DESXEO

Hai moitos anos, a xente temía ós glaciares. Estes eran moi accesibles, xa que por exemplo en Suiza, un podía acceder ás entrañas do glaciar do Ródano a través dun túnel que se abría cada verán  xunto ó Hotel Belvedere.

En verán o Ródano contén moita máis auga que provén nunha cuarta parte doutros glaciares. Estes glaciares xa non son visibles dende o val, xa que cada día van desvanecéndose pouco a pouco. Este problema comezou no século XIX debido ás oscilacións climáticas. Ao igual que no Ródano, o desxeo dos glaciares produce un aumento no cauce dos ríos,  a curto prazo, e, a longo prazo, acabará por provocar a subida do nivel de auga nos océanos.

 

Este desxeo é moi diferente do desxeo cíclico producido nas primaveras. Dende o ano 1850 ou o ‘Fin da Pequena Idade de Xeo ‘ os glaciares diminuiron o seu volume de xeito considerable, culpándose ó efecto invernadoiro e ao desenvolvemento tecnolóxico pola súa contaminación. Se deixáramos actuar á natureza por si soa,  atoparíamonos, que dentro dun milenio ou dous  produciríase outra glaciación.

A pesar de que cada día diminúen en tamaño, os glaciares buscan o equilibrio da seguinte maneira: buscan unha altitude e unha masa nas cales a neve que acumulan sexa igual que ó xeo que se derrite.


Autora: Rebeca Chaves

 

Esta entrada foi publicada en Cambio Climático e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

24 Responses to DESXEO

  1. Victor di:

    E en Galicia, tamén hai probas de que se está a producir un cambio climático?

    • faa-begonasuarez di:

      En Galicia por suposto que hai probas de que nos afecta o cambio climático:
      Unha desas probas é o aumento do nivel no mar nas costas, o que tivo xa consecuencias con procesos erosivos .
      Outro cambio foi o aumento de CO2 produto da acción humana que forma en contacto coa auga, ácido carbónico, o que diminúe o pH dos ecosistemas.
      Debido ao aumento de temperatura no mar, incrementouse a presenza de peixes característicos de latitudes tropicais e subtropicais, e descendeu a presenza de peixes de latitudes subpolares.
      O cambio climático tamén afectou negativamente no crecemento do mexillón nas bateas e a proliferación de microalgas dañinas (‘mareas vermellas’) que obrigan ao peche das bateas.
      Hai factores que contribúen ao incremento incendios coma os producidos en 2006, coma o descenso de precipitacións, o aumento das temperaturas e una maior probabilidade de olas de calor. Os incendios agravan as consecuencias negativas sobre a recuperación da vexetación nos nosos bosques.
      Respecto á flora, algunhas especies arbóreas debido a todos estes cambios poderían chegar a desaparecer. Ademais prodúcense tendencias ao adiantamento das datas de floración en especies coma o Castaño e o Sauce; e adiantamento das datas do brote da folla e caída da mesma. Respecto á fauna, a chegada de golondrinas a Galicia adiantouse e a migración retrasouse.

    • fab-tcores di:

      Por suposto en Galicia tamén se está a producir o cambio climático.
      Chámaselle cambio climático á variación globar do clima na Terra. Este fenómeno é debido as causas naturais e tamén a acción do home sobre ela e producense a moi diversas escalas de tempo sobre todos os parámetros climánticos; a temperatura, precipitacións, nubosidade, habitat de animais, etc.
      O término “efecto invernadoiro” refirese a retención do calor do Sol na atmósfera da Terra por parte dunha capa de gases nela. Sen estes gases a vida na Terra non sería posible, xa que o planeta sería demasiado frío. Entre estos gases encontranse o dióxido de carbono, o nitroso e o metano, que son liberados polos seres humanos (agricultura, combustibles fósiles, industria). A concentración destos gases aumentaron un 30% desde o século pasado.

  2. faa-sergioserantes di:

    Galicia, coma calquer outro lugar do mundo, está sufrindo o cambio climático. Isto faise apreciable no feito de que, por exemplo, en moitas serras galegas do interior galego, que roldan os 1000 metros de altitude, fai uns trinta anos podían verse nevados os seus cumios e zonas máis altas case todo o inverno e algúns meses de outono e primavera, e agora esas nevadas sexan unicamente puntuais. Algunhas serras nesta situación son a serra de Candán, do Faro ou da Cova da Serpe.

    • fab-raqueloliveira di:

      En todas as partes do mundo sufren efectos climáticos polo tanto en Galicia tamén.
      Como ben di Sergio, ahora xa apenas se ven as montañas nevadas,antes podíamos observar este fenómeno con máis frecuencia pero agora apenas.

  3. fab-marcosdaporta di:

    O cambio climático non só provoca un amunento xeral da temperatura senon que tamén provoca que o clima se extremice sendo moi frío en inverno e moi caluroso no verán.
    Estes últimos anos estamos vendo inundacións en inverno por ter incesantes choivas e sequías en verán. Estando en primaveira tamén parece que estamos en inverno e dun día para outro temos 25 grados dicindo que empeza o verá. Tal vez sexa moi temprano para dicir que é por culpa do cambio climático ou unha casualidade pero…

  4. fab-rebecachaves di:

    En Galicia tamén se está a producir un cambio climático, xa que é un problema que afecta a nivel mundial.
    Fai anos era posible que en Galicia nevara incluso nas zonas máis próximas á costa, nenbergantes isto xa non é posible, tamén pode verse isto nas mmontañas máis altas, cando antes estaban por completo recubertas de neve, agora costa máis velas nevadas. Nuns anos o desxeo poderá afectar as costas de Galicia, subindo o nivel do mar, isto afectaría ós pobos costeiros e as praias, que nuns anos algúns deles poderían quedar sumerxidos.

  5. faa-veronicanoya di:

    O cambio climático é un problema de carácter mundial, polo tanto, ó igual que o resto do mundo, Galicia tamén se ve afectada.
    Unha das formas de observar estes cambios pode ser cos frigoríficos ou fresqueiras do monasterio do Cister.
    Estas fresqueiras estaban nos montes galegos que se atopaban nevados gran parte do ano, pero nos que actualmente, é pouco habitual atopar neve.

  6. fab-anaoubina di:

    A concentración de Gases de Efecto Invernadoiro na atmósfera é un fenómeno natural que ao absorber enerxía do sol provoca un aumento na temperatura do Globo Terrestre. En Galicia tamén se produce o cambio climático xa que este é un problema a nivel mundial. Este aumento da temperatura orixinou problemas significativos como o aumento da cantidade das precipitacións, veráns con temperaturas máis altas, incremento do nivel do mar e maior cantidade de incendios forestais.

  7. faa-laurarey di:

    O aumento do nivel do mar e da temperatura, ademáis da chegada de especies acuáticas tropicais, descenso do crecemento dalgúns organismos filtradores como os mexillóns, desaparición da neve na maior parte dos cumios galegos, son algún dos exemplos que amosan un cambio climático en Galicia.

  8. fab-jairotroncoso di:

    Galicia non se salva de este cambio climático e súfreo como outro calquer lugar. Unha proba de este cambio, é a subida da auga nas costas, o aumento da temperatura…e tamén se pode ver pois no clima, ahora nos invernos chove máis e de forma máis brusca e no verán fai máis calor.

  9. fab-saulmondragon di:

    Ao ser un problema mundial claro que afecta a Galicia como a todas as comunidades e cidades que se encontran petro da costa,este tamen xenera cambios en climas de rexións de paises enteiros ata de pequenos microclimas como sucede en rexións de gaicia.O cambio climático esta matando a miles de animais debido ao aumento das temperaturas do seu medio ven sexa auga,terra ou aire;

  10. faa-manuelmontes di:

    A Galicia, coma no resto do mundo, afectalle o cambio climático. A principal pode ser o aumento das chuvias e inundacións, mentres que en verán pasa todo o contrario, case non chove e fai moita máis calor. Ademais de antes incluso nevaba moito máis preto de aquí. O desxeo dos polos aumentará o nivel do mar e os pobos que se aatopen preto da costa quedarán sumerxidos.

  11. fab-javiercarou di:

    Galicia, coma calquera outro lugar, sufre o cambio climático. Este fenómeno podémolo presenciar sobretodo na temperatura, xa que, aparte de subir considerablemente, podemos observar cambios moi bruscos entre estacións. E dicir, invernos moi fríos e húmidos e veráns moi calurosos e secos.

  12. fab-ariadnacordal di:

    Hai investigacións que afirman que nun prazo de 50-70 anos, o nivel de mar da costa galega aumentará aproximadamente 2’2 mm por ano e que a temperatura, ao igual, subirá uns 3’6 graos. Tamén haberá un descenso moi grande (dun 29%) respecto ás cifras das chuvias estivais e a temperatura do mar (e dos ríos) tamén se elevará uns graos, o que pode resultar moi perxudicial para a pesca e o mariqueo. Non obstante, podemos apreciar algúns cambios que nos están a afectar xa agora; como por exemplo, o retraso da recollida e comercialización do mexillón. Este feito débese a un cambio no réxime de ventos, que afecta ao mexillón e á propagación de algas nocivas, as cales provocan as mareas vermellas. Ademais, podemos destacar moitas outras consecuencias; o aumento de incendios forestais, a desorientación de aves e en xeral, efectos negativos na fauna e na flora, etc.

  13. faa-fatimalago di:

    En Galicia, como en moitos outros lugares, tamén se da o coñecido como “cambio climático”. Este fenómeno é a variación global do clima da Terra. É debido a causas naturais e tambén á acción do home e prodúcese a moi diversas escalas de tempo e sobre todos os parámetros climáticos: temperatura, precipitacións, nubosidade…
    Un informe recente da Axencia Europea de Medio Ambiente sitúa ó noroeste peninsular como unha das zonas europeas na que máis notables serán as consecuencias do quentamento global do planeta. Dise que a medio plazo (entre 50 e 70 anos) o sur do continente será o máis perxudicado polo ascenso das temperaturas, o desxeo ártico e a subida do nivel do mar. Haberá sequías máis prolongadas e os vrans serán máis longos. A Galicia tocaranlle de cheo todos estos factores. Na costa galega o mar subirá 2,2 milímetros cada ano (un dos valores máis altos previstos para Europa), as temperaturas, ó menos 3,6 grados e tamén se prevé un descenso pluviométrico do 29% no vran.

  14. fab-sporto di:

    En Galicia, coma no resto do mundo, afectalle o cambio climático. Este fenómeno é a variación global do clima da Terra. É debido a causas naturais e tambén á acción do home e prodúcese a moi diversas escalas de tempo e sobre todos os parámetros climáticos: temperatura, precipitacións, nubosidade…
    A principal pode ser o aumento das chuvias e inundacións, mentres que en verán pasa todo o contrario, case non chove e fai moita máis calor. O desxeo dos polos aumentará o nivel do mar e os pobos que se aatopen preto da costa quedarán sumerxidos. Hai investigacións que afirman que nun prazo de entre 50 e 70 anos, o nivel de mar da costa galega aumentará aproximadamente 2’2 mm por ano e que a temperatura, ao igual, subirá uns 3’6 graos. O cal tamén se vai producir un descenso moi grande respecto ás cifras das chuvias estivais e a temperatura do mar e os ríos tamén se elevará, o que pode resultar moi perxudicial para a pesca e o marisqueo.

  15. fab-elisaperez di:

    Claro que en Galicia tamén se dá o “cambio climático”, xa que é un problema mundial. Este fenómeno refléxase sobre todo nos cambios de temperatura. No inverno fai moito frío e as temperaturas son moi baixas, mentres que no verán é todo o contrario. As temperaturas son moi altas, fai moita calor. Chegará un punto no que o desxeo dos polos aumentará, o que fará que aumente o nivel do mar, o que provocará que na costa, as praias ou pobos que vivan preto do mar, quedarán sumerxidos. E isto tamén afectará a Galicia.

  16. fab-martapalacios di:

    Galicia vese afectada polo cambio climático en múltiples factores. Por exemplo, o extremismo de temperaturas. O inverno galego, actualmente, sufre unhas condicións esaxeradas nas que as chuvias son moi fortes e moi abundantes, o frío cálase moito máis nun mesmo e por suposto, dura de outubro hata maio/xuño. Non diferenciamos catro estacións, diferéncianse dúas: verán e inverno. No verán, pola contra acadamos temperaturas abrasantes, con fortes sequías moi daninas e importantes vagas de calor seguidas por lumes forestais imposibles de controlar.

  17. faa-igonzalez di:

    En Galicia está a darse un cambio climático, non tan evidente coma noutros lugares, pero tamén o hai. A principal consecuencia, que afectará a todo o noso entorno, é o aumento da temperatura e a diminución de choiva.
    Os expertos din que, no cambio climático, a temperatura de Galicia aumentará de 1 a 5 graos a metades deste século. Isto quere decir que prolongaráse a temporada estival e diminuirán as precipitacións. Daquela, toda a costa galega, e non solo as Rías Baixas, será un excelente destino turístico para os amantes da praia. Tamén, os nosos viños, non tendrán nada que envexar ós mellores de Europa.
    O cambio climático afectará tamén positivamente á viticultura (é o cultivo da vide, para usa-las uvas na produción de vño ou outros produtos), pero non a todo tipo de cultivos. Os expertos sinalan tamén, como efecto negativo do cambio climático, un maior risco de incendios forestais.
    Tamén din os investigadores galegos que, ao igual que ocorrerá cos ríos, as augas do mar tendrán aumentada a súa temperatura entre 1 e 3 graos, con efectos negativos para a pesca e o marisqueo. Aumentarán as mareas vermellas como consecuencia da diminución do afloramento costeiro. Nos últimos 40 anos diminuíu un 30% en cantidade e un 45% en intensidade. Os mares subirán de nivel 1 metro e medio e a sardiña desprazaráse hacia o norte na busca de augas máis frías.

  18. fab-noerodriguez di:

    O Cambio Climática está afectando a todo o planeta, e, por suposto, Galicia non é unha excepción. Un dos cambios máis notables é, sen dúbida, o aumento da temperatura. Este aumento pode chegar a categorizarse como “extremismo” das temperaturas, ben en verán, ben en inverno. No verán, vémonos afectados por sequías, perxudiciais para os cultivos galegos. Por outra parte, no inverno as baixas temperaturas son máis esaxeradas e as precipitacións máis abundantes, ademais de moito máis fortes.

  19. faa-gabriellopez di:

    Esta noticia podria repercutir de cara a un futuro porque se isto continua asi debido os cambios climaticos polo quentamento global na capa de ozono podrian chegar a inundar as poboacions que estan proximas a zona costeira de cada pais e perder un porcentaxe de terra do noso planeta. A culpa de que todos estes problemas sucedan e nosa por tratar o noso planeta sen previr as repercusions que traeran consigo e si se podran volvel a arranxar o non tera solucion.

  20. fab-iriamartinez di:

    En Galicia como no resto do mundo tamén está a sufrir o «cambio climático». Este fenómeno nótamolo sobre todo nos cambios de temperatura. No inverno as temperaturas son moi baixas, polo contrario o verán as temperaturas son moi altas. Este cambio climático fai que teñamos máis dificultade para predecir o tempo.

  21. fab-manuelgonzalez di:

    Como no resto do mundo,Galicia non se ía quedar atrás,e tamén apréciase o cambio climantico no noso ambiente: provocuo a subida do nivel do mar nas costas(notado notablemente polos mariñeiros) e o aumento das subidas de temperatura no verán,e os descensos de temperatura no invierno,provocando tamén sequías e algún que outro fogo forestal.