DEPREDADOR

A Pitón, de 3 m de lonxitude, consegue que o réptil se dera por vencido tras 5 horas de presión torácica.  Despois de 5 horas de presión torácica, a serpe puido tragarse  ó crocodilo dun metro de lonxitude.

O Pitón  poden chegar a pesar 100 kg e a súa lonxitude pode acadar os 6 m. O seu hábitat está no sureste asiático e soen vivir nos bosques, nas pradeiras, pantanos ou arrozais en lugares nos que poden trepar polas árbores e ter a suficiente fonte de alimentación para sobrevivir, como crocodilos, monos, cervos, xabaríns, lagartos, etc. Na súa reprodución poñen unha media de 40 ovos  que  incuban durante 70 días. Estas serpes poden chegar a vivir 40 anos.

A imaxe mostra a batalla sen cuartel que se produciu entre ambos réptiles no Lago Moondarra, situado cerca de Mount Isa, unha cidade situada ao noroeste do estado australiano de Queensland.

Un experto en serpes, chamado Bryan Fry, comentou que as pitóns adoitan decantarse por roedores e animais pequenos, pero os crocodilos australianos que habitan en ríos constitúen unha presa relativamente fácil que lles permite  non volver a comer nun mes.


Autor: Tania Cores González

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

50 Responses to DEPREDADOR

  1. Victor di:

    Son velenosas as pitóns? E como conseguen inxerir presas de tan gran tamaño?

    • faa-begonasuarez di:

      As pitóns non son velenosas. Posúen constrición, que é unha propiedade estrangulatoria propia destas serpientes sen veleno, que lles permite axfixiar ás súas presas. Consegue inxerir presas de gran tamaño debido a que teñen a capacidade para expandir a súa boca, dislocando a mandíbula. Unha boa parte das pitóns aliméntase de mamiféros de sangue quente, aínda que se atoparon algunhas que se alimenten doutros réptiles e anfibios.

    • faa-martinlosada di:

      as pitóns non son velenosas, pertencen a un tipo de serpes aos que se denominan constrictoras, polo que para acabar coas suas presas o que fan é rodear a súa presa co seu corpo ata asfixiala.
      O que lle posibilita inxerir as presas de tan grande tamaño e a súa increible mandíbula, que se estira enormemente, esto e debido a que os osos do cráneo da serpente non estan unidos entre sí, xa que o están por un ligamento flexible.

    • fab-tcores di:

      A serpe pitón é unha das máis perigosas do mundo, pero non por ser velenosas.
      A serpe pitón non é velenosa sinon que é constrictora, é dicir, que para matar a súa presa estrangulanas.Esta clase de reptil distinguese das outras polos seus dentes. As pitóns posúen un oso na parte frontal da mantíbula superior e tamén, outra das grandes diferencias, as pitóns poñen ovos.

    • fab-iriamartinez di:

      As pitóns non son velenosas, xa que son constrictoras, significa que non matan ás súas presas utilizando veleno, senón que as matan axfisiándoas.
      A característica que teñen as pitóns é que son capaces de inxerir as presas completas, como poden chegar a comer humanos.

    • faa-cristinaguillan di:

      As pitóns non son serpes velenosas, é dicir, para cazar e alimentarse non morden as súas presas, senón que as rodean e aprétanas, é dicir, son constriptoras. Por este motivo acadan o seu gran tamaño.
      Para inxerir presas de tan gran tamaño inmovilízanas e aprétanas ata que as matan. Logo desencaixan a súa gran mandíbula e dilatan o seu corpo para engulir o animal. Este proceso dura varios días.

    • faa-manuelcacabelos di:

      As pitóns, son serpes constritoras, e por definición, non velenosas. Normalmente atacan, emboscadas, a animais que pasan cerca. Matan ás súas presas por asfixia, agarrándoa primeiro coa boca e enrolando rapidamente o seu corpo ó redor de elas. Unha vez así, exércense presións altas sobre as costelas e pulmóns da súa presa, que deste modo non poden inhalar. A pesar de que a presa pode sufrir tamén problemas de circulación, especialmente se a serpente presiona moito ó redor do seu cuello, a morte por asfixia prodúcese habitualmente moito antes. En contra da crenza popular, estas serpentes tampouco estrugan ou aplastan as suás presas, e cando matan a unha de tamaño normal, na gran maioría dos casos a presión que exerce a serpente non é suficiente para romper ningún oso.

  2. fab-elisaperez di:

    As pitóns, igual que as boas, son serpentes constrictoras, e non velenosas. Matan ás súas presas por asfixia. Gran parte das pitóns aliméntanse de animais de “sangue quente”, como paxaros ou mamíferos.

  3. fab-jairotroncoso di:

    As pitóns non son velenosas, se non que non que son constrictoras, que significa esto… que matan á presa asfixiandoa ata deixala sen respiración. A mandibula das serpes non esta suxeita como a nosa, e poden aumentala tanto como poidan elas.

  4. fab-javiercarou di:

    As pitóns non son velenosas, aínda que eso non quita que sexan moi peligrosas. Forman parte da familia de serpes constrictoras. Para alimentarse agarran as súas presas coa boca e despois enrólanse arredor delas para que non poidan respirar. Finalmente exercen moita presión na zona dos pulmóns para poder así asfixialas e matalas.

  5. fab-sporto di:

    A serpe piton non é velenosa senón constrictora, é dicir que para matar a súa presa as estrangulan; esta clase de réptil distínguese das boas nos dentes do seu premaxilar, as piton posúen un óso na parte frontal da mandíbula superior.

  6. faa-noeliaparracho di:

    As pitóns non son velenosas, xa que son constrictoras, o que significa que non matan ás súas presas utilizando veleno, senón que as matan axfisiándoas coa gran forza que posúen.
    A característica que teñen as pitóns (e a maioría das serpes) é que son capaces de desencaixar a mandíbula para abrir máis a boca e poder inxerir as presas completas, dende ratos ou paxaros (as máis pequenas), ata animais coma grandes cervos, pavos e incluso leopardos (as máis grandes). Moitas veces poden chegar taména comer un home adulto enteiro, como xa se demostrou en numerosos ataques a humanos, nas que trataron de axfisiar e matar ás súas presas para logo comelas.

  7. fab-ariadnacordal di:

    Non, as pitóns non son unha especie velenosa. Para matar ás súas presas, asfíxianas; primeiro agárranas coa boca e logo enrólanse arredor delas ata que deixan de respirar. Adoitan alimentarse de animais pequenos (aves, mamíferos ou reptís), pero as especies máis grandes poden chegar a cazar cervos ou gacelas. Cando isto sucede, a súa dixestión pode durar incluso varias semanas.

    • fab-marcosdaporta di:

      Se a dixestión dunha gacela pode durar varias semanas, canto durará a dixestión deste cocodrilo? Aparte do seu tamaño, o cocodrilo ten unha pel moi dura o que dificultaría a súa dixestión.
      Nestes períodos é indefensa e por iso normalmente escolle presas máis pequenas.

      • faa-marcromero di:

        Pero unha presa tan grande coma un gran cocodrilo australiano supón que a serpe non tería que alimentarse en moito tempo, os réptiles son animais de sangue fría e metabolismo lento. Por iso necesitan pouca enerxía para vivir. A pitón arriscase a inxerir tremendo animal, que, para a nosa visión antropocéntrica asemella imposible de dixerir, pero pode que para ela si que sexa posible.

  8. fab-noerodriguez di:

    As pitóns non son velenosas a pesar do que pense a xente, pois tendemos a asociar que as serpes son perigosas únicamente polo seu veleno. No caso das pitóns, trátase de serpes que asfixian ás súas presas. Ademais, as súas mandíbulas están adaptadas para engulir completamente a súa presa. Tras asfixiar á súa presa, esta é engulida enteira e, tras un longo período de tempo, esta é dixerida.

  9. fab-martapalacios di:

    As pitóns son serpes de gran talla, algunhas de hata máis de 9 metros de lonxitude. Son constríctoras que, como o seu nome indica, matan coa forza bruta e por esta razón non son velenosas xa que non precisan de veleno para cazar e comer.
    O esqueleto dunha pitón ten 400 vértebras.
    O seu cráneo está moi modificado respecto ó modelo básico diápsido. Os osos da mandíbula superior están débilmente unidos ao resto do cráneo e o cadrado pode moverse libremente. Posúe potentes músculos refractores, o que permite unha enorme abertura das mandíbulas e a deglución de grandes presas enteiras.
    Os dentes son agudos e curvados hacia atrás e implántanse tanto no padar como no maxilar e o dentario.

  10. fab-rebecachaves di:

    As pintóns pertencen á clase de serpes constrictoras, case da mesma familia que as boas, e polo tanto ó seren constrictoras no son velenosas.
    Para matar as súas presas as atacan en emboscadas, e soen ser presas inofensivas polo que o ser humano está fora das súas presas normais. Matan a súas presas por asfixia, agarrándoas pola boca e enrolándose arredor do seu corpo, facendo presión sobre os pulmóns e o tronco, para que non poidan inhalar, açinda que a presión sexa alta, estas serpes non chegan a romper os ósos das súas presas.
    Aliméntanse de animais de sangue quente, como paxaros e mamíferos de diversos tamaños, aínda que poden alimentarse de reptiles (incluindo outras serpes), peixes e anfibios e poden chegar a matar animais de tamaño grande como gacelas.

  11. fab-jairotroncoso di:

    Aunque a pitón non sexa velenosa, eso non significa que non sexa perigosa, porque como ben dixen antes e constrictora e mata as súas presas por asfixia, e eso pode ser peor… aunque, unha picadura de serpe, pode ser moi dolorosa.

  12. fab-gretageorgieva di:

    Non as pitóns non son unha especie de serpe velenosa. Para matar ás súas presas, asfíxianas,agarrandoas e coa boca e enrolanse arredor da súa presa, aprentandolles a súa caixa torácica ata que esta deixa de respirar. Para inxerir grandes presas desencaixan a súa mandíbula. Poden chegar a manter as súas maiores presas, como por exemplo os cervos durante varias semanas, nas que permanecen nun estado de letargo.

  13. faa-sergioserantes di:

    As pitóns son un tipo de serpe que non son velenosas, senón constrictoras, para cazar asfixian ás súas presas, exercendo sobre elas unha presión tal que non poden respirar e acaban morrendo.

  14. fab-iciacores di:

    As pitós non son velenosas, pero son unha das especies máis perigosas do mundo. Unha pitón é unha serpe constrictora, e que significa isto? Pois que causan a morte das súas presas co estrangulamento. No acto de constricción, as serpes emplean únicamente o sistema muscular utilizado na locomoción.

  15. faa-veronicanoya di:

    Aínda que as pitóns non son velenosas son unha especie realmente perigosa.
    Son animais carnívoros que se alimenta principalmente de aves, outros réptiles e roedores, pero as máis grandes poden chegar a alimentarse de monos, xabarís, cervos ou incluso guepardos. Debido á súa falta de veneno, para combatir grandes presas, estas serpes empregan a contricción, que consiste en estrangular á presa antes de inxerila.

  16. faa-javierestevez di:

    As pitóns non son velenosas, non matan as súas presas con veleno, senón que, o que fan é estrangulalas co seu corpo ata que que morren por falta de aire.

  17. fab-yamilayelpez di:

    Non son velenosas, levan a cabo a cacería mediante a estrangulación (de ahí que sexa chamada constrictora). Unha característica das pitóns, se eso a máis chamativa, é que poden dislocar a súa mandíbula e estirar moito (e lentamente) a pel, para así inxerir animais maiores ca un rato.

  18. fab-sofiacastineiras di:

    As pitóns son unhas das serpes non velenosas pero sí moi perigosas. Son grandes e musculosas e matan ás vítimas por estrangulamento ou constrición. Normalmente atacan a animais, rara vez matan a seres humanos. Matan ás presas por asfixia, agarrándoa primeiro coa boca e enrolando rápidamente o seu corpo arredor delas, premen ata que a presa é incapaz de inhalar e finalmente morre. Tamén poden premer moito arredor do seu pescozo.

  19. fab-martarodriguez di:

    As pitóns non son velenosas, aínda que poden ser moi perigosas. Son constrictoras, agarran a súa presa coa boca e logo enrólanse nesa para que non poida respirar.

  20. fab-alejandrocosta di:

    Tanto as pitóns coma outras serpentes velenosas son moi perigosas pero eu persoalmente prefereria atoparme cunha pitón antes de unha serpente velenosa, porque ca pitón ainda tes posibilidade de defenderte mentras que unha serpente que che inxeta o veleno e cuestión de tempo que morras

  21. faa-nicolecorbacho di:

    A serpe piton é unha das máis perigosas polo seu veneno se lles cataloga de dañinas, pero isto no é así, a serpe piton non é venenosa sinon constrictora,e dicir que para matar a su presa as estrangulcan.

  22. faa-ricardop di:

    As pitóns son unha especie de serpes non velenosas, matan as súas presas asfixiándoas, provocándolles a morte.
    Por outro lado, segregan unha especie de ácido, que lles permite disolver á presa mentres a degluten e o proceso de dixestión con tal tamaño de presas pode chegar a días, incluso semanas.

  23. faa-christiancacabelos di:

    As pitóns son serpes que carecen de glándulas que xeran neurotoxinas, un veleno neurotóxico que ataca ao sistema nervioso central da víctima, carecen de glándulas que xeran velenos coagulantes que poden provocar unha rápida coagulación do sangue creando trombos que impiden o rego sanguíneo cara o corazón e carecen de glándulas que xeran velenos de tipo destructor de tecidos como son os homeolíticos e os proteolíticos que destruen o tecido conxuntivo e destrúen glóbulos vermellos causando grandes hemorráxias internas; ao non dispoñer destas glándulas que xeran veleno para cazar as présas das que logo se alimentan empregan a súa musculatura corporal para apertar aos animáis que cazan ata que impiden o paso de aire cara os pulmóns da súa víctima que morre desta maneira de asfixia, por este motivo tamén alcanzan esa gran lonxitude e anchura.
    Para engulir presas de gran tamaño dislocan a súa mandíbula que conta con ósos independentes entre sí que están unidos mediante uns ligamentos e estiran a súa pel que conta cun grao de elasticidade elevado, cando cazan e se alimentan de presas de gran tamaño poden precisar horas ou incluso días para engulila e un período de tempo elevado para dixerilas, que pode comprender un par de semanas ou incluso máis e cabe citar que nese período de tempo están indefensas ante o ataque de calquer outro animal o depredador.

  24. fab-raqueloliveira di:

    As pitóns matan ás súas presas por asfixia,case todas aliméntanse de animais de sangue quente, como aves, ou mam´iferos.
    As pitóns son serpentes constrictoras, e non velenosas.

  25. faa-laurapaz di:

    As pitóns pertencen, igual que as boas, á familia das constrictoras, e aínda que son moi perigosas non son velenosas. Matan ás súas presas asfixiándoas, primeiro agarranas coa boca e despois envólvense arredor delas, con tanta forza ata que estas non son capaces de respirar.
    Normalmente, as presas son de pequeno tamaño pero tamén se alimentan de especies grandes, como este crocodilo. Para inxerir estas presas grandes, dislocan a mandíbula e estiran a pel.

  26. faa-fatimalago di:

    As pitóns son un tipo de serpente non velenosa que se atopan en Asia, Australia, e na África subsaharianoa. As pitóns son unha das maiores especies de serpentes mellor coñecidas pola forma en cómo matan ás súas presas, apretándoas lentamente ata a morte antes de tragalas enteiras. Poden alcanzar ata 9,75 m e pesar ata 136 kg. Os diferentes tipos de pitóns teñen marcas distintas, pero polo xeral, son de tonos marrón e verde oliva con ventres brancos.
    As pitóns son confundidas a miudo coas boas constrictor, que matan ás súas presas dunha maneira similar. Sen embargo, as pitóns teñen máis osos e dentes.
    Polo xeral comen pequenos mamíferos, como ratos, pero tambén poden comer animais moito máis grandes, como neste caso.
    Para matar ás súas presas, primiero agarran a un animal vivo cos dentes con axilidade, e logo comenzan a envolver o seu corpo ao redor do animal. Isto recibe o nome de constricción. A pitón detén o proceso de contracción cando o animal se afogou, antes de que os seus osos se trituren. Despois, a pitón trastorna a súa mandíbula e comenza a tragarse á súa presa, xeralmente dende a cabeza. Os músculos dentro do corpo da serpente traballan para empuxar o alimento ao longo do corpo e dixerir o animal.

  27. faa-elenafontenla di:

    As pitóns non son velenosas coma outras especies de serpes, xa que non poseen colmillos cos que poder inxectar veneno. En canto como poden inxerir esas presas de tamaño descomunal é a consecuencia da elasticidade da súa mandíbula. As pitóns poden desencaixala e, grazass a elasticidad e da súa pel, abrir a boca todo o que queiran.

  28. fab-cporto di:

    A serpe pitón non é velenosa senón constrictora, é dicir que para matar a súa presa estrangulaas. Esta clase de réptil distínguese das boas nos dentes do seu premaxilar, as pitón posúen un óso na parte frontal da mandíbula superior; á súa vez, outra das grandes diferenzas é que a serpe piton poñen ovos e as boas dan a luz as súas crías.

  29. faa-noeliaparracho di:

    A min paréceme incrible que unha serpe poida matar a un crocodilo, sabendo que estes son moi letais e teñen chegado a matar leóns, xirafas e incluso persoas que ían armadas.
    Ademais asómbrame ver como unha serpe, aínda que sexa das máis grandes da súa especie, é capaz de comer animais tan grandes sen masticalos, e como o seu corpo admite ben a presa. Se un humano tratase de facer algo parecido acabaría moi mal, claramente porque non estamos adaptados para engulir dese xeito. O feito de que sexan capaces de descolocar a mandíbula é unha gran adaptación para este tipo de animais, aínda que durante a dixestión adoitan ser inmunes, o que resulta unha gran desvantaxe.
    O que tamén me chama moito a antención é a forma que teñen de engulir a presa. Rodéana e fan uns movementos para poder acercala máis a ela que me parecen abraiantes. É incrible velas.
    Tras ver este artigo busquei vídeos en Internet sobre serpes comendo certos animais e atopei serpes comendo animais que nunca me imaxinaría que puideran comer.
    Sen dúbida, as serpes son uns animais moi interesantes e a pesares de que sempre me gustaron cada vez teño máis curiosidade.

  30. faa-larafernandez di:

    A pitón non é una serpe que posúa veleno, polo tanto non é velenosa. Aínda así, eu non me relaxaría se tivera unha ó lado. Co seu grande tamaño pode alimentarse de animais moi grandes, aínda que se decanta por pequenos animais como ratos. A súa forma de alimentarse consiste básicamente na axfisia do alimento. Cando detecta un obxectivo, avalánzase sobre el rodeándoo con seu corpulento corpo e apretando, rompendo osos e cortando a respiranción. Tras matalo, desencaixa a súa mandíbula (xa que e unha especie constrictor) e disponse a comezar a súa comida. Pode tardar horas en comer por completo un animal grande, pero este serviralle de alimento durante meses.

  31. faa-igonzalez di:

    As serpes pitóns non son velenosas, pero por dicir isto, non significa que non sexan perigosas, senon que é unha das máis perigosas do noso planeta. As serpes pitóns, para matar e poder ter alimento, non envelenan, senon que son constrictoras; é dicir que para matar, tráganse as súas presas e as estrangulan.
    Pero, como conseguen isto? Estas serpes, pusúen un oso na parte frontal da mandíbula superior, o cal utilizan para matar a súa presa, agárranas primero ca súa boca e logo enrolan o seu corpo, de maneira moi rápida, ao redor das mesmas. Cando isto ocorre, só falta presionar ata que a presa non poida respirar e morre. A presión que exercen é suficiente para romper algún oso de calqueira corpo.
    Estas serpentes pitóns aliméntanse de animais de sangue quente, é dicir, paxaros e mamíferos. Súas presas poden ser pequenas ou de gran tamaño. Cando tragan a súas presas, deben dixerilas por varios días (se a presa é moi grande, este proceso pode levar varias semanas). Aínda que sabemos que se alimentan de grandes animais, o humano non está incluido na súa cadea alimenticia, polo tanto son inofensivas para nós.

  32. faa-christiancacabelos di:

    Eu comparto opinión con Noelia, as serpes son uns animais cunhas capacidades moi interesantes e cun nivel de adaptación importante para a sua forma de vida, pero aínda así para min son máis interesantes as serpes que matan por inoculación de veleno xa que hai máis variedades de serpes de maior ou menor tamañoe con diferentes tipos de veleno. Algunhas delas son moi agresivaas e cando morden inoculan tal cantidade de veleno que xa non tes nada que facer pois morres en puco tempo, cito á Mamba Negra (Dendroaspis polylepis) que recibe ese nome porque ten o interior da boca negra e aínda que non conta co veleno máis perigoso (ocupando a sexta posición na lista de toxicidade), é a serpe máis rápida do mundo alcanza de 16 a 20 km/h, chega aos tres metros e xunto coa súa agresividade e a gran cantidade de veleno que inxecta á víctima (100 a 120 mg de veleno aínda que pode chegar a inxectar 400 mg) é tal que aínda hoxe non se coñece a ninguén que sobrevivira a súa letal mordedura, a tasa de mortalidade da súa mordedura alcanza o 99’9%.
    Estes datos están contrastados e son dunha búsqueda que fixen en internet, son datos verídicos. A clasificación das serpes máis perigosas según a toxicidade do seu veleno son a primeira a Taipán (Oxyuranus)que é a máis agresiva e dispón dun veleno tan tóxico que mata en cuestión de minutos, co seu veleno pódense matar máis de 120 adultos, conta con tres subespecies: Taipán do interior (Oxyuranus microlepidotus), a costeira (Oxyuranus scutellatus scutellatus) e a papuana (Oxyuranus scutellatus canni) nativa da costa sudeste de Papúa Nueva Guinea. Krait común (Bungarus Caeruleus)o seu veleno é quince veces máis tóxico co dunha cobra e sobreviven a súa picadura unha de cada dez persoas, busca refuxio en camas, calzado e tendas de campaña. Cobra Filipina (Naja Naja Philippinensis) o seu veleno mata por paro respiratorio e é a empregada polos encantadores de serpes. Cobra Real (Ophiophagus Hannah) é a máis grande de todas as serpes velenosas podendo medir máis de cinco metros e a toxina do seu veleno ataca ás conexións interneuronais. Víbora de Rusell (Vipera Russellii) aínda que conta cun veleno menos perigoso que ás anteriores este conta cun poderoso coagulante que dana multitude de tecios, mata máis persoas porque produce un maior número de mordeduras ao cabo do ano.

  33. fab-mmendoza di:

    A pitón pode comer animais de entre un 75 e o 100% da súa masa corporal, malia que é frecuente que algunhas pitóns cheguen a comer animais máis grandes que elas. Por iso, non debería sorprendernos que unha serpe se trague un cocodrilo, tal e como observamos na foto do artigo.
    Unha pitón como a da foto pode pesar entre 7 e 9 kg, mentres que o cocodrilo uns 3kg, medindo un metro. Na vida salvaxe é común que ambos animais encontrens e intenten manter unha batalla, o que gaña polo xeral é a serpe. O crocodilo intentará mordela cos seus poderosos dentes, movendo a cabeza para elo, pero a pitón sabe que tomándolo polo pescozo é imposible que se mova, e ainda que resulte ferida, o seu sistema inmune é moi forte, polo que podrá resistirk o ataque.

  34. fab-beatrizcasal di:

    As pitóns, igual que os súas parentes próximas, as boas, son serpes non velenosas. Normalmente atacan en emboscadas a animais que pasan preto. Matan as súas presas por asfixia, agarrándoa primeiro coa boca e enrolandose rapidamente no seu corpo. Unha vez así, exércense moita presión sobre as costelas e pulmóns da súa presa e deste modo non poden inhalar,

  35. fab-aldaramuniz di:

    As pitóns non son serpes velenosas e polo tanto empregan o seu corpo para matar as súas presas. Como a pitón é grande e musculosa, é capaz de inxerir presas de gran tamaño grazas ó seu método de estrangulamento ou constricción, e que consiste en asfixiar ao animal e apretalo, provocándolle a morte ao romperlle os osos e así podendo engulilo facilmente.

  36. faa-santiagoescudeiro di:

    As pitóns son un tipo de serpes constrictoras, é dicir, non son velenosas, senón que “envolve” á súa presa e exerce unha forte presión sobre ela, causándolle a asfixia. Son perigosas polo feito de que teñen moita forza e poden con grandes animais en relación ao seu tamaño, pero considero que deberíamos terlle máis medo ás serpes velenosas que as constrictoras.

  37. fab-aidagonzalez di:

    As pitóns non son velenosas,senon que pertencen á familia das constrictoras, é dicir, que mata ás súas presas por asfixia. Cando ven á presa que queren atrapar enrólase a ela de xeito que o animal queda completamente envolto pola serpe, deste xeito vaino apretando ata que mata á presa por asfixia, logo vaina engulindo pouco a pouco grazas á gran capacidade que teñen este tipo de serpes para abrir a boca, isto permítelle engulir animais de gran tamaño como o cocodrilo, como sae na foto do artigo.

  38. fab-fatimachaves di:

    As pitóns non son velenosas.Matan ás súas presas por asfixia.Gran parte das pitóns aliméntanse de animais de sangue quente ou de outros reptis.As pitóns poden comer animais entre o 75% e 100% da súa masa corporal aínda que é frecuente que algunhas pitóns cheguen a comer animais máis grandes que elas grazas a gran capacidade que teñen para abrir a boca,por iso non nos debería sorprender que coman cocodrilos como se ve na imaxe.

  39. faa-saracastro di:

    Moita xente pensa que as pitóns son velenosas, en cambio, isto non é así. Unha serpe pitón é perigosa, non por posuir veleno, senón porque é constrictora, é dicir, para matar ás súas presas, antes estrangúlaas.
    Estas serpes non comen só presas pequenas, senón que poden chegar a alimentarse de presas verdadeiramente grandes, como é o caso dun ser humano ou mesmo un crocodilo, como se di neste artigo. Este proceso consta de varias partes. Primeiro, a serpe atrapa á súa presa cos dentes e logo enróscase arredor, apretándoa fortemente ata que morre por asfixia. Despois disto, a pitón desencaixa a súa mandíbula e dilata o seu corpo para poder dixerir así ó animal do que se vai a alimentar. Unha vez inxire á presa, esta permanece durante 2 ou 3 días practicamente intacta no seu interior, facendo que o seu tamaño aumente considerablemente. Logo disto, o seu metabolismo encárgase de ila desfacendo pouco a pouco.

  40. fab-anaoubina di:

    As serpes pitóns non son velenos. Para acabar coas súas presas o que fan é rodeala co seu corpo ata asfixiala. Consegue inxerir presas de gran tamaño debido a súa increíble mandíbula que ten a capacidade de expandir a súa boca e de dislocala. Logo dilatan o seu corpo para engullir ao animal, este proceso dura durante varios dias.

  41. faa-manuelmontes di:

    As pitóns son serpes de tipo constrictor, polo que non son velenosas. Estas matan as súas presas por asfixia, agarrandoas primeiro coa boca e envolvendose rápidamente co seu corpo arredor delas, e unha vez así, comezan a exercer presión sobre as costillas e pulmóns da presa.As pitóns engulen completamente as súas presas e a dixestión dura varios días. Poden alimentarse de animais de diferentes tamaños, dende ratos ata cervos. O ser humano encontrase fóra do tamaño habitual das súas presas, polo que xeralmente son inofensivas, aínda que se as asustas ou provocas non tanto.

  42. fab-mariablanco di:

    As pitóns non posúen veleno. Son serpes que matan ás presas por medio da asfixia, rondeándoa e empregando toda a súa forma ata matala. Despois diso, grazas a mandíbula desencaixante que teñen poden tragar animais tan relativamente grandes como pode ser neste caso un cocodrilo.