O XEMELGO TERRESTRE

Recentemente atopouse un planeta cunha masa e un tamaño case idénticos ós da Terra. Isto parece dar a entender que acabamos de atopar un planeta xemelgo ó noso e, en efecto, aseméllase en moitos aspectos. Kepler-78b, así foi nomeado este planeta, atópase a uns 700 anos luz da Terra, e ten unha característica bastante peculiar que chama a atención: a súa estrela orbita moi cerca del, o que fai que un ano só dure 8´5 horas terrestres.

Se comparamos o que tarda en dar a Terra unha volta ó Sol, Kepler-78b iría á velocidade dun raio. Que estea tan cerca da súa estrela provoca que a súa temperatura en superficie sexa tan alta que non poida albergar vida.

Entre as características deste planeta atópanse o seu diámetro, duns 14.800 km, o que supón un 20% máis ca na Terra, e pesa case o dobre, polo que a súa densidade é moi simellante á do noso planeta. Este último dato suxire que a súa composición interna é moi semellante á do planeta azul.

A existencia deste planeta supón un crebacabezas, xa que ten a órbita máis estreita coñecida ata o de agora, polo que non parece posible que puidera xerarse tan preto da estrela ou moverse ata alí.

O máis probable é que Kepler-78b acabe  desintegrándose polo efecto das forzas das mareas, que actualmente están acercándoo cada vez máis á súa estrela, polo que a súa órbita non poderá reter o planeta debido á súa gravidade e este dirixirase cara ó seu “Sol”.


Autora: Sara Castro

Esta entrada foi publicada en Investigación espacial, Universo e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

41 Responses to O XEMELGO TERRESTRE

  1. Victor di:

    Este planeta podería ter estacións (primavera, verán …)?

    • faa-estebanpintos di:

      Neste planeta, ao estar tan preto da súa estrela e durar 8’5 horas terrestres un ano dese planeta, a órbita sería practicamente redonda e aínda que non o fose non se notaría a diferencia dunha hora a outra, non habendo así estacións.

    • fab-manuelgonzalez di:

      Non sería posible a existencia das estacións(primavera,verán,…) neste planeta “xemelgo” xa que a súa órbita é moi estreita,o que impediría que poidera rotar sobre ela mesma,e que tarda só 8,5 horas en dar Volta a súa estrela pola proximidade sobre ela,o que a temperatura sería case sempre pouco variable.

  2. faa-ricardop di:

    Non penso que este planeta poida ter estacións, xa que como nos di Sara, non hay vida pola súa cercanía á súa estrela, polo que non tería auga, nin árbores, pero sí terá verán, practicamente todo o ano.

  3. fab-jairotroncoso di:

    As estacións producense, porque a Terra ao non ter una órbita redonda, se non que é elíptica, a veces esta máis cerca do sol, e outras máis lonxe. Este planeta, debido a que se move moi rápido, pois ao mellor podrá telas, pero serán moi curtas.

  4. fab-marcosdaporta di:

    Non habería unha diferencia na temperatura dunha hora a outra apreciable como para chamalo estacións, o único clima que ten é calor abrasador. Sen choivas e sen fauna ou flora algunha tampouco habería diferencias deste tipo.
    Ademais a Terra ten un eixe inclinado e este non, así que se se afastase da súa estrela tampouco tería estacións.

  5. fab-raqueloliveira di:

    Debido a rapidez na que se move este planeta, as estacións non durarían nada, pode habelas porque como a Terra, xira ó redor do Sol e grazas a iso, hay estacións.
    O máis probable é que poida haber estacións.

  6. fab-iriamartinez di:

    As diferenza entre as estacións apenas se notaría pola cercanía á súa estrela, sería verán todo o ano,e coa rapidez ao que xira as estacións apenas durarían.

  7. fab-martapalacios di:

    Non creo que teña estacións xa que practicamente consta de moita calor todo o tempo. Ademais diso, se houbese estacións, non creo que se puidesen apreciar os cambios de temperatura entre hora e hora.

  8. faa-diegocores di:

    Non creo que este planeta chegue a ter estacións posto que as estacións, na Terra, márcanse polas diferenzas nas condicións climáticas que ocorren en todo o proceso de translación da Terra entorno ao Sol, que como esta está inclinada, nos distintos puntos da translación fai variar a distancia entre a terra e o sol. Este planeta tarda tan so 8’5 horas en estar no mesmo sitio, faino tan rápido que creo que estas variacións non serian apreciables polo que non habería estacións. Ademais se dividimos en 4 períodos esta translación (como temos as nosas estacións) cada estación duraría 2’125 horas, algo case insignificante.

  9. faa-sergioserantes di:

    Debido á proximidade recpecto á súa estrela e a velocidade á que xira ao seu redor, non sería posible que neste planeta houbese o que denominamos estacións meteorolóxicas. Unha das claves desta afirmación é que as temperaturas presentarían unha variación relativamente moi baixa, xa que tanto a cara máis achegada á estrela coma a máis alonxada atoparíanse sempre moi cerca dela, estando a superficie de todo o planeta a unha temperatura moi alta.

  10. faa-saracastro di:

    Ainda que digamos que Kepler-78b e o noso planeta son moi iguais, o certo é que tamén teñen certas diferenzas, como a distancia que os une con cadansúa estrela.
    A Terra atópase nunhas condicións nas que grazas á órbita elíptica e outros moitos factores pode albergar vida e incluso ter catro estacións. Pero isto non é posible no noso xemelgo, posto que debido á cercanía que ten coa súa estrela, non só os anos duran pouco, senón que as temperaturas rondan sempre os 3000-5000 grados, polo que non podemos falar da existencia de distintas estacións.

  11. fab-ariadnacordal di:

    O planeta Kepler-78b, a pesar das semellanzas que alberga coa Terra, non podería considerarse que posúe estacións, ao igual có noso planeta. Debido ó curto tempo que tarda en trasladarse ao redor da súa estrela (feito que implica que a súa órbita é moi pequena), as diferenzas de temperatura trocarían moi rápido e non se apreciarían, a diferenza do que sucede coas nosas estacións.

  12. fab-anaoubina di:

    Non creo que neste planeta poida haber estacións xa que está moi preto da súa estrela e ten unhas temperaturas moi elevadas. Aínda así na terra para que se provoquen as estacións ten un eixe inclinado, e este planeta non o ten.

  13. faa-elenafontenla di:

    Este curioso planeta ao poseer un ano de 8,5 horas pois obviamente non podería albergar unha estación nese período pero si en varios anos. O que ocorrería é que non habería estacións moi cambiantes debido á súa proximidade coa estrela (verán e unha calurosa primaveira).
    Non todo xira en torno á órbita xa que temos que ter en conta a inclinación e rotación do eixo do planeta, igual que na Terra, se éste está máis ou menos inclinado pois unha das súas partes estará máis preto da estrela e a outra un pouco máis alonxada.
    Estas serías as dúas estacións que se poderían atopar neste planeta.

  14. faa-fatimalago di:

    Dubido moito que este planeta poida ter estacións, e por moitos parecidos que teña coa nosa Terra, unha das diferenzas é a proximidade ao Sol. Debido a que os anos en Kepler-78b duran unhas 8 horas e media, a súa orbita ten que ser moi pequena, e a súa proximidade ao sol impediría que houbese variedades notables no clima, en tal caso viviríase nun continuo vran, con temperaturas entre os 2300 e os 3100 K. Outro factor que impide que este planeta teña estacións é que o seu eixo non presenta inclinación, á diferenza da Terra, na que o eixo está inclinado.

  15. fab-iciacores di:

    Este planeta está moi cerca da súa estrela, polo que os cambios de temperatura prácticamente non se notan, o que conleva a que non poidan existir diferentes estacións coma as nosas nel.

  16. fab-cporto di:

    Os planetas rochosos máis grandes terían moitas vantaxes. Entre as vantaxes están: Estes mundos terían unha actividade tectónica máis lenta, o que significa que as condicións serían máis estables para a vida. Ademais, unha masa maior implica que é máis doado manter unha atmosfera grosa e ter unha mellor protección magnética para protexerse a si mesmo das labaradas solares.

  17. fab-sporto di:

    Na miña opinión non creo que neste planeta se poida dar os cambios de estación xa que está moi próxima a súa estrela como ben menciona Sara no artigo. Para que exista cambios de estación ten que cumprir un destes catro requisitos:
    . O método astronómico: básase na posición da terra respecto o sol.
    . O método meteorológico: básase en acontecementos climáticos, máis ben con cambios de temperatura.
    . O método fenológico: básase nos cambios da natureza (fauna e flora)
    . O método tradicional asiático/irlandés: básase na insolación ou da radación solar.

  18. fab-mariablanco di:

    Este planeta dubido moito que teña estacións e se as ten, serían moi escasas e con moi pouco cambio, xa que este planeta xira cunha gran velocidade e a parte diso está tan preto da estrela que ten que ter unha temperatura moi elevada, o que faría que ao que nós lle chamamos inverno, sería case imposible telo dunha forma semellante.

  19. fab-gretageorgieva di:

    Sería imposible que se poidan dar cambios de estación neste planeta xa que está demasiado preto da súa estrela polo que os cambios de temperatura son case inotables. Existe a posibilidade de que se Dean duas estación diferentes dependendo a súa incinación sobre a órbita.

  20. fab-gretageorgieva di:

    Sería imposible que se poidan dar cambios de estación neste planeta xa que está demasiado preto da súa estrela polo que os cambios de temperatura son case inotables. Existe a posibilidade de que se Dean duas estación diferentes dependendo a súa incinación sobre a órbita

  21. fab-noerodriguez di:

    O feito de que tarde tan pouco tempo en dar unha volta ao redor da súa estrela por estar tan preto, fai que os cambios de temperatura se noten moi pouco (ou directamente non se perciban), polo que resulta imposible que haxa estacións. Ademais, non sabemos cal é a inclinación deste planeta con respecto á súa estrela, polo que tampouco podemos saber se as temperaturas son máis altas ou máis baixas no norte ou no sur.

  22. fab-elisaperez di:

    Serían imposibles os cambios de estación neste planeta, xa que está preto da súa estrela, o que implica que faiga calor todo o ano, e por iso non habería inverno ou outono.

  23. fab-javiercarou di:

    Este planeta, ao estar tan preto dunha estrela, tería unha órbita redonda e non elíptica coma a da Terra. Ao ter unha órbita redonda, o planeta estaría sempre á mesma distancia da estrela, polo que non se podería dar o fenómeno das estacións.

  24. faa-aliciafeijoo di:

    Na miña opinión neste plante non podrían existir as estación como nos as coñecemos e se as hai terían que ser moito máis curtas e sen poder aprecialas demasiado polo pouco que dura un ano.

  25. faa-aliciafeijoo di:

    Na miña opinión neste plante non podrían existir as estación como nos as coñecemos e se as hai terían que ser moito máis curtas e sen poder aprecialas demasiado polo pouco que dura un ano

  26. faa-veronicanoya di:

    As estacións da Terra débense á inclinación do eixo de xiro desta respecto ó Sol, xa que se a Terra non tivese esta inclinación, o Sol estaría todo o ano sobre o Ecuador.
    Polo tanto, se este planeta non ten ningunha inclinación non terá estacións, pero se ten inclinación, si poderá albergar estacións, aínda que de moi curta duración debido á súa proximidade coa estrela.

  27. fab-rebecachaves di:

    Neste planeta as estacións, de habelas, serían escasas xa que este planeta xira a demasiada velocidade e as estacións serían moi breves. Ademáis está denasiado preto da súa estrela e non se poden apreciar os cambios de temperatura.

  28. faa-larafernandez di:

    Kepler-78b, a pesar de ter características semellantes ás da Terra, ten a curiosidade de que so tarda 8,5 horas en dar a volta ó redor da sua estrela. Este movemento orbital é moitisimo mas curto có da Terra, e se chegara a ter estacións estas serías case imperceptibles. Por outra banda, a súa orbita é máis pequena, así que non realizará una elipse moi grande, o revés, este planeta trazará unha órbita máis circular e rápida (estacións moy suaves se as tivera). As súas altas temperaturas, debido a súa proximidade a estrela, non deixaría que as estacións se efectuasen, xa que estas son provocadas por cambios de temperatura durante o movemento ó redor da estrela.

  29. faa-javierestevez di:

    Eu penso que non sería posible que tivese estacións, dado que ao estar moi preto da súa estrela a súa orbita non é elíptica como a da Terra e as variacións de temperatura serían moi pequenas e non se diferenciarianse as estacións.

  30. faa-laurapaz di:

    As estacións na Terra prodúcense debido á inlcinación o eixe, e da súa óribta que é elíptica. Este planeta non podería ter estacións porque non ten o eixe inclinado e ten unha órbita circular. E, no caso de que as tuvera, debido á súa cernacía á estrela sempre ten temperaturas moi elevadas, e a diferencia entre as estacións sería mínima.

  31. faa-manuelmourino di:

    Se dito planeta consigue ter unha mesma orbita que a terrestre respecto a sua estrela, poderia ter estacións.

  32. fab-yamilayelpez di:

    O planeta está moi cerca da súa estrela, polo que sempre fará o mesmo tempo ou similar. No caso de que teña estacións, creo que estas serían imperceptibles.

  33. fab-lorenasoto di:

    Desde o meu punto de vista non creo que haxa estacións debido a proximidade a súa estrela, e se as houbera serían moi curtas e apenas se apreciarían cambios entre elas.

  34. fab-jairotroncoso di:

    A verdade, e que o das estacións depende da órbita, se este planeta ten unha órbita circular pois non terá estacións, pero si polo contrario é elíptica, pois si que ten.

  35. faa-begonasuarez di:

    A Terra e Kepler-78b presentan similitudes pero tamén presentan diferenzas. Debido a que está moi cerca da súa estrela, o tempo que tarda en dar unha volta arredor dela é moi curto, tan so 8.5 horas, e ademais as temperaturas son moi elevadas, polo que non existirían estacións, xa que as diferenzas de temperatura case non se notarían.

  36. fab-aidagonzalez di:

    No planeta Kepler-78b non é posible que se puideran dar as diferentes estacións que se dan na Terra xa que, como din os meus compañeiros a súa órbita é moi pequena e ademais atópase moi cerca da súa estrela o que fai que as diferentes temperaturas e climas propias de cada unha das estacións non se diferencien.

  37. faa-manuelmontes di:

    Non debe ter estacións porque ao durar só 8’5 horas non se podería apreciar algún cambio. Ademais de que ao estar tan preto do Sol a súa temperatura é moi alta, polo que non se distinguiría cambios na temperatura. Aínda que as estacións son debidas tamén a que a Terra ten un eixe inclinado e polo que o Sol non sempre sobre un mesmo punto, así que se este planeta ten algunha inclinación pode ter estación, aunque ao mellor non varien moito.

  38. fab-saulmondragon di:

    O planeta Kepler-98b non podria ter vida ou estacións debido a cercania a sua estrela,esto provoca que o orbite e rote mais rápido ca a terra debido a forza gravitacional da sua estrela,de forma que un dia chega a ter 8,5 horas.Si este planeta , nun suposto futuro, recibe o impacto dun asteroide de grandes poporcións,como lle pasou a terra,podría alexarse da órbita tan cercana a sua estrela e incluso ter unha inclinación moi semmellante a da terra.Esto provocaria que o planeta quizas poida ter estaciíons e días mais longos e incluso chegar a albergar vida

  39. fab-alejandrocosta di:

    Eu penso que as estacións depende de si o eixe da terra está inclinado ou non, pero as estacións nese planeta si as hai, teñen que ser moi curtas e pouco notables na temperatura do planeta.