CALIOPE

A contaminación do aire é un tema de actualidade, xa que está afectando de forma grave en moitas cidades industrializadas: dende as máis grandes no terreo europeo ou americano, pasando polas novas potencias mundiais de Asia, ata as cidades do contorno máis próximo a nós mesmos.

A elevada presenza de algúns gases está complicando a vida de moitos organismos, incluídos nos mesmos, os humanos. Os causantes desta elevada cantidade de gases contaminantes somos os humanos, que coa actividade industrial e os gases emitidos polos vehículos nos que nos desprazamos, estamos contaminando gravemente o aire.

Investigadores do Barcelona Supercomputing Center -Centro Nacional de Supercomputación (BSC-CNS)-, desenvolveron unha aplicación para smartphones coa que podemos coñecer a calidade do aire e o seu prognóstico a 12 horas vista en diferentes lugares da xeografía española. Esta aplicación, chamada CALIOPE, en referencia ao sistema de prognóstico de calidade do aire que leva o mismo nome, non fai máis que achegar uns datos que se actualizan continuamente, aos cales todos podemos acceder en internet, pero que desta forma terémolos de forma sinxela nas nosas mans.

Grazas a esta aplicación, con só un par de toques de dedos no noso smartphone, obteremos a información do aire do lugar da xeografía española que nos interese.


Autor: Santiago Escudeiro.

Esta entrada foi publicada en Cambio Climático, Contaminación e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

36 Responses to CALIOPE

  1. faa-veronicanoya di:

    Penso que é unha aplicación moi interesante coa que podemos coñecer a polución do aire do noso entorno, e que podremos concienciarnos deste modo da cantidade de gases contaminantes que emitimos.
    Espero que con esta aplicación a xente vexa as malas condicións nas que se atopa o aire que respiramos día tras día, e así se den conta de que hai que mellorar esta situación, xa que comeza xa a propiciar graves problemas de saúde nos lugares máis contaminados.

  2. faa-nicolecorbacho di:

    O caliope é unha aplicación que permite visualizar o pronóstico da calidade do aire en España ademáis dos mapas de concentración para as próximas 12 horas dos principais contaminantes atmosféricos: ozono, dióxido de nitróxeno, dióxido de xofre e materiais particulados.
    a aplicación utilizase no GPS do dispositivo móvil para establecer a ubicación e consultar en línea as bases de datos do Sistema CALIOPE, mostrando o pronóstico da calidade do aire.

  3. fab-martapalacios di:

    O sistema de pronóstico da Calidade do aire operacional para España (CALIOPE) do Departamento de Ciencias da Terra del Barcelona, proporciona de maneira operacional o pronóstico da calidade do aire para Europa e España en alta resolución espacial a través dun conxunto de modelos. O sistema foi financiado polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.
    É de grande utilidade saber a cantidade de polución que existe no ambiente cando andas pola rúa dunha cidade ou dun país estranxeiro. Isto será moi útil para zonas como China e Xapón, e grandes cidades como Chicago, Nova York, Londres, Barcelona, Madrid… Onde o aire acumula unha densa capa de contaminación culpable de decenas de cancros de pulmón. A pouco de chegar a Madrid, por exemplo, en múltiples ocasións pódese ver enriba da cidade como unha nube agrisada cubre a capital. Para xente con problemas respiratorios será de gran utilidade saber o que respira en cada momento.

  4. fab-javiercarou di:

    Eu penso que esta aplicación é moi interesante xa que nos permite coñecer o estado do aire de calquera rexión española. A moita xente lle pode parecer un pouco estúpido pero é porque non se da de conta de que a principal causa da contaminación do aire somos nós mesmos. Espero que esta aplicación nos axude a darnos de conta deste grave problema e a poder superalo.

  5. fab-elisaperez di:

    A contaminación do aire é un problema actual que afecta moito ás cidades industrializadas. Avances tecnolóxicos coma este, o da aplicación CALIOPE, permiten que nos demos conta do que verdadeiramente contaminamos, e axúdanos a que nos acustumemos a contaminar cada vez menos. O caso é que todo o mundo aplique isto.

  6. faa-manuelcacabelos di:

    O caliope é unha aplicación que permite visualizar o pronóstico da calidade do aire en España ademáis dos mapas de concentración para as próximas 12 horas dos principais contaminantes atmosféricos.
    O seu pronostico consta de tres blosque principais:
    -Pronóstico meteorolóxico: temperatura, precipitación, humedade, presión, nubosidade, dirección e velocidade do vento, entre outras
    -Pronóstico de emisións: óxidos de nitróxeno (NO2 e NO), compostos orgánicos volátiles (COVs), monóxido de carbono (CO), dióxido de xofre (SO2) e material particulado (PST).
    -Pronóstico de calidade do aire: O3, NO2, CO, SO2, PM10, PM2.5 e Benceno.

  7. fab-marcosdaporta di:

    Resulta triste que haxa tanta contaminación nalgunhas grandes ciudades tanto en Europa como fóra. Incluso aquí en España, Madrid, ten épocas na que o aire non se renova, debido a que non hai vento que se leve o aire, e fai ver unha neblina verde de contaminación. Nalgunhas cidades xa é moi esaxerado ver como a xente tense que cubrir con mascarillas como no caso de Pekín que é coñecida como a cidade máis contaminada aínda que o modelo de construcción da India, máis compacto coas industrias concentradas cerca das vivendas. Nueva Deli é realmente a máis contaminada actualmente e o problema dos coches váis en aumento.

    Eu creo que deberíase promover o transporte público e as bicis cos seus respectivos carrís como pasa en Amsterdam. A nadie lle falta bici e sendo unha cidade grande ten pouca contaminación.

  8. fab-ariadnacordal di:

    Se a aplicación CALIOPE, elaborada polo Barcelona Supercomputing Center, gañase recoñecemento e moita xente a empregase, posiblemente servise para concenciar á poboación da tremenda contaminación existente no aire de moitas cidades industrializadas e así esta se mobilizase para intentar reducila. Non obstante, a pesar de ser unha boa iniciativa, dubido que isto se logre; para mellorar a calidade do aire das cidades con máis contaminación, o estado debe propulsar unha lexislación con este obxectivo. Ás industrias interésalles demasiado que a situación actual continúe, xa que unha lexislativa que lles obrigase a reducir a producción de gases perxudiciais para o aire reduciría os seus ingresos económicos. Por iso os cidadáns deben exisir que isto se cambie.

  9. faa-sergioserantes di:

    A situación é moi preocupante no tocante á contaminación atmosférica. Sen embargo, no mundo occidental non a temos demasiado en conta, xa que pensamos que só afecta a zonas con inmensa acitividade industrial e asociámolo a países asiáticos coma China. Todo esto sen decatarnos de que a atmosfera é a mesma para todos, e o mal que se lle cause nun lugar afectará de igual maneira a todo o planeta e a todos os seres vivos.

  10. fab-rebecachaves di:

    A contaminación é a introdución nun medio calquera dun contaminante; é dicir, calquera substancia ou forma de enerxía con potencial para provocar danos, irreversibles ou non, no medio ambiente. Dentro desta contaminación podemos atopar diferentes tipos: Contaminación química,contaminación térmica contaminación acústica, contaminación lumínica, contaminación ou impacto visual.
    A contaminación atópase sobretodo nas cidades, en lugares industrializados. Isto é moi útil nestes lugares xa que hai cidades nas que é moi perigoso respirar o seu aire xa que os altos niveles de contaminación poden ser prexudiciais.
    Para xente con problemas respiratorios, o sistema de pronóstico da Calidade do aire chamado CALIOPE sería de gran utilidade saber o que contén o aire nese intre.

  11. faa-christiancacabelos di:

    Considero que esta aplicación que xa estou descargando é moi práctica e necesaria en certo punto e dependendo do punto xeográfico porque a elevada contaminación e os fenómenos que a acompañan como son o smog por exemplo que se produce cunhas circunstancias climatolóxicas concretas, inversión térmica, que consiste nunha capa de aire frío que se atopa enriba nosa con outra de aire quente por riba dela e enriba da de aire quente unha de aire frío ou máis frío que a da primeira provocando así que os gases suban pero non escapen quedando atrapados e mesmo volvendo a baixar, sería como un efecto invernadoiro pero máis localizado que se produce polo xeral en grandes cidades como Londres, China o Leste de Europe etc.
    Aínda que nós non lle damos moita importancia porque na nosa situación xeográfica, O Salnés, non hai unha esaxerada industria que nos chegue a alarmar polas súas emisións, á xente que vive preto da fábrica de celulosa que se atopa en Pontevedra, Ence, sí que lle pode ser moi útil porque cando pasas por alí o cheiro é alarmante e os niveis de contaminación seguramente tamén o sexan porque por exemplo para o blanqueo do papel emprégase cloro, que é un gas que preto de Ence estará nunha concentración como mínimo moderada, polo que mesmo con esta aplicación se podería alertar ao concello ou tamén sancionar á fábrica por incurrir nun risco para a sociedade.

  12. faa-laurarey di:

    Na miña opinión considero esta aplicación bastante vantaxosa, pois coñecer o nivel de contaminación do noso entorno pódenos servir para poder concienciarnos e reducir a emisión de gases a atmosfera, o cal é un dos grandes problemas na actualidade. Isto é moi útil para as grandes cidades, lugares nos cales a cantidade de polución do aire increméntase de xeito notable.

  13. faa-begonasuarez di:

    É certo que a contaminación é un tema de actualidade pola maneira na que afecta a moitas cidades industrializadas. Nós, os humanos, somos os causantes da elevada cantidade de gases debido á actividade industrial e aos gases emitidos polos vehículos, nocivos para a vida de moitos organismos. A raíz disto, os investigadores do BSC-CNS, desenvolveron unha aplicación para smartphones (CALIOPE), na miña opinión moi útil, coa que podemos coñecer a calidade do aire e o seu prognóstico a 12 horas.

  14. fab-jairotroncoso di:

    Esta nova aplicación pode servirnos de gran axuda. A parte de si queremos información para facer un estudo sobre a cantidade de contaminación dun lugar concreto, ou de varios… tamén nos sirve para darnos de conta, como afecta a contaminación na rexión en donde nos vivimos. Grazas a esta aplicación podemos ter a información suficiente para prever ou simplemente ser conscientes da contaminación que existe donde nos vivimos.

  15. fab-gretageorgieva di:

    O así chamado calíope é unha aplicación que permite visualizar o pronóstico da calidade do aire e a súa contaminación e tamén os mapas de concentración para as próximas 12 horas.
    Se a aplicación desta nova plicación, proposta por Barclona Supercomputing Center fose correcta, e os ciudadans están dispostos a colaborar e se comprometan a empregar transporte público como os autobuses en vez de un coche por cada persoa da casa , ou tamén que aumente o emprego das bicicletas o nivel de contaminación no aire baixaría.

  16. faa-santiagoescudeiro di:

    Estou moi dacordo con algúns compañeiros, xa que a contaminación do aire é un tema que nos afecta a todos e que é grave. Gústame o que propón promover Marcos do tema das bicicletas, xa que nas grandes cidades de Europa dispoñen dun servicio bastante mellor que o que temos nós nas cidades españolas, o que provoca maior dificultade para facer uso deste servizo que reduciría as emisións de gases dos vehículos a motor.
    A aplicación considéroa unha moi boa mostra dunha das vías polas que se poden concienciar aos cidadáns na actualidade, xa que a maioría das persoas dispoñen dun teléfono móbil intelixente co que poden facer uso desta aplicación.

  17. faa-ricardop di:

    Penso que ésta aplicación, CALÍOPE, é moi útil, xa que nos informa da contaminación do aire.
    Nun pasado a proporción de CO2 era moi alta e pouco osíxeno, mentras que na actualidade invírtese esto, sendo o osíxeno 0 21% da atmosfera e o CO2 o 0.082% da dita, polo que mellorou moito a cousa dende os últimos millóns de anos.
    Tamén opino que dita aplicación serve para facer unha táboa cos diferentes lugares e coa variación destes ó longo do tempo.

  18. fab-aidagonzalez di:

    A contaminación é un grave problema que afecta a moitos países, en especial aos países industrializados nos que a cantidade de gases contaminantes é maior. A idea de crear un sistema co que poder coñecer a calidade do aire no territorio de España, o chamado CALIOPE, que se pode ver desde o teléfono movil, paréceme un bo xeito de aproveitar e utilizar as novas tecnoloxías e moito máis sencillo, xa que o movil é algo do que non se soe prescindir.

  19. fab-noerodriguez di:

    Dende o meu punto de vista, a contaminación do aire é un tema moi importante, pero ignorado pola maioría da xente. Quizais con esta aplicación nos demos conta do realmente importante que é a contaminación do aire. As cidades idustriais como Pekín teñen serios problemas con este tipo de cotaminación. Como xa dixeron os meus compañeiros, sería unha boa opción que o Estado promovese medios de transporte máis respetuosos co medio ambiente.

  20. faa-igonzalez di:

    Dende o meu punto de vista, hai varios puntos de visión desta aplicación:
    Un punto de vista é o de poder observar e investigar como é o aire no cal estamos vivindo, o cal nos sirve para identifficar os tipos de gases que estamos a consumir e así poder construir ou crear calqueira tipo de granxa ou símil, a cal necesite unhas especificacións determinadas de gases no aire.
    Por outra parte, penso eu, que non fai falla moito saber a cantidade de gases que hai no noso redor, dado que podemos respirar perfectamente (ata este momento) sen ningún tipo de problema. Paréceme que esta aplicación, é outra das miles de aplicacións que hai na rede que, como a maioría, están simplemente para xerar diñeiro e poder crecer no sector económico, pero que non é necesaria para a nosa vida do día a día.

  21. faa-christiancacabelos di:

    Como dí Santiago e Marcos promover o emprego da bicicleta como medio de transporte é unha boa idea por diversos factores, non emite emisiones de dióxido de carbono e polo tanto non contamina, é saudable e consiste nunha boa forma de facer exercicio diario, constitúe un gran aforro para os nosos fogares xa que o prezo do gasóleo, gasolina e demáis combustibles fósiles está polas nubes debido a crisis e á necesidade que temos deles, estes son uns dos diversos factores que podo salientar, pero como di Santiago o noso país non está adaptado para tal feito debido a ausencia de carriles bici ou parkings para bicicletas por exemplo.
    Cando viaxei a Holanda de pequeno o nivel de adaptación que puiden observar para as bicicletas era alucinante, había parkings exclusivos para bicicletas, nos cales ti chegabas e aparcabas como podes facelo aquí co teu automóbil e contaban con servizos de bicicletas públicas e o número de coches que se podía ver, aínda que os había, era e é moito menor ca en España por exemplo.

  22. faa-lauravazquez di:

    Aínda que a contaminación é un tema moi importante non creo que esta aplicación lle sexa “útil” a moita xente. Paréceme interesante pero como a maioría terminaría borrando a aplicación ó cabo dun tempo. Deberíanse de buscar outras formas de concienciar sobre a importancia do aire que respiramos e da contaminación que hai ó noso redor. Esta é unha boa forma pero non me parece suficiente.

    • faa-christiancacabelos di:

      Aínda que en parte esta aplicación poida ter unha parte de concienciación, o fin último dela é o de informar ás persoas sobre o aire que están respirando e da calidade do mesmo, de forma que se poidan facer unha idea dos danos que pode padecer o seu organismo e tamén da falta de respeto cara o medio natural dos humanos, que aínda que non todos, moitos empregan materias altamente contaminantes ou empregan o automóbil para un percorrido mínimo por exemplo.
      Tamén nos pode facer pensar do positivo que é o empego das centráis térmicas como forma de producción de enerxía eléctrica por exemplo, preto das cales poderíamos observar sucesos como son a chuvia ou as casi permanentes nubes negras que as cubren e que están cargadas de partículas tóxicas que unha vez dentro da nube por procesos químicos forman óxidos sulfuros etc que cando caen ao chan contaminan as aguas subterráneas ademáis do gran impacto que producen no medio natural, xa sexan árbores, arbustos etc e tamén son apreciables, segundo o grao de acidez, en superficies pintadas ou vernizadas, entre outras.

  23. faa-marcromero di:

    Quero destacar a utilidade e creatividade desta aplicación.

    Os promotores desta ferramenta foron o suficientemente intelixentes como para darse conta dunha realidade que nos envolve e xenerar unha falsa sensación de necesidade e un pouco de histéria popular para crear unha aplicación inútil na miña opinión, pero moi curiosa e moi útil para decatarnos vagamente da polución atmosférica da cal nós somos culpables. Pareceme tamén unha boa ferramenta de aprendizaxe de conceptos básicos de ciencia e de divulgación científica.

  24. fab-andrearomero di:

    A contaminación é algo que nos perxudica a todos, paréceme totalmente correcto o que di o meu compañeiro Marcos, que se debería promover o transporte público e as bicis cós seus respectivos carrís.
    Esta aplicación CALÍOPE paréceme moi útil, aínda que dubido que moita xente a teña, polo que estou de acordo con Laura cando di que esta é unha boa forma de que nos demos conta de todo o que hai ó noso redor, pero que non é suficiente.

  25. faa-laurapaz di:

    É certo que a contaminación é un tema moi importante e que nos afecta moito na actualidade, pero non creo que utilizando unha aplicación como esta, aínda que nos indique o nivel de contaminación do aire haberá xente que a ignore como fai con outras noticias que tratan sobre este tema, polo que non creo que se poida axudar moito a reducir as emisións con ela.
    Polo tanto, eu penso que esta aplicación non sería moi útil, temos que intentar emitir menos gases de outras formas que sexan máis efectivas, como comentan algúns compañeiros, o emprego de bicicletas nas cidades pode ser un avance importante.

  26. faa-adrianmartinez di:

    Está claro que a contaminación a día de hoxe é un dos problemas que está máis en auxe. A contaminación do aire está aumentando continuamente e os cidadáns non estaremos realmente concienciados do problema ata que sexa demasiado tarde, algo por desgraza demasiado propio do ser humano. A aplicación máis que algo curioso e interesante, paréceme preocupante, xa que parece que se chegou ao punto da desidia con respecto á contaminación e se deixou a loita por perdida. É triste que chegásemos ao punto de que sexa case necesario que se desenvolvan estas aplicacións.

  27. fab-iciacores di:

    Paréceme moi triste que teñamos que chegar ata o punto de crear aplicacións para saber a contaminación do aire. Con isto non digo que sexa unha mala idea, de feito paréceme algo moi útil para todos. Pero paréceme triste porque se se fixo, é polo incremento da contaminación do aire, que cada vez temos máis cerca. Sen ir máis lonxe, a nube de contaminación no ceo de Madrid é perfectamente visible, e poucas cousas se fan para evitalo. O problema é que pensamos que non, que isto soamente ocorre en Asia porque vemos a xente coas máscaras, pero non dubido que se seguimos así, nun curto prazo de tempo tamén nos tocará a nós utilizalas para evitar a nosa propia contaminación.

  28. faa-martinlosada di:

    Na miña opinión esta aplicación pode ser moi interesante interesante polo motivo de que informa sobre a situación de contaminación do aire na rexión na cal a un lle interese. Pero ben e certo que creo que esta aplicación non creo que poida chegar a ter unha gran repercusión, e creo que non deberia ser esta a forma axeitada de coñecer o estado do aire, nin que sepamos a calidade do aire, excepto en casos extremos, valla ter unha gran repercusión sobre a persoa que empregue a aplicación.
    Pese a todo creo que cada gran de area contra a contaminación e importante, pero seguemos a avanzar de forma moi lenta e a pequena escala.

  29. fab-iriamartinez di:

    Paréceme extremadamente esaxerado que o problema da contaminación chegue a tal punto que se cree unha aplicación só para saber a contaminación do aire nun sitio determinado. Que vai pasar se seguimos así? Acabaremos todos con máscaras? A contaminacíon é un problema moi grave do que non somos totalmente conscientes.

  30. fab-mariablanco di:

    Eu estou totalmente de acordo con Icía, é indignante que se teñan que crear aplicacións deste estilo para que nos concenciemos do que nós mesmos estamos facendo.
    A aplicación pode ser de gran axuda e pode chegar a revolucionar este problema, pero eso non quita que é algo do que se debería prescindir.
    Espero que a aplicación poida lograr polo menos un mínimo neste problema e que se reivindique máis este problema polo que se está pasando.

  31. fab-beatrizcasal di:

    A contaminación é un tema moi importante posto que nos afecta moito porque na actialidade existe moitísima contaminación, pero sinxelo feito de que exista unha aplicación donde se da a coñecer a calidade do aire e o seu prognóstico a 12 horas vista en diferentes lugares da xeografía española non considero que a xente lle preste moito interés, como e o caso da maioría das aplicación.

  32. fab-raqueloliveira di:

    Esta aplicación é moi práctica e necesaria en certo punto e dependendo do punto xeográfico porque a elevada contaminación e os fenómenos que a acompañan.
    Aínda que nós non lle damos moita importancia porque na nosa situación xeográfica,non hai unha esaxerada industria que nos chegue a alarmar polas súas emisións.
    É totalmente indignante que se teñan que crear aplicacións deste estilo para que nos concenciemos do que nós mesmos estamos facendo.
    Espero que a aplicación poida lograr polo menos un mínimo neste problema.

  33. fab-manuelgonzalez di:

    Eu experimentei persoalmente esta app dende o meu móvil,e a verdade pareceume moi interesante e útil o traballo que fixo a universidade para que teñamos información do nivel de contaminación nas ciudades máis importantes. É un tema que esta considerado ahora mesmo como un dos grandes problemas da humanidade,e que nos leamos provocamos e temos que solucionalo a toda costa.

  34. Pingback: Calíope, desde o IES Francisco Asorey | Blog Guia

  35. fab-anaoubina di:

    A contaminación do aire é unha mestura de partículas sólidas e gases no aire. As emisións dos automóbiles, os compostos químicos das fábricas, o po, o pole e as esporas de mofo poden estar suspendidas como partículas. O ozono, un gas, é un compoñente fundamental da contaminación do aire nas cidades. Cando o ozono forma a contaminación do aire tamén denomínase smog.

    Algúns contaminantes do aire son tóxicos. A súa inhalación pode aumentar as posibilidades de ter problemas de saúde. As persoas con enfermidades do corazón ou de pulmón, os adultos de máis idade e os nenos teñen maior risco de ter problemas pola contaminación do aire. A polución do aire non acontece soamente no exterior: o aire no interior dos edificios tamén pode estar contaminado e afectar a súa saúde.