UNHA MAREA NEGRA DE 25 ANOS

Na medianoite de 24 de marzo de 1989, o petroleiro Exxon Valdez colisionou co arrecife Bligh (Alaska), causando ata o momento un dos derrames máis grandes da historia. A nave saíu do porto cargado con 1’26 milóns de barrís de cru.Un cuarto de siglo despóis aínda persisten danos nunha zona única en especies e recursos mariños.

Alaska aínda non se recupera. Despois de 25 anos, o petróleo derramado polo Exxan Valdez segue sendo “case tan tóxico” como en 1989.

Ata hoxe, Exxon Mobil gastou máis de 2.000 millóns de dólares para limpar a zona danada e recuperouse menos do 7% de crus. As xélidas temperaturas de Alaska dificultan  a disolución do petróleo.

Por desgraza, este vertido non foi o último. Poucos anos despóis a explosión da plataforma petrolífera “Deepwater Horizon” da compañía BP no Golfo de México en 2012 marcou un fito importante na historia negra da contaminación dos océanos con productos petrolíferos.

Como todos sabemos, sen ir moi lonxe,en Galicia tamén vivimos unha importante catástrofe deste tipo.

O 25 novembro de 2002, un petroleiro chamado “Prestige“, cargado con 77.000 toneladas de fuel residual pesado, non aguantou o ataque dun tronco á deriva nin a posterior sacudida dun mar enfadado e con vento forte e olas de máis de 8 metros, a 28 millas de distancia da costa de Finisterre. En menos de dous meses,o contido daquel petroleiro afectara xa a máis de 2.600 km de costa, pero non só afectou a España, tamén afectou a Portugal, Francia e incluso Reino Unido.

Dise que a partir da catástrofe do Exxon Valdez nace a conciencia ecoloxista.

 

Autora: Fátima Chaves

Esta entrada foi publicada en Catastrofes naturais, Recursos naturais, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , , , , , . Garda o enlace permanente.

50 Responses to UNHA MAREA NEGRA DE 25 ANOS

  1. Victor di:

    NOVA PREGUNTA NO FORO

  2. faa-santiagoescudeiro di:

    Neste artigo trátase un tema moi complicado como son os accidentes petroleiros, que ao acontecer, contaminan moitísimo e danan a fauna mariña e a das costas ás que chega o vertido.
    Como se comenta no artigo, os danos do accidente persisten anos e anos, non só destruindo a fauna e flora existente no momento do suceso, senón das xeracións posteriores do lugar ou lugares afectados.
    En Galicia tivemos un suceso deste tipo, como ben se di aquí, e a costa quedou anegada do vertido do petroleiro accidentado, o que ocasionou danos na fauna e flora galegas.
    Creo que deberían ter máis control sobre este tipo de substancias que poden contaminar tanto, xa que son auténticos desastres os que provocan cando se dispersan pola auga e chegan ás costas.

  3. faa-fatimalago di:

    Neste artigo Fátima estanos a falar da contaminación no mar por diversas causas, como por exemplo a contaminación debida a un derrame de petróleo.
    Na nosa sociedade o petróleo e os seus derivados son imprescindibles como fonte de enerxía e para a fabricación de múltiples produtos da industria química, farmacéutica, alimenticia…
    Por outra parte, dende o 0,1 ao 0,2% da producción mundial de petróleo remata vertido no mar. Este porcentaxe pode semellar ata pequeno, pero correspóndese con case 3 millóns de toneladas as que rematan contaminando as nosas augas cada ano, provocando danos no ecosistema mariño.A maior parte do petróleo úsase en zonas moi alonxadas dos sus puntos de extracción, polo que debe ser transportado por petroleiros ou oleoductos, que percorren moitos kilómetros ata chegar ao seu destino, o que provoca as probabilidades de accidentes de vez en cando.
    O principal e máis importante efecto que ten o petróleo sobre o mar é que impide que se realice a fotosíntese do plancto (que representa o primeiro eslabón da cadea alimentaria mariña) debido a que o petróleo recubre a superficie das augas, formando as coñecidas como mareas negras, impedindo a chegada dos raios do sol ao fitoplancto, os cales son autótrofos (fabrican a seu propio alimento) e serven de base de alimentación para os seres vivos mariños, por iso son tan importantes e o efecto do petróleo sobre este é tan importante a nivel da vida mariña. Por outra parte os animais mariños e as aves quedan cubertas de petróleo, o que lles impide voar ou nadar libremente, polo que acaban por morrer.
    Efectuáronse estudos sobre o impacto ecolóxico de derrames do Metula (en Israel), onde se compovou a alteración da vida acuática e das aves mariñas, e do Northern Breeze (en Chile), que implicou a contaminación de algas, invertebrados, peixes e aves.

  4. faa-saracastro di:

    Neste artigo fálase dun tema que nos debería preocupar a todos. O desprendemento de petróleo nas costas é algo que causou moito dano ao longo dos anos. Non só a nivel económico, senón que isto supuxo unha gran contaminación e, polo tanto, a morte de moitos animais e plantas ou algas que había neses lugares.
    Tamén é certo que grazas a isto naceu o que podemos considerar, conciencia ecoloxista, que é o cambio de pensamento e forma de actuar de moitas persoas. Debido a que o home se empezou a apropiar da natureza para darlle así forma ós seus caprichos e necesidades, esta empezou a estar afectada, polo que, todos nos vimos obrigados a tomar medidas para combatir isto. Medidas como fomentar as enerxías limpas, reducir e reciclar o lixo ou mesmo reutilizar moitos materiais.
    Todo isto foi a consecuencia de moitas catástrofes que por unha ou outra razón, sucederon. Así que o que temos que intentar agora é que accidentes como estes non volvan a ocurrir e, en caso de que ocorran, podamos solucionalos canto antes grazas á colaboración de todos.

  5. fab-aidagonzalez di:

    As catástrofes provocadas polos barcos que transportan cru ou fuel, son unha das máis perigosas para a fauna marina. Tardase moito tempo en “limpar” o desperdicio derramado polos petroleiros. Creo que se debería prohibir o transporte de cru ou do fuel a través do mar, aínda que é certo que é máis rapido pero as consecuencias que tería se ocorra algún problema, como se pode ver no artigo, son moi graves. Creo que non se debería correr ese risco ou previlo reforzando máis os barcos ou petroleiros que transporten ese tipo de materiais.

    • faa-larafernandez di:

      Eliminar o transporte de petróleo por mar sería o mellor para evitar calquer risco de que se vertese ó mar, pero o feito de transportalo por terra (tardandose máis) non lles sale rentable para as petroleiras. Ao fin e o cabo, o que importa é o diñeiro; é preferible que se tarde menos en mover o petróleo a que se respete o medio ambiente. E cando se acabe o petroleo, que outras formas de enerxía acadaremos?

      • faa-marcromero di:

        Eu creo que o futuro pasa pola investigación en física nuclear para atopar unha forma de enerxía o mais eficiente posible. A fisión nuclear é a unicá que controlamos hoxe en día e, lastimosamente, tratase dunha enerxía que contamina moito. Pero no futuro poderianse acadar fontes de enerxía descoñecidas basadas en coñecementos que na actualidade son inimaxinables para nos. Hai que seguir investigando.

  6. fab-martapalacios di:

    Resulta frustrante o feito de que teña que pasar o mal para inventar o remedio. A pregunta que todos nos facemos cando sae unha noticia acerca dunha catástrofe medioambiental coma esta é: por que non se tomaron medidas para que non ocurrira? E é certo. Necesítase matar a milleiros de especies e arrasar con costas e kilómetros de océano para poñerlle as medidas adecuadas ós petroleiros. Se no lugar dunha tivera dúas ou tres capas máis cubrindo o fuel do interior do petroleiro sería moitísimo máis difícil que isto ocurrise. Coa cantidade de inxeñería e avances tecnolóxicos que hai é un completo absurdo e sen sentido que sucedan cousas coma esta.

  7. faa-manuelmontes di:

    Esta noticia pareceme moi triste. Que aínda non se puidera limpar e siga sendo tan perigoso tras 25 anos… Supoño que este erro hoxe en día poderíase evitar coas novas tecnoloxías: radares, GPs … E situar o arrecife para poder sortealo ou trazar unha nova ruta. Debería aumentarse a seguridade deste barcos para poder evitar estes desastres que son un duro golpe para o reino mariño. Nós comprendemos perfectamente ese problema xa que, como ben comenta a miña compañeira, tivemos un vertido nas nosas costas.

  8. faa-nicolecorbacho di:

    Neste tema tratase dunha noticia que nos afecta ao noso medio ambiente, un momento qur ocurre en alaska por un derrame de petróleo que o que levou a cabo a intoxicación No mar. Tamén ocorreu outro caso como o prestige que afectou a nosa costa fai poucos anos. O que me transmite está noticia é que temos que ter coido con este tipo de cousas que acaban afectando a o noso medio ambiente e con nós

  9. fab-sofiacastineiras di:

    Unha marea negra é a chegada á costa da vertedura de hidrocarburos ó mar, a modo dunha marea tinxida de negro formada por unha masa oleaxinosa máis ou menos espesa da emulsión do hidrocarburo en auga. Adoitan ser provocadas por accidentes de barcos petroleiros ou plataformas petrolíferas. En Galicia houbo varios casos de mareas negras, a última non foi tan lexos, de feito eu mesma a recordo. O resultado de estas mareas pode non ser demasiado así como tamén pode ser devastador, millós de peixes e demáis animais morren cada vez que se produce un accidente de este tipo.

  10. fab-mariatirado di:

    As consecuencias destes derrames son catastróficas para o medio ambiente, dende o meu punto de vista deberían deixarse de empregar tanto os combustibles fósiles e deberíase empregar máis enerxías renovables. O que pasa é que á política e ás industrias non lle interesa fomentar ese tipo de alternativa porque hay outros intereses creados.

  11. faa-christiancacabelos di:

    Aínda que insuficientes, no día de hoxe tomáronse certas precaucións en todos os transportes que se fan por vía marítima, pola protección e coidado do mar, litoral, fondos oceánicos e os seres vivos que os habitan e eu creo que tamén e sobretodo para evitar custos económicos, é dicir, a perda da carga transportada e a recuperación de dita carga, e no caso de cargar mercancías perigosas como son o petróleo ou o xofre evitar pagar grandes indemnizacións polos danos provocados.
    As melloras máis salientables que se fixeron son, entre outras, a sustitución dos antigos barcos mono-casco por outros máis novos e de doble casco que teñen menos posibilidades de afundirse e de romper e que ademáis duran máis, a incorporación de bodegas secionadas, isto é, dunha bodega de gran tamaño e capacidade dividila en varias independientes entre sí e cun tamaño inferior á da bodega sen divisións; este feito permite que no caso de que un barco se divida en dúas partes e afunda non se escape o petróleo, por exemplo, que levaría nesas bodegas divididas ou no caso de producirse unha fuga non perder a totalidade do crú transportado reducindo así os danos que se poden producir e evitando custos máis elevados nas tareas de limpeza e recollida. Outra medida de seguridade, aínda que se basea na física, é a distribución homoxénea de cargas e o máis importante, impedir a mobilidade en calquera sentido de dita carga xa que calquer movemento da mesma podería provocar a desestabilización do barco, un feito aínda máis perigoso se este se dá nunha situación de temporal con grandes ondas e mar de fondo, levando con facilidade o barco a fondo do océano e con el a vida da tripulación.
    Tamén é importante respectar a capacidade legal de carga e nunca sobrepasar a liña que marca o nivel de flotación, este feito aínda que non o pareza é moi pero que moi perigoso, máis aínda que a carga solta, porque o barco atoparíase á merced do mar.

    Sempre a maior prevención é a revisión periódica do barco e os sistemas de seguridade que contén, moitos acidentes ocorren pola falta de revisión e supervisión, esto é esencial porque por un pequeno problema non tratado a tempo pode aumentar chegando a ocasionar a morte da tripulación do barco por que se afunde o mesmo, por exemplo, e este é un feito que está por riba de calquer custo de tipo económico.

  12. faa-veronicanoya di:

    Unha marea negra prodúcese cando, por diversos motivos, se verten ó mar hidrocarburos, é dicir, compostos orgánicos, atopados a maior parte deles no petróleo.
    Estas mareas, acaban coa vida de centenares de animais e crean malformacións noutro tanto, non só nesa xeración, senón tamén nas vindeiras.
    A dificultade e o coste que ten retirar estas mareas fai que nalgúns lugares do mundo, como en Alaska, despois de 25 anos continúen as augas intoxicadas, onde as temperaturas fan que estes hidrocarburos non se disolvan.

  13. fab-sporto di:

    O artigo trata sobre as catástrofes petroleiras.
    A maioría destas catástrofes petroleiras pasan no mar, sobre todo preto das costas onde os ecosistemas son máis diversos e cheos de millares de diferentes especies.
    Os peixes poden incorporar contaminantes orgánicos persistentes e os depredadores que os consumen transmiten o envelenamento petroleiro dun animal a outro pola cadea alimenticia, poñendo en risco mesmo a seguridade na alimentación humana.
    As aves son das especies máis vulnerables, pois ao non poder voar, estas quedan na praia para non se ferir aínda máis e rematan morrendo de frío ou de fame.
    Cando hai un derramo de petróleo, a superficie do mar queda cunha especie de capa escura, a cal obstrúe o paso da luz e como consecuencia afecta o proceso da fotosíntese de moitos dos organismos primarios, e de alí tamén aféctase o resto da cadea trófica dos ecosistemas.2
    O petróleo queda impregnado nos sedimentos das costas e o chan queda coa mesma capa onde afecta tamén os organismos que alí viven. O ecosistema costeiro non se pode rexenerar xa que esta película de hidrocarburo impide o crecemento de novas plantas.
    As praias ás cales chega esta contaminación son forzadas a pechar debido a que é unha ameaza para a saúde pública o contacto coa pel.
    Economicamente, as mareas de petróleo deixan sen traballo a miles de mariñeiros e mariscadores, e o mar presenta unha variedade de cambios intrínsecos ademais dos os cales se poden ver, pois tamén son afectados as súas propiedades físicas e químicas.3 Meteorización, así é chamado o proceso ao que dá lugar un derramo deste tipo e que ten unha duración indefinida. Este proceso pode cambiar as características do hidrocarburo tal como a súa composición química así como tamén as condicións meteorolóxicas do lugar, é dicir a temperatura e o estado do mar.

  14. Victor di:

    NOVA CUESTIÓN NO FORO

  15. faa-laurarey di:

    O que Fátima nos trata neste artigo son diferentes catástrofes petroleiras no medio mariño, que sen dubida ningunha provocan un centenar de mortes tanto de animais mariños como peixes, moluscos,… como diferentes tipos de aves.
    Na miña lembranza aínda se atopa o recordo do desastre do “Prestige” que duramente afectou as rías galegas. Podo recordar perfectamente as labores dos voluntarios intentando salvar a vida das aves mariñas, as praias negras manchadas de fuel, a desesperación dos mariñeiros ao ver que a súa colleita morría sen poder facer nada máis que recoller o petróleo cunha especie de capachos ou palas, algo apenas era efectivo.

  16. faa-diegocores di:

    Este artigo trata un tema tan importante como os vertido pos accidentes no mal, preto das costas, e trata en especial tamén o caso do prestige que afectou as nosas costas cando eu tiña 5 anos e que aínda recordo, aínda que vagamente. Parece incrible como pode afectar un accidente destes a un ecosistema e con que facilidade se expande por todo o mar, aínda que por outra banda é normal e ten o seu sentido, pois as correntes arrastran todo.
    Xa que saíu o tema eu opino que hai que ter moito coidado con estes accidentes que acaban en vertido, pero tamén penso que estes casos sobresaen porque é todo ese vertido xunto, non obstante está habendo vertidos todos os días, vertidos que non son tan esaxerados como os que o artigo menciona pero que si que deberiamos de ter en conta, porque a suma de todos eles todos os ías pode afectar tamén a ecosistemas mariños.

  17. faa-noeliaparracho di:

    O transporte de cru en barcos é un tema bastante debatido, xa que moitos barcos acaban liberando toneladas e toneladas deste vertido. Como ben apunta a miña compañeira Fátima, entre o 0,1 e o 0,2% da producción mundial de petróleo remata vertido no mar, e isto supón que 3 millóns de toneladas de cru rematen contaminando o mar, chegando a costas, afectando a ecosistemas mariños, e producindo unha gran perda de cartos. Aínda que esto último sexa ó que menos importancia se lle debería dar, en realidade é o que máis importa.
    Canto a catástrofe do Prestige ocorreu eu tiña cinco anos, e lémbrome de que ía cos meus pais pola costa e vin todo tinguido de negro, sen saber moi ben o por que, preguntei que pasara, e aínda que mo explicaron, non cheguei a entender moi ben o que isto supoñía. Pensaba que a cor marcharía sen deixar ningunha consecuencia, e iso é o que quere moita xente, olvidar e facer oídos xordos a toda a contaminación que producimos, a cal está destruindo o noso planeta.

  18. fab-lorenasoto di:

    Este tipo de derrames son moi perigosos xa que acaban coa vida de moitos animais e arrasan con kilómetros de costa. Os medios empregados para poder limpar e retirar todo o fuel ou cru son moi costosos e requiren moito tempo para poder acabar con todo. Isto fai que, despois de 25 anos, esas augas sigan estando intoxicadas.
    Grazas a todo isto nace a conciencia ecoloxista.

    • faa-diegocores di:

      O principal problema do cru é que impide que os organismos fotosintéticos realicen a fotosíntese, atacando así aos primeiros eslavóns da escala alimenticia, acabando coa flora e fauna mariña. Supoño que o feito de que os animais respiren o cru a través das branquias tampouco axuda moito na causa. En definitiva como ben dixeches, unha zona afectada por un derrame de fuel queda practica ou totalmente desértica de vida.

  19. faa-igonzalez di:

    Eu penso que este tipo de accidentes, sempre acabarán en catástrofes, debido a que non se poden controlar de inmediato, e solo se poderían controlar unha vez que xa causen o dano. Desde logo, non podemos dicir que isto é bo, porque todolos problemas que provoca non poden ser bos para nadie, nin para nada. Este tipo de liquidos provocan a morte de moitos animais, plantas e incluso a “morte” de lugares turísticos.
    Por desgraza, esta catástrofe, a sufrimos nós, nas nosas rías e prais; nos nosos moluscos e peixes; nas nosas algas e almas. Menos mal que en Galicia temos moi bo corazón, e todos participamos un pouco para resolver ese problema; todos xuntos, sen nadie que estea obrigado nin sen ganas. En definitiva, é unha completa desgracia todo isto que nos ocorreu e hai que intentar evitalo en todo momento, pero non se sabe cando vai poder ocorrer de novo.
    Un dato positivo é que cada vez a tecnoloxía avanza máis, e con ela as maneiras de evitar todo isto.

  20. faa-sergioserantes di:

    Coma outros moitos vertidos de combustibles na natureza, o de petróleo ao mar é moi dañino, e pode afectar moitísimo aos seres vivos do medio afectado, causando a súa morte ou facéndoos sufrir distintas doenzas. Ademais, a oleaxe e o tamaño dos océanos fai que sexan vertidos moi difíciles de controlar. Pese a non ser demasiado comúns, un só destes vertidos pode ser peor ca moitos de outro tipo de vertido, no sentido de que é máis difícil de controlar e tamén é máis laborioso recuperar o material vertido.

  21. fab-martarodriguez di:

    Este tipo de catástrofes son moi danosas para a nosa sociedade,xa que aqui en donde vivimos a actividade pesqueira e moi importante. O prestige supuxo a morte de miles de animais e moita costa danada, e aparte diso moitos millóns gastados para poder deixar todo o mellor posible. Parece mentira que teñan que pasar catástrofes así para que nos demos conta da importancia que ten coidar o noso ecosistema.
    Grazas a isto nace a conciencia ecoloxista.

  22. fab-aidagonzalez di:

    Estou moi de acordo co que di o meu compañeiro Diego, pois soamente nos paramos a pensar na contaminación cando ocorre a gran escala, como o que ocorreu co prestige. Débese ter en conta a cantidade de residuos contaminantes que son vertidos todos os días ao mar e o que isto pode dar lugar, reducción da biodiversidade, acidificación dos océanos… Temos que ser responsables do estado e conservación da natureza, debido a que as nosas accións afectan de maneira positiva ou negativa sobre ela. De todos os xeitos cando ocorren catástrofes como a do pretige, acudiran milleiros de persoas, satisface saber que a xente está disposta a hencherse de cru e fuel para limpar e axudar aos animais.

  23. fab-rebecachaves di:

    Este artigo estannos a falar dos accidentes que teñen lugar no mar e nas costas a causa das castástrofes petroleiras.
    Estas catástrofes afectan sobretodo á fauna e a flora que habitan nestes lugares. Poñendo en perigo ás súas vidas puidendo envelenarse e así chegar a un punto que os peixes poden chegar ata nós e se están envelenados poden provocarnos enfermidades.
    En canto ás aves, accidentes deste tipo poden facer que non poidan voar e polo tanto que afoguen no petróleo.
    Que ocorra isto é sempre unha mala noticia, por iso non se debería permitir chegar ata ó punto de que o petróleo quedara tanto tempo nalgunha zona como é este caso, puidendo causar moitos efectos secundarios destructivos e perxudiciais.
    No meu punto de vista, deberían extremarse as medidas de precaución para que isto non aconteza tan a miudo, xa que moitos destes transportes que levan cru nel acaban por verter isto, e é un risco que non nos podemos permitir.

  24. fab-anaoubina di:

    Este artigo estanos a falar sobre a contaminación do mar debido ao derrame de petróleo. En Galicia houbo varios casos de mareas negras. Como se comenta no artigo, os danos do accidente persisten anos e anos, non só destruindo a fauna e flora existente no momento do suceso, senón das xeracións posteriores dos lugares afectados, e tardase moito tempo en «limpar» o cru derramado polos petroleiros.

  25. faa-begonasuarez di:

    Este artigo trata o tema sobre a contaminación de petróleo no mar, o que supón un gran problema para as especies que chegan a morrer e recursos mariños. Tamén supón un enorme gasto económico e ademais do tempo que se tarda en poder limpar os restos.
    O petróleo é una mestura homoxénea de compostos orgánicos, principalmente de hidrocarburos insolubles en auga. Prodúcese no interior da Terra, por transformación de materia orgánica acumulada en sedimentos do pasado xeolóxico e pode acumularse en trampas xeolóxicas naturais, de onde se extrae mediante a perforación de pozos. É un recurso natural non renovable e a principal fonte de enerxía en países desenvolvidos.

  26. faa-aliciafeijoo di:

    O transpote de crus mediante transporte mariño é un tema que está en debate e tamén que como Fátima nombra neste artigo a nós afectounos moi de cerca, cn moito prexuizos e afectando ás producción mariñas e tmámen nas costas en prais, etc. O transporte de tan grandes cantidades en barcos tan grandes é un gran perigo, xa que a hora de maniobraren cando hai algún outro barco ou residuo no mar, coma pasou co <>, o ser tangrandes se non se decatan a tempo non lle da tempo a maniobrar para que ese residuo non o poida afecctar e podendo poñer en perigo a moitas especies mariñas e afectar ao traballo de moita xente, polo que eu creo que se debería pensar mellor en como transportalo porque en zonas como na que vivimos unha situación así pode a afectar a moitas familias e tamén causa un gasto importante, a maoires do que custa transportalo, se sucede algo e o bertido queda no mar chegando as costas limpalo delas custa moito diñeiro.

  27. fab-mariablanco di:

    Este artigo plantexa noticias importantes e de problema económico e medioambiental.
    Como ben se dí, tres accidentes no medio mariño perxudican a gran parte das costas de Europa e América.
    Considero que foron un dos accidentes máis grandes que puido pasar dentro do que é a contaminación e o dano a seres vivos acuáticos. Estes problemas deberían de ser mellor tratados, e prestarlle máis atención xa que a parte de facer dano á natureza e ao mundo mariño, tamén se nos fai dano as persoas. E como dixo outra compañeira tamén me parece indignante que teñan que pasar catástrofes para que os seres humanos nos concienciemos do dano que podemos facer, como é no caso da conciencia ecolóxica.

  28. fab-iciacores di:

    O feito de que despois de 25 anos todavía haxa contaminación debido a este feito, é preocupante, porque nin foi o primeiro nin será o último. A gravidade deste asunto puidémola ver moi de cerca, coa catástrofe do Prestige. O derrame de cru no mar provoca unha contaminación a unha escala enorme, pois non só lle afecta aos peixes, senón tamén a aves mariñas e a toda a biodeversidade que convive dentro do mar, que non é precisamente pouca. E isto aféctanos moi directamente a nós, pois volvendo ao caso do Prestige, puidemos ver como moitos mariñeiros quedaron sen traballo durante moito tempo, e tamén como moitas praias quedaron devastadas. Creo que é algo que se ten que remediar inmediatamente, non podemos permitir que este tipo de catástrofes continúen sucedendo, xa que non son catástrofes naturais, senón que son catástrofes feitas pola man do home e son totalmente evitables. Deberíase revisar ben o barco no que se transoporta o cru, e que haxa un 0% de posibilidade de que caiga ao mar. Como dicía antes, isto aféctanos a todos, e é algo do que se debería tomar conciencia, pois creo que despois do Prestige, polo menos nas costas galegas, ninguén quedou con ganas de que algo así volva a ocorrer.

  29. faa-christiancacabelos di:

    Os vertidos ao mar non son unha forma de desfacerse dos resíduos dos que non saben que facer ou como eliminalos, aínda que algúns se producen por accidentes, outros moitos fanse a propósito como tirar as augas residuais ao mar, aínda que en teoría están tratadas danan igual ao mar creando lodos e fangos que matan a moitos moluscos por asfixia e outro exemplo é o lanzamento de bidóns con resíduos radioactivos ao fondo do mar na fosa Atlántica, que se atopa a 630 kilómetros da costa galega e alberga dentro dela 140.000 toneladas de residuos radiactivos e a radioactividade acumulada nesa zona acercase ao millón de curios e, como comparación, na área cercana a Chernóbil liberaronse durante o accidente de 1986 cerca de 130.000 curios. Fai trinta e dous anos que os barcos pesqueiros Pleamar y Arousa I xunto co Sirius de Greenpeace intentaron evitar que o buque holandés Scheldeborg lanzara bidóns con residuos nucleares á Fosa Atlántica. Era o verán de 1982 y dende entón seguen desintegrándose ali, e para evitar que locuras como esta se repitan a Unión Europea é parte contratante do Convenio sobre protección do medio marítimo do Nordeste Atlántico, firmado en París o 22 de setembro de 1992. As partes contratantes de este Convenio, por separado ou en conxunto, adoptarán todas as medidas que permitan previr ou eliminar a contaminación producida por distintas fontes pero para elo hay que poñer en práctica medidas de seguimento e evaluación da contaminación.

    • faa-manuelcacabelos di:

      O feito de que haxa empresas que tiren os seus residuos ó mar, pareceme inquietante, iso faime preguntar se non hai ningún control nos portos na saída de grandes barcos, pois eses bidóns que di Christian, non poden ser nin poucos nin pequenos. Outro punto é donde tiran eses residuos, pois non me parece xusto que un barco dunha empresa multinacional tire os seus residuos preto da costa galega e o que ten que facerse cargo deses residuos é o Goberno Español, só porque esa empresa veña a tirar os seus resíduosa mares galegos.

  30. faa-christiancacabelos di:

    Ollos que non ven, corazón que non sente.
    Baixo este lema supoño que se basean para facer barbaridades como a de lanzar resíduos radioactivos ao mar, se xa son perigos en superfice, como o serán no leito mariño, que conta con correntes que recorren os océanos de todo o mundo, ao igual que as dorsais oceánicas, desprazando estas partículas contaminates e tóxicas por todo o globo provocando danos globais que nos afectan a todos, a uns máis que a outros pero o dano é global. A concienciación é necesaria para evitar que sucesos como estos se produzan porque o mar é de todos e non podemos tratalo así xa que o que hoxe non notamos de forma notable pode notarse moitísimo máis en anos vindeiros, afectando ás futuras xeración inocentes e alleas a locuro de outras persoas.

  31. faa-javierestevez di:

    Este tema é un tema moi complexo dado que limpiar todo o que un petroleiro pode contaminar é moi complicado e costoso, Debería terse moito coidado co transporte de cru… Non penso que a conciencia ecoloxísta nazca por esto, realmente penso que é un punto que a fixo crecer moito pero penso que xa estaba ahí de antes.

  32. fab-manuelgonzalez di:

    Feitos tristes para a historia do ser human…. Que nunca olvidaremos polas súas gravísimas consecuencias. As mareas negras son provocadas pola rotura dun barco que cargaba petróleo ou plataformas petrolíferas,que envelenan ó medio ambiente no que se verte,neste caso o mar. Miles de especies e millóns de seres vivos morren,as costas ennegrécesen,e aínda por tiba nunha zona como a de Alaska que dificulta a restauración da zona. Gracias ó traballo e a solidaridade colectiva da xente galega,poidemos superar outro afundimento de prestige.

  33. fab-elisaperez di:

    Este artigo fala sobre as catástrofes petroleiras, que ocasionan moitísimos problemas. Morren moitos seres vivos (animais e persoas), e destrozan toda a costa. Limpar o fuel que queda non é doado, é unha labor perigosa e que leva moito tempo, por iso, tarda moito en volver á normalidade, por non dicir que practicamente non volve. Son catástrofes que afectan a todo o mundo, e seguirán pasando se non facemos nada para impedilo.

  34. fab-elisaperez di:

    Un exemplo moi claro é o do petroleiro “Prestige”, que se fundiu nas costas de Galicia, ocasionando un vertido de crudo que provocou un dos maiores desastres ecolóxicos da historia do país. Este tema ainda segue dando que falar hoxe en día, xa que foi unha catástrofe inmensa que contaminou as costas de Galicia, e provocou o enfado de moita xente, visible nas diversas manifestacións, protestando pola falta de respostas dos gobernos ante o problema.

  35. fab-danielbaulo di:

    Neste artigo expoñensenos as mais importantes catástrofes petroleiras. Os ecosistemas vense directamente afectados, pero as persoas que axudaron nas tarefas de limpeza tamen, xa que o cru contiña axentes toxicos, cancerixenos e irritantes. Ademais, a limpeza leva moito tempo e non e eficaz ao cen por cen, por iso se di que recuperar eses ecosistemas tal e como estaban e imposible.

  36. faa-marcromero di:

    Os vertidos químicos no mar representan, na miña opinión, o maior dano para a biodiversidade mariña producidos pola man do home. Controlalos é dificil, prevenilos imposible. Nunha sociedade globalizada cunha industria basada nos hidrocarburos, resulta imposible controlar de forma xusta o fluxo de combustible.

    A vía mais pracica de transporte son as rutas transoceánicas, porque os buques poden transportar moitos mais litros cun tren ou un avión e a menor coste.

    Pero esta vía é moi delicada, xa que as correntes mariñas poden repartir os vertidos miles de quilómetros.

  37. fab-beatrizcasal di:

    Este artigo trata un tema moi importante como son as catástrofes petroleiras. Estas tres catástrofes que ben se amosan no artigo foron uns dos accidentes máis graves dentro da contaminación xa que morren moitos seres vivos e destrúen a costa, o fuel que queda nas costas non é doado de limpar e require moito tempo de esforzo das persoas. Estas catástrofes deberían facer pensar a xente e tomar as medidas de precaución para que isto non se produza.

  38. faa-adrianmartinez di:

    Os vertidos de petróleo no mar é unha contaminación moi grave que acaba con moitísima vida e prexudica especialmente o medio, á parte que a eliminación dos residuos é un traballo máis que tedioso. Está claro que se deberían extremar as precaucións para que estes vertidos ao mar non volvan ocorrer nunca.

    • faa-christiancacabelos di:

      Sen dúbida, aínda que son compostos orgánicos son moi perigosos e complicados para retirar da auga.
      De ahí o lema NUNCA MÁIS, que ven dado pola desgraza do petroleiro Prestige que afundiu diantes da nosa costa.

  39. Victor di:

    HOXE ÁS 12:00 REMATA O TRABALLO PARA A 2ª AVALIACIÓN (EXCEPTO O FORO; día 3)

  40. faa-fatimaf di:

    Durante as últimas décadas, o petróleo constituíu gran parte da economía mundial, pero este non se atopa en todas as partes do planeta, polo que hai que buscar formas de transportalo dende o lugar onde se localiza ata onde se extraen os seus derivados, e este transporte é o principal motivo de contaminacións e derrames.
    Un derrame de petróleo ou marea negra é un vertido deste hidrocarburo que se produce debido a un accidente e que contamina o medio ambiente, especialmente o mar. Estes derrames afectan a todo o ecosistema onde se produce, o cal prexudica catastroficamente a fauna e as costas con efectos que poden chegar a perdurar durante moito tempo.

  41. fab-ariadnacordal di:

    Os vertidos de petróleo ou mareas negras son unha clase de acontecementos aos que non se lles adica suficiente importancia. A pesar de supoñer a grave alteración de ecosistemas durante longos períodos de tempo, dende un punto de vista económico supoñen unha gran perda de diñeiro e recursos: pérdense grandes cantidades de petróleo e, entre moitas outras consecuencias, a limpeza do lugar do derrame supón uns custes moi elevados.
    Estes derrames son posiblemente inevitables, como dixo Marc, debido a factores naturais inesperados, pero está claro que se poden previr; na década de 1970 vertéronse arredor dunhas 3.000.000 de toneladas en todo o mundo, mentres que na década do 2000 esta cifra reduciuse a 217.000 toneladas. Conforme a tecnoloxía avanza, as maneiras de transportar este líquido tan contaminante melloran e consigo diminúen as probabilidades de accidentes. Non obstante, deberíamos ficar e meditar acerca das enormes perdas que supoñen estes accidentes. Polo ben do noso planeta, debemos botar man das enerxías limpas moito máis a miúdo.

  42. faa-ricardop di:

    Fátima, neste artigo amósanos como os petroleiros, se verten, por accidente ou a proposito vertido ó mar é moi dificil de sacar, e Galicia, sendo costeira, teno peor ainda, xa que o petróleo se apega as rochas das costas e praias, e é moi traballoso de sacar.

  43. faa-christiancacabelos di:

    Grazas ás melloras e aos avances que se produciron en materia de navegación por vía marítima non creo que un barco se vexa afectado polo impacto dun tronco, ata o punto de partirse en dous como aconteceu co Prestige, que se atopa foltando no mar á deriva e estou seguro de que se se respectan as normas e códigos básicos para o transporte marítimo catástrofes como estas teñen menos oportunidades de repetirse e espero que así sexa.

  44. fab-raqueloliveira di:

    Este artigo fálanos da contaminación no mar por diversas causas, como por exemplo a contaminación debida a un derrame de petróleo.
    O principal e máis importante efecto que ten o petróleoee é a formación das mareas negras, impedindo a chegada dos raios do sol ao fitoplancto, os cales son autótrofos e serven de base de alimentación para os seres vivos mariños, por iso son tan importantes. Por outra parte os animais mariños e as aves quedan cubertas de petróleo, o que lles impide voar ou nadar libremente e acaban morrendo.

  45. fab-iriamartinez di:

    Neste artigo fálase dun tema que nos debería preocupar a todos, tendo tan presente a catástrofe do Prestige en Galicia. O desprendemento de petróleo nas costas, océanos… Son danos moi importantes, que provocan a morte de moitos animais, plantas ou algas que había neses lugares. As consecuencias deste tipo de contaminación son das máis importantes xa que tárdase moito tempo en limpar o desperdicio derramado polos petroleiros, e como no caso de Alaska despóis de tantos anos aínda seguense a recuperar.