SOIDADE DETERIORATIVA

O illamento social prolongado en roedores adultos pode chegar a provocar un deterioro no seu hipocampo cerebral e algúns problemas de aprendizaxe; isto foi descuberto pola UNED e tamén coa colaboración da Universidade de Murcia.

Para levar a cabo este experimento, os investigadores empregaron 12 exemplares de femia dunha clase específica de ratos, os degús, que según César Venero son unha especie moi social. Estes ratos teñen un ciclo reproductivo de 20 días que favorece e facilita a realización de experimentos. Estes ratos femia foron divididos en dous grupos:

  • No 1º (6 ratos) permaneceron xuntos e en contacto.
  • No 2º (outros 6), estiveron illados.

Ó morrer estes ratos, os seus cerebros foros estudiados a nivel morfolóxico e bioquímico.

Os resultados demostran que o illamento produciu unha reducción do volume do hipocampo, esta rexión do cerebro é fundamental para a aprendizaxe e a memoria, e á vez se chegou a producir unha redución importante da molécula NCAM, son proteínas que (entre outras cousas) permiten facilitar a formación e a estabilidade dos contactos entre as neuronas, ademáis entre outras funcións das moléculas de adhesión celular están a ensamblaxe e interconexión de varios sistemas de vertebrados, o mantemento da integración dos tecidos, curación de feridas, movementos morfoxenéticos, migracións celulares, e metásteses.

Os ratos illados mostraron ter ademáis un déficit de aprendizaxe á hora de recoñecer contextos potencialmente peligrosos e xerar respostas de medo, unha habilidade que depende da tonsila, mais precisa de un bo funcionamento do hipocampo para desenvolverse. César Venero suxire algúns posibles símiles cos humanos, aínda que precisan que as conclusións non se poden extrapolar.

 

Autora: Rebeca Chaves

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Medicina e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

22 Responses to SOIDADE DETERIORATIVA

  1. faa-noeliaparracho di:

    Na miña opinión este artigo expón un tema moi interesante.
    Paréceme normal que canto máis illado da sociedade estés este tipo de problemas aumenten, xa que hai moitas partes do noso cerebro que están ligadas ás relacións sociais, e unha especie coma estes ratos que son tan sociables é afectada dun xeito moito máis notable.
    Tamén penso que se un rato dende o nacemento está illado sufrirían dun xeito menos notable que un rato que tras estar acostumado a ter relacións sociais con outros ratos fora separado e illado, xa que sería un cambio moi brusco, a diferencia do outro rato que aínda que tamén sufriría non penso que puidera compararse.
    Se estes resultados puideran aplicarse ós humanos estaría demostrado que as persoas que son marxinadas ou sofren o denominado “bullying” poderían chegar a ter eses mesmos problemas que os ratos.

    • fab-marcosdaporta di:

      E se isto pódese extrapolar ós humanos, que efectos tería a ensiñanza por xénero?
      Nas persoas vese como as relacións con outras persoas produce competividade e axuda a que melloren: se unha persoa vai soa ó ximnasio cansarase nun mes, se vai cun compañeiro xogarán a “a ver quen se cansa antes” e durarán varios meses. Aínda que discrepo co que di a miña compañeira Noelia. Dubido que o «bullying» provoque este efecto. Aínda que esas persoas son marxinadas por algúns son aceptadas por outros, pode que teñan un transtorno na súa conducta social pero non cognitiva (de feito unha das causas do «bullying» é sacar boas notas).

      • faa-diegocores di:

        Respondendo á pregunta que propós, a ensinanza por xéneros podería tamén traer consigo estes efectos, porque non tes a mesma relación con alguén do mesmo xénero que con alguén do xénero oposto. Pero opino que para iso tería que haber un illamento total, de forma que, se cando saes da escola, quedas con amigos e amigas, xa tes relacións con membros de distinto xénero.

  2. faa-fatimaf di:

    Neste artigo podemos observar a importancia das relación sociais para os seres vivos.
    Todo o mundo sabe que o feito de estar rodeados doutras persoas ou completamente sos pode afectarnos moito, pero no ata o punto de influír nas nosas habilidades.
    Se ben é certo que ó manter contacto con outros seres vivos tanto nós como o resto dos animais podemos aprender moitas cousas deles (o seu comportamento ante ameazas, comida, etc.), xa que moitas das cousas que aprendemos dende que nacemos ata a actualidade foron grazas á xente que nos rodea, non creo que todo dependa diso, porque tamén existen cualidades e habilidades que non se poden aprender, que dependen soamente da persoa, e é bastante interesante o feito de que estar só ou acompañado poida influír no desenvolvemento deste tipo de habilidades.

  3. faa-fatimalago di:

    Neste artigo o que nos está a contar Rebeca é unha información interesante, tanto para a ciencia como para nos.
    Fálanos das relacións entre este tipo específico de ratos, e que o feito de estar illados no canto de estar en compañía, (xa que estos ratos son moi sociables) pode chegar a provocar un deterioro no seu hipocampo cerebral e algúns problemas de aprendizaxe. Isto pode ser certo, xa que gracias ás relacións sociais, nos mesmos, os humanos, chegamos a aprender moitas cousas, tanto a maneira de comportarse como moitas outras cousas. O que non creo que sexa tan certo, é o que César Venero suxire, que esto teña algúns posibles símiles cos humanos, xa que non creo que se unha persoa esté marxinada, a súa capacidade de aprendizaxe disminúa.
    E estou en desacordo co que di Noelia, de que o «bullying» sexa unha causa que faga que a esa persoa que o sofre lle disminúa a súa capacidade de aprendizaxe. Como ben aclara Marcos, unha das causas do «bullying» é sacar boas notas.

    • faa-veronicanoya di:

      Unha causa do “bullying” é sacar boas notas. Pero na miña opinión estades confundindo causa e resultado.
      Unha persoa que saca boas notas pode sufrir “bullying” e deixar de sacar boas notas para non sentirse tan menosprezado.
      Eso non é producido por un deterioro da capacidade intelectual, é un método de supervivencia para evitar tal acoso.

  4. fab-raqueloliveira di:

    Este artigo é super interesante, fálanos de algo que realmente espectacular, o que a sociedade pode facer no cerebro dún animal ou persoa.
    Cando unha persoa ten problemas soe illarse, isto en vez de axudar a superar os seus problemas empeora e pode chegar a enloquecer.
    Un rato que é un animal que está en continua sociedade, si queda solo acaba morrendo porque se lle degenera o seu cerebro.
    Datos como estos deberían falarse máis amiúdo porque son realmente interesantes.

  5. faa-adrianbarreiro di:

    Este artigo e bastante interesante porque non so aos ratos lles pasan cousas negativas cando estan illados. Os seres humanos tamen precisamos da sociedade para desenvolvernos ben porque unha persoa que se manteña illada no seu aprendizaxe se comete algun error non pode ser correxida por nadie. Unser humano ten que ter unha forza mental moi grande para manterse illado durante periodos máis longos de catro semanas sen manter contacto ningún con utra persoa porque pode chegar o punto de perder a razón e actuar conmpletamente sen xuizo.

  6. fab-iriamartinez di:

    Este artigo fálanos dun tema moi importante, as relacións sociais con otros individuos, neste caso falamos de ratos, uns seres moi sociables, que cando os aillamos poden chegar a provocar un deterioro no seu hipocampo cerebral e algúns problemas de aprendizaxe. Este descubrimiento tamén podría aplicarse a os seres humanos que somos animáis que vivimos en sociedade, que se nos encerrasen sen ter ningún tipo de relación con ninguén acabaríamos enloquecendo xa que necesitamos soutros seres vivos, para aprender y relacionarnos.

  7. fab-iciacores di:

    Neste artigo explícase o importante que son as relación sociais para o bo funcionamento do cerebro e o benestar das persoas. Os ratos como ben se di arriba, son animais mois sociables. A soidade provoca unha reducción no hipocampo, que é a zona do cerebro destinada a memoria e o aprendizaxe, e tamén outras partes do cerebro. E estou dacordo co que expón Noelia sobre o tema do bullying, xa que estas persoas ó sentirse soas e que ninguén realment os aprecia, chegan a límites como o suicidio, debido a esta constante soidade.

  8. fab-aidagonzalez di:

    Neste artigo pódese ver as consecuencias que pode ter a soidade nun animal, como os ratos e que tamén pode afectar ás persoas. Nos ratos, a soidade fai que se deteriore o seu hipocampo cerebral, nas persoas non creo que sexa exactamente así, aínda que a soidade non é voa para ninguén. Non relacionarse e permanecer illado da sociedade pode levar á locura. Moitas das cousas aprendémolas grazas a observación doutras persoas e os animais dos outros, e isto non sería posible se non se relacionaran uns cos outros. Creo que se debería investigar máis como afecta a soidade nas persoas.

  9. fab-elisaperez di:

    Este artigo é moi interesante, xa que expón a importancia das relacións sociais para o noso desenvolvemento. A nosa resposta intelectual e o noso rendemento cerebral melloran cunha vida social máis rica. Se estamos completamente sós, podemos chegar a volvernos tolos, sufrindo trastornos que poden desembocar no suicidio. Pero se nos relacionamos frecuentemente con outras persoas, iso axuda ao noso desenvolvemento cerebral, e á aprendizaxe. Relacionarnos con outros individuos ou non é determinante para o noso desenvolvemento como persoas.

  10. faa-manuelmontes di:

    O texto expón un tema bastante interesante para os seres vivos. As relacións sociais son moi importantes na vida porque axudan ao cerebro funcione correctamente e que as persoas estean sanas. Ademais, as persoas pden aprender da xente que as rodea,mentres que si estiveran soas non poderían aprender. Cando estamos coa xente poñemos en funcionamento algunhas partes do cerebro, polo que esas partes “exercitaranse” cada vez que estemos con xente. Eu non creo que unha persoa que sufre “bullyng” sufrirá estes problemas porque no está soa nin illada, senon que ten a xente, os ratos estaban completamente illados e sen ningún contacto cos demais, polo que é máis drástico.

  11. faa-christiancacabelos di:

    Pois como di Noelia, este é un tema moi interesante xa que estudos feitos en humanos demostra que si vives en compñía da túa parella a túa esperanza de vida aumenta ata seis anos que si vives só, e no caso de vivir só a esperanza de vida redúcese máis nos homes que nas mulleres, reducíndose ata oito anos nun home e ata cinco nunha muller.

    Cal é o sexo forte?

  12. fab-sofiacastineiras di:

    Neste artigo podemos ver o importante que é ter unha vida social, tanto os ratos coma as persoas necesitamos socializarnos. Eu estou totalmente dacordo coa miña compañeira Noelia expón. Non sufre o mesmo un rato ou persoa que xa ao nacer non teña contacto con outros seres, é dicir, que esté illado que outro que pasado un tempo do seu nacemento sea illado despois de relacionarse con outros individuos. No caso das persoas por exemplo, eu creo que é preciso estar rodeado de amigos para ter unha vida máis levadeira, xa que o feito de estar só pode levar en moitos casos a depresións máis ou menos serias, e tendo xente ó teu lado axuda neses momentos.

  13. fab-martapalacios di:

    Este artigo é aplicable tanto ós roedores como ás persoas. As relacións sociais son necesarias xa que como ben din algúns comentarios, moitas zonas do cerebro teñen que ver coas relacións sociais. As persoas, os ratos, etc precisan relacionarse, axudarse, sentirse preto da súa especie xa que o illamento e a soidade fan sufrir. Como ben explica Noelia, isto ten moito que ver có famoso “bullying” que fai que unha persoa se sinta menosprezada, infravalorada, peor frente ós demais e que por culpa deses sentimentos fai que se cheguen a extremos coma o suicidio, o fracaso escolar, etc…

  14. faa-sergioserantes di:

    Para moitos animais, coma os ratos e tamén como nós mesmos, as relacións sociais son básicas no desenvolvemento do cerebro e das capacidades deste. Asi, moitos seres vivos tendemos a imitar procedementos que fan outros animais, xa sexan da nosa especie ou doutras, que fagan que levar a cabo determinadas tarefas sexa máis doado. Así, ao estar illados, non é posible ese tipo de aprendizaxe e todo o deberiamos facer a base da experiencia, co que morreriamos sen chegar a saber moitas cousas que en sociedade poderiamos entender e asimilar.

  15. faa-adrianmartinez di:

    Eu persoalmente dubido que isto sexa aplicable aos seres humanos. Penso que os seres humanos non somos comparables aos demais animais en este tipo de aspectos. Un ser humano maduro que na súa etapa adulta esté illado pode ser, creo eu, perfectamente capaz de non só ser feliz, senón tamén de desenrolar unha intelixencia igual ou, o máis probable, superior aos demais.

  16. fab-beatrizcasal di:

    este artigo e moi interesante dado que nos mostra que estar relacionado na sociedade proporciónanos moitas cousas.Eu tamén opino como Noelia que non é o mesmo coñecer a soidade de toda a vida e non saber o que é estar rodeado de seres humanos que a inversa que te saquen da sociedade e te asilen, esta ultima e mais prexudicial para o meu entender.

  17. faa-santiagoescudeiro di:

    Como se demostra neste artigo, os animais que viven en sociedade desenvolven mellor as súas capacidades, xa que ao estar en contacto uns con outros, van aprendendo e interaccionando entre eles. No caso dos humanos pasa o mesmo, hai estudos que demostran que as persoas que traballan ben en equipo acadan mellores resultados que as que non, ademáis é moi importante nunha vida como a nosa, na que formamos parte dunha sociedade, saber relacionarse coas personas do noso entorno para poder ser aceptados. Necesitamos sentirnos aceptados, antes ou despois na nosa vida, pero acabaremos buscando que nos acepten en algún grupo ou sociedade, xa que tendemos a vivir acompañados.

  18. fab-mariablanco di:

    Este artigo fala dun tema realmente importante, ao que normalmente non se lle da importancia e descoñécese totalmente o que pode facer a soidade, tanto en persoas como en animais.
    Os ratos, como se dí no artigo, son animais que sempre soen estar rodeados por outros desta especie. As persoas temos tamén a capacidade de sociabilizarnos con outras persoas, pero as veces non é así. Evidarse dos problemas co illamento non produce ben estar en absoluto, nin tan sequera serve para pensar mellor xa que como se ve nos ratos, esa soidade vai a producir moitos cambios tanto cerebrais como cambios en todo o funcionamento do corpo.
    En conclusión, illarse as veces é necesario dadas as circustancias polas que se pase, pero nunca se debe facer durante tempo prolongado xa que esto pode traer graves consecuencias.

  19. fab-manuelgonzalez di:

    A importancia que ten estar ou non estar acompaña,ou que é o mesmo,ser sociable ou non,é un factor básico da nosa vida,case igual cá nosa saude,estudos,… A importancia que ten estar sen compañía pode afectarnos na nosa mente,e sucesivamente nalguns comportamientos,pero nos animais aféctalles nalgunhas habilidades,que creo que nesta última afirmación non coincide cos humanos,xa que existe algunhas habilidades que podemos aprender sen necesidades de ser sociales ou non.