AMEAZANDO AOS PEIXES

O morcego pescador tamén chamado morcego patudo, é unha especie de murcélado quiróptero. É diminuto, moi lixeiro e fráxil, pesa arredor duns 40 -70 g, polo que non é doado imaxinalos  cazando peixes.Atópase principalmete no Mediterráneo; na  cova¨ Punta de Benimáquia¨ que se atopa en Denia, Valencia,  habitan arredor  de 65 exemplares.

Varios investigadadores da Universidade do País Vasco descubriron que esta especie que está en perigo de extinción, ademais de alimentarse de insectos , alimentase tamén de peixes. É o primeiro mamífero voador capaz de cazar peixes.

Outro dato importante foi que  elixían aos peixes máis pequenos. As  presas, atrápannas coa membrana interfemoral ou coas garras ganchudas das patas traseiras, ou con ambas á  vez. Pescan durante a noite.
Este proxecto levouse a cabo porque os investigadores atoparon escamas de peixe nas súas feces o que lles chamou a atención. Tardaron para creer o que estaban vendo porque os morcegos empregan a ecolocación, é dicir, non poden ver o que se atopa por de baixo da auga xa que a superficie reflicte as  ondas emitidas, isto é  a única dificultade coa que se enfrontan, polo que deben esperar a que algunha présa saque a cabeza cara a superfiecie para que a poidan capturar.
Durante a investigación tamén atoparon no interior do estómago dun deles, 30 otolitos; pequenos ósos dos oídos dos peixes. Isto quere dicir que se comera uns 15 exemplares ao longo do ano, e grazas a este dato clasificaron a este tipo de  dentro da especie Gambusia holbrooki, unha especie exótica, que foi introduciada nos anos 20 para poder acabar coas plagas de insectos.


Coñécense tres subespecies de Noctilio leporinus:2

Autora: Greta Georgieva

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

37 Responses to AMEAZANDO AOS PEIXES

  1. fab-elisaperez di:

    Os mamíferos voadores son un grupo reducido de especies de mamíferos que evolucionaron de tal forma que poden, dalgunha maneira, ir ou moverse polo aire, sosténdose cos seus propios órganos ou apéndices pares. En función do tipo de voo, os mamíferos voadores poden ser: de voo activo (aqueles que poden impulsarse coas súas ás) ou de voo pasivo (aqueles que tan só poden planear coas súas ás.) Mamíferos voadores de voo activo son os morcegos, entre outros, e de voo pasivo son os ratos ou esquíos voadores.

  2. faa-ricardop di:

    Lin este artigo para un artigo voluntario, e resultoume moi interesante, xa que os morcegos non soen pescar, pero a excepción, éste faino.
    Na miña opinión é un morcego un tanto peculiar, xa que caza ó vo, pasa enriba da auga e pesca peixes pequenos, normalmente, ou insectos da superficie da auga, xa que éste non se pode sumerxir.

  3. fab-mariablanco di:

    Deberíase de ter máis en conta o feito de que esta especie animal está en perigo de extinción.
    Como se conta no artigo, este é o único mamífero voador capaz de cazar peixes, polo tanto ten valor o feito de que se tomen precaucións para que non desapareza.
    Non creo que ningunha especie animal deba extinguirse e menos se teñen características diferentes respecto a outras.

  4. faa-nicolecorbacho di:

    Gambusia holbrooki é un peixe da familia dos pecílidos na orden dos ciprinodontiformes.
    os machos poden alcanzar os 3,5 cm de lonxitude total,e as femias dobrar esa lonxitude.
    esta especie atópase en Norteamérica. foronse introducindo nas zonas pantanosas de varios países de Europa e Australia co obxetivo de controlar as plagas de mosquitos.
    estas se reproducen varias veces ao ano de forma ovovivípara (as femias incuban os ovos no interior dos seus corpos).

  5. fab-ariadnacordal di:

    Tendo en conta o tema que desenvolve o artigo, a alimentación do morcego pescador, paréceme pouco axeitado o título que se lle atribuíu, “Ameazando os peixes”, xa que como se menciona, esta especie atópase en perigo de extinción. De todos xeitos, é abraiante a cantidade de especies (e as curiosas características dalgunhas, coma neste caso) que se levan descoberto ao longo da historia. Actualmente recoñécense entre 1’5 e 2 millóns de especies diferentes, das cales máis dun millón se corresponden con animais e respecto ós mamíferos, clase na que se inclúe o Noctilio albiventris ou morcego pescador, calcúlase que albergan unhas 5400.

  6. faa-manuelcacabelos di:

    Ten un tamaño moi pequeno, non pesa máis de 10 gramos, pero as súas longas patas outorgáronlle tamén o nome de “morcego patudo”. Para alimentarse introduce as súas longas extremidades na auga e arrástraas ata dar coa súa presa. Deste xeito non só caza insectos suspendidos na superficie, senón tamén pequenos peixes.

  7. fab-martarodriguez di:

    Na miña opinión non penso que sea unha ameaza para os peixes como di no seu título. Este tipo de morcego está en perigo de extinción e deberíamos intentar salvar a súa especie, non é nada malo que se alimente de peixen xa que grazas aos nosos ríos e mares os peixes son moi abundantes.

  8. faa-nicolecorbacho di:

    os quirópteros son os únicos mamíferos capaces de voar activamente, comas aves. Sen embargo, a diferencia destas, os morcegos desarrolan a sua actividade de noite ou, en todo caso, No amencer ou anoitecer . Este comportamento, que lles permite evitar a competencia ecolóxica coas aves. os quirópteros son o segundo orden de mamíferos en número de especies, só superados polos roedores.

  9. faa-noeliaparracho di:

    Este artigo chaumoume bastante a atención xa que penso que é moi curioso que un morcego cace peixes, e ademais surxíronme algunhas dúbidas arredor deste tema.
    Gustaríame saber se este morcego está en perigo de extinción por causas humanas, porque non está ben adaptado, ou por outros motivos, xa que non atopei esa información en internet.
    Polo que respecta ó vídeo, teñen un modo bastante curioso de cazar, xa que cando lin o artigo non podía imaxinarme como cazarían coa membrana interfemoral.
    Unha cousa que non entendo é que no artigo dise que “a superficie da auga reflicte as ondas emitidas” pero sen embargo no vídeo dise que o morcego detecta as ondas emitidas polos peixes que nadan baixo a superficie da auga.
    Como última dúbida, se a especie foi introducida para eliminar unha plaga de insectos, e se adaptaron ben ó medio, nese lugar non debería haber depredadores dese morcego, polo tanto, como pode ser que esté en perigo de extinción? Debería reproducirse mellor se non teñen depredadores tras eles.

    • faa-lauravazquez di:

      Eu xa vira este documental e nel dicían que a principal ameaza para a supervivencia destes morcegos é a contaminación da auga, a construcción de presas ou a pérdida de pequenas lagoas.
      Para que os morcegos as poidan localizar é necesario que estas saquen a cabeza e “rompan” a superficie da auga. Non poden detectar o que hai debaixo da auga pero teñen un sistema de ecolocación extremadamente sensible que lles permite detectar as ondas que se crean na superficie.

  10. fab-jairotroncoso di:

    Esta especie de morcego é moi interesante, polo que se conta neste artigo. Devido ao reducido tamaño dos morcegos, sen contar algunhas determinadas especies que son grandes xa… é difícil de imaxinar a un morcego cazando un peixe, xa que os peixes pois son grandes para eles, pero o que fan é elixilos, que eso é ainda máis interesante, xa que eles non poden percivir o que hai debaixo da auga.

  11. faa-manuelmontes di:

    Pareceme incríbel que un mamífero dese tamaño sea capaz de cazar e comer un peixe, aínda que cazan aos exemplares máis pequenos. Eu sabía que cazaban insectos ou que algúns se alimentaban de froita,incluso algúns de sangue, os chamados “vampiros”.Ademais de que para cazalos teñen que esperar a que a presa saque a cabeza fora da auga xa que, como ben di o artigo, a auga fai de barreira e reflicte as ondas que empregan os morcegos para cazar, desprazarse… O que me pregunto é por que están en perigo de extinción? É pola nosa culpa, ou estes animais teñen algún depredador?

  12. faa-christiancacabelos di:

    Paréceme un descubrimiento incríble, nunca imaxinei a un morcego, que consideraba insectívoro de toda á vida, capaz de cazar peixes e ademáis co seu pequeno corpo e tamaño, sinxelamente impresionante xa que contan coa gran dificultade de que non poden empregar os ultrasons como ecolocalizador xa que a auga os reflicte.
    Tamén cito a gran dureza das escamas debido a que os excrementos dos morcegos conteñen ácido sulfúrico (H2SO4).

    • Esteban Pintos di:

      Respecto ao comentario do meu compañeiro Christian e algún compañeiro máis, non me parece tan incrible que co seu tamaño cace peixes, xa que hai peixes moi pequenos tamén e son os que estes morcegos comen, o escarabello rinoceronte que levanta 800 veces o seu peso, iso é incrible!
      Outra dúbida acerca do comentario de Christian é o último dato que pon, non entendo o que quere dicir.

      • faa-christiancacabelos di:

        O que quero dicir é o seguinte, os excrementos dos morcegos conteñen ácido sulfúrico con fórmula química H2SO4, e con esto pretendo dicir que as escamas dos peixes que inxiren son bastante resistentes porque ademáis de soportar os ácidos estomacais, que no caso dos humanos é ácido clorhídrico (HCL), tamén resisten o ácido dos seus excrementos sen disolverse ou desfacerse.

  13. faa-veronicanoya di:

    Como di Mari, se atopamos unha especie cunhas características especiais, totalmente diferentes ós outros animais da súa especie, deberíamos coidar que esta especie non desapareza, con maior atención se xa sabemos que está en perigo de extinción.
    Paréceme ademais moi interesante esta característica que o fai diferente, xa que para os morcegos debe de ser difícil pescar ó reflectirse as ondas. Isto lévame a preguntarme se estes morcegos teñen que pescar como adaptación á diminución na cantidade de insectos, que para eles son máis fáciles de cazar.

  14. faa-martinlosada di:

    Creo que neste artigo o máis interesante dende o meu punto de vista, e o descubrimento de que estes mamiferos cambien a súa dieta con respecto aos outros membros da súa especie, e esto e unha mostra do poder da natureza e da capacidade que ten para evolucionar e adaptarse as necesidades. Tamén me parece a destacar que cacen presas de maior tamaño, pero ben e certo que o reino animal está pragado de casos destes, donde sobresae o escarbello rinoceronte.

  15. fab-jorgegonzalez di:

    Esto é algo moi peculiar, sobre todo ao estar en perigo de extinción. Non son moi coñecedor dos tipos de morcegos pero sin dubida esta especie non é algo común. Creo que se debería seguir investigando a estos animais para descubrir máis cousas sobre eles.

  16. fab-sofiacastineiras di:

    Non cabe duda que este é un artigo moi curioso, xa que non acostumamos a ver ou leer que os morcegos se alimentan tamén de peixes. Estes morcegos son animais moi pequenos, miden 13cm de lonxitude e pesan entre 40 e 70 gramos. As membranas da cola son pardas translúcidas. A cola e as patas son moito más grandes respecto a outros morcegos. Nas meixelas teñen unhas bolsas para almacenar, neste caso, os peixes. As garras das patas traseiras son longas, curvas, e moi comprimidas lateralmente, o que lles permite surcar a agua case sen resistencia. Aliméntase principalmente de crustáceos, insectos e peixes, aínda que tamén consumen outros invertebrados acuáticos. Ao atardecer saen das covas e van directos a ras da auga atrapando ás presas.

  17. faa-elenafontenla di:

    O morcego pescador é un morcego moi peculiar, xa que os morcegos que coñecemos teñen outra dieta moi distinta. Estes morcegos aliméntanse de peixes, pero debido ao seu reducido tamaño, escollen peixes pequenos cos que poidan cargar e comer. Pero o que máis resalta destes animais é a súa forma de cazar, xa que emiten ondas sonoras que , ao rebotar con algunha superficie, devolven a emisión e debuxan un mapa no cerebro do morcego. O animal utiliza este método na auga, e aproveita cando un peixe asoma a cabeza cara a superficie para atrapalo, realizan este proceso moi rápido, de feito necesítase unha cámara súper lenta para poder captar o proceso da pesca con precisión e poder ver cada detalle.

  18. fab-martapalacios di:

    Xa é de por si pouco común descubrir especies novas con rasgos impactantes, como para que ademais estemos a falar dun mamífero voador. Os mamíferos voadores son un grupo reducido de especies de mamíferos evolucionados coa capacidade de voar. No termo “voar” é onde atopamos a maior dificultade para clasificar ós mamíferos dentro deste grupo. Segundo o dicionario “voar” defínese como “Ir ou moverse polo aire, sosténdose coas ás”. Unha á é cada un dos órganos ou apéndices pares que utilizan algúns animais para voar. Existen dous tipos de mamíferos voadores:
    -Mamíferos de voo activo: capaces de impulsarse coas súas propias ás. Neste grupo atópanse os morcegos, na familia dos quirópteros.
    -Mamíferos de voo pasivo: só poden planear coas súas ás. Neste grupo existen dúas familias: os dermópteros e os petáuridos nos que se atopan os esquíos e ratos voadores.

  19. faa-sergioserantes di:

    É unha especie de morcego do máis interesante, nunha situación apremiante de perigo. O que me chama máis a atención del é que pode alimentarse de diversos animais, incluíndo pequenos peixes, o cal o converte nun mamífero minoritario e case único.

  20. faa-cristinaguillan di:

    Paréceme un tema moi interesante xa que non imaxinara que un animal cunha visión tan reducida , que se guía por ultrasons ou ondas e de tan pequeno tamaño puidese pescar, xa que como se di no artigo ditas ondas son reflectidas pola superficie da auga e non podería percibir o que se move por debaixo dela, polo que só os cazan cando emerxen, demostrando unha incrible paciencia. Ademáis, estes morcegos escollen aos peixes máis pequenos, detectando este tamaño polas ondas que emiten estes peixes cando emerxen a cabeza, outra facultade asombrosa.
    Por outra banda, non vexo axeitado o título do artigo, xa que se trata dunha poboación moi reducida de morcegos que consomen arredor de 15 peixes nun ano, unha cantidade bastante insignificante se a comparamos coa pesca que practicamos os seres humanos ou outros animais, polo que non os considero unha ameaza para a os peixes.

  21. faa-igonzalez di:

    Eu creo que este tipo de mamíferos é moi raro e, polo tanto, non hai moitos. Coma outras especies, nas cales hai poucos exemplares, é normal que desaparezcan, porque poden morrer por cusas naturais ou directamente por algún accidente provocado polo ser humano e, claro está que estes animais non se poden permitir o luxo de morrer sin reproducirse, porque si non se reproducen, non haberá nun futuro, animais desta especie, ou de outra que sexa a mesma ocasión de perigo de extinción.

  22. fab-iriamartinez di:

    O morcego pescador é unha especie que habita en zonas de bosque húmido. Aliméntase principalmente de crustáceos, insectos e peixes, aínda que tamén consumen outros invertebrados acuáticos. Ao atardecer saen das súas covas e voan rapidamente a rentes da auga, atrapando as súas presas, coa membrana interfemoral ou coas poutas das patas traseiras, ou con ambas as dúas á vez. Pescan durante a noite.
    Durante o día vive en colonias numerosas ao interior de covas ou baixo as ramas de árbores de follaxe densa.

  23. faa-saracastro di:

    Paréceme curioso o método que seguen este tipo de morcegos para cazar ás súas presas. O feito de que cacen ós peixes cando estes se asoman á superficie da auga indica que son uns animais moi atentos e con moitos reflexos.
    Por outra banda hai que destacar tamén que estamos a falar doutra esecie en perigo de extinción, o que nos debería alertar, posto que en calquera momento poden desaparecer. Aínda que o certo é que non atopei moita información sobre as causas de por que están en perigo de extinción, pero un dos motivos principais é que existen poucos exemplares e, os que hai, atópanse en zonas escuras de bosques que hai dende México ata Arxentina.

  24. faa-begonasuarez di:

    Este artigo trata sobre o morcego pescador (ou patudo) que actualmente está en perigo de extinción. Algo que non sabía era que este animal é o primeiro mamífero voador capaz de capturar peixes, escollendo aos máis pequenos. Considero máis importante neste artigo que estea en perigo de extinción de que coma peixes, xa que nun momento podería desaparecer.

  25. faa-adrianmartinez di:

    É realmente curioso que esta especie de morcegos sexa capaz de cazar peixes, será un feito debido seguramente a cuestións de adaptación xa que probablemente os insectos non podían cubrir a súa dieta. Por outra banda é lóxico que escollan cazar os peixes máis pequenos xa que son os máis próximos ao seu tamaño e dubido que poidan ser capaces de cazar peixes de maior tamaño.
    É unha pena que se trate dunha especie en perigo de extinción, xa que é unha especie que conta con rasgos únicos, esperemos que as medidas tomadas para protexelo sexan satisfactorias.

  26. faa-larafernandez di:

    No meu caso, non me extraña que estos morcegos cacen peixes, xa que seguramente teñan que adapatarse a ese medio, e ó non encotrar o seu habitual alimento teñen qie recurrir a comer peixes. Esta caza, non lles resutala fácil polo feito da ecolocalización, xa que, como di o artigo, as ondas que emiten rebotan contra a superficie da auga.
    Da que pensar que uns morcegos, que non habitúan a alimentarse de peixes, comecen a facelo.

  27. faa-christiancacabelos di:

    Creo que da gran diversidade de morcegos existentes este en concreto salienta pola súa alimentación xa que outros aliméntanse exclusivamente de insectos ou nalgúns casos de sangue doutros animáis como as vacas, este é o caso do morcego vampiro, que durante uns trinta minutos sen provacar dano algún para o animal que sofre a retirada de sangue, os morcegos vampiros viven en colonias de 25-100 indivíduos e poden nutrirse nunha sóa noite do sangue de 25 vacas, habitan na área de América do Sur.
    Eu creo que o morcego pescador respecto a súa relación-tamaño peso é bastante sorprendente a súa alimentación a base de peixes, nunha pequena cantidade.

  28. faa-fatimalago di:

    O morcego patudo, como ven se di no artigo, é unha especie de quiróptero, que é unha orde de mamíferos placentarios con extremidades superiores en forma de ás. Trátase dunha especie un tanto escasa, descoñecéndose as súas poboacións globais. Ten un tamaño mediano, co dorso gris claro e o ventre case branco, e posúe uns grandes pes. Os xoves, posúen unha mancha escura no mentón.
    Atópase ligada a zonas acuáticas con ambiente litoral. O seu clima é o clima termomediterráneo (sen xeadas no inverno e temperaturas moi elevadas no verán) e en xeral vive en zonas de baixa altitude, ata os 700 metros. Utiliza como refuxio covas, minas, túneles… sempre preto de ríos, embalses, etc. En épocas de cría xúntanse por sexos, os machos por unha parte, e as femias por outro.
    Estes morcegos aliméntanse de distintas maneiras, tanto de froitas silvestres ou insectos como de peixes, dato do que neste artigo se está a falar.En Andalucía, todos os morcegos están en perigo de extinción, co cal están protexidos.
    Debemos tentar protexelos, xa que estes son medios naturais para o control de pragas e dalgúns parasitos.

  29. fab-yamilayelpez di:

    Pareceme curiosa, incluso cómica, a idea dun morcego pescador. En calquer caso, a evolución é a que fai que os seres vivos se adoiten ás condicións do seu entorno. Da mesma maneira, os seres humanos comezamos a pescar, pero ao utilizar ferramentas non desarrollamos capacidades como a da selección dos peixes ou membranas.

  30. fab-manuelgonzalez di:

    Un dato moi interesante e innovador dos morcegos que non me esperaba,e que grazas ó traballo e investigacions das persoas coñecemos. Este tipo de morcego,coñecido como morcego patudo ou morcego pescador,habitan en España e están en perigo de extinción,quedando só 65 exemplares. Pero como ben comentan meus compañeiros,considero máis importante o seu estado de perigo de extinción que a súa increíble capacidade de cazar peixes.

  31. faa-sergioserantes di:

    Outro dato curioso deste morcego é que non se alimenta soamente de pequebos peixes e insectos, senón que tamén de crustáceos e distintos tipos de invertebrados que viven na auga.

  32. fab-beatrizcasal di:

    Paréceme incrible que un animal deste tamaño poida comer un peixe por pequeno pero queda demostrado que é posible. Os quirópteros tamén son unha orde de mamíferos placentarios cuxas extremidades superiores se desenvolveron como ás. Desempeñan un papel ecolóxico vital como polinizadores e tamén desenvolven un importante papel na dispersión de sementes; moitas plantas tropicais dependen por completo dos morcegos.

  33. fab-raqueloliveira di:

    Os morcegos están en perigo de extinción e aínda así, a xente cando ve un pola horta das súas casas mátaos, deberíamos mentalizar mellor as persoas para que spubesen o dano que estan a facer, que os morcegos acabarán por extinguirse e o único que nos fan é un favor, que comen ós insectos e sálvannos de moitas picaduras.
    O modo no que cazan ós peixes é extraordinario, nótase ben os reflexos e o atentos que teñen que estar para podelos cazar así.

  34. fab-anaoubina di:

    É abraiante a cantidade de especies e as características que posúen, coma neste caso que se levan descuberto ao longo da historia.
    Deberíamos coidar que esta especie non desapareza, con maior atención se xa sabemos que está en perigo de extinción.