O SMARTPHONE ACTUALIZABLE

Se faláramos dos mellores inventos do século XXI (ou do que levamos del), sen dúbida o smartphone sería un dos primeiros en mencionar. E non é para menos, a pesar de que Obama os utilice como vía para coñecernos mellor, os smartphones proporcionanos unha conexión instantánea con, literalmente, todo o mundo.

Ata aquí todo moi ben, o problema chega cando o móvil que nos costou 400€ rompe ao ano e medio case sen motivo aparente. Entón, cal pode ser o futuro dos smartphones?

Phonebloks é a iniciativa dun holandés, Dave Hakkens cuxa intención é comprar un único smartphone en toda a nosa vida. O proxecto consiste en mercar unha praca estándar e construílo coas pezas ao teu gusto,  do mesmo modo que xogas cun lego. O usuario pode cambialas pezas en caso de estropearse, de quedarse obsoletas ou por satisfacer novas necesidades. Se es aficionado a sacar fotos, a túa camara pode ter unha maior resolución, podes ter máis dun módulo de batería para emerxencias, etc.

Dende un primeiro momento o creador foi consciente das poucas posibilidades que había de materializa-lo proxecto, debido a todo o traballo que conlevaría ademais dunha baixada de ingresos ás empresas telefónicas. Igualmente, solicitou que tódolas persoas que estiveran a favor deixaran un mensaxe de apoio en twitter e outras redes sociais o 29 de octubre do ano pasado, co obxectivo de xerar moito ruido e poder facelo real. Dous días despois desta quedada, Motorola veu o potencial do proxecto e comprou os dereitos. Levará ao mercado o produto baixo o nome “Ara”, cun deseño máis compacto e perfecionado, polo tanto, é cousa de tempo que o revolucionario invento chegue ós nósos bolsillos.


Autora: Yamila Yélpez

Esta entrada foi publicada en Novas tecnoloxías e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

51 Responses to O SMARTPHONE ACTUALIZABLE

  1. Victor di:

    Os nosos smartphons, son produto da “obsolescencia programada”. Que quere dicir isto?

    • faa-begonasuarez di:

      Cando dicimos que un smartphone é produto da obsolescencia programada, referímonos á determinación da vida útil deste produto, de tal maneira que tras un período de tempo calculado de antemán polo fabricante ou empresa durante a fase de deseño, neste caso do smartphone, este quede inútil e inservible, que xa non funcione. O obxectivo disto e que ao deixar de funcionar un produto ou servicio, o usuario compre outro novo (as empresas o que pretenden é que lle compres os produtos, por iso determinan a vida das cousas, xa que se estes son de boa duración perden de vender), ou se vamos a unha tenda e preguntemos por arranxalo, nos respondan que sería mellor comprar outro novo.

    • fab-manuelgonzalez di:

      A obsolesciencia programada quere decir que os productos programados,como os teléfonos móviles,ordenadores,…,están programados para ter unha vida útil,co obxectivo de que,co paso do tempo,deixe de funcionar correctamente é o cliente véase na óbriga de adquirir outro producto.

    • faa-christiancacabelos di:

      Obsolescencia programada é un periodo determinado de tempo no que o dispositivo deixara de funcionar ao cento por cento ou mesmo chega a quedar inutilizado, obrigando ao consumidor a mercar un novo producto, e que aínda que ese periodo de tempo sexa longo o noso dispositivo queda obsoleto, é dicir, descatalogado substituíndose por un máis novo e innovador con mellor cámara, procesador, pantalla, maior duración de batería.. Que provocará un desexo de compra no consumidor, o chamado consumismo compulsivo, que tamén se move pola ambición de “estar á última” ou estar “actualizado”

    • fab-tcores di:

      Este concepto chamado “obsolescencia programada” todavía agora é desconocido por moitas persoas, aínda que seguramente pensamos varias veces nas que comparamos os electrodomésticos ou aparellos co que duraban antes e co que duran ahora. Antes, por exemplo, a batería do móvil podíache durar unha semana e agora apenas dura un día. Esto é o que é exactamente a obsolescencia programada. É facer que un producto dure o mínimo posibel para que as persoas gasten máis do que deben.As fábricas de hoxe en día, dedicanse a fabricar as cosas intencionadamente para que duren pouco y así haxa que comprar novos productos constantemente.
      Existen dous tipos de obsolescencia: a programada, que ven por parte do que fabrica os productos para que se rompan; e o otro tipo é a percibida, na que o consumidor compra un novo producto antes de que lle rompa o anterior porque percibe que xa non está á moda.

    • fab-raqueloliveira di:

      A obsolescencia programada consiste en que fabrican un producto que podría durar moitos anos, pero eles prográmano pa que dure unha cantidade de tempo determinado e así asegurarse da compra de máis desos productos, porque si por exemplo compras un secadore que che dura 20 anos, non tes necesidade de comprar máis, esto perxudica a empresa porque non vende, pero si o secador se estropea ós 5 anos, veste obligado a comrar outro.

    • fab-iriamartinez di:

      O termo obsolescencia programada, significa que un determinado aparello teña unha vida útil programada, para que deixe de funcionar nun tempo determinado, e así o cunsumidor teña que mercar un novo.

    • faa-adrianmartinez di:

      A obsolescencia programada consiste en determinar a vida útil de certo producto con anterioridade para que así o consumidor necesite volver a comprar o producto tras o remate desta vida útil. É unha estratexia comercial que permite ás empresas obter beneficios periódicos.

  2. fab-ariadnacordal di:

    A obsolescencia programada é unha técnica posta en práctica polas compañías e que consiste en provocar a falla do produto transcurrido un tempo, coa finalidade de que os consumidores adquiran outros artigos e os beneficios das empresas aumenten.

  3. faa-fatimalago di:

    A obsolescencia programada é a programación do fin da vida útil dun produto, de tal modo que tras un período de tempo calculado de antemán polo fabricante ou pola empresa, este produto vólvese inútil, inservible. Esto beneficia ao fabricante, xa que en algún momento fallará o producto e obrigará ao consumidor a adquirir outro producto, igual (cambiarlle unha peza ou comprar un modelo máis novo) ou da competencia.
    A obsoloencia programada utilízase en gran variedade de productos, tanto en medicamentos como en compoñentes eléctricos e electrónicos.

  4. faa-laurarey di:

    Isto quere dicir que teñen planificado, por parte do seu fabricante, o fin da súa vida útil, polo que tras un período de tempo determinado, este deixara de funcionar, obrigando así ao consumidor a adquirir outro.

  5. faa-ricardop di:

    Este termo é unha estrataxema da compañía produtora, para que os seus produtos, despois de un tempo comecen a fallar, e teñamos que comprar outros novos, incrementando así de maneira considerable as ganancias da empresa.

  6. faa-saracastro di:

    Chamamos obsolescencia programada á determinación que fai que un producto teña unha certa duración. Con isto quero dicir que tras un determinado período de tempo calculado de antemán polo fabricante ou pola empresa que o fixo, este vólvese inútil, inservible.
    Este fenómeno causa, evidentemente, uns beneficios considerables no fabricante, posto que nalgún momento o producto que compramos fallará e verémonos obrigados a mercar outro. Non obstante, isto non sempre é negativo, xa que se se considera como unha estratexia para incentivar ás empresas a mellorar os seus productos, as posibilidades tecnolóxicas veranse en aumento.

  7. fab-noerodriguez di:

    A obsolescencia programada é un xeito de facer que certos aparellos electrónicod, tras un período determinado ou tras un certo número de accións, deixen de funcionar sen razón aparente. Isto pode introducirse mediante un chip que vén introducido no produto. A consecuencia disto, vémonos obligados a comprar novos exemplares dun produto.
    Por exemplo, unha impresora está determinada a facer un número determinado de copias e despois deixar de funcionar. Non obstante, se se resetea o chip no que ven introducida a obsolescencia planificada, pode seguir funcionando sen problema.

  8. fab-beatrizcasal di:

    A obsolescencia programada é a vida útil dun produto ou servizo, de modo que tras un período de tempo calculado de antemán polo fabricante ou pola empresa durante a fase de deseño do devandito produto ou servizo, este se torne obsoleto, non funcional, inútil ou inservible.

  9. fab-jairotroncoso di:

    Esto consiste, enque ao chegar a un determinado período de tempo, o producto empeza a fallar, para asi o cliente adquira un novo producto ou arreglalo, unha estratexia.

  10. faa-begonasuarez di:

    Na miña opinión, Phoneblocks, sería un proxecto moi bo para toda a xente, no caso de que puidera chegar a desenvolverse, xa que utilizamos continuamente os smartphones, e é certo que nos rompen ao ano ou dous anos de utilizalos. Esta iniciativa proponnos que dende unha placa poidamos construílo nós mesmos, ao noso gusto, e se nos rompe calquera peza, non haxa que mercar un teléfono novo, chegaría con reemplazar esa peza,o que dende o punto de vista económico, sería mellor para nós.

  11. faa-veronicanoya di:

    A obsolescencia programada é a vida útil que ten programada un aparello. Deste modo, tras un tempo de servicio, calculado polo fabricante ou a empresa que o comercia, o aparello deixa de funcionar, facendo que teñas que comprar outro. Consiguen así que non remate a demanda deste producto.

  12. fab-raqueloliveira di:

    Antiguamente,os inxenieiros traballaban en métodos para conseguir que as cousas durasen máis, unha vez que o conseguían e se poñía o producto en venta, as fábricas dábanse conta de que se reducían os seus beneficios e ordenábanlle aos fabricantes a contruir cousas menos duradeiras, isto era realmente frustrante para eles porque estudiaran para mellorar as cousas, non para facer productos máis malos.
    Como o caso das medias, conseguiron que foran irrompibles e que non se lles fixeran carreiras pero ao baixar as ventas, porque con comprar un par xa lles daba para toda a vida, fabricaron medias máis fráxiles, como as actuales.
    Nisto consiste a obsolescencia programada, en facer cousas que nun determinado tempo xa non sirven.
    Outro caso tamén pode ser o de un home que tiña unha impresora que xa non lle ía, levouna a arreglar e dixéronlle que non servía, que comprara outra, o home investigou e con cambiarlle unha peza xa a arreglou e non tivo necesidade de cambiar de impresora, sin embsargo, nas tiendas xa lle decían que tiña que comprar unha nova.

  13. fab-gretageorgieva di:

    A obsolencia programada é o tempo estimado polo fabricante para o funcionamento dun producto neste casobo smartphone.con este método os fabricantes e vendedores consiguen que despois dese tempo o producto concreto empece a fallar e así o consumidor teña que mercar outro Novo,xa que si os productos durases toda a vida non haberia ningún tipo de avance e os fabricantes quedarianse sen producir e polo tanto sen trabal!lo.

  14. fab-martarodriguez di:

    A absolescencia programa como ben din os meus compañeiros consiste en facer cousas que só duren un periodo de tempo, é dicir, tanto móbiles como ordenadores e o resto de aparellos da casa ahora xa non duran tanto como antes porque as empresas sacanlle máis beneficio as cousas que se teñen que cambiar cada certo tempo.
    Nos tempos de antes unha tele ou un móbil podiache durar toda a vida hasta que ti decidiras cambialo, agora non, tanto teles como móbiles cando teñen un certo tempo empezan a fallar o que te obriga a comprar unha nova.

  15. fab-martarodriguez di:

    A absolescencia programa como ben din os meus compañeiros é a vida útil dun aparello ou servizo, só duran un periodo de tempo, é dicir, tanto móbiles como ordenadores e o resto de aparellos da casa ahora xa non duran tanto como antes porque as empresas sacanlle máis beneficio as cousas que se teñen que cambiar cada certo tempo.
    Nos tempos de antes unha tele ou un móbil podiache durar toda a vida hasta que ti decidiras cambialo, agora non, tanto teles como móbiles cando teñen un certo tempo empezan a fallar o que te obriga a comprar unha nova.

  16. fab-martapalacios di:

    Chámaselle obsolescencia programada ou planificada á programación do fin da vida útil dun produto ou servicio, tal que despois dun período de tempo calculado anteriormente polo fabricante ou pola empresa na fase de deseño de dito produto ou servicio, éste deixe de funcionar.
    Considérase que a orixe remóntase no 1932, causa de Bernand London, mais a súa proposta non se puido levar a cabo. Sen embargo, o término “obsolescencia programada” foi coñecido no 1954 polo deseñador Brooks Stevens cando o utilizou de título nunha das súas conferencias.

  17. faa-elenafontenla di:

    A obsolescencia programada é unha estratexia que crearon as industrias comerciais nos anos 50 co motivo de xerar máis riquezas. En que consiste a obsolescencia programada? Pois consiste en que a empresa ou industria responsable dun produto X, amaña ese produto, prográmao para que nun periodo de tempo relativamente curto o produto se estropee. Como consecuencia disto o cliente que o comprou quere cambiar as pezas, non pode, a empresa recomendalle comprar outro novo e mellorado.
    Con este sistema as empresas gañan moito máis que si nos venden algo para toda a vida.

  18. faa-christiancacabelos di:

    Eu, dende o meu punto de vista creo que temos unha “necesidade” das novas tecnoloxías en xeral, que se ve influenciada polos anuncios, polos cambios anovadores, e polos novos e grandes xiros que dá a industria das novas tecnoloxías. Hai trinta anos e uns meses naceu o primeiro ordenador persoal, tiña unha pantalla de 9″ e uns gráficos bastante cativos comparados cos de agora e con esto quero dicir que a industria das novas tecnoloxías avance a un gran ritmo porque quen ía a pensar que agora nos comunicaríamos con redes sen fíos, empregaríamos os servizos de mensaxería instantánea ou mesmo chamaríamos gratis mediante o emprego da internet? cun teléfono que hoxe en día é máis parecido un ordenador en miniatura que cada ano incorpora grandes melloras que crean así a dependencia dos consumidores.

  19. fab-marcosdaporta di:

    A obsolescencia programada ten nefastas consecuencias no medio ambiente. Tíranse moitos dos residuos porque son máis caros de separar e reciclar que comprar outros compoñentes iguais. Aparte tíranse no mar ou en países pobres, estes últimos teñen especial importancia xa que alí queiman os compoñentes para extraer o cobre e vendelo pero o proceso de combustión libera unhs gases nocivos para a xente e moi perigosos para a atmosfera.

    Esta práctica económica é defendida por ser “necesaria” para que as empresas sempre teñan productos para vender, se non houbese esta práctica as empresas quedarían sen clientes, reducindo a produción e despedindo xente o que xeraría unha bola que acabaría nunha crise irresolvible por outro método. Pero isto só ocorre no sistema capitalista.

    Durante o comunismo ruso, ó Estado non lle interesaba construir o mesmo varias veces senon que preferían producilo unha vez, que durase moitos anos e dedicar os factores productivos sobrantes a facer outros aparatos, utensilios ou calquer outra cousa. Algúns din que isto foi a causa de que o comunismo desaparecese ao non ter suficiente producto interior bruto pero polo menos era unha producción máis respetable co medio ambiente (Hai lavadores e neveiras que seguen funcionando despois de 40 anos e incluso máis anos que foron producidas en Berlín ou a Rusia comunista).

    Por último dicir que nun futuro, os nosos netos ou bisnetos verán o que fixemos e verán que NON fixemos para evitalo e se asombrarán da vida que levabamos. Supoñendo que nun futuro isto acabe porque os recursos da Terra son limitados e isto non é sostible nin viable a largo plazo.

  20. fab-lorenasoto di:

    A obsolescencia programada é un sistema que utilizan a maioría das empresas para obter un maior beneficio. Consiste na programación da vida útil dun produto ou servizo, de tal xeito que transcorrido un tempo determinado (xa calculado polo frabricante ou empresa durante a fase de deseño) o aparello deixe de funcionar. Isto xera un maior beneficio ás empresas xa que obriga ao consumidor a mercar outro novo.

  21. fab-javiercarou di:

    A obsolescencia programada é un proceso utilizado polas empresas para conseguir beneficios. Consiste en que nun periodo de tempo determinado pola empresa, o produto deixe de funcionar. Un exemplo moi claro de obsolescencia programada podémolo ver no caso das lámpadas

  22. fab-anaoubina di:

    A obsolescencia programada é a programación do fin da vida útil dun producto para que se volva vello e que non funcione, inútil ou inservible despois dun tempo de vida calculado polo seu fabricante durante a súa fase de diseño.
    O producto vai a fallar nalgún momento, obligando ao consumidor a comprar otro para reemplazalo e comenzar outra vez o ciclo. Sin embargo, para a indústria, a obsolescencia programada estimula positivamente a demanda, ao impulsar aos consumidores a comprar aceleradamente e sen necesidade real, novos productos.

  23. Victor di:

    Parécevos un proxecto comercialmente factible? Vedes algún inconveniente?

    • faa-adrianmartinez di:

      En principio eu sí o vexo factible. A revolución inicial deste proxecto pode provocar unha grande fonte de beneficios inicial e, co tempo, pode seguir a ter beneficios xa que o usuario seguirá querendo mercar pezas novas para o seu smartphone xa sexa por ” estar á última” ou por necesidade ao fallar algunha destas pezas.

    • fab-iriamartinez di:

      Non considero que sexa factible para as empresas, xa que a media dun móvil hoxe en día está entre 2 ou 3 anos como moito, se nos compramos un só teléfono, sería a runía para moitas empresas. Donde o punto de vista do comerciante é moi factible xa que aforraría te que comprar un teléfono ou calquer outro aparello cada cierto tempo.

    • faa-lauravazquez di:

      Na miña opinión os phoneblocks é un proxecto factible aínda que de momento se presente en vía de investigación e sen fondos. O proxecto supondría un gran cambio no medioambiente xa que se reducidirían en gran cantidade a chatarra electrónica. Esta iniciativa, se se desenvolve correctamente e consigue o apoio económico e social necesario, podería cambiar o mundo da telefonía completamente. Aínda así véxolle un futuro algo complicado porque ó que lles interesa á industria e ás empresas é vender e poder renovar as pezas averiadas en vez de comprar un novo mobil, supón un gran aforro para nos pero unha pérdida importante para as empresas. Ademáis, outro problema que presenta este proxecto é que busca que as compañías traballen nunha mesma dirección, no beneficio da xente en vez do seu propio.

  24. faa-ricardop di:

    De feito, este proxecto é factible para as empresas produtoras dos aparellos, pero para o noso bolsillo non o é, xa que cada certo tempo terïamos que cambiar de dispositivo.
    Inconvinte, baixo a miña opinión, é que a batería dura moi pouco, ano, ano e medio, e ten programada a `conta atrás´ para deixar de funcionar, aparte se son aparellos moi precisos, non valen as pezas doutras empresas, só as da empresa onde compraches o aparello.

  25. fab-anaoubina di:

    Este proxecto é un gran derroche. Fai que os escasos recursos do planeta se agoten e que o medio ambiente se vexa afectado por grandes cantidades de residuos que deterioran a calidade de vida.

  26. faa-sergioserantes di:

    É un proxecto moi interesante para o consumidor, se ben non o é tanto para as grandes empresas, que verán como, sen a obsolescencia programada se reducirán as súas vendas. Sen embrargo, estou seguro de que atoparán unha maneira de seguir tendo ganancias, pode ser que dando mellores servicios cos novos produtos que poidan sacar ou facéndose co mercado das pezas. De calquer maneira, os consumidores sairíamos beneficiados, teríamos mellores produtos ou os mesmos a mellor prezo.

  27. fab-sporto di:

    Cando dicimos que un smartphone é produto da obsolescencia programada, referímonos á determinación da vida útil deste produto, de tal maneira que tras un período de tempo calculado de antemán polo fabricante ou empresa durante a fase de deseño, neste caso do smartphone, este quede inútil e inservible, que xa non funcione. O obxectivo disto e que ao deixar de funcionar un produto ou servicio, o usuario compre outro novo “as empresas pretenden que lle compres os produtos, por iso determinan a vida das cousas, xa que se estes son de boa duración perden cartos nas súas ventas”. Despois se vamos a unha tenda e lle decimos para arranxalo sempre nos din que compremos outro porque nos sairía máis barato.

  28. fab-yamilayelpez di:

    Comercialmente non creo que sexa factible, xa que (supoñendo que o éxito sexa colosal) varias empresas acabarían por quebrar, ou por lo menos tendo grandes problemas económicos. Por outro lado, seguindo a liña do comentario de Marcos, non suporía ningún problema para a humanidade prescindir de algunhas empresas telefónicas.

  29. fab-ariadnacordal di:

    Non creo que sexa comercialmente factible. Está claro que supoñería perdas ás compañías telefónicas, pero ademais, tamén considero importante o factor da ‘complicación’ do produto. Explícome: a pesar de ser a ‘xeración da tecnoloxía’, unha parte da poboación que posúe stmartphones non lles sacan grande partido. Ás veces, simplemente empregan o teléfono para algunha aplicación de mensaxería instantánea, sacar fotos, realizar chamadas… Por iso, obrigar ós consumidores a escoller as pezas do seu teléfono, falarlles das capacidades dos procesadores ou das aberturas das lentes das cámaras, entre outros elementos a elexir, pode facer que se boten atrás á hora de comprar. A isto me refiro cando digo que me parece un produto algo complicado.
    Dende logo, esta invención está orientada cara esa porcentaxe da poboación á que lle gusta a tecnoloxía, e, polo menos dende o meu punto de vista, paréceme unha iniciativa moi interesante e práctica; mais dubido que se poida conseguir comercializar.

    • fab-marcosdaporta di:

      Os ordenadores dende fai tempo xa se comercializan así, por pezas. Lóxicamente a xente non tería nin idea de que escoller e si que se tirarían para atrás pero ó igual que o fan cos ordenadores, venderíanse “packs”. Para estas persoas que non están informadas a única diferencia que tería con comprar un smartphone calquera sería que podería cambiar esas pezas dañadas cun menor custo que comprar outro smartphone. Actualmente se che se estropea o ordenador ,ó ir a tenda, cambianche a peza que non funciona, cos smartphones mándanche de volta para casa ata que compres outro.
      Quero dicir que se é factible para os mercados de ordenadores tamén no mercado dos móviles, eso sí seguramente as persoas pouco informadas serían “estafadas” moitas veces aínda que se pensas que un smartphone ten fecha de caducidade poderíase considerar que te timan o 100% das veces.

  30. fab-javiercarou di:

    Na miña opinión este smartphone sería unha moi boa compra para todas esas persoas que fan un uso completo del. En cambio para esas persoas que soamente o utilizan para chamar á xente ou que soamente utilizan 1 ou 2 aplicacións, sería un gran derroche. Este invento tampouco sería factible para as empresas, xa que o que buscan é que cada ano nos cambiemos de smartphone, ben porque estea estropeado ou ben porque estea anticuado.

  31. faa-noeliaparracho di:

    Dende o meu punto de vista esta idea non sairía adiante debido a varios factores:
    1. Ós fabricantes de teléfonos móbiles non lles beneficia isto, xa que suporía cambiar só unha peza, non o móbil enteiro, polo que o sistema actual, no cal un móvil dura como máiximo dous anos, élles máis beneficioso, xa que o mercado de móbiles está en movemento constantemente e produce unha gran cantidade de cartos.
    2. Para unha persoa que coñeza as novas tecnoloxías e máis ou menos saiba algo de móbiles seríalle moi útil este tipo de teléfono, pero para unha persoa que só sabe o esencial e non utiliza o móbil para nada máis que chamar ou enviar mensaxes seríalle moi complicado entender o funcionamento destes aparellos e saber que peza deberían cambiar, polo que moitas veces poderían ser estafados polos vendedores.
    Aínda así, para min polo menos, sería útil, xa que moitas veces tense que cambiar de teléfono por unha soa peza, xa sexa a batería (en teléfonos nos cales non é extraíble ou no que o custo da batería é maior que conseguir outro móbil), pola cámara, polo teclado, polos procesadores… Porén, vexo moi difícil o éxito destes móbiles.

  32. fab-sofiacastineiras di:

    Este producto é factible para o propio comprador,pero non para as empresas de telefonía móvil. Cada quén pode mercar a cantidade de pezas que vexa necesarias para o seu uso, e así poder aforrar, o precio o elixe o consumidor, coma quen di. Por este motivo, para as empresas sería una gran perdida.

  33. faa-manuelmourino di:

    A gran ventaxa deste movil desde un punto comercial, é que sempre necesitaras pezas para actualizalo movil, polo tanto desde un punto de vista economico é moi factible.
    Mentres que dende o punto de vista do consumidor non é tan factible debido a que o smartphone e as pezas son moi caras

  34. faa-laurapaz di:

    Dende o punto de vista dos comerciantes, eu vexoo moi factible, xa que sería moito máis barato debido a que se se estropea unha soa peza non é necesario comprar ou teléfono, ou se queres cambiar, por exemplo, a cámara por outra de mellor calidade.
    Pero, por outro lado, para as grandes empresas, non sería factible, porque só venderían pequenas pezas e baratas e sería unha importante perda para elas.

  35. faa-christiancacabelos di:

    Eu creo que este proxecto é factible por varias razóns: contaminaríamos menos xa que no caso de “actualizarse” cambiaríamos un par de compoñentes do noso smartphone en vez de cambialo por outro completamente novo; aínda que chegase o momento no que todos tivésemos este smartphone actualizable sempre necesitaríamos compoñentes, xa sexa por fallo dos mesmos ou por renovarse co cal sempre habería demanda, creo que ao mercar ti os compoñentes sería máis asequible xa que segundo a túa economía escollerías, co cal máis persoas terían acceso ao mesmo e incrementaríanse así as ventas, en definitiva é unha boa idea.

  36. faa-santiagoescudeiro di:

    O proxecto é factible para os consumidores que controlen algo destes sistemas, os smartphones, xa que poderían construir o seu propio aparello cos atributos que precisen, obtendo un dispositivo completamente adaptado ás necesidades específicas de cada consumidor.
    Por outra banda, temos o factor económico. Neste factor xogan un importante papel as grandes multinacionais de telefonía móbil actuais, tales como Samsung, ou Apple, entre moitos outros, que se oporían completamente, xa que este sistema de pezas individuais produciríalles un importante descenso das ventas de terminais móbiles e polo tanto perdas económicas. Por desgracia para nós, os usuarios de smartphones, estas compañías non van ceder para que se poidan comercializar estes aparellos por pezas.

  37. faa-igonzalez di:

    Esta tecnoloxía é moi boa, e cada vez está a ser mellor, pero este tipo de móbil, paréceme que non vai a ter moito futuro, xa que as pezas poderíanse perder, e quizais teríamos que andar a comprar pezas novas cada dous por tres. Se tivésemos a oportunidade de cambiar as pezas, tendríamos que ter en conta que sexan boas, e poder telas por moito tempo, en cambio, como dixen anteriormente, isto non sería así. Isto é pola miña parte, pero este tipo de tecnoloxía, pódese empregar noutra cousa, moito máis servible.

  38. faa-fatimaf di:

    Eu creo que si sería factible tanto para o consumidor como para o fabricante, xa que a venda de produtos por pezas xa se leva a cabo na actualidade (ordenadores) e é perfectamente factible, ademais a competitividade entre as distintas marcas podería continuar xa que do mesmo xeito que na actualidade inténtanse crear móbiles cada vez máis potentes para competir con outras compañías, se esto saíse adiante, os fabricantes comezarían a producir pezas de maior calidade cas dos demais, e no caso do consumidor sería algo moi práctico, xa que poderías personalizar o teu teléfono, non só na parte exterior (carcasa, cámara, cristal…), se non tamén na interior (procesador, buzzer, RAM…)e permitiríache aforrar moitos cartos no caso de que algunha destas pezas comezara a faiar, xa que non terías que cambiar o teléfono enteiro ou comprar outro novo por una soa peza.

  39. faa-martinlosada di:

    Na miña opinión vexo un proxecto faactible, especialmente dende o punto económico do consumidor,xa que para seguir as modas non faria falta gastarse todo o diñeiro nun móvil novo, senon só nunha peza. Pero creo que para as grandes empresas, que son as que controlan o mercado suporían perdidas económicas que serían perxudiciais para o seu negocio, por eso creo que non se levara a cabo.

  40. fab-rebecachaves di:

    A obsolescencia programada quíxose empregar como medio para saír da depresión de 1929 en América, nembergantes isto non se chegou a levar a cabo. Per en principio este sistema fora creado non só para enriquecer ás empresas senón como método para mover a economía e poder seguir fabricando cousas e así manter o traballo. Dende o meu punto de vista isto é unha boa idea, pero ás veces o tempo no que os aparellos se estropean é moi rápido e isto é demasiado abusivo sobre todo nuns productos tan caros como os teléfonos mnóviles. Pero hai noutros como as bombillas nas que é beneficioso ter un determinado número de vida para mover o mercado de frabricación de este producto, por iso a obsolescencia pode chegar a ser boa.