CÉLULAS NAI MÁIS RÁPIDAS

Científicos do centro RIKEN para a Bioloxía do Desenvolvemento no Xapón presentaron hai pouco un novo procedemento para conseguir células nai dunha maneira máis rápida e sinxela. Este procedemento consiste en mergullar células do sangue durante trinta minutos nun medio de alta acidez.


Os métodos actuais intentan conseguir as células nai de dúas maneiras:

-A partir do embrión humán (procedemento polémico)

Reprogramando células adultas da pel ou do sangue (non sempre funciona)

Segundo o responsable do centro RIKEN, o novo procedemento permitiría rexenerar os órganos dentro do corpo e axudar a entender cómo xestionar a produción de células nai para desenvolver unha tecnoloxía que permita controlar o cancro.

Por agora esta técnica foi probada só en ratos. Para demostrar o potencial das células tratadas, os científicos inxectáronas en embrións destes animais e constataron que as células medraron nos tecidos e nos órganos sen problema. Agora os investigadores agardan que o procedemento funcione tamén nos humáns, o que significaría o avance dunha terapia revolucionaria.

Autora: Elisa Pérez Ramudo

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Bioloxía celular, Saúde e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

21 Responses to CÉLULAS NAI MÁIS RÁPIDAS

  1. fab-ariadnacordal di:

    Non hai dúbida algunha de que un achado coma este, se resulta ser posible con humanos, supoñerá un gran cambio na investigación e no tratamento de moitas enfermidades. Isto permitirá obter células nai dun modo doado, ademais de non provocar tanta polémica por parte das ideoloxías máis conservadoras e da Igrexa (coma no caso da obtención destas mediante embrións). Se realmente se logra, o desenvolvemento de terapias e tratamentos con células nai avanzará posiblemente de modo vertixinoso e nuns anos, estas empregaríanse en moitos máis ámbitos, xa que polo de agora, os científicos recomendan considerar este tratamento como unha das últimas opcións. Non obstante, a pesar disto, estes realízanse con frecuencia, especialmente coa leucemia ou incluso co cancro de médula ósea.
    Agora só queda agardar por resultados máis fiables que permitan avanzar na investigación para que así, algún día, o tratamento con células nai poida funcionar en enfermidades coma outros tipos de cancro ou a diabete.

  2. faa-begonasuarez di:

    As células nai embrionarias posúen a capacidade de dividir por longos períodos e de conservar a súa capacidade de facer todos os tipos da célula dentro do organismo. Estes chámanse as células nai pluripotent. Derivan das células nai embrionarias de embrións. Obtéñense especificamente dos ovos que se fertilizaron in vitro. Estes son ovos fertilizados en exceso que se donan co consentimento informado dos donantes. Os embrións que poden proporcionar células nai embrionarias teñen catro ou cinco días e son unha bola pequeniña. Logo, mediante o cultivo celular, prodúcese o incremento de células nai embrionarias. O seguinte paso é identificar as células nai embrionarias. E por último, estimúlanse as células nai embrionarias para que se distingan finalmente.

  3. faa-nicolecorbacho di:

    Este artigo falanos Elisa sobre o procedemento en xapon, de como conseguir celulas nai en dous tipos de procesos:a partir dun embrion Pilar reprogramando celulas adultas.

  4. fab-elisaperez di:

    Como di Ariadna, este método para obter células nai será máis doado e rápido, e non causará problemas por parte dalgunhas ideoloxías. Agora teremos que agardar a que este método dé resultado. Penso que funcionará, e polo menos, non dará tanto que falar se se utilizasen os outros, xa que o método de obter células nai a partir do embrión humán é un procedemento polémico, e reprogramando células da pel ou do sangue non sempre funciona.

  5. faa-sergioserantes di:

    Trátase dunha gran nova. Este feito podería permitir a consecución de células nai a partir dun procedemento que, a diferenza da obtención de células nai do embrión, non suscita polémicas éticas ou morais de ningún tipo. Con isto poderíase dar solución a enfermidades de tipo canceríxeno que, polo de agora, permanecían sen cura ou só eran curables mediante tratamentos moi agresivos.

  6. faa-igonzalez di:

    Como non pode faltar, a investigación en Xapón é moi importante e tamén moi avanzada, debido a que pusúen unha gran vantaxe con respecto a os demais países en cuestión de tecnoloxía. En Xapón poden chegar a investigar moito calqueira cousa que, sin gastar moito diñeiro, poden chegar a conseguer todo o que se propoñen.
    Por outra banda, a investigación das células nai é bastante importante para poder aberiguar como funciona exactamente o noso corpo e, concretamente, as nosas células. Grazas a principalmente Xapón, estase a poder conseguer esta investigación tan importante para a noso coñecemento sobre o corpo humano.

  7. fab-rebecachaves di:

    Isto supón un gran avance xa que deste xeito é moito máis doado a obtención de células nai. Ademáis con estas células poderiamos curar enfermidades que teñen unha cura por medio de tratamentos que resultan ser perigosos ou que simplemente non teñen cura, pero hai que esperar a ver se realmente podemos fiarnos dos resultadis das investugacións e ver se se poderían curar enfermidades como o cancro e a diabetes.
    Este novo método non producirá ningunha discusión entre na ética das persoas, xa que deixaríanse de empregar embrións para facer estas investugacións.

  8. faa-ricardop di:

    Isto é un gran avance da mediciña, xa que se conseguiu `reprogramar´ as células adultas para que puideran volver ó seu orixe, as células nai.
    Con este proceso lógrase que poidamos `cultivar´ partes do corpo por se nun futuro ou recentemente padecemos un cáncro, fístula, tumor…
    Opino que ésta noticia que nos propon Elisa é unha das máis interesantes das que lin.

  9. faa-cristinaguillan di:

    Paréceme un descubrimento moi importante e un avance enorme no campo da ciencia que atoparan a forma de reproducir as células nai dun xeito máis rápido, xa que estas células poderán ser usadas dun xeito máis xeralizado no tratamento de enfermidades a diferencia da situación actual, onde se presentan problemas tanto éticos polo uso de embrións como de efectividade, xa que utilizando células adultas non funcionan na totalidade dos casos.
    O certo é que no campo da mediciña os avances e descubrimentos prodúcense cada vez máis frecuentemente e con máis rapidez, favorecendo que nuns poucos anos o noso nivel e esperanza de vida serán maiores.

  10. faa-martinlosada di:

    Creo que o que se nos esta dicindo neste artigo é algo moi importante, xa que xerará un gran avance na ciencia,xa que os dous principais problemas aos que se enfrenta a ciencia ao tratar con células nais na actualidade, quedaran resoltos, e dicir, non habera problemas éticos ou morales, como ocorre cando tratamos a partir de células nais de embrions humans e será unha opción que funcione sen problemas, como pode ocorrercando reprogramámos células adultas

  11. fab-gretageorgieva di:

    Está claro que si esta investigación se apicase sobre os humanos, xa que polo momento só se experimentou con ratas e funcionase correctamente sería un gran logro no ámbito da ciencia e mediciña.
    Este desubrimento que fixeron os xaponeses permitira a obtención de células nais dun modo máis doado, ademais grazas a isto podrase rexenrer calqueira tecido dañado do corpo humano.
    Non cabe a duda de que cada vez os avances tecnoloxicos cientificos e medicos cada vez son máis frecuentes e a mairía deles cunha gran eficacia grazas ao que poderíamos cambiar o mundo.

  12. fab-robertopineiro di:

    Na miña opinión deberian mellorar o segundo proceso deste proxecto (reprogramar células adultas) xa que este método pareceme moito máis prudente que o de embrión humán xa que é polémico.
    A ciencia é algo moi importante na nosa sociedade,e debería seguir avanzando sempre.

  13. faa-manuelcacabelos di:

    Célula nai embrionaria :Trala fecundación, isto é, a unión do xenoma do óvulo co espermatozoide, fórmase unha célula quen de xerar un individuo completo. Esta primeira célula, denominada embrión, é pois unha célula totipotente, xa que a partir dela se obterán todos os tipos celulares até acadar o organismo adulto, con todos os seus órganos e tecidos. Mais non só esa primeira célula é totipotente: as células que resultan da división mitótica da anterior poden chegar a formar tamén un individuo adulto, mais só durante as primeiras 120 horas do desenvolvemento.
    A partir do cuarto día, o embrión deixará de ser totipotente para se converter en pluripotente. Distinguiranse dous tipos celulares:
    • Trofoblasto: formará a placenta do futuro individuo, así coma as envolturas embrionarias.
    • Embrioblasto: formará tódolos tecidos do corpo excepto a placenta, conformando a chamada masa celular. As células nai do embrioblasto considéranse células que, aínda que non son quen de xerar un individuo completo, poden xerar calquera tipo de tecido, polo que son moi empregadas en biomedicina.
    O trofoblasto e o embrioblasto denomínanse en conxunto o blastocito.

  14. faa-adrianmartinez di:

    É frecuente ver novas de innovacións no campo da medicina coma esta que poderían ser revolucionarias. Por desgraza, a continuidade de moitos proxectos deste estilo vese interrumpida ben sexa por factores económicos ou que a innovación non funciona tan ben como debería. Neste caso esperemos que o proxecto siga en marcha, e con sorte poderase erradicar por fin o cancro, aínda que por desgraza desconfío bastante que isto vaia a ocorrer a curto prazo e grazas a este avance.

  15. fab-raqueloliveira di:

    Sin duda, un descubrimento coma este, se resulta ser posible con humanos, supondrá un gran cambio na investigación e no tratamento de moitas enfermidades.
    Espero que o proxecto non se vexa interrumpido é así matar dunha vez por todas ó cancro.
    Espero que xente como ós que se ocupan de que a cura para enfermmidades non vaya adiante non se interpoña ante esto, xa que moitas das enfermidades máis mortales que agora existen, podrían ter cura, pero non queren subencionar esas investigacións porque supondr´ía unha gran pérdida para os farmacéuticos e outras empresas que se encargan de ralentizar os efectos que esas enfermidades poidan ter, se se descubre unha cura, eses fármacos xa non farían falta e iso podría perxudicalos moi gravemente.

  16. faa-fatimalago di:

    Pódese dicir que últimamente unha gran parte das noticias son de caracter científico.
    A obtención dun procedemento para conseguir células nai dunha maneira máis rápida e sinxela é un gran avance no campo da investigación e na axuda para atopar a cura de enfermidades. Este procedemento consiste en sumerxir as células nun ácido ou aplicar unha presión sobre as súas membranas para así obter células nai con capacidade para transformarse en calquera texido. Este achado simplificaría moito o proceso para obter estas células, as cales constitúen o futuro da mediciña rexenerativa.
    Pero ahí atrás saíu á luz unha noticia que dicía que o último e revolucionario estudo sobre células nai, liderado por unha científica do centro e publicado en xaneiro en dous artigos que recolleu a revista Nature, contiña partes “fraudulentas”, feito que foi recoñecido polo instituto nipón de investigación Riken. Resulta que moitos investigadores comezaron a denunciar o uso de imaxes duplicadas para documentar os artigos e a incapacidade para replicar os resultados do estudo, e considerouse grave a falta de responsabilidade por non verificar a validez do material presentado nos artigos.

  17. faa-marcromero di:

    Unha parte moi importante da medeciña actual e futura pasa pola investigación no campo da rexeneración de tecidos. As células nai tanto adultas como embrionarias están capacitadas para xenerar células mais especializadas que cumpren unha función determinada no organismo.

    As persoas enfermas, actualmente, vense obligadas a a tratamentos específicos para cada enfermidade. Como o cáncer, que tratase moi violentamente. Se tiberamos acceso a celulas nai poderiamos, posiblemente, deseñar un tratamento menos invasivo ou en calquera caso, mellorar a fase post-tratamento axudando ó organismo a rexenerarse despois dunha quimioterápia, por exemplo.

    Outras enfermidades non teñen un tratamento eficiente actualmente, como a enfermidade de Alzheimer e outras enfermidades dexenerativas. Se tiberamos acceso a celulas nai do enfermo poderiamos rexenerar as neuronas ou calquera tecido do seu organismo, engadindo un estímulo ás células nai para que deran lugar ás células que dexesaramos ter.

    Eu creo que este abance é positivo, pero tamén creo que este novo proceso entraría dentro das técnicas de reprogramación celular que actualmente levanse a cabo.

  18. faa-nicolecorbacho di:

    as células nai Embrionarias poseen a capacidad de dividir por largos periodos e de conservar A sua capacidade de facer todos os tipos da célula dentro do organismo. Éstas se chaman células nai pluripot, que esta presente en embrions que axudan a bebés a crecer dentro da matriz.

  19. fab-iriamartinez di:

    Trátase dun gran descubrimento xa que permite a consecución de células nai a partir dun procedemento máis doado, e sen provocar tanta polémica por parte das ideoloxías máis conservadoras e da Igrexa. Con estas células poderanse curar moitas enfermidades que hoxe en día só teñen tratamento.

  20. fab-manuelgonzalez di:

    A ciencia avanza paralelamente ós novos avances científicos que descobren e investigan,es en dúbida,esta nova forma máis doada de obter células nais,e sen provocar ningún tipo de polémica entre os partidos políticos ou a igrexia,aínda que case sempre en contra da ciencioloxia,que supondrá un Novo cambio,eso si,a espera de qe funcionen nos organismos de persoas. A posibilidade de curar enfermedades que eran incurables,ou rexenerar tecidos do corpo dunha maneira máis doada é un gran paso para ó futuro da mediciña.

  21. fab-anaoubina di:

    Este é un importante descubrimento que podría axudar a desarrollar tratamentos médicos personalizados: se se trata dun método más rápido e seguro para crear células nai.
    Estudios anteriores demostraran que as células da pel podían ser reprogramadas xenéticamente para convertirlas en células nai.
    Agora, científicos encontraron que estas células poden crearse rápidamente con so introducir células sanguíneas en ácido
    As células nai poden logo transformarse en cualquera texido e xa están en fase de proba para tratamentos nos ollos, no corazón e no cerebro.
    Este último desarrollo tamén podría abaratar os costes e facer máis segura a tecnoloxía para crear células nai.