BIG BANG, TEORÍA DEMOSTRADA

 

O telescopio BICEP2 na Antártida

Dende o corazón da Antártida o telescopio BICEP2 captou as primeiras probas que confirman a Teoría do Big Bang.

Descubríronse unhas imaxes, xamais tomadas, de ondas gravitacionais que xurdiron tras unha violenta explosión que deu lugar ao Universo, dando por verdadeira a teoría que mellor explica os primeiros momentos do cosmos, a denominada inflación cósmica. Trátase dun crecemento enorme e moi rápido do espacio-tempo inicial, desde ese momento, o Universo seguíu expandíndose, é a Teoría do Big Bang pero cun complemento fundamental ao principio de todo.

Tras coñecer este hito na Historia da Ciencia, físicos teóricos, cosmólogos e astrofísicos de renome celebraron a detección da señal máis próxima ó orixe do Universo que demostrara dunha vez por todas que a natureza funciona como eles habían conxeturado.

 

Agora xa se pode afirmar con total certeza que a Teoría do Big Bang é certa e que ten sólidas probas que ha respaldan.

 

Autora: Aida Gonzalez

Esta entrada foi publicada en Investigación espacial, Universo e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

47 Responses to BIG BANG, TEORÍA DEMOSTRADA

  1. Victor di:

    Alguén me pode explicar esta noticia para que a entenda?

    • fab-manuelgonzalez di:

      Eu son capaz de responderte acerca de que trata este interesante artigo que nos fala a nosa compañeira Aida: o que quere comentar neste texto informativo é da posiblemente proba definitiva da teoría que afirma que o Universo e todo o que o compón naceu a partir da explosión do “Bigbang”,grazas as fotos tomadas por un telescopio,que esta ubicado na Antártida,de ondas gravitarotias que xurdiron tras unha explosión que deu orixen o universo.

    • faa-begonasuarez di:

      Neste artigo, Aida cóntanos que se puido demostrar a teoría do Big Bang grazas ás imaxes que captou o telescopio BICEP2 sobre ondas gravitacionais que xurdiron tras unha violenta explosión que deu lugar ao Universo. É una gran noticia que existan xa probas sólidas sobre a Teoría do Big Bang, xa que anteriormente non se podían afirmar con seguridade.

    • faa-adrianmartinez di:

      Pois básicamente é unha noticia de gran importancia xa que por fin se demostra a teoría que era ata o de agora a máis aceptada na comunidade científica. Demostrouse básicamente captando unhas imaxes das ondas gravitacionais producidas tras a violenta explosión que deu lugar ao universo.

  2. fab-rebecachaves di:

    Esta noticia trata de que o Big Ban xa ten probas que respaldan a súa existencia, xa que o estalido do Big Ban detectouse co telescoio BICEP2. Agora non hai duda sobre a orixe do universo, este é un gran paso para a ciencia moderna. O Big Ban que ata agora fora só unha teoría agora é a verdade sobre a orixe do universo, unha pregunta que levaba miles de anos sen poder resolverse.

  3. fab-sporto di:

    O que nos quere decir Aida con este aritgo é que se atoparon ondas gravitacionais que demostran a teoría do Big Bang. Como xa sabemos, a teoría do Big Bang ou teoría da grande explosión é un modelo científico que trata de explicar a orixe do Universo e do sistema solar o seu desenvolvemento posterior a partir dunha singularidade espaciotemporal.

  4. fab-yamilayelpez di:

    O que quere decir esta noticia é que científicos captaron unhas ondas de sonido perdidas polo espacio que proveñen dunha explosión colosal, as cales se siguen expandendo e con elas o espacio.
    O que non acabo de entender é como poden asegurar que as ondas proveñen do big bang, creo que é moi pretencioso dalo por resolto xa que é un dos misterios do universo que realmente non poden ter unha confirmación exacta.

  5. faa-elenafontenla di:

    Este artigo fálanos sobr a teoría do Big Bang, polo cal orixinouse o universo. A pesar de que esta teoría leva vixente na nosa sociedade, non tiñamos probas para demostrar a súa certeza, hata ágora.
    O telescopio BICEP2 detectou as ondas gravitacionais causadas pola explosión do Big Bang, cando éste orixinou o universo que todos coñecmos a día de hoxe, o cal supon unha gran nova para o mundo científico.
    En resumo, do que trata este artigo é sobre a confirmación da teoría do Big Bang.

  6. fab-jairotroncoso di:

    Fai uns cantos días, deron a noticia deste descubremento. Una base da nasa, na Antártida, descubreu ondas gravitacionais, producidas por unha forte explosión. Antes de esto, existía a teoría do Big Bang, de como se creou o universo, pero grazas ao descubremento de estas ondas, xa se pode afirmar esta teoría. Esto significa que o universo estase a mover, o que non se sabe… que si chegará un momento no que pare ou non.

  7. faa-ricardop di:

    Esta noticia, que nos amosa Aida, quere transmitirnos a idea de que o famoso `Big Bang´ , `Gran Explosión´ , xa non é unha Teoría, e que os científicos cren que encontraron a proba definitiva pola descuberta dunhas ondas de son perdidas polo espazo que proveñen dunha explosión xigantesca, que se seguen expandendo, e con elas, tamén o espacio. Grazas ó telescopio BICEP2, de gran potencia, descubriron ditas ondas perdidas polo espazo infinito.

  8. fab-martapalacios di:

    No artigo explícase como o telescopio BICEP2 detectou unhas ondas gravitacionais no espazo as cales demostran e dan certeza completa á teoría do Big Bang. Personalmente paréceme algo increíble o de captar a día de hoxe as ondas provocadas polo Big Bang. Con isto non cabe dúbida de que a ciencia e a tecnoloxía avanzan a paso de xigante e poden chegar a amosar cousas impresionantes coma esta.

  9. fab-elisaperez di:

    Esta noticia fala do Big Bang xa como un feito real. Xa non é só unha teoría. O telescopio BICEP2 captou as probas que confirman que é real. Foron descubertas imaxes de ondas gravitacionais causadas pola explosión do Big Bang, cando éste orixinou o Universo.

  10. faa-sergioserantes di:

    As ondas medidas xorden a partir das vibracións producidas pola inflación, un proceso de crecemento acelerado no que o universo pasou de ter o tamaño dunha mil millonésima parte dun protón a medir máis de un centímetro de diámetro en apenas unha fracción de segundo. Este cremcemento de xeito tan exponencial é o que causa as vibracións que se onvertirán en ondas e que o telescopio medirá.

  11. fab-ariadnacordal di:

    O artigo trata do recente descubrimento de ondas gravitacionais que demostran a existencia dunha grande explosión que orixinou o Universo, teoría coñecida coma o ‘Big Bang’. Os restos do resplandor do Big Bang, que sucedeu hai máis de 400.000 millóns de anos, foron captados través dun telescopio (o BICEP2) localizado na Antártida. Como explica Aida no artigo, este feito establece que a teoría do Big Bang é verídica; unha grande explosión orixinou o universo e este aínda se está a expander.

    • faa-larafernandez di:

      Como di Ariadna e respodendo á pregunta de Victor, este artigo nos resume a confirmación de que o Big Bang orixinouse grazas á captación de ondas gravitacionais por un telescopio da Antártida. Estas ondas gravitacionais corresponden a restos do resplandor do Big Bang, pero como é posible que se capten ditos restos se o Universo está en continuo expandemento?

  12. fab-noerodriguez di:

    A noticia amosada neste artigo fala sobre unhas ondas gravitacionais detectadas que se di que respaladana existencia do Big Bang, o proceso que orixinou o universo. Mediante o telescopio BICEP2, situado na Antártida, captáronse as ondas deste fenómeno. Grazas a esta información, pódese respaldar a existencia do Big Bang e o seu aínda existente crecemento.

  13. fab-anaoubina di:

    Este artigo explícanos que a teoria do Big Bang puído demostrarse grazas a un recente descubrimento no que o telescópio BICEP2 (situado na Antártida) captou unhas imaxes sobre ondas gravitacionais que xurdiron dunha explosión que deu lugar ao Universo. A min persoalmente pareceme unha boa noticia, xá que con isto temos probas sólidas sobre a teoria do Big Bang.

  14. fab-lorenasoto di:

    O que Aida nos quere decir con este artigo é que se encontraron ondas gravitatorias que confirman a teoría do Big Bang grazas as imaxes captadas polo telescopio BICEP2. Agora, despois de tantos anos sen resolver esta dúbida, xa temos unha resposta clara sobre como se orixinou o Universo.

  15. fab-angelpineiro di:

    Estou dacordo co que di Ariadna pero…non entendo como cun microscopio dende a Antártida puideron localizar esos restos do resplandor da explosión do ‘Big Bang’e as suas vibracións se todo isto sucedeu fai 400.000 millóns de anos.
    Se o universo se segue expandendo debido a este fenómeno…como podemos nós saber a día de hoxe esto cun telescopio se o universo é infinito?

  16. faa-fatimalago di:

    Neste artigo estase a falar da teoría do ‘Big Bang’ e que por fin se conseguiu demostrar esta teoría, pero para falar disto hai que comezar explicando que é esta teoría.
    A teoría do ‘Big Bang’ fai referencia á orixe e desenvolvemento do universo, dito doutra maneira, trata de explicar a evolución do universo dende o seu singular comezo. Hai varias teorías para confirmar isto, pero ningunha era 100% verdadeira e ningunha se podía afirmar con certeza, claro está, ata agora.
    O telescopio BICEP2, instalado no Polo Sur, detectou as pegadas das ondas gravitacionais que se xeraron debido á gran explosión que deu orixe ao universo. Dito doutra forma, este telescopio captou o “eco” provocado pola explosión que deu lugar ao universo.
    Grazas a este telescopio, agora pódese afirmar con seguridade e total certeza a teoría do ‘Big Bang’, outro oco máis pechado no mundo da ciencia.

  17. faa-christiancacabelos di:

    Este artigo, ao cal lle poño o calificativo de importante e salientable, é moi interesante por diversos motivos, o máis importante, porque demostra con probas a existencia do Big Bang e porque grazas a él e a evolución que logo se produciu estamos aquí, habitando a Terra, o planeta azul.
    Grazas ao Big Bang creouse o univeros e todo o que él contén, galaxias, sistemas solares, estrelas, supernovas, enanas vermellas, asteroides, cometas e satélites entre outros moitos… e grazas tamén a él podemos observar fenómenos tan bellos como son as auroras boreais e as auroras austrais das cales eu prefiro as boreais, estos fenómenos créanse a partir das partículas do vento solar que ao chegar a nosa atmosfera esas partículas con carga prodúcense estes marabillosos fenómenos.

  18. faa-veronicanoya di:

    Este artigo expón o descubrimento dunhas ondas gravitacionais, que como Sergio di son ondas creadas polo crecemento acelerado do universo, cando este pasou de medir unha mil millonésima parte dun protón a medir máis de un centímetro de diámetro en apenas unha fracción de segundo. Gracias ó descubrimento destas ondas, a Teoría do Big Bang queda xa demostrada.

  19. faa-nicolecorbacho di:

    Antes decíase que o Big bang era unha teoría. Neste artigos nos dan a información de que é certa dita teoría, onde foi captado por un telescopio e ondas gravitatorias.

  20. fab-sofiacastineiras di:

    Este artigo trata de que o telescopio BICEP2 captou as ondas procedentes da explosión do Big Bang que orixinou o universo, e que con estas probas, agora xa se pode decir cunha gran certeza que éste feito é real.

  21. faa-sergioserantes di:

    A teoría de inflación di que o universo se orixinou a partir dunha singularidade espacio-temporal, un punto, sen máis, pero cunha densidade infinita e no que estaban concentrados a materia, a enerxía… Entón tivo lugar un impulso tremendamente violento nun instante case despreciable de tempo, unha forza inflacionaria, a cal puxo en marcha a expansión do universo, expansión que continúa hoxe en día.

  22. faa-diegocores di:

    O que este artigo cita é un grande descubrimento, posto que con el afianzamos a teoría do Big Bang que explica a formación do universo. Pero o que é tamén un gran descubrimento é a evidencia directa de “ondas gravitacionais porque ata antes de que este telescopio as percibira so había evidencias indirectas.

  23. faa-cristinaguillan di:

    Este artigo exponnos a aparición dunhas ondas gravitacionais descubertas polo telescopio BICEP2 que se atopa na Antártida, demostrando deste xeito a teoría do Big Bang.
    Estas ondas gavitacionais correspóndense coa gran explosión que deu orixe ao universo tal e como explicaba a teoría do Big Bang

  24. faa-gabriellopez di:

    Tratase dunha gran noticia, grazas a ese telescopìo que rexistrou as ondas da teoria do Big Bang que foi a que creou todo o universo, os cientificos poidan recoller mais datos e coñecer mais detidamente como foi a creacion do noso universo, como se produxo e tal vez o por que se deu esta explosion. Espero que o telescopio que recolleu esta informacion consiga tamen outras tamen importantes.

  25. fab-saulmondragon di:

    o telescopio BICEP2,situado na antartida, captou unhas ondas gravitacionais as cales fomentan a teoria do bingbang e a denominada inflación cósmica.Pero por ejemplo esas ondas podrian ser de outro tipo de fenomeno como un choque de planetas que sucedera posteriormente.

  26. Victor di:

    HAI UN NOVO FORO QUE ESTARÁ ABERTO 10 DIAS

  27. faa-igonzalez di:

    Tódalas teorías do “Big Bang” parécenme moi apasionantes, debido a que podemos investigar como foi o noso incio, o inicio da Terra, o inicio de TODO. Son moi impresionantes estes datos científicos, e, sobretodo, de que poidamos averiguar o noso inicio, e só con novas imaxes que, ata agora, non as poderíamos obter, debido ao gran avance da tecnoloxía.
    Isto é unha moi boa sinal; unha sinal que nos indica que pronto vamos a poder saber cal foi exactamente o noso inicio, e inclusive, poder reproducilo para saber como se comportan os materiales pero, lóxicamente, a pequena escala.

  28. fab-gretageorgieva di:

    Este artigo trata sobre unha recente noticia, na que se fala sobre a orixe do universo e a teoría di big bang.
    Grazas ao telescopio BICEP2, que se atopa na Antártida, puideronse capturar ondas gravitacionais, que demostran a teoría do big bang como teoría da orixe do universo.

  29. Victor di:

    NOVA CUESTIÓN NO FORO ABERTO

  30. fab-andreabrea di:

    Como ben dixo a miña compañeira Greta, o suposto descubridor disto foi o BICEP2, inda que este telescopio non descubriu nada, simplemente fixo públicos uns datos que inda hai que interpretar. Ó publicalos, xa de por sí veñen, en certa maneira, interpretados. Pero ademáis de discutir sobre a fiabilidade e interpretación destes resultados, haberá que esperar a que outros equipos publiquen as súas medidas para ver si coinciden con estas ou non, Só nese momento se poderá falar de descubrimentos, modelos triunfadores e, sobre todo, de modelos rexeitados. Equipos entre os que se atopa o proxecto europeo QUIJOTE, do Instituto Astrofísico de Canarias.

  31. Victor di:

    NOVA PREGUNTA NO FORO

  32. fab-marcosdaporta di:

    De todas formas non se pode demostrar isto con certeza. A inflación cósmica é debido a teoría de cordas a cal explica unha serie de fenómenos utilizando 11 dimensións, nós só coñecemos 4 (alto,largo,ancho e tempo) entón cas matemáticas actuais é imposible demostralo, tal vez nun futuro.

  33. fab-mariablanco di:

    Este artigo plantexa o descubrimento dunhas ondas gravitacionais captadas polo telescopio BICEP2.
    Este descubrimento pode afirmar que a teoría do Big Bang é certa e que o universo que hoxe en día se coñece foi creado por unha explosión de partículas.

  34. fab-iciacores di:

    Este artigo trata de como un telescopio (o BICEP2) descubriu unha serie de ondas gravitacionais coas que podemos afirmar finalmente a teoría do Big Bang, que explicaba a orixe do Universo no que vivimos a través dunha grande explosión.

  35. faa-noeliaparracho di:

    Neste artigo fálase do Big Bang, que é un modelo científico a través do que se trata de explicar a orixe do Universo. Esta teoría é a máis aceptada, aínda que existen todavía persoas reacias a aceptala, e que tratan de poñerlle contras. Por iso, moitos investigadores tratan día a día de buscar probas que corroboren dalgún xeito a teoría do Big Bang (que significa “Gran Bang”).
    Do que se fala nesta noticia é de que o telescopio BICEP2, que está actualmente instalado no Polo Sur, detectou unhas pegadas de ondas gravitacionais que se afirma que foron xeradas na gran explosión que xerou o Universo.
    Isto supón, que gracias a este descubrimento agora xa se ten unha proba máis a favor da teoría do Big Bang, e os seus partidarios poden afirmar con máis seguridade que esta teoría é certa.

  36. faa-christiancacabelos di:

    Considero que descubrimentos como este son moi importantes e determinantes para poñerlle nome ás teorías sobre o nacemento do Universo, son esenciais para poder seguir avanzando en materia de astrobioloxía ou astrofísica e para que isto poida ocorrer é importante o investimento en ciencia para poder seguir avanzando e mellorando como país desenrolado que somos, por iso a inversión en I+D+i é vital e ademáis diso non serían cartos malgastados, senón que sería diñeiro determinante para o crecemento do noso país e para os posteriores postos de traballo que se crearían, ademáis dos recoñecementos que poderíamos chegar a obter.

  37. faa-igonzalez di:

    É moi interesnte todo o que a xente se preocupou por este artigo, en canto ós métodos científicso de avance da ciencia e da tecnoloxía. Por suposto que me ecantan estes temas e estou completamente de acordo con todos os meus compañeiros, pero fago referencia á tecnoloxía de novo para fixar un punto de modernidade na nosa sociedade, debido a que empezar a recrear actos coma estes, explosións coma estas, é algo moi avanzado tecnolóxico e científicamente, polo tanto é un índice moi bo na nosa humanidade, ña vez que malo, porque pódese investigar máis da conta e crear algo moi malo.

  38. fab-beatrizcasal di:

    Este artigo danos a coñecer o descubrimento dunhas ondas gravitacionais que se afirma que foron xeradas na gran explosión que xerou o Universo e foron captadas polo telescopio BICEP2 que está actualmente instalado no Polo Sur.
    Este descubrimento ofrecenos unha proba de que a teoría do Big Bang é certa.

  39. Victor di:

    HOXE ÁS 12:00 REMATA O TRABALLO PARA A 2ª AVALIACIÓN (EXCEPTO O FORO; día 3)

  40. fab-raqueloliveira di:

    Encántanme estes temas e estou completamente de acordo con todos os meus compañeiros, pero fago referencia á tecnoloxía de novo para fixar un punto de modernidade na nosa sociedade, debido a que empezar a recrear actos coma estes, explosións coma estas, é algo moi avanzado tecnolóxico e científicamente, polo tanto é un índice moi bo na nosa humanidade, ña vez que malo, porque pódese investigar máis da conta e crear algo moi malo.

  41. faa-estebanpintos di:

    Este artigo é moi interesante; pero na miña opinión falta información, porque non entendo como desde un telescopio situado na Antártida se pode saber a qué pertencen eses restos e a idade deles mesmos.
    Este descubrimento é moi importante para a ciencia moderna debido a que a partir de esto demóstrase a Teoría do Big Bang, e agora poderase investigar moitas máis cousas.

    • faa-diegocores di:

      Non son restos, son imaxes de ondas gravitacionais que son produto dunha gran explosión, como foi o Big Bang. Este descubrimento é moi importante porque ata o de agora so se tiña coñecemento teórico destas ondas, pero agora temos probas de que de verdade existen.

  42. faa-saracastro di:

    Ao longo da historia, sempre houbo a duda de saber a verdadeira orixe do Universo e o certo é que a teoría da que sempre se falou foi a Teoría do Big Bang, que é a que nos explica o momento no que se iniciou a expansión do Universo e tamén a orixe e a evolución do mesmo. Este modelo científico estivo sempre en boca de todos, pero o certo é que nunca chegou a estar demostrado por feitos ou sinais que chegasen a comprobar a súa veracidade. Non ata que o telescopio BICEP2 captase unhas imaxes nas que se observaban ondas gravitacionais que xurdiron despois dunha grandísima explosión que rematou dando lugar á orixe do Universo. Grazas a isto, a Teoría do Big Bang conseguiu as probas que a fan verdadeira, probas que se buscaron durante moito tempo.