HORTENSIAS COMO ALUCINÓXENO

A Hortensia é un dos arbustos de exterior máis floríxeros e agradecidos da cornisa cantábrica. Estas requiren entornos sombríos e frescos e a terra a de ser ácida e estar continuamente húmida. Por iso é tan habitual ver esta planta nos xardíns e nos cemiterios de aquí.

Parece ser que o cannabis ou a marihuana poden ser substituítos por esta planta, por iso é que o roubo de hortensias volveuse tan popular. As autoridades alemáns e francesas sospeitan da existencia dun mercado de estupefacientes substitutivo da marihuana e do cannabis.

Este fenómeno foi divulgado por internet, onde diferentes blogs falan sobre os efectos alucinóxenos desta planta, en particular os pétalos e as follas tras unha sinxela manipulación e traballo.

Segundo a prensa, que consultou a diferentes expertos sobre estes efectos secundarios, afírmase que fumar esta planta a modo de “porro”, pode ocasionar problemas gastrointestinais, respiratorios, aceleración do ritmo cardíaco e mareos. Aparte de que si esta planta fora consumida en grandes cantidades, sería mortal sen ningunha dúbida.

Autora: Tania Cores González

Esta entrada foi publicada en Recursos naturais, Saúde e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

54 Responses to HORTENSIAS COMO ALUCINÓXENO

  1. Victor di:

    A hortensia pode considerarse unha droga? Que é unha droga?

    • faa-begonasuarez di:

      Eu non considero que a hortensia sexa unha droga, xa que se cultiva coma planta ornamental. Unha droga é todo aquel fármaco ou principio activo dun medicamento, elemento de orixe biolóxico natural ou produto obtido por el por diversos métodos, ou sustancia producida artificialmente, que se utiliza sen fins terapéuticos e que produce efectos no sistema nervioso central alterando os aspectos afectivo, cognitivo e de conduta. Adoitan ser autoadministradas e presentan adición.

      • fab-marcosdaporta di:

        Como ti dis “elemento de orixe biolóxico natural que produce efectos no sistema nervioso”
        poderíase tamén meter ás hortensias. Ademais confundes o concepto de droga, en xeral, con drogas duras.
        As drogas duras son as que ti definiches pero as drogas en xeral son calquera sustancia química reactiva. Por exemplo a lexía, ti non fumas a lexía pero sí é unha droga.
        Pensa nas droguerías. Alí venden drogas? Sí, as venden, pero non as drogas duras se non as drogas en xeral.

    • fab-iriamartinez di:

      Unha droga é unha substancia adictiva que pode ter diversos efectos sobre o consumidor: tanto estimulante, depresiva, alucinóxena.
      A hortensia sí que se debe considerar unha droga, xa que non só produce efectos alucinóxenos, ten os mesmos efectos cá marihuana pero atopase con maior facilidade, e os seus efectos podes chegar a ser mortales.

    • faa-christiancacabelos di:

      Unha droga é calquer substancia que afecta ao sistema nervioso central e pode ser estimulante como o café, alucinóxena como é a cocaína ou depresiva como é a marihuana ou cannabis. Pode producir efectos positivos no organismo como os que se buscan nos medicamentos, que son drogas, ou negativos como son o alcohol, o tabaco, a cocaína a heroína e moitas máis que producen efectos psicodepresivos e alucinóxenos e que inhiben moitas funcións cerebro-neuronais e mesmo afectan ás funcións motrices básicas impedindo camiñar debido á falta de equilibrio por exemplo.
      A hortensia, aínda que é unha planta que se emprega como adorno nos xardíns e demáis lugares, podería considerarse como droga no caso de que se demostrase que afecta ao sistema nervioso central.

    • faa-adrianmartinez di:

      Unha droga é calquer substancia que produce afecta ao sistema nervioso central, alterando o estado de ánimo e conducta e produce unha adicción.
      A hortensia eu creo que sí se debe considerar unha droga debido aos efectos que produce, aínda que tamén moitos dos medicamentos que consumimos son drogas, aínda que se usen cun aspecto útil para a saúde.

    • faa-sergioserantes di:

      Droga pode ser unha substancia producida de maneira artificial ou un elemento de orixe biolóxico natural, ou outro obtido a partir del, que afecta ao sistema nervioso central. A hortensia é de orixe orgánico natural e ao fumarse afecta ao sistema nervioso central, polo que debe considerarse unha droga, e polo súa semellanza co cannabis ou marihuana, dentro dunha droga alucinóxena.

  2. fab-anaoubina di:

    Eu penso que a hortensia podríase considerar unha droga xá que si o individuo a consume é capaz de actuar no seu sistema nervioso producindo alteracións física ou psicológica, (pode ocasionar problemas como ben di a nosa compañeira no artigo que son gastrointestinais, respiratorios, alteración do ritmo cardíaco e mareos) e decir é a capaz de cambiar o comportamento da persoa e pode xenerar dependencia ou tolerancia nos consumidores.
    As drogas son substancias introducidas nun ser vivo, por calquera vía (esnifada, oral ou tragada, fumada, inyectada ou inhalada), poden ser substancias naturais, sintéticas, médicas ou non médicas, legais ou ilegais de efecto psicoactivo que co seu consumo escesivo ou prolongado determina tolerancia e dependencia. As drogas son capaces de modificar unha ou máis funcións do noso organismo relacionadas coa súa conducta, comportamento, percepción ou estado de ánimo. O abuso das substancias psicoactiva interfire de maneira moi grave na saúde ou no funcionamento ocupacional e social do paciente podendo producir adicción. Cando un paciente ten dependencia está nunha grave situación na que necesita recurrir a substancia con regularidade, para poder superar os obstáculos que se lle impoñen na súa vida diária.

  3. fab-raqueloliveira di:

    Eu como droga entendo que é algo perxudicial para a nosa saúde e a ortensia en particular non o é porque a súa función é ser planta pero si nos a collemos e a explotamos doutra forma convertímola nunha droga.
    Se a usasmos para fumar e colocarnos porsupuesto que é unha droga e ademáis si nos excedemos pode ser gravemente perxudicial.

  4. faa-veronicanoya di:

    Unha droga é unha substancia adictiva que pode ter diversos efectos sobre o consumidor: estimulante, deprimente, narcótico ou alucinóxeno.
    Pode ser dura ou blanda, dependendo do adictiva que sexa. Se é moi adictiva, como a heroína ou a cocaína considérase unha droga dura, mentres que se é pouco adictiva, como os esteroides, o LSD ou éxtasis é unha droga blanda.
    Diversas páxinas en internet comezan xa a falar do uso da hortensia como unha nova “droga de xardín”, cuxas follas producen efectos alucinóxenos.
    Penso que non se pode considerar unha droga, xa que aínda que produce efectos alucinóxenos no consumidor, en ningún momento se mencionou que fose adictiva.

  5. fab-jairotroncoso di:

    Unha droga é todo aquela substancia que penetra no teu corpo, producindo efectos no teu sistema nervioso. Os medicamentos que nos receta o noso médico, eso, tamén é unha droga. Non sei si pode ser substituir ao cannabis, pero ao mellor pode ter unha certa substancia, pois, que sea pareciada ao da marihuana.

  6. faa-saracastro di:

    Unha droga é un fármaco que produce certos efectos no sistema nervioso central, modificando o estado de ánimo e producindo pracer. Tamén é unha substancia á que nos volvemos adictos e que precisamos cada vez máis.
    Neste caso, a hortensia sí que se debe considerar unha droga, xa que non só produce efectos alucinóxenos, senón que tamén posúe certas substancias psicoactivas, como os ‘painkillers’ e opiáceos, que rematan xerando adicción.

  7. fab-gretageorgieva di:

    Unha droga é todo aquela substancia que exita tranquiliza e normalmente disminuye a atención . Se unha persoa se sobrepasa co seu consumo pode Chegar crear dependencia.
    La ortensia, sí é unha droga, considerase unha droga, é como a marihuana,ten os mesmos efectos pero atopase con maior facilidade,Pero os seus efectos podes chegar a ser mortales. Os seus efectos máis comuns son euforia y alucinaciones.

  8. fab-robertopineiro di:

    Unha droga e todo aquelo que che causa adicción e en certo sentido nn podes vivir sel ela. Eu penso que a ortensia polo que din as paxinas de internet ainda non se pode considerar como droga xa que non crea adicción.

  9. fab-noerodriguez di:

    Unha droga non é máis que unha substancia que ao ser consumida afecta ao noso sistema nervioso alterando as funcións do noso organismo. Debido a esta definición, poden considerarse drogas a diversos tipos de substancias, desde medicamentos ata alucinóxenos. Por isto, tamén podemos considerar estas plantas drogas, dependendo do efecto que teñan sobre nós. Pode que co tratamento adecuado, resulte ser unha substancia perigosa para a nosa saúde.

  10. fab-javiercarou di:

    Unha droga é unha substancia que pode modificar os pensamentos, sensacións e emocións da persoa que a consume. Tódalas drogas son aditivas, unhas máis e outras menos.
    Eu non considero que a hortensia sexa unha droga por esta última razón, xa que polo momento ningunha persoa dixo que fose aditiva.

  11. faa-noeliaparracho di:

    Por definición, unha droga é todo aquel fármaco, substancia ou principio activo dun medicamento, de orixe biolóxica natural ou obtida por diversos métodos artificiais que produce efectos no sistema nervioso central, modificando a conducta do consumidor, xa sexa estado de ánimo, producindo placer ou creando alucinacións. Aínda que cando se oe a palabra “droga” téndese a pensar en substancias como o cannabis, a marihuana, a cocaína, etc, as drogas son moito máis ca iso. Por suposto, hai drogas beneficiosas para a nosa saúde e drogas perxudiciais para a mesma, como tamén pode haber drogas que sexan beneficiosas para certa cousa e perxudiciais noutro aspecto, pero as drogas son utilizadas como principio activo de moitos medicamentos, polo que non sempre teñen a connotación negativa que se lles adoita dar.
    Polo tanto, se as hortensias producen efectos alucinóxenos (alterando o funcionamento normal do sistema nervioso) si poden ser consideradas como drogas.

  12. faa-fatimaf di:

    Unha droga é toda sustancia, xa sexa un fármaco, algún elemento de orixe biolóxico natural, unha sustancia producida artificialmente, etc que, ó introducirse nun ser vivo por calquera vía (oral, fumada, inxectada, inhalada…), é capaz de modificar unha ou máis funcións do organismo relacionadas có comportamento, percepción, estado de ánimo…e pode crear unha adicción. E tendo en conta que a hortensia é un elemento natural e que no artigo explícase que antes de ser consumida pasa por un proceso de manipulación, eu creo que si se debería tratar coma un tipo de droga, aínda que deberiamos asegurarnos de se preoduce ou non adicción antes de afirmar se realmente o é.

  13. faa-laurapaz di:

    Unha droga é todo aquel fármaco ou principio activo dun medicamento, de orixe biolóxico natural, que produce efectos no sistema nervioso central modificando o estado de ánimo, e debido á súa adición, pode ter potencial de abuso. Algúns dos seus efectos son: estimulante, deprimente, narcótico ou alucinóxeno.
    A hortensia non se considera droga, aínda que se relacionan polos efectos que causa a súa consumición, uns dos efectos e que é alucinóxeno.

  14. faa-fatimalago di:

    Unha droga é toda substancia que, introducida no organismo por calquer vía de administración (esnifada, inxectada, fumada ou engulida) pode alterar dalgún modo o Sistema Nervioso Central do individuo e ademáis crea unha dependencia, xa sexa psicolóxica ou física.
    A dependencia é unha adaptación psicolóxica, fisiolóxica e bioquímica causada por unha exposición reiterada a unha droga, facéndose necesaria a utilización da substancia para que desaparezcan os efectos non desexados que aparecen cando deixa de consumirse. Aparece tras un periodo no que se usou frecuentemente unha substancia. A dependencia resulta da interacción de tres variables: a substancia adictiva, a persoa e o contexto social, económico e cultural que enmarca as dúas primeiras nun determinado momento e lugar.
    As drogas inflúen no noso cerebro e cambian o noso comportamento, as nosas sensacións e os nosos sentimentos. Ademáis afectan ao noso organismo. Polo tanto, se as hortensias poden ocasionar problemas gastrointestinais, respiratorios, aceleración do ritmo cardíaco e mareos, poden ser consideradas como unha droga.

  15. fab-rebecachaves di:

    Eu creo que pode considerarse como unha droga calquera substancia con capacidade de alterar un proceso biolóxico ou químico nun organismo vivo, cun propósito determinado como producir efectos no sistema nervioso, producindo placer ou afectando ó estado de ánimo. Ademáis, as drogas que non pertencen ó tipo dos fármacos, son perxudiciais, neste caso a hortensia pode chegar a provocar incluso a morte ó ser inxerida en grandes cantidades, como a maior parte das drogas.

  16. fab-ariadnacordal di:

    Estrictamente falando, a hortensia podería ser considerada como droga, xa que esta defínese por toda aquela substancia que ao ser consumida é capaz de modificar, por exemplo, o noso pensamento ou as nosas sensacións, e que o seu consumo reiterado provoca adicción ou dependencia. Ademais, a hortensia ten algúns usos mediciñais, e os fármacos, ao fin e ao cabo, son drogas.

  17. fab-martapalacios di:

    A droga é o termo polo que se designa calquera substancia con capacidade de alterar un proceso biolóxico ou químico nun organismo vivo. O cerebro é a zona máis sensible aos efectos das drogas. A hortensia podería ser unha droga xa que altera o noso organismo como ben pon no artigo con mareos, alucinacións, problemas respiratorios, aceleración do ritmo cardíaco, etc. Ademais, as drogas tenden a crear adición e supóñome que esta pranta se se fuma tamén a creará.

  18. Victor di:

    Drogas sí?,drogas con requisitos? drogas non? …

    • faa-adrianmartinez di:

      Eu creo que drogas sí. Creo que absolutamente todas as drogas deberían ser legais, tan só se debería alertar dos efectos negativos que estas producen, ese sería o único requisito que eu poría. Sendo as drogas legais acabaríase co contrabando e sería algo que deixaría moitos máis cartos no estado, e realmente non creo que o consumo de drogas se vise realmente aumentado, xa que na actualidade quen quere consumilas, sabe buscarse os seus propios medios para facelo.

    • fab-raqueloliveira di:

      Para min as drogas non se deberían legalizar, incluso opino que o tabaco tamén se debería prohibir.
      Drogas como a marihuana deberían ser só usadas para enfermos de cancro ou en determinados casos.
      Na miña opinión si as drogas non existisen o mundo non iría asi, porque moita xente non arruinaría a súa vida.

    • faa-begonasuarez di:

      Eu opino que se debería permitir o uso das drogas con requisitos. Non se deberían permitir porque son moi dañinas para as persoas cando as utilizamos en exceso. O malo, é que aínda por riba de que as persoas sepamos os aspectos perxudiciais, haxa algunhas que seguirán consumindo, aínda que sexa ilegalmente.
      Tamén, dende o punto da vista da mediciña, algunhas sí poderían estar permitidas, sempre e cando se controlara o seu uso e servira para axudar ás persoas a curarse de calquer enfermidade ou problema que teñan.

  19. Victor di:

    HAI UN NOVO FORO ABERTO (QUERES TRANSXÉNICOS?) QUE ESTARÁ ABERTO 10 DIAS.
    PODEDES COMEZAR A COMENTAR NESTE FORO (hai outro no que non debedes comentar)

  20. faa-sergioserantes di:

    Na miña opinión debería regularse a súa venta, non permitíndolle a menores de idade mercalas, por exemplo, coma na caso doutras drogas coma o tabaco e o alcol. Creo tamén que só debería penarse a súa venta cando sexa de maneira ilegal, e non o seu consumo. Así, en países dos denominados máis avanzados, como os Países Baixos e os Estados Unidos (no seu caso soamente en dous estados) xa se legalizou o cannabis ou marihuana para uso recreativo, e en outros moitos países emprégase esta, así como outras drogas, cun fin terapéutico.

  21. faa-ricardop di:

    Eu penso que drogas non, xa que ó longo do tempo poden provocar adición e cancro, pero por outra banda sí, xa que, por exemplo, o tabaco é bo para abrir os pulmóns e respirar mellor, pero en persoas sás non é recomendable.

  22. fab-ariadnacordal di:

    Non debemos prohibir o consumo de drogas, ou máis ben, non de todas. Os fármacos e moitas plantas con aplicacións mediciñais deben seguir a usarse. O alcohol e o tabaco deben estar regularizadas, porque prohibilas só ocasionaría o tráfico destas; polo menos por agora, malia que a medida que o tempo avance, a sociedade se decante das consecuencias que provocan na saúde (e tamén da perda de cartos que supón a súa compra) e o seu consumo diminúa. Por outra banda, considero que as drogas sintéticas (e por así dicilo, as máis ‘fortes’) deben estar prohibidas.

  23. fab-mariablanco di:

    Eu persoalmente non estou a favor de ningunha droga nin substancia adictiva similar.
    Penso que a droga é a peor substancia que pode haber xa que a adicción que crea pode ser sumamente perigosa, creando a morte, e non considero que as persoas deban perder a vida con nada semellante. É certo que as veces as drogas empréganse para evidirse dos problemas, pero penso que consumir drogas non vai facer que os problemas desaparezan, se non todo o contrario. Tamén hai drogas que se consumen de forma terapéutica como podería ser a marihuana,quizais esa sexa a única opción coa que estaría en parte de acordo, pero sempre e cando sexa tratado para algunha enfermidade ou problema psicolóxico a raíz desta.

  24. fab-rebecachaves di:

    Certas drogas como o alcochol en certas cantidades non é malo, e o mesmo pasa co tabaco, outra cousa é que sexas un fumador regular que a longo prazo pode provocarte serios problemas. Pero en pequenas cantidades non pode chegar a matarte.
    A verdade é que entrariamos nunha discusión continua se legalizalas ou non, xa que hai drogas que se empregan de modo terapéutico, pero a que non sexa de este tipo debería estar ilegalizada. Iso en canto á moral das persoas que venden as drogas. Pero por outra banda tamén creo que a partir de certa idade todos somos conscientes de que queremos facer da nosa vida, se queremos estropearnos a vida consumindo drogas é cousa de cada un, a xente está advertida das consecuencias, cada un é quen de facer o que quere, total a diferenza de venta sería mínima xa que incluso agora sendo ilegal véndese. Se certas drogas se legalizaran os prezos baixarían moitísimo xa que este producto estaría ó alcance de tódalas persoas e pasaría o mesmo co tabaco, o tabaco é unha droga legalizada, sabemos que o tabaco no seu abuso mata, como o resto das drogas, así que por qué o tabaco si e as otras non? No seu exceso todo é malo, só hai que controlarse, se algunhas están prohibidas e outras non están mandándonos mensaxes contradictorios dicindo que certas drogas son máis inofensivas cando todas van a acabar por facernos algún dano. Así que deberían estar legalizalas, logo cada un é responsable da súa súade, iso sí, deberían ter mala publicidade igual que o tabaco, aínda que nin advertindo a xente do que poden chegar a sufrir se conciencian, unha vez que entras nun vicio é moi difícil saír.

  25. Victor di:

    HAI UN NOVO FORO ABERTO (QUERES TRANSXÉNICOS?) QUE ESTARÁ ABERTO 10 DIAS.
    PODEDES COMEZAR A COMENTAR NESTE FORO (hai outro no que non debedes comentar)

  26. faa-saracastro di:

    Dende o meu punto de vista, non se debe prohibir ou aprobar o consumo de drogas, pero o que non debemos facer tampouco é abusar delas. Quero dicir, hai drogas que son necesarias para certos fármacos ou medicamentos e, isto, evidentemente, favorécenos, sempre que os consumamos con precaución. O que si que non debemos facer é consumir certas drogas por motivos simplemente lúdicos e de pracer, como é o caso da cocaína, a marihuana, etc. Estas últimas substancias pode ser que no momento no que as estamos consumindo nos produzan pracer, pero o seu consumo está asociado a numerosos riesgos a longo e curto prazo e ao deterioro progresivo das función cerebrais, polo que non son nada favorables para nós.
    En definitiva, hai drogas que, por suposto, deben estar aprobadas, pero hai moitas outras que non e, entre estas outras que non, para min tamén debería estar o tabacoe incluso o alcohol.

  27. fab-elisaperez di:

    Eu non estou a favor de ningún tipo de droga(sobre todo das máis perxudiciais, como a marihuana), xa que éstas, na maioría das ocasións, implican adicción, a cal é moi perigosa. Para min, en todos os aspectos son malas e causan problemas. A moita xente cámbianlle a vida completamente, e non para ben. Por outro lado, si que penso que as drogas utilizadas de modo terapéutico poden ser beneficiantes.

  28. fab-iriamartinez di:

    Eu pensenso que consumir drogas como o tabaco, alcohol marihuana non deberían estar prohibidas. A marihuna nalgúns países son recoñecidas legalmente xa que son usadas como uso terapéutico, tamén coa legalización desta evitaríanse os contrabandos. Outro tipo de drogas máis perigosas para a sacude das persoas como as famosas “drogas de diseño” fabricadas nos laboratorios poden ter serias reperercusións no organismo humano e estas deben estar prohibidas.

  29. fab-yamilayelpez di:

    “Droga” é todo aquelo que ten un principio activo no noso sistema nervioso causado por unha reacción química. Considérase droga a fármacos e elementos naturais (en estado natural ou modificados/potenciados artificialmente). Segundo esta definición, creo que sí podemos calificar á hortensia como unha droga, xa que ten substancias psicoactivas. O caso da hortensia recórdame a un de fai uns anos, un rapaz que morrera for consumir estramonio. Esta planta non fora calificada como droga, senón como unha planta con toxinas nocivas para o ser humano.
    Por outro lado, non creo que as drogas débanse prohibir, ou polo menos, como di Ariadna, non todas. Algunhas poden ser incluso beneficiosas para nós, mentres que outras son únicamente destructivas.

  30. faa-martinlosada di:

    Eu creo que o que se debería e controlar máis o mercado das drogas, e estas non deberían ser vendidas a menores, pero si creo que a partir dunha certa idade, cando un xa e responsable ao 100% da sua vida si debería ser legal para fins propios, tamén creo que debería ser legal si é con fins terapeuticos

  31. fab-lorenasoto di:

    Eu sinceramente non estou de acordo con ningún tipo de drogas, xa que, o abuso destas substancias xera adición que te leva a problemas serios ou incluso, ata a morte en moitos dos casos. Tamén o enorme gasto que conleva consumilas a diario.Por outro lado,é certo que algunhas delas se utilizan con fins terapéuticos. Neste caso sí se deberían legalizar o seu consumo sempre e cando fose baixo prescripción médica. Como di Rebeca unha vez que entras nun vicio é moi difícil saír del pero hoxe en día hai a suficiente información para non meterse nese mundo.

  32. fab-martapalacios di:

    Drogas si ou drogas non? Unha pregunta que se fai moita xente a diario. A súa resposta? Depende. No grupo de “drogas” entran tamén certas substancias beneficiosas coma os fármacos. Obviamente, non podemos prohibir os fármacos pero o que si se debería de facer é controlar o consumo. Nos fármacos, é un médico o que receta o que debes consumir, sen embargo no alcol ou no tabaco es ti o propio regulador. Estas dúas substancias actualmente son legais pero debería controlarse un pouco o seu consumo. Como xa dixen antes, cada un é responsable dos seus actos e non se pode poñer á xente a traballar regulando o consumo do tabaco, iso ten que saír dun mesmo, e como non hai un consumo moderado así é que é perigoso. Ademais disto están as drogas ilegais coma o cannabis e a marihuana, a miña opinion é que deberían seguir sendo ilegais xa que non aportarán ningún ben mentres a xente continúe sen moderar o seu consumo.

  33. fab-jorgegonzalez di:

    Outra droga nova o que nos faltaba. Esta claro que se esta planta ten efectos similares ao cannabis non van a tardar en empezar a ‘trapichear’ con ela.

  34. faa-larafernandez di:

    A hortensia como droga é unha nova moda que se propagou polos seus efectos parecidos, ou incluso en ocasións máis fortes, que outras drogas, como a famosa marihuana. A súa fama seguramente ven da gran cantidade dela que se encontra polas nosas zonas, polo tanto, é máis barata e fácil de obter. Ó contrario que outras drogas, normalmente prohibidas e endexamáis baratas.

  35. faa-igonzalez di:

    Eu penso que as drogas deberían ser legales en aspectos médicos, ou en propio consumo persoal, debido a que hai algunhas drogas que son boas para certas enfermidades, ou descapacidades. E, respecto ao consumo persoal, ti non fas dano ningún consumindo, e incluso producindo, a túa droga para uso e desfrute teu.
    Eu pondría as drogas legais, cos requisitos de ser para uso persoal (isto non quere dicir que que a poidas ter tí e logo sacar diñeiro, iso na miña opinión, xa sería ilegal) e para uso mediciñal.

  36. faa-manuelmourino di:

    miña opinion é que as drogas legais como o alchol ou o tabaco son drogas coma o cannabis ou a coca, pero ditas substancias estan no mercado e “regulanse´´ mentras que noutros paises estan legalizadas, pero na miña opinion deberian prohibirse toda

  37. faa-manuelmourino di:

    miña opinion é que as drogas legais como o alchol ou o tabaco son drogas coma o cannabis ou a coca, pero ditas substancias estan no mercado e “regulanse´´ mentras que noutros paises estan legalizadas, pero na miña opinion deberian prohibirse todas e non estar a elixir.

  38. fab-anaoubina di:

    Eu penso que os fármacos e plantas con aplicacións mediciñais deben seguir utilizandose. Por outra parte a ilegalización das drogas como a heroína, a cocaína, os barbitúricos, o cannabis, marihuana e moitas máis tampouco está resolvendo os problemas que o consumo das drogas xenera na saúde pública e está fomentando outros problemas igual de graves como o narcotráfico e as guerras contra este. O narcotráfico é a actividad que resulta máis productiva canto máis elevados poidan poñerse os precios como resultado da ilegalización de esos productos. Isto provoca unha guerra contra o narcotráfico de numerosos gobernos dentro e fora das súas fornteiras. E a xente que quere consumir drogas vaino seguir facendo igual por moito que as ilegalicen. E con eso que acabo de decir non me estou referindo a que se deberían de legalizar ese tipo de drogas, só intento decir que ilegalizalas tampouco é a solución, sinon a educación e a responsabilidade para evitar o consumo abusivo que causa a degradación humana na que caen algúns consumidores e os danos morales e físicos que sufren as persoas do seu entorno. Trátase de promover as persoas toda a información necesaria para que elixan a súa forma de vida responsablemente e de acordo coa súa conciencia.

  39. faa-christiancacabelos di:

    Na miña opinión cada un é libre de facer o que queira coa súa vida pero non me parece un ábito saudable e estou dacordo con Ariadna en que se as prohiben seguirán a venderse de forma ilegal e no caso de que estas se legalizasen como é o caso dos Países Baixos que constan con instalacións denominados “coffee shop” nas que ti mercas e estás obligado a consumir o que mercaste seguirá a súa venta de xeito ilegal.

  40. fab-martarodriguez di:

    Na miña opinión non deberían prohibirse de todo o uso de drogas, senón que os profesionais deben regular a súa venda. Hoxe en día os menores de idade empezan a consumir antes polo que en algús casos os excesos de substacias poden ser perxudiciais para a súa saúde.

  41. fab-iciacores di:

    Eu penso que non se deberían prohibir todas as drogas pois, como din algúns dos meus compañeiros, algunhas son utilizadas como fármacos, e polo tanto, non son perxudiciais para a saúde. O que hai que controlar é a cantidade que se adquire destas substancias pois, todo en exceso é malo.

  42. faa-cristinaguillan di:

    Unha droga é toda substancia que, introducida no organismo pode alterar dalgún xeito o Sistema Nervioso Central do individuo e ademáis crea unha adicción, é dicir, unha dependencia xa sexa psicolóxica ou física.
    Na miña opinión a hortensia sí que se debe considerar unha droga, xa que non só produce efectos alucinóxenos, senón que tamén posúe certas substancias psicoactivas, é dicir, capaces de inhibir a dor e alterar o estado anímico por exemplo. Estas substancias rematan xerando adicción.

  43. faa-cristinaguillan di:

    No mercado hai drogas chamadas “legais” e as chamadas “ilegais”.
    As drogas legais son por exemplo o alcohol, o tabaco ou os medicamentos. Na teoría están controladas e reguladas, ainda que na realidade o control sobre elas non é tan estricto e o seu uso xeralizado na sociedade e o feito de que ao longo da historia estiveran sempre presentes fai que non se vexa tan mal o seu consumo habitual como o das drogas ilegais sendo ambas drogas que afectan ao Sistema Nervioso Central e xeran adicción.
    Por outra banda as drogas ilegais non teñen tanta aceptación xa que non están legalizadas, é dicir, non hai tanto control sobre a súa venta e distribución que polo contrario a xente que o fai é perseguida e encarcelada. A xente que se fai con estes productos non o adoita facer para aplicar como tratamento terapéutico como se pode considerar a marihuana en determinadas doses, subministrada a algúns pacientes con fortes dores para evitalos ou suavizalos, senón que o fan descoñecendo por completo os perigos e vantaxes desa droga ou se non descoñecendoos, non facendolles caso. Moitas destas drogas ilegais chegan a rapaces moi xovenes o que incrementa o risco xa que se atopan nun momento da súa vida onde o seu organismo se está a desenvolver e estas drogas ao afectar directamente ao seu Sistema Nervioso Central poden chegar a causarlles dependencia e mesmo secuelas físicas que os acompañaran o resto da súa vida.
    Na miña opinión, nin as legais deberían estar tan aceptadas na sociedade posto que crean adicción e son alucinóxenas, nin as ilegais estar tan perseguidas, senón que se houbese un control coma o que hai coas legais non habería tantos problemas e algunhas coma a marihuna mesmo poden ser terapéuticas.

  44. faa-veronicanoya di:

    Estou de acordo co que di Adrián. Todas as drogas deberían estar permitidas, aínda que sempre alertando dos efectos que producen, xa que moita xente pensa que todas actúan por igual.
    Na miña opinión, facelas ilegais fai que máis xente teña curiosidade por consumilas, ademais de que apoia o narcotráfico, xa que ó ser ilegais son máis caras e máis xente quere lucrarse con las.
    Un claro exemplo podería ser a ley seca dos Estados Unidos, que provocou un auxe do crime organizado.

  45. faa-aliciafeijoo di:

    Eu estou de acordo co que din Adrían e Verónica. Se legalizasen as dorgas moita xente deixaría de consumilas, xa que na miña opinión, moitos deles fano por facer algo prohibidas sempre chaman a antención da xente. Mentres que hai en países que si están permitidas e mesmo hai tendas donde ti podes mercalas pero, estes, alertando dos efectos que poidan causar. Por outra parte se fosen legais, o estado, tamén se venificiarían delas, como fan co tabaco e co alcohol, xa que estas non deixan de ser drogas legalizadas das que o estado saca veneficios.