha parte mala como que nos poden picar,pero elas non nos pican con maldade,porque si o fan é porque se sinten amenazadas.