THIGH GAP, A NOVA MODA XUVENIL

O thigh gap consiste en ter unha separación entre os muslos ao xuntar os pés. É unha nova moda entre as adolescentes que comezou nos Estados Unidos pero que se foi expandindo a través de redes sociais por todo o mundo. Chega a tal a obsesión que xa hai páxinas de competición nas que as rapazas soben fotos dos seus progresos para conseguilo e para ver quen consigue ter unha maior separación, e innumerables páxinas de axuda con exercicios e motivacións cara ás rapazas para alcanzalo.

Moitas adolescentes tratan de conseguir ‘’thigh gap’’ con estes exercicios e severas restriccións alimenticias que poden acabar en trastornos. Pero, é posible para todos conseguilo? Non, ás veces é moi difícil, xa que isto é cuestión da estructura ósea de cada un e non de delgadez, o que quere dicir que hai mulleres que o obteñen por natureza e outras que por moito que adelgacen as pernas, nunca conseguirán este espazo entre os muslos, polo que se chegan a casos de anorexia e bulimia para conseguir este efecto. É un problema non só físico, senón tamén mental, pois moitas xóvenes síntense ”gordas” ou ”feas” se non teñen ”thigh gap” o outro tipo de modas perigosas como o bikini bridge.


Autora: Icia Cores

Esta entrada foi publicada en Saúde e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

52 Responses to THIGH GAP, A NOVA MODA XUVENIL

  1. Victor di:

    Isto require unha reflexión e ademais preguntarse que é “estar de moda”; por que nos inflúe tanto?

    • fab-marcosdaporta di:

      Estar de moda? É vestir, e parecerse aos demais, pero non a os teus amigos ou coñecidos se non a xente que che din que debes parecerte. Unha forma de conseguir cambiar os productos do mercado de forma cíclica, tanto roupa como pastillas para adelgazar ou engordar, prendas que “estilizan”…
      Por que é irónico pensar o que sofren algunhas mulleres (e homes) para conseguir unha figura case esqueletica cando fai uns séculos se consideraba fermosa a abundancia.
      Pero as modas non influen a todo o mundo, nin tampouco por igual. A xente que non se sinte aceptada tal e como é, é máis influenciable por iso. A xente que ten pouca personalidade e escondense detrás das modas tamén.
      Así tamén vemos que o motivo máis importante é que rin de ti por ser diferente.
      “Eles rin de min por ser diferente, eu río deles por ser todos iguais”-Kurt Cobain

    • fab-iriamartinez di:

      A moda forma parte de nos, xa que non nos vestimos nin nos peinamos igual agora cá hai 60 anos, isto é causa das modas para acadar o maior grao de perfección, visto nalgunhas persoas pode chegar a ser obsesivo, de éxito que aparecen estés tipos de problemas, tamén incluidos os da anorexia, bulimia, bigorexia, todo por acadar un prototito de modelo, a moda.

    • fab-raqueloliveira di:

      Estar de moda ven sendo vestir igual có resto do mundo, facer as cousas que fan, ser todos como clóns.
      Que a xente carezca de tan pouca personalidade e se deixe influenciar por como van vestidas o resto das persoas e que todos queiran estar delgados para poder caer ben ou gustar.
      Eu, non vexo necesidade algunha d eestar anoréxica para que se fixen en ti ou ter que levar a roupa que leva o resto do mundo.
      Este caso en concreto, é totalmente ridículo xa que as rapazas destruyen o seu organismo intentando parecerse as outras tendo os muslos separados, vergonzoso.
      En lugar de intentar ser como todos os demáis, cada un deberíamos ter o noso estilo persoal,e non deberíamos de alterar a estructura do noso corpo con parvadas como esas.

    • faa-martinlosada di:

      As modas son tendencias que segue a xente, e que van cambiando co paso do tempo, hai modas de todo tipo, da forma devestir, de como ten que ser o teu corpo, de peinados, de deportes, de accións que se levan a cabo.
      O gran problema que teñen as modas é o de que o que fan e crear un estereotipo, ao que as persoas que o siguen sexan practicamente identicas, e non sexan elas mismas. E despois si esas modas derivan en transtornos ainda son peorres porque provoca serios problemas nesas persoas. En definitiva cad aun debería ser si mesmo e non outra persoa, e as persoas que non lle guste pois realmente e que busca non eres ti sinon o teu estereotipo, e eso non merece a pena, sinon que o que merece a pena e ser si mesmo e sentirse a gusto contigo mesmo

    • faa-begonasuarez di:

      Estar de moda é seguir a tendencia que se establece, intentar imitar os canons de beleza ou a maneira de vestir aos que estamos acostumados a ver nos medios de comunicación. En ocasións coma o “thigh gap” considero que é excesivo, xa que como ben di o artigo, pode levar a problemas serios coma a anoxexia ou a bulimia. Hoxe en día todo o mundo considera que estar delgado está ben, e é certo, pero non en exceso, xa que sería perigoso para a saúde. Cada un temos unha estructura ósea distinta e non podemos ser iguales aos demais. Hai que aceptarse tal e como somos un e non obsesionarse co noso peso nin pensar no que dirán os demais por non seguir a moda. Cada un debería ter a súa personalidade e non deixarse influenciar.

    • faa-diegocores di:

      Estar de moda inflúenos a todos, porque sentímonos integrados en grupos sociais, ou parecémonos a outras persoas famosas que vemos en revistas, televisión, etc.
      A moita xente aféctalle moito o de estar a moda, ben sexa porque en certo modo se sinte ben e mellor que os demais por ir así ou ben sexa porque o seu entorno social a despreza se non o fai… etc.
      Hai moitas razóns polas que a xente vai á moda. Na miña opinión non é importante isto porque, que mais da si somos iguais a famosos se iso non nos vai dar a súa vida? e ademais,indo todos da mesma forma, crearíamos unha sociedade monótona, como se de clons nos tratásemos.

    • fab-tcores di:

      Estar de moda, dacordo con Marcos, é intentar vestirse o más parecidamente o resto das persoas. Normalmente soen ser famosos, ou xente moi “popular” entre pobos, por así decilo. Algunhas persoas levan este método hasta obsesivo, intentando así vestirse tal cal as persoas que admiran, pensando que así polo menos podrán ter algo en común, cando en realidade estanse equivocando, baixo o meu punto de vista.
      Grazas a Deus, non todas as persoas son así, e teñen un pouco de personalidade escollendo roupa que realmente vaian co seu estilo de vida ou personalidade.

  2. faa-santiagoescudeiro di:

    Creo que estamos chegando a extremos na sociedade verdadeiramente alarmantes, un claro exemplo son este tipo de conductas, ou modas.
    Por desgraza, hai demasiadas personas influenciables en exceso, que adoptan as modas e as seguen simplemente porque os demáis o fan, moitas veces sen ter en conta como lles pode afectar no seu organismo a nivel físico e psicolóxico. Actualmente temos moita información sobre moitos temas que nos poden perxudicar, coma o deste artigo que expón Icía, e non entendo como sabendo toda esa información que temos ao alcance, a podemos ignorar e facer que non sabemos nada ou pensar:”Non creo que sexa para tanto como se di aqui”, habendo estudos e fontes fiables que acreditan a veracidade do tema en cuestión.
    Supoño que as modas nos influen tanto porque sempre existiu, sobre todo na adolescencia, ese medo a ser rexeitado por non ser igual aos demáis ou por non facer o que fan os demáis, Ese temor a non encaixar ou a ser criticado polo simple feito de non ser coma os demáis, creo que é o que nos leva a ser tan influenciables polas modas.

  3. fab-manuelgonzalez di:

    As modas só teñen un único obxectivo:seguir o modelo de home ou muller perfecta físicamente a través de dietas,roupa,… Que o seren patrocinadas por grandes marcas e modelos famosas,son imitadas pola xente para acadar ese grao de beleza,que pode chegar a métodos extremos.

  4. fab-martarodriguez di:

    Na nosa sociedade a xuventude o único que quere é chegar o modelo perfecto, tanto en beleza como en estilos de roupa,zapatos…
    Este tipo de “moda” está causando moitos problemas na mocidade de hoxe en día, hasta casos extremos como bulimia ou anorexia.
    Tanta publicidade de maquillaxes, roupa e modelos na televisión pode causar algúns transtornos tanto en homes como en mulleres, deberíamos aceptar como somos cos nosos defectos e virtudes, e non desexar tanto un modelo perfecto que o única que leva son problemas.

  5. faa-nicolecorbacho di:

    esto iflue porque a sociedade está movida polas redes sociales, polos varios anuncios, programas,… debido a eso convirtese nunha moda, con moitos seguidos. Na miña opinión, as mulleres somos as máis influenciadas e as maiores seguidoras de “Estar a moda”.

  6. faa-sergioserantes di:

    Este tipo de modas obsesionannos dunha maneira tan extrema debido a que o que está ben visto é ser todos iguais, mesmo no físico. Isto conleva que, si o que está mellor visto é estar delgado, todos tentaremos estar así, e o thigh gap é unha maneira de demostrar que estás delgado e á última, polo que canto máis o teñas máis á última estarás, ou polo menos eso será o que pensaremos.

  7. fab-ariadnacordal di:

    As modas, en principio, non deberían ser negativas; non é malo admirar a alguén ou a algo e intentar imitar facetas dese canon. O problema está cando os individuos non teñen a suficiente personalidade (incluso se subestiman) e se obsesionan coa idea de que deben ser iguais cós modelos da moda que seguen, cando cren que todo o que non sexa desa moda é incorrecto.
    Isto é o que sucede neste caso: as rapazas adolescentes que teñen un carácter máis débil e se deixan influenciar con máis facilidade, obsesiónanse coa idea de seguir a moda do ‘thigh gap’ e adelgazar, a pesar de ser unha conducta equivocada porque coma se menciona no artigo, esa ‘separación entre as pernas’ depende, moitas veces, da estrutura ósea de cada persoa.
    Así pois, para evitar este tipo de modas sen sentido ou incluso perxudiciais, deberiamos ser máis críticos, e neste caso, aceptar o noso corpo tal e como é. Está ben admirar a alguén, pero tamén hai que lembrar que cada persoa é diferente e bonita á súa maneira.

    • faa-manuelcacabelos di:

      Estou de acordo con Ariadna, pois as modas non son normalmente negativas. Uns ou outros seguemos unha moda, aínda que moitos o neguen. E hai modas que non fan dano a ninguen, como a algunha forma de vestir.Tamén se tes un bo exemplo a seguir, dunha persoa respertable.
      Agora ben, non se debería xogar coas modas,seguir modas que afecten negativamente á túa saúde.
      Todos queremos un corpo 10 sen un gramo de graxa y cos músculos ben marcados e deseguida chamamos gord@ a quen non este delgado.
      A veces a culpa de moita que moit@s adolescentes teñan problemas alimenticios é polo medo de que as demáis persoas metanse con el/ela.
      Agora está de moda estar delgado cos músculos marcados e coa pel morena, cando na Idade Media o canón de beleza era ben distinto, era mellor estar blanco maril e estar un pouco entradiñ@ en carnes, como símbolo da riqueza.
      Todos seguemos unha moda e quen diga que non se engana a sí mesmo, o máis sensato é saber elixir a moda a segur.

  8. fab-sporto di:

    Na miña opinión creo que esto de estar a moda nos inflúe moito xa que a sociedade hoxe en día si non vas como todos apartante, por exemplo, hai xente que pola súa estructura corporal é gorda e polo simple feito de que esa persoa está gorda algunhas persoas non se acercana ela xa que din que lle da “vergonza”. Se nos poñemos a pensar tamén lle podía haber pasado a eles e máis seguro que non lle gustaría que a xente a marxinara.

  9. faa-gabriellopez di:

    Primeiro as mulleres sempre tiveron a obsesion de vestirsa ca moda e outras cousas porque senon pensan que non son persoas normais. Hay mulleres oque isto non lle afecta e deciden ser elas mesmas ca sua propia voluntade, cada muller deberia facer o que quixera ca sua personalidade sendo ela mesma e libre sen que a critiquen.

  10. fab-lorenasoto di:

    Por desgraza,vivimos nunha sociedade na que existen moitos complexos e prexuízos, na que todos queremos ter un físico perfecto. Isto lévanos, a maioría das veces, a trastornos como a bulimia ou a anorexia e o thigh gap non é máis ca un exemplo.

  11. faa-ricardop di:

    Certo é que, principalmente as mulleres queren estar sempre guapas e á moda, enton se ven esta noticia revolucionária, lánzanse a ela sen temor das consecuencias, podendo provocar en moitos casos danos irreparables.
    Pensades que este tipo de moda é bo para o noso organismo? E o máis importante, en qué nos beneficia?

  12. fab-iciacores di:

    Como di Ariadna, as modas non deberían ter un efecto negativo. Pero hai veces que se chega a tales extremos (como conseguir thigh gap)que pode convertirse nun serio problema. A sociedade actual básease en canons de beleza para a ”muller perfecta” ou o ”home perfecto”. Isto supón complexos en persoas que non se vexan así, o que os conleva a este tipo de casos. Penso que cada un debe aceptar o seu corpo tal e como é, que está ben mantense en forma, pero para sentirse ben con un mesmo.

  13. fab-jairotroncoso di:

    A moda influenos por eso, porque é a moda. Por exemplo, propoñamos que levar tenis de unha determinada marca e a moda; ao estar de moda esos tenis e levalos todo o mundo, ti vas a querer compralos e os teus amigos diranche, compra estos tenis que son moi bonitos é o último en moda, e quédanche moi ben. Pero esto pódese aplicar tanto en roupa como en estética, a veces a moda e para ben e outras non tanto.
    Eu creo que esta moda de ter unha separacións entre os muslos, non e nada combinte.

  14. fab-martapalacios di:

    Estar á moda é practicamente ser todos iguais. Os que están á moda escoitan a mesma música, visten do mesmo xeito, falan caracteristicamente moi semellante, teñen o mesmo teléfono móbil, etc. Se estás á moda es un preso da sociedade, non es ti mesmo, es o que queren que sexas. O malo diso é que termina coa personalidade da xente e as modas fanos crer que se as seguimos somos mellores, por iso inflúennos tanto. Ademais diso, resúltame preciso opinar sobre a moda do “thigh gap”. Considero esta moda non só asquerosa, senon que absurda e imposible xa que como ben di o artigo, depende da constitución ósea. Paréceme que quen considere normal esta moda non ten personalidade ningunha, e con cousas coma estas imos cada vez a peor.

  15. fab-mariablanco di:

    Eu estou de acordo co que de que as modas non teñen porque ser algo negativo. Seguir un tipo de moda referido a roupa por exemplo, non creo que teña nada negativo, xa que é a forma da que nos gusta ir, tanto porque o leven outras persoas como non, pero o que sí pode ser negativo son os tipos de moda referidos ao físico. Ese tipo de modas a maioría das veces non son saudables e este é un dos casos. Penso que seguir un tipo de moda as veces pode chegar a estar moi sobrevalorado, pero non creo que sexa nada malo mentras non sexan modas referidas ao apartado do corpo dunha persoa ou tamén psicolóxico.

  16. fab-yamilayelpez di:

    Eu non creo que as modas sexan algo malo, xa que son o que fixan unha época, por así dicilo. Con respeto á moda do artigo, é certo que últimamente vense máis, pero non tiña nin idea de que era tan exaxerado e que incluso tiña un nome. De feito, nalgunha ocasión intentei tamén ter esta separación, pero precisamente como di no artigo, pola miña estrutura ósea non é posible. A mín non me supón ningún problema, pero o malo das modas chega cando as persoas (sobre todo adolescentes, para que engañarnos) cren que a súa vida culmina neste momento e que se non forman parte dese movemento, non valen nada.

  17. faa-elenafontenla di:

    Toda persoa que viva nesta sociedade quere estar de moda, isto é, seguir as novas tendenzas, vivir na actualidade, por desgraza hay xente que ás veces se sobrepasa, xente que quere destacar e convirte nunha competición isto de estar á última.
    Non ten porque ser algo malo, podes compararte con outras persoas, compartir e comentas as túas opinións con que queiras, pero unha vez que se intenta sobresaír nestes círculos ou levalos a un extremo xa se convirte nun problema para a sociedade, xa que pode crear moitos conflitos.

  18. fab-gretageorgieva di:

    Estar na moda significa, querer ser como os que te rodean ou alguen a quen adniras,significa non ter estilo propio e imitar aos demais na forma de vestir,peinados… Ata na fornar de comportarse, que non ten nada de malo o problema comeza cando a persoa inplicada chega a obsecionarse ata ovpunto que pode chegar a enfernar como é o caso da obseción da figura corporal como a bulimia ou anorexia. cada un debería ser el mismo,xa que nadie é igual ao resto,seguir as modas pero con moderacioón e ter estilo propio.

  19. fab-noerodriguez di:

    As modas son tendencias que pretenden marcar o xeito de vestir ou de ser das persoas. Estas modas tenden a facer que toda a xente sexa igual ou intente parecerse o máximo posible a un modelo ou “canon de beleza”, sen importar o que lle poda suceder á xente e facendo que a xente se vexa tan influenciada que non se sintan a gusto ata ser como eles, facendo que algunhas persoas se sintan realmente influenciadas. As persoas deberiamos aceptarnos tal como somos.

  20. fab-beatrizcasal di:

    A moda forma parte de nos, xa que a veces delimita o tipo de personalidade que ten cada un, as modas polo tanto non son negativas en todos os aspectos porque ti vas o teu gusto e como te sentes ben e non como quere verte a xente pero tamén opino que as modas en canto o físico son moi perxudiciais porque eso de xogar co corpo non esta ben e moito menos o punto de chegar a sufrir enfermidades como a anorexia e a bulimia que son enfermidades moi graves para a nosa saude.

  21. faa-cristinaguillan di:

    Na sociedade que vivimos o que entendemos por moda é facer o que fan os nosos ídolos, na gran maioría dos casos ídolos de grandes masas polo que estas modas, como o seu propio nome indica, esténdense de xeito masivo. Estas modas tamén se estenden debido a que o mundo da moda controla á gran maioría da sociedade xa non só polo feito de que todo mundo vista igual, senón no aspecto de peinados e maquillaxes tamén ou incluso como pode verse neste artigo no físico. Estas modas esténdense sobre todo entre adolescentes, os cales estando en idades difíciles por crerse xa adultos pero ser ainda moi nenos e ter por tanto en moitos casos unha personalidade moi feble e influenciable, que adoitan querer imitar fisicamente e no estilo en moitos casos (e incluso psiquicamente en casos moi extremos) aos seus ídolos, chegando a sufrir trastornos alimenticios para acadar os seus físicos, que en moitos casos como é o thigh gap non é unha cuestión de acadalo mediante estes trastornos, senón que lles ven dado, polo que cando non o acadan frustranse e mesmo se deprimen por non facelo e aparecen os trastornos psiquicos onde estas rapazas a pesar de estar extremadamente delgadas se seguen a ver gordas.
    Ademais, como xa comentei antes, as empresas textis non axudan a frear estas modas, pois cada vez poñen á venta prendas máis axustadas e que ensinan máis, poñendo a lucilas a modelos irreais, excesivamente delgadas e operadas e maniquíes moi delgados tamén, polo que as rapazas consideran que só acadando as medidas desas modelos as prendas lles quedarán ben.
    Na miña opinión ao que nos levan estas modas non é a ser máis guapos e perfectos nin a ter máis ou menos personalidade, senón todo o contrario, unha sociedade vacía e case clonada.

  22. fab-javiercarou di:

    As modas son tendencias de todo tipo, como por exemplo estilo de pelo, forma de vestir… O gran problema das modas é que as persoas deixan de ser o que son e comezan a comportarse da misma maneira que dicta a moda. Pode haber incluso algunhas modas que afecten ao noso físico como é o caso da anorexia, por exemplo. Moitas delas son absurdas pero moita xente non parece darse de conta.

  23. faa-laurapaz di:

    A sociedade, maiormente os adolescentes, estamos moi influenciados polas modas. É certo que o de estar á moda non ten porque ser sempre negativo, por exemplo, se che gusta un estilo para vestir en concreto, podes seguir algúns esteriotipos relacionados cos teus gustos e que estén á moda. Ahora ben, a maioría da xente segue as modas polo feito de ir como os demais, ser igual ca o resto, para non sentirte “apartado”. E esto indica a pouca personalidade que ten cada persoa, que en vez de ser si mesmo, prefire sero como os demais.
    As modas relacionadas co físico parécenme ridículas, xa que moita xente arríscase a modificar o seu organismo para conseguir, neste caso, unha separación entre os muslos.

  24. faa-saracastro di:

    Neste artigo observamos perfectamente a influencia que unha moda pode ter sobre nós. Estar á moda non ten porque ser malo, en absoluto. Pero para todo hai límites. Unha persoa non se pode obsesionar tanto cun canon de beleza, porque cada un é como é e iso non o deberiamos cambiar. O feito de ter máis ou menos separación entre as pernas non sempre está ligado a estar máis ou menos delgada, senón que, como ben se di no artigo, depende tamén da constitución de cada un, da estrutura ósea.
    Así que hai que saber moi ben que modas seguir e cales non, porque o feito de querer adelgazar e ter esa separación entre as pernas pódenos traer problemas de saúde. Así que todas as adolescentes que seguen a moda do thigh gap deberían ter un pouco máis de personalidade e non deixarse levar tan facilmente polo que fan o resto das mozas da súa idade.

  25. faa-laurarey di:

    A moda é un termo que designa as costumes que caracterizan a algunha época ou lugar específicos,sobre todo as relacionadas coa vestimenta.
    A moda é un gusto masivo sobre un tipo de roupa, perfume, cores,…, todos aspectos relacionados co “embelecemento” do noso físico.
    Pero esta acción , pode chegar a ser en moitos casos algo perigoso, pois provoca enfermidades tan serias como son a bulimia ou a anorexia, levadas a cabo simplemente polo feito de que hoxe en día, está de moda que para que alguén se vexa fermoso, debe estar delgado.

  26. fab-anaoubina di:

    A moda son tendencias repetitivas, xa sean de roupa, accesorios, estilos de vida ou maneiras de comportarse, que marcan ou modifican a conducta dunha persoa. Que a moda fomenta a anorexia é unha realidade indiscutible. As modelos extremadamente delgadas son o habitual, algunhas incluso con corpos claramente anoréxicos. E tamén é indiscutible que esas mesmas modelos se convertiran no espello no que se miran millóns de adolescentes de todo o mundo. O resultado de esta situación é que os modelos que as adolescentes queren imitar non son nada saudables para elas. En nun momento no que o aumento dos transtornos da alimentación, sobre todo a anorexia e a bulimia, están aumentando en todo o mundo.

  27. Victor di:

    Esta dura crise económica está significando que a xente non teña os cartos suficientes para poder “estar á moda”. Credes que a crise tamén sirve para reflexionar sobre o sentido de estar á moda sendo esclavo do mercado?

    • fab-yamilayelpez di:

      Por supuesto que sí. Se non tes cartos, non os vas gastar en cousas para estar a moda (ou polo menos non deberías, é sentido común). De toda a vida as persoas adiñeradas son as que crean as modas, xa que vivimos nunha sociedade na que a riqueza sigue sendo o factor de clasificación social, e as clases menos puidentes intentan imitalas.

      • fab-marcosdaporta di:

        Por moito que estemos en crise pódense ver nenos/as consentidos/as por todas partes. Se pós en “Cuatro” e miras “Hermano mayor” daste conta de que a xente que ten unha obsesión ca moda fará o que sexa por estar á moda. Roubar, pasar droga e cousas peores. Así que a crise, nalguns casos só sirve para reducir costes nas necesidades básicas túas ou en facer que outros paguen por ti. Tristemente.

    • fab-raqueloliveira di:

      Debido a crise, moita xente non pode estar a moda, isto, inda que para as persoas afectadas sea unha catástrofe,grazas a isto moitas danse conta de que non só importa estar a moda e poden buscar coas escasos recursos dos que dispoñen un estilo propio.

  28. fab-martapalacios di:

    Penso que pode servir para reflexionar se o miramos dende un determinado punto de vista. É dicir, coa crise non hai cartos, e as modas están para que se gasten os cartos (senon non existirían obviamente). Ben, entón se a xente á que lle afecta máis a crise é seguidora de modas, vaille ser difícil cubrir os gastos que isto supón, e faralles reflexionar sobre si merece a pena seguir unha simple moda ou aforrar que é o que fai falta.

  29. fab-elisaperez di:

    Si que penso que a crise tamén sirve para reflexionar sobre o sentido de estar á moda sendo esclavo do mercado, xa que moita xente terá que conformarse con menos cousas e máis baratas. Todos os produtos (por exemplo), sexan do tipo que sexan, que están á moda, son sempre máis caros ca outros produtos que non están tan á moda. Temos que reflexionar sobre o que de verdade nos fai falta e o que nos sexa máis asequible, xa que non vamos a estar toda a vida intentando parecernos a alguén ou facendo cousas absurdas que pensamos que nos fai mellores.

  30. fab-ariadnacordal di:

    En certo modo, si. A maior parte de modas non son asequibles para todas as persoas, senón que adoitan posuír prezos desorbitados para, por exemplo, a calidade dalgúns produtos. Así como estamos en crise e algunhas familias pasan por situacións difíciles nas que non se poden permitir moitos gastos, deberiamos entender que algunhas modas non son o mellor. Non hai que comprar un artigo soamente porque estea de moda, e moito menos se é moi caro, xa que normalmente, o prezo dos produtos e a súa popularidade son directamente proporcionais. Grazas ás modas, as empresas que producen os artigos aumentan beneficios; se un produto é moi popular, a xente vaino comprar independentemente da calidade e do prezo (ata un límite, claro). Moitas veces, as compañías téxtiles máis exitosas comercializan produtos de materiais moi pobres, pero aínda así, venden. Polo tanto, está claro que as dificultades económicas provocadas pola crise poden axudarnos a apreciar máis os produtos e a súa relación calidade-prezo, aínda que non estean de moda.

  31. faa-saracastro di:

    Hoxe en día estamos a sufrir unha enorme crisis, unha crisis que afecta, ademais, ó mercado téxtil.
    O feito de “estar á moda” podemos permitilo cando temos unha certa estabilidade económica, pero cando non temos traballo, non podemos ter certos privilexios, como mercar roupa cada dous por tres. Isto afecta moito ás empresas, pero o certo é que a nós, como clientes, fainos reflexionar. Fainos pensar e saber apreciar máis o que temos, sen malgastar cartos en roupa que ao mellor só poñemos un par de veces.
    Desta maneira, a xente non está tan á “moda”, pero polo menos emprega os cartos en cousas que son máis necesarias.

  32. faa-fatimalago di:

    Hoxe en día, a mairoría dos adolescentes móvense por modas, creen que ter personalidade é seguir as modas e tentar ser como son os canons de beleza, esas modelos esqueléticas que son, para moitos adolescentes, como un modelo a seguir. É certo que ir á moda non ten porque ser algo negativo, xa que vestir coa roupa que está de moda e ademáis che gusta non ten ningun inconvinte, o problema é cando este tipo de cousas, como o thigh gap tamén se converte nunha moda. Porque moitos ídolos e modelos téñeno, ves a xente delgada que o ten, e acaba sendo un problema psicolóxico xa que moita xente pensa que se non o ten xa non é “guapa” ou está ben de corpo. O máis difícil para unha persoa é aceptarse a si mesma se ve que ela é todo o contrario do que os canons de beleza indican, e por iso hai tantos casos de anorexia e bulimia. Penso que vamos de mal en peor, porque se nos fixamos no modelo de beleza a seguir en 1950, como o era Marilyn Monroe, e nos fixamos no modelo de beleza do 2014, quedamos abraidados, xa que nos fixamos en canto máis delgada hai que ser agora para “estar ben”. E a dúbida que teño é, seguimos pensando que para ser guapa hai que ser un esqueleto?

  33. fab-gretageorgieva di:

    Seguir a moda nestes tempos é bastante difícile,xa que iso supon ter a roupa,complementos…da última tendencia pero está claro que para iso necesita se ter un bo poder adquisitivo porque os comercios que vender productos de moda, non lles teñen precios que se poidan permitir a maioria da poboacion.os prezos van ligados a fama do producto, Polo que canta máis demanda deste o seu prezo e maior. Pero está claro que non necesariamente tes que comprar algo que non poidas permitirte soamente parapara Seguir as tendencias. Podese vivir igualmente sen ter,por exemplo os pantalóns que están na última.

  34. faa-ricardop di:

    Eu penso que anque esteamos en crise, moita xente é adicta a comprar e estar á última, polo que en moitos casos pode ser perxudicial, coma o é o que di este artigo.

  35. faa-fatimaf di:

    Eu creo que a crise pode axudar á xente “adicta” á moda a darse conta do que é realmente importante na vida, pero tamén creo que a xente realmente adicta non vai deixar de seguir a moda pola crise, xa que hai moitas persoas que prefiren renunciar a necesidades básicas antes que á moda, e non creo que isto vaia cambiar coa crise xa que moitas veces trátase dun verdadeiro trastorno que non se pode curar simplemente reducindo a cantidade de cartos para gastar.

  36. faa-veronicanoya di:

    A día de hoxe, coa dura sociedade na que vivimos, non estar á moda pode ser un problema para a integración dunha persoa en certos grupos sociais, esto fai que moita xente se faga adicta á moda, pensando que así terá maior éxito á hora de coñecer xente nova. Estas persoas, precisan reflexionar sobre o sentido de estar á moda, xa que teñen que comprender que é máis importante poder pagar as facturas e a comida que unhas prendas de roupa que nuns meses xa non estarán de moda e xa non usarán.

  37. fab-anaoubina di:

    En xente que ten poucos recursos económicos pois por suposto que lle inflúe xa que estas persoas terán que invertir os poucos cartos que teñen noutros gastos máis importantes pero en xente que ten moitos recursos econóicos a crise non lle afecta para nada.

  38. fab-iriamartinez di:

    Hoxe en día estamos a vivir un ha gran crise, que pode facernos reflexionar, pero eu opino que aínda se non tendo
    os recursos suficientes para comprar e estar a moda, evidentemente comprarás menos, pero se estás obsesionado con teu aspecto, intentarás sacar os recursos de donde poidas, incluso ata o punto de comprar menos alimentos.

  39. faa-manuelmontes di:

    Na sociedade de hoxe as modas controlan bastante á xente. Poden ser un problema para que a xente se integre nela ou pode dar a discriminación, pero a xente debe darse conta de que as modas cambian continuamente e se hoxe está unha cousa, mañan está outra, ademais de que pode as compras poden desencadear unha adicción a elas, polo que a xente pode incluso chegar á ruina.

  40. fab-martarodriguez di:

    Por suposto que con esto da crise moitos adolescentes e hasta xente de máis idade estase dando conta o que é gañar diñeiro para poder levar un pedazo de pan a boca, e que con unha simple estética non podes vivir.
    Esperemos que esta crise acabe pronto pero a veces fan falta cousas así para que a xente aprenda a non malgastar e cousas que non son imprencindibles.

  41. fab-sofiacastineiras di:

    Eu opino que moitos dos rapaces aos que todo lles ven feito, nin vendo que non hai cartos para levar a vida que levaban ata agora, porque moitos toman actitudes moi egoístas e de meniños pequenos por non ter o que querer. Esto en gran parte é culpa dos pais, que consinten todo aos seus filos para telos contentos, cousa que é un grave error na miña opinión, xa que cando chegan momentos como o que estamos a vivir, non van ser capaces de asumir que non poden mercar ou gastar o que lles veña en gana, non van saber aforrar. Por iso creo que os que necesitan ir a moda continuamente, non van a ter en conta a crise, e van seguir facendo o posible para mercar a última moda en camisetas ou pantalóns ou o que eles queiran.