LEVADURA, A NOVA DOLLY

Un equipo de científicos estadounidenses e europeos conseguiron por primeira vez na historia, crear un cromosoma 100% artificial dunha célula complexa como as que conforman aos animais ou plantas. O cromosoma utilizado foi  da levadura, xa que se pode manipular xenéticamente con máis facilidade e coñécese máis sobre ela ca sobre calquera outro microorganismo.

O xenoma da levadura comprende 12 millóns de nucleótidos. Os científicos centráronse no cromosoma III da levadura, no cal se comprenden máis do 2,5% dos nucleótidos. Para este traballo utilizaron un software co cal fixeron pequenos cambios no cromosoma. En total fixeron máis de 500 cambios.

Ilustración do cromosoma da levadura. Aparecen indicadas as posicións dos ''cambios de deseño'' e os segmentos eliminados.

Ilustración do cromosoma da levadura. Aparecen indicadas as posicións dos ''cambios de deseño'' e os segmentos eliminados.

Posteriormente, os científicos construíron a versión actual do cromosoma unindo nucleótidos individuais. Puxeron estes cromosomas artificiais en células vivas de levadura e comprobaron que as células alteradas sobrevivían e crecían en diversos nutrintes e en distintas condicións, funcionando a versión cun cromosoma sintético de xeito indistinguible á orixinal.

Este feito podería axudar a que no futuro se produzan químicos industriais, novos medicamentos, materias primas para a alimentación e inclusive biocombustibles. Ademáis do uso comercial tamén se utilizaría para coñecer máis sobre a bioloxía do xenoma: como se constrúen os xenomas, como se organizan e que os fai funcionar.

 

Autora: Cristina Guillán

Esta entrada foi publicada en Bioloxía celular, Biotecnoloxía, Selección artificial e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

20 Responses to LEVADURA, A NOVA DOLLY

  1. faa-adrianmartinez di:

    Está claro que esta é unha das noticias máis importantes dos últimos tempos con respecto ao estudo do ADN. A levadura convértese no primeiro ser vivo complexo dos cales os seus xenes foron totalmente descrifrados, o que abre o camiño para a creación de organismos vivos predeseñados que con eles será posible realizar grandes avances para a medicina, para a creación biocombustibles e incluso para a reparación de zonas danadas por derrames de gravidade, entre outras cousas.
    Ademais, é posible que no futuro se descifre o ADN de outros organismos o que traerá as súas futuras vantaxes.

  2. fab-marcosdaporta di:

    Parece ser que nun futuro lonxano existiran os Pokemon, é broma, pero é certo que este invento podería ter múltiples fines militares nun longo prazo de tempo como a creación de supersoldados, como fixeron en Star Wars que crearan un ADN perfecto para un humano e logo clonaranno para formar milleiros de clons, ou tamén a creación de novas bombas biolóxicas con enfermidades incurables e letales. Espero que no futuro os nosos fillos ou netos pensen ben o que fan con estes descubrimentos e que os usen de forma apropiada.

    • faa-santiagoescudeiro di:

      En relación a túa broma da posible existencia dos Pokemon, non me parece tan fantasiosa esa posibilidade. Non digo que vaian existir unha especie de Pokemons, pero creo que sí será posible a existencia de organismos modificados e mellorados xenéticamente con fins que case seguro que serán militares como ti comentas, xa que os militares son os que máis investigan para poder ter superioridade nunha guerra que podería aparecer en calquera momento.

  3. faa-saracastro di:

    Está máis que claro que este é un enorme avance no campo da ciencia e, especialmente, da bioloxía. O feito de que se poida crear un cromosoma de maneira totalmente artificial é verdadeiramente asombros e axudará non só a estudar mellor a orixe e os compoñentes do xenoma, senón que tamén axudará á creación de novos medicamentos, novos químicos industriais e ata biocombustibles. Pero non nos debemos olvidar de que, coma a maioría das cousas, ten algunhas desvantaxas, entre as que destaca que se podemos modificar un cromosoma ó noso antoxo, poderemos elixir que cualidades darlle e cales non, o que pode supor todo un risco e un grave problema.

  4. fab-martapalacios di:

    É un avance moi elevado na ciencia o que conta este artigo. O feito de poder crear ó 100% un cromosoma é un importantísimo paso para dar vía a outros tipos de creacións máis avanzadas e quen sabe se nun futuro non moi lonxano no lugar de levadura, sexa o cromosoma dun humano. Isto axudaría en moitos aspectos á sociedade pero, hai que sabelo usar xa que se se chega a xogar con iso pode derivar nunha verdadeira catástrofe. Como di o refrán “nós creamos os nosos propios demonios”

  5. fab-elisaperez di:

    Paréceme unha moi boa noticia para o campo da ciencia o feito de que conseguiran crear un cromosoma 100% artificial dunha célula complexa como as que conforman aos animais ou plantas. Sen duda é un gran avance, que axudará a moitos ámbitos da medicina ou da sociedade. Pero este tipo de avances tamén suporán un perigo se son postos en práctica de forma incorrecta.

  6. faa-ricardop di:

    Verdadeiramente é un paso incríble `xogar´ co ADN human, e con semellante avance, dentro duns cantos anos poderemos ter supersoldados, aunque penso que iso non sería moi bo para a raza humana, xa que algún supersoldado modificado se avaría ou sufre outra modificación non desexada, podería acabar coa raza humá.
    Por outra banda, poderíanse cultivar partes do corpo 100% compatibles só cunha mostra dese ADN tan codiciado.

  7. fab-mariatirado di:

    Como todo avance, en parté bo e en parte é malo, depende co fin que teñan. Se este avance o empregan para facer novos medicamentos; cun fin que sexa beneficioso para nós, está ben, pero non todo o mundo o vai empregar así.

    • fab-marcosdaporta di:

      O único fin que se persigue é o económico. Cando alguen investiga algo para conseguir curar unha enfermidade é porque quere vender ese fármaco para sacar grandes beneficios e por iso nunca, case nunca, se investigan as enfermidades raras, non son rentables. O outro motivo pode ser un motivo militar aínda que detrás das guerras sempre hai motivos económicos.
      Xa vimos en filosofía que un dos límites da ciencia é o socioeconómico. Investígase con preferencia cousas inútiles que podrán ser vendidas en masa ou mellorar un pouco productos que xa eran bos de por si, como pasa cos móbiles. Cada 6 meses hai un modelo novo que todos queren comprar.

  8. faa-fatimalago di:

    Esta noticia foi a noticia da semana, xa non por ser a máis comentada, se non pola relevancia que esta ten. É incrible os pasos axigantados que vamos dando no mundo da ciencia, e este paso, por agora, consta un dos máis xigantes. É sorprendente que se puidese crear un cromosoma 100% artificial, e que ao poñelo en células vivas de levadora se puidese comprobar que as células alteradas sobrevivían e medraban en diversos nutrintes e en distintas condicións, funcionando este cromosoma artificial de xeito indiferenciable ao orixinal.
    Claro que esto supón unha gran vantaxe no mundo da ciencia, e máis concretamente no campo da mediciña e da biotecnoloxía, xa que se podería chegar a crear tratamentos ou curas para o cancro, o Alzheimer ou outras enfermidades. Tamén nos abre un novo camiño no campo da evolución, dándonos a posibilidade de responder a preguntas sobre o noso orixe.
    Pero isto tamén trae consigo as súas desvantaxes, xa que poderíamos dicir que non hai unha boa regulación dos límites da experimentación, véndose afectadas áreas como usar este avance na ciencia con usos militares para crear supersoldados, como din os meus compañeiros, que ao fin e ao cabo non sabemos o uso que lle acabarían dando, ou tamén poderían darlle usos particulares, xa que algunhas persoas poden utilizar isto a modo de beneficio persoal, e acabaríamos todos usándoo ao noso antollo.

  9. faa-noeliaparracho di:

    Esta noticia chama a atención porque, por primeira vez, conseguiuse crear un cromosoma 100% artificial, cousa que me deixa abraiada, estamos dando grandes pasos cara un futuro moi prometedor a nivel científico e, desgraciadamente, tamén a nivel militar, xa que a maior parte dos descubrimentos e avances científicos adoitan acabar destinados a misións militares, así coma a maioría dos instrumentos científicos e moitos obxetos dos que usamos a diaro foron creados nun principio con fines militares ou coa idea de que axudasen en tempos de guerra.
    Unha cousa que creo que ningún dos meus compañeiros mecionou e que a min me chamou moito a atención é que coñezamos máis cousas sobre a levadura que sobre outros microorganismos. Se algún día me fixeran a pregunta “De que microorganismo cres que sabemos máis cousas?” o último no que pensaría sería a levadura, centraríame en outros microorganismos que coñecera.
    Por outra parte, quero apoiar ó meu compañeiro Marcos cando di que no futuro os nosos descendentes deberían usar este tipo de descubrimentos e avances de forma axeitada, xa que esto en mans de algunhas persoas podería ser utilizado de mala maneira causando males, o que resultaría catastrófico. Por iso penso que deberiamos educar ós nosos fillos e netos coa idea de avanzar correctamente con estes avances científicos e tamén cos tecnolóxicos, xa que ó fin e ó cabo van ser eles quenes sigan algún día o que nós estamos a facer hoxe.

  10. fab-beatrizcasal di:

    Eu considero que este é en enorme avance científico, sobre todo eu opino que é importantísimo no campo da bioloxía e da medicina xa que se podería chegar a crear tratamentos ou curas para determinadas enfermidades, polo simple feito de que se poida xerar un cromosoma artificial o 100%.Pero como todos os avances ten as súas cousas positivas e negativas, tamén teñen que ser usados correctamente porque se son postos a practica de forma incorrecta podería supoñer diversos problemas.

  11. fab-noerodriguez di:

    Sen dúbida, a creación de cromosomas artificiais é un avance enorme que pode ter múltiples aplicacións na nosa vida futuramnete. a partir dun cromosoma, poden crearse diversos organismos. Nun futuro, estes avances suporán un dos maiores recursos que teña o ser humano para curar enfermidades ou para modificar organismos vivos (unha galiña que duplique a súa produción de ovos,unha planta que bote froitos varias veces ao ano…). Como xa dixen antes, ten múltiples aplicacións, aínda que unhas mellores que outras, por exemplo, como ben din os meus compañeiros, pode ter aplicacións militares que resulten nefastas no caso de non ter éxito.

  12. fab-gretageorgieva di:

    Cada vez son máis os avances na ciencia, menciña,e tenoloxía. Algúns deles son mellores que outros pero todos se fan co obxeectivo de facer avanzar a sociedade.
    A noticia tratada é sobre o descubrimento nun novo cromosoma 100% artificial que foi creado apartir da levadura.Isto supón a libre modificación, é dicir poderiamos elexir as caracteristicas que mais nos interesen e as que menos o que podería ser un erro en mans dalguén que non estea familiarizado co tema ou simplemente non o queira empregar como se debería como por exemplo para a elaboración de novos fármacos.

  13. fab-rebecachaves di:

    Esta noticia é moi importante xa que supón unha gran vantaxe na mediciña, xa que grazas a isto estamos máis preto de crear curas para enfermidades como o cancro, entre outras enfermidades, ou para modificar organismos vivos.
    Pero esto podería saírse da nosas mans e ó final podería haber malas consecuencias se seguimos experimentando ca vida ainda que sexa só agora un cromosoma.

  14. faa-sergioserantes di:

    Trátase dun descubrimento moi importante, e tamén algo perigoso. Como xa din varios compañeiros, a verdade é que na case totalidade de casos, os grandes descubrimentos van ligados a fins económicos ou, no caso sobre todo de descubrimentos tcnolóxicos ou biotecnolóxicos, a fins militares. Con descubrimentos desta envergadura, é case inimaxinable a potencia que un ataque militar con organismos modificados xeneticamente podería acadar.

  15. faa-ricardop di:

    Estou de acordo con Rebeca, xa que nos últimos 60 anos a medicina avanzou moitísimo, dando un gran salto para a raza humana.
    Anteriormente os médicos tiñan menos formación e operaban sen anestesia, provocando unha terrible dor que, íncluso chegaba a provocarlles a morte.

  16. fab-iriamartinez di:

    Poder crear un cromosoma 100% artificial é un gran avance científico, sobre todo no campo de bioloxía e ds ciencia, ya que deste xeito estamos cada vez máis preto de atopar curas para determinadas enfermidades que por hoxe non se só poden tratar.

  17. fab-manuelgonzalez di:

    A posibilidade de modificar un cromosoma para obter seres que xamais podíamos nin imaxinar,ou a modificación de novas armas para que teñan un alcance de poder destructible inimaxinable paréceme aterrador en mans alleas con obxectivos non pensado se que non teñen en conta o benestar colectivo,e que podería ter consecuencias nefastas. A vez,é un gran avance que podé marcar un antes é un despois no mundo na ciencia.

  18. fab-anaoubina di:

    Este artigo cóntanos que un equipo de científicos estadounidenses e europeos conseguiron por primeira vez na historia, crear un cromosoma 100% artificial dunha célula complexa como as que conforman aos animais ou plantas. O cromosoma utilizado foi da levadura, xa que se pode manipular xenéticamente con máis facilidade e coñécese máis sobre ela ca sobre calquera outro microorganismo.Esta é unha magnífica noticia xa que crear un cromosoma 100% artificial é un avance moi importante científico xa que desta maneira estamos cada vez máis preto de atopar curas para enfermidades que hoxe non se poden tratar.