O ZOO DE SURABAYA

 

O Zoo de Surabaya atópase en Indonesia, sendo un dos zoolóxicos máis grandes do sudeste de Asia e nel poden verse máis de 350 especies. E que ten de especial este zoo? Nada bo. Ata 25 animales morren ao mes alí, os responsables son demandados por malos tratos, corrupción e pola reprodución incontrolada, pois a pesar de que se afirme que hai uns 2.800 animais, a realidade é que chegan case aos 4000.

Varios membros do persoal están involucrados no tráfico de animais e este zoo non dispón de alimentos necesarios nin veterinarios para a supervivencia deles. Denúnciase tamén o robo de carne que supostamente debería ser subministrada como alimento e que os ”coidadores” venden no mercado negro. E ademais, a pesar de ser un zoo bastante grande, as coindicións nas que conviven son pésimas, pois danse casos como o dos pelícanos, que conviven 180 nun pequeno espazo no que non poden nin abrir as ás. Pero un dos casos máis tráxicos e que dou a volta ao mundo, foi o dun león atopado na súa xaula, estrangulado por uns cables de aceiro.

As neglixencias deste zoolóxico están sendo demandadas sobretodo por intentert, onde se está correndo a voz moi rápido, pois a pesar de que en España todavía non se teña moita idea sobre isto, o certo é que podemos atopar moitas páxinas con peticións e firmas para pechar este Zoo, creadas por americanos e tamén por xente de Indonesia.

 

Autora: Icía Cores

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade, Recursos naturais, Xeral e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

29 Responses to O ZOO DE SURABAYA

  1. fab-mariatirado di:

    Dende o meu punto de vista os zoos xa non deberían existir. Os animais teñen que estar no seu hábitat, libres; e se teñen que estar no zoo toda a súa vida, polo menos, teñen que estar nunhas boas condicións, en espazos grandes, cunha boa alimentación e persoal especializado en todo tipo de animais.
    E isto pasa en Indonesia, que nós sepamos, pero cántos máis sitios haberá e en peores condicións e non o sabemos?

  2. fab-javiercarou di:

    Neste artigo podemos observar as pésimas condicións de vida que teñen os animais nos zoos. Para os animais, vivir nun zoo (aínda que dispoña de moitos recursos) é unha das peores cousas que lles pode pasar, xa que deixan de vivir no seu hábitat e quedan presos, tendo que vivir nunha diminuta xaula.
    Hai moitos zoos por todo o mundo. Moitos deles parecen bos (aínda que en realidade non o son) e outros como o que se menciona no artigo son moi malos ao non dispoñer de recursos suficientes.

  3. faa-igonzalez di:

    Visto dende este punto de vista, os zoos parecen cárceres para os animais, pero en verdade son un medio de diversión para os seres humanos. Eu penso que os animais deberían estar libres e sen ataduras, porque senon, non están cómodos ou directamente están tristes ou obrigados a facer algunha actividade para que nós nos divirtamos. Este último punto é horrible.
    Si nese zoo de Indonesia os animais morren todolos meses, será porque non se coidan ben ou porque están a facer moitos esforzos sin ter en conta que son simples animais. Tamén pode ser simplemente porque non queren estar nese lugar ou non poden estar “encarcelados” en xaulas ou en parcelas, porque necesitan un espazo no cal poder vivir, comer, reproducirse, etc.
    En resume, os zoos son bos en certos aspectos humanos, pero en aspectos animais, son moi malos, porque non viven no sou hábitat e polo tanto poden chegar a morrer.

  4. faa-veronicanoya di:

    Como di María, eu tamén opino que os zoolóxicos non deberían existir, pois os animais non están preparados para pasar toda a súa vida encerrados en gaiolas ou facendo espectáculos para o desfrute dos espectadores.
    Paréceme impensable, que sabendo o que ocorre neste zoolóxico, como a falta de veterinarios ou o tráfico coas especies e a comida, non estea todavía pechado.

  5. fab-iriamartinez di:

    Paréceme unha neglixencia gravísima que un zoo tan grande e con tanta variedade, esté tan mal controlado. É escandaloso que os animáis dun zoo morran pasado un mes de estar alí, que non haxa controlación da reproducción, que existan antecedentes no maltrato animal y no tráfico destes. Se está demostrado que sucede así non entendo como todavía pode estar aberto.

  6. faa-begonasuarez di:

    Eu non entendo coma hoxe en día se pode permitir ese tipo de cousas nin como ese zoolóxico aínda está aberto. É espeluznante o que lle fan a eses animais, o maltrato, o tráfico, sen alimentación e sen veterinarios, se os temos en zoolóxicos o menos que se podería facer e telos ben coidados e alimentados e non nas condicións mencionadas.
    O caso do león é moi grave, falecer estrangulado cos cables de aceiro. As aves, que se supón que deberían ter uns hábitats para que puidesen voar con algo de liberdade, non poden estar moitas nun espazo pequeno xa que non teñen a mobilidade suficiente. E o máis impactante son as imaxes, verdadeiramente terribles.

  7. fab-gretageorgieva di:

    Moitos de nos fomos algunha vez a un zooloxico é todo moi bonito dende fóra, pero a maioría das persoas non saben o que en realidade eses animais estan sufrindo e as privacions que teñen.Os animais nestes sitios estan enxaulados de por vida privandoos de poder desenvolverse según as súas necesidades e sen poder relacionarse case con animais da mesma especie ou viven en xaulas preto de outras nas que se atopan os seus depredadores. Separannos da nai cando aínda son pequenos e moitos deles morren durante o transporte a causa de feridas, falta de alimento miedo cambio do clima…
    despois de estar nos zooloxicos os animais máis vello vendense aos circos para seguir servindo de pasatempo ás pesoas.

  8. faa-nicolecorbacho di:

    Neste artigo Icia, falanos dun “zoo” onde é o máis grande e con 350 especies diferentes pero teñen mala fama por malos tratos, coidados,etc… no meu Pp punto de vista, en primer lugar un animal é un ser vivo e tense que tratar como tal e non desta maneira,ainda que Sexa un animal hai que poñerse na sua situacion;tamen quero dar a miña opinion sobre os zoos,non quero decir que este mal pero penso que os animais deben Estar no seu habitat natural, porque vistos no zoo é moi bonito pero eles non o ven asi.

  9. faa-santiagoescudeiro di:

    O artigo que nos propón Icía paréceme moi interesante, xa que o tema do maltrato animal e o cativerio dos mesmos é algo moi delicado. Ter animais en cativerio, xa de por sí é algo que limita e pode danalos, para canto máis telos nestas condicións que no artigo se comenta que teñen nese zoo de Indonesia.
    Pódese observar a foto do oso, que supoño que será un dos do zoolóxico mencionado, o animal ten feridas e non se aprecia que teña un hábitat moi acorde coa súa forma de vida en liberdade.
    As administracións correspondentes deberían tomar medidas e intervir no problema.

  10. faa-cristinaguillan di:

    A verdade non dou crédito ao que leo neste artigo.
    En xeral, non estou a favor nin dos acuarios nin dos zoos xa que considero que os animais non deben vivir apresados para o noso lecer. Por desgraza, estes lugares existen, e xa que estes animais viven ahi, o mínimo é que lles ofrezcan unhas condicións de vida óptimas dentro do posible.
    O certo é que nunca escoitara falar sobre este lugar e as condicións de “vida” que lles ofrecen aos animais. Dende un punto moral ou ético xa non o vexo concebible, xa que non entendo como unha persoa é capaz de facer ollos cegos ao sufrimento dos animais, sexa cal sexa,polos seus intereses propios. Por outra banda tampouco entendo como poden tratar así aos animais, posto que a finalidade común dun zoo é que alguén os vaia ver principalmente polo seu exotismo e beleza, ainda que polo visto hai outros intereses que moven a reclutación destes animais nese lugar, pero, dende o meu punto de vista, se utilizan eses animais para o comercio negro tampouco lles debería interesar telos en malas condicións.
    O certo é que unha das cousas que máis me chama a atención sobre o tema é que o goberno dese país non tomara medidas neste asunto sendo algo tan brutal e do que hai coñecemento a nivel internacional. Realmente espero que consigan cerrar ese lugar, castigar aos seus donos e coidadores e salvar ao maior número posible de animais.

  11. fab-martapalacios di:

    Xa son bastante crueis os zoos de por si, nos que capturan animais para mantelos encerrados o resto das súas vidas, como para ademais ter que ler noticias coma esta. Non entendo o propósito que se obtén enxaulando animais para que morran de xeitos moi tráxicos e crueis. Un animal necesita unha dose diaria de comida e se non se poden permitir non se pode ter, por exemplo, a un oso ou un león morrendo de fame. Por outro lado, as aves necesitan voar e sentirse libres e aínda que as captures, o mínimo que se pode facer é metelas en lugares espaciosos e amplos. É unha auténtica vergoña o que conta este artigo e realmente doe saber que hai cousas coma esta no mundo.

  12. fab-mariablanco di:

    Eu non creo que os zoos non deban existir.
    Penso que son lugares moi entretenidos en donde se poden contemplar animais que polo xeral non se ven habitualmente. Pero o que sí creo é que si existen, deben ser lugares non perxudiciais para os animais e non semellarse nin un mínimo ao zoo do que se fala neste artigo.
    Os zoos deben existir para o disfrute das persoas, perp tamén para a comodidade dos animais ante todo e se isto non ocorre, vexo totalmebte lóxico a denuncia deles.

  13. fab-elisaperez di:

    A maior parte das veces non nos damos conta do que ocorre ao noso arredor. Non temos nin idea do dano e do sufrimento que poden chegar a sufrir estes animais. Algunhas persoas deben pensar que os animais non son seres coma nós, pero si que o son. Por iso, teñen todo o dereito a ser tratados correctamente e a vivir en boas condicións. A ser libres. Con isto, non digo que todos os zoos se tiveran que pechar, xa que, como di Mari, son lugares nos que temos a sorte de poder ver animais que non vemos todos os días. Pero ter sitios nos que literalmente maltratan aos animais porque si é algo verdadeiramente vergonzoso, e que debería ter fin.

  14. faa-lauravazquez di:

    Paréceme increíble as condicións que se dan nese zoo e máis aínda que non se fixera aínda nada ó respecto. Como pode ter de alcume “O zoo da morte” e seguir aberto? E tamén que a xente siga pagando para ver ós animais nesas condicións…
    Tampouco creo que sexa o único zoo no que pase, si se lle permite ter os animais así ahí, supoño que as condicións que se deben de dar nos zoolóxicos non están correctamente reguladas e a administración correspondende debería facer algo urxentemente.

  15. faa-adrianmartinez di:

    Esta clase de atrocidades contra animais son por desgraza demasiado habituais e moi pouco coñecidas. En países asiáticos, isto é o pan de cada día. Non digo que no mundo occidental non se produzan maltratos animais de este estilo, pero a tradición en moitos deses paises favorece estes maltratos. Por sorte aínda así hai organizacións que se encargan de denunciar estes casos en Asia, pero non son suficientes para deter estas atrocidades e está ben o papel de Internet para facer saber ao mundo que isto existe, esperemos que a recollida de sinaturas serva de algo e isto se poida deter.

  16. faa-martinlosada di:

    No artigo o que se amosa son as condicións nas que os animais se atopan nos zoos, anque no caso que mostra o artigo chegue a limites esaxerados, e que xa non empeoran as condicions de vida das especies senon que fai que estas esten nunha brebe franxa entre a vida e a morte, e pese ao entretenemento que ofrecen, que en algunha ocasion practicamente todos disfrutamos algunha vez, creo que os zoos en xeral non deberian existir, e en especial a versión máis estandarizada de zoo, xa que creo que os zoos como pode ser o de vigo limimitan excesivamente as condicions dos animais, e si non e en total liberdade, a mellor maneira de observar animais pode ser en reservas naturais, ou en ocasións especiais, en zoos mais extensos, como o que podemos atopar un en Cantabria.

  17. faa-laurarey di:

    Eu son unha persoa que considera que os zoos non son bos. Ben é certo que son lugares para o disfrute da xente onde poden ver animais que non son vistos habitualmente. Porén, detrás de todo isto agóchase unha espantosa situación. Nestes centros os animais sofren e padecen todo tipo de privacións. Estes son encerrados en gaiolas impedíndolle comportarse segundo o seu instinto natural. A demais na maioría dos casos conviven cos seus excrementos ou están sometidos a malos tratos de xeito continuo.

  18. faa-ricardop di:

    Eu penso que os Zoos están moi ben para ir ver ós animais que non podemos ver xa que non son do noso clima, polo que penso que están moi ben dende ese punto, pero tamén estou dacordo cos meus compañeiros en que está mal, xa que os animais en zoos deberían vivir coma se estivesen libres, en cambio, se non teñen boa alimentación, personal especializado nas especies alí presentes, espazos amplos para os grandes animais…
    Vos credes que os animais dos zoos son e están verdadeiramente cómodos e felices ? A miña resposta é, que dependendo dos coidados ou condicións de vida están ben ou non.

  19. fab-andrearomero di:

    Na miña opinión os zoos son realmente crueis, así como tamén penso que a xente que vai alí non se da conta da situación.
    Os animais que alí se atopan están sometidos a un ambiente ó que eles non están para nada acostumados a estar, encerrados en xaulas sen poder desprazarse libremente por onde eles quixesen.
    En algúns casos nin se quera teñen a alimentación adecuada e incluso se pode ver que sofren maltrato e que están totalemnte desatendidos.
    Creo que se deberían prohibir os zoos de unha vez e deixar de aproveitarse dos pobres animais por beneficio económico, se a xente quere ver especies diferentes que as vexa, pero non en lugares donde son maltratados.

  20. fab-ariadnacordal di:

    Os zoolóxicos son outro dos moitos recursos creados polo ser humano para o noso exclusivo entretemento e polo tanto, en ningún dos casos é xusto ter a animais engaiolados para a exposición do público, pero tamén hai que recoñecer que funcionan como unha instalación para a protección, o coidado e a investigación de moitos animais. Para que non se den casos coma o deste zoo de Surabaya, cada país aplica a súa propia lexislación respecto a este tema, a cal establece unhas condicións para o desenvolvemento de calquera parque zoolóxico. A Unión Europea, por exemplo, estableceu a obrigación do cumprimento dunhas condicións mínimas de sanidade, benestar e seguridade dos animais, e a lei española, ademais, considera os zoolóxicos unha fonte para estudos científicos (tanto a fauna coma a flora) que debe estar a disposición das universidades ou doutras organizacións destinadas á investigación.
    A pesar de que os zoolóxicos manteñen aos animais en zonas pechadas que poden ser observadas polo público, se se lles ofrece os coidados necesarios, poden ser moi útiles tanto para os humanos coma para algunhas especies, especialmente aquelas en perigo de extinción. Como conclusión, o sucedido no zoo de Surabaya debe alarmarnos a toda a poboación, pero tampouco facernos pensar negativamente destas instalacións; ao contrario, debemos esixir que todas posúan boas condicións e lles ofrezan bos tratos aos animais que albergan.

  21. faa-fatimalago di:

    Noticias como estas deixanme completamente abraidada, non chego a entender como se poden cometer actos coma este, o de estrangular a un león cuns cables de aceiro. Non é concebible que o ser human sexa capaz de facer isto. Os animais, así coma nós, son seres vivos, en que cabeza cabe chegar a pensar ou incluso facer atrocidades como esta con eles?
    Dende o meu punto de vista comezo dicindo que eu xa non estou a favor dos zoos, aínda que si debo recoñecer que algunha vez que outra fun a visitar algún zoo para o meu propio lecer, pero, quen non? Agora ben, parándose a analizar esta situación, ningún animal, nin ningún ser vivo merece vivir atrapado, os seres vivos están feitos para vivir en liberdade. Pero no caso dos animais en perigo de extinción, non creo que sexa tan negativo mantelos albergados tanto en espacios naturais protexidos como en zoos, eso si, cos coidados necesarios. Pero estes coidados deben ser aplicados a todos os animais de todos os zoos, xa que dúbido que os zoos cheguen a desaparecer, polo menos darlle unhas condicións de vida o máis normais e sellemantes ás reais, recibindo o mínimo trato que se merecen, xa que estos animais dubido que estén ahí por voluntade propia.
    Outro tema a tratar é que ao meu xuízo fixo que existen moitos zoos semellantes a este, pero por un motivo ou outro non chegan a saír a luz nin son casos coñecidos a nivel internacional.
    Por outra banda, o que me parece sorprendente é que non se chegase a facer nada aínda contra este zoo, como un peche inmediato, como mínimo, levando aos animais que alí habitan a outros zoos con mellores condicións dispostos a recollelos. E o que si apoio son as campañas que están na internet de páxinas con peticións e firmas para pechar este zoo, cousa que espero que se chegue a divulgar ben e todos os que queiran teñan a oportunidade de axudar.

  22. faa-christiancacabelos di:

    Dende o meu punto de vista xa me parece grave privar de liberdade a estes animáis porque os conduces a unha moito menor esperanza de vida para canto máis obligalos a vivir nestas pésimas condicións sen hixiene, alimento, coidados necesarios… sen nada, e aínda por riba carecendo de espazo e sufrindo malos tratos e torturas que chegan a provocar a morte dos mesmos. Ademáis de indecente e inhumano esto é inadmisible e non sei como o goberno deste país aínda non tomou ningunha medida ao respecto xa que todos os seres vivos teñen una dereitos comúns que deberían estar recollidos na constitución de Indonesia porque creo que é moi grave que aínda por riba de permitir iso que sexan outros países os que teñan que preocuparse das demencias de unhas persoas que carecen de sentimentos e dunha grave falta de conciencia que lles impide diferenciar os bos feitos dos malos xa que é inmoral este feito e considero unha falta de respecto cara todos os que se preocupan deste feito por parte do goberno indonesio que aínda non se pronunciara.

  23. fab-raqueloliveira di:

    Resulta realmente vergonzoso que na sociedade na que vivimos sega a ocurrir couas así,e que a xente sexa tan crúel como para facer o que lle fan ós animais deste zoo,persoalmente ós responsables de casos como o do león que nos contan no artigo, faríalles exactamenter o mesmo para que superan o mal que se pasa.
    O que non entendo,é que habendo consciencia do que alí está a suceder, non lle cerran o circo ou impoñen máis normas e máis revisións.
    No caso do mercado negro, a culpa é da propia xente que vai alí a comprar, reaalmente vergonzoso.
    Noticias así de escandilizadoras deberían verse máis amiúdo para que a xente actuara, porque estou segura de que estas cousas suceden a montóns en todos os sitios.

  24. fab-rebecachaves di:

    Eu non estou a favor dos zoos. Simplemente porque eu creo que os animais deben ser libres, porque para iso son animais salvaxes, estes animais non serven para estar encerrados xa que para eles é antinatural. En caso de que haxan zoos, éste deberían ter unhas condicións mínimas para que os animais poidan gozar de saúde e vivir dignamente e non coma os animais deste artículo. En casos como este, se ve o nivel de crueldade que poden chegar a ter algunhas persoas, penso que isto non debería ocurrir, pero por desgraza este só é un de miles de casos de persoas que maltratan animais ou os teñen en malas condicións. Creo que se todas as persoas denunciamos estes casos e facemos campaña poderiamos impedir que este tipo de zoos seguise aberto ou tivera unhas condicións dignas para todos os animais. Espero que algún día non haxa zoos, ou acuarios, para que os animais poidan vivir en liberdade, pero eso non quita que haxa reservas naturais e parques que recrean os habitats de outros animais para que poidan salvarse especies ou para protexelos por algunha causa.

  25. fab-anaoubina di:

    Eu estou totalmente en contra dos zoolóxicos, nunca fun a ningún, nin tampouco estou interesada en ir, non pagaría unha entrada para visitar a especies de animais que están entre as rexas, encerrados en espazos limitados, que tratan de imitar o seu hábitat natural como si este xa non existira. Os animais salvaxes naceron libres e están condenados a cadena perpetua simplemente porque nos os estamos asesinando, ao alterar e explotar o seu ecosistema, e que detrás de estas prisiós existe un negocio, que obliga aos animais a entreter aos visitantes para aumentar a ganancia dos establecementos.

  26. fab-iciacores di:

    Estou dacordo con Ariadna respecto a que moitos zoos axudan a que non se extingan certos animais e á investigación doutros. Pero penso que ter animais engaiolados só para o noso lecer, é moi cruel, sobretodo porque como ben din os carteis da maioría dos zoos, son ”animais salvaxes”. O caso deste zoo é algo que de verdade non sei como pode estar ocorrendo en pleno século XXI. Todos sabemos que os animais son seres vivos, polo tanto deben ser tratados como tal. Xa que se lles está privando da súa liberdade salvaxe natural, o mínimo son unhas condicións de vida óptimas para que non sufran danos e estén totalmente coidados. Por outra banda o tráfico de animais é algo que non concibo. Para min é como o tráfico de persoas, páganse e gáñanse cartos por un intercambio de algo que non é noso, senón que ten a súa propia vida. Os animais por desgraza non poden decidir por si mesmos, e os humanos facemos pouco por evitar estes ”zoos”, porque estou segura que non debe ser o único.

  27. fab-manuelgonzalez di:

    Porque existen os zoóloxicos? A resposta é moi pésima: para que a xente,a cambio de diñeiro,entre nestes recintos e poida contemplalos no seu tempo de ocio,e que ademáis,se sumamos unha sobrepoblación de animais e maltrato a estés e apenas se lles presta atención,o resultado é inhumano. “Por sorte” nos zoos de España non se dan estés casos,pero este zoo de Indonesia pode ser o primeiro paso para o peche paulatino de todos os zoos,lóxicamente e indudablemente empezando por este,que aunque parezca un gran traballo e esforzo é posible se todos nos concenciamos e nos unimos.

  28. fab-aldaramuniz di:

    Leo este artigo e a verdade é que non dou crédito, non mo podo crer. Como pode pasar isto nun lugar onde hai animais espectaculares e moi admirados en todo o mundo. Pero é a triste realidade, vexo isto e penso que seguramente haberá miles de zoolóxicos que teñen animais así neses estados lamentables, en fin… Non entendo como sabendo iso non o pechan. Si eu gobernara un país onde hai un zoolóxico no cal se traten mal animais e se trafica con eles, daríame vergonza. Un zoo debería de ser como un pequeno paraíso para os animais, xa que os privamos de liberdade, polo menos, tratalos como se merecen, dignamente; e aparte de paraíso, un lugar onde estean protexidos e coidados.
    Todos os países deberian obligar aos zoolóxicos de cumprir unha serie de leis mínimas para o coidado de animais e telos en condicións óptimas. E non polo simple feito de ver un sucedido así como o do zoo de Surabaya nos debe facer pensar negativamente hacia os demais zoos do mundo, ao contrario, pensar negativamente sí, pero tamén facernos conscientes de que eso debe cambiar para ben, e para que non siga ocorrendo este tipo de maltratos aos animais.

  29. fab-saulmondragon di:

    Este artigo mostra a ignorancia e egoismo que se dan en certas partes do mundo, sen pensar que o mellor as proximas xeneracions non podran ver nas rexións cercanas a onde é o zoo un exemplar dunha especie a cal matan de fame. Obviamente estan a cometer un crimen contra a natureza que non ten perdon en ningunha parte do mundo sexa indonesia ou un zoo europeo,que tamen os hai asi de crueis.

    Neste caso hai que ter en conta a localizacion do zoo,xa que en certas rexions do mundo as mafias teñen mais poder que o goberno desas rexions e dudo moito que o cerrren por moita presion popular que se faga e si se cerra abriran outo igual ou peor.