ROSETTA ESPERTA DO LETARGO

O pasado 20 de xaneiro a sonda europea Rosetta espertou do seu estado de hibernación, no cal levaba sumida dende fai máis de dous anos e medio, concretamente dende o 9 de xuño de 2011, coa intención de aforrar e recuperar enerxía.

Este é un proxecto pioneiro na exploración de cometas, servirá para saber de que están constituidos químicamente, xa que este estudo podería aportar moitas pistas da formación do sitema solar. Os científicos afirman que os comentas son uns “fósiles vivintes” xa que, creen que non foron demasiado modificados dende a súa formación hai 4.600 millóns de anos, simultanea á formación do sistema. Por outra banda, os astrobiólogos queren investigar a posible relación destes corpos cósmicos coa existencia de vida (Panspermia), e de auga na Terra. A misión comenzou no 2004, pero xa dende o principio, tivo problemas.

No ano 2003 os enxeñeiros xa tiñan todas as pezas montadas e ensambladas, multitude de probas foron executadas e o proxecto tiña como obxectivo o cometa 46P/Wirtanen, pero unha das probas que se lle realizaron ao foguete de tipo Ariane, fixo retrasar todo o poxecto de modo que a fiestra de lanzamento inicial foi cancelada. Os cálculos tiveron que ser refeitos e diversas modificacións na sonda foron realizadas aproveitando o tempo morto, ademais asignouse un novo foguete con capacidade de tracción de dez toneladas.  Así que actualmente, o obxetivo é o cometa 67P/Churiumov-Guerasimenko.

Pero no seu camiño Rosetta xa visitou, por enriba, outros dous asteroides e Marte, dos cales capturou unhas imaxes preciosas. O seu gran paseo ao redor da Terra e Marte (chegou a percorrer esta traxectoria ata 3 veces!) non foi unha casualidade, fisoxe para que a sonda aproveitara a forza de gravidade para despois poder impulsarse no momento preciso para alcanzar o seu obxectivo. Actualmente a sonda atópase nesta fase e se calcula que en agosto deste ano aproximarase o suficiente ao obxecto para intentar o acoplamento dun módulo na súa superficie, tan so dispoñen dun intento.

Dito módulo, que se chama Philae, unha vez estacionado, estudará o cometa a fondo durante meses, como máximo un ano, xa que en agosto de 2015 o cometa alcanzará o seu perihelio e o máis seguro é que o módulo non resista as elevadas temperaturas. De todos modos é impracticable recuperar o aparello, entón, como creedes que os científicos solucionan este problema?


Autor: Marc Romero

Esta entrada foi publicada en Investigación espacial, Universo e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

29 Responses to ROSETTA ESPERTA DO LETARGO

  1. Victor di:

    Que diferencia hai entre un cometa e un planeta?

    • faa-begonasuarez di:

      Un cometa é un corpo celeste de tamaño pequeno constituído por xeo, pó e rochas que xiran arredor do Sol seguindo diferentes traxectorias elípticas, parabólicas ou hiperbólicas de gran excentricidade, o que produce que o seu achegamento ao Sol; mentres que un planeta é un corpo celeste de tamaño maior que orbita arredor dunha estrela, que ten a suficiente masa para que a súa gravidade supere as forzas dun corpo ríxido de maneira que asuma unha forma practicamente esférica, e é un corpo que posúe dominancia orbital.

    • faa-adrianmartinez di:

      Pois teñen dúas diferenzas básicas:
      – O seu tamaño, sendo moito máis pequenos os cometas ( 5 km de diámetro apróximadamente) que os planetas.
      – A súa órbita, sendo a dos cometas moito máis elíptica que a dos planetas.

    • fab-manuelgonzalez di:

      A diferencia que existen entré o cometa e un planeta son principalmente duas: a primera ten que ver co tamaño,un cometa e moito máis pequeño cun planeta. A segunda diferenza ten que ver co movemento da órbita. Un cometa ten a órbita moito máis elíptica ca dun planeta.

    • faa-sergioserantes di:

      Ambos, planetas e cometas, son corpos celestes que pertencen ao sistema solar e xiran arredor do Sol en traxectorias elípticas. Os cometas están formados por pó, xeo e rochas, e o seu tamaño é moi variable pero é sempre menor cao dos planetas, que teñen un tamaño moito maior e que se caracterizan por ter unha forma case esférica para manter o equilibrio hidrostático.

    • faa-diegocores di:

      Tres diferenzas entre un planeta e un cometa son o seu tamaño, a súa órbita e a súa composición:
      O tamaño dun planeta é moito maior que o dun cometa.
      A órbita dun planeta é mais redonda que a dun cometa. Un planeta, arredor do sol ten unha distancia relativamente constante independentemente da situación. Pero un cometa varía moito. Por exemplo no cometa Halley a distancia mais grande á que pode estar do Sol é 70 veces maior que a distancia mais curta.
      A composición dos cometas é de auga, xeo seco, amoníaco, metano, ferro, magnesio, sodio e silicatos. Mentres que a composición dos planetas é, si son rocosos, de roca e metal; e se son gasosos, de hidróxeno e helio.

    • fab-jairotroncoso di:

      Un cometa é un corpo máis pequeno que o do planeta, esta é unha das súas diferencias. despois o cometa ten unha órbita máis elíptica, que fai acercar máis o cometa ao sol, e despois alexalo. O cometa máis famoso e o Haley. E outras das diferencias e a súa composicón.

    • fab-iriamartinez di:

      Un cometa é un corpo de pequeño tamaño formado por xeo, e rochas que xiran arredor do Sol seguindo diferentes traxectorias elípticas, mentres que un planeta é un corpo prácticamente esférico celeste de maior tamaño que orbita arredor dunha estrela, e é un corpo que posúe dominancia orbital.

  2. fab-raqueloliveira di:

    Ambos, os planetas e os cometas pertencen ó noso sistema solar.
    Os planetas xirar ó redor do Sol e os cometas están formados por pequenas partículas sólidas.
    Os cometas son moito máis pequenos que os planetas, incluso moito máis pequenos que os planetas enanos.

  3. fab-javiercarou di:

    A diferencia máis importante ten que ver co tamaño, xa que un planeta é máis grande ca un cometa. A outra diferencia ten que ver coa forma da súa órbita. A órbita dos cometas é moito máis elíptica ca a dos planetas.

  4. fab-marcosdaporta di:

    Para empezar o seu tamaño, os cometas son moi pequenos, só varios kilómetros de diametro, uns 5 como moito.
    A sua órbita, tamén elíptica pero moito máis alargada, as veces chocan contra a estrela que orbitan e a súa velocidade é maior.
    A sua composición, é unha “bola de neve sucia”. Está composto por xeo e rochas.

  5. fab-noerodriguez di:

    Diferénzanse principalmente en tamaño, os planetas son moito máis grandes que os cometas.
    Outra diferencia sería a forma das súas órbitas, pois a dos cometas é moito máis elíptica ca o dos planetas. De feito, o cometa Halley tarda 75 anos terrestres en dar unha volta enteira ao redor do sol.
    Outra diferencia sería do que están compostos, pois os cometas están formados por xeo e rochas. Debido a isto, cando pasan preto dunha estrela, este xeo derrétese dando lugar ás famosas colas dos cometas.

  6. fab-ariadnacordal di:

    As principais diferenzas entre cometas e planetas radican no seu tamaño; os cometas son máis pequenos ca os planetas, están formados por rocha e xeo e adoitan posuír formas irregulares. Ademais, para que un astro poida ser considerado planeta, debe (entre outras características) ter unha masa o suficientemente grande para que a gravidade o transforme nunha esfera, condición que non cumpren os cometas. Incluso comparándoos cos planetas ananos, os cometas adoitan ser moito máis pequenos ca estes.
    Outra diferenza está na ‘cola’ dos cometas: ás veces vense atraídos pola gravidade do Sol, polo que a súa temperatura aumenta e o xeo que posúen derrétese, o que orixina estas colas (fenómeno que non sucede cos planetas).

  7. faa-cristinaguillan di:

    A diferencia máis destacable e apreciable é o seu tamaño: os cometas son bastante máis pequenos ca os planetas, tendo os cometas como moito 5km de diámetro. Outra diferencia atópase na súa órbita, moito máis elíptica. Ademáis, os cometas ainda que se atopan en órbitas coma os planetas, poden chegar a chocar coas estrelas ás que orbitan e a súa velocidade de órbita é maior.

  8. fab-anaoubina di:

    A diferenta é que un planeta ten un tamaño consideradamente maior que un cometa e a súa órbita ten unha excentricidad moito menor. Os cometas son pequenos astros rocosos e xeados. Xiran arrededor do sol seguindo elipses moi alargadas. Mostran unha cola brillante que señala a dirección oposta ao sol.

  9. fab-gretageorgieva di:

    Á diferenza máis destacable é a do seus tamaños,un planeta ten un tamaño máis grande que un cometa,e ademais a órbita dos planetas é mais redondeada en cambio a órbita dos cometas é máis elíptica polo que se acercan ao sol.

  10. fab-mariatirado di:

    A diferenza entre os cometas e os planetas, é que os cometas, están formados por xeo e polvo e que son máis pequenos, porque os dous coinciden en que son corpos celestes que orbitan ao redor do sol.

  11. faa-laurarey di:

    O tamaño dun planeta é notablemente maior que o dun cometa, ademais a súa órbita e máis redonda. Pola contra os cometas teñen un diámetro menor que os anteriores, están formados por partículas e a súa órbita é moito máis excéntrica (elíptica), o cal lle permite acercarse ao Sol e despois afastarse ata máis alá dos planetas exteriores.

  12. faa-elenafontenla di:

    As diferencias que existen entre un cometa e un planeta son moi apreciables, por exemplpo na súa composición: un cometa está contituído por po, xeo e rocha mentres que un planeta pode ser de composición gaseosa ou sólida.
    Outra diferenza é que os planetas teñen a suficiente masa como para xerar un campo de gravidade,os cometas polo contrario non.
    En canto ás órbitas, amboa xiran en torno a unha estrela, o cometa pode xirar en oitas circulares ou elípticas pero alternan a súa dirección e un planteta soamente xira en órbitas elípticas e sempre a mesma.

  13. faa-martinlosada di:

    As diferencias entre un cometa e un planeta son duas, a primeira e o tamaño do mesmo, o cometa é de menor tamaño que un planeta, e a outra é a orbita, xa que a dos cometas son moito máis alongadas, tamén os planetas poden xerar un campo gravitatorio, e os cometas non.

  14. fab-rebecachaves di:

    Existen varias diferenzas, como a composición, tamaño, órbitas…
    En canto a súa composición os planetas poden ser sólidos ou gaseosos, mentres que os cometas estás compostos por diferentes materiais: xeo, po e rocha.
    No seu tamaño, os planetas poden ser moi grandes e moi pequenos, mentres que os cometas son sempre máis pequenos que os planetas.
    Os cometas seguen órbitas circulares ou elípticas pero nunca fixas. Nembergantes, os planetas sempre seguen a mesma órbita, que é elíptica.

  15. faa-nicolecorbacho di:

    Un planeta é un corpo celeste que cumple tres características principales: xira nunha órbita aredor duna estrela, a súa masa é suficiente para manter o equilibrio hidrostático (gravidade no aire),e ten certa dominación da súa órbita que impide que outros corpos a ocupen o invadan o seu percorrido; mentras que os comentas son corpos celestes constituidos por xeo, polvo e rochas que orbitan aredor do Sol seguindo diferentes traxectorias.

  16. faa-laurapaz di:

    A principal diferencia é o seu tamaño, un cometa é bastante máis pequeno que un planeta enano. Outra diferencia é a súa órbita, a do cometa é máis elíptica que a do planeta. E outra que os planetas xiran arredor doutros corpos, sen embargo os cometas viaxan polo espacio, debido a que son moi pequenos e non teñen gravidade.

  17. faa-ricardop di:

    A principal diferencia entre estes é que os planetas son corpos celestes que xiran ó redor dunha estrela (en orbitas), con masa e atmosfera, mentras que, en cambio, os cometas son, mairitariamente cubertos por xeo, pó e rochas que xiran ó redor do Sol, ás veces, sen unha traxectoria fixa.

  18. faa-veronicanoya di:

    As diferencias son que os planetas posúen unha masa maior que a dun cometa (otorgándolle esta masa a súa forma redonda) e a órbita, sendo a dos cometas moito máis elíptica que a dos planetas.
    O cometa máis famoso, o Halley tarda 75 anos en dar unha volta completa ó redor do Sol.

  19. fab-sofiacastineiras di:

    Un planeta ten un tamaño maior que un cometa, e a súa órbata é máis redonda, os cometas soen ter as órbitas moi elípticas que os acercan ó Sol.

  20. fab-yamilayelpez di:

    Aa diferenzaa entre un planeta e un cometa son bastante claras. Sen dúbida, o tamaño e a característica cola (de residuos) dos cometas. Ademáis, para ser un planeta debe cumprir básicamente tres requisitos: orbitar unha estrela, ser o suficientemente esférico (debido ó equilibrio hidrostático, ou sexa, por reación á súa propia gravidade) e dominar a súa órbita.

  21. faa-fatimalago di:

    A diferenza entre un cometa e un planeta é que un cometa é un corpo celeste constituído por xeo, po e rochas e que orbita ao redor do Sol seguindo diferentes traxectorias (elípticas, parabólicas ou hiperbólicas) e pola contra, un planeta é un corpo celeste que orbita ao redor dunha estrela e que ten suficiente masa para que a súa gravidade supere as forzas do corpo ríxido, de forma que asuma unha forma practicamente esférica. O que teñen en común é que xunto cos asteroides e satélites forman parte do Sistema Solar.

  22. faa-fatimaf di:

    Os planetas son máis grandes cos cometas e a súa órbita é máis redonda, xa que os cometas soen ter órbitas moi elípticas que os acercan e separan moito do Sol.