CRANIO 3D

Unha paciente holandesa foi a primeira persoa do mundo en recibir unha prótese completa de cranio elaborada grazas a unha impresora en 3D e compatible co seu organismo.

A operación realizouse hai uns tres meses no Hospital Universitario de Utrecht (Holanda). A muller de 22 años padecía una enfermidade que comprimía o seu cerebro (o seu cranio engrosara uns 5 cm)  e provocáballe  grandes dores e afectaba a súa vida cotiá. Para evitar a progresión do trastorno e que se vira afectada a súa capacidade cerebral ou se deformara o seu rostro, un equipo decidiu levar a cabo a técnica pionera.

A intervención durou aproximadamente 23 horas. Os artífices da ciruxía decidiron agardar a comprobar a evolución da paciente antes de facer pública a operación. Segundo afirman, a intervención foi un éxito e hoxe en día, a paciente recuperou as capacidades perdidas e incluso puido reintregrarse no seu traballo.

A técnica promete ser moi útil en ciruxía, xa que permite realizar un modelo exacto ao orixinal. A través dunha resonancia magnética, obtéñense as dimensións naturais e con eses parámetros imprímese en 3D unha prótese que encaixa á perfección. Neste caso utilizouse un plástico especial para o uso médico.

Autora: Ana Oubiña

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Medicina, Novas tecnoloxías e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

18 Responses to CRANIO 3D

  1. fab-elisaperez di:

    Este artigo é moi interesante, xa que fala das prótesis de cranio elaboradas grazas a unha impresora en 3D, o que reflexa o gran avance na medicina coas novas tecnoloxías, o que supón que no futuro as condicións sexan mellores.

  2. faa-ricardop di:

    Como di a miña compañeira Elisa, é un dos artigos do máis interesante, xa que esta muller de 21 ano, puido ter graves consecuencias se seguise co cráneo comprimido, pero por sorte decidui someterse a dita operación, a que foi un éxito, e logrou volver a súa vida cotiá, sen problemas pola prótese en 3D do novo cráneo e conforme avanza a ciencia, nun futuro melloren aínda máis as condicións sanitarias e científicas.

  3. fab-sporto di:

    Como ben din os meus compañeiros este artigo é moi importante no ámbito da medeciña xa que con estes avances pódemos salvar moitas vidas unha delas como ben se di no artigo foi dunha muller de 21 anos. Aínda que moitos aínda non coñecen este avance esta impresora pode facer: rexeneración da pel, orella biónica, audífonos, órganos,…
    Na miña opinión este novo invento é algo increíble porque fai uns dez anos nadie pensaba que cunha “simple impresora” se podían chegar a facer cousas deste tipo.

  4. fab-martapalacios di:

    Dende o primeiro momento que oín falar da impresora en 3D parecéume un avance impresionante e o uso que se lle da é algo moi esperanzador para moitas persoas enfermas. A paciente deste artigo tivo a sorte de atoparse cun avance tecnolóxico e científico que lle devolveu todo o que a enfermidade impedíalle. A ciencia está a avanzar a pasos de xigante e imos resolver moitísimos problemas en moi pouco tempo.

  5. fab-gretageorgieva di:

    Isto é un dos múltiples exemplos do avance na tecnoloxía ciencia e mediciña. Neste artigo fálase da oportunidade que tivo unha persoa para poder seguir realizando a súa vida como unha persoa normal,grazas aos investigadores implicados neste proxecto a muller obtivo un cráneo completamente novo impreso dende unha impresora en 3D. É un avance moi significante para a nosa sociedade xa que ao igual que esta muller pode haber máis xente co mesmo problema a que se lle poida dar outra oportunidade.

  6. fab-marcosdaporta di:

    Cada vez encóntranse máis e máis usos para as impresoras 3D. Xa hai unha prótesis para a man, agora un cranio… Imaxinade o útil que sería unha de estas no espazo para fabricar recambios rápidos de pequenas pezas nunha nave ou máquina. Actualmente as impresoras 3D son moi caras chegando ós 10 000 euros pero hai un proxecto en marcha chamado Proxecto RepRap que trata de crear impresoras 3D máis baratas que a súa vez poida crear outras impresoras 3D. http://es.wikipedia.org/wiki/Proyecto_RepRap
    http://www.reprap.org/wiki/Proyecto_Clone_Wars
    Estas impresoras poden construirse por ti mesmo se tes as pezas necesarias e es algo mañoso aínda que non chegaran á precisión suficiente para construir un cranio

  7. fab-iriamartinez di:

    É increible a que pasos avanza a ciencia, hay 50 anos sería impensable facer un ha próteses dun cranio cunha impresora 3D e ao mesmo tempo compatible co teu organismo. Se seguimos avanzando de este feixo cousas que hoxe son impensables dentro duns anos poderemolas resolver.

  8. fab-mariablanco di:

    Innovacións coma estas fan ver os enormes avances dentro da ciencia, xa que este invento pode curarlle esta enfermidade a moitas persoas. Considero que vendo este tipo de cousas os recortes dentro da ciencia non teñen sentido en absoluto, dado a que se poden curar milleiros de enfermidades e innovar o mundo en xerenal.

  9. faa-laurapaz di:

    Este artigo trata un tema un tanto interesante, móstranos un caso no que se reflexa o avance da tecnoloxía na medicina nos últimos anos.
    O invento desta impresora 3D é moi importante xa que, por exemplo neste caso, o novo cranio que crearon fixo que agora esta muller poida “recuperar” o estilo de vida que levaba antes da enfermedade, aínda que non sexa exactamente igual e, tendo que conta que fai uns anos non imaxinaríamos o moito que podería avanzar a ciencia como para mellorar a vida dunha persoa.

  10. fab-martarodriguez di:

    Na miña opinión avanzar na ciencia o na mediciña e algo necesario,xa que nos convén a todos e é necesario para a nosa sociedade. Cada vez hai máis enfermidades raras que non teñen cura ou de momento non se encontra solución.
    Fai uns anos sería imposible facer esta prótesis dun craneo cunha impresora 3D e o mesmo tempo que sea compatible co sono organismo.
    Esperemos que o longo do tempo a tecnoloxía siga avanzando e non que se pare porque non haxa recursos suficientes por culpa de diñeiro.

  11. fab-cporto di:

    Unha impresora 3D é unha máquina capaz de construír estruturas físicas, moi similar ao que fai un escultor sobre pedra: pensar nun obxecto real e materializalo sobre a mesa. O resultado é un elemento completamente personalizado feito dun só corpo, o que pode servir por si só ou para ser parte dunha estrutura máis grande e complexa.
    Fálase de “impresión” xa que o proceso para chegar a iso é similar ao que se utiliza hoxe nas impresoras en papel, pero en lugar de imprimir tinta sobre unha folla plana imprímese algún material líquido sobre si mesmo, todo para conformar un obxecto tanxible tal e como se vía na mente de deseñador e na pantalla da computadora.
    As impresoras 3D partiron no ámbito industrial, e segundo o modelo, vai cambiando a forma exacta en que se inxecta material sobre a mesa, o que pode ser algunha clase de plástico, goma, papel e mesmo metal. Este quéntase para facelo voluble e é colocado en forma de delgadas capas, cada unha podendo ser de ata 0,1 milímetros de grosor, habendo algunhas impresoras 3D que logran mesmo maior definición.
    Recentemente diversas empresas privadas como RepRap ou MakerBot lograron ofrecer impresoras de tamaño pequeno e custo reducido para achegalas aos talleres de afeccionados e mesmo a fogares de persoas comúns e correntes. É por isto que se lograron obxectos cuxos planos son doadamente compartidos entre persoas, democratizando a súa construción e aproveitándose dun proceso onde ademais do custo da impresora, só se gasta en material e por ende, conséguense produtos a moi baixo prezo para o usuario.
    Algunhas creacións con impresoras en 3D son:
    -Partes do corpo humano.
    -Usos básicos como xoguetes e figuras.
    -Vestimenta feita a medida.
    -Carcasas para teléfonos.
    -Comida con diseños novedosos.
    -Fusiles de Guerra e pistolas de man.
    -Cámaras de fotos.

  12. fab-aidagonzalez di:

    Neste artigo pódese comprobar como a tecnoloxía avanza a pasos de xigante. É incrible o que as impresoras 3D poden facer, estas, utilízanse para realizar impresións de diseño en 3D, creando pezas e maquetas volumétricas a partir dun diseño feito por ordenador. Con esta definición a pouca xente se lle ocorrería que se puidera chegar a facer incluso unha prótesis completa do cranio. Esta noticia supón un importante avance tanto no campo da tecnoloxía como no da mediciña.

  13. faa-nicolecorbacho di:

    Este artigo é moi interesante dado que é un gran avance na mediciña unha protese cerebral, pero tamén un gran avance na tecnoloxía.

  14. faa-igonzalez di:

    Tódolos avances da nosa tecnoloxía son impresionantes, debido a que avanzan moi rápido. Estou totalmente deacordo con todos os meus compañeiros que comentaron neste artigo e, por suposto, a tecnoloxía é imprescindible para o noso futuro, principalmente porque o noso futuro é a tecnoloxía. Agora mesmo non se pode pensar de maneira algunha que non haxa tecnoloxía no futuro, porque xa agora nos axuda moito no noso día a día.
    O día de mañán, estaremos necesitando a tecnoloxía inclusive para poder vivir e manternos en plenas condicións, pero non creo que a nosa xeración poida chegar ata ese extremo, porque sí que avanza rápido, pero non avanza tan eficientemente como rápidamente.

  15. fab-yamilayelpez di:

    O avance que pegou a ciencia co invento da impresora 3D prometía moito desde un principio, pero que se poida utilizar con fins médicos deste calibre paréceme incríble. De momento non é un invento accesible a todos os bolsillos, pero isto é só cuestión de tempo.
    A única “pega” que lle vexo é que pode ser que nun futuro os materiais causen efectos secundarios a largo prazo, aínda que isto é únicamente unha especulación.

  16. fab-jairotroncoso di:

    A tecnoloxía no ámbito médico, ao igual que os coñecementos médicos, evolucionaron tanto, que grazas a estes inventos pódeselle axudar a personas con enfermidades como a do artigo. Hai uns anos atrás este tipo de intervencións sería imposible facelas, debido a que non existían os coñecementos necesarios, nin sequera ao mellor, se lles pasaría pola cabeza facer iso. Hoxe en día grazas a tecnoloxía, no ámbito médico pódense facer moitas cousas que, antes, non se poderían facer.

  17. fab-raqueloliveira di:

    Resultan impresionantes os abances científicos da nosa era.
    O caso desta muller é moi interesante xa que agora podrán seguir investigando,curando xente así e desenvolvemndo máis a técnica.
    Se non fose pola dedicación que pon a xente en investigar estas enfermidades, habría moita máis mortalidade como fai uns anos.
    Da gusto ver que algunhas cousas saian ben.

  18. fab-manuelgonzalez di:

    Unha proba máis da ciencia e da mediciña que nos deixa abraiados,e que as veces a ficción supera a realidade. Os novos avances,como é neste caso un cráneo artificial a partir dunha impresora 3D,que a partir destes novos avances pioneros axudan avanzar para a mellora social.