PLANTACIÓNS SEN AUGA

Sempre que queremos que unha planta creca e dea froitos, necesitamos de auga, moita auga. Pero que pasa nos sitios onde non a hai? Por exemplo no deserto.Conseguir unha agricultura sostible no deserto, este foi o reto que se plantexan os directores de Sahara Forest Project. Polo de agora xa se conseguiu a pequena escala.

O proxecto consiste en aproveitar o auga de mar para humedecer, enfriar, e regar as plantas. Por suposto que non se pode regar con auga de mar, xa que ten sal, este auga será evaporizada nunhas tuberías e logo servirán como sistema de riego e enfriamento.

A primeira colleita xa foi realizada en Qatar onde se cultivou cebada, pepino e arúgula.

Nun futuro poderíamos ver os desertos de cor verde aínda que non como a pradeira de Windows. Esta tecnoloxía e iniciativa só trae beneficios para os países que non teñen a oportunidade de facer moitos cultivos debido a escaseza de auga (que é máis serio do que se pensa) e podería ser unha solución para acabar coa fame nalgunhas zonas desérticas.

 

Autor: Marcos Daporta

Esta entrada foi publicada en Novas tecnoloxías, Recursos naturais, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

43 Responses to PLANTACIÓNS SEN AUGA

  1. Victor di:

    E por que non se pode regar as plantas con auga salgada?

    • fab-tcores di:

      Non se poden regar as plantas con auga salgada porque non a son capaces de absorber. A auga salgada é demasiado densa e as plantas se absorberan esa auga, as plantas non podían facer a fotosíntese porque a membrana plasmática deixa pasar a auga pero non as partículas que leva.

    • fab-manuelgonzalez di:

      As plantas non se poden regar con auga salada(a auga do mar) debido a que a densidade desta auga é demasiada densa,e a planta non sería capaz de absorvela,xa que a planta deshidrataríase,perdendo todos as súas proteínas e impedindo que faga a fotosíntesis.

    • faa-christiancacabelos di:

      O regadío con auga salgada non é posible debido á maior densidade desta auga, como a densidade desta auga é maior as plantas non son capaces de asimilala porque a membrana semipermeable que abosrbe a auga impide o paso dos minerais e, no caos da auga salgada a concentración é moi elevada co cala planta mesmo chega a expulsar auga do seu interior co conseguinte problema de que non poden realizar a función de nutrición e está destinada a morrer pola deshidratación e pola falta de alimentos.

    • fab-iriamartinez di:

      As plantas non se poden regar con auga salgada porque non son capaces de absorbela porque é demasiado densa, polo tanto as plantas non podían facer a fotosíntese e morrerían de deshidratación.

    • faa-adrianmartinez di:

      Non se poden regar con auga do mar debido á sua elevada densidade, polo tanto a planta non podería absorver esta auga e deshidrataríase, perdendo as súas proteínas e impedindo que faga a fotosíntese.

    • faa-begonasuarez di:

      Unha planta non debe regarse con auga salgada xa que o que debe facer a planta é autorregularse fronte a un exceso de sodio na terra, e as concentracións de sal deben manterse moi baixas, xa que do contrario desaxustaríase o equilibrio entre as distintas sales que necesita para poder crecer e desenvolverse adecuadamente. As proteínas activan os mecanismos capaces de bombear o exceso de sal ao exterior da célula ata alcanzar ese equilibrio.

  2. faa-ricardop di:

    O motivo polo que as plantas non se poden regar con auga salgada é que ésta seca as plantas pola presencia de Sal(NaCl, cloruro sódico)

  3. fab-jairotroncoso di:

    Simplemente, si regas unha planta con auga salgada, extraeslle a auga das raices á propia planta. A mayoría das plantas non poden crecer ou vivir regandoas con agua de mar, incluso si lle cae unha pequena gota poden morrer.

  4. fab-gretageorgieva di:

    As plantas constituense por paredes vexetais,unha parede celular e unha membrana plasmática,esta deixa pasar a auga pero non as partículas en suspensión que leva(sal) polo que ao regar as plantas con auga salgada o sal queda da terra e impide que a raíz absorba a auga de modo que a expulsa e como conseguinte deshidratase e morre.

  5. fab-javiercarou di:

    Simplemente porque o sal impide que a planta absorba o auga e, polo tanto, morre de deshidratación.

  6. fab-raqueloliveira di:

    Porque as plantas empregan a auga para facer a fotosíntesis e o sal impediria o proceso xa que secaria as plantas.

  7. faa-laurarey di:

    A planta trata de absorber a auga salgada como se fose auga normal, pero, sen embargo esta non lle permite realizar osmose a través dos seu tecidos, e ao tratarse dunha solución moi densa, o que realmente ocorre é que se saca auga da planta deshidratándoa e matándoa pouco a pouco.
    Porén, se a auga non seca a planta, o que pode suceder é que o sal a envelene, pois esta interfire no proceso químico que a planta utiliza para repartir os nutrientes e convertelos en azucres útiles.

  8. fab-rebecachaves di:

    As prantas non son capaces de absorber a agua salgada xa que é demasiado densa e as plantas ó non poder absorber este auga morrerían de deshidratación, ademáis, o sal impide nas plantas realizar a fotosíntese, xa que a membrana plasmática deixa pasar o auga, pero non as partículas que leva, estas están en suspensión, neste caso é o sal.

  9. fab-yamilayelpez di:

    Non se pode regar plantas con auga salada polo mesmo motivo polo que nós non deberíamos consumir moita sal. A sal deshidrata, polo tanto morrerían. Ademáis, é demasiado densa como para ser absorbida polas plantas.
    Con respecto ó artigo, paréceme unha gran iniciativa, xa que pode supoñer unha gran diferenza para os habitantes. Por outro lado, non teño claro se realmente é un bo cambio para o ecosistema.

  10. fab-ariadnacordal di:

    As plantas (a menos que sexan algas ou outras tolerantes á auga salgada) non se deben regar con auga salgada posto que se isto se fai, a planta rematará por muchar. Isto débese, en parte, por un proceso denominado osmose.
    A membrana das células das plantas é semimpermeable, o que quere dicir que pode deixar pasar a auga, pero non os minerais diluídos nela. Precisamente, a osmose consiste no paso da auga a través dunha membrana semimpermeable dende a disolución máis diluída ata a máis concentrada (a que posúe maiores cantidades de sal). Mediante este proceso, as plantas reparten a auga das raíces polo talo e as follas.
    Non obstante, cando unha planta se rega con auga salgada, a disolución máis concentrada é a do exterior á planta; a da terra. Por isto, as raíces expulsan a auga do interior da planta, que contén menos minerais (disolución máis diluída), ó exterior.

  11. faa-fatimalago di:

    A auga de mar contén substancias sólidas en disolución, onde as máis abundantes son o sodio e o cloro que se combinan para formar o cloruro de sodio, sal común, e xunto ao magnesio, calcio e potasio, constitúen cerca do 90% dos elementos disoltos nesta auga.
    As plantas necesitan unha pequena cantidade de sal para sobrevivir, xa que a sal é un dos nutrintes necesarios para o seu crecemento, de modo que a presenza de algo de sal é necesaria. Sen embargo, a auga salgada está saturada coa substancia, polo que non se pode empregar para regar a maioría das plantas.
    Cando a auga salgada entra no solo, a planta trata de absorberla a través das raíces como se fora auga normal, pero a auga salgada non permite que se realice a osmose a través dos texidos da planta. É tan densa que a solución salgada en realidade saca auga da planta, deshidratándoa e matándoa.
    Sen embargo algunhas plantas resisten a auga salgada como as clasificadas como algas. Fan isto desenrolando un recubrimento groso e ceroso nas súas follas para bloquear a auga salgada, e movendo a sal extremadamente rápido a través dos seus texidos para depositala fora a través dos seus poros antes de que poda dañala.

  12. faa-elenafontenla di:

    As plantas non poden ser regadas con auga salgada por varios motivos. Un deles é, por exemplo, que o sal da agua compacta os solos impedíndolle aos vexetais absorber os minerais que nel se atopan.
    Por outra parte, as propias plantas non toleran o sal. Se a absorben a través das raíces, o sal deposítase nos texidos da planta resultando tóxico.
    Sen embargo, e coma curiosidade, o efecto do sal nas plantas afecta máis no inverno ca no verán ou primaveira.

  13. fab-sporto di:

    A osmose é o proceso polo cal as plantas absorben auga a través das membranas semipermeables (tecidos dentro das raíces das plantas) a niveis de concentración altos e moven a auga a un lugar con baixos niveis de concentración. Mentres que as plantas obteñen a auga a través do chan polo seu sistema de raíces, a auga móvese libremente e outros produtos químicos e os minerais pasan por ela moi lentamente. Cando a auga doce está dispoñible para as raíces, o talo da planta empúrraa a través das raíces e cara ás follas. Cando a auga salgada é a fonte de auga dispoñible, as raíces e o chan tenden a xogar coma se fosen un remolcador de guerra. A planta utiliza a enerxía almacenada para empurrar a auga dende raíces, pero ao mesmo tempo o sal extrae a auga delas. Logo dunha reiterada exposición á auga salgada, a planta murcharase e morrerá.
    Todas as cousas necesitan certa cantidade de sal, o exceso pode ser tóxico, o cal tamén é válido na maioría das plantas. Algunhas plantas, non obstante, son tolerantes ao sal e poden soportar a auga salgada que outras máis. Outras plantas que son sensibles ao sal vense afectadas negativamente pola súa presenza continua posto que o sal é un nutriente para as plantas, cando hai unha abundancia excesiva, pode cambiar a composición química, dando lugar a desequilibrios nutricionais.
    Estes desequilibrios teñen varios efectos negativos sobre as plantas que poden ser confusos para o coidador. A planta pode presentar os mesmos síntomas que experimenta por unha seca, aínda que o chan estará húmido aínda que a auga está presente, a planta é incapaz de absorber a auga e os nutrientes necesarios debido a que o sal quita a auga da planta. Ademais dos síntomas de seca, a planta atrasará o seu crecemento.

  14. fab-sofiacastineiras di:

    As plantas non poden absorber a auga salada debido a súa densidade, polo que esto faría que as plantas morreran por deshidratación, e impediría que estas realizasen a fotosíntese.

  15. fab-martarodriguez di:

    Esperimentar con auga salgada e plantas de terra é un proxecto de ciencias moi común. AS plantas, por suposto, necesitan unha fonte constante de auga para sobrevivir, pero a auga salgada é unha paradoxa. A maioría das plantas non poden sobrevivir crecendo en auga salgada, e incluso unha pequena cantidade pode ser dañina para moitas delas.Cando a auga salgada entra no solo, a planta trata de absorbela a través das raíces como si fora auga normal. Pero a auga salgada non permite que se realice a ósmosis(fenómeno biolóxico importante para o metabolismo celular dos seres vivos) a través dos texidos da planta. É tan densa que a solución salgada en realidade saca auga da planta, deshidratándoa e normalmente matándoa.

  16. fab-anaoubina di:

    As plantas necesitan unha pequena cantidade de sal para sobrevivir, xa que o sal é un dos nutrintes necesarios para o seu alimento, de modo que a presencia de algo de sal é necesaria. Sin embargo, a auga salgada pode ser venenosa para a mayoría das plantas. A planta trata de absorber a través das raíces como se fora auga normal. Pero a auga salgada non permite que se realice a osmose a través dos texidos da planta. É tan densa que a auga salgada acaba secando a auga da planta, deshidratándoa e matándoa.

  17. faa-manuelmourino di:

    la gran cantidad de solutos (NaCl) en el agua de mar le impide la absorción plena de la planta

  18. fab-martapalacios di:

    Hay dúas razóns principais polas que non se pode beber auga salgada. A primeira é que o sal deshidrata e polo tanto isto produciría o contrario do que queremos obter (hidratar as plantas). A segunda é que a auga salgada é máis densa e as plantas non serían capaces de inxerila.

  19. Victor di:

    Hai auga nos desertos? Onde? Cal é a súa orixe?

    • faa-begonasuarez di:

      As precipitacións no deserto son moi escasas e irregulares, debido á influencia cos anticiclóns tropicais. As precipitacións anuais non alcanzan os 150 mm e todos os meses son secos. Adoitan caer en forma de violentos aguaceros e as augas aportadas desaparecen pronto por evaporación ou filtración do subsolo. Os ríos dos desertos tan so levan auga despois das precipitacións, o resto do tempo os seus cauces permanecen secos. Só en raras ocasións desembocan no mar, xa que a pouca auga evapórase ao quedar estancadas en depresións pechadas.

  20. faa-ricardop di:

    Nos desertos hai auga, pero moi escasa, e pódemola encontrar cavando na area.
    Ésta está ahí polo feito das augas subterraneas, formando os famosos oasis.

  21. faa-ricardop di:

    A orixe destes é a filtración da auga cando chove (rara vez), podendo almacenar a auga no subsolo.

  22. faa-fatimalago di:

    Un deserto é un dos ambientes xeográficos máis coñecidos e fácilmente identificables debido a súa escasa vexetación e tamén debido á presenza de terras pouco fértiles, xa sexan dunas de area ou terra seca que non permiten ningún tipo de cultivo. O deserto máis coñecido do mundo é o deserto do Sahara, en África. Nos desertos podes atopar auga, sobre todo grazas ás augas subterraneas. Grazas a estas, as plantas a través das súas raíces poden absorber auga e almacenala para as súas necesidades. As plantas, ademáis, sirven de fonte de auga para os animais que delas se alimentan. As choivas nos desertos contribuen á formación das augas subterráneas. Nos desertos tamén existen proporcións de auga ao redor das cales se foron desenvolvendo vexetación e vida. Estos lugares reciben o nome de oasis. Os oasis son extensións que se levan cultivando dende fai séculos e serviron como punto de referencia para as grandes rutas comerciais que cruzan o deserto. Nestes terreos pódense cultivar palmeiras, que dan sombra ao resto dos cultivos e evitan a evaporación da auga, e proporcionan material de construcción (troncos como columnas, follas secas para teitos…). Os oasis son moi importantes na vida dos desertos, xa que son zonas onde os animais e as plantas poden satisfacer as súas necesidades de auga. Os herbívoros requiren da proximidade a estas fontes de auga. Sen embargo, os oasis teñen serios problemas. A nivel xeneral, a desertización mundial debida ao cambio climático (efecto invernadoiro) reduce as choivas e as reservas. Por outro lado, hai un problema demográfico e tamén económico.
    Se a poboación dos oasis medra demasiado hai demasiada presión sobre a auga e pode rematar esgotándose.

  23. fab-anaoubina di:

    Nos desertos hai auga. Podese encontrar auga si se dan as condicións idóneas. Nestas condicións ten que haber a presencia dun subsolo de sedimentos ou rochas que teña unha gran cantidade de espazos vacíos e esten conectados entre si. Tamén é necesario que nas partes altas se recarge de auga a estos corpos, o que funciona como un río subterráneo. Dependendo da profundidade a que se encontran estos corpos no subsolo e a profundidade a que se encontra a auga é posible que a auga salga á superficie, formando os oasis. Os oasis son lugares do deserto nos que existe auga suficiente para o crecemento permanente de plantas. Os oasis varían de tamaño, poden ser desde pequenas lagunas rodeadas por poucas palmeiras hasta outras con centos de kilómetros cadrados que lle permiten o desarrollo de cidades como o oasis de Siwa, ao noroeste de Exipto.

  24. faa-laurapaz di:

    Os desertos son zonas nas que hai pouca auga. Esta pouca auga podémola encontrar nos oasis, que son lugares nos que hai auga permanente e vexetación, e tamén pode haber charcas temporais, que se encontran en depresións cerradas, principalmente entre dunas de area ou zonas de cantos rodados ou rochas. A auga que conteñen provén das augas subeterránes que se extraen de pozos.

  25. faa-saracastro di:

    Por moi raro que pareza, nos desertos tamén podemos atopar auga nalgunhas zonas. Un deses lugares son os oasis, onde tamén hai un gran predominio de vexetación e incluso pode chegar a haber pequenos asentamentos habitados.
    A auga destes oasis provén, case sempre, de maniantais, pero moitas veces incluso procede de ríos que chegan ó deserto procedentes dalgunhas montañas veciñas.

  26. faa-christiancacabelos di:

    Debido a dificultade de atopar auga nos desertos polas baixas precipitación existen plantas desalinizadores que permiten crear auga para consumo humán e para regadío. Tamén existen estas mesmas infrestructuras en países moi pobres nos que os seus habitantes consomen auga non potables, aínda que a cantidade é moi pequena e non poden cubrir as necesidades.
    O funcionamento desta planta é o seguinte: ferven auga, desta maneira sepárase a auga dos compoñentes en disolución e logo o vapor de auga é enfriado ata converterse de novo en auga líquida apta para o consumo.

  27. faa-fatimaf di:

    As precipitacións no deserto son moi escasas e irregulares e teñen máis de sete meses áridos nos que non cae nin unha pinga de auga, polo que as precipitacións anuais non alcanzan os 150 mm. Estas precipitacións soen caer de forma violenta e rápida, e a auga que aporta desaparece pronto pola evaporación ou pola infiltración no subsolo.
    Os ríos dos desertos só levan auga despois das precipitacións, no resto do tempo permanecen secos e só en raras ocasións desembocan no mar, xa que a súa escasa auga evapórase ou queda estancada .
    Ademais destas zonas, no deserto pódese atopar auga no subsolo. Para que isto suceda necesitamos a presenza de sedimentos ou rocas cunha gran cantidade de espazos bacíos e conectados entre si e a auga nas partes altas, o que funciona como un río subterráneo. Dependendo da profundidade á que se atopen é posible que a auga saia á superficie formando oasis, nos cales podemos atopar vexetación e soen ocupar porcións máis o menos extensas.

  28. faa-sergioserantes di:

    Claramente nos desertos hai auga, senón non podería haber ningún tipo de vida neles. A maior parte desta auga atópase en manantiais subterráneos onde non é tan doado que se evapore, e aflora en pequenos regatos ou ás veces formando pequenas charcas ou lagos, nos coñecidos oasis.

  29. fab-iriamartinez di:

    OS desiertos son zonas escasas de auga, pero podémola atopar grazas as augas subterráneas, as choivas nos desertos contribuen á formación delas. Nos desertos tamén existen proporcións de auga ao redor das cales se foron desenvolvendo vexetación e vida. Estos lugares reciben o nome de oasis.

  30. fab-gretageorgieva di:

    Existen desertos quentes ou secos (Sahara e Atacama) ou fríos (Ártico) even ambos casos a fauna e a flora son escasas debido a pouca auga existente. Nos desertos secos podemos atopar áreas con suficiente humedade para que poida crecer vexetación permanente,Estás áreas reciben o nome de Oasis, como por exemplo o oasis de siwa (Egipto). Ou tamén podemos atopar auga procedente de manantiais subterráneos que se extrae dos pozos aInda que é moi difícil. E este auga procede das poucas veces que chove.

  31. faa-martinlosada di:

    Os desertos son zonas da terra que se caracterizan especialmente por un motivo, e é o da escaseza de auga, pero esto non implica que aiga momentos no ano onde se poidan dar precipitacións, que se almanezan no subsolo, e aflorando en zonas as que denominamos oasis.

  32. faa-igonzalez di:

    Si, nos desertos si que hai auga. A auga, normalmente, está no subsolo, debido a que pola noite hai moito frío nestes lugares, o que conleva a que haxa rocío, e que as rochas con gran porosidade, a area, os vexetais, etc, obteñan esa auga e a garden. Debaixo da area seca, soe estar húmeda esta area, e de aí, por exemplo, os cáctus, poden sobrevivir polo día, a esas altísimas temperaturas.

  33. fab-rebecachaves di:

    A pesar de que no deserto as precipitacións son moi escasas, nos desertos hai auga aínda que esta atópase no subsolo. Esto se produce debido a que as temperaturas son moi baixas pola noite, e gardan a auga do denominado rocío. Aínda que hai lugares como os oasis nos que a humidade é tan elevada que neles crece abundante vexetación.

  34. fab-ariadnacordal di:

    A auga dos desertos está localizada maioritariamente no subsolo, chegando ao punto de ser tan ou máis importante que a da superficie. Este elemento provén das precipitacións, cuxa cantidade (xunto con outros factores) serve para realizar unha clasificación dos diferentes desertos. A auga tamén pode proceder de lugares denominados oasis, que se forman cando un manantial ou río de auga subterránea xorde e establece unhas condicións estables para que exista unha variada vexetación.

  35. fab-beatrizcasal di:

    Por moi estraño que nos pareza nos desertos hai auga, a pesar de que sexa moi escasa a auga nos desertos encontrase maioritariamente no subsolo, as precipitacións son as responsables de que nos desertos haxa formación de auga. Nos desertos poden existir tamén proporcións de auga ao redor das cales se foron desenvolvendo vexetación e vida (oasis).

  36. fab-saulmondragon di:

    A auga existente nos desertos encontrase rara vez na superficie en forma de oasis gracias a manantiais,pero normalmente axente ten que recurrir a pozos,xa que a auga encontrase no subsolo a moita profundidade fruto de reservas de auga milenarias da última glaciación e das filtracións das precipitacións durante moito tempo.