GPS; AXÚDANOS OU PERXUDÍCANOS?

Unha das tecnoloxías das que gozamos hoxe en día gracias á carreira espacial entre EEUU e a URSS é o GPS (Sistema de Posicionamento Global).

O uso desta tecnoloxía é masivo e está popularmente instalado na sociedade, para algúns xa forma parte de súa vida cotiá. Tamen existe Automatic, unha aplicación para Smartphones que nos permite saber onde deixamos o coche aparcado, xa non necesitamos reter no noso cerebro un lugar determinado.

O GPS permitenos relaxar o hipocampo e adicarnos a seguir instruccións. Dependendo do uso que lle demos ó noso cerebro, traballará máis ou menos e o cerebro é coma un musculo que se non traballa debilítase. Os neurólogos cren que a cantidade de materia gris correspóndese cos niveis de intelixencia; canto máis usemos o cerebro mellor nos sentiremos e estaremos máis en forma. Usemos menos o GPS e non teñamos medo a perdernos, estar perdido pode ser unha experiencia proveitosa. Cando nos perdemos poñemos a nosa vista en detalles do espacio que nos rodea, o hipocampo fai un esforzo e os esforzos fortalécennos.

Autor: Jorge Gonzalez

Esta entrada foi publicada en Medicina, Novas tecnoloxías, Saúde e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

35 Responses to GPS; AXÚDANOS OU PERXUDÍCANOS?

  1. faa-veronicanoya di:

    Todos sabemos que se non empregamos o noso cerebro debilítase, pero non creo que a maioría de nós nos désemos conta de que obxectos tan cotiás como o GPS contribúe neste debilitamento.
    Cantos obxectos como este, empregados día a día, fan que o noso cerebro perda forza? Penso que sería moi interesante contar cunha lista que mostre os obxectos máis perxudicias para o exercicio do cerebro, sobretodo os habituais como este.
    Por outra banda, o que tampouco é moi coñecido é que perderse poida axudar no fortalecemento ó prestar máis atención.

    • fab-marcosdaporta di:

      Esa lista teríala no teu móbil, o cal a súa vez é unha máquina que sirve para que non nos esfocemos en recordar nin que día é, nin en facer cálculos grazas a súa calculadora, nin a estudar porque podemos poñer chuletas dentro e sacalas no medio dun exame…
      Supoño que o de perderse fai que te fixes en moitos detalles é relativo, se es terco o mellor pasas media hora perdido pero se tragas o orgullo e preguntas en 2 minutos xa estás de volta no teu camiño.
      Por último dicir, as máquinas e inventos, todos, creáronse co afán de facilitar a vida á xente tanto físicamente como mentalmente. Os inventos que axudan a relaizar esforzos físicos fai que non nos esforcemos e nos “debilitemos”. Os outros inventos que axudan, máis ben, que pensan por ti, debilitan o noso cerebro. Non faría falta ter unha lista porque xa se sabe cales fanche non pensar.

    • fab-raqueloliveira di:

      Como ben di Verónica, este aparello axuda a que o noso cerebro se debilite, pero, somos moi cómodos e reúltanos doado recurrir a tecnoloxías así para non facer un mallor esforzo en buscar a información.
      Eu, como case todo o mundo, recurro as tecnoloxías para non ter que buscar nun libro ou investigar pola miña conta sobre algún tema.

  2. faa-nicolecorbacho di:

    O hipocampo é unha das principais estructuras do cerebro humano e outros mamíferos.
    O hipocampo está localizado na parte medial do lóbulo temporal do cerebro.

  3. fab-ariadnacordal di:

    O GPS (Global Positioning System) é un sistema formado por 24 satélites que xiran arredor da Terra a 20.200 km e permiten determinar a posición de un obxecto, corpo ou lugar con grande precisión. Comezou a desenvolverse no 1973 polo Departamento de Defensa dos Estados Unidos e volveuse totalmente operativo en 1995. Co paso do tempo ese servizo foi mellorándose ata tal punto de terse aprobado una nova xeración de satélites, correspondentes ó GPS III, das cales se planea que o primeiro sexa lanzado este ano, 2014.
    O GPS conforma unha ferramenta orixinada para o ámbito militar, pero que resultou ser moi práctico na vida cotiá. Actualmente, a maior parte de dispositivos móbiles contan cunha función GPS que pode ser empregada para orientarse ou procurar algún lugar ao que se esté destinado de maneira precisa e así evitar perderse no traxecto.
    Paréceme algo esaxerada a idea de que empregar este servizo sexa perxudicial para nós, tal e como presenta o artigo, pois é claro que facemos traballar ó cerebro en grandes cantidades igualmente; ademais, as rutas presentadas polos dispositivos GPS ás veces están erradas ou existen alternativas mellores a elas, e nestes casos os usuarios poden rexeitar as opcións que presentan estos aparellos e actuar por si mesmos. Non obstante, é certo que cada vez pensamos menos por nós mesmos e estamos máis ‘automatizados’, debido ó incremento do uso das máquinas para máis funcións.

  4. faa-begonasuarez di:

    O GPS funciona mediante unha rede de 24 satélites en órbita sobre o planeta Terra, con traxectorias sincronizadas para cubrir toda a superficie. Cando se desexa determinar unha posición, o receptor que se emprega localiza automaticamente como mínimo tres satélites en rede, dos que recibe uns sinais indicando a identificación e a hora do reloxo de cada un deles. Con base nestes sinais, o aparello sincroniza o reloxo do GPS e calcula o tempo que tardan en chegar as sinais ao equipo, e de tal modo mide a distancia ao satélite mediante triangulación, a cal se basea en determinar a distancia de cada satélite respecto ao punto de medición. Coñecidas as distancias, determínase a propia posición respecto aos satélites. Coñecendo tamén as coordenadas ou posición de cada un deles polo sinal que emiten, obtéñense as coordenadas reais do punto de medición.

  5. fab-jairotroncoso di:

    O GPS é unha tecnoloxía moi vantaxosa hoxe en día, ben sexa por motivos de traballo ou para ir de vacacións, grazas a este sistema; aunque non conozcamos a carretera, podemos atopar como ir a un lugar concreto moi doadamente. Pero por culpa do GPS é verdade que xa non utilizamos tanto o cerebro como antes, por eso de vez en cuando non estaría mal memorizar o traxecto para exercitar máis o cerebro.

  6. fab-sofiacastineiras di:

    Eu non considero que se poida describir como perxudicial, xa que aínda que ten un uso moi grande non se usa tanto como o cerebro, polo feito de que a maior parte da poboación ten certa rutina que fai diaramente, polo tanto non precisa dun GPS para chegar ao seu destino. Tamén é certo que outras moitas personas adicanse a ir a diferentes lugares case cada día por motivos de traballo e non saben como chegar, entón fan uso do GPS, aínda así, acaban facendo uso do cerebro para desplazarse polo lugar ao que chegou coa axuda do aparello eléctronico. Polo que o GPS só é unha forma de axudar á xente a deplazarse a outros lugares sen pérdida ningunha.

  7. fab-martapalacios di:

    Paréceme que pouco a pouco as palabras de Albert Einstein obteñen certeza: “Temo o día no que a tecnoloxía sobrepase a nosa humanidade. O mundo só terá unha xeración de idiotas”. E é verdade, o GPS é ben útil en longas viaxes de centos de quilómetros xa que as entradas ás grandes cidades son complicadas e frustra moito perderse e andar a voltas, pero de aí a telo que utilizar diariamente paréceme un tanto esaxerado. Por outro lado, a aplicación que indica onde deixaches o coche aparcado é realmente unha aplicación de inútiles. Podo aceptar que un día se esqueza, ou que se teña un sitio fixado e ese día por calquera motivo non estea dispoñible. Podo aceptar que un día, ou dous, ou incluso tres, alguén esqueza onde aparcou pero de aí a precisar unha aplicación universal para o teléfono móbil… Realmente facémonos una “xeración de idiotas”.

  8. faa-sergioserantes di:

    Coma calquer outro invento, está claro que foi creado para a nosa comodidade. O problema xorde cando estes inventos fan que non necesitemos empregar o cerebro obrigatoriamente, xa que estes fan a súa función.

  9. faa-cristinaguillan di:

    Estou dacordo co artigo. Na miña opinión si que odemos empregar o gps, ainda que non convertilo en algo habitual. Non debemos facer un uso excesivo do gps xa que acostumamos ao noso cerebro a traballar de forma mecánica e non o exercitamos o suficiente, e non so co tema do gps senón con moitas das novas tecnoloxía: non tratamos de discurrir por nós mesmos as cousas, preferimos buscalas en internet e obtelas de xeito sinxelo e rápido. Outro exemplo é o emprego da calculadora: actualmente temos moi abandoado o calculo mental, xa que empregamos a calculadora ata nas operacións máis fáciles.
    Este desuso ou desentreno do noso cerebro pasa factura non a tan longo prazo, como por exemplo cando nos esquecemos de tarefas se non as anotamos ou mesmo para estudar.

  10. faa-martinlosada di:

    Creo que hoxe en día na maioria dos casos as persoas non usan excesivamente o GPS, polo que non creo que sexa perxudicial para o cerebro. Creo que a maior parte da poboación utiliza o GPS como unha axuda para cando realizan un viaxe a lugares que se atopan a bastante distancia, e dos que o conductor precisa dunha axuda para saber como chegar o lugar. Tamén se usa moito en empresas de transporte e dese estilo xa que cada día desprazanse a sitios aos que nunca antes foron. Por eso creo que o GPS non se usa no día a día e non supón un risco para o noso cerebro.

  11. fab-javiercarou di:

    Neste artigo podemos ver como un obxecto moi útil, como o é o GPS, pode ser perxudicial para o noso cerebro. É certo que nos pode axudar moitas veces pero non nos debemos olvidar de que tamén debemos facer traballar ao noso cerebro nalgunhas ocasións.

  12. fab-mariatirado di:

    Considero que facemos un uso excesivo dos GPS, así como da tecnoloxía en xeral porque a xente estase acostumando a aputar todo no teléfono, buscar calquera cousa na internet, se vai de viaxe pon o google maps para non perderse, e os cálculos facémolos coa calculadora e así o noso cerebro vai deixando de funcionar, non nos preocupamos por exercitalo, por tanto, isto traerá consecuencias graves nun futuro non moi lonxano.

  13. fab-aidagonzalez di:

    O GPS é un aparate que nos dá moitas facilidades no nosos día a día xa que permite que non sexa necesario lembrar un espazo ou un lugar no nosos cerebro, simplemente temos que recordar un código para poder entender o que nos indica o GPS, pero aínda así débese deixar un pouco de lado este tipo de tecnoloxías para poder utilizar o noso cerebro e desa maneira fortalecelo.

  14. faa-ricardop di:

    Creo que o artigo de Jorge é moi importante, xa que se usamos cada vez menos o noso cerebro e máis as tecnoloxías para non usalo, estamos a perder facultades, e o cerebro, coma un músculo que é, hai que exercitalo, senon pódese ralentizar.

  15. fab-elisaperez di:

    Penso que as novas tecnoloxías fánnos algo parvos. É verdade que son moi útiles, e axúdannos con moitas cousas, pero tamén fan que utilizemos menos o cerebro, o que é malo, xa que debemos exercitalo.

  16. fab-sofiacastineiras di:

    O sistema GPS está constituído por 24 satélites, en órbita sobre o planeta Terra a 20.200km, e utiliza a triangulación para determinar en todo o globo a posición cunha precisión de máis ou menos metros. Ten unhas traxectorias sincronizadas para cubrir toa a superficie da Terra. Debido o carácter militar do sistema GPS, reservábase a posibilidade de incluír un certo grao de erro aleatorio, que podía variar dos 15 aos 100m. Aínda que actualmente non aplique tal erro inducido, a precisión do sistema GPS depende do número de satélites visibles nun momento e posición determinados.

  17. fab-aldaramuniz di:

    Os inventos foron creados para a comodidade do ser humano, pero o problema xorde cando excedemos destas tecnoloxías.
    A función do GPS é orientarnos e axudarnos a encontrar lugares aos que ti queras ir e evita que nos perdamos. Eu non o chamaría perxudicial, porque ao estar empregando este aparello, non deixas de usar o cerebro, e polo tanto non o debilitas. O que sí che pode pasar é que te volvas máis vago á hora de facer outras cousas, pero non o clasificaría como perxudicial, o aparello só nos axuda un pouco.

  18. fab-gretageorgieva di:

    O Global Positioning System ou Sistema de Posicionamento Global (máis coñecido coas siglas GPS aínda que o seu nome e correcto é NAVSTAR-GPS1,é un Sistema Global de Navegación por Satélite (GNSS) o cal permite determinar en todo o mundo a posición dun obxecto, unha persoa, un vehículo…cunha precisión ata de centímetros.
    Neste artigo fálase de que o GPS ademais de axudarnos a atopar con máis axilidade o noso destino tamén nos prexudica xa que nos presenta a solución do problema polo que cada vez coas novas tecnoloxías o ser humano non emprega tanto o seu cerebro como antes.

  19. faa-larafernandez di:

    O noso cerebro necesita entrenar, centrarse en detalles por pequeños que sean, se non este atrofiarase e lle costará máis sintetizar analizar a información recibida. Os aparellos electrónicos, tales como o GPS ou incluso una simple axenda, fai que o noso cerebro non se centre en recordar certos lugares, fechas, etc. Relaxándose, cando o que debería e ser capaz de recordalas sen moita dificultade.
    A medida que pase o tempo, canto máis medre a tecnoloxía que nos facilita as cousas, o noso cerebro traballará menos.

  20. faa-christiancacabelos di:

    O GPS é un sistema de posicionamento global que se atopa moi integrado na nosa vida cotiá. O GPS é un instrumento moi útil que se basea na triangulación, cun certo marxe de erro e cun marxe do 0% para os militares, para determinar a posición e que naceu nun principio para usos militares, ao igual que a internet, e que hoxe en día é algo prácticamente imprescindible para nós. A Comunidade Europea tamén está preparando unha rede de satélites para que exerzan a función de GPS, o sistema Galileo.
    Aínda que é certo que o GPS pode favorecer o menor uso do cerebro, tamén o favorece os móbiles nos que gardamos todos os contactos na axenda e non memorizamos ningún número, en ocasións nin tan sequera o propio número de teléfono etc, con esto quero dicir que o GPS non é unha causa de alarma para a diminución do uso do cerebro xa que moitos outros factores como móbiles, ordenadores e demáis favorecen máis esta diminución.
    O mellor para manter o cerebro en forma é a práctica diaria con cálculos simples e complexos como pode ser sumar, restar, multiplicar e dividir unha serie de números, ler en voz alta ou mesmo calcular a volta no supermercado o máis rápido posible.

  21. faa-diegocores di:

    Estar acostumado a usar sempre o GPS é malo porque se nun momento dado non podemos dispoñer del e nos perdemos de verdade ímonos ver en cueiros e sen saber que facer. Cando vexo a meu pai que sabe ir a todos lados sen ningún tipo de axuda, soamente se orienta cos indicadores de carreteira ou demais quedo algo impresionado, porque eu penso que se tivese que ir a tales sitios me perdería. É certo que el tamén se perde, pero perdéndose é como se coñece mundo, e sempre se acaba chegando ao destino, antes ou despois, pero sempre se chega. É por iso polo que estou de acordo co que di o artigo.

  22. fab-iciacores di:

    Baixo o meu punto de vista, penso que é perxudicial porque utilizamos menos o cerebro do que deberiamos como ben di Jorge, pero tampouco creo que sexa do que máis dano nos fai. Está claro que o uso excesivo deste aparello non é bo, con isto quero dicir que ao mellor para andar polos arredores non é necesario usalo, e que como se expón no artigo, a veces perderse non está de máis, xa que descubres sitios novos e pos en función o teu propio sentido da ubicación. Pero por exemplo, no tema referido ás viaxes, o GPS afórranos tempo e gasolina. En conclusión, paréceme un pouco esaxerado que se diga que o GPS é moi perxudicial para nós, xa que baixo o meu punto de vista, creo que podo atopar máis vantaxes que inconvintes, aínda que sí que estou dacordo co de que cada vez facemos menos por pensar por nos mesmos e apoiámonos en máquinas e aparellos intelixentes para que o fagan por nós.

  23. fab-rebecachaves di:

    Eu creo que un invento tan útil como o GPS (Global Positioning System ou Sistema de Posicionamento Global)non se debería deixar de empregar só porque fainos máis “cómodos” e provoca que o noso hipocampo se relaxe, xa que se vamos a un lugar onde non coñecemos as rúas é complicado guiarse por un mesmo, aínda que así fagamos traballar ó noso cerebro. Só hai que saber usar o GPS correctamente xa que se se inventou é para ó noso beneficio e a nosa comodidade e non facer un sobreuso deste.

  24. faa-manuelmourino di:

    A parte de que o GPS nos faga perder facultades como recordar polos teus propios medios o camiño que ti tes que coller, outro aparello que nos aparva é o ordenador, debido a que este aparello nos fai todo ou o movil co cal antes todo mundo sabia moitos numeros de telefono pero coa axenda do movil xa o garda todo el. O cal cando nos avanzamos en comodidade noso cerebro diminue en capacidade.

  25. faa-begonasuarez di:

    O hipocampo é unha das principais estruturas do cerebro humano e outros mamíferos. Localízase no interior da parte interna do lóbulo temporal, baixo a superficie cortical. Desempeña principalmente funcións importantes na memoria. Debido ás súas capas de neuronas densamente empaquetadas, o hipocampo utilizouse frecuentemente coma un sistema modelo para o estudo da neurofisioloxía. A forma da plasticidade neuronal foi descuberta por primeira vez no hipocampo, e aínda se estuda nesta estrutura.

  26. fab-saulmondragon di:

    O descenso de masa gris no cerebro é provocado pola cantidade de comodidades que se usan hoxe en día e as que se usaran no futuro.O exceso de uso destas é perxudicial pero usadas na sua xusta medida son moi beneficiosas xa que nos axudan a aforrar tempo e esforzo, por exemplo poñer o GPS a primeiras vez que se vai a un lugar e normal pero para ir a o posto de traballo,cousa que fai mita xente, é unha tonteria xa que seguramente non te fixes tanto por onde vas.

  27. faa-santiagoescudeiro di:

    O uso do GPS e dos smartphones por exemplo, incluso de algo tan simple que todos os días empregamos como son as calculadoras, fan que nos volvamos máis “automáticos” por así decilo, e non poñemos tanto en funcionamento a nosa intelixencia e as nosas capacidades mentales para resolver os problemas que se nos presenten.
    Aínda así, estou a favor destes aparellos que nos facilitan as cousas en gran medida.

  28. fab-angelpineiro di:

    É curioso pararse a pensar que nós mesmos desarrollamos cos nosos cerebros moitos aparellos cos cales ao darlles uso deixamos de usar o noso cerebro xa que son eles os que realizan as accións de pensar por nós en moitos casos como ben di Santi antes ca calculadora. Somos conscientes de que estos inventos nos facilitan a vida e o traballo, pero tamén somos conscientes de que por usalos reducimos pouco a pouco as nosas capacidades mentales pero…aínda así seguimos inventando novos aparellos e seguimos usandoos? Pois parece ser que si. Está claro que as novas tecnoloxías teñen o control. Sabemos o que perdemos usando este tipo de avances modernos pero non facemos nada por remedialo e seguimos fabricándoos e inventándoos.

  29. faa-fatimalago di:

    O punto de vista dende o que se plantexa este artigo paréceme un tanto exaxerado, aínda que ben certo é que cada vez deixamos de usar máis o noso cerebro debido ás novas tecnoloxías coas que convivimos, pero non me parece tan preocupante o uso dun GPS nin a súa repercusión no noso cerebro.
    O GPS é un sistema global de navegación por satélite que permite localizar con precisión un dispositivo GPS en calquera lugar do mundo. Este sistema é desenvolto e operado actualmente polo Departamento de Defensa de EE.UU. Está composto por 24 satélites (21 operativos e 3 de respaldo), que están en órbita a uns 20.200 km da Terra con traxectorias sincronizadas para cubrir toda a superficie terrestre. Para situar un punto empréganse como mínimo 4 satélites. O dispositivo GPS recibe as señais e as horas de cada un deles, e con estes datos calcula a posición no mundo onde se atopa.
    Existen outros sistemas de posicionamento por satélite, como o GLONASS da antiga URSS que agora controla o goberno de Rusia.

  30. fab-iriamartinez di:

    Baixo o meu pu to de vista non considero que sexan perxudiciais, todo o contrario, é un invento feito para facilitarnos a vida en concreto as nosas viaxes, para chegar con máis facilidade ó destino que temos marcado. Considero que temos outras moitas cousas na vida cotiá onde temos que poñer en práctica a nos a intelixencia.

  31. fab-iriamartinez di:

    Baixo o meu punto de vista non considero que sexan perxudiciais, todo o contrario, é un invento feito para facilitarnos a vida en concreto as nosas viaxes, para chegar con máis facilidade ó destino que temos marcado. Considero que temos outras moitas cousas na vida cotiá onde temos que poñer en práctica a nos a intelixencia.

  32. fab-manuelgonzalez di:

    As novas tecnoloxías que estanse a incorporar na nosa sociedade e na nosa vida cotiá teñen como característica común ahorrarlle a persoa o esforzo físico ou mental que tería que facer sen o artiluxio,e por eso véndense como “churros” e gosta moito. Pero ó introducirse por completo nas nosas vidas,tanto como una televisión ou o cuarto de baño prácticamente,debilita a nosa forma de pescudar os problemas que nos rodean,e debilíta a nosa capacidade de enfrentarnos as nosas vidas,pero o GPS consideró que non é o caso,xa que axuda a chegar a sitios moi lonxanos e descoñecidos,que sin o GPS non seríamos capaces de atopar.

  33. fab-anaoubina di:

    Sistema de Posicionamento Global é un Sistema Global de Navegación por Satélite o cal permite determinar en todo o mundo a posición dun obxecto, unha persoa, un vehículo ou unha nave, cunha precisión ata de centímetros usando GPS diferencial, aínda que o habitual son uns poucos metros. Aínda que a súa invención se lle atribúe aos gobernos francés e belga, o sistema foi desenvolvido e instalado, e actualmente operado, polo Departamento de Defensa dos Estados Unidos. Na miña opinión eu non os considero perxudiciais, é un bo invento que nos facilita o destino.