TECNOLOXÍA NO CORPO

Hai un tempo, no programa “El hormiguero” acudiu Mª José Catalán, neuróloga do hospital clínico de San Carlos. Esta neuróloga explicou, como mediante un aparello, que é un electrodo, pode reducírselle os síntomas de Parkinson aos pacientes.

O parkinson é unha enfermidade que afecta ao noso sistema nervioso. É un trastorno neurodexenerativo crónico que se produce co paso do tempo, que ocasiona a destrucción de neuronas, por causas que non se saben aínda. Como se produce o parkinson, ainda non se sabe, os efectos que producen son movementos involuntarios e continuos do corpo. 

Este método, para reducir os efectos desta enfermidade, consiste nunha operación, onde se introduce un electrodo cun cable ata o estomago, e alí ponse un electro-estimulador. Unha vez feito isto, os médicos poden conectalo ou desconectalo. No vídeo, do enlace que marquei enriba, pode comprobarse como funciona esta tecnoloxía. Así mediante unha descarga regular, os movementos involuntarios que se producen.

 

Autor: Jairo Troncoso

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Medicina, Saúde e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

54 Responses to TECNOLOXÍA NO CORPO

  1. faa-christiancacabelos di:

    O Párkinson ao igual que o Alzheimer son enfermidadades neurodexeneraivas que afectan ás persoas. O Párkinson deriva da perda de neuronas productoras de dopamina nunha área do cerebro denominada área negra. A dopamina é necesaria nesa parte do cerebro para controlar o movemento e a coordinación, estimacións apuntan que se requiere una perda do 60% ao 80% destas neuronas dopaminérxicas antes de que os síntomas se poidan observar no exterior do corpo da persona. Os medicamentos cos que contamos poden frear o avance da enfermidade pero desgraciadamente non poden revertila. Os temblores que esta enfermidade produce poden chegar a deixarte inútil, xa que non podes comer por ti mesmo porque se colles unha culler para comer sopa tiraríala sen querer nin poder evitalo, por exemplo.

    O alzheimer afecta ao hipocampo e á corteza entorrinal que son vitais para a aprendizaje e a memoria. Na enfermidade do Alzheimer, o neurotransmisor acetilcolina vese progresivamente disminuido ao longo do transcurso da enfermidade, ao igual que o Párkinson nunca é revertible e segundo o grao no que se atopa a enfermidade chegas a esquecerte ata dos teus propios fillos.

  2. faa-begonasuarez di:

    Que a un paciente se lle poidan reducir os síntomas de Párkinson é algo moi positivo, xa que estas persoas teñen temblores estando en repouso, a musculatura ríxida, realizan con lentitude os movementos voluntarios e involuntarios presentando dificultade para comezalos e rematalos, e perden os reflexos posturais. Grazas a este aparello os pacientes poderán levar unha mellor vida.
    O temblor estando en repouso afecta aproximadamente ao 85% dos casos que padecen esta enfermidade. Tamén é frecuente a ausencia de expresión facial, diminución do parpadeo e do movemento dos brazos ao camiñar. Moitos destes síntomas son comúns nos anciáns e poden ser causados por outras afeccións.

  3. fab-mmendoza di:

    A enfermidade do Parkinson é un trastorno que afecta as células nerviosas, o neronas, nunha parte do cerebro que controa os movementos musculares. Na enfermidade de Parkinson, as neuronas que producen unha substancia química chamada dopamina morren ou non funcionan adecuadamente. Normalmentee, a dopamina envía señais que axudan a coordinar o seus movementos. Niguén coñece a orixe do dano destas células.

  4. fab-mmendoza di:

    Os síntomas da enfermidade de Parkinson pode incluir: Temblor nas mans, brazos, pernas, mandíbula e na cara. Poden aparecer rixidez nos brazos, pernas e no tronco. Lentitude nos movementos e problemas de equilibrio e coordinación.
    A medida que os síntomas empeoran, as persoas coa enfermidade poden ter dificultades para caminar ou facer laborres simples. Tamén poden ter problemas como depresión, trastornos do sono ou dificultades para mastigar, tragar ou falar.

    • faa-larafernandez di:

      Como ben explica, o Parkinson afecta ó sistema neurolóxico probocando movementos involuntarios de mans, pernas,…
      Esta enfermidade pode afectarlle a calquera, como por exemplo ó famoso actor Michael J. Fox que interpretou a Marty McFly en Regreso ó Futuro. Cada vez que me falan desta enfermidade venme a súa imaxe á cabeza, recordándome os efectos que pode ter nesa persona.

  5. fab-rebecachaves di:

    A Síndrome de Parkinson, Mal de Parkinson ou Parkinsonismo, é unha síndrome especifica causada por un conxunto de doenzas neurodexenerativas dunha área do cerebro chamada substancia negra.
    A enfermidade foi descrita e documentada en 1817 polo médico británico Dr. James Parkinson.
    A enfermidade de Párkinson é idiopática, ou sexa é unha enfermidade primaria de causa obscura. Hai dexeneración e morte celular das neuronas produtores de dopamina.
    Existen casos de Síndrome de Párkinson de etioloxía xenética hereditaria. Actualmente, hai máis de 10 xenes recoñecidos como relacionados á Síndrome de Párkinson, dos cales os máis importantes son os da parkina e álfasinucleina.
    Na actualidade máis de catro millóns de persoas de todo o mundo padecen Parkinson, dos que preto de 100.000 son españois. No caso galego, esta doenza ten maior incidencia que no resto do Estado debido á poboación avellentada da comunidade. A enfermidade do Parkinson afecta ó 3 por cento das persoas galegas maiores de 65 anos.
    Outra doenza dexenerativa que causa parkinsonismo é a Atrofia sistémica múltiple.
    Os síntomas normalmente comezan nas extremidades superiores e son normalmente unilaterais debido á asimetría da dexeneración inicial no cerebro.
    Estes síntomas inícianse xeralmente nunha man, despois na perna do mesmo lado e despois nos outros membros. Tende a ser máis forte en membros en descanso, como ao termar dos obxectos, e durante períodos estresantes e é menos notábel cando se dan movementos máis amplos. Na maioría dos casos, mais non sempre, danse outros síntomas como rixidez dos músculos, acinesia, lentitude de movementos, e inestabilidade postural (dificultade en manterse en pé). Hai dificultade en iniciar e parar a marcha e as mudanzas de dirección son custosas con numerosos pequenos pasos.

  6. faa-elenafontenla di:

    Este artigo aporta unha moi válida información sobre unha enfermidade á que non se lle da moita importancia na sociedade, alo menos na nosa vida diaria, o cal é un erro porqeue esta enfermidade está afectando cada vez a máis persoas.
    Como ben se nos informa neste artigo, extisten aparellos que poden axudar aos afectados. Seguramente nun futuro, estes aparellos evolucionarán, de acordo coa evolución da ciencia, facendo a vida dos enfermos máis doada, sen que teñañ que estar sufrindo constantemente.
    Certo é que ao tratarse de enfermidades das que non se coñece a causa é máis complicado proporcionar remedios, tanto para a erradicación da enfermidade como para reducir os seus síntomas.
    En todo caso, é un alivio saber que podemos contar coa axuda da ciencia para calquer campo da nosa vida, e sobretodo para poder conservar a nosa saúde.

  7. fab-jairotroncoso di:

    Como indica a nosa compañeira Elena, é unha enfermidade que non se lle da moita importancia, e ao mellor no ámbito diario, porque persoas que descoñecen dela, poden decir que son simples temblores… etc. O párkinson, é unha enfermidade neurodexenerativa, que afecta ao noso sistema nervioso, que deriva da morte de neuronas que provocan, ou fan, a dopamina.

    • faa-veronicanoya di:

      Polo momento esta enfermidade non ten cura, polo que descoñecer que tes parkinson, pensando que son simples temblores non afecta á evolución do problema, xa que non hai medicamento algún que rexenere neuronas. Si que pode axudar a facer que evolucione con menor rapidez, pero penso que polo momento, confundila con temblores non ten moita relevancia.

      • faa-cristinaguillan di:

        Quero apuntar algo sobre o comentario da miña compañeira Verónica e é que como ela mesma di, a captación desta enfermidade con tempo pode axudar a reducir os síntomas, polo tanto, dende o meu punto de vista, confundir o síntoma máis vistoso desta enfermidade con uns simples temblores si que sería importante, posto que canto máis se retrase o seu descubrimento máis rápido avanzará a enfermidade.

  8. faa-laurapaz di:

    A enfermidade de Parkinson, tamén denominada Parkinsonismo idiopático ou parálisis axitante é un transtorno neurodexenerativo que co tempo da lugar a unha incapacidade progresiva, producido pola destrucción de neuronas. Normalmente clasifícase como un transtorno do movemento, aínda que tamén desenvolve alteracións na función cognitiva e a expresión das emocións.
    O feito de non coñecer os efectos que producen esta enfermidade complica máis a busca de métodos para reducila, polo que este método paréceme un avance bastante importante no ámbito da medicina e da tecnoloxía.

  9. faa-fatimalago di:

    Esta enfermidade foi descrita en 1917 polo neurólogo inglés James Parkinson. Pertence a un grupo de enfermidades que reciben o nome de “alteracións do sistema motor”. O mal de Parkinson prodúcese cando algúns dos centros nerviosos do cerebro perden a súa capacidade para controlar os movementos dos músculos. Como consecuencia, pode ter rixidez muscular, tremores e dificultade para andar e tragar.
    O mal de Parkinson é unha das enfermidades máis comúns que afectan á capacidade de movemento en persoas de máis de 55 anos de idade. É crónico, é dicir, que o ten para o resto da súa vida. Tamén é progresivo, ou sexa, que os síntomas vanse facendo cada vez peores. Despois de moitos anos tendo esta enfermiade, podes rematar discapacitado. Sen embargo, co tratamento apropiado é posible seguir vivindo unha vida, dentro do que cabe, o máis normal posible.
    Os principais síntomas desta enfermiade son algúns como: o tremor de repouso, a rixidez ou o endurecemento das extremidades ou do tronco, a bradiquinesia ou a aquinesia (dificultade para iniciar movementos) ou o desequilibrio ou falta de coordinación.
    Como ben di Jairo no seu artigo, a pesar do moito que se estudou esta enfermidade, aínda non se sabe a súa causa. Crese que é multifactorial, envolvendo factores ambientais e xenéticos.
    Úsanse varios medicamentos distintos para tratar o mal de Parkinson. O obxectivo dos medicamentos é tratar de restablecer o equilibrio. Unha forma de tratamento é Levodopa, que se transforma no cerebro en dopamina, co que se corrixe o desequilibrio e se controlan os síntomas.

  10. faa-fatimaf di:

    Como ben indica Jairo, a enfermidade do Párkinson consiste nun trastorno crónico que produce unha dexeneración ou destrución das neuronas e que mesmo chega a conducir, co tempo, a unha incapacidade progresiva.
    A maioría da xente coñece esta enfermidade polo trastorno que produce na mobilidade, pero tamén pode producir alteracións na capacidade de procesar a información, na expresión das emocións e na función autónoma.
    Esta enfermidade afecta tanto a homes como a mulleres pero tende a darse máis nas persoas que superan os 60 anos de idade, aínda que existe outra versión precoz que se manifesta en idades inferiores ós 40 anos.
    Na actualidade non existe ningunha proba de laboratorio ou estudo radiolóxico que permita diagnosticar a enfermidade polo que o máis frecuente é que se realicen analíticas sanguíneas ou imaxes cerebrais para descartar outros posibles trastornos.

  11. fab-martapalacios di:

    A Síndrome de Parkinson é unha síndrome específica causada por un conxunto de doenzas neurodexenerativas dunha área do cerebro chamada substancia negra.
    A enfermidade foi descrita e documentada polo médico británico Dr. James Parkinson.
    Os investigadores identificaron un defecto cerebral fundamental que é o distintivo da enfermidade: as perdas de células cerebrais que producen un neurotransmisor (a dopamina), nos circuítos cerebrais implicados no control do movemento.
    O párkinson predomina en persoas por riba de 60 anos de idade.
    Aínda que non ten cura, hai tratamentos que facilitan a convivencia có párkinson. A xente cre que o párkinson só é pulso débil e temblores nas mans, isto non é así, a enfermidade vai por fases, comézase na fase 1 que é a máis leve. As persoas con fases moi avanzadas sufren os temblores literalmente en todo o corpo a todo momento ata o punto de non ser capaces de vestirse por si mesmas, de non poder coller un vaso de auga e beber, e de necesitar axudas moi constantes. Que se poidan reprimir un pouco os seus síntomas e unha marabillosa noticia, pero por desgracia estase aínda moi lonxe de atopar unha cura.

  12. faa-ricardop di:

    Como moi ben nos expón Jairo, o Parkinson, igual que o Alzehimer, é unha enfermidade neurodexenerativa, o que quere decir é que afecta as neuronas, corrompenso a `sinal eléctrica´ entre elas, polo que perden movilidade os padecentes desta enfermidade, total (só escoita, pero nin se move nin fala) ou parcial (move partes específicas do corpo, ou mediante rehabilitación, conseguen, co tempo, volver a esa movilidade perdida).

  13. fab-elisaperez di:

    A enfermidade de Parkinson está estendida por todo o mundo e afecta tanto ao sexo masculino coma o feminino. O diagnóstico pode realizarse naqueles individuos que presenten 2 de 4 signos cardinais: temblor en reposo, rixidez muscular, lentitude nos movementos e dificultade para comenzalos e rematalos, e pérdida de reflexos posturais. Moitos dos síntomas son comúns nos anciáns.

  14. faa-saracastro di:

    Está claro que este é un gran avance no campo da mediciña. Grazas a el, a xente que sofre parkinson podrá vivir un pouco máis tranquila e, con isto, refírome a que podrán ir tomar un café sen a necesidade de intentar controlar seguido que non lles caia das mans debido a que estas lles temblan demasiado; ou outras moitas cousas.
    O Parkinson é o segundo trastorno neurodexenerativo pola súa frecuencia, situándose por detrás do Alzheimer. É unha enfermidade que está extendida por todo o mundo e afecta tanto a persoas do sexo masculino coma femenino. O máis frecuente é que apareza a partir dos 50, 60 anos, pero isto non descarta que se den casos tamén en xente máis xoven.
    Según este artigo, ao colocar un electroestimulador no estómago, os movementos involuntarios desaparecen debido ás descargas regulares que este produce. Este é, sen dúbida algunha, un gran avance a nivel mundial, posto que o parkinson é unha enfermidade que nos preocupa e nos pode afectar a calquera, polo que a súa “curación” é algo que nos alegra a todos.

  15. faa-christiancacabelos di:

    A min o que realmente máis me preocupa é que os casos de Alzheimer e Parkinson así como os de cancro están aumentando e cada vez aparecen en idades máis temperás empeorando así a calidade de vida de moitas persoas que por múltiples causas como unha poden ser antecedentes familiares, unha mala alimentación xunto con un estilo de vida pouco saudable ou demáis motivos sufran estas enfermidades que en ocasións non teñen un punto de retorno senón que é unha viaxe sen regreso cunha velocidade de avance que pode ser reducida, pero que aínda así faise notar.

    • faa-diegocores di:

      Estou de acordo contigo, e o peor de todo é que cada vez fanse máis recortes en investigación o que fai máis dificultosa e tardía a posibilidade de encontrar unha cura para estas e outras enfermidades.
      Cada vez estamos máis preto de atopar a cura destas enfermidades que están na orde do día e que afectan a tantas persoas no mundo. Pero necesítanse inversións nestas investigacións porque de non ser así pasará máis tempo en que a cura se a tope e morrerá máis xente.

      • faa-christiancacabelos di:

        Tes toda a razón Diego, pero os gobernos consideran que non é algo prioritario e prefiren dar os cartos a outros sectores “máis productivos” dos cales poidan recadar máis cartos dos que investiron nun primeiro momento aínda que estamos preto de atopar unha posible solución e no telexornal falan dos repuntes de enfermidades neurodexenerativas, cardiovasculares e as derivadas destas cada vez idades máis temperás de como sucedía antes. Eu estou seguro que se non se apoia con cartos á investigación non imos a avanzar xa que creo que hai sectores nos que os recortes non serían tan dañinos como son os recortes que se fan na educación e na investigación, sen I+D+i non poderemos avanzar e mellorar como país desenvolto.
        A miña opinión é clara, deberíamos parecernos máis aos países nórdicos, nos cales a educación está sostida polo goberno e garantizada para todos sen ser alterada, polo que contan cun gran número de estudantes de carreiras de ciencias e tecnolóxicas, o que
        garantiza a existencia de unha man de obra moi cualificada e o gasto en I+D é moi superior a calquer país de Europa en parte financiado polas empresas, tamén por iso contan cun elevado número de patentes en alta tecnoloxía.
        Sen investigación non hai avance nin no sector sanitario, tecnolóxico, educativo e demáis sectores prioritarios que mellorarían a nosa calidade de vida no ámbito da saúde e en outros moitos que nos poden axudar a vivir máis e mellor

  16. fab-iriamartinez di:

    A síndrome Parkinson é un trastorno neurodexenerativo crónico que conduce co paso do tempo a una incapacidade progresiva, pola destrucción,por causas que todavía descoñecemos das neuronas pigmentadas da substancia negra. Está extendida por todo o mundo e afecta tanto ó sexo masculino como ó feminino en idades superiores ós cuarenta anos, existe otra versión precoz que se manifesta en idades inferiores ós cuarenta anos.

  17. faa-christiancacabelos di:

    Xa que este artigo trata o tema da medicina e aproveitando un artigo anterior, “Depredador”, quería deixar constancia de que grazas aos velenos de animais xunto cos de plantas e demáis tipos de productos da natureza se está producindo un importante e notable avance que está permitindo a mellora da calidade de vida, a cura de enfermidades que afectan a millóns de persoas ao final do ano causando mortes incluso que grazas aos avances e investigacións pioneiras se están reducindo, e creo que se a situación económica fose mellor a calidade de vida de moitas persoas aumentaría, non só porque se investiría máis no sistema sanitario, en saúde, senón que se alimentarían mellor accedendo por exemplo a carne de porco ou terneira en vez de polo cun contido en proteínas menor, ou adquirindo máis peixe fresco que contén omega 3 e ácido fólico que son importantes para o bo funcionamiento do noso organismo.

  18. fab-aidagonzalez di:

    O Parkinson é un trastorno neuroxenerativo que co tempo da lugar a unha incapacidade progresiva que tamén desencadea alteracións na función cognitiva, na expresión das emocións e na función autónoma. Para unha persoa é moi complicado convivir con esta enfermidade porque lle fai facer xestos involuntarios. Un exemplo de persoa con Parkinson e o actor Michael J. Fox, una actor dos anos 80-90 que desarrollou esta enfermidade o que lle fai complicado ter que actuar xa que fai movementos e xestos que non pode controlar.

  19. fab-sporto di:

    A enfermidade de Parkinson é un trastorno neurodexenerativo crónico que conduce co tempo a unha incapacidade progresiva, producido a consecuencia da destrución, por causas que aínda se descoñecen, das neuronas pigmentadas da substancia negra. Frecuentemente clasificada como un trastorno do movemento, a enfermidade de Parkinson tamén desencadea alteracións na función cognitiva, na expresión das emocións e na función autónoma.
    Esta enfermidade representa o segundo trastorno neurodexenerativo pola súa frecuencia.. Está estendida por todo o mundo e afecta tanto ao sexo masculino coma ao feminino, sendo frecuente que apareza a partir do sexto decenio de vida.
    Na actualidade, o diagnóstico está baseado na clínica, posto que non se identificou ningún marcador biolóxico desta enfermidade. Por iso, o diagnóstico desta apóiase na detección da característica tríade rixidez-tremor-bradikinesia e na ausencia de síntomas atípicos, aínda que tamén ten importancia a exclusión doutros posibles trastornos por medio de técnicas de imaxe cerebral ou de analíticas sanguíneas.

  20. faa-nicolecorbacho di:

    O Parkinson é un trastorno neuroxenerativo que co tempo da lugar a unha incapacidade progresiva que tamén desencadea alteracións na función cognitiva, na expresión das emocións e na función autónoma. Para unha persoa é moi complicado convivir con esta enfermidade porque lle fai facer xestos involuntarios.
    Esta operación para reducir o avance dos procesos do parkinson parece un gran avance na mediciña, sobre todo para esas persoas que o padecen poderán vivir a vida dun xeito diferente.

  21. fab-martarodriguez di:

    A enfermidade do Parkinson,é un transtorno neurodexenerativo crónico que conduce co tiempo a unha incapacidade progresiva, producido a consecuencia da destrución, por causas que aínda se desconocen, das neuronas. Frecuentemente clasificada como un transtorno de movemento.
    Esta enfermidade representa o segundo trastorno neurodexenerativo máis frecuente, situándose por detrás da enfermidade do Alzheimer. Está estendida por todo o mundo e afecta tanto ao sexo masculino como o feminino, é frecuente que aparezca a partir dos 60 anos de vida.

  22. fab-anaoubina di:

    O Parkinson, polo xeral desarrollase de maneira lenta entre os 55 e 60 anos. Pareceme algo moi positivo que se poidan reducir os síntomas de Párkison a un paciente, xa que os síntomas que esta enfermidade presenta son moi desagradables. As persoas que a padecen teñen temblores, lentitude nos movementos voluntarios e automáticos. Falta de expresión na cara, escritura lenta e pequena. Tamén padecen animalías na postura: inclinación do tronco e da cabeza hacia adiante e os codos e as rodillas están como encollidos. Anomalías ao andar: marcha lenta con tendencia a arrastras os pés, e transtornos de equilibrio como reflejos alterados e fáciles caídas. Grazas a este aparello os pacientes podrán levar unha mellor vida.

  23. fab-cporto di:

    Os síntomas tipicos do Parkinson son:
    Tremor: Consiste nun movemento rítmico cara a atrás e cara a adiante. Xeralmente comeza na man aínda que en ocasións afecta primeiro a un pé ou á mandíbula. Agudízase en repouso ou baixo situacións tensas e tende a desaparecer durante o sono. Pode afectar só a un lado ou a unha parte do corpo.
    Rixidez: Maniféstase como unha resistencia ou falta de flexibilidade muscular. Cando rompe este equilibrio os músculos ténsanse e contraen causando inflexibilidade e debilidade.
    Bradicinesia: Trátase da perda de movemento espontáneo e automático e leva consigo a lentitude en todas as accións. Esta lentitude é impredicible e é o síntoma máis incapacitante, porque o paciente non pode realizar con rapidez movementos habituais que antes eran case mecánicos.
    Inestabilidade: A inestabilidade da postura fai que os enfermos se inclinen cara a adiante ou cara a atrás e caian con facilidade. A cabeza e os ombros caen cara a diante e a forma de andar empeora. O enfermo dá pasos curtos e rápidos para manter o equilibrio; ou queda literalmente “plantado” a metade de camiño, sen poder moverse. Existen unha serie de síntomas secundarios que, aínda que non afectan a todos os enfermos, provocan trastornos importantes xa que empeoran os síntomas principais e agravan as condicións físicas e psicolóxicas do paciente.
    Depresión: É un problema común a todas as enfermidades crónicas, e no Parkinson pode detectarse mesmo antes de que comecen os síntomas principais. Empeora cos fármacos utilizados para combater esta patoloxía, aínda que os antidepresivos conseguen frear con bastante éxito tanto as depresións coma os cambios emocionais.
    Tragar e mastigar: O mal funcionamento dos músculos dificulta esta tarefa cotiá, favorecendo a acumulación de saliva e alimentos na cavidade bucal. Como consecuencia, son habituais os atragoamentos e o babeo. – Dicción: Polo menos o 50 por cento dos enfermos ten problemas de dicción: falan en voz baixa, dubidan antes de falar, repiten palabras ou falan demasiado rápido.
    Problemas urinarios: As deficiencias do sistema nervioso que regula a actividade muscular provocan que algúns enfermos sufran incontinencia ou teñan dificultades para mexar.
    Estreñimento: A lentitude progresiva dos músculos intestinais e abdominais é a principal causa do estreñimento, aínda que tamén inflúen a dieta ou a escasa actividade física.
    Trastornos do sono: A somnolencia e os pesadelos son características nesta enfermidade e xeralmente están asociados aos fármacos.

  24. faa-sergioserantes di:

    O párkinson é unha síndrome causada por un grupo de doenzas neruodexenerativas na substancia negra, unha zona do cerebro. A enfermidade do párkinson distínguese porque nas persoas que a padecen, as células cerebrais que deben producir dopamina, un neurotransmisor, morren ou non son quen de producir máis dopamina.

  25. faa-manuelmontes di:

    A enfermedade de Parkinson é un trastorno neurodexenerativo crónico que conduce co tempo a unha incapacidade progresiva, producindo a consecuencia da destrucción, por causas todavía descoñecidas, das neuronas pigmentadas da substancia negra, que é unha porción heteroxénea do mesencéfalo. O Parkinson tamén desencadea alteracións na función cognitiva, na expresión das emocións e na función autónoma.
    Que se conseguira encontrar un método para tratar o Parkinson pareceme unha boísima noticia porque esta enfermedad é unha das máis tráxicas como o Alzheimer.

  26. faa-christiancacabelos di:

    O Alzheimer é unha enfermidade tráxica como di Manuel porque non se pode frear, ademáis de que vai borrando progresivamente a túa memoria ata que acabas por non lembrarte practicamente de nada.

  27. faa-christiancacabelos di:

    Hoxe é un día triste porque morreu Adolfo Suárez González, presidente do goberno logo da morte do xeneral Francisco Franco. Fundou Unión de Centro Democrático (UCD) e con este partido político gañou as eleccións de 1977. Conseguiu que se aprobara en referéndum, celebrado no 1878, unha Constitución mediante a cal España pasaba a constituirse en monarquía parlamentaria. A partir de entón, a súa posición foise debilitando, ata que no 1981 presentou a súa dimisión como presidente do goberno. Como presidente, liderou os anos de transición e superou o intento de golpe de estado do 23 de febreiro do 1981, o 23-F manténdose en pé xunto con Santiago Carrillo e Manuel Gutiérrez Mellado sen esconderse baixo a mesa aínda que o grupo de garda civís que entraron no congreso liderados por Tejero estaban armados, poñendo así en perigo a súa integridade física, ademáis de permitir dereitos de liberdade de expresión, agrupación e asociación que estaban prohibidos anteriormente e en agosto de 1976 fixo efectiva unha amnistía para os delitos de motivación política, perseguidos polo réximen anterior.
    Quería deixar constancia deste feito porque Adolfo Suárez sufriu Alzheimer, e esta enfermidade neurodexenerativa foi eliminando os recordos da súa memoria ata chegar ao punto de que non recordar que foi presidente do goberno e unha figura clave nos anos de transición e tamén a súa muller, Amparo Illana Elórtegui e a súa filla maior Marian, estiveron enfermas de cancro de mama, a súa nuller dende 1994, e faleceu no domicilio madrileño o 17 de maio de 2001 e a súa filla, que acababa de superar esa mesma enfermidade, detectada un ano antes ca da súa nai, que terminaría tamén con su vida tres anos despois sumindo así ao ex-presidente nunha profunda depresión que favoreceu o avance da súa enfermidade, o Alzheimer.

  28. faa-diegocores di:

    Moi interesante o proceso que este artigo cita para reducir os efectos desta enfermidade. Pensando en que saben como reducir estes efectos, pregúnteme se con esta base non serán capaces de atopar as causas desta enfermidade e, unha vez atopadas, topar unha cura para a mesma.
    Vexo moi importante o avance que fan neste tipo de enfermidades, pois estas afectan a moitísima xente e por consecuente a moitísimas familias. Polo tanto calquera avance neste campo é unha facilidade máis e unha gran axuda para todas esas persoas que teñen ao seu cargo a unha persoa con enfermidades como esta, das que aínda non temos cura.

    • fab-marcosdaporta di:

      Pero aínda que sirva para reducir os efectos, polo de agora non hai cura. É lamentable que haxa unha posibilidade de utilizar células madre para curar este tipo de enfermidades pero o “código ético” da igrexa e doutras relixións non permiten estudar con elas por iso non se investiga o suficiente niso. O por que é non o sei, pero sei que é lamentable.

      • faa-cristinaguillan di:

        Estou moi dacordo con Marcos, non entendo como nunha sociedade desenvolvida na que vivimos e na que se invirte tanto en investigación na mediciña sepamos que o uso de células nai podería curar esta e outras enfermidades pero non se faga porque ainda está moi presente a relixión na maioría dos ámbitos da sociedade e esta práctica violaría o código ético da relixión.
        Na miña opinión a vida e benestar dunha persoa é moito máis importante que os convencionalismos dun tipo de ideoloxía.

  29. fab-fatimachaves di:

    O parkinson é unha enfermidade que afecta ao sistema nervioso na área encargada de coordinar a actividade,o ton muscular e os movementos.Como ben dixo Jairo ainda se descoñecen as causas desta enfermidade pero recentemente descubrironse anomalías xenéticas nalgunhas familias nas que a mairoría dos seus membros estaban afectados polo parkinson.
    A consecuencia máis importante desta pérdida de neuronas é unha disminución na dispoñibilidade cerebral de dopamina,principal substancia sintetizada por estas neuronas,orixinándose unha disfunción na regulación das principais estructuras cerebrais implicadas no control do movemento.

  30. faa-adrianmartinez di:

    Creo que é un paso adiante para as víctimas desta enfermidade. Moitas das persoas que padecen de parkinson apenas poden levar unha vida normal, e estou seguro de que unha tecnoloxía así pode axudalos realizar algunhas das tarefas que as víctimas de parkinson non son capaces de realizar. Aínda así, apenas se sabe nada acerda de que produce esta enfermidade e vexo lonxe unha cura para ela, pero está claro que esta tecnoloxía é un avance.

  31. fab-beatrizcasal di:

    A enfermidade de Parkinson, tamén denominada Parkinsonismo idiopático é un trastorno neurodexenerativo crónico que co tempo conduce a unha incapacidade progresiva, por causas que aínda se descoñecen, das neuronas pigmentadas da substancia negra.Frecuentemente clasificada como un trastorno do movemento, a enfermidade de Parkinson tamén desencadea alteracións na función cognitiva, na expresión das emocións e na función autónoma.

  32. faa-igonzalez di:

    Para mín, é un orgullo poder saber que hoxe en día podemos dedicar a nosa tecnoloxía para poder axudar a xente que a necesite, en canto a enfermidades se refira. Esta enfermidade en particular, por desgraza, é moi habitual, e, que se podan reducir os seus efectos, é unha alegría para a nosa humanidade.
    Tendo en conta o rápido que avanza a nosa tecnoloxía, e, principalmente, os avances na ciencia, no futuro non moi lexano, poderemos saber toda-las enfermidades do ser humano, e inclusive poder curalas, ou intentar tratalas e mantelas “estables”, para que fagan o menor dano posible.

  33. faa-sergioserantes di:

    É unha enfermidade sen cura coñecida polo de agora. Ao doente non se lle poden suministrar doses de dopamina por vía sanguínea, xa que esta non é quen de pasar do sangue ao cerebro, co que nel seguiría sen haber unha cantidade normal deste neurotransmisor. Os fármacos empregados para tratar esta enfermidade utilizan outras vías, e tentan restituir ou imitar as funcións da dopamina no cerebro, pero só poden facelo de xeito temporal e non son capaces de frear a progresión da enfermidade.

  34. faa-manuelmourino di:

    Polo de agora a enfermidade do Alzeheimer ou do Parkinson non se coñece cura, pero España en un país no que a investigación bio-medica recibe moitos fondos e axudas tendo así algun raio de esperanza para todas aquelas persoas cunha enfermidade tan forte coma estas.

  35. fab-yamilayelpez di:

    O que nos presenta este artigo paréceme moi interesante. Tódolos avances médicos son importantes, pero moitos de nós temos nas nosas familias persoas afectadas polo parkinson, e sabemos a impotencia que produce. Non é unha cura, xa, pero tódolos avances son comezos, e isto nos achega un pouco máis á cura desa enfermidade.

  36. faa-cristinaguillan di:

    Descoñecía este tipo de intervención para os doentes de párkinson e o certo é que me parece moi interesante porto que como ben indican os meus compañeiros, o párkinson é unha enfermidade neurodexenerativa que afecta sobre todo ao control de certos movementos involuntarios ou tremores e que este aparello lles axuda a controlar. Estes tremores non en todos os casos son igual de intensos poderíase dicir, posto que en algúns casos poden chegar a dificultarlle facer unha vida normal á persoa que os padece, chegando a ter dificultades para coller obxectos como pode ser un vaso ou a poder calzarse.

  37. fab-sofiacastineiras di:

    A enfermidade do Párkinson é una enfermidade que afecta ó sistema nervioso na área encargada de coordinar a actividade, o ton muscular e os movementos. O Párkinson é un proceso crónico que pertence a un grupo de trastornos que teñen a súa orixe na dexeneración e morte dunhas neuronas, as dopaminérxicas. Os síntomas desta enfermidade maniféstanse unha vez se produce unha importante perdida das neuronas encargadas de controlar e coordinar os movementos. Esta perdida neuronal localízase na zona de unión entre o cerebro e a médula espiñal. Os principais síntomas son o temblor en repouso, a lentitude de movementos, o aumento do ton muscular. Existe un tratamento cirúrxico para cando os síntomas non poden ser curados con tratamento farmacolóxico.
    Coma toda enfermidade, é algo moi duro para convivir con el todos os días, pero sempre pensando que pode haber algo peor, o Párkinson non é unha das peores enfermidades que podemos ter.

  38. Victor di:

    HAI UN NOVO FORO QUE ESTARÁ ABERTO 10 DIAS

  39. faa-noeliaparracho di:

    O Parkinson é un trastorno neurodexenerativo crónico (o que quere dicir que unha vez que te ves afectado por el telo o resto da túa vida, que co tempo provoca unha incapacidade progresiva debida á destrucción de neuronas.
    As causas desta destrucción dr neuronas todavía é descoñecida.
    Aínda que moitas veces se tende a entender o Parkinson como un trastorno do movemento, esta tamén afecta á expresión de emocións, entre outras cousas.
    Esta enfermidade está no segundo posto de trastorno neurodexenerativo máis frecuente (Tras o Alzheimer), e a pesar de todo pasa moi desapercibido. Está extendida por todo o mundo e non entende de sexos, afecta a homes e mulleres, sobre todo a partir dos sesenta anos. Aínda que existe unha variedade máis precoz, que aparece en idades inferiores ós corenta anos.
    O tratamento para esta enfermidade consiste en mellorar, ou alomenos manter e prolongar, a funcionalidade do enfermo duran o maior tempo posible, xa que polo de agora non ten cura. Hoxe en día o tratamento pode ser de tres tipos: farmacolóxico, quirúrxico ou rehabilitador, aínda que existen combinacións.
    Na miña opinión é moi importante atopar curas ou métodos mellorar a vida das persoas que padecen este tipo de enfermidades que son tan comúns, xa que practicamente todos temos un familiar ou coñecemos a alguén que padeza Parkinson.
    Porén, o máis probable é que este novo tratamento non sexa viable para a maioría do mundo, xa que será bastante custoso e só uns cantos privilexiados poderán gozar deste novo tratamento.
    Dende o meu punto de vista este é un erro demasiado frecuente e que deberiamos correxir, xa que non me parece xusto que haxa familias endeudándose para poder pagar por unha cousa que debería estar ó alcance de todos; un tratamento para unha enfermidade.
    Porén, o que importa máis son os cartos e este sistema produce bastantes con poucos consumidores, polo que non creo que cambie.

  40. faa-begonasuarez di:

    O parkinson é unha enfermidade do sistema nervioso. É un trastorno neurodexenerativo crónico que se produce co avance do tempo, que ocasiona a destrución de neuronas, por causas que non se saben aínda. Os efectos que producen son movementos involuntarios e continuos do corpo.
    A enfermidade do Parkinson foi descrita e documentada no 1817 polo médico británico James Parkinson, pero os cambios bioquímicos asociados foron identificados nos anos 1960.
    Na década dos oitenta, identificouse unha causa subxacente da enfermidade: a perda de células dopaminérxicas. En base a isto desenvolvéronse distintos tratamentos, baseados na administración de L-DOPA como reemplazo da dopamina faltante, incluso se chegaron a realizar probas co fin de incrementar o uso de inxertos de células dopaminérxicas para restituír a función das células perdidas por esta terrible enfermidade.

  41. Victor di:

    NOVA CUESTIÓN NO FORO ABERTO

  42. Victor di:

    NOVA PREGUNTA NO FORO

  43. fab-saulmondragon di:

    O parkinson é unha enfermedade,sen remedio,que afecta a noso sistema nervioso.Moita xente pensa que simplemente son tamblores pero para unha familia que este a cargo de algunha persona mallor coidar dia a dia require moito traballo.Esperemos que gracias a inventos e experiemntos como estes axuden a combatir enfermedades como o parkinson e o alceimer.

  44. fab-iciacores di:

    O parkinson é un trastorno neurodexenarativo crónico que afecta ó sistema nervioso e que a medida que pasa o tempo provoca unha incapacidade progresiva, como consecucia da destrucción de neuronas. O parkinson é xeralmente coñecido na nosa sociedade como esa incapacidade de manter o corpo quieto, e como ese temblor que normalmente teñen as persoas maiores á hora de coller algo coas mans, pero asimesmo, tamén é probable que altere a capacidade de procesar información ou expresións emocinais. O descubrimento deste artigo paréceme algo moi bo, xa que como a moitas outras enfermidades, nunca se lle deu a importancia suficiente, pero penso que cousas como estas poderíanse descubrir bastante tempo atrás.

  45. fab-andrearomero di:

    A enfermidade do Parkinson é un transtorno que afecta ás células nerviosas nunha parte do cerebro que controla os movementos musculares.
    Nesta enfermidade as neuronas que producen unha sustancia química chamada dopamina morren ou non funcionan adecuadamente. A dopamina da señais que axudan a coordinar os movementos e ninguén coñece os danos destas células.
    Con esta enfermidade o que se produce no noso corpo principalmente son temblores nas maos, nos brazos, pernas, mandíbula e ata na cara. Tamén nos provoca rixidez nos brazos, pernas e tronco e gran lentitude en cada movemento que fagamos.Ocasiónanos facilmente perda de equilibrio e coordinación.
    Có tempo a xente que ten esta enfermidade moi avanzada ten dificultades para camiñar ou facer calquera das simples labores que facía antes de padecela.
    Por desgraza é incurable, quenes a padezan teñen que vivir con ela o resto das súas vidas. Soe comezar en persoas de 60 anos.

  46. fab-raqueloliveira di:

    Este é un gran avance no campo da mediciña. Grazas a el, a xente que sofre parkinson podrá vivir un pouco máis tranquila.
    O Parkinson é o segundo trastorno neurodexenerativo pola súa frecuencia, situándose por detrás do Alzheimer. É unha enfermidade que está extendida por todo o mundo e afecta tanto a persoas do sexo masculino coma femenino.
    Creo, que co tempo e con avances como estes podremos atopar unha cura para esta enfermidade dexenerativa.

  47. fab-alejandrocosta di:

    O que atopei deste tema foi que esta enfermidade de Parkinson non ten actualmente ningunha cura, pero pode ser tratada de forma eficaz. Moitos aspectos do proceso de enfermidade neurodegenerativa subxacente son coñecidos, pero os tratamentos que modifican, aínda non están en ensaios clínicos. Polo tanto, o tratamento da enfermidade de Parkinson é agora dirixida só para a mellora dos síntomas resultantes da condición. Polo tanto, as persoas afectadas pola enfermidade de Parkinson teñen que tomar estes medicamentos antiparkinsonianos para o longo da súa vida, segundo a dosificación e combinación de medicamentos que o seu neurologista considera máis axeitada para o seu caso particular.