MARTE EN MADRID

 

O seu aspecto externo non resulta particularmente chamativo. Trátase dun cilindro metálico con menos dun metro de diámetro e cun metro e medio aproximado de altura. Ó redor ten adosados diversos instrumentos e unha maraña de cables e tubos. Na parte superior sobresae outro cilindro máis pequeno cunha porta e na parte inferior hai coma unha especie de bandeixa na que se depositan as mostras. Ten un revestimento de neopreno de cor azul, aínda que para poder conservar a calor interior contén tamén recubrimentos de aluminio.  Como compara o científico José Ángel Martín Gago, “parece una cacerola gigante de acero inoxodable”.  Pero non estamos  nunha cociña, senón na sala de simulación de ambientes planetarios do Centro de Astrobioloxía, cerca de Torrejón de Ardoz, Madrid. E a máquina que se amosa na imaxe é a camara de baleiro máis completa e versátil que existe para imitar as condicions que se dan en Marte. A cámara chámase MARTE, e o seu custo foi duns 150.000 euros. Comenzou a construirse hai cinco anos para validar os sensores ambientais da estación meteorolóxica REMS, a cal leva o rover da NASACuriosity. Unha vez completada esa misión, os investigadores queren poñer a súa cámara a disposición de calquera cienífico que precise simular as condicións marcianas. Está previsto que MARTE se utilice nos próximos anos para probar a tecnoloxía da nova estación meteorolóxica asociada á misión Insight da NASA, ou ós dispositivos SOLID ou MEDA, proposros para viaxar a Marte no ano 2020.

AUTORA: Andrea Brea

Esta entrada foi publicada en Investigación espacial, Novas tecnoloxías, Universo e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

12 Responses to MARTE EN MADRID

  1. faa-ricardop di:

    O artigo de Andrea trata un tema do máis interesante, xa que eu e a miña clase tivemos o privilexio de ir a Madrid a ver instrumentos semellantes ós que menciona Andrea. Tamén puidemos entrar á Nasa, onde nos ensinaron aparellos do máis peculiares, coma o descrito.

  2. faa-elenafontenla di:

    Este simulador mariciano do que nos fala o artigo paréreme un obxecto casi imprescindible para a imbestigación extraterrestre, e sobre todo ao simular Marte, planeta ao que se pretende chegar en 2030 aproximadamente.
    Con motivo da excursión a Madrid da nosa clase (1º Bach. A) tivemos a oportunidade de visualizar este obexto en primeira persoa e , coma se cita no artigo, non impresiona moito a simple vista.
    Grazas a obxectos coma este a investigación espacial poderá gozar de grandes vantaxes e avances, o que acarrea que as visitas interestelares queden máis preto dos nooso días e que as posibilidades de que ocorran sexam maiores.
    A investigación espacial (agora en pleo auxe) debería poder optar a maiores subencións e axudas para poder levas a cabo proxectos de maior escala.

  3. faa-veronicanoya di:

    Este artigo pretende informar de Marte. Marte é unha cámara de baleiro que pretende imitar as condicións do planeta mencionado.
    Como di Ricardo, os de primeiro de bacharelato A, tivemos o privilexio de poder estar nunha central da NASA que se atopa en Madrid. Alí, ademais de explicarnos diversas actividades que se levan a cabo no espacio e a facer o noso propio cohete, tamén nos ensinaron diversos aparellos.
    Penso que esta cámara pode dar lugar a interesantes descubrimentos, ademais de aportar a España certos beneficios, a día de hoxe, máis que necesarios.

  4. faa-fatimalago di:

    Cada vez hai máis noticias sobre avances científicos, algo abraiador.
    Neste artigo Andrea estanos a falar de MARTE, unha cámara de vacío que serve para reproducir na Terra as condicións atmosféricas do Planeta Vermello, Marte. No interior desta cámara repodúcese a presión de Marte (duns sete milibares), que é entre cen e mil veces máis baixa que aquí, xa que na Terra a presión é dun bar. Polo que consta ás temperaturas, esta máquina alcanza un amplo rango que vai dende os -140º C aos 200ºC, debido a que en Marte hai unha gran variación entre o día e a noite (70ºC de diferenza), entre o inverno e o vran e entre os polos respecto a outras zonas.
    Outra das facetas desta cámara é que ten un sistema para xerar po semellante ao que hai en Marte.
    As cámaras de vacío son usadas xeralmente para fabricar electrónica, xa que permiten aos científicos aeroespaciais evaluar cómo se deteorarían os instrumentos que están diseñando se estivesen en Marte, de xeito que poden melloralos antes de que sexan lanzados.
    Tamén se usan para investigar cómo reaccionan mostras biolóxicas, por exemplo, como sobrevive unha espora ou unha bacteria en Marte, ou para estudar como a radiación dana unha mostra de ADN ou dun virus.
    Como ben din os meus compañeiros, nós, os alumnos de 1º Bach A tivemos a sorte de ver esta cámara cos nosos propios ollos, e que nos contaran de primeira man un pouco sobre o seu funcionamento. Ben certo é, que como se di no artigo, por fora só é un montón de cables, un montón de cables unidos a un cilindro metálico que consta un dos grandes avances na ciencia, e que nos pode servir de moita axuda na investigación de ambientes planetarios, e xa non só en iso, se non na ciencia en xeral.

  5. faa-sergioserantes di:

    Este é un dos inventos de máis importancia do campo dos estudos relacionados con Marte. Coma este, supoño poderán crearse, co tempo, outros simuladores que imiten as condicións de tódolos planetas do Sistema Solar, que son os que coñecemos mellor. Porén, penso que malia ser sen dúbida moi relevantes, todo o relativo a avances en tecnoloxía punta ten un custo demasiado elevado, o cal dificulta as investigacións e emprender proxectos ambiciosos deste tipo.

  6. faa-ricardop di:

    Engado ó que xa dixen que este tipo de aparellos custan un diñeiral, xa que son moi específicos, especializados e precisos.
    Moitos aparellos miden distancias, peso, volume… pero neste caso, se se equivocan na súa medición, aunque sexa só 0.1 mm pode ser moi grave, xa que esa medida pode levar a coñecer un novo planeta ou non, polo que estes aparellos teñen que ser de moi alta precisión.

  7. fab-elisaperez di:

    A NASA é a axencia de goberno estadounidense responsable do programa espacial civil, ademais da investigación aeronáutica e astronáutica nese país. Fundouse no 1958.

  8. faa-adrianmartinez di:

    O artigo fálanos dunha incrible cámara de baleiro que simula as condicións do planeta Marte. Chama a atención a cantidade de aparellos estraños, e tamén caros aos que da lugar a ciencia, especialmente para a investigación espacial. É unha pena que coa crise a cantidade de aparellos coma este e o poder de investigación está a diminuír a causa dos recortes. Espero que aínda así se poida seguir investigando sobre Marte e sobre todo quero ver por fin a unha persoa humana nese planeta. De momento só queda esperar a ver o que nos depara a ciencia.

  9. fab-iriamartinez di:

    Este artigo fálanos dun novo descubrimento, onde nos permite recrear as condición do planeta Marte, poder recrear Marte significa poder recrear outros planetas do sistema solar, claro que éstes avances teñen custos moi elevados.

  10. faa-igonzalez di:

    É incrible o que avanza a nosa tecnoloxía, porque podemos ata ter a Marte nunha sala! É impresionante todo o que podemos saber sobre Marte e outros planetas, porque non sabemos o que hai ben nel, debido a que aínda non puidemos chegar ata alí, pero pronto, supoño que se poderá chegar e, cando isto ocorra, haberá un gran auxe, principalmente, sobre a NASA, sempre e cando o fagan ben para que non pense moita xente que foi unha farsa (como pasou coa chegada do home á Lúa).

  11. fab-yamilayelpez di:

    Sen dúbida o artigo fala dun invento que pode cambiar a percepción que temos do planeta. Simular as condicións de Marte axudaranos a entender outras condicións ambientais, ademáis de considerar as distintas posibilidades de vida que poden existir.

  12. fab-manuelgonzalez di:

    Considero que esta tecnoloxía tan avanzada,como é este novedoso aparello que simula as condicions temporais e atmosféricas doutro planeta(neste caso Marte), e estea presente en Madrid é todo un privilexio,que pode impulsar a ciencia española ós niveis máis altos das ciencias de todo o mundo,e que supondrá unha gran axuda para o mundo aeroespacial e científico.