UN NOVO VECIÑO ARAGUAIO

O río Araguaia transcorre polo medio do Amazonas, no cal se atopa máis da metade da biodiversidade a escala mundial. Neste río descubriuse unha nova especie de golfiño bautizado como golfiño Araguaia.

 

Hai case un século dende que se descubriu a primeira especie de golfiños de auga doce e aínda seguimos atopando hoxe en día novas especies.

Os golfiños de auga doce caracterízanse por ter un fociño dentado, longo e fino, co que cazan facilmente peixes. Ademais, o seu pescozo diferénciase dos golfiños de mar en que teñen maior mobilidade, xa que as súas vértebras cervicais non están unidas. Tamén se diferencian no número de dentes, que no golfiño Araguaia é menor. Cabe destacar que a forma e o tamaño do cranio e mandíbula son diferentes do resto das especies.

Este golfiño descubriuse cando se trataba de investigar se as especies de golfiños que habitaban na conca do Amazonas e no río Araguaia eran as mesmas, xa que antes estas zonas compartían fauna.

O descubrimento desta nova especie estrañou moito ós investigadores, que realizaron experimentos con ADN das mitocondrias dos golfiños para comprobar se efectivamente era unha nova especie. Tras realizar esa proba e algunha máis, chegouse á conclusión de que si que se trataba dunha nova especie.

Calcúlase que o golfiño Araguaia xurdiu hai uns dous millóns de anos e o número de individuos nesta especie está entorno ós 1500.

O descubrimento desta nova especie trae consigo boas noticias: o número de especies de golfiños de auga doce, os cales se atopan en perigo de extinción, aumenta.


Autora: Noelia Parracho Rial.

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

23 Responses to UN NOVO VECIÑO ARAGUAIO

  1. faa-begonasuarez di:

    Na miña opinión esta é una estupenda noticia, xa que se trata do descubrimento dun novo golfiño de auga doce, o golfiño Araguaia, que xurdiu hai uns dous millóns de anos. O positivo é que o número de golfiños que había en perigo de extinción aumenta. Que vaian aparecendo distintas especies de animais é algo marabilloso, quen sabe a de especies que pode haber e nós aínda sen coñecelas.

  2. faa-marcromero di:

    O primeiro en que pensín ao rematar de ler este artigo foi noutro golfiño de río, o Baiji, “Lipotes vexillifer”, extinto ou desaparecido dende o ano 2008…

    Tan so teño unha cousa que dicir sobre os mamíferos acuáticos, son moi intelixentes e moi adaptables no caso concreto dos golfiños, por esta razón, non creo que estén ameazados de forma natural. Pero ao tratarse de animais de gran tamaño, atopanse amenazados directa e indirectamente pola man do home. Accidentes con embarcacións, caza, falta de alimento por sobrepesca e a polución das augas, están por acabar coa biodibersidade de todos os ecosistemas do mundo e é unha pena. Solución? Concienciar á xente para que critique esta situación.

    Para finalizar quero remarcar que estamos diante de unha moi boa noticia chea de obtimismo, e personalmente creo que na Amazonia hai moitas espécies que todavía non coñecemos.

  3. fab-marcosdaporta di:

    Paréceme estraño que “o número de especies de golfiños de auga doce, os cales se atopan en perigo de extinción, aumenta” non podemos preservar unha soa, dubido que que poidamos mantelas todas.
    E outra cousa que paréceme estraña é que só no Amazonas esté metade da biodiversidade mundial. Dubido que sexa porque as condicións do Amazonas sexan perfectas para esto senon que no resto non hai coidado polo medio ambiente.

  4. fab-sporto di:

    Penso que é bo que aparecese unha nova especie de golfiños aínda que non estou de acordo con eso que o artigo nos di ” O descubrimento desta nova especie trae consigo boas noticias: o número de especies de golfiños de auga doce, os cales se atopan en perigo de extinción, aumenta” xa que con unha soa especie non se fai nada.
    O artigo tamén nos fala de que no Amazonas se encontra a metade da biodiversidade mundial eu penso que isto se debe a que no Amazonas hai unha temperatura alta para o desarrollo da vexetación e mantén un equilibrio climático.

  5. faa-fatimalago di:

    Neste artigo Noelia estanos a falar dunha nova especie de golfiño de auga doce, que foi localizada no río Araguaia (Brasil), e que recibiu o nome de “Inia araguaiaensis”.
    Según os investigadores que deron a coñecer o descubrimento na revista científica “Plos One”, estos animais xa eran coñecidos polos habitantes locais, pero a ciencia non dera con eles ata agora.
    O novo delfín únese ás outras catro especies coñecidas no mundo destes cetáceos que viven nun ambiente de auga doce.
    Unha das características máis chamativas deste golfiño é a súa dentadura, que como ven se di no artigo, é menor, presenta só 24 dentes por mandíbula, mentras que as outras teñen entre 25 e 29 dentes por mandíbula.
    Estímase que a poboación deste novo cetáceo non supera os 1000 individuos, un número baixo que fai que sexa unha especie altamente vulnerable ao impacto humano. Que se descubrira agora pode axudar a trazar a tempo plans de conservación para preservar o seu hábitat dos perigos que ameazan este entorno natural. As outras catro especies coñecidas están incluidas xa na “Lista Roja” da UICN como animais en perigo crítico de extinción.

  6. fab-saulmondragon di:

    Desde logo é unha boa noticia que descubran outra especie,en Brasil,de golfiño de auga doce,pero apesar deste descubrimento e tantos outros que se levanron acabo ao longo do tempo o home non fara nada para salvar a esta especie e outras que só contan entre 1.000 e 2.000 exemplares.

  7. fab-jairotroncoso di:

    Creo que esta noticia, é unha moi boa noticia. Porque si é verdade que as especies de golfiños de augas doce se están a extinguir, con esta nova especie, pois como dice no artigo, ahora estase a aumentar. Pero non solo por eso, sinon por descubrir, pois outra especie animal que descoñeciamos ata o momento.

  8. fab-raqueloliveira di:

    Esta é unha noticia impresionante porque o feito de que aparexcan máis especies de unha raza que está en perigo de estinción é maravilloso.
    O golfiño Araguaia, xurdiu hai dous millóns de anos, os goliños de auga doce estan extinguíndose e o feito de que se halla descubrido unha nova especie é magnífico.

  9. fab-rebecachaves di:

    O descubrimento de novas especies é sempre boa noticia, esta especie súmase ás 37 diferentes tipos de especies de golfiños, estas especies divídense en 17 xéneros: Cephalorynchus, Delphinus, Feresa, Globicephala, Grampus, Lagenodelphis, estes son algúns destes xéneros, neste caso estes serían golfiños oceánicos.
    A pena é que haxa moi poucos golfiños desta especie, xa que se o ser humano non as coidas acabarán por extinguirse.
    Según os científicos, este golfiño é moito máis pequeno que o resto de outras especies con parentesco próximo e tamén ten menos dentes, xa que só ten 24, mentres que os outros golfiños teñen entre 25 e 29.

  10. fab-elisaperez di:

    Penso que polo propio feito de que se descubrise unha nova especie, sexa o animal que sexa, é unha moi boa noticia, xa que estes animais (os golfiños) están en perigo de extinción (como moitos outros animais), e por iso é dificil atopar novas especies.

  11. fab-martapalacios di:

    Sempre é bo descubrir especies novas e aínda que só sexa unha, isto axuda ó aumento dos golfiños de río que están a extinguirse. Ademais, mentres se siga descubrindo fauna no planeta terra significará que pode haber outras especies relacionadas, e iso todo suma beneficios en contra do perigo de extinción.

  12. fab-ariadnacordal di:

    Como comentaron os meus compañeiros, o descubrimento dunha nova especie é un feito moi importante para poder levar un rexistro dos diferentes animais e plantas que habitan no planeta, poder protexelos e, así mesmo, evitar a súa extinción. Non obstante, semella que non estamos a coidar o medio ambiente nin a súa biodiversidade; a pesar das lexislacións destinadas á protección da natureza vixentes en moitos países do mundo, é certo que poderiamos destinar máis recursos a este campo.
    Cómpre concienciarnos acerca dos danos que causan a contaminación dos núcleos industriais e tamén reflexionar sobre outros actos, como o da cacería innecesaria de animais.

  13. faa-gabriellopez di:

    Esta nova especie e unha boa noticia xa que ainda hai especies que estan por descubrir e non se coñecen todas as especies do mundo mariño. Tamen seguramente tiveron que adaptarse o cambio climatico que esta hoxe en dia repercutindo, e que se adaptaran tan ben e algo moi inusual porque a maioria das especies non se soen adaptar a estes cambios na temperatura. E unha gran noticia para os cientificos e para o mundo mariño.

  14. fab-beatrizcasal di:

    Na miña opinión esta é unha noticia marabillosa porque sempre é bo encontrar novas especies de animas aínda que sexa só unha, aparte o coñecemento de que este animal o golfiño esta en perigo de extinción supón máis satisfacción.

  15. fab-tcores di:

    Sempre é bo encontrar unha nova especie, pero sobre todo dos animais que están en extinción. Aínda así, paréceme incrible que despois de tantos anos que levan existindo, aínda se deran a coñecer agora.
    Aínda así, hai que recoñecer que non servirá de nada que aparezcan novas especies se o ser humano o único que fará será destruír a natureza. Falo sobre a contaminación nos ríos de agua doce, e de como non fan nada para arregralo. Xa que lle seguen permitindo, por exemplo, as fábricas depositar os seus restos orgánicos nos ríos ou simplemente no mar. Aparte dos cazadores, que se seguen así, acabaran coa maioría dos animais, cando non debería de ser así.

  16. fab-gretageorgieva di:

    Neste artigo falase do descubrimento dunha Nova especie do golfiño procedente de Brasil. É un avance para a natureza e ao biodiversidade xa que este animal está en perigo de extinción a parte negativa é que soamente contamos cuns 1500 exemplares. O home debería coidar máisba natureza para poder disfrutar de cousas como estas.

  17. faa-noeliaparracho di:

    Fixen o meu artigo sobre esta boa nova xa que me parece moi interesante saber sobre as novas especies que se van descubrindo no noso planeta.
    Ademais, aínda que descubrir unha nova especie é importante sexa do tipo que sexa, o descubrimento dunha nova especie de golfiño de augas doces é especialmente importante xa que este tipo de golfiños escasean.
    Unha cousa que nunca deixará de sorprenderme é o feito de que, a pesar de que temos moitas novas tecnoloxías e aparellos moi eficientes, nunca deixan de saír á luz novas especies que levan ocultas ó coñecemento humano millóns de anos.
    Porén, aínda que os humanos sabemos que este tipo de golfiños (e outras especies, xa sexan mariñas, de augas doces ou terrestres) escasean, seguimos a contaminar o medio no que viven, facendo que desaparezan cada vez máis especies e que a biodiversidade diminúa.

  18. faa-adrianbarreiro di:

    Esta é unha boa noticia para as especies de golfiños de auga doce xa significa que pouco a puco están aumentando as especies de golfiños en perigo de extinción. Con cada nova especie de golfiño de auga doce que se descobre aumentan as esperanzas de supervivencia todo o conxunto de especies de estes animais. Esto non pasa so cos golfiños, pasa con calquera especie animal en perigo de extinción na que se descubra unha nova especie de individuos.

  19. fab-iciacores di:

    Na época na que vivimos, atopar novas especies tanto animais coma vexetais, é sempre unha boa nova. Durante os anos, e sobretodo ultimamente, podemos ver como moitas das especies desaparecen totalmente e outras tantas están en perigo de extinción. Busquei un pouco de información sobre este tipo de animais e como di Noelia, non contamos cun gran número deles en auga doce. Penso tamén que os descubrimentos de novas especies sempre serven de reflexión, pois a pesar de aparecer novas, moitas outras desaparecen, e isto axuda a concienciarnos de si queremos un mundo con 4 tipos de animais ou un mundo cunha total biodiversidade.

  20. faa-igonzalez di:

    O descubremento de novos exemplares de animais, neste caso de mamíferos, é unha boa noticia de que podemos investigar as cousas, ata chegar a un punto, onde podemos diferenciar diferentes especies. Isto é moi bo para a ciencia, e tamén para o mundo animal.
    Estas novas especies, poden causar tamén, perigos noutros animais, ou inclusive, noutros golfiños.

  21. fab-anaoubina di:

    O descubrimento dunha nova especie é un feito moi importante para poder levar un rexistro dos diferentes animais e plantas que habitan no planeta, ademais é unha boa noticia xa que este tipo de golfiños escasean. Mentres se siga descubrindo fauna no planeta significará que pode haber outras especies relacionadas, e todo iso suma beneficiosamente en contra do perigo de extinción.

  22. fab-iriamartinez di:

    Paréceme un bo descubrimento xa que o número de delfíns de auga doce, se encontran en perigo de extinción. Esta nova especie de delfíns ten máis de 2 millóns de anos, os investigadores cren que provén da mesma familia dos coñecidos como delfíns rosas habituais nas augas do río Amazonas, polo que durante séculos se pensou que se trataba do mesmo tipo.

  23. fab-yamilayelpez di:

    Sen dúbida, que sigamos atopando novas especies nos nosos tempos é unha boísima noticia. Paréceme curioso que aínda o día de hoxe sigan aparecendo tipos de golfiño, aínda que sabemos que os golfiños caracterízanse pola sua gran intelixencia. O malo de ser “descoberta” é que realmente é agora cando a temos que respetar, xa que a maior parte das veces o ser humano é o responsable da desaparición de certas especies.