XESTACIÓN DUN FÁRMACO

Que lle pedimos a un fármaco? Máxima eficacia, seguridade a curto e longo prazo, efectos secundarios nulos ou desprezables en relación aos beneficios e, se é posible, unha fácil administración e conservación. Mais reunir todas estas cousas non é nada doado.

Que camiño percorren estes fármacos dende que se decide facelos ata que chegan a nós?

1. Estudo da enfermidade que queremos tratar. Este proceso consiste en encontrar as compoñentes moleculares que causan unha enfermidade e é moi longo e difícil (por exemplo en enfermidades como o Alzheimer ou o Cancro nos que tras moita investigación aínda non toparon as respostas que nos leven ao seguinte paso).

2. Localización dun composto que modifique a actividade desa molécula.

3. Realización de probas nun mínimo de dous modelos animais para determinar parámetros como a dose óptima, efectos… Tamén se fan estudos tóxicos e determínanse o efecto en casos como a reprodución. Chegados a este punto solo 1/1000 compostos pasan a seguinte fase.

4. Estudos clínicos para a aprobación da EMA ou da FDA divididos en 3 fases:


Tras este ultimo paso o fármaco comercialízase aínda que queda baixo vixilancia. Chegados a estes puntos observamos que so 4 de cada 27000 compostos chegan a comercializarse como fármacos.

Autor: Diego Cores Fontenla

Esta entrada foi publicada en Medicina, Saúde e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

20 Responses to XESTACIÓN DUN FÁRMACO

  1. faa-santiagoescudeiro di:

    Paréceme moi interesante o artigo de Diego, xa que trata un tema moi relacionado con nós mesmos, xa que todos tomamos algunha vez unha aspirina(ácido acetilsalicílico) ou paracetamol ou calquera tipo de fármaco tan común como os que acabo de mencionar, normalmente analxésicos. Pero para que a día de hoxe poidamos disfrutar destes fármacos, estes tiveron que sufrir un proceso que describe Diego no artigo. Como ben se comenta, hai que testalos en animais similares a nós para coñecer os efectos que pode producir o medicamento e evitar comercializalo si non é adecuado para nós, os humanos. A nosa comodidade e benestar conleva sacrificar o propio benestar e a comodidade doutros organismos. Pero a supervivienvia ten un precio, que afecta a outros animais, dos que dependemos; un tema moi criticado pola súa ética.

  2. faa-diegocores di:

    Como moi ben di o meu compañeiro Santi, a nosa comodidade e benestar implica sacrificar os mesmos valores en outros seres vivos. Este tema xa fora tratado nun artigo anterior pero non aplicado á medicina. En certo modo é un tema que non lle soe gustar moito a xente pero que non queda máis remedio que aceptar posto que non hai outra forma de realizar o que eu enumero como paso 3 da elaboración dun fármaco sen utilizar animais, pois doutra forma habería que ter voluntarios humanos, porque non se pode obrigar a ninguén a expoñerse ao risco que presenta este paso da investigación.
    Desta forma é na que dependemos das prácticas destes animais para determinar a eficacia ou o perigo destes fármacos, gústenos ou non. Sería idóneo que se atopase outra forma de experimentar, pois non parece xusta esa forma de actuar por parte dos humanos con respecto aos animais. Da mesma forma que os ratos non nos usan a nós para experimentar, nós deberíamos facer o mesmo, pero abusamos dunha autoridade que ninguén nos concedeu na sociedade animal, por iso é unha posición tan egoísta e hipócrita, pois si podemos permitirnos perder unha vida de rato pero non unha vida humana. Aquí é onde perdemos o punto de vista de que ambos somos animais, e que se queremos investigar para salvar a nosa raza, deberíamos usarnos a nos mesmos, iso sería o xusto. Pero por moi inxusto que sexa, como ben dixen ao principio, é o único que podemos facer por agora.

    • faa-larafernandez di:

      Por moi inxusto que sea, as probas farmacéuticas con animais son necesarias. Como dixo Diego, vemos mellor facer probas en ratos que en nos mesmos, eu prefiro facelas en ratos, xa que aínda que sea cruel, hay moitos e se reproducen moi fácilmente, a perda dalgúns con fines científicos parece xusto.
      O que non aprobo é a experimetación de cosméticos con animais, xa que o simple feito de crear un pintabeizos novo, estamos sacrificando a vida de coellos, ratóns… Isto todo con fines estéticos, completamente innecesarios e un capricho, non como a creación de fármacos, que poden salvar moitas vidas.

      • faa-veronicanoya di:

        Certos animais teñen unha reprodución moi rápida polo que ó probar estes fármacos sobre eles podemos ver non só os efectos secundarios neles, senón tamén na descendencia. Esto non sería tan eficaz cos humanos, xa que nos reproducimos con menos frecuencia, e temos menos descendencia que estes animais.
        Estou totalmente de acordo con Lara cando di que, probar os fármacos en animais, por cruel que sexa é necesario, pero que non hai excusa cando se trata de probar cosméticos. Os fármacos son necesarios na vida de persoas e tamén de animais, polo que podemos excusar a morte duns poucos pola salvación dun gran número, pero isto non é extrapolable ós cosméticos, xa que non son necesarios, só son un capricho.

  3. fab-martapalacios di:

    Como ben conta este artigo, os fármacos teñen un proceso para finalmente chegar a comercializarse. Primeiro hai que estudar a fondo a enfermidade á cal se quere eliminar ou ralentizar. Tras ter localizada a molécula que a causa, investígase algo que a poida contrarrestar. Os últimos pasos consisten en probar o proxecto de fármaco en animais con semellanzas biolóxicas a nós e, en moitos dos casos, en persoas. É interesante saber o tempo, esforzo, coñecementos e cartos que son precisados á hora de comercializar un fármaco. Aproximadamente nunca se tarda menos de 3 ou 4 anos en fabricar un, e fai falta xente moi cualificada neste proceso.

  4. fab-ariadnacordal di:

    Este artigo lémbrame a outro co que garda relación que tratamos anteriormente, no que discutimos acerca de sobre quen deben caer as culpas se un fármaco causa efectos non previstos. Sen dúbida algunha, o proceso que seguen as mediciñas ata chegar ao mercado (e incluso despois de ter alcanzado esta meta) é moi longo e custoso, máis é realmente imprescindible, pois a saúde de todos nós está en xogo.
    Tratando este tema sempre xorde certo asunto que causa polémica: a experimentación en animais ou humanos. Citando a Diego no seu anterior comentario, “dependemos das prácticas destes animais para determinar a eficacia ou o perigo destes fármacos”, a pesar de que, dende un punto de vista ético, esta actividade estea mal vista e nos semelle inadecuada. Non obstante, o máis criticable da experimentación en animais son as pésimas condicións que se lles concede a estes, e especialmente no ámbito da modificación xenética.
    Está claro que levar a cabo unha experimentación previa dos fármacos antes de lanzalos ao mercado é totalmente necesario e polo de agora, teremos que prescindir da axuda dos animais para prever as mortes dos da nosa raza neste ámbito.

  5. faa-adrianmartinez di:

    Creo que está moi ben saber cales son os procesos aos que ten ser sometido un composto para poder ser empregado como fármaco.
    As medidas na maioría de países son extremas, o cal está ben para que causen o mínimo de incidentes posibles. O único inconveniente é a experimentación dos compostos en animais, que non é compartida por todo o mundo.

  6. faa-fatimalago di:

    O tema que están a tratar os meus compañeiros é un tema moi debatido, é aínda non se atopou unha boa resposta á pregunta de se é xusto realizar probas con animais.
    Somos conscientes da importancia da experimentación con animais, e é certo que hoxe por hoxe son o mellor método para comprobar a eficacia de medicamentos e outras terapias relacionadas coa saúde. O problema é que unha cousa é o que supoñemos, e outra a realidade.
    Cabe falar dos animalarios dalguns centros de investigación. Pode que se utilicen poucos exemplares de animais para certos experimentos, pero no animalario as condicións destes animais son pésimas. Por exemplo, aos ratos téñenos en caixóns minúsculos de plástico onde meten a cinco exemplares, que non teñen apenas espazo para moverse, o único perecorrido que poden facer é do bebedeiro ao comedeiro, e ademáis están amontoados en estanterías ata o teito, todos pegados. E así como fan cos ratos, fan cos demáis animais cos que se experimenta (Ollo, non estou a falar de todos os animalarios dos centros de investigación, falo dalguns dos que se coñece esta información). E a pregunta que se propón agora é:¿Iso son condicións razoables para ter a animais que van a pasarse a súa vida ahí ata que chegue o seu momento de ir a un laboratorio? Vale, podemos chegar a pensar que son só animais, pero a parte disto, son animais que son elixidos para comprobar os efectos de certo fármaco antes de que chegue a nós.
    Por outra parte tamén podemos falar de que un exemplar que sae do animalario, non pode volver a entrar. Se despois do experimento tivo a sorte de sobrevivir, será sacrificado. Vale que iso ten a sús lóxica, é moito máis custoso manter animais que xa no che sirven para outro experimento ata que morran que simplemente matalos, pero xa que todos somos conscientes que eses animais están sendo sometidos a varios experimentos para o noso beneficio, que menos que un trato un pouco máis digno.
    Aínda así, acepto que se deban utilizar animais para fins médicos, en investigacións e demáis, e gustenos ou non, é unha realidade.

  7. faa-elenafontenla di:

    O contido de este artigo trata sobre o estudo dos fármacos e os procesos de experimentación aos que son sometidos para poder ser comercializados, pero, a parte dos procesos qeu se describen, os meus compañeiros citan a importancia da experimentación dos efectos destes fármacos en animais.
    Certo é que probar fármacos en plena fase experimental é moi arriscado directamente en persoas, pero tamén presenta o mismo risco para as vidas dos animais.
    Aos pasos axigantados aos que medra a ciencia poderían crear organismos sintéticos e probar os fármacos con eles, aínda que esto pode soar a ciencia ficción en 50 ou 60 anos poderíase conseguir, pero mentres non se consigua temos que ter en conta co que se está a xogar.
    Non por ser “unha raza superior” podemos experimentar coas vidas dos animais coma noz plazca, vale, son animais de laboratorio pero animais ao fin e ao cabo.
    Que conclusión podemos sacars de todo isto? Que temos que buscar vías de investigación alternativas e máis “humanas” para que niguén nin ningún animaliño teña que sufrir os efectos dos nosos experimentos.

  8. faa-estebanpintos di:

    Paréceme moi interesante este artigo, xa que todos estamos tomando ou tomamos algunha vez fármacos pero puca xente sabe como se fan e os requisitos que teñen que pasar para chegar a nós, porque aínda así hai algúns poucos fármacos que saíron algunha vez á venta e tiveron grandes efectos secundarios e otros que en realidade non facían efecto ou éste non se notaba, por eso é necesario sacrificar algún animal para facer as probas, de non ser en casos extremos ata se podería extender unha epidemia como a do sida.
    O que non me parecería xusto sería que fixesen como fan as probas con animais para cosméticos, sacrificar animais só para que unha poucas estén máis guapas? Non, non vale a pena.

  9. fab-sporto di:

    Un fármaco é aquela substancia química purificada que se utiliza para o tratamento, a cura, a prevención ou o diagnóstico dalgunha enfermidade ou tamén para inhibir a aparición dun proceso fisiolóxico non desexado. O trazo saínte e característico do fármaco será entón o de ser unha substancia bastante idéntica ás que o produce o propio organismo, que se aplica de forma exóxena ao corpo e que provocará un cambio inmediato na actividade celular coa utilización médica.
    Existen diferentes formas farmacéuticas baixo as cales se presentan e comercializan os fármacos co obxectivo de por un lado atender á maximización dos beneficios terapéuticos do paciente e polo outro, minimizar os efectos colaterais que estes ás veces producen. Entre elas cóntanse as líquidas (xaropes, solucións, tinturas, aerosois, colirios), sólidas (pos, comprimidos, granulados, comprimidos, cápsulas, pílulas), semisólidas (emulsión, pasta, crema, pomada, suspensión, xeles, ungüento, supositorios) e outras como os inhaladores, os implantes, os aspersores, entre outros.

    Algúns estudos ambientais recentes espertaron un importante alerta mundial respecto da contaminación que a interacción de varios fármacos entre si poden producilo ao medio, isto débese a que cando nos enfermamos e inxerimos para curarnos un fármaco, este, logo, será expulsado do corpo a través dos ouriños e as feces as cales chegarán ás augas residuais, non obstante, o deficiente tratamento depurador que sobre estas realizan algunhas plantas depuradoras fai que os residuos farmacolóxicos non poidan ser extirpados de todo, producíndose a contaminación comentada.
    Isto que mencionamos no caso dos fármacos que teñen un uso estritamente médico, para o tratamento ou prevención dalgunha enfermidade, en tanto, tamén nos encontramos con outro tipo de fármacos, os alucinóxenos, tamén coñecidos como drogas, pero que cientificamente a súa correcta denominación é fármacos alucinóxenos.
    A súa principal diferenza cos anteriores é que se ben posúen actividade biolóxica, carecen dun fin médico, converténdose o alcance de diferentes estados de conciencia na súa razón de ser e a adicción na súa máis nefasta consecuencia inmediata.

  10. faa-sergioserantes di:

    Sorpendeume moito o dato de que só 4 de cada 27000 fármacos chegue ao mercado, o cal é proba de que os controis de seguridade que teñen que pasar son moi exhaustivos e completos. Cada vez estamos máis adiantados en investigación, sobre todo no tocante á saúde, como se pode ver co feito de que case todas as enfermidades catalogadas do mundo teñen unha cura xa coñecida, se ben é certo que algunhas das máis perigosas non, o cal non deixa de ser unha boa noticia.

  11. fab-gretageorgieva di:

    Algunha vez todos temos inxerido algún tipo de fármaco. A palabra fármaco provén do grego, φάρμακον,que se empregaba para denominar calquera tipo de droga tiña varios significados como veleno, cura ou medicamento. Un fármaco é toda aquela sustancia que produce efectos nos nosos organismos vivios para combatir múltiples tipos de enfermidades. Estes poden ser fábricados polo home ou por outros organismos para empregar o home.O Proceso para comercializar un fármaco é algo complicado e riguroso,no que se deben comprobar todos os seus efectos negativos para poder suprimilos ou minimizalos.
    a maioría das veces estas probas realizannas sobre animais principalmente as ratas, e de algunha maneira é preferible antes de que sexan realizadas sobre as perosoas xa que hai milleiros de ratas e estas reprodecense cada día. Pero tamén é certo que os animais non só se empregan para fins medicos senon tamén outros como o cosmetico o que me parece algo inxusto, cruel e innecesario para os animais.

  12. faa-ricardop di:

    Eu penso que o proceso de formación dun fármaco, poida ser lento, xa que se deben realizar diferentes probas para ver se é realmente eficaz, pero por outra banda, paréceme moi mal suministrárllelo a animais, pero penso que se non fose así, con que individuos poderíamos facer as probas precisas para o bo estado dos fármacos que esiximos nos produtos que inxirimos ?

  13. faa-igonzalez di:

    Na miña opinión, este artigo é bastante interesante, debido a que Diego fálanos sobre os medicamentos que usamos moitas veces na nosa vida para que a nosa saúde estea perfecta e non nos quite momentos bos na mesma. Dependendo de cada tipo de medicamento, pódese observar que hai diferentes tipos de ingredentes que se lle botan a cada un deles, pero todos estes ingredites, o que fan é poder manter o noso corpo en bo funcionamento e sen ningún virus posible.
    Tamén é certo que ós fármacos pedímoslles moito, porque é a nosa saúde a que está en xogo e, obviamente, queremos estar en boas condicións. Penso eu que o que máis exisimos é que nos receiten o mellor medicamento para poder limpar o noso corpo e seguir a vida cotiá do noso día a día.

  14. faa-fatimaf di:

    O descubrimento dos fármacos supuxo un moi grande avance para a saúde da nosa sociedade pero tamén para a economía, xa que calquera persoa está disposta a gastar cantidades enormes en fármacos antes de sufrir unha enfermidade ou mesmo morrer.
    Pero realmente as vantaxes superan os inconvenientes ou cada vez que intentamos curarnos dalgún mal estamos facéndolle un dano maior ó noso corpo?
    Un dos problemas que poden causar é debido á interacción, o que pode ocorrer ó xuntar dúas drogas, como a aspirina e os anticoagulantes; algún medicamento e alimentos, como as estatinas co pomelo; as drogas con enfermidades, como a aspirina e as úlceras pépticas.
    Pero existen moitos outros medicamentos que ó mesturalos con outras substancias ou mesmo dependendo das características físicas de cada un poden chegar a producir máis danos que arranxos.

  15. fab-elisaperez di:

    Un fármaco é toda substancia química purificada utilizada na prevención, diagnóstico, tratamento, mitigación e cura dunha enfermidade, para evitar a aparición dun proceso fisiolóxico non desexado ou ben para modificar condicións fisiolóxicas con fins específicos.

  16. fab-iriamartinez di:

    Como ben nos describe este artigo, os fármacos, sofren un largo proceso ata chegar a nós, resalta a cifra de 4 de cada 27000 fármacos chegue ao mercado, isto demóstranos que os contróis son estrictos. Aínda que poida parecer cruel o paso de realización de probas nun mínimo de dous modelos animáis para determinar parámetros como a dose óptima, efectos… É un paso decisivo para este tipos de probas.

  17. fab-mariatirado di:

    Os fármacos poden ser extraídos dun organismo vivo que debe ser purificado ou modificado xenéticamente. A actividade dun fármaco varía según a cantidade inxerida. Por exemplo os medicamentos que curan o cáncer, son cpñecidos como ingredientes totalmente potentes e emprégase en cantidades moi pequenas.

  18. fab-manuelgonzalez di:

    Non creo que os requisitos que a maioria da xente quere que teñan os fármacos sexan por capricho,senón como comodidade básico que calquer fármaco debería ter. O seu longo proceso ou camiño,dende o planteamento contra unha enfermidade ata a súa comercialización,depende contra a enfermidade que se trate e como ben di o artigo,algunhas todavía seguen sendo investigadas,como é o caso do cancro ou Alzheimer.