NIVEL DO MAR

O ascenso do nivel do mar é un grave problema que empeora co paso do tempo. Dende o último século este ascenso sitúase en 1.8 mm/ano pero recentemente podemos ver que está situado entre 2.8 e 3.1 mm/ano, o cal é un grave problema.

Pero, por que sube o nivel do mar? Hai 4 posibles explicacións repartidas da seguinte maneira:

  1. O xeo procedente da Antártida e de Groenlandia (0.5 mm/ano aprox.)
  2. Glaciares e outras capas de xeo (0.8 mm/ano aprox.)
  3. Expansión térmica dos océanos (1.6 mm/ano aprox.)
  4. A construción de encoros, a extracción de augas subterráneas e os cambios do curso dos ríos. (0.1 mm/ano aprox.)

Isto, por suposto, trae una serie de malas consecuencias:

  1. A maioría da xente pensa que a subida do nivel do mar pode tragar soamente illas pequenas. O que algúns ignoran é que pode tragar masas de terra continentais, desprazando a millóns de persoas que vivan en áreas costeiras.
  2. O aumento do nivel do mar pode afectar aos propios océanos ao introducirse o auga doce nos mesmos. O auga doce reduciría os niveis de salinidade e mataría a millóns de especies que están acostumadas a vivir nese hábitat.

Parece imposible pero co paso dos anos as cidades poderás acabar así:

Autor: Javier Carou

Esta entrada foi publicada en Cambio Climático, Catastrofes naturais e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

34 Responses to NIVEL DO MAR

  1. fab-raqueloliveira di:

    Como ben di este artigo, o nivel do mar pode ascender por catro causas, pero esas causas suceden por outras, como por exempo o desxeo dos polos é causado polo efecto invernadoiro, e este, é causado por nos, os humanos que contaminamos tanto con tantas cousas que nin nos damos conta do que eso pode supoñer para o resto do mundo e os diversos ecosistemas.
    Moitas persoas, defenden que debemos procurar contaminar o menor posible para deixarlle un bó lugar ós nosos fillos, aínda así, a maioría da xente é tan irresponsable que segue sin prestar atención a este problema e contamina máis e máis, deixando así un mundo cada vez peor.
    O ascenso do nivel do mar é algo preocupante, porque aínda que ahora non nos afecte tanto como afectará nun futuro.

  2. faa-ricardop di:

    Eu penso que o que di Javi neste artigo é moi dañino para nós, tanto no sentido de desprazarnos pola subida do nivel do mar (sendo ésta moi pequena), por outra banda a salinización de acuíferos tamen é moi grave, e non só para ós que viven na costa, senon tamén para os do interior, xa que ésta pode filtrarse polo subsolo.

  3. faa-saracastro di:

    Este artigo fala dun dos temas máis importantes e máis preocupantes da actualidade. Fala do aumento do nivel do mar, un aumento que se vai incrementando pouco a pouco e que co tempo pode causar danos moi graves. Non só a nivel costeiro, senón que a auga pódese ir penetrando cada vez máis no interior e causar así unha verdadeira catástrofe. Ademais, non é soamente o feito de que cause danos sobre a superficie terrestre, senón que ao xuntarse a auga do mar coa dos ríos, todas as especies que habitaban neses hábitats poden verse gravemente prexudicadas.
    Na miña opinión, isto é algo que nos debería preocupar moito máis do que nos preocupa, posto que como o incremento do nivel da auga siga así, dentro de non demasiado tempo imos empezar a notar bastante as consecuencias.

  4. fab-manuelgonzalez di:

    O que se fala neste artigo é un dos maiores problemas que a humanidade ten e tera que afrontar,porque como di neste artigo,a subida do nivel de mar provoca enigracions a grande escala das ciudades costeiras,e un mal efecto de chega a xuntarse os días tipos de auga… Cal é a única solución? Pois non esta claro cal é a causa directa e principal,pero o que pódese facer é contaminar menos.

  5. Victor di:

    Que significa iso da expansión térmica dos océanos?

    • faa-begonasuarez di:

      A expansión térmica, tamén coñecida coma dilatación térmica, é unha das causas do aumento do nivel do mar. Este proceso consiste en que cando a auga se quenta, dilátase. Arredor da metade do aumento do nivel do mar que se produxo ao longo do século pasado é atribuible ao feito de que os océanos, ao quentarse, ocupan máis espazo.

    • fab-iriamartinez di:

      Se a temperatura media mundial crece catro graos, espérase que aconteza en menos dun século, as capas de xeo do Antártico contribuirán cun 50 por cento do aumento do nivel do mar. Actualmente, menos do 10 por cento do aumento é orixinado pola perda de xeo na Antártida. Groenlandia agregará outro 25 por cento do total do crecemento do nivel do mar.

    • fab-raqueloliveira di:

      A expansión térmica prodúicese polos gases emitidos polo ser humano, provocando un aumento da temperatura no mar.
      A expansión térmmica é un dos principales motivos polo que o nivel do mar aumenta.

    • faa-adrianmartinez di:

      A expansión térmica consiste na dilatación da auga debido á calor. O aumento da temperatura media terrestre ( cambio climático) provoca unha maior expansión térmica, o que produce o aumento do nivel do mar.

    • fab-tcores di:

      A expansión térmica dos océanos é que si a temeratura mundial crece catro graos (que o máis seguro é que aconteza en menos dun século), as capas de xeo se derritan e fagan que o xeo do Antártico se derrita e isto provoque un aumento do 50% do nivel do mar.

  6. fab-cporto di:

    A suba das augas é atribuída a distintas causas que suman variacións da orde de 3 mm ao ano, aínda que hai unha variación aínda non explicable entre os cálculos baseados nos modelos climáticos e as observacións reais.
    No incremento calculado a repartición é:
    – A. Auga procedente do xeo de Groenlandia (~0,2 mm ao ano)
    – B. Auga procedente do xeo da Antártida (~0,2 mm ao ano)
    – C. Glaciares e outras capas de xeo (~0,8 mm ao ano)
    – D. Expansión térmica dos océanos (~1,6 mm ao ano)
    A expansión térmica dos océanos (D) é debido ao incremento da temperatura da auga, mentres que o resto (A, B e C) é atribuído ao incremento global, en xeral, das temperaturas que contribúen a trasladar auga ata agora estaba en terra, principalmente na forma de glaciares e xeo, aos océanos.

    Outras factores que tamén afectan ao ciclo natural da auga son a construción de encoros para reter auga, a extracción de augas subterráneas e de acuíferos (para regadíos por exemplo) e os cambios de caudal e curso dos ríos. Tamén inflúen movementos de terra (naturais ou non) en zonas de costa e en deltas dos ríos ou eventos naturais tales como movementos tectónicos.

  7. faa-begonasuarez di:

    O tema que trata o meu compañeiro neste artigo é moi importante e nos afecta a todos. É certo que o nivel do mar ascende e un vai emeorar cos anos, que nun futuro, por desgraza, ascendese moito océano e comezasen a desaparecer porcións de contintentes e illas acabaría con algunhas poboacións e sería un gran problema para a supervivencia. E respecto a que a auga doce reduza os niveis de salinidade e mate millóns de especies tamén sería un gran problema, porque desaparecería fauna e flora e nos afectaría gravemente a nós e a outras especies.

  8. fab-yamilayelpez di:

    O termo “expansión térmica dos océanos” refírese á subida de temperatura da auga do mar. Debido a esto, o nivel do mar sube sobre 1.66mm ao ano. Esta é a causa máis potente pola cal sube o nivel do mar. Detrás dela atópanse a auga procedente dos xeos derretidos de Groenlandia, da Antártida e glaciares.

  9. faa-elenafontenla di:

    A auga cando aumenta a súa temperatura, dilátase, aumenta o seu volumen. Aplicando esto á nosa situación actual, a parte do desxeo que contribúe ao aumento do nivel do mar, a expansión térmica é un importante factor neste suceso.

  10. fab-marcosdaporta di:

    A expansión térmica é a dilatación do mar debido o quecemento do auga. Este quecemento é provocado polo calentamento global, osea polos gases de efecto invernadoiro. Outra vez máis os humanos somos a causa da perdición da nosa mesma especie.
    Dise que se o mar se quentase 3 grados máis o mar subirá o suficiente para comerse Cambados e outras cidades e pobos costeiros.

  11. fab-ariadnacordal di:

    A expansión térmica dos océanos refírese ao aumento do volume causado por unha subida de temperatura, neste caso, dos océanos. Isto débese a que ao aumentar a temperatura da auga, esta dilátase. Este fenómeno constituiu aproximadamente o 57% de aportacións á subida do nivel do mar dende 1993.

  12. fab-elisaperez di:

    Un dos factores vinculado ao aumento dos niveis do mar é a dilatación térmica. Cando a auga se quenta, dilátase. Ao redor da mitade do aumento do nivel do mar producido ao longo do século pasado é atribuible ao feito de que os océanos, ao quentarse, ocupan máis espazo.

  13. fab-anaoubina di:

    A expansión térmica dos océanos é debido ao incremento da temperatura da auga. Esta variación dos niveis e temperaturas de mar tamén afecta ás correntes marinas e por tanto á distrubución da auga no oceano. A expansión térmica do oceano e o derretimento dos glaciares montañosos son os factores máis importantes que causan o cambio do nível do mar en este momento.

  14. faa-saracastro di:

    Denominamos expansión térmica dos océanos ao aumento do nivel do mar que se produce debido a que, a pesar de que os océano teñen unha gran capacidade para almacenar a calor, se a temperatura global aumenta, os océanos absorberán ese calor e ampliaranse.
    Esa cantidade de mar resultante levará a un aumento do nivel do mar, e segundo as temperaturas ascenden, o xeo e os camapos helados derretiranse tamén, polo que a cantidade de auga dos océanos aumentará.

  15. fab-mariatirado di:

    A expansión térmica no caso dos océanos quere dicir, que hai un incremento de volume da auga a medida que aumenta a súa temperatura.

  16. faa-ricardop di:

    Este concepto quérenos decir que ó aumentar o efecto invernadoiro, aumenta a Temperatura da auga, polo que ésta aumenta o seu volume, provocando, como di Xavi, inundacións das cidades ou pobos.

  17. fab-sporto di:

    Chamamos expansión térmica no caso dos océanos a un incremento de volume da auga a medida que aumenta a súa temperatura. Esta variación dos niveis e temperaturas de mar tamén afecta ás correntes mariñas e por tanto á distrubución da auga no océano. A expansión térmica do océano e o derretimento dos glaciares montañosos son os causantes do cambio no nível do mar.

  18. fab-mariablanco di:

    A expansión térmica dos océanos dase principalmente pola queima dos combustibles fósiles e outras actividades humanas. Estas cousas fan que se produzan gases e estos gases almacénanse na atmosfera facendo que se atrape a calor. Estas emisións fixeron que a terra aumentase a súa temperatura e polo tanto os océanos absorberon esta calor, o que fai que a auga se dilate e ao dilatarse ocupa máis espazo.

  19. faa-fatimalago di:

    Moitos científicos indicaron que si a temperatura global ascende, é moi probable que aumente o nivel do mar como un efecto secundario. Hai dous factores que contribuirán con este aumento do nivel do mar.
    O primero é que a pesar de que os océanos teñen unha gran capacidade para reter calor, se a temperatura global aumenta, os océanos ao absorver ese calor ampliaranse. A esto coñéceselle como “expansión térmica”. Unha maior cantidade de agua de mar resultante dunha expansión conlevará un aumento do nivel do mar.
    Segundo, as temperaturas ascendentes farán que se derritan o xeo e os campos xeados, e en consecuencia aumentará a cantidade de auga dos océanos. Pero tan só afectará á subida do nivel do mar o derretimento de xeo e neve en terra, xa que o derretimento de xeo flotante non afectará o nivel do mar. Esto é fácil de explicar cun exemplo. Colles un vaso de auga, énchelo pola metade e fas unha marca ata onde chegue a auga. Depois introduces un cubiño de xeo, e cando se derreta podes observar que o nivel da auga segue sendo o mesmo.

  20. faa-santiagoescudeiro di:

    A expansión térmica dos océanos é o aumento do nivel do mar na Terra, chamado térmico porque o maior causante desta subida de auga é o aumento de temperatura terrestre actual e o consecuente derretemento das grandes masas de xeo ártico e dos polos. Este aumento de temperatura ven dado pola enorme contaminación que existe a día de hoxe, algo que os gobernos deberían considerar e tomar medidas axeitadas, posto que se seguimos así, danaremos o noso planeta para as futuras xeracións que o vaian habitar, dificultándolles a súa vida.

  21. fab-gretageorgieva di:

    Denominase expansión térmica a un icremento de volume dun material a medida que vai aumentando a temperatura, a expansion térmica nos océanos debese ao aumento da temperatura global o que fai que se desconxelen os polos e como consecuencia o xeo derretido que vai ao mar fai que aumente o nivel de auga deste. Outra causa son as emisión de combustible polo ser humano e a contaminación ,isto provoca gases quev se almacenan na atmósfera facendo que o calor quede atrapdo,de modo que aumenta a temperatura global os océano atrapan este calor o que provoca unha dilatación ocupando así mais espazo.

  22. faa-fatimaf di:

    A expansión térmica é o aumento de lonxitude, volume ou algunha outra dimensión métrica que sofre un corpo físico, neste caso a auga dos océanos, debido ó aumento de temperatura que se provoca nel por calquera medio, neste caso principalmente pola emisión de gases producida polo ser humano.

  23. faa-veronicanoya di:

    A expansión térmica é un dos motivos polo cal o nivel do mar está aumentando. Ó igual que a maioría dos obxectos se dilatan cando aplicamos calor sobre eles, a auga sofre o mismo proceso. Ó aumentar a temperatura o volume do material aumenta tamén.
    Esto, xunto con outras causas provoca que ano tras ano o nivel do mar aumente de forma alarmante.

  24. fab-beatrizcasal di:

    A expansión térmica é que se a temperatura global ascende, moi probablemente aumentará o nivel do mar como un efecto secundario. Hai dous factores que contribuirán con este aumento do nivel do mar. O primeiro é que a pesar de que os océanos teñen unha gran capacidade para almacenar calor, se a temperatura global aumenta, os océanos absorberán esa calor e se ampliarán.

  25. faa-manuelmontes di:

    A expansión térmica é o aumento do tamaño dun corpo físico que é debido ao aumento de temperatura que se aplica sobre el, e neste caso sobre a auga dos océanos que ano tras ano o nivel está a aumentar debido ,principalmente, á emisión de gases que produce o ser humano.

  26. faa-larafernandez di:

    Este tema é moi importante, xa que podemos perder moito terreo habitable de costas, perdas de especes acostumadas a estes hábitas…

    É moi típico decir “o mar recuperará o que esta perdendo”. A que se refiere isto? Pois é que, o largo da historia o ser humano foise apropiando de terreos maritimos, construindo falsos chans para gañar terreo ó mar e conseguir máis zona de construcción. Isto e o aumento de temperatura e outros factores son os causantes de que algún día o mar “recupere o que é seu” e cobra grandes zonas de costa.

  27. faa-gabriellopez di:

    O aumento da auga por culpa de que se derretan os casquetes polares e debido a que cada vez a climatoloxia varia tanto que nos lugares nos que facia frio agora as temperaturas son mais altas e os animais tamen o notan esta variacion nas condicions climatoloxicas. Se o nivel do mar segue suvindo desta maneira e aumentando levaria a cabo catastofres enormes que despois serian moi dificiles de remediar ou imposibles.

  28. fab-jairotroncoso di:

    Esta subida da auga prodúcese, por culpa do aumento do calor, e da paso a que os glaciares e as grandes masas de xeo se derritan.
    Este termino “expansión térmica” ven dado polo aumento de calor. Co calor a auga expándese pero ó derretirse os cascos polares, aumenta de nivel da auga.

  29. fab-jorgegonzalez di:

    Este problema esta relacionado con moitos outros, como é o buraco na capa de ozono, o cal é o principal culpable de que os casquetes polares se derritan. Este é un tema bastante preocupante inda que nadie fai nada para evitar estas posibles consecuencias.