OS RÍOS GALEGOS: NOVOS DOENTES

Un recente estudo sobre a contaminación en canle de auga doce desvela os efectos que algunhas substancias teñen sobre os insectos que alí viven. Dito estudo realizouse en tres ríos galegos: O Sar, O Con e O Louro e nel colaboraban investigadores da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED), expertos da Universidade de A Coruña e tamén da Universidade de Santiago de Compostela xunto coa Estación de Hidrobioloxía “Encoro do Con”.

O traballo publicouse na revista Environmental Toxicology e centrábase no estudo das larvas do mosquito “Chironomus riparus”. Ó comparar unha ampla batería de marcadores biolóxicos das poboacións afectadas con outras libres de tóxicos, revelaban diferenzas no comportamento de determinados xenes, relacionados coa resposta ó estrés, a desintoxicación ou a ruta hormonal (que controla o desenvolvemento e a metamorfosis nos insectos). Entre estes destaca o xen hsp70 xa que os seus niveis de expresión eran moi superiores nas larvas contaminadas. Este xen é responsable da produción dunha proteína involucrada na proteción das células ante o estrés, poñendo en peligro a súa supervivencia. Os mosquitos analizados son unha parte moi importante da fauna, un eslabón chave nas cadeas tróficas destes ecosistemas. Como moitos dos contaminantes ambientais se acumulan nos sedimentos nos que habitan estes insectos, os invertebrados son moi adecuados para os estudos con indicadores ambientais.

O río Con conta cos niveis máis baixos de materia orgánica, da cual se alimentan os mosquitos, e estes presentan un gran descenso do glicóxeno. O estrés ó que están sometidos pola contaminación fai que necesiten máis alimento pero ó non dispoñer do necesario, recurren á súa reserva enerxética.

Nas pezas bucais analizadas atopáronse deficienzas e deformidades anatómicas, é dicir, ou ben lles falta unha peza ou ben as teñen fusionadas. A maior incidencia atópase nos ríos Sar e Louro, ambos con maior diversidade de contaminantes e en maior concentración.

Este último ten os valores máis altos de pesticidas organoclorados, consecuencia das augas residuais pouco tratadas e vertidas de Porriño e Tui.
O río máis contaminado, o Sar, ten altos niveis de residuos de produtos farmacéuticos e alquinofenoles, que proveñen do hospital e dunha planta depuradora cercanos ó río.
O río Con, é o menos contaminado pero rexistrou a maior cantidade de metais pesados, entre eles o cromo, o niquel (moi soluble en auga) e o cobre (pesticidas, herbicidas, insecticidas) de productos químicos inorgánicos.


Autora: Laura Vázquez

 

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade, Contaminación, Residuos e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

42 Responses to OS RÍOS GALEGOS: NOVOS DOENTES

  1. faa-cristinaguillan di:

    O certo é que datos coma este fannos reflexionar sobre todo en se lle damos o suficiente valor ao que temos e se despois de tantos avisos e campañas sobre contaminación estamos realmente concienciados do que pode causar a nosa mala xestión dos residuos no medio ambiente. Considero que a este paso dentro duns anos os acuíferos ,tanto ríos como mares e lagos, que agora mesmo posúen certa bodiversidade rematarán por perdela. Estas consecuencias que a curto prazo non nos parece que nos afecten demasiado xa que creemos que a desaparición de uns poucos insectos ou peixes non pode chegar a prexudicarnos, pois directamente non nos aportan beneficio, pero non hai que esquecer que eses animais tiñan unha determinada función no medio que en moitos casos outros non poderán facer por eles e que ao verse afectada rematará por afectar a todos os seres do medio, como pode ser na cadea trófica, onde se vería afectada a especie que se alimentaba da especie que se alimentaba deles e así ata chegar a nós.
    Por tanto creo que deberiamos pensar na repercusións que terán as nosas accións antes de pretender modificar e utilizar ao noso capricho a natureza e pensar no mundo que lles estamos deixando aos nosos descendentes e non ser egoístas e pensar só en que nos poida afectar no presente. Pode que sexa tarde para remendar moitos erros, pero creo que si que se pode empezar a replantexar eses erros para non volver cometelos nun futuro ou para mellorar nalgúns aspectos.

    • faa-christiancacabelos di:

      Estou completamente de acordo contigo Cristina, aínda que moitas veces se fan grandes e custosas campañas contra a contaminación ambiental, o certo é que non surten o efecto nin a concienciación que deberían xa que a xente segue a facer o mesmo que facía anteriormente sen importarlle a información da campaña nin o dano que poidan producir no medio ambiente ben porque pensan que non produce dano algún porque sempre se fixo desta forma ou ben porque pensan que se morren os mosquitos non sería algo negativo senón que o considerarían como algo positivo xa que creen que terán menos picaduras no estío. Estos pensamentos son moi negativos e primitivos e propios de xento de mentalidade pechada, dende o meu punto de vista, e creo que a mentalidade das persoas debería cambiar porque se non coidamos e non valoramos o que temos agora non nos espera un bo futuro nin para nós nin para os insectos e os animais que se alimentan deles, alterando deste xeito as cadeas tróficas, un feito que produce un risco de perda de especies e mesmo de extincións se non se soluciona rápido.

  2. Victor di:

    HAI UN NOVO FORO QUE ESTARÁ ABERTO 10 DIAS

  3. fab-mariatirado di:

    Eu creo que a sociedade aínda non é consciente do perxudicial que é a contaminación. E sí que isto de que as augas dos ríos estén contaminadas aféctamos agora mesmo; a curto e a largo prazo, porque os ríos desembocan nos mares onde están os peixes que os mariñeiros van pescar e que finalmente comemos nós.

    • faa-christiancacabelos di:

      Correcto, de seguir así creo que acabaremos no cabo dunha década como os ríos da India que están contaminados e as súas augas impotables, practicamente como un veleno no caso de ser consumidas.
      Os ríos da India son sagradaos e neles tamén se lava a xente, polo cal, tamén contaminan a auga os propios cidadáns coa súa suor e outros refugallos propios do corpo humán, xa que mesmo chegan a poñer os corpos dos seus parentes e poñen nos seus ríos candeas con flores e demáis produtos con motivo de ofrenda debido a que os consideran o nacemento da vida malia a estar envelenados.

  4. fab-martapalacios di:

    É certo que a día de hoxe a contaminación e exaxeradamente alta nos ríos e tamén nas costas. A pesar de toda a información, de todo o intento de concienciación e da cantidade de métodos de reciclaxe que hai, a xente todavía segue botando ós ríos e ós mares residuos tales como latas, bolsas, restos de comida… Actualmente as costas en marea baixa son extremadamente desagradables, sen ir moi lonxe, a de Cambados deixa moitísimo de desexar. Non fai falta ser moi listo para fixarse na capa de residuos (botellas de plástico, polución, cartóns, incluso prendas de roupa) que hai na superficie da auga no lado do paseo marítimo. E isto pasa tamén nos ríos. A xente non se da conta, pero nuns anos haberá ríos despoboados por culpa disto e logo será demasiado tarde remedialo.

    • faa-lauravazquez di:

      Estou totalmente de acordo con Marta. De feito, un estudo anterior xa prevía de que a contaminación ía afectar gravemente á fauna e flora neses ríos. Aínda así, non se fixo moito ó respecto e tivo as consecuencias coas se atoparon os investigadores…

    • faa-diegocores di:

      Moi de acordo contigo Marta. No artigo seguinte falan de accidentes marítimos como o do prestige que derramaron grandes cantidades de cru contaminando zonas marítimas. Este tipo de acontecementos chaman moitísimo a atención pero outra realidade paralela, e tan importante como esa, son os vertidos continuos e diarios que hai nos riós e costas. A xente non lles da tanta importancia como os outros, pero un monte de area faise con moitos grans pequenos, e día a día estanse derramando grans e grans de contaminación, e cando nos demos conta teremos un monte tan grande que esperemos que non sexa tarde para remedialo.

  5. fab-iciacores di:

    Con artigos como este podemos ver que a contaminación sí é un problema e non precisamente a curto prazo. Na miña opinión a xente non se acaba de concienciar da importancia da biodiversidade, xa que como ben dixo Cristina, pode parecer que a nós certos animais non nos afectan directamente, pero sí o fan indirectamente, pois ó final todo é un ciclo. Dende o meu punto de vista, non se lle da á natureza a importancia que ten, xa que frecuentemente vemos residuos (non orgánicos precisamente, senón fabricados polas persoas, como os plásticos) tirados no chan e non facemos nada para recollelos nin para evitar tiralos. Non nos damos conta que o malo facémolo para nós, xa que se perxudicas ó medioambiente, estás perxudicando a túa forma de vida. A contaminación dos ríos paréceme un feito realmente preocupante, sobretodo para nós, xa que vivimos rodeados de manantiais, ríos, lagoas…e tantos que desapareceron pola man do home…En conclusión, a contaminación é un problema actual, non do pasado nin do futuro, do que creo que TODOS nos deberiamos preocupar e facer cargo, sexa respecto a animais, plantas ou respecto a calquer cousa natural que teña que ver co medioambiente.

  6. fab-fatimachaves di:

    Vivimos nunha sociedade na que non aprezamos os bens que temos.Os ríos e os seres vivos que viven nel son fascinantes e nós sen darnos conta estámolo destruindo pouco a pouco.A pesar de que moita xente xa utiliza métodos de reciclaxe e se conciencia co medio ambiente por desgraza aínda hai xente que ten a pouca vergoña de tirar residuos ao mar ou aos ríos.Como ben di Marta sen ir moi lonxe en Cambados hai un claro exemplo de contaminación,e a parte de que sexa contaminante e sexa malo para os animais que viven no mar,estéticamente tampouco é bonito ir por un paseo marítimo e ver o mar cheo de botellas,bolsas,roupa e outros obxectos.Isto tamén afecta ás novas xeracións xa que se un neno ve a súa nai ou ao seu pai tirar unha botella ao mar él tamén o fará nun futuro e non é este o exemplo que lle queremos dar aos nosos fillos.Así é que pouco a pouco estamos acabando co máis bonito de Galicia.

  7. faa-fatimalago di:

    A auga é fundamental para a vida, xa que sen ela non podería habitar ningún ser vivo. Hoxe en día, calquera sociedade industrial emprega enormes cantidades de auga para a vida diaria, algo que demostra a importancia que a auga ten para a propia vida en sí. A auga pode ser considerada como un recurso renovable cando se controla coidadosamente o seu uso, tratamento, liberación e a súa circulación, pero do contrario, pódese considerar un recurso non renovable, e isto non só afecta á calidade de vida dos seres vivos, senon tambén ás distintas actividades socioeconómicas.
    Por este motivo é moi importante coidar e loitar contra a contaminación dos ríos, no só para a protección do propio medio ambiente, senon para a protección da fauna e da vexetación que alí viven. Explicandoo dunha forma fácil, poderíamos decir que a contaminación dos ríos consiste na incorporación á auga de materiais como productos químicos, microorganismos, augas residuais, residuos industriais, etc.
    Estes materiais actúan perxudicando a calidade da agua, de forma que a fan inútil para moitos dos usos que se lle da a día de hoxe.
    Fundamentalmente, a agua contamínase por culpa da actividade humana, xa que a poboación vai medrando cada ano, e cada ano se vai contaminando máis, e a pesar das moitas campañas para poñer en coñecemento de todo o mundo o perigo da contaminación dos ríos e que intentar contaminar menos non é tan difícil, parece que aínda a día de hoxe non nos damos conta do que realmente está a suceder, parece que lle quitamos importancia a este feito, cando en realidade, lle deberíamos dar máis importancia da que agora ten, porque xa non é o feito de que nos afecte a nos, senon o feito de que esto nos vai acabar afectando a todos, aos nosos descendentes, ás próximas xeracións que veñen detrás de nos.
    Agora non nos damos conta disto, e aínda que sexa tarde para tentar reparar todos os danos causados ata agora, cando máis tarde nos demos de conta, máis tarde será para tentar reparalo.

  8. fab-aidagonzalez di:

    Galicia é moi famosa polos bosques, ríos,montes… e agora tamén se quere acabar con iso. A xente ten que facerse cargo do que supón tirar un papel ao chan. En canto á contaminación provocada polos pesticidas, as persoas que teñan que utilizalos e que estén preto de zonas naturais deberían comprar productos que non tiveran tantos materiais contaminantes.E a contaminación provocada polos fármacos dos hospitais, creo que estes deberían facerse cargo dos residuos e levalos a un sitio onde os poidan tirar sen contaminar ningún espazo natural facendo perigar a vida da flora e da fauna, tamén opino que se deberían investigar este tipo de sitios (hospitais, industrias, depuradoras) para comprobar que non tiran os desperdicios en calquera sitio.

    • faa-manuelcacabelos di:

      Estou dacordo co que di Aida, aquí en Galicia somos famosos pola nosa paisaxe, a vexetación e o a auga ( o mar e os rios) o contaminando iso perdemos moito.
      Esto non só se perde pola basura que tiramos por ahí, senon que tamén con toda a contaminación de aerosois e demaís que o estropean todo ó seu paso.
      Non estou dacordo en que cada paseo ó lado dun rio ou da costa sexza urbanizado e modificado.
      Por exemplo: estes días, no paseo da Auga e a Pedra da Armenteira estase a agrandar os camiños e podando a vexetación de ribeira so para que os turistas podan pasar e dicir que bonito é isto.
      Non se debería xogar así cos ecosistemas.

      • faa-cristinaguillan di:

        Estou moi dacordo con Manuel no tema de modificación de ecosistemas.
        Contaminar é modificar un ecosistema pero é certo que para facelo non só se tiran refugallos a el, senón que tamén se pode facer físicamente, do que é claro exemplo o que el mesmo dixo, o “acondicionamento” da beira dos ríos. Estes ecosistemas vense modificados para adaptarse ás necesidades dos turistas e paseantes que ven deste xeito máis cómodo e bonito pasear pola beira do río, pois o camiño está igualado e non hai vexetación que dificulte o paso ou lle quite vistas do río.
        Paréceme moi egoísta e irresponsable este comportamento xa que o dano que estamos a causar nese medio comparado co beneficio que pode dar é enorme.
        Estes proxectos deben ser mellor estudados antes de levalos á práctica.

      • faa-sergioserantes di:

        Totalmente de acordo con Manuel. Estase a explotar os ríos coma se fosen unicamente unha fonte de recursos máis, para atraer turistas, sen importar os danos causados ao preparar as famosas rutas sendeiristas das ribeiras dos ríos que, ao levar boa parte das árbores que se atopan no bordo dos ríos, modifican o seu cauce, puidendo provocar desprendimentos ou maior probabilidade de inundacións.

        • faa-christiancacabelos di:

          Completamente dacordo con Sergio, e ademáis ao eliminar a flora que se atopa preto do río rompen moitos ecosistemas basados neso, ademáis está o risco de inundacións, como ocorre por exe,plo en Vilagarcía de Arousa co río Con que cando chove un pouco anega media cidade, chegando en ocasións a auaga aos segundos pisos dos edificios.

  9. fab-elisaperez di:

    Está máis que claro que a contaminación é un problema grave. E o peor disto é que, a pesar da información sobre non contaminar, e medidas para evitar a contaminación, a xente non fai nin caso. Este é un claro exemplo da ignorancia da sociedade ante problemas que afectan a todos, e que a xente pensa que iso non vai con eles.

  10. faa-nicolecorbacho di:

    Estoy de acuerdo con fatima, ningún ser vivo sin agua no puede vivir, y si no la cuidamos o no tratamos de contaminar menos afectará a la fauna y acabará afectandonos a nosotros.

  11. faa-sergioserantes di:

    Trátase dunha noticia preocupante. Tódolos ríos investigados son da vertente atlántica galega, e pese a atoparse en lugares certamente distintos entre si, coma o son Santiago (río Sar), o Val da Louriña (Porriño, o río Louro) e O Salnés (río Con), están todos contaminados, cando non é dun xeito, de outro. Ademais esta contaminación non é desprezable, ten niveis moi altos que afectan aos seres vivos que habitan neles, desprazándoos de hábitat ou alterándoos, fisiolóxica ou metabolicamente.

  12. Victor di:

    NOVA CUESTIÓN NO FORO ABERTO

  13. fab-martarodriguez di:

    Estou totalmente de acordo cos meus compañeiros, a contaminación é un problema grave que afecta a toda sociedade,pero a pesar das campañas de prevención a xente non se da conta da gravidade deste problema e non fan nada para poder previlo. Creo que si todos deramos unha pouquiño de nos e miraramos o noso redor podiamos coidar máis o noso ecosistema.

  14. faa-noeliaparracho di:

    Vai ser verdade iso de que non valoramos o que temos ata que o perdemos… Galicia é coñecida por ser un lugar de moita fauna e flora, pero non teño a máis mínima duda de que se as cousas seguen así iso vaise rematar. A fauna e a flora propias de Galicia desaparecerán que non nos daremos conta ata que sexa demasiado tarde.
    Ademais, non se trata só de Galicia, estamos falando da contaminación nos nosos ríos, pero isto pode estenderse a todo o mundo. Miles e miles de ríos están sendo contaminados para fabricar novas tecnoloxías que non servirán de nada se non hai quen as use, e para que haxa quen as use é necesaria a vida, e para a vida é necesaria a auga.
    Non podemos crer que se contaminamos a auga doce aparecerá máis, non, a auga doce é só un 2.7 % de toda a auga terrestre. Unha vez que se remate non vai volver! E entón arrepentiremonos de non ter valorado o que tíñamos diante nosa.
    Tamén deberiamos ter en conta que non só estamos destruindo os nosos hábitats, senón que tamén os de millóns de especies coas que convivimos e que estamos matando pouco a pouco, rematando coa biodiversidade.
    E se enriba o que din os meus compañeiros de que hai en moitos estudos previos que confirmaban que se contaminaría moito con certas actividades e aínda así se fixeron… Que estamos facendo co noso mundo?

  15. faa-cristinaguillan di:

    O certo é que moitas veces nós mesmos que vivimos rodeados de natureza e xustamente polo que é famosa Galicia, polos seus ríos, montes e costas, non nos decatamos de todo o mal que facemos. Parécemos do máis normal ver residuos tirados no medio dos bosques, mesmo se chegan a abandoar coches e refugallos da construcción en zonas naturais. Sen ir máis lonxe, no Serrido podeste atopar con todo tipo de residuos, xa veña do rio Umia ou da propia xente que os tira ao mar. Deste xeito paseando por el podeste atopar dende unha botella ou unha roda ata unha cociña que alguén decidiu renovar e tirar ali os escombros. Na nosa contorna vivimos do que nos rodea, do mar e da terra e ainda así parece que nos da igual contaminar xa non só o medio que moitos din “por facer bonito”, que é certo que vivimos nunha zona turística pero o turismo non o é todo, senón que estamos a contaminar a nosa fonte de alimentación e do que dependen moitos traballos.

  16. faa-larafernandez di:

    Os ríos, concretamente os galegos que son dos que trata este artigo, estan sendo modificados, non só por contaminación, senón tamén fisicamente. En canto a contaminación, se debe a vertidos de fábricas, lixo que tira a xente e parecidos. Isto proboca modifcacións na fauna do río (desaparición de peixes e insectos, muy necesario para un ecosistema rico).
    Respecto ós cambios físicos, os ríos encoranse para reter auga e, a pesar de que axude a crear enerxia de maneira limpa, é cambiar o medio natural. Tamén o turismo esta facendo mal nos ríos galegos, xa que se teñen que crear pasos as veiras dos ríos, que acaba coa vida que había ahi (has ramas que caen das árbores das veiras axudan a facer encoros naturais).
    Na miña opinión e como a da maioria, deberíamos coidar unhas das cousas que nos define como galegos, e é o respeto polo medio natural.

  17. faa-igonzalez di:

    Este tipo de artigos, son moi interesantes, debido a que non sabemos o que contñen os nosos ríos, e grazas a estes artigos, podemos determinar canto de importante é un río e a seu coidado. Como vemos, hai moita contaminación nos ríos, o que nos quere dicir que hai que contaminar menos para que os bichos poidan vivir e reproducirse, para que as nosas xeracións futuras, poidan disfrutar da riqueza dos ríos, e non da súa contaminación.
    Por outra banda, non podemos deixar que os ríos teñan moita vexetación e bichos, porque senon, o contamirán eles propios sen facer nos nada, polo tanto hai que manter un equilibrio de menos contaminación, pero tamén en controlar o contido vivo do propio río.

  18. faa-manuelmontes di:

    A contaminación supón nos nosos días un perigo en aumento, sobre todo nos ríos e nas costas. É incribel como aínda que nos estean avisando para que non contaminemos tanto e que intentemos facer algo para non perxudicar tanto ao noso planeta, sigamos facendoo sen ningún remordimiento. Coa cantidade de métodos que hai para axudar a contrarestar os efectos: reciclaxe, ahorro de enerxía… A auga é moi importante para a vida, coma o mosquito, ambos son pezas cunha importancia no noso entorno brutal. Se coa contaminación estamos a matar estes insectos, quen nos di que dentro dalgúns anos sexan outros animais, ou algunha planta? Debemos concienciarnos para intentar axudar, por pequeno que sea o noso xesto, sempre axuda.

  19. fab-sofiacastineiras di:

    Como din os meus compañeiros, a contaminación é un tema moi preocupante, e que se debe controlar para que o medio no que vivimos non se destroce, e incluso para a nosa salud é moi importante o feito de se hai ou non contaminación. Co que tamén estou dacordo é que se tanto gañamos tendo unhas paisaxes incríbles, que atraen a tanta xente, por qué non facemos máis por coidalas?

  20. faa-veronicanoya di:

    Como Christian di ”a xente segue a facer o mesmo que facía anteriormente sen importarlle a información da campaña nin o dano que poidan producir no medio ambiente”. Penso que a día de hoxe a sociedade só reacciona ante os cartos. Se algo non vai dar un beneficio económico considerable e a curto plazo non interesa, polo que malia as previsións que xa había sobre a contaminación non se fixo nada. Por outra banda, o cidadán tampouco está concienciado co medio ambiente, pensa que se as cousas se fixeron dun modo durante moito tempo non hai que cambialas, e esa é unha conducta moi irresponsable que debe cambiar xa.

  21. faa-laurapaz di:

    A contaminación a día de hoxe vai en aumento, e cada vez é máis común e perigosa en ríos e costas, un claro exemplo sen ir máis lonxe, en Galicia. Parece preocupante o feito de que ás veces o pasemos por alto, como que non nos fecta de forma directa pero, aínda que non o notemos a curto prazo, cada vez irémonos dando conta da cantidade de animais que morren por esta causa.
    O concepto de contaminación non so se refire concretamente aos productos químicos que se verten, senon tamén debemos incluir, como xa comentan algúns dos meus compañeiros, o aspecto físico, modificar un ecosistema simplemente polo feito de conseguir un aspecto agradable tamén afecta.

  22. faa-christiancacabelos di:

    Galicia ademáis de ser coñecida por ser “a terra verdecente” como dí unha parte do noso himno nacional e pola gran diversidade de flora autóctona, ademáis da beleza das súas fragas como son as Fragas do Eume, ou a gran biodiverisade que temos como son as píntegas tamén salienta pola gran calidade do noso marisco que mesmo se chega a exportar a outras partes de Europa ou do mundo. Hai que ter en conta que un río é unha corrente de auga que desemboca no mar, e que no caso de estar contaminado contaminará tamén o mar provocando problemas como a morte dos moluscos e a dos bivalvos, entre outros. Debemos ter en conta que aínda que a contaminación por partículas ou substancias tóxicas dana os nosos ríos, tamén a danan as famosas especies invasoras como o cangrexo americano que desprazan á nosa fauna autóctona avocándoa á progresiva desaparición, que mesmo pode chegar a rematar en extinción no caso de non ser controlada a tempo, e o peor é que a contaminación por especies foráneas tamén se produce nas nosas fragas e montes, un exemplo é a uña de gato que ocupa as áreas do litoral porque sobrevive moi ben en medios areosos.

  23. Victor di:

    NOVA CUESTIÓN NO FORO

  24. fab-angelpineiro di:

    Eu sinceramente opino o mesmo que Cristina. Facer rutas turísticas polas beiras dun río tamén é contaminar, ainda que non dunha forma directa, pero é contaminar. Moitos anfibios e outras especies como as nutrias ou as garzas que habitan nas ribeiras dos ríos vense obligados a cambiar de ecosistema debido a non poder estar tranquilos polo ruido da xente pasando o seu carón. Estes camiños tamén xeran unha contaminación acústica e tamén unha visual dañina ao alterar a fauna do río. A parte, estes sendeiros tamén traen máis basura aos nosos ríos porque a xente vai tirar o que lle sobre ao chan (papeles, plásticos e outros) e todo iso acaba nos nosos ríos.

  25. faa-adrianmartinez di:

    A contaminación dos ríos galegos é algo cada vez máis preocupante, estase a destruír toda a paisaxe, ademáis da perda constante tanto de flora como de fauna das zonas circundantes. Todo por culpa da pouca concienciación dos cidadáns e empresas e polas malas políticas dos concellos ante eses problemas. Unha auténtica pena.

  26. faa-christiancacabelos di:

    Un exemplo da falta de concienciación cidadá que sofren os ríos é por exemplo o caso do río Sena, que se atopa en París, no cal se foron incorporando elementos contaminantes, froito de vertidos, que se acumulan no leito do río e que os peixes inxeriron autocontaminándose e facendose tóxicos deste xeito e non aptos para o consumo chegando a un punto no que o goberno Francés prohibiu o consumo e venda a humanos dos peixes de dito río, imaxinádevos como teñen que ser de tóxicos esos peixes que son un grave risco sanitario según o goberno do mesmo país.
    Outro exemplo é o río Rhin que nace nos Alpes suízos e desemboca no Mar do Norte, este río está contaminado por metais pesados como cobre, cromo, zinc, ou cadmio así como algúns pesticidas e nitróxeno, seguen contaminando o Rhin e nel tamén se produciu unha catástrofe, unha cisterna de ácido sulfúrico (H2SO4) volcou nel liberando parte do ácido no río, e ademáis este río recorre áreas que se atopan moi industrializadas con cal o río sempre sofre debido a esta situación.

  27. fab-manuelgonzalez di:

    Un dos grandes problemas,xunto co calentamento global,sobrepoblación,extinción de especies,que está a combatir a raza humana é a contaminación nos ríos,e posteriormente nos mares,xa que estés van desembocar más rías… A xente que tira residuos os ríos e demais productos contaminantes que aféctalle e tamén todo o ecosistema que o rodea,a fauna,seres vivos,…. Que a largo plazo aféctanos,porque alimentamonos de peixes,que viven nestes “residuos acuáticos” e cada vez o problema irá en aumento como non recapacitemos…

  28. faa-marcromero di:

    Alarmantes son os datos que este estudo revelanos. Pero mais alarmante é que os medios de comunicación non fagan eco disto. A unica vía practica para evitar a catastrofe medioambiental dos ríos galegos pasa pola concienciación cidadana, pero, como é posible a concienciación se os medios de comunicación non explican o que ocorre?

    Despois, respecto a cómo chegan os productos nocivos ó río, eu creo que principalmente son as industrias que , necesariamente, teñen que desfacerse dos productos de rexeitamento, e, tradicionalmente, ditos desperdicios son depositados nos ríos e despois chegan ó mar…

    Tamén as augas que proceden dos campos de cultivo levan pesticidas e outros productos químicos tóxicos.

    A solución pra este problema presentaseme dífiil e agora mesmo non se me ocorre ningunha idea, pero está claro que o primeiro paso é que a xente se entere do que ocorre.

  29. Victor di:

    HOXE ÁS 12:00 REMATA O TRABALLO PARA A 2ª AVALIACIÓN (EXCEPTO O FORO; día 3)

  30. faa-ricardop di:

    Eu opino que non lle estamos a dar o valor que merecen os nosos rios e a nosa natureza, que aínda que non o pensamos, son fonte de vida, como Victor dixo un dia, son os marcadores de se un rio, ou un lago, teñen riqueza nos seus solos e nas súas orillas.

  31. fab-ariadnacordal di:

    A información que amosa este artigo sobre a contaminación da fauna de ríos galegos é alarmante, ao igual que a do que sucede en moitos outros ríos do mundo. Como consecuencia dos altos niveis de produtos químicos que se verten nestes ecosistemas (por mor, normalmente, de industrias próximas a estes), parte da fauna pode non só verse afectada, como se explica no artigo, senón desaparecer.
    Conservar a biodiversidade é un dos factores que máis en serio deberiamos tomarnos; polo tanto, hai que esixir lexislacións e controis estrictos, coa fin de preservar o medio no que vivimos.

  32. faa-christiancacabelos di:

    Aos ríos hai que respetalos e non intentar modificalos xa que logo prodúcense estragos como pasa en Valencia co río Túria que tamén anega parte da cidade cando as precipitacións se fan notar, pero este feito é normal xa que a auga sempre vai a buscar un cauce polo que poida discurrir e se lle rouban o que é seu colle prestado o arrebatado.

  33. fab-raqueloliveira di:

    Tódolos ríos investigados son da vertente atlántica galega, e pese a atoparse en lugares certamente distintos entre si, coma o son Santiago, o Val da Louriñ e O Salnés, están todos contaminados.Este feito é realmente preocupante.Esta contaminación,ten niveis moi altos que afectan aos seres vivos que habitan neles, desprazándoos de hábitat ou de outras formas perxudiciais.

  34. fab-iriamartinez di:

    Hoxe en día e maís na sociedade na que vivimos, está mi presente a contaminación pero non somos conscientes do grave problema que pode chegar a ser, e máis aínda en Galicia que somos famosos pola nosa paisaxe e vexetación, pero se nos van coñecer por ter la nosos ríos contaminandos, con iso perderíamos moito.
    Co problema da contaminación parte da fauna pode non só verse afectada, senón desaparecer. Para evitar estés problemas e conservar a nos a biodiverdidade deberían facer controis cada certo tempo para que a situación non chegue a extremos alarmantes