OS “MONOS” TAMÉN SABEN SUMAR

Un experimento en EEUU durante tres anos demostrou que os macacos son capaces de realizar sumas, probando que non se trata dunha habilidade exclusiva do ser humano. O experimento consistía en que o mono ten dúas opcións: por unha banda, unha suma composta por dous valores numéricos, por exemplo 4 e 5, e por outra un só número, por exemplo o 5, e se o mono elixe a cifra máis alta obtén un premio, como zume.

Para poder chegar a este resultado deseñáronse tres tipos de símbolos: No primeiro, os monos só tiñan que sumar uns puntos nas pantallas, cando sinalaban unha cantidade recibían gotas de zume de recompensa. No segundo  sumaban as gotas do 1 ao 9 con números e coas letras X Y W C H U T F K L N R M E A J as gotas do 10 ao 25.  Por último as cantidades estaban representadas con símbolos que tiñan unha forma similar ás do videoxogo Tetris.

O estudo realizouse con tres exemplares adultos xóvenes de Macacus rhesus cos que traballaran desde que tiñan 4 e 5 anos comezando co proceso de aprendizaxe. Estes macacos foron suxeitos de varios estudos de comportamento animal, entre eles, o que revelou que eran capaces de recoñecer a súa propia imaxe nun espello e incluso participaron en misións da NASA.

Autora: Aida González Romero

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade, Evolución e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

28 Responses to OS “MONOS” TAMÉN SABEN SUMAR

  1. faa-sergioserantes di:

    O macacus rhesus é un mono do sudeste asiático cunha intelixencia elevada e conciencia da identidade, sendo un dos poucos animais capaz de coñecerse diante dun espello (coma o golfiño, outros simios, corvos ou elefantes). Coma este, outros tipos de monos son adestrados para medir as posibilidades de coñecemento que teñen.

  2. fab-martarodriguez di:

    Este tipo de mono é característico pola súa intelixencia elevada, un dos poucos animais capaces de recoñecerse diante dun espello. Usan moitos tipos de monos para así medir a suas capacidades de coñecenmento que teñen.
    Como nos dicen desde fai tempo nos procedemos dos monos non é tan raro que poidan facer algunhas das capacidades humanas.

  3. fab-elisaperez di:

    O Macaco Rhesus é un primate marrón coas nalgas e a cara rosas. É un animal asiático intelixente que se pode adaptar a varios hábitats e algúns poden acostumarse incluso a vivir entre os homes. Na India son considerados animais sagrados. O Macaco Rhesus tivo unha estreita relación cos homes, pois grazas a él leváronse a cabo importantes investigacións médicas e científicas. O antíxeno Rhesus permitiu identificar os diferentes grupos sanguíneos humanos. Además, precediu ao home nas súas viaxes ao espazo.

  4. faa-ricardop di:

    O que nos conta Aida é moi interesante, xa que non estamos sós na nosa evolución, parece que os primates van avanzando neste proceso, polo que penso que nun futuro podería haber outra raza humá paralela a nós, pero nova, aunque non o podemos asegurar, pero vemos que van mostrando, pouco a pouco, signos de intelixencia.

  5. faa-begonasuarez di:

    O Macaco Rhesus é un animal asiático intelixente que se pode adaptar a varios hábitats e algúns poden acostumarse a vivir entre os homes.
    Tivo unha estreita relación cos homes, pois grazas a eles leváronse a cabo importantes investigacións médicas e científicas. O antíxeno Rhesus atopado no seu sangue permitiu identificar os diferentes grupos sanguíneos humanos. Ademais precederon aos homes nos seus viaxes ao espazo.

  6. fab-marcosdaporta di:

    Non so é a habilidade de sumar. Vin un documental no que falaba sobre mamíferos intelixentes e lóxicamente falaba dos monos, non recordo que especia. O experimento consistía en intentar facer que os monos a través de pictogramas fosen capaces de comunicarse. Por exemplo, cando un mono tiña fame era capaz de dicir grazas aos paneis que quería un plátano; un botón para por favor, outro para dame e outro para plátano. Lóxicamente a capacidade da linguaxe destes monos era moi limitada pero podían comunicarse, dicían que estaban ben ou que querían xogar, pero non falaban con cláusulas complexas. De todas formas isto demostra que non somos os únicos que poidan usar a linguaxe aínda que sí somos os únicos que podemos falar (non repetir como os loros).

    • fab-tcores di:

      Estou totalmente de acordo co teu plantexamento de que non só somos nos os seres vivos que poden comunicarse e usar frases complexas, pero non estou de acordo na parte en que eles non se comunican. Creo que como cada animal ten as suas diferenzas.
      Eles ao millor non se comunican de forma oral, se non por xestos ou por ruidos. Estou cansada de escoitar e de que intenten buscar en cada animal se hai intelixecia ou no. Cada animal é como é, e comunicanse entre sí. O igual que eles poden pensar que a nosa intelixencia é escasa ou nula.

  7. faa-nicolecorbacho di:

    os macacos son unha esppecie de primate catarrino unha das especies mías coñecidas dos monos.pareceme un artigo interesante, onde os monos realicen actividades matemáticas deste tipo, e a capacidade que teñen para ditas probas.

  8. fab-gretageorgieva di:

    O macaco é unha especie asiática intelixente que sería capaz de acostumarse a vivir entre a xente. Con este tipo de mono levaronse a cabo varias investigacións científicas como o “apogeo´´ no anos 50.Este tipo de mono é característico pola súa intelixencia elevada, un dos poucos animais capaces de recoñecerse diante dun espello.

  9. faa-saracastro di:

    Sempre se dixo que os monos son uns dos animais máis intelixentes do planeta e, isto, demóstrase cada vez máis. Se se entrenan, non só son capaces de distinguir as palabras que teñen sentido das que só son unha sucesión de letras ó azar, senón que agora ata incluso saben sumar!
    Todo isto paréceme un verdadeiro descubrimento, posto que ao igual que fan estas cousas, se hai persoas que os adestren e os ensinen, seguramente poden facer moitas outras. Hai incluso expertos que din que se un simio entrenado e un humano compiten por resolver un puzzle, temos que ter por seguro que non ten porque ser o humano o gañador da competición.

  10. faa-elenafontenla di:

    A xente infravalora as capacidades animais, e se olvida de que nós tamén o somos. Ao fin e ao cabo descendemos dos primates e o noso cerebro descende do seu.
    Xa se probara que os chimpancés podían chegar ao mesmo coeficiente intelectual ca un neno de 5 anos. Isto do aprencizaxe dos monos pode ser útil nun futuro non moi lonxano para expedición espaciais ou simplemente para poder probar que non somos so nós os que temos un cerebro privilexiado neste planeta.

  11. faa-diegocores di:

    Paréceme interesante este descubrimento, porque a simple vista parece que os únicos capaces de realizar cálculos somos os humanos, non obstante eu opino que non so nós podemos realizar este tipo de actividades, e este estudo demóstrao.
    Vendo actos de animais como poden ser as estratexias de caza ou o uso de ferramentas podemos ver que non so os humanos “lle damos ao coco” se non que os outros animais tamén. O que si podemos dicir, é que entre a nosa intelixencia e a dos outros animais hai diferenza, pero non que eles non a teñan.

  12. faa-laurarey di:

    Resulta moi sorprendente coñecer que unha espécime como a dos macacos é capaz a sumar, algo que ata o momento pensaba que era unha calidade totalmente atribuída ós humanos.
    Isto conlévanos a pensar que non somos a única especie intelixente existente. Temos moi infravalorado as capacidade dos animais e como en este descubrimento amosa, estamos errados.
    Este artigo paréceme moi interesante, pois en el amósasenos que uns macacos ben entrenados serían capaces de facer moitas actividades que hoxe en día unha persoa realiza.

  13. faa-larafernandez di:

    É curioso que outros animais poidan chegar a facer operacións matemáticas, xa que pensamos que esta é unha capacidade exclusiva dos humáns, pero non é asi. Ademais dos monos, fixéronse este estudo e outros similares, a animais con cerebros parecidos os dos seres humáns, como o do golfiño, empregando pelotas de cores tirándoas a súa piscina, as cales os golfiños reunen nun aro dentro da auga, cando os entrenadores loes din que sumen números simples coma 2+2. Estes, coas suas aletas ou boca, arrastra o numero de pelotas ata o aro.

  14. faa-adrianmartinez di:

    Estamos ante un artigo bastante curiososo, aínda que creo que nada máis que iso. É curioso saber que os macacos sometidos a certas condicións son capaces de realizar operacións sinxelas, como a suma. Isto é outro factor a favor de que contan cunha grande intelixencia, cousa que xa se sabía.
    Habería que ver se os seres que se acercan máis á intelixencia do ser humano, coma os macacos ou os delfíns, son capaces de realizar esta ou outro tipo de actividades que necesiten desa intelixencia sen requerir de estímulos externos, coma neste caso o zume, para acadalo.
    Pero máis aló da curiosidade non sei que utilidade pode ter que agora saibamos que os macacos poden realizar cálculos básicos.

  15. faa-igonzalez di:

    Este experimento con monos é incrible, porque demostra que simplemente aprendendo, o cerebro pode aprender cousas fascinantes. Tamñen nos axuda a averiguar con exactitude cal foi o noso incio como humanos, dado que os monos son os nosos antecesores directos, polo tanto deberíamos saber como son tódolos tipos de monos e os seus cerebros para encontrar o noso antecesor máis directo. Inclusive, poderíamos “adoptar” monos e chegar a a domesticalos ou directamente a enseñarlles a chegar a ser propios humanos.

  16. faa-christiancacabelos di:

    Parece que os humanos non somos os únicos animais racionáis xa porque ademáis de nos tamen existen animáis con sentimentos e os seus derivados como sentimento de culpabilidade por exemplo e tamén presentan ter conciencia dos actos que realizan, un exemplo de animáis con este tipo de sentimentos son os golfiños e as baleas, tamén existe a posibilidade de que as baleas manteñan vínculos sentimentáis máis fortes que os doutros seres vivos como somos nós, os seres humáns.
    Cada vez, segundo avanza a ciencia e os coñecenentos científicos, prodúcense achados moi importantes e relevantes para todos como son á capacidade de relación das baleas e golfiños por exemplo ou a capacidade matemática dos nosos precursores, os simios que polo visto son capaces de realizar operacións matemáticas como son as sumas e eu penso que seguramente contan con máis posiblidades que sumar un par de números.
    Tamén existen máis seres vivos a parte de nós que son capaces de ver a cor como son os loros que poden ver a cor e, aínda que non demostrado, crese que son capaces de ver os espectros de luz infravermella e ultravioleta, que para nós son invisibles.
    Certos animáis cada vez sorprenden máis ao ser humano e mesmo chegan a superarnos nalgunhas cousas.

  17. fab-rebecachaves di:

    O macaco Rhesus (Macaca mulatta), frecuentemente denominado o mono Rhesus, é unha especie de primate catarrino da familia Cercopithecidae, unha das máis coñecidas de monos do Vello Mundo. Estes macacos posúen unha gran intelixencia, tamén é capaz de recoñecerse nun espello. A súa intelixencia chega a tal que, segundo este artículo, chegan a saber sumar. Con isto vese que os humanos non somos os únicos que podemos realizar este tipo de operacións, e que aínda nos quedan máis cousas por descubrir dos animais que son capaces de facer igual que os humanos.

  18. fab-iriamartinez di:

    O macacus rhesus é un mono do sudeste asiático cunha intelixencia, sendo un dos poucos animais capaz de coñecerse diante dun espello, ademáis diso como nos conta este artigo o macaco é capaz de realizar sinxelas operacións como poden ser as sumas. Este tipo de intelixencia lle sucede a outros animáis como pode ser o golfiños, corvos elefantes e otros simios.

  19. fab-jorgegonzalez di:

    Está claro que os humanos non somos os primeiros en todo. Estou case seguro de que hay animais por todo o mundo moi superiores a nós en algunhas cousas. Estas investigacións están moi ben xa que a parte de coñocer a outras especies intelixentes tamén poden chegarnos a ser útiles, como é o caso da utilización de animáis en misións da NASA.

  20. fab-beatrizcasal di:

    Os macacos son animais asiáticos, este intelixente animal pódese adaptar a varios hábitats e algúns poden acostumarse mesmo a vivir entre os homes, de feito este animal tivo unha estreita relación cos homes, pois grazas a el se levaron a cabo importantes investigacións médicas e científicas. Hai lugares onde poden vivir cos homes como é o caso en India, onde son respectados e considerados animais sagrados.

  21. fab-sofiacastineiras di:

    Este animal é común dende Afganistán ao norte da Inda e China meridional. O macaco Rhesus tivo unha estreita relación cos homes, pois grazas a él leváronse a cabo importantes investigacións médicas e científicas. Foi o primeiro primate clonado e transxénico. O máis problable é que cada vez se descubran máis cousas moi asombrosas que os primates teñen en común con nos, cada vez o parecido é maior.

  22. faa-manuelmontes di:

    É interesante saber que varios animais teñen capacidades similares ás nosas. Os seres humanos e este tipo de mono (macacus rhesus) temos, por así decilo, “parentes” en común, polo que teñan algunhas capacidades similares ás nosas non é de extrañarse. Pero outros animais sen ter tantas similitudescon nós ,como os golfiños e baleas, tamén posuen capacidades coma as descritas no artigo: son capaces de recoñecerse nun espello, de sumar… Hai que ter en conta que non podemos sobrecargar aos animais.

  23. faa-veronicanoya di:

    Paréceme moi interesante este experimento, xa que nos permite observar que non só os humanos podemos facer cálculos matemáticos e que non só nós temos conciencia da nosa imaxe, senón que outros animais como os macacos, os golfiños, os corvos ou mesmo os elefantes tamén a teñen.
    Malia parecerme un experimento interesante, como di Adrián, máis aló da curiosidade non entendo que usos pode ter.

  24. fab-raqueloliveira di:

    O Macaco Rhesus é un animal asiático,é primate marrón coas nalgas e a cara rosas. Posúa unhas cualidades extraordinarias, é intelixente e pode chegar a vivir cos homes.
    Grazas a animais como este, puidose facer grandes avances na ciencia,tanto no ámbito farmacéutico como no de ir ao espazo, estes monos foron antes que as persoas.
    En algúns sitios estes monos son sagrados, persoalmente eu se pertencera a esas culturas non me gustaría nada que mandasen ós monos ao espazo ou esperimentasen con eles.
    Os monos son un dos tipos de animais que máis se parecen a nos, teñen unha intelixencia bastante desenvolvida, comunícanse etc, pero ademáis destes, tamén hai moitos outros tipos de animais que non teñen o recoñecemento debido, por exemplo os golfiños ou as baleas comunícanse (na miña opinión,non está demostrado)e son bastante intelixentes,estou segura de que a ciencia terminará por certificalo e co tempo coñeceranse moitas máis especies e inclúso chegaremos ó punto de descubrir especies moito máis intelixentes ca nos.

  25. fab-manuelgonzalez di:

    Non me sorprende o nivel de intelixencia que poden ter os simios,e en concreto este macaco. Os monos,xunto os delfins,corvos,baleas e elefantes,son os únicos animais que superaron a proba do espello,que consistía en debuxarlle un punto na cabeza,e estés animais o verde extrañabanse de dito punto,chegando a conclusión de que son conscientes de que están neste mundo.

  26. fab-jairotroncoso di:

    É increible que este tipo de animales, poida facer unhas operacións como nós, aunque sexan tan sinxelas como unha suma. Grazas a este tipo de experimentos, podemos coñecer mellor en general como son os monos, ou neste caso, no do macaco en concreto. Estos experimentos demostran que os monos, poden ser bastante intelixentes.

  27. fab-mariatirado di:

    Os monos en xeral parécense moito a nós, de feito lin nunha revista (que falaba sobre a natureza) que poñía diversas especies de monos con cada súa cadea de ADN e en baixo a nosa cadea que obvio que había diferenzas, pero o máis curioso é que coincidían coa cadea de ADN humano nun 94%,96% e 97%.