“Mycobacterium tuberculose”

Investigadores da Universidade de Zaragoza e do CIBERES, colaboraron no desenvolvemento dunha nova familia de fármacos para matar a Mycobacterium tuberculose, a bacteria que causa a tuberculose. Este logro, que foi coordinado por investigadores do Hospital de Memphis, evitará que as bacterias poidan utilizar os seus propios mecanismos de resistencia fronte a estes novos antibióticos.

Este novo paso contra la tuberculose, unha das enfermidades infecciosas con maior incidencia a nivel mundial, permitirá deseñar antibióticos máis eficaces, ao modificar a súa estrutura química e evitar deste modo que as bacterias os rexeiten ou expulsen.

Este estudo demostra que unha variación na estrutura química dos antibióticos pode ser determinante para a súa actividade, xa que inflúe de modo importante á hora de ser recoñecidos ou non polas bombas de expulsión que teñen as bacterias.

Estes fármacos obtidos a partir do antibiótico natural espectinomicina, mediante síntese química, denomínanse espectinamidas. Estes novos antibióticos inhiben ou inactivan a síntese das moléculas das proteínas nas bacterias e, ao mesmo tempo, dificultan a aparición de cepas resistentes.

As súas características máis destacables son a súa actividade case exclusiva fronte á bacteria que causa a tuberculose, os baixos niveis de toxicidade que presentan, e a súa eficacia para frear o desenvolvemento da tuberculose en animais de experimentación.

 

Autora: Begoña Suárez González

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Medicina, Saúde e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

35 Responses to “Mycobacterium tuberculose”

  1. faa-saracastro di:

    Se o que di este artigo é certo, estariamos, sen duda algunha, diante dun gran avance no campo da medicina.
    A tuberculose sempre foi unha das peores enfermidades que houbo debido a todos os síntomas que trae consigo. Afecta non só aos pulmóns, senón que se pode propagar por outros órganos do noso corpo. Ademais, é unha enfermidade que se contaxia con moita facilidade e que ten tamén un alto risco de morte, polo que se este fármaco sae adiante, poderíanse salvar a vida de moitas persoas.

  2. fab-martapalacios di:

    Paréceme que este fármaco sería un descobremento realmente importante e beneficioso. A tuberculose sempre foi unha enfermidade temida por todo o mundo xa que tiña un alto risco de morte e era de moi fácil contaxio. Se este fármaco é todo o que di o artigo, estaría practicamente acabando coa tuberculose. Ademais di que ten moi baixos niveis de toxicidade e iso e un gran punto a favor do medicamento.

  3. Victor di:

    Como actúa un antibiótico contra unha bacteria?
    E como se defende unha bacteria cotra os antibióticos?

    • faa-begonasuarez di:

      Un antibiótico é unha substancia química que mata ou impide o crecemento de certas clases de microorganismos sensibles, como son as bacterias. O obxectivo é conseguir que o microorganismo non siga crecendo. Para isto, necesítase que o foco da infección alcance unha concentración de medicamento superior á concentración capaz de inhibir ao microorganismo durante o tempo suficiente. Un antibiótico pode ser bacteriostático se frea o crecemento dos xermes, e bactericida se os destrúe.
      A resistencia dunha bacteria a un antibiótico prodúcese naturalmente por selección natural a través de mutacións prodicidas por azar, pero tamén pode provocarse artificialmente madiante a aplicación dunha presión selectiva a unha poboación.

    • fab-jairotroncoso di:

      O antibiótico, como ben dice begoña, é unha substancia química, pode ser líquida, en forma de pastillas…que mata ás bacterias do noso corpo.

    • faa-manuelcacabelos di:

      Os antibióticos poden actuar de dúas maneiras: Uns o que fan é matar a capa protectora que teñen as bacterias e sen ela as bacterias revientan desaparecendo. Outros en cambio actúan de forma que impiden que as bacterias produzan as proteínas que producen su alimento, ó deixalas sen alimento acaban morrendo.
      Co mal uso dos antibióticos as bacterias poden facerse resistentes a ese antibiótico, explícome: se unha bacteria sobrevive ó antibiótico( porque é máis forte) se repreducirá e os seus fillos seraan fortes como a bacteria nai e acabarán sendo resistentes ó antibiótico.

    • fab-iriamartinez di:

      Antimicrobianos, son medicamentos que combaten as infeccións causadas polas bacterias. A resistencia aos antibióticos foi chamada un dos problemas de saúde pública máis urxentes no mundo. Case todos os tipos de bacterias se volveron máis fortes e menos sensibles ao tratamento con antibióticos cando este de verdade se necesita. Estas bacterias resistentes aos antibióticos poden propagarse rapidamente entre os membros dunha familia, os compañeiros da escola e o traballo, e ameazan a comunidade con enfermidades infecciosas causadas por novas cepas, que son máis difíciles de curar e máis custosas de tratar.

  4. fab-raqueloliveira di:

    Antiguamente, a tuberculose era unha enfermidade terriblemente mortal, todo aquel que a contraía ademáis de terunha morte asegurada e ademáis dolorosa, debía illarse dos demáis polo alto risgo de contagio.
    Actualmente,non deixan subir ós avións se tes a tuberculose polo gran risgo de contaxio aínda que polo menos, ahora, esta enfermidade pódese tratar.
    Se o que o artigo di é certo, podríamos acabar coa tuberculose e isto impón un gran avance na mediciña.

  5. fab-gretageorgieva di:

    Cando unha bacteria invade o noso sistema inmunológico, o antibiótico actúa como un ” veleno” que mata as bacterias que producen o infección e a célula atacada.Polo xeral poden actuar de duas maneiras matando ás bacterias ou evitando o seu crecemento. Pero tamben hai casos nos que ás bacterias foron andquirindo a capacidade de combatir os antibióticos,cando estés atacan directamente á célula infectada ó microorganismo expulsa o fármaco para evitar danos na sùa información xénetica.

  6. fab-ariadnacordal di:

    Os antibióticos poden clasificarse en dous tipos, segundo como actúen contra as bacterias:
    -Bactericidas. Este tipo de antibióticos eliminan as bacterias que producen a infección, xa que atacan directamente a parede da célula bacterial, o que lesiona as bacterias.
    -Bacteriostáticos. Este outro grupo de antibióticos impiden que os nutrientes cheguen ás bacterias e bloquean o crecemento e reproducción das mesmas. Como non poden reproducirse, as bacterias rematan por morrer.
    As bacterias, non obstante, seguen a teoría da evolución e polo tanto, rematan por ‘acostumarse’ ao antibiótico, presentar resistencia a el. Isto adoita pasar, sobre todo, polo consumo excesivo de antibióticos.

  7. fab-anaoubina di:

    Os antibióticos son drogas producidas por un microorganismo, que paran o desarrollo ou provocan a morte de outros microorganismos. Os medicamentos actúan dependedo do seu obxetivo do ataque. Moitos antibióticos atacan a síntese da capa bacteriana, polo que a bactéria morre por estar desprotexida. Algúns fármacos actúan sobre a síntese da proteína, uníndose aos ribosomas, e evitan que a bactéria forme os compoñentes necesarios para a súa sobrevivencia. Outros máis fortes actúan directamente na síntese de ADN, e a bactéria non tem máis remédio que morrer. As bactérias para defenderse comezan a formar novos mecanismos de evasión, e pasasn esta información por medio dun elemento de herencia, chamado plásmido R.

  8. fab-mariatirado di:

    O antibiótico axuda xeralmente ás defensas dun individuo ata que sexan suficientes para controlar a infección. A bacteria non é que se defenda senón que por selección natural vai sobrevivir a bacteria que teña un xenotipo máis resistente ao antibiótico. E cando esa bacteria se reproduza, as bacterias descendentes xa serán resistentes a ese antibiótico.

  9. fab-rebecachaves di:

    Os antibióticos son substancias químicas, estas substancias impiden ou ben o crecemento dalgúns microorganismos ou poden chegar a matalos, como as bacterias. Aínda que na maioría dos casos os antibióticos encárganse de impedir o crecemento das bacterias grazas á toxicidade selectiva.
    As bacterias poden defenderse formando ‘grumos’, que son acumulacións de bacterias, son entre dez e vinte, chegando a ser case tan grandes coma un glóbulo de sangue. Aínda que tamén as bacterias van evolucionando ou mutando para que estos antibióticos non lles afecte, creando así outra especie de bacterias inmunes ós antibióticos.

  10. faa-sergioserantes di:

    O antibiótico é unha substancia que mata ou impide o crecemento de microogrganismos tales como as bacterias. Poden atacalas aderíndose á membrana celular, directamente atacando o ADN ou o ARN, inhibindo os seus ribosomas…Actualmente non só se emprega na medicina humana, senón tamén na animal e mesmo na horticultura.

  11. faa-laurapaz di:

    Os antibióticos son substancias químicas que, dependendo da súa función poden ser bactericidas, os que matan as bacterias, ou bacteriostáticos, os que impiden o crecemento e a reprodución destas.
    As bacterias deféndese deles formando grumos.

  12. faa-ricardop di:

    Os antibióticos son substancias de orixe química, que serven para eliminar un virus ou bacteria, aunque se durante o periodo proposto a tomalas, non as tomas, as bacterias ou virus adaptaránse a elas, mutando de forma máis enérxica e resistindo mellor ós antibióticos que se lles suministraron anteriormente, e resistindo mellor os vindeiros ós que estarían expostos.

  13. faa-veronicanoya di:

    Hai dous tipos de antibióticos, os bactericidas e os bacterostáticos. Ambos se encargan de matas ás bacterias pero de distintos modos.Os bactericidas atacando a estas bacterias directamente, propiciándolles danos que lles causen a morte; e os bacteriostáticos impedindo que poidan aslimentarse, anulan así tanto o crecemento como a reproducción.
    Cando, irresponsablemente, deixamos de tomar un antibiótico antes do previsto, as bacterias que quedan vivas fanse inmunes a ese antibiótico, de modo que son máis fortes e precisamos un antibiótico máis potente para desfacernos delas. Esta conducta irresponsable leva moitos anos vixente, facéndose unha selección das mellores e máis fortes bacterias, polo que cada ano son máis difíciles de tratar enfermidades que ata o de agora non daban ningún problema.

  14. fab-martarodriguez di:

    Según como sexa a infección, o antibiótico funciona de forma diferente: moitas veces inhibe a forma de actuar da bacteria, impedindo que se reproduza e xenere unha parede de proteción frente os ataques do corpo. O non poder reproducirse, a bacteria termina morrendo.

    Un antibiótico só pode actuar sobre algo que está vivo, por eso non funcionan contra os virus. Estos medicamentos só deben tomarse cando son receitados, xa que do contrario podemos xenerar unha resistencia a eles.

  15. fab-sofiacastineiras di:

    Os antibióticos actúan por unha serie de mecanismos. alguns agrupanse dacordo o seu blanco de acción e actúan sobre a envoltura bacteriana ou membrana e outros sobre o proceso de replicación ADN. Poden ser bacteriostáticos, que bloquean o crecemento e multiplicación celular, ou tamén poden ser bactericidas, os cales producen a morte das bacterias.

  16. fab-javiercarou di:

    Os antibióticos poden bloquear o crecemento da bacteria (antibióticos bacteriostáticos) ou matalas directamente (bactericidas). Para poder facer calquera destas dúas accións, teñen que poñerse en contacto coas bacetrias. Algúns deles actúan sobre a membrana bacteriana e outros sobre o proceso de replicación do ADN.
    Para defenderse dos antibióticos, as bacterias poden formar grumos resistentes a eles. Estes grumos pódense formar en líquidos que están en constante fluxo, como por exemplo o sangue.

  17. fab-yamilayelpez di:

    Os antibióticos, como indica o seu nome, imposibilitan a vida. Esto quérenos decir que “ataca” a partículas con vida propia no noso organismo, o que implica que por exemplo, non pode facer nada contra os virus.
    Por outro lado, como xa se apuntou noutros comentarios, non se pode cortar a inxesta dun antibiótico, xa que os microorganismos faránse inmunes ao ataque.

  18. fab-andreabrea di:

    Un antibiótico é producido de froma sintéctica ou por un microorganismo, e é unha substancia antimicrobiana que intenta deter ou limitar o crecemento das bacterias patóxenas. Ademáis, os antibióticos actúan destruíndo os xérmenes patóxenos ou interrumpindo o seu ciclo reprodutor, co que se reduce o seu número e o sistema inmunitario pódeos eliminar. Estes tamén poden reducir o tempo durante o que as bacterias patóxenas son contaxiosas. Os problemas surxen cando unhas poucas bacterias sobreviven ó tratamento e vólvense máis fortes frente ó mesmo. Estas bacterias crecen a pesar de tratamentos ulteriores coa mesma medicación, e ahí é cando o verdadeiro problema comenza.

  19. Victor di:

    Porque é máis perigosa a tuberculose actual que a de hai 50 anos?

    • faa-begonasuarez di:

      A tuberculose actual é máis perigosa que hai anos, porque agora desenvolveuse unha tuberculose resistente aos fármacos. Isto ocorre cando unha persoa que ten que tomar unha medicación un tempo determinado, e se pensa que está ben, deixa de tomalo antes de tempo. Isto é un erro, xa que as bacterias da tuberculose fanse resistentes aos medicamentos e a persoa infectada vai contaxiando a outras persoas, pero non contaxia a tuberculose normal, se non a tuberculose resistente. O peor é que se a persoa non se da tempo a conta de que está infectada, o seu estado de saúde empeora.

    • faa-christiancacabelos di:

      A tuberculose actual é máis perigosa que a que existía fai cincuenta anos porque debido ao mal uso dos medicamentos, por parte do personal médico-sanitario que facilitaba medicamentos para calquer cousa e tamén por parte de nós, os pacientes que non completamos os ciclos impostos polo persoal médico-sanitario porque notamos unha melloría no estado de saúde deixamos os medicamentos sen completar o ciclo imposto, o que implica que poden existir bacterias vivas no noso interior que crearon unha resposta protectora contra ese medicamento, inmunidade, o que implica que a súa descendencia tamén terá esa inmunidade para a mellor adaptación ao “medio” no que viven e se esas cepas mellor adaptadas tampouco se erradican por non finalizar o ciclo, as bacterias seguen fortificandose e mellorando así a súas defensas naturais contra os medicamentos sendo así moito máis perigosas que as anteriores xa que o seu grao de adaptación é mellor e teñen unha maior inmunidade aos medicamentos actuáis podendo crear así verdadeiras crisis mundiais e pandemias debido a que non temos medios suficientes para eliminalas porque resisten os nosos fármacos.

  20. faa-santiagoescudeiro di:

    A tuberculose de agora é máis perigosa porque se adaptou e fíxose resistente aos antibióticos, debido a que a xente deixaba o tratamento ao encontrarse ben e non ao chegar ao final do mesmo, para acabar finalmente co mal. A causa deso, a tuberculose foise adaptando e proliferando infectando a xente de maneira máis perigosa, sendo máis difícil o seu tratamento.

  21. fab-ariadnacordal di:

    A tuberculose actual é máis resistendte a causa do uso indebido dos antibióticos. Moitas persoas adoitan inxerir antibióticos dunha maneira inadecuada; ben sendo en cantidades erróneas, en períodos de tempo demasiado longos, curtos ou discontinuos, etc. As bacterias, por isto, rematan por acostumarse e opoñer resistencia a estes medicamentos, polo que a erradicación da enfermidade que provocan (neste caso a tuberculose) ten que levarse a cabo con un maior número de antibióticos do normal. Ás veces os organismos das persoas infectadas non admiten tales tratamentos, así que isto supón unha dificultade a maiores na cura da enfermidade e incluso pode chegar a provocarlles a morte.

  22. faa-fatimalago di:

    Un antibiótico é unha substancia química producida por un ser vivo ou derivado sintético, que mata ou impide o crecemento de certas clases de microorganismos sensibles, xeralmente bacterias. Debido a que os antibióticos teñen efectos sobre unha diversidade de bacterias, os seus mecanismos de acción actúan dependendo das características vitales de cada organismo. Alguns antibióticos exercen a súa función en rexións e orgánulos intracelulares, polo que non son eficaces en bacterias que conteñan unha parede celular. Certos antibióticos poden lesionar directa o indirectamente a integridade da membrana celular das bacterias e de certos fungos. Alguns antibióticos actúan bloqueando a síntesise do ADN, ARN, ribosomas, ácidos nucleicos ou as enzimas que participan na síntesise das proteínas, resultando en proteínas defectuosas. Aproximadamente a metade dos antibióticos actúan por inhibición dos ribosomas bacterianos, os orgánulos responsables da síntesise de proteínas e que son distintos en composición dos ribosomas en mamíferos.

  23. faa-ricardop di:

    A razon de que ésta se volvese máis forte e resistente, grazas a que millóns de persoas comezaran un tratamento e non o acababan no tempo previsto (antes de tempo, según eles xa estaban curados), polo que a Tuberculosis foi sendo dende entón máis forte, e temo que se seguimos así o sexa aínda máis.

  24. fab-iciacores di:

    A causa de que sexa máis perigosa agora que fai 40 anos foi a mala utilización de antibióticos. As persoas ás que se lles asignaba este tratamento, deixábano cando xa se empezaban a atopar ben. Isto fixo que se mantivera máis estable nos corpos e fose máis difícil de eliminala. Por iso, agora a tuberculose asentouse no corpo dos enfermos e evolucionase, provocando que sexa máis difícil a súa eliminación, pois ista, resiste máis nos corpos dos pacientes que sufren estas enfermidades.

  25. fab-martapalacios di:

    A tuberculose actual é máis perigosa porque a medida que avanzan os fármacos, avanza a enfermidade. Antes había máis mortalidade pola súa causa, pero porque non había os fármacos suficientes ou necesarios para combatila. Agora non hai un índice tan elevado de mortalidade por tuberculose pero a que está é moito máis perigosa e forte. O mesmo pasa cá gripe, é máis perigosa que hai varios anos porque o virus vaise volvendo máis forte para poder combatir os fármacos máis potentes.

  26. fab-iriamartinez di:

    A tuberculose de agora é máis perigosa porque fíxose resistente aos antibióticos, xa que a que a xente deixaba de tomar o tratamento ao sentirse recuperado e non ata chegar ó final do tratamento, atar eliminar completamente a enfermidade. Por iso, a tuberculose foise adaptando e infectando a xente de maneira máis perigosa, sendo máis difícil o seu tratamento.

  27. fab-gretageorgieva di:

    Que a tuberculosis actual sexa mais resistente e difícil de tratar esta claro que é porque os nosos organismo hoxe en.día están mais acostumados aos fármacos polo que acaban por acostumarse e os distintos antibióticos xa non teñen o mesmo efecto sobre estés polo que se necesita mais cantidade e mais tempo de emprego dos medicamentos en cambio antes non existia a posibilidade de curar as enfermidades con antibióticos ou era unha opción moi cara.

  28. faa-christiancacabelos di:

    Eu creo que este medicamento se supera a fase de experimentación con humanos podería ser un gran avance, ata poderíamos denominalo revolución, xa que a tuberculose non é unha enfermidade que se atope extinta no mundo occidental, afectanos a todos non só aos países terceiromundistas, cabe recordar que non afecta por igual a todos, xa que o dano que nos poida ocasionar depende do sistema inmunolóxico, alimentación, hábitos da vida.
    Tamén é importante citar que moitas cepas son máis resistentes aos medicamentos polo mal uso destes e pola mutación das bacterias para así poder seguir vivas e poder atacar desta forma a novos seres vivos.

  29. fab-anaoubina di:

    A tuberculose non mutou de outra especie á humana, sinon que é unha infección que evolucionou xunto cós humanos, posibilidade que fai que se desarrolle actualmente de formas aínda máis agresivas. Transmítese a través do aire.