Tanto na bioloxía como na ecoloxía a extinción dunha especie é o final dun organismo ou grupo de organismos como últimos representantes de toda a especie. Unha especie extínguese cando o último membro da especie morre. A extinción dunha especie pode causar grandes problemas; un deles é o efecto en cadea (provocar a extinción de outras especies).
Algunhas das causas de extinción de especies son:
- A degradación do habitat, esta é a máis importante, provocada maiormente pola acción humana.
- Tala incontrolada, a minería, pesca sen control, etc.
- Tamén está a contaminación xenética a través do proceso chamado hibridación, controlado polo ser humano, que seleciona variantes(gando e mascotas maiormente) mellores para o seu uso e elimina outras especies enteiras.
- Contaminación de especies invasoras no habitat destas especies.
- Pérdida de petróleo que contamina os mares.
- Extincións planificadas.
Ademais, os seres humanos traballaron pola extinción de moitas especies de virus e bacterias co obxecto de erradicar distintas enfermidades, por exemplo a viruela. Algúns científicos tamén abogaron pola extinción deliberada dalgunhas especies como os mosquitos Anopheles (que transmite a malaria) argunmentando que a súa erradicación podería salvar moitas vidas.
Para loitar contra a desaparición de especies, deben tomarse unha serie de medidas como: protección de espazos silvestres, establecemento de áreas protexidas, acordos asinados entre países para reducir a cota de liberación de gases de efecto invernadoiro, a clonación … Os recentes avances tecnolóxicos alentan a hipótese de que usando ADN dunha especie extinta, podería traerse de novo á vida desta especie. Algún dos obxectivos propostos para a clonación son o mamut e o dodo.
Entre as especies con maior grao de perigo de extinción no Mundo destacan o tigre de bengala, oso polar e tortuga laud entre outros. E, concretamente, entre as as especies ameazadas en España destacan: Cigoña ibérica (hai só 322 en Extremadura), Lince ibérico (255 en Andalucía e Castela a Mancha), Quebrantaosos (188 en Aragón e Cataluña), Oso pardo (190), Urogaio cantábrico (600 no norte a península Ibérica) Foca monxe do Mediterráneo (4), lagarto xigante do Hierro (250 en Canarias) Tartaruga moura (204).
Autor: Jorge González
A extinción de especies forma parte do proceso natural da evolución biolóxica. Unha especie extinguese cando outra mellor dotada para sobrevivir nas condicións reinantes compite con ela y acaba ocupando o seu lugar no ecosistema. O ritmo actual de extinción das especies, é non obstante, moi superior o ritmo de extinción natural e iso é debido o impacto ecolóxico das múltiples actividades da humanidade no seu conxunto.
Se unha especie desaparece de maneira natural, é porque é menos eficiente que otra, de forma que se trata dunha substitución en aras do perfeccionamento no uso dos recursos. En cambio a extinción causada por o home dificilmente é asimilable por a natureza de modo que o nicho ecolóxico vacante pode quedar baldeiro, coa consecuencia perdida de biodiversidade o pode ser ocupado en forma aberrante, producindo graves e irreversibles desequilibrios no ecosistema.
Paréceme ridículo que unha especie teña que morrer para asií salvarnos vidas a nós,como o caso do Anopheles.
Pola culpa de nós, os humanos, moitas especies deixaron de existir xa fai moito tempo e aínda que hai persoas que loitan por protexer añgunhas das especies que están en perigo de extinción, moitas outras non teñen respeto por nada e cazan animais co único fin de vender a sua pel ou o seu marfil ou algo co que sacar diñeiro, cando o único motivo que debería haber para poder cazar un animal e a supervivencia, poder comer.
A caza furtiva, aínda que moi importante na desaparición das especies como o búfalo, non é polo xeral a principal causa da extinción das especies.
Por exemplo a tala de árbores do Amazonas, que reduce o hábitat e por culpa do ruído das máquinas alguns animais desorientanse.
A pesca submarina con redes de arrastre, que matan a centos e centos de corais, esponxas e algas; moito máis imporante do que se pensa.
As presas, que cambian o ecosistema dun rí completamente.
A contaminación do aire e auga.
O cambio climático que fai que algunhas especies migren buscando mellores temperaturas invadindo zonas e matando outras especies.
Hai miles de razóns e moitas poderían ser evitables.
Moitos animais viven en moi malas condicións,e practicamente por culpa da acción do home. Claro exemplo é, como di o artigo, a degradación do habitat. Consiste na transformación pola cal un habitat normal pasa a ser un lugar inavitable. As prantas e animais son destruidos, e como consecuencia hai unha redución na biodiversidade. A agricultura é a causa principal da degradación do habitat, pero tamén pode ser causada pola minería, sobrepesca ou proliferación urbana.
A pesar de haber moitas especies en perigo de extinción, creo que este suceso ten a súa orixe nos tempos pasados, xa que actualmente está establecida unha lexislación a prol da protección de especies que é acatada na súa maioría. Non obstante, é certo que aínda se pode mellorar o coidado das especies e que segue a existir a caza furtiva de animais en perigo de extinción en moitos lugares do mundo.
A posibilidade da ‘clonación’ dalgunhas especies extintas é tamén, debido ó que supón a perda destas, unha idea interesante. Sen dúbida, que unha especie extinta volva á vida sería un descubrimento fascinante e de moita importancia.
A extición significa a perda dunha especie concreta e, polo tanto, a perda da biodiversidade. Que valor ten a biodiversidade?
A biodiversidade é moi importante na Terra. É a variade de seres vivos que existen sobre ela e os patróns naturais que a conforman, resultado da evolución de todos estos millóns de anos segundo procesos naturais e a influencia crecente das actividades do ser humano. A biodiversidade comprende tamén a variedade de ecosistemas e as diferencias xenéticas dentro de cada especie que permiten a combinación de moitas formas de vida, e cuxas interaccións co resto do entorno fundamentan o sustento da vida sobre o planeta.
Chámaselle biodiversidade ao conxunto de todos os seres vivos e especies que existen na Terra e á súa interacción. Existe unha interdependencia moi estreita entre todos os seres vivos e entre os factores do seu hábitat, polo tanto, unha alteración entre uns seres vivos modifica tamén ao seu hábitat e a outros habitantes de aí. A perda da biodiversidade pode carrexar a nosa desaparición como especie.
A biodiversidade é un dos facores imprescindibles para a vida na terra xa que grazas a ela os ecosistemas poden progresar e non estancarse e acabar por desaparecer xa que grazas a biodiversidade todos os animais teñen o seu sitio, e evitase haiga demasiada sobrepoboación dunha especie, como ocorreu en Australia, e tamén evita que os animais se queden sin comida e desaparezcan
A biodiversidade conforma a todos os seres vivos no planeta. A extinción dalgunha especie, é un eslabón perdido na cadea alimenticia o que pode desembocar nun cambio nela de grande importancia. Unha extinción pode provocar o aumento desmesurado dunha especie ao quedarse sen o seu depredador ou, ao contrario, a desaparición de outras especies ao quedarse sen alimento. Por tanto, cada extinción perxudica aos demais seres vivos e non nos podemos permitir a perda de especies, sobre todo se esta perda de especies está, coma case sempre ata o de agora, provocada polos seres humanos.
A biodiversidade ten un valor moi importante para a vida do noso planeta, a supervivencia da natureza e polo tanto tamén moi importante para nós, xa que sin ela os seres humanos non existiríamos. A biodiversidade é o conxunto de seres vivos do planeta e todos os seus ecosistemas.
É irónico que o que prácticamente nos dou a vida, ahora esteamos destruíndo moitos ecosistemas do planeta, pero non nos damos conta de que estámonos perxudicando a nós mesmos.
Sería moi perigoso que comezase a perderse a biodiversidade xa que grazas a ela na terra hai alimentos, menciñas, etc; e especies que necesitan outras especies, e produciríase a destrucción e desaparición en cadea de animais e lugares naturais que son imprescindibles para a prrservación da raza humana.
A b iodiversidade é algo tanxible, xa que forma parte dos recursos físicos do noso plantea, recursos como a madeira ou a pesca. Sen embargo, o seu valor tamén vai máis alá, xa que está ligada aos coñecementos que temos e ás innovacións que facemos. Perdéndose unha soa especia, pode producirse unha “reacción en cadea” que acabe con máis e modifique os hábitos de moitas outras. Polo tanto, o valor da biodiveridade vai máis alá dos recursos económicos que podemos xerar con ela.
A biodiversidade é moi importante xa que senón houbese biodiversidade non existirían as distintos ecosistemas que coñecemos hoxe en día. A biodiversidade ou diversidade biolóxica é a variedade da vida. Este recente concepto inclúe varios niveis da organización biolóxica. Abarca á diversidade de especies de plantas, animais, fungos e microorganismos que viven nun espazo determinado, á súa variabilidade xenética, aos ecosistemas dos cales forman parte estas especies e ás paisaxes ou rexións onde se sitúan os ecosistemas. Tamén inclúe os procesos ecolóxicos e evolutivos que se dan a nivel de xenes, especies, ecosistemas e paisaxes.
Hai que pensar que a biodiversidade é o resultado de millóns de anos de traballo da natureza, polo que debe seguir existindo e incluso ampliándose. Ademais, este fenómeno asegura a vida e o equilibrio entre especies debido a que unhas dependen doutras.
A biodiversidade é moi importante para o ser humano tamén: a gran e variada cantidade de vexetación é esencial para filtrar e purificar o aire e a auga. Dende un punto de vista económico, é a que nos proporciona diferentes tipos de cultivo ou animais para a gandaría que podemos explotar e comercializar para obter beneficios posteriormente. E, por suposto, tamén nos aporta diferentes especies das que podemos elaborar fármacos para mellorar a nosa saúde.
En tódolos casos, dende a rentabilidade dunha paisaxe con moitas plantas e animais até os avances da pesquisa sobre as orixes da vida mediante a investigación de diferentes especies, está clara a importancia da biodiversidade.
A biodiversidade ou diversidade biolóxica é a variedade de formas de vida no planeta, incluíndo os ecosistemas terrestres, mariños e os complexos ecolóxicos dos que forman parte, máis alá da diversidade dentro de cada especie, entre as especies e os ecosistemas. A biodiversidade varía segundo as distintas rexións ecolóxicas, e é moito máis alta nas zonas tropicais que en climas mornos.
A biodiversidade é responsable de garantir o equilibrio dos ecosistemas de todo o mundo, xa que a especie humana depende da biodiversidade para sobrevivir. Ironicamente, a principal ameaza para a biodiversidade é a acción humana a través da deforestación, os incendios forestais e os cambios no clima e no ecosistema. O dano causado á biodiversidade afecta non só ás especies que habitan nese lugar, senón que prexudica moito a rede de relacións entre as especies e o medio no que viven. Debido á deforestación e os incendios, moitas especies extinguíronse antes de que puidesen ser estudadas, ou antes que se tomase algunha medida para tratar de preservar a especie.
A biodiversidade é dinámica.
A Biodiversidade é un factor esencial para a vida na Terra, xa que se non a houbese, e cadrara que veña unha enfermidade, todos morreríamos, mentres que o habela, só uns poucos morrerían, os máis débiles e menos adaptados.
A biodiversidade é a variedade innumerable de especies que levan millóns de anos evolucionando na terra. O valor da biodiversidade débese a unha cadea pola cal tódalas vidas dependen doutras.
A biodiversidade é a variedade da vida. Inclúe vários niveis de organización biolóxica. Abarca a diversidad de espécies de plantas, animais, hongos e micoorganismos que viven nun espazo determinado, a súa variedade xenética, aos ecosistemas dos cales forman parte estas espécies e aos paisajes ou rexións em donde se ubican os ecosistemas. Tamén inclúe os procesos ecolóxicos e evolutivos que se dan a niveis de xenes, espécies, ecosistemas e paisaxes.
A biodiversidade é o resultado de miles de millóns de anos de evolución. É un concepto que fai referencia á gran variedade de seres vivos que existen na Terra e ás variantes xenéticas que se produciron pola evolución das especies. Ten moita importancia, xa que participa no proceso de evolución e é a causante da dependencia entre especies.
A biodiversidade é o conxunto de todas as especies que habitan a Terra e sen dúbida é moi importante xa que é o resultado de millóns de anos de traballo da natureza, polo que todas estas especies deben seguir existindo para asegurar o equilibrio entre elas.
Este equilibrio é importante tamén para os seres humanos, pois dependemos da cadena alimenticia e a función que desempeñan na natureza todas e cada unha das especies, polo que o defecto dunha e por consecuencia exceso doutra faría a vida difícil e mesmo imposible.
A conservación da biodiversidade é la condición máxima de sostenibilidade do sistema global de funcionamiento da Terra como ecosistema. Inclúe aspectos tan importantes como o mantemento da composición actual dos gases atmosféricos ou a regulación dos ciclos da biosfera, entre eles o da auga.
Tamén, a existencia da biodiversidade, ten un valor moi importante como beneficio a outros seres vivos, principalmente ó ser humano, aportando comida, información, osíxeno, etc.
A biodiversidade é a maior riqueza do noso planeta, xa que é a encargada de asegurar o mantemento da vida ao longo dos diferentes procesos xeolóxicos que sucederon na Terra.
As actividades que realiza o ser humano nos ecosistemas están poñendo en perigo a biodiversidade, provocando a extinción de numerosas especies a un ritmo moi alto, con graves consecuencias na biosfera.
A palabra Biodiversidade está composta por dúas partes, “Bio”, que significa vida, e “diversidade”, que significa variedade, polo que biodiversidade é a variedade de animais e plantas presentes na natureza. Actualmente, estos seres vivos están sendo amenazados pola acción agresiva do home contra o medio ambiente, e se a contaminación segue intensamente, a biodiversidade da terra podería ser un dano irreversible. A biodiversidade é a responsable do equilibrio do planeta, se unha especie se extingue, a cadea alimentaria sofre un cambio drástico e inflúe de xeito negativo na vida doutros animais e plantas. A biodiversidade funciona como unha máquina, na que os animais e as plantas son os seus engranaxes. Se un engranaxe falla, causa unha avería nesta cadea, e se é unha avería moi grande, podería verse afectada toda a máquina. Por exemplo, se unha planta se extingue, podería conducir á extinción dun animal na que a súa dieta se basara nesta planta. É importante saber que a extinción dunha planta pode chegar a causar a extinción, ao cabo dun período longo de tempo, duns 30 seres vivos máis que dependían dela. E por desgraza, o home, coa súa capacidade de pensar , pode crear riqueza e desenrolar tecnoloxías, pero non pode, ou máis ben non quere ou non lle interesa intentar recrear o habitat que se dañe, ou simplemente tentar evitar algunhas extincións de seres vivos que ao fin e ao cabo, déronse principalmente pola súa culpa.
A biodiversidade é o conxunto de todos os seres vivos do planeta. Constitúe o resultado de millóns de anos de evolución segundo a procesos naturais e a influencia das actividades humanas.
Este termo tamén designa a variedade de ecosistemas e as diferenzas xenéticas dentro de cada especie.
A biodiversidade é moi importante, pois permite a combinación de múltiples formas de vida, e cuxas interaccións co resto do entorno posibilitan o sustento da vida no planeta.
A biodiversidade é a maior riqueza do noso planeta, xa que asegurou o mantemento da vida ó longo dos diferentes procesos xeolóxicos que tiveron lugar no noso planeta. Ademais, existe unha importante interdependencia entre todolos seres vivos,sobre todo no relacionado á alimentación, polo que a desaparición dunha especia repercutiría tamén no resto da cadea alimenticia, de feito, a pérdida da biodiversidade pode traer consigo incluso a nosa desaparición como especie xa que dependemos das plantas e dos animais para alimentarnos, respirar, etc.