XOGAR A VIDEOXOGOS MODIFICA O TEU CEREBRO

Dende que o concepto “plasticidade cerebral” se abrira paso no estudo do sistema nervioso, son moitos os traballos científicos que se realizaron para averiguar o tipo de actividades capaces de producir o cambio na estrutura do noso cerebro ou na súa forma de traballar.

Segundo as estadísticas, o 40% dos españois xogaron a algún videoxogo algunha vez no úlitimo ano. Cando xogamos con frecuencia, sabemos que teñen lugar certos cambios nas nosas funcións cognitivas como son as capacidades perceptivas ou a atención.

Ademais, xogar pode ir asociado a modificacións en determinadas áreas do noso cerebro. Nun estudio, realizaron exploracións con resonancia magnética a 62 varóns adultos e correlacionaron o volume de distintas áreas cerebrais coa cantidade de tempo que dedicarían a xogar a videoxogos ao longo da súa vida.

Os resultados da investigación mostraron que canto maior era a cantidade de tempo destinada a xogar durante a vida, maior era o volume da sustancia gris de varias estruturas cerebrais, relevantes na atención visual e no procesamento da información espacial necesaria para tareas de investigación.

Autora: Elisa Pérez Ramudo


Esta entrada foi publicada en Novas tecnoloxías, Saúde e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

20 Responses to XOGAR A VIDEOXOGOS MODIFICA O TEU CEREBRO

  1. faa-adrianmartinez di:

    Está claro que xogar a videoxogos ten efectos sobre o cerebro. Incluso dependendo do tipo de videoxogo se pode mellorar a velocidade de resposta, os reflexos ou incluso a tomar rapidamente a mellor decisión. Algúns videoxogos, como DotA 2 por exemplo, requiren uns coñecementos e unhas habilidades tácticas maiores incluso que o xadrez. Nese videoxogo ademáis necesítase unha velocidade de resposta incriblemente rápida e debido a iso, os profesionais en DotA, só poden estar en activo nas competicións ata arredor dos 26 anos, xa que a partir desa idade os reflexos vense o suficientemente afectados como para deixar ao xogador case inservible nunha competición.

    • faa-diegocores di:

      Estou de acordo co meu compañeiro Adrián. Dise que practicar en xogos como o xadrez ou practicar algún tipo de actividade artística como a música, na que necesitas concentración e coordinación, mellora as facultades humanas. Entón, por que os videoxogos non ían facelo? Moitos xogos esixen concentración, coordinación, reflexos, etc. Si se practica de forma frecuente esta actividade, mellóranse, como se vas a un ximnasio a adestrar a resistencia, co paso do tempo a túa resistencia mellora.

  2. fab-mariablanco di:

    Os videoxogos traen efectos tanto positivos como negativos según o videoxogo que se elixa e a cantidade de tempo que se pase xogando, pero o alcance dos seus efectos é sempre moi discutible.
    Os videoxogos poden ser positivos polo feito de que hai moita variedade deles. Un dos tipos recomendables son os xogos que requiren a cooperación doutros xogadores, o que fai que se melloren as habilidades sociais e de xestión. Por outro lado, están os efectos negativos que fan que se poidan chegar a ter problemas de vista, concentración, organización, etc. Penso que a forma de limitar os efectos negativos sería prestar atención ao tempo que se pase xogando e manter un equilibrio con outras actividades de distracción.

  3. fab-yamilayelpez di:

    Evidentemente, xogar a un videoxogo non deixa de ser exercitalo cerebro. Outro asunto é que este exercicio sexa para ben ou para mal, explícome: na maioría dos videoxogos fai falta seguir unha estratexia, ademáis hai que memorizar certos patróns que á larga facilitan a velocidade motriz do cerebro. Por outro lado, atopamos o tema da violencia que patrocinan algúns, máis o sedentarismo que, por moito que exercites o cerebro, non é bo para a túa saúde.

  4. fab-martapalacios di:

    Os videoxogos dende o meu punto de vista non son algo nocivo. Convértense en algo perxudicial cando unha persoa pasa horas e horas ó día xogando, pero se son usados moderadamente non teñen porque perxudicar. Os videoxogos crean adicción e dependencia. Un xogador adicto mostra sinais de agresividade e frustración cando leva tempo sen poder xogar pero unha persoa que emprega os videoxogos moderadamente non ten problema en pasar tempo sen xogar así que, resumindo, a culpa non é do xogo, se non do xogador.

  5. fab-sporto di:

    Non cabe dúbida que os videoxogos afectan no noso cerebro. Estes efectos poden ser tanto positivos coma negativos dependendo de varios factores:
    – O xogo que elixas.
    – A cantidade de tempo que pases xogando.
    O gran problema dos videoxogos, fronte a televisión, é que os videoxogos, como consecuencia da súa estrutura repetitiva e de recompensa, poderían xerar unha dependencia destes que levaría os nenos a estar constantemente pendentes do videoxogo ao longo do día.
    Todo isto carrexa unha gran perda de tempo, dificultades para levar a cabo axeitadamente os deberes escolares, falta de atención e concentración durante as horas de clase e un comportamento de illamento na propia escola.

  6. fab-iriamartinez di:

    Estou de acordo con Marta, dende o meu punto de vista xogar a videoxogos non ten porque ser malo, todo o contrario, como di Yamilia exertica o noso cerebro, e é unha bia forma de entreterse. Cando pode causar problemas evidentemente é cando temas un uso abusivo destes xogos. A culpa é do xogador, totalmente de acordo

  7. faa-fatimalago di:

    Varios estudos demostraron que xogar a videoxogos pode afectar ao noso cerebro. Estes efectos poden ser tanto positivos como negativos, dependendo do xogo que elixamos e a cantidade de tempo que pasemos xogando a este.
    Un efecto negativo é, por exemplo, o exceso do uso de videoxogos violentos, que pode reducir o uso do lóbulo frontal do cerebro, que está relacionado co xuízo e o pensamento crítico e, á mesma vez, aumenta o uso da amígdala e hipocampo que está relacionado coa ansiedade e a memoria de emocións.
    Pero non todo son efectos negativos, tamén os hai positivos, como por exemplo os xogos que precisan da cooperación entre xogadores, que poden mellorar as habilidades sociais e de xestión.
    Ao igual que ocorre con todo o demais, ao xogar a videoxogos actívanse certas áreas do cerebro, e mentres máis xoguemos a un videoxogo, máis fortes se volven esas áreas en particular, pero tamén menos uso lle damos ás demais partes do cerebro deixándoas de lado, e está claro que temos que tratar de darlle un uso total ao noso cerebro, fortalecer todas as partes.
    Tamén cabe mencionar que outros estudos asumen que os videoxogos poderían ser de utilidade terapéutica para pacientes con trastornos mentais nos cales, algunhas rexións do cerebro están alteradas o reducidas de tamaño, rexións que se poden fortalecer xogando a videoxogos como Super Mario, e esto pódese aplicar, por exemplo, como tratamento para enfermidades neurodexenerativas, como é o caso do Mal de Alzheimer.

  8. faa-santiagoescudeiro di:

    Os videoxogos poden ser moi útiles para entrenar o noso cerebro, xa que dependendo do título elexido, podemos mellorar capacidades do noso cerebro.
    Está demostrado que os xogos de guerra, por exemplo, son máis útiles para mellorar algunhas capacidades do noso cerebro, como mellorar os nosos reflexos, ou ter maior capacidade para decidir en situacións límite, que os típicos xogos de “Entrena ao teu cerebro”, moi típicos e moi extendidos como realmente útiles. En realidade estes últimos que acabo de mencionar, o único que fan é adestrar o noso cerebro de forma mecánica para resolver os mesmos puzles e probas de forma sistemática.

  9. fab-elisaperez di:

    Dependendo dos tipos de videoxogos, uns son perxudiciais e outros non, pero en xeral, serven para exercitar o noso cerebro. O problema é cando xogamos de maneira excesiva e habitualmente, sobre todo cando se trata de videoxogos de tipo violento, por exemplo. O que é verdade é que nada é bo en exceso.

  10. faa-saracastro di:

    Un videoxogo pode ser tanto positivo como negativo para o noso cerebro, todo dependendo de cal elixamos para xogar e o tempo que invertamos nel. Por exemplo, un videoxogo violento pode reducir o uso do lóbulo frontal do cerebro, o cal está relacionado ó xuízo e ó pensamento crítico e aumenta, á súa vez, o uso da amígdala e hipocampo, que están relacionados coa ansiedad e a memoria de emocións. Pero non sempre son efectos negativos os que producen, senón que moitas veces son positivos. Hai algúns que o que fan é axudar a fomentar a interacción social.
    En definitiva, cando xogamos a un videxogo actívanse certas áreas do cerebro e, canto máis xogamos, máis fortes se volven esas áreas en particular. Hai expertos que din que, por exemplo, os cerebros dos nenos non están completamente maduros e tal vez estén formando todavía os circuitos necesarios, polo que as influencias, tanto negativas como positivas, inflúen máis a un neno que a un adulto.

  11. faa-ricardop di:

    Eu estou de acordo con Elisa, xa que non todos os videoxogos producen a mesma adición no mesmo tempo, uns tardan máis polo feito de ser simples e usar gráficos sinxelos e outros tardan menos porque son moi complexos e usan moi bos gráficos, incluso en 3D, como están a sacar algúns xogos na actualidade.

  12. faa-estebanpintos di:

    Os videoxogos teñen as súas consecuencias negativas e as súas consecuencias positivas, como todo. Son bos dependendo de moitas cousas: se se usa moi puoco pois non se notará diferencia e se se usa excesivamente notarás unha mala consecuencia, como por exemplo cansancio de ollos; se é un xogo violento sin ningunha dificiltade o único que fará é aumentar a capacidade violenta do xogador.
    Despois tamén están os videoxogos que se usan exclusivamente para mellorar os reflexos e habilidades, como os simuladores da Fórmula 1.

  13. faa-larafernandez di:

    Os videoxogos, teñen tanto partes negativas como positivas. Algunas das negativas son, por exemplo, perda de tempo de estudo ou traballo por estar entretido con eles, ou tamén a aparición de defectos da visión (miopía, astigmatismo…) ou dos tendóns das mans (xa que supón un perigo se se está moitas horas xogando cun mando). Algunhas das súas partes positivas son,por exemplo, como uso de entretemento (individual ou entre familia e amigos), e como axuda para superar enfermidades tales como a dislexia, xa que axuda en factores da concentración que os disléxicos precisan mellorar.

    Na miña opinion os videoxogos fan máis ben que mal, aínda que coas novas tecnoloxías que están comezando a aparecer, os videoxogos están adquirindo demasiada importancia; demasiada no sentido en que está probocando sedentariasmo e cada vez máis.

  14. fab-beatrizcasal di:

    Na miña opinión eu considero que os videoxogos non teñen porque ser prexudiciais, pero hai que destacar que poden ter consecuencias positivas ou negativas despendendo do videoxogo que elixamos para xogar e o tempo que invertamos nel, non e o mesmo xogar a videoxogos violentos que a outro tipo, porque nalgúns casos estes videoxogos poden influír no carácter das persoas se se utiliza en exceso, pero como ben cabe destacar todas as cousas en exceso son malas.

  15. fab-saulmondragon di:

    Os xogos non perxudican para nada a unha persoa o que perxudica e o uso abusibo destes dunrante moito tempo.Xogar durante 2-4 horas diarias practicamente durante anos,como sucede en moitos casos,desgasta a vista ao igual que o uso do movil,tv…

    Hai xogos que contan historias propias de calquer libro pero coa diferencia de que podese interactua, esto resulta mais atractivo para moita xente que leer un libro.

  16. faa-igonzalez di:

    Na miña opinión, os videoxogos, para os rapaces de agora, e eu inclúome, é un método de diversión bastante bo, debido a que xogas cun ordenador ou cunha videoconsola por diversión, por matalo tempo, ou simplemente por gusto. Obviamente, todo en exceso é malo, e os videoxogos non se quedan atrás.
    Empecemos pola xente que está todo o día xogando, que non se dedica a melloralos estudios, solo a mellorar a puntería que e ten nun xogo. Esas persoas, por exemplo, o único que están facendo e perdelo tempo dunha forma moi innecesaria, porque xogar a un videoxogo antes ca estudiar para sacar boas notas, ou sequera, para aprobar algún exame é absurdo. O que acabo de contar, para mín, é un completa parvada, porque podes estar estudando e xogando á mesma vez, sen perder tempo de estudo nin de xogo.
    Logo, hai outra xente que, coma mín, gústanlle os videoxogos e os xoga, pero sabe diferenciar as horas de traballo, coas horas de xogo. Se hai un exame ou calqueira cousa moito máis importante cun xogo, hai que facela primeiro, e non xogar e xogar, como si mañán se acabara o mundo.
    En conclusión, na miña parte xogar a videoxogos, está ben, pero si se convirte nunha adicción, coma se tabaco fose, pois hai que miralo con moito coidado, porque sería un problema.

  17. fab-rebecachaves di:

    Na miña opinión os videoxogos no son tan malos, xa que hai efectos positivos e negativos, só hai que escoller os videosogos adecuados, xa que algúns poden afectar ó noso cerebro.
    En cantos ós efectos negativos temos que algúns videoxogos fomentan altamente a violencia, este tipo de videoxogos causan no cerebro unha reducción do uso do lóbulo frontal do cerebro, esta parte do cerebro dirixe a nosa conducta nun fin e trata de comprender esta acción, planificación, secuenciación e reorientación sobre os nosos actos.
    A utilización dos videoxogos relacionouse co problema de obesidade nos nenos. Mentres máis tempo están os nenos sentados xogando videoxogos, menos probable será que saian a realizar exercicios.

    Usados razoablemente, os videoxogos poden ter algúns efectos positivos sobre os nenos:

    Desenvolven o instinto de superación do neno.
    Aumentan a súa rapidez de razoamento e estimulan a súa concentración.
    Desenvolven os seus reflexos e axilidade mental e melloran a coordinación manual.
    Promoven o traballo en equipo no caso dos xogos para varios xogadores.
    Moitos están pensados con fins educativos, así que, á vez que xogan, aprenden sobre todo tipo de disciplinas.
    Ademáis de todo isto, hai algúns estudos que din que o uso dos videoxogos pode facer que se desenvolvan algunhas rexións do cerebro que están afectadas, e podería aplicarse como tratamento a algunhas enfermidades, como por exemplo as enfermidades neurodexenerativas.

  18. faa-martinlosada di:

    Os videoxogos está demostrado que afectan o cerebro, pero non sempre perxudicialmente, como moita xente cree, hai moitos videoxogos que teñen efectos positivos para o cerebro, xa que estan diseñados para mellorar a capacidade de reacción do cerebro, e tamén os hay diseñados para mellorar a memoria.
    Con esto non quero decir que os videoxogos sexan positivos, pero tampouco creo que sean negativos, porque na miña opinión o que é perxudicial son os extremos, creo que xogar de vez en cando non ten efectos negativos, senon que todo o contrario, xa que xogar cos amigos aos videoxogos é un bo modo de entretenimento, pero por outra banda xogar de maneira abusiba pode ter consecuencias moi perxudiciais, que se veran reflectidas co paso do tempo.

  19. fab-manuelgonzalez di:

    Os videoxogos considéranse un pasatempo para calquera persona,xa que axuda a desconectarse durante uns minutos dos problemas que rodean a xente para entretenerte,cumplindo a mesma función que todo o relacionado co ocio. O problema ven cando eses minutos transfórmanse en horas e horas,o cerebro céntrase únicamente no que esta a ver e a súa atención redúcese nun único obxectivo. Ese problema tradúcirase tamén na vida real,chegando a conclusión de que os videoxogos sí que modifican o comportamento do cerebro,en abuso.