X+ENRIBA+O+ESQUERDA = ADEUS DISLEXIA

Desde moi pequenos escoitamos as típicas frases dos pais de que os videoxogos vólvennos violentos, que nos desconcentran e son unha mala influenza, pero ó final semella que non son tan malos como os pintan.

Segundo uns recentes estudos levados a cabo por investigadores da Universidade de Oxford, os videoxogos son favorables para a perda de dislexia, que afecta a un 5-10% da poboación. Para chegar a dita conclusión, o grupo de investigadores reuníu a 17 persoas disléxicas e 19 sen ese trastorno, todos eles cun promedio de 21 anos de idade. Aos voluntarios pedíuselles que premeran un botón tan rápido como poideran ó escoitar un son, ver un destello ou ambas cousas a vez. Tras o experimento observouse que é maís rapida a resposta ante os dous estímulos a vez que por separado, e que as persoas que sofren dislexia tardan máis se premen o botón ó escoitar un son e despois ver o destello.

Os investigadores chegaron á conclusión de que os videoxogos permiten traballar a xestión de multiples tareas á vez, o que permite desenvolver unha das capacidades que os disléxicos máis lle costa.


Autora: Lara Fernández

Esta entrada foi publicada en Saúde e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

21 Responses to X+ENRIBA+O+ESQUERDA = ADEUS DISLEXIA

  1. fab-elisaperez di:

    Como xa expliquei no meu artigo, os videoxogos axudan a desenvolver o cerebro, e como di neste artigo, os videoxogos son favorables para a perda de dislexia. A dislexia é un trastorno caracterizado por unha dificultade para a comprensión de textos escritos, así como para distinguir ou memorizar letras ou grupos de letras, entre outros problemas.

  2. faa-ricardop di:

    Como moi ben nos explica Lara, os videoxogos poden ser do máis violentos, pero hay xogos beneficiosos coma o dito, que axuda ós disléxicos a mellorar a súa coordinación e, ó longo do tempo, poder curase completamente, desexo de todos os doentes de diferentes enfermidades.

  3. faa-noeliaparracho di:

    Este paréceme un artigo moi interesante, xa que amosa un método de mellora para unha enfermidade que afecta bastante á vida cotiá das persoas que a sofren.
    Que o tratamento sexa coma un xogo, xa que hai que xogar coa consola, é moi favorable, porque así a persoa non se ve tan obrigada a facelo como se vería se tivera que tomar un medicamento, facer algún tipo de exercicio ou calquera outro método empeado.
    Xogar a videoxogos normalmente gusta, e se á persoa que ten que xogar para reducir a súa dislexia non lle gusta, este método ten unha gran vantaxe, hai moitos xogos de diferentes características e para distintas idades entre os que se pode escoller para que este tipo de “tratamento”.
    Ademais, existen numerosos tipos de consolas, e moitas pódelas levar contigo a calquera sitio.
    Por todo isto, paréceme moi vantaxoso que xogar á consola axude ás persoas que padecen esta enfermidade, xa que a reducción da mesma lles facilitará moito a súa vida diaria.

  4. fab-sporto di:

    Hai moitas clases de videoxogos, algúns son beneficiosos e outros poden causar en casa neno síndromes de violencia. A dislexia é un unha discrepancia entre o potencial de aprendizaxe e o nivel de rendemento dun suxeito, sen que existan calquera tipo de problema, xa sexa sensorial, físico, motor ou deficiencia educativa.

  5. fab-sporto di:

    Hai dous tipos de dislexia:
    . Dislexia superficial: É aquela na que o suxeito utiliza de forma predominante a ruta fonolóxica. A ruta fonolóxica é aquela que nos permite ler as palabras regulares a partir de segmentos máis pequenos. Non obstante os suxeitos con este tipo de dislexia terán problemas naquelas palabras cuxa escritura non se corresponde de forma directa coa súa pronunciación esta situación dáse fundamentalmente cos anglicismos como vestíbulo, thriller ou best seller. En castelán estas palabras son raras (ola, onda) por ser unha lingua transparente. Cometen erros de regularización, repetición, rectificación, vacilación, soletreo e erros de acentuación, cunha lectura lenta. Non presentan dificultade na lectura de pseudopalabras.
    . Dislexia fonolóxica: É aquela na que o suxeito utiliza de forma predominante a ruta visual para ler as palabras. A ruta visual é aquela que nos permite ler de xeito global (sen dividir a palabra en partes) palabras coñecidas. Isto leva dificultades en todas aquelas palabras non coñecidas ou inventadas. Cométense erros de lexicalización, derivativos e erros visuais. Teñen maior tempo de reacción na lectura de pseudopalabras á vez que presentan dificultade na lectura destas.

  6. fab-martapalacios di:

    Os videoxogos non son perxudiciais, de feito como di o artigo, algúns hata axudan. É certo que se pasas horas e horas podes sufrir epilepsia, pero os videoxogos non están para ser empregados dese xeito. Hai que saber poñer un límite, e ese límite pode ser moi decisivo na túa saúde.

  7. fab-mariatirado di:

    Todos os videoxogos teñen na caixa un papel que marca os anos a partir dos cales se debe empregar (+7,+18)xa que poden conter material violento.Os videoxogos, teñen a súa parte boa, neste caso a perda de dislexia, pero tamén a súa parte mala.

  8. fab-iriamartinez di:

    Na miña opinión penso que os videoxogos axudan a ser máis rápidos, e todas as habilidades que se necesiten para xogar desenvólvense, os videoxogos chegan ó punto de ser perxudiciais cando se produce un uno abusivo destes.

  9. fab-gretageorgieva di:

    Hai distintos tipos de xogas hainos violentos entretidos e tamén didácticos pero todos eles na súa carcassa teñen a idade recomendada para o seu emprego.
    Non o certo que o videoxogos sexas prexudiciais para a nosa saude o problema chega cando se empeza a abusar destes xogando a maior parte do día.
    E se é certo que gracias a os video xogos se pode reducir a pporcentaxe de persoas con dislexia parace algo estupendo, e tería un maior resultado xa que o paciente faría con máis gusto que tomarse mmedicamentos todos os días.

  10. fab-yamilayelpez di:

    A verdade é que o tema dos videoxogos ten moita controversia. Quedou claro que ten os seus beneficios, xa se mencionou noutro artigo que axudaba ó desenvolvemento do cerebro e das capacidades motrices, e que tamén axude ás persoas con dislexia paréceme curioso. Sempre cabe resaltar que, por moitos beneficios que poidan ter, non son o medio máis recomendable para exercitar capacidades do noso corpo. Están ben para pasar un bo rato, pero supoño que xogos como o xadrez ou mesmo o 4 en raia tamén poden axudar, e non inculcan violencia nas persoas menos maduras.

  11. faa-igonzalez di:

    Coma en artigos anteriores, eu penso que os videoxogos son bos, pero non en exceso. Simplemente, xogar é bo para entranar o cerebro e para entreterse, pero si abusas podes chegar a ter dislexia, coma nos contan neste artigo. Simplemente, penso que tendo un control sobre os videoxogos, podemos ter un equilibrio entre tempo de xogo e tempo de traballo.
    Dependendo de cada persoa, pódese obter un distinto síntoma ou problema se abusas dos videoxogos, pero como dixen anteriormente, sen exceso, as videoxogos son bos e educativos (a maioría deles).

  12. fab-ariadnacordal di:

    Isto son boas novas para as compañías que desenvolven videoxogos. Seguro que a medida que avance a investigación dos efectos dos videoxogos nas persoas atoparán outros beneficios dos que estas poden aproveitarse, pero isto só é o comezo. As empresas probablemente empreguen os videoxogos en moitos outros ámbitos, e un exemplo disto é a actual comercialización de algúns xogos encarados á aprendizaxe.
    Os videoxogos, ao exercitar múltiples zonas do cerebro, entre outras consecuencias, permiten aos usuarios, en certo modo, mellorar as súas capacidads perceptivas e de reacción, polo que non é de estrañar que se descubrise que contribúen á perda de dislexia.

  13. fab-cporto di:

    Entre o 5 e o 10% da poboación padece dislexia, o trastorno de lectura que impide unha correcta comprensión do texto e dos sinais sensoriais que os rodean. Agora, un equipo de investigadores da Universidade de Oxford elaborou un estudo no que se afirma que os videoxogos de acción son capaces de mellorar a capacidade de lectura (dislexia) e escritura (disgrafia) de persoas que sofren estes trastornos.

  14. fab-aidagonzalez di:

    A dislexia é a dificultade para comprender textos escritos e pode causar problemas de aprendizaxe a quenes o sofren, pero cun bo tratamente pode dar vos resultados. O remedio que se nombra no texto, os videoxogos, paréceme moi útil para a xente xoven que teña este problema porque estará axudándose mentres o pasa ben xogando. Os tratamentos para a dislexia varían segundo a idade da persoa que a sofre: rapaces en educación infantil, rapaces de seis a nove anos, rapaces maiores de dez anos e adultos.

  15. faa-laurapaz di:

    Como se comenta no artigo, os pais normalmente teñen unha visión bastante negativa acerca dos videoxogos, pero pódese demostrar que tamén teñen os seus beneficios, a parte positiva, como por exemplo, axudan na perda da dislexia.
    E tendo en conta que á maior parte das persoas lles gusta xogar a videoxogos, estes estudos dannos unha conclusión bastante ventaxosa, xa que ademais de xogar e pasar un bo rato axuda ás persoas con esta enfermedade.

  16. faa-adrianmartinez di:

    Está claro que os videoxogos teñen un enorme número de vantaxes para o cerebro e para certas enfermidades, ao cal en moitos comentarios se di que en exceso son negativos. Non é que eu non comparta esta afirmación, pero paréceme moi hipócrita tratar de tolo e bicho raro a alguén que xoga a videoxogos 4 ou 6 horas ao día, cando na actualidade un número elevadísimo de persoas pasa máis de 12 horas diarias co teléfono móbil e ninguén fale diso como algo negativo máis aló do “phubbing” tratado nun artigo anterior.
    Outro dos factores negativos que a xente lle achaca aos videoxogos é o tema da violencia. En primeiro lugar existe a clasificación dos videoxogos por idades PEGI, que clasifica cada videoxogo en función do rango de idades para o que é apto. En segundo lugar, non creo que, a non ser que contes cun serio problema mental, un videoxogo te converta nunha persoa violenta. Hai que ter en conta o simple feito de que estás xogando a un videoxogo, ao igual que pasa coas películas, que son películas. Polo momento non coñezo a ninguén que se volvera tolo por culpa dun videoxogo, máis alá dos continuos ataques dos medios contra os videoxogos, o cal está favorecido pola perda de consumidores da TV en favor dos videoxogos e moitas veces parece que calquer incidente é válido para culpar aos videoxogos.

  17. fab-javiercarou di:

    A dislexia é unha dificultade que teñen as persoas á hora de ler e que dificulta a comprensión correcta. Neste artigo podemos ver como os videoxogos axudan a superar este problema. Na miña opinión os videoxogos son unha boa solución xa que estariamos superando a dislexia e ao mesmo tempo o estamos a pasar ben.

  18. fab-manuelgonzalez di:

    Porqué os videoxogos non sempre son malos,é un tempo de ocio que a xente que xoga con eles o asocia co disfrute,a diversión e a práctica das súas habilidades coordinadoras para avanzar nel e a obtención de premios,que non me extraña nada que sexan “curativos” nese sentido. Pero temos que ter en conta unha cousa,como ben decían noutros artigo,que o seu abuso pode causar tamén des concentración.

  19. fab-alejandrocosta di:

    Eu opino que non todos videoxogos son bos, senón que a maioria deles son malos, é certo que os videoxogos de violencia e matanza xenera na xente que os usa unha costume de violencia na súa vida que co tempo non poden controlar se son moitas horas xogando, por iso eu suelo xogar a xogos educativos e sobre todo a un xogo de moita axilidade coma o tetris

  20. fab-alejandrocosta di:

    Eu opino que non todos videoxogos son bos, senón que a maioria deles son malos, é certo que os videoxogos de violencia e matanza xenera na xente que os usa unha costume de violencia na súa vida que co tempo non poden controlar se son moitas horas xogando, por iso eu suelo xogar a xogos educativos e sobre todo a un xogo de moita axilidade coma o tetris.

  21. fab-anaoubina di:

    Eu peso que os videoxogos non son perxudiciais para ninguén, ata algúns son bos como ben di este artigo. Os videoxogos, teñen a súa parte boa, neste caso a perda de dislexia, pero tamén a súa parte mala. Poden chegar a ser perxudiciais cando se abusa deles.