CHUPACABRAS

Todos oímos falar algunha vez do “mito do Chupacabras”, un ser indescriptible, como o “home do saco”, que ven polas noites ás casas onde vivan nenos e cómeos se non van durmir. Pero… é posible que este animal exista na vida real, non necesariamente como se conta na lenda, e esteamos ante unha nova especie animal? 

Pois ben,segundo outra “lenda real”, o rumor da existencia do Chupacabras xurdiu en 1992 polos periodistas, en Puerto Rico, para explicar a extraña e inexplicable matanza de animais nas granxas que se estaba a vivir alí (paxaros, cabalos e especialmente cabras). A partir deste suceso, estes casos expalláronse por todo América, en países como: EEUU, Cuba, Brasil, Argentina,… e especialmente en México, onde se deu a coñecer mundialmente esta criatura.

Pero poñámonos prácticos: Que é? Como é? Xamais se  tomaron fotos de carácter científico para demostrar a súa existencia, pero existen númerosas testemuñas de campesiños que supostamente avistaron ao chupacabras e, como é lóxico, numerosos vídeos que subiron aficcionados a Youtube. Uns relatos descríbeno como un pequeno gorila de dentes afiados coa capacidade de voar, onde algúns afirman que teñen ás, ou dar saltos impresionantes. Outros descríbeno como un animal pequeno con forma de “diablillo”, metade cabra e a outra metade monstruo, pero a descripción que posiblemente sexa a máis acertada é a dunha especie de collote ou lobo.

Unhas pequenas investigacións que se fixeron en Chile, persoas “expertas” neste tema, afirmaban que o máis probable é que foran cans abandoados e sen rumbo, pero…. existen demasiadas probas e moitos testigos….

Autor: Manuel González

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

38 Responses to CHUPACABRAS

  1. Victor di:

    Sexamos serios é utilicemos o método cientíco para opinar sobre este tema. Se nunha serie de granxas de Centroamérica aparece gando morto; que deberiamos pensar? Cal podería ser a causa?

    • faa-manuelcacabelos di:

      Neste caso poderiamos baraxar varias opcións.
      A primeira seria a de algún animal depredador que se esté alimentando do gando, neste caso veriase claramente os mordiscos do animal ou a desaparición do gando por que o depredador levouno para alimentar as súas crias.
      A segunda opción seria a enfermidade do animal.

    • faa-adrianmartinez di:

      As causas máis lóxicas e probables son que algún depredador da zona os atacase ou algunha epidemia ou contaminación. Claramente outras causas son posibles, pero o máis lóxico e o que debemos pensar é o mencionado anteriormente

    • fab-tcores di:

      Sinceramente, non creo que un ser como o chupacabras sexa a causa deste problema. Podría haber moitísimas outras cousas, como por exemplo;
      – algún animal depredador que esté alimentando as súas crías ou simplemente alimentandose a si mesmo.
      – que o gando desa granxa teña un problema coa alimentación,
      -ou, por último, que as condicións hixiénicas non sexan o suficientemente boas…

  2. fab-javiercarou di:

    Algunhas das posibles respostas para esta pregunta é que o gando desa granxa teña un problema coa alimentación, que as condicións hixiénicas non sexan o suficientemente boas…
    O que non deberiamos crer é que un ser como o chupacabras do cal fala Manuel sexa o causante dese problema.

  3. fab-martapalacios di:

    A causa máis lóxica por así dicilo, podería ser que houbese unha epidemia no país que afectase ós animais das granxas ou que a comida que se lle suministra ó gando desa zona estivese en mal estado.

  4. fab-marcosdaporta di:

    Se non fose por causas naturais ou enfermidades, eu pensaría que unha manada de lobos, coiotes ou raposos. É bastante frecuente en Galicia por iso o lobo ibérico estase a extinguir, como mataban gando os donos dese gando mataban ós lobos que vían.

  5. fab-anaoubina di:

    As causas principais de que aparezca gando morto son: os problemas respiratorios (aparecen máis de un millón de reces mortas por esta causa), problemas dixestivos, complicacións no parto, razóns derivadas das inclemencias climáticas e por último razóns relacionadas coa depreciación. Os carnívoros relacionados con estas pérdidas poden ser: coyotes, pumas, gatos monteses, linces, cans, lobos, buitres, osos…

  6. faa-christiancacabelos di:

    Mediante o emprego do método científico poderíamos intentar deducir que tipo de ser vivo é mais precisaríamos certos datos como as pegadas, marcas do ataque como poden ser as rabuñaduras e mordeduras que deixou na presa;
    cos datos anteriormente citados poderíamos determinar a súa alimentación, os seus hábitos alimenticios e demáis pero a miña hipótese é que se debe de tratar dun animal cunha alimentación carnívora e de pequeno tamaño, xa que ataca a animais de tamaño medio e animais con comportamento de tipo dócil e que habita en climas cálidos xa que México atópase relativamente preto da liña do Ecuador.

  7. faa-ricardop di:

    Pois, persoalmente, botaríalle a culpa ós lobos, raposos ou cans salvaxes. A causa destes ataques pode ser a falta de alimento, polo que poden incluso chegar a atacarnos, ou poden escapar das súas casas, e volverse salvaxes no bosque, competindo coas outras razas xa existente alí de outros animais.

  8. fab-mariablanco di:

    Eu penso que o máis probable e lóxico é que sexa como ben se dí ao final do artigo, un animal salvaxe, como collotes ou lobos que andan soltos. Eu non creo na existencia do chupacabras xa que me parece algo totalente irreal, pero sí que considero que ese nome pódeselle dar a unha especie de animal referido a cans e lobos, xa que soen ser os que atacan violentamente a outros animais para comer.

  9. fab-noerodriguez di:

    As posibilidades son moi numerosas… Ben pode ser que os animais da granxa foran atacados polos numerosos animais salvaxes que viven pola zona , como ben dixeron os meus compañeiros. Eu, persoalmente, apoio esta opinión. Outra cousa puido ser que no ano 1992, os gandos da zona sufriran unha epidemia. Outra posibilidade, aínda que menos probable, sería un acto terrorista, pois gran parte dos beneficios económicos que obteñen países como Nicaragua, proveñen da carne bovina comercializada internacionalmente.

  10. faa-fatimaf di:

    Dende o meu punto de vista, o máis lóxico sería pensa que hai algunha manada de lobos, raposos ou outro tipo de animais salvaxes nos arredores do lugar onde está o gando, ou ben que poden ter algún tipo de enfermidade contaxiosa.

  11. faa-fatimalago di:

    Poñéndonos serios a existencia dun animal metade cabra e a outra metade monstruo é algo irreal, xa que non hai probas dabondo para xustificar a súa existencia.
    Utilizando o método científico, podemos dicir que a causa de que apareza gando morto nunha granxa de Centroamética podería ser por causas como o ataque dalgúns carnívoros como coiotes, pumas, gatos monteses, linces, lobos, voitres, osos e cans, tamen debido a problemas respiratorios, problemas dixestivos, a variación do clima, ou a diversas enfermidades, epidemias ou unha intoxicación a través da comida.

  12. faa-marcromero di:

    Dende tempos imemoriais o ser humano sempre buscou unha explicación a todo aquelo que non comprendía. Estas explicacions non tiñan porque estar basadas en argumentos cientificos e servían para que a xemte non se sentira ignorante da realidade que os envolvía. O mito do chupacabras é un exemplo diso, os gandeiros viron que moitos dos seus animais morrian e non sabían porque entón inventaronse ao chupacabras. En realidade o chupacabras pode ser unha enfermidade ou ataques de depredadores salvaxes que cada vez vense mais amenazados e mais acorralados devido á destrucción dos seus ecosistemas.

  13. faa-sergioserantes di:

    Moitas son as posibilidades para explicar este suceso. As máis probables probablemente serían a dunha pandemia entre os animais da zona que se viu propagada polo comercio con animais afectados, ou tal vez algún tipo de intoxicación alimentaria ou da auga na área afectada.

  14. fab-iriamartinez di:

    Sendo serios, estas son as típicas lendas para explicar as cousas que anteriormente non eran capaces de explicar, hoxe en día conocemos moitas causas como por exemplo, osos e cans, zorros, ta en por causas climatolóxicas, ou a diversas enfermidades, epidemias ou unha intoxicación a través da comida.

  15. fab-iriamartinez di:

    Sendo serios, estas son as típicas lendas para explicar as causas que anteriormente non eran capaces de explicar, hoxe en día conocemos moitas causas como por exemplo, osos e cans, zorros, ta en por causas climatolóxicas, ou a diversas enfermidades, epidemias ou unha intoxicación a través da comida.

  16. faa-veronicanoya di:

    Poderíamos botar man de diversos motivos para explicar a morte do gando: mala alimentación, xa sexa polo mal estado do alimento como pola cantidade; pouca hixiene; ataque de algún animal salvaxe da zona como lobos, osos, pumas, cans ou raposos, entre outros; epidemias; problemas climáticos…

  17. fab-raqueloliveira di:

    a causa disto podría ser unha enfermidade que afectara a unha e se fose contaxiando,un lovo que as ataca ou calquer outro animal que lles poida facer dano, que a auga da zona estivese contaminada ou outras moitas opcións.

  18. Victor di:

    En calqueira dos casos e antes de ter probas con base sólida, debe recurrise ao sentido común e aos nosos coñecementos científicos. A que credes vos que foi debido o mito do chupacabras?

    • faa-christiancacabelos di:

      Na miña opinión este mito xorde coa procura dunha explicación que teña “lóxica” á morte dun número considerable de animáis afectados por depredadores ou mesmo por enfermidades axenas á este feito, que se converteu en mito debido á que a xente o cría e difundía como verdadeiro ata chegado ao punto de “velo” cando seguramente o que viron foi algún animal de pequeno ou medio tamaño.

    • fab-jairotroncoso di:

      Pois seguramente, puido producirse debido a unha gran matanza de animales en Suramérica, ou un largo período onde os animais das granxas aparecían mortos. A xente en vez de pararse a pensar ou ser lóxicos…preferiu darlle nome a unha criatura inventada, e votarlle as culpas.

  19. fab-yamilayelpez di:

    Eu creo que o mito do chupacabras debeu aparecer do mesmo xeito que o das sereas, ou sexa, por confusión. Por alguna razón (enfermidades, fame…) varios animais morreron case simultáneamente, e entón alguén podería ter afirmado que “veu” un ser desconocido levando acabo esta masacre.

  20. faa-ricardop di:

    Eu creo que se trataba dun animal ceivo, famento e en busca de alimento, xa que o chupacabras se alimenta de animais do gando, polo que tendo a creer que fose un raposo ou un lobo, ademáis aínda non atacou a seres humáns.

  21. fab-beatrizcasal di:

    Eu opino que o mito do chupacabras foi debido a unhas series de confusións, ou tamén puido xurdir por dar unha resposta a morte dos animais como os paxaros, cabalos e especialmente cabras que poderían ser por varias casas como é a fame e as enfermidades sen necesidade de ser ningún ser estraño.

  22. fab-ariadnacordal di:

    O máis probable é que a xente que supostamente avistou ou escoitou ó chupacabras, debido á tensión do momento, percibise un depredador tal coma un lobo, pero distorsionado. Coma dixo Yamila, é todo causa dunha confusión que remata por espallarse entre a xente, coma o resto de lendas.

  23. faa-veronicanoya di:

    Este mito apareceu cando por algunha razón que descoñecemos (xa fosen epidemias, intoxicacións, ataques…) apareceron mortos varios animais simultáneamente e baixo as mesmas condicións. Durante ese período de confusión, un home de Latinoamérica dixo ver un monstruo de entre 1.20 e 1.50 metros de altura, con longas garras e picos na espalda.
    Creo que este home pensou ver algo que en realidade non existe; tal vez vira algún outro animal e baixo as circunstancias que fosen, confundeuno con este ser ó que chamaron Chupacabras.

  24. fab-jairotroncoso di:

    Aunque sexan moitas as posibilidades, o que non podemos pensar, ou non debemos, e pensar en un extraterrestre… porque teríamos que pensar en eso? simplemente puido ser un can, ou para xeneralizar máis, pois un carnívoro que anda polos arredores.

  25. faa-sergioserantes di:

    O mito do chupacabras xorde para dar explicación á morte violenta de moitos animais de gando en Sudamérica. Probablemente estes animais foron asasinados por unha manada de cans salvaxes, ou semellantes, e a creación deste mito debeuse ao medo que estas mortes puideron causar nos gandeiros sudamericanos, que buscaron unha explicación ás súas perdas, mesmo inda que esta fose fantasiosa.

  26. faa-fatimalago di:

    Eu penso que o mito do chupacabras foi debido á necesidade de dar unha explicación a tantas mortes do gando, e nun momento de tensión e desesperación, recurriuse a atribuirlle a culpa a un ser imaxinario, que deron por verdadeiro, o chupacabras. Posiblemente os veciños da zona que aseguraron ver este animal asociaron os ruidos ou algo que viron de lonxe, a un animal novo, descoñecido, pero seguramente se trataría dun lobo ou de outro animal depredador como poderían ser os coiotes, pumas, gatos monteses, linces, lobos, voitres, osos… E dado a que estes veciños aseguraron ver este animal, o rumor extendeuse por todo o pobo ata que foi chegando á cidade e actualmente, a todo o mundo, pero chega en forma de lenda, dado que creer isto e algo un tanto difícil.

  27. fab-martapalacios di:

    Tras a morte descoñecida de moitos animais do gando suramericano a xente comezou a falar e ao non haber probas contundentes ou ben inventouse o mito, ou alguén (como din Yamila e Ariadna) pensou que vira un ser extraño cando en realidade debía ser un lobo ou un raposo.

  28. fab-anaoubina di:

    Eu penso que o mito do chupacabras xurdui por dar unha explicación á morte de moitos animais que apareceron mortos de forma descoñecida. As persoas que afirmaron ver este animal o máis probable é que confundiran a este novo animal con un lobo, un lince, un gato montés…

  29. fab-noerodriguez di:

    Isto foi unha invención do ser humano debido á inexplicable situación que se estaba vivindo, as enigmáticas mortes do gando. O ser humano sempre trata de buscar unha explicación ás cousas que non pode xustificar, coma neste caso, o chupacabras ou os deuses gregos da antigüidade, responsables de todas as causas naturais.

  30. faa-igonzalez di:

    Eu penso que este mito, puido surxir de que algúns animais, principalmente as cabras, aparecían mortos pola mañan, pero non se sabía quen era o culpable. Algún veciño debeu de ver algunha sombra dun enxendro que non coñecía (que podería ser calqueira lobo ou depredador normal) e inventouse o termino “chupacabras”. Despois, claro, por mor da transmisión oral das lendas, as historias estivéronse cambiando de boca en boca, ata dar a lenda descrita neste artigo.

  31. fab-sofiacastineiras di:

    Este mito xurdiu para poder dar una explicación sobre o porqué de tantas mortes sen motivo coñecido. Probablemente viron a un animal, pero non o recoñeceron, por iso chegaron á conclusión de que era una raza nova.

  32. faa-manuelmourino di:

    O mito ten a función de explicar algún suceso extraño debido que no hai base solida que o manteña, o mito do chupacabras ten como a orixe a matanza de animais en suramerica.

  33. faa-manuelmourino di:

    O mito ten a función de explicar algún suceso extraño debido que no hai base solida que o manteña, o mito do chupacabras ten como a orixe a matanza de animais en suramerica no seculo XX.
    Tamen se fala de vampiros pero en menor cantidade debido a que o mito do extraño animal esta mais esparcido.