O CANCRO DE MAMA, TAMÉN NOS HOMES

Cando pensamos no cancro de mama, o  máis frecuente é que a todos se nos veña a mente a imaxe dunha muller, é certo que parece extraño que un home o sufra tamén, pero non é imposible. Nestes momentos só representan o 1% de todos os casos. A idade media na que se pode padecer é entre os 60 e 70 anos, pero iso non quere dicir  que non  poida afectar a homes de calqueira idade .
Ao igual que ocorrce no caso das mulleres este tipo de tumores é provocado por exposicións a radiación ionizantes e a situacións de hiperestroxenismo , como a  cirrose ou o síndrome de Klinefelter (alteración cromosómica cun cromosoma feminino adicional ‘XXY’) ou tamén altos niveis de estróxeno.
Entre o 15-20 % dos  homes con cancro de mama teñen antecedentes familiares cercanos con esta enfermidade (as fillas e irmáns dos pacientes teñen un elevado risco de padecer o mesmo).

Os síntomas son semellantes ós que poida presentar unha muller, bultos nos peitos, pel arrugada, pezón irritado ou escamoso e secreción de líquido.
O tratamento soe ser unha mastectomía ou outros que incúen radiación, quimioterapia ou terapia hormonal, sendo estes tratamentos non excluíntes entre eles.
O problema máis habitual para detectalo nos homes é que como é un tipo de tumor pouco habitual no xénero masculino (no 2013 en EEUU faleceron arredor de 400 homes), pénsase noutras moitas afeccións antes de pensar que é cancro de mama.

 

Autora: Greta Georgieva

Esta entrada foi publicada en Bioloxía celular, Medicina, Saúde e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

21 Responses to O CANCRO DE MAMA, TAMÉN NOS HOMES

  1. Victor di:

    En que consiste, concretamente, un cancro de mama? Sería lóxico pensar que os homes tamén poderían padecer un cancro de mama?

    • faa-begonasuarez di:

      O cancro de mama consiste no crecemento anormal de células nocivas no tecido mamario. Existen dous tipos principais, que son o carcinoma ductal (comeza nos condutos que levan o leite das mamas ao pezón) e o carcinoma lobulillar (comeza onde se produce a leite materna). Para detectar este cancro utilízanse diferentes probas coma a mamografía, a ecografía ou a resonancia magnética.Como ben di o artigo, este cancro é provocado por exposicións a radiación ionizantes e tamén por posuír altos niveis de estróxeno. Tamén corremos risco de padecelo se hai parentes cercáns con esa enfermidade.
      Aínda que pareza que só lle afecta ás mulleres, o 1% son homes.

  2. faa-sergioserantes di:

    O cancro de mama relaciónase co crecemento de células malignas dun xeito fóra do normal na zona do texido mamario. Engloba á súa vez dous tipos de cancros: un que se refire ao crecemento desas células malignas na zona da magma onde se produce o leite materno, e outro no que esas células se desenvolven nos conductos polos que é transportado o leite. Esto fai crer que non é unha doenza que poida afectar ao home, pero ata o 1% dos tratados polo cancro de mama son varóns.

  3. fab-raqueloliveira di:

    O cancer de mama o crecemento anormal de células malignas no texido mamario.
    Creo que os homes non poderían ter este cancro porque non teñen a mama tan desarrollada como as mulleres.

  4. fab-rebecachaves di:

    O denominado cancro de mama é o crecemento anormal de células malignas que se atopan no texido mamario.
    Algúns factores que poden chegar a provocar esta enfermidade son os seguintes: idade avanzada, primeira menstruación a temprana idade, idade avanzada no primer parto, non dar nunca á luz, consumir hormonas como estróxeno e proxesterona, consumir licor, etc. As persoas de raza blanca soen ser máis propensas a este tipo de enfermidades. E nalgúns casos, esta enfermidade é hereditario.
    Dentro de este cancro existen dous tipos principales: carcimoa ductal e o carcicoma lobulillar.

  5. fab-raqueloliveira di:

    Rectifícome, un home si pode ter cancro de mama porque índa que non teña a mama tan desarrollada ten mama.

  6. faa-veronicanoya di:

    Un cancro é un crecemento anormal de células malignas nunha parte do noso corpo. Cando este crecemento se produce na zona do texido mamario chámase cancro de mama.
    Como di Sergio, o cancro de mama pode ser polo crecemento das células malignas na zona na cal se produce o leite materno ou nos conductos de transporte deste leite, polo que é pouco probable que un home sufra esta enfermidade.
    Pero aínda que as mulleres son máis propensas a esta enfermidade, os homes tamén a poden padecer se están baixo exposición de radiación, concentracións altas de estróxenos ou por antecedentes familiares.

  7. fab-anaoubina di:

    As mamas ou senos compoñense de graxa, tecido conectivo e glandular. En este tecido encontranse as glándulas productoras de leite das que nacen uns 15 ou 20 conductos mamarios, para transportar o leite ao pezón, rodeado pola areola. Os tecidos mamarios están conectados, ademais, con un grupo de ganglios linfáticos, localizados na axila. Estos glángios son claves para o diagnóstico do cancro de mama, porto que as células canceríxenas exténdense a outras zonasdo organismo a través do sistema linfático. O cancro consiste basicamente no crecemento de células malignas no tecido mamario. O cancro non pode afectar aos homes.

  8. faa-igonzalez di:

    O cancro de mama é o crecemento anormal de células malignas no tecido mamario. Os síntomas do cancro de mama poden incluir a presenza dunha masa na mama, un cambio de tamaño ou forma da mama, ou incluso secrecións polo pezón.
    O cancro de mama masculino é, tamén, unha afección na que se forman células malignas (canceríxenas) nos tecidos da mama. O cancro de mama pódese presentar en homes de cualqueira idade , pero xeralmente, detéctase en homes de 60 a 70 anos. O cancro de mama nos homes é moi pouco habitual, pero si se dá a casualidade de detectarse, aparece, a maior parte das veces, por mutacións xenéticas hereditarias.

  9. fab-elisaperez di:

    O cancro de mama é o crecemento anormal de células malignas no texido mamario. Existen dous tipos: o carcinoma ductal e o carcinoma lobulillar. Os principais factores de risco de contraer cancro de mama inclúen unha idade avanzada, a primeira menstruación a temprana idade, idade avanzada no momento do primeiro parto, antecedentes familiares de cancro de mama, consumir licor ou ser de raza blanca. Para detectar o cancro de mama utilízanse diferentes probas, como a mamografía ou a ecografía. Do total dos carcinomas de mama menos do 1% ocorren en varóns. A porcentaxe é baixa, ainda que pode ocorrer.

  10. faa-fatimalago di:

    O corpo está composto por millóns de millóns de células vivas. As células normais
    do corpo medran, divídense en novas células e morren de maneira ordeada.
    O cancro orixínase cando as células nalgunha parte do corpo comezan a medrar de maneira descontrolada. Hai moitos tipos de cancro, pero todos eles comezan debido a este crecemento sen control de células. Este crecemento das células cancerosas é diferente ao crecemento das células normais. No canto de morrer, as células cancerosas continúan medrando e formando máis células cancerosas, que poden “invadir” outros texidos. Esta posibilidade é a que as fai ser cancerosas. Na maioría dos casos, as células cancerosas forman un tumor.
    Un dos tipos de cancro é o cancro de mama. Este cancro é un tumor maligno que se orixina nas células da mama debido a un crecemento desenfreado de células malignas no texido mamario. Esta enfermidade ocorre principalmente nas mulleres, pero os homes tamén poden padecela. Existen dous tipos principais de canco de mama, o carcinoma ductal (o máis frecuente) que comenza nos conductos que levan leite dende a mama ata o pezón e o carcinoma lobulillar, que comeza nunhas partes das mamas chamadas lobulillos, que producen o leite materno. Os principais factores de risco de contraer cancro de mama inclúen unha idade avanzada, a primera menstruación a temprana idade, idade avanzada no momento do primeiro parto ou nunca haber dado a luz, antecedentes familiares de cancro de mama, o feito de consumir hormonas (estróxeno e proxesterona), consumir licor e ser de raza branca. Entre o 5 e o 10% dos casos, o cancro de mama é debido a mutacións xenéticas herdadas.

  11. faa-laurapaz di:

    O cancro de mama consiste no crecemento anormal das células malignas do tecido mamario. Podemos diferenciar dous tipos: o máis frecuente, o carcinoma ductal que comeza nos conductos que transportan o leite e o carcinoma lobulillar que comeza na parte na que se produce o leite.
    Os homes tamén poden sufrir este cancro, aínda que teñen moitas menos posibilidades, un 1%.

  12. faa-manuelmontes di:

    O cancro de mama consite no crecemento anormal que se produce no texido mamario de células malignas. Hai dous tipos de cancro que son: a máis frecuente é o carcinoma ductal que comeza nos conductos polos que vai o leite ata o pezón; e o carcinoma lobulillar, este comeza nas partes das mamas que producen o leite materno.
    É moi extraño que os homes teñan cancro de mama, pero o 1% dos homes padeceno polo que este problema tamén pode darse nos homes.

  13. fab-javiercarou di:

    O cancro de mama consiste no crecemento das células malignas do tecido mamario. Existen dous tipos: o carcinoma ductal, que comeza nos conductos que transportan o leite, e o carcinoma lobulillar, que comeza nunhas partes das mamas onde se produce o leite.
    É posible que os homes sufran este cancro aínda que é moi pouco probable, xa que soamente teñen un 1% de posibilidades

  14. fab-cporto di:

    O cancro de mama é o crecemento anormal de células malignas no tecido mamario. Existen dous tipos principais de cancro de mama, o carcinoma ductal a máis frecuente que comeza nos condutos que levan leite dende a mama ata a mamila e o carcinoma lobulillar que comeza en partes das mamas, chamadas lóbulos, que producen o leite materna.
    Os principais factores de risco de contraer cancro de mama inclúen unha idade avanzada, a primeira menstruación a temperá idade, idade avanzada no momento do primeiro parto ou nunca ter dado a luz, antecedentes familiares de cancro de mama, o feito de consumir hormonas tales como estróxeno e proxesterona, consumir licor e ser de raza blanca. Entre 5 a 10% dos casos, o cancro de mama é causado por mutacións xenéticas herdadas.
    É posible que os homes teñan cáncer de mama pero pouco probable xa que é do 1%

  15. fab-gretageorgieva di:

    O cancro de mama consiste no crecemento anormal das células malignas do tecido mamario. Os homes podes sufrir este tumor ao igual que as mulleres xa que eles tamen teñen mamás coa diferenza que están sen desenrolar. Pero aínda así non é moi habitual pero non imposible.

  16. fab-iriamartinez di:

    O cancro de mama é o crecemento anormal de células malignas no tecido mamario. Existen dous tipos principais de cancro de mama, o carcinoma ductal a máis frecuente que comeza nos condutos que levan leite dende a mama ata a mamila e o carcinoma lobulillar que comeza en partes das mamas, chamadas lóbulos, que producen o leite materno.As mulleres son máis propensas a esta enfermidade, pero os homes tamén a poden padecer se están baixo exposición de radiación, concentracións altas de estróxenos ou por antecedentes familiares.

  17. fab-martapalacios di:

    O cancro de mama é o crecemento anormal de células malignas no tecido mamario. Existen dous tipos principais de cancro de mama: o carcinoma ductal que é a máis frecuente e comeza nos conductos que levan leite dende a mama hata o pezón e o carcinoma lobulillar que comeza en partes das mamas, chamadas lobulillos, que producen a leite materna.
    Aínda que só o 1% dos homes o contraen, é posible que poidan sufrir cancro de mama.

  18. fab-noerodriguez di:

    O cancro de mama é un tumor maligno orixinado no seno. Este tumor trata de “invadir” os tecidos mamarios ata producir metástase. Esta enfermidade ocorre case exclusivamente en mulleres, aínda que os homes tamén a poden padecer, pero con moi baixas posibilidades de que isto pase.

  19. fab-manuelgonzalez di:

    O cancro de mama refírese a unha enfermedades que consiste nun tumor maligno na zona do peito,ou que é o mesmo,o crecimiento anormal duchas células malignas no tecido mamario,chegando,nos casos das mulleres(que é máis común esta enfermedades nelas) a ter que amputar os senos. Nos casos do home,a probabilidade de obtela é inferior a o 5%.

  20. fab-alejandrocosta di:

    Eu sinceramente pensaba asta hoxe que os homes non tiñan cancro de mama, pero vin que me enganaba, supooño que este cancro e menos frecuente nos homes que nas mulleres porque as mulleres teñen máis desarrollados os senos.