TAN BOA COMO MALA

Jamie Oliver, un xefe de cociña británico demostrou que a carne das hamburguesas en cadeas de comida rápida, como no  McDonald’s, non é apta para o consumo humano, debido a que ‘lava’ as partes da res que non son aptas para o consumo cun axente antimicrobiano, o hidróxido de amonio, para poder usalas como materia prima na preparación das hamburguesas.
Son carnes que se podían ter vendido como alimento para cans e despois deste proceso sérveselles a seres humanos. Á parte da calidade da carne, o hidróxido de amonio é dañino para a saúde.
O pasado abril saíu á luz a historia dun cidadán estadounidense que conservou un sándwich en perfecto estado: sen fungos, nin mofo, nin cheiros durante 14 anos.

Autora: Iria Martínez

Esta entrada foi publicada en Saúde e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

47 Responses to TAN BOA COMO MALA

  1. Victor di:

    NOTA: Tendes que elaborar máis os artigos: máis contido e maior grao de autoría. A maioría dos artigo están cheos de castelanismos, o que indicaría que simplemente serían unhas traducións mal feitas e que hai poucas aportacións vosas. Acordádevos que os profesores valoran o voso traballo e por iso resulta imprescindible que o fagades a conciencia.

    Xa centrándonos neste artigo quero que me expliquedes o sentido desta frase:
    “O pasado abril saíu á luz a historia dun cidadán estadounidense que conservou un sándwich en perfecto estado: sen fungos, nin mofo, nin cheiros durante 14 anos”

    • faa-gabriellopez di:

      Se ese cidadan gardou ese sandwich durante tanto tempo creo que foi porque nos estados unidos abusase moito da chamada comida basura e quixo gardar un sandwich no que non habia graxa nin outras sustancias. Pra el seria coma un tesouro ter un alimento dese tipo nos estados unidos.

    • fab-danielbaulo di:

      A comida rápida faise cuns ingredientes formulados para alcanzar un certo sabor e consistencia e ademáis deben preservar a súa frescura. Isto require un alto grado de manipulación do alimento, e estas técnicas que alteran o alimento na súa forma, cor e sabor orixinais reducen o seu valor alimenticio, o que provoca que nin as bacterias o queiran consumir e poida non estar en estado de descomposición durante moito tempo.

    • fab-marcosdaporta di:

      Bueno, en perfecto estado refírese a que aínda pódese comer e que a súas propiedades non cambiaron. Como se fose con ingredientes novos. Supoño que sería esterelizada e logo embasada ó vacío.

    • fab-iriamartinez di:

      Eu opino que nos Estados Unidos hay un exceso de comida basura, que é tratada e manipulada dun xeito para ter unha maior duración, estas costumes de comida rápida, tamén veñen para aquí como a cadea de Mac Donald’s que as súass carnes teñen unha gran cantidade de productos para manterse en bo estado.

    • fab-manuelgonzalez di:

      Fai 10 o 20 anos,a comida rápida non estaba tan culturalizada como os días de hoxe,polo que a comida estaba libre de moitos productos artificiais,e podería decirse que a comida estaba “limpa”,como o sándwich desea home,que o ser totalmente natural aguanta moitisimo tempo,e non como a comida industrial de hoxe,que dura relativamente moi pouco.

  2. fab-martapalacios di:

    Refírese con “saíu á luz” a que os comerciantes de alimentos coma os que nombra o artigo, non queren que a xente saiba ese tipo de cousas. É dicir, iso só trae mala reputación a empresa que vendeu ese sandwich xa que non é normal que un alimento non se poña malo en 14 anos. É unha esaxeración, e por iso inténtano ocultar.

  3. faa-elenafontenla di:

    Básicamente, nesta frase revélasenos a cantidade de protutos químicos (conservantes principalmente) que pode poseer un alimento de este tipo. Esta clase de comida rápida véndesenos coma se fose a carne que ti preparas na casa, é dicir, case 100% natural, carne que provén diretamente do animal á que pertencen. Obviamente se nos collemos esa carne do supermercado e a deixamos estar durante 14 anos, o máis probable é que non quede nada parecido ao produto que compramos inicialmente.
    Polo tanto e en resumo, estas carnes teñen o de natural o mesmo que unha bolsa de plástico, preferible non consumilas, por ben á nosa saúde.

  4. fab-mariablanco di:

    Eu penso que o que se intenta explicar é que un sadwich en comparación cunha hamburguesa é moito máis sá, xa que como ben se dí estivo en perfecto estado durante catorce anos, mentres que unha hamburguesa con todos os aditivos e ingredentes non saudables que ten, non podería manterse esa cantidade de anos nin tan sequera unha proximidade en bo estado.

  5. faa-aliciafeijoo di:

    Se este estadounidense puido gardar o sandwich durante tanto tempo, creo que foi porque na chamada “comida basura”, que nos estados unidos e moi común entre a xente, conteñen substánceas que fan que os alimentos duren durante máis tempo sin que se estropeen. Normalmente, a comida en exceso é perxudicial pa saúde, pero no caso desta comida un pequeno consumo dista é moi prexudicial.

  6. fab-angelpineiro di:

    Hai que pensar:
    Como é posible que unha comida, en particular un sándwich, se conserve 14 anos intacto como o primeiro día? Sen fungos? Sen bacterias? Eu opino que ese logro foi sometido a uns coidados científicos porque se estivese conservado a “intenperie” a lo menos, expondríase á oxidación debido ao contacto co osíxeno e xa non se conservaría intacto.

  7. fab-noerodriguez di:

    Por unha banda pode que ese produto fora conservado en moi boas condicións ou incluso que fora esterilizado, pero por outra banda cabe a posibilidade de que a enorme cantidade de conservantes e substancias invertidas neste produto o fixeran inmune a todo tipo de estragos co paso do tempo. A comida rápida está prefabricada xa para que aguante unha gran cantidade de tempo sen estropearse para así poder vendela sen importar a súa antigüidade. Pero aínda así segue sendo máis asequible que a comida que mercamos en outros establecementos. E isto inflúe á hora de comprar.

  8. fab-rebecachaves di:

    Podería ser perfectamente case imposible conservar este tipo de comidas en perfecto estado, xa que en xeral os alimentos son perecedeiros, polo que necesitan tratamento, certa medida de conservación e manipulación. Para que non sufrise cambios estes alimentos terían que estar manipulados de xeito que levara outro tipo de substancias non naturais destes alimentos que poderían chegar a ser perxudiciais. Aínda que algúns alimentos como as froitas conteñen ácidos que orgánicos que conteñen actividade antimicrobiana, o que fai que mate os microorganismos causantes de deteriorar a comida.

  9. Victor di:

    Cal pensades que debería ser a prioridade nunha gran cadea comercial do sector da alimentación:o valor nutritivo dos seus produtos, o sabor, a presentación, o marketing, o bo estado sanitario…?

    • faa-manuelcacabelos di:

      Eu creo que todo o que mencionou Victor é importante . Pois a presentación e o marketing vende que é o que lle interesa as cedeas de restaurantes. Pero é moi importente que a comida teña un bo sabor e que os productos non sexan malos para a saúdo. As cadeas comerciais de alimentación deberían ter un mínimo de sanidade. Tampouco poden vender comida como boa cando en realidade non o é.

    • faa-estebanpintos di:

      Na miña opinión, a prioridade debería ser o valor nutritivo e un bo estado porque é o máis importante para a saúde da xente, que é o que tería que ser o obxectivo principal; pero para estas empresas iso importa moi pouco, o único no que pensan é en ter as máximas ganancias gastando o menos posible.

    • faa-begonasuarez di:

      Aínda que hai persoas que o único que lle interesa é vender, eu penso que a prioridade nunha cadea do sector da alimentación debería ser o valor nutritivo e o estado sanitario. Un alimento que se vaia expoñer á venta debería ter bos nutrientes e mirar que non sexa dañino para as persoas, aínda que é certo que todos os factores inflúen á hora de vender.

    • fab-raqueloliveira di:

      na miña opinióm, a presentación é moi importante, pero é moito máis importante que esté en bó estado sanitario, non vexo que sea tan importante o valor nutritivo porque cando se come unha hamburguesa todos saben que están comendo comida basura, se quixesen un valor nutritivo óptimo comerían outra cousa máis sana, pero o que non é nada relevante e o estado sanitario do producto, iso é fundamental.

    • fab-fatimachaves di:

      Sen lugar a dudas serian o sabor e o bo estado sanitario.É verdade que as persoas “comemos cos ollos” pero pode ser moi bonito esteticamente o alimento e non ter un sabor agradable,con isto refírome a quen non todo ten que ser a imaxe,o máis importante é o sabor e que as persoas que fan ese alimento e o lugar onde se fabrique esté baixo unhas boas condicións hixiénicas.

    • fab-danielbaulo di:

      Actualmente o criterio que teñen as empresas é a relación entre calidade/precio, e o primeiro que os consumidores buscan é un produto barato e iso as empresas sabeno, por iso ofrecen un produto de no moita calidade e con un sabor decente, pero en definitiva barato, que é o que aos consumidores lles interesa. Eu creo que as empresas deberían centrarse máis no valor nutritivo e no sabor, para crear un produto de calidade, pero todo isto sen sairse do presuposto dos consumidores para que lles sexa asequible.

    • fab-tcores di:

      Eu penso exactamente igual que Esteban.
      As novas empresas no único que pensan é en gastar o mínimo posibel e poder gañar o doble ou o triple do que gastaron.
      O valor nutritivo e incluso o bo estado, forma parte dos obxectivos secundarios, cando deberían ser os primarios sin lugar a dudas.
      Creo que deberían cambiar isto, xa que o único que están conseguindo é que a xente teña máis enfermidades de todo tipo.

    • fab-jessicapineiro di:

      Sen duda algunha o mais importante é: o valor nutritivo dos seus produtos, o sabor, si o alimento non supese ben a xente non comeria, e o bo estado sanitario, pois si non está en bo estado a xente non volveria nunca a tomar esa comida. Aunque todo ten que ver, porque a xente fixase moito nos anuncios e na presentación dos pratos e da comida pero sin duda das mais importantes son as tres primeiras.

    • fab-iriamartinez di:

      Para estas cadeas alimenticias a presentación e o bo sabor son os elemento fundamentáis para ter éxito, pero non teñen moi presente o estado sanitario, xa que a maioría dos alimentos están modificados xenéticamente, aos que lle engaden substancias para que teñan un mellor aspecto, por iso é tan importante a presentación

  10. faa-fatimaf di:

    Tanto o sabor dos productos como a presentación ou o marketing son moi importantes para unha cadea comercial pero eu creo que a súa prioridade debería ser o bo estado sanitario xa que se este artigo é verdade e a xente descubre o mal estado dos seus productos, o mellor que podería pasarlles é que comezaran a perder clientes, xa que se sanidade toma cartas no asunto poderían chegar incluso a pecharlles a cadea.

  11. faa-manuelmontes di:

    Nunha gran cadea comercial, como McDonald’s ou Burger King, debería haber un mínimo de calidade nos productos que empregan para facer os alimentos, ademáis os cartos que gañan deberían empregalos nun bo estado sanitario, e se esa comida é perxudicial para a saúde non debería venderse.

  12. faa-veronicanoya di:

    Penso que todos son importantes, pero que a prioridade, non só no sector da alimentación, senón en todos, aínda que este con maior eficiencia, xa que os seus produtos nos afectan directamente, debe ser a saúde do consumidor. Polo tanto, penso que a prioridade debe ser o bo estado sanitario. Pero manter estes mínimos de calidade sáelles máis caro, polo que as grandes cadeas non están interesadas en perder os seus cuantiosos beneficios.

  13. fab-rebecachaves di:

    A verdade é que todos eses factores inflúen moito á hora de vender un producto, sen embargo, en moitos casos á meirande parte dos empresarios interésanlles máis os cartos que a calidade do seu producto. A máxima prioridade debería ser o valor nutritivo xa que ós alimentos serven, entre outras cousas, para darnos enerxía, nembargantes nas grandes cadeas de restaurantes o único que interesa é vender os alimentos aínda que os productos estén tratados e sexan modificados, con tal de gañar cartos.

  14. faa-elenafontenla di:

    Para estas cadeas a súa principal preocupacióin é a de atraer aos clientes, polo tanto céntranse na publicidade e na presentación dos produtos. Obviamente a presentación constitúe un papel fundamental xa que a todos se nos atrae pola vista pero iso no quere dicir que estea reñido coa calidade do produto e isto inclúe: o valor nutritivo, o bo estado sanitario e a calidade do sabor.
    Claro que para este tipo de empresas non lles compensa comprar comida de calidade xa que lles salería moitísimo máis caro e non lles compensaría ao prezo ao que venden os seus produtos. tamén por estarazón afórranse moitos controis sanitarios.

  15. faa-ricardop di:

    Eu penso que debería de ser o valor nutritivo e, por suposto, o bo estado sanitario destes, xa que nos afecta directamente ós consumidores e se non se cumpren podríamonos intoxicar cos alimentos inxeridos ou malnutrirnos.
    Tamén é verdade, como moi ben di Iria, que se abusa da comida `rápida´ ou comida `basura´, xa que a maioría dos xoves non comen comida caseira, indo ó máis económico e rápido de elaborar.

  16. fab-javiercarou di:

    Na miña opinión o máis importante nun alimento é o estado sanitario pero creo que o que máis lles importa ás grandes cadeas de alimentación é a presentación do produto e o marketing xa que é o que ten máis trascendencia á hora de vender un produto.

  17. faa-marcromero di:

    Claramente a prioridade principal debería de ser o bo estado sanitario. Ningún marketing pode compensar a mala fama que supoñe unha intoxicación alimentaria.

  18. fab-martapalacios di:

    Obviamente a prioridade dunha cadea comercial tería que ser o valor nutritivo e o bo estado sanitario, é dicir, comercializar produtos completamente saudables e que non conleven riscos na saúde dos consumidores. Pero está claro que pasar as revisións é demasiado difícil e, para moitos, unha pérdida de cartos, por iso cantidade de grandes empresas prefiren que se merque moito o producto cunha boa presentación e marketing e un sabor aditivo antes que andar pasando exames sanitarios.

  19. faa-martinlosada di:

    Na miña opinión debería ser un conxunto de todas, creo que non debería que darlle prioridade a nada en especial, e que o que realmente funcionaría sería unha sincronización de todo, xa que se pode facer unha cousa sin despreocuparse das outras. Pero tamén creo que as prioridades son as que gardan relación coa saude do consumidor, que poden ser o valor nutritivo dos produtos, o estado sanitario…

  20. fab-iciacores di:

    A prioridade debería ser o bo estado sanitario e a calidade dos productos, pero o que primeiro lle chama a atención ao consumidor son a presentación, o marketing e a presentación deses productos. Por exemplo, a técnica dos alimentos modificados xenéticamente, que son alimentos aos que lle engaden certas sustancias para que teñan máis cor ou sexan de maior tamaño e chame máis a atención dos consumidores.

  21. fab-gretageorgieva di:

    Unha boa presentación do producto é bastante importante xa que o primeiro que se ve é o exterior,o seu valor nutritivo non creó que o mire moita xente, o seu sabor tamén ten unha función considerada debido a que o producto consumese ou non dependendo do seu sabor pero o que realmente debería ser o principal é o seu estado sanitario porque por moi boa presentación que teña ou o ben que sepa a “comida basura” en este caso Non deixa de ser perxudicial para o noso organismo.

  22. faa-aliciafeijoo di:

    Eu penso que todo en sí é influllente, pero o que máis importancia debería ter é o valor nutritivo dos productos, máis o sabor e o bo estado sanitario, xa que son os que inflúen a saúde das persoas que logo o irán a consumer. Pero na maioría das empresas alimenticias, so lle interesan vender os seus productos sin interesarse polo que lle pode ocorrer aos consumidores en certo modo. O punto de vista temén e importante pero en menor cantidade, xa que a maioría da xente compramos polos ollos, esto quere dicir, que a xente se ten unha presentación mala ou un pouco rara xa non compranos os productos ainda que sea moi saudables, e se vemos algo que ten moi boa presenza, na maioría dos casos mercámola sen saber moi ben o que é e se é dañino pa nosa saúde ou non.
    Nos supermercados e tendas de consumo alimenticio o único que queren conseguir e que os seus alimentos sexan mercados polo que o punto destes que mnáis lle inmporta é o marketing que teñan os seus productos.

  23. fab-ariadnacordal di:

    A publicidade sobre os produtos alimenticios debería priorizar a calidade do produto e o seu benestar na saúde. Non obstante, eses factores adoitan non ser os os que os consumidores procuran. A presentación é o que vende; algo orixinal ou incluso demasiado sinxelo, a pesar de ter unha calidade e un estado sanitario pésimos, triunfa. Un claro exemplo de isto é a comida rápida.
    Está claro que nós, os consumidores, somos os culpables de que isto estea a suceder. Deberiamos esixir maior calidade nos produtos alimenticios e non comprar todo o que as grandes cadeas de publicidade nos meten polos ollos (produtos que, por desgracia, rematan por diferir enormemente do que anuncian).

  24. fab-angelpineiro di:

    Todos sabemos que este tipo de comidas “rápidas” están elaboradas dun xeito moi pouco saudable. Todos sabemos que son perxudiciosas para a saúde, que non conteñen nutrintes nin nada, e sen embargo, unha ampla maioría de nós e de moita outra xente consume este tipo de comidas… E a que se debe? Ao precio. Este é a prioridade das cadeas comerciais a hora de vender estes productos. Unha comida non pode valer 1€, e no caso de que o sexa…non debe ser moi boa.

  25. faa-igonzalez di:

    Eu penso que o factor que máis importa, é o sabor, xa que si non está boa a comida, a xente non irá a ese lugar e, o que queren as nos servizos de alimentación que a xente vaia aos seus restaurantes, postos de comida rápida, etc, para así poder gañar cartos. O outro factor moi importante é o ben estar da comida, para a a saúde, xa que si algun producto está malo, poden cerra-lo local, e perder cantidades enormes de diñeiro.

  26. fab-beatrizcasal di:

    Eu opino que todos estes factores son importantes ahora de consumir alimentos pero o principal sobre todo é o bo estado sanitario, pero tamén hai que ter en conta que o primeiro que chama o consumidor eo aspecto e a presentación do producto.

  27. faa-noeliaparracho di:

    Nunha cadea do sector alimentario as prioridades deberían de ser o bo estado sanitario e a calidade dos produtos, xa que a diferenza de outros estes pasan directamente ó noso organismo, estas dúas prioridades non se cumpren o produto non só pode non ser bo para o noso organismo, senón que pode causar grandes estragos neste.
    Claro está que un consumidor non adoita saber de qué están feitos os produtos nin se preocupa por averigualo, polo que o que adoita chamar máis a atención ós consumidores é a presentación, xa que a comida tamén entra polos ollos, e o sabor, porque ninguén come algo que non lle gusta. Por iso as grandes cadeas están máis interesadas neses dous ámbitos que na calidade.
    Ademáis, o marketing é moi importante, xa que cunha boa publicidade conséguense máis clientes, que é o que a cadea quere, cartos. O marketing non é precisamente barato, polo que moitas veces recúrtanse gastos na calidade e bo estado do produto para conseguir cartos para marketing e que aumenten os consumidores.
    Este tipo de prácticas non son de todo morais, pero ás grandes cadeas o que lles importa son os cartos, polo que este tipo de cousas non cambiarán en moito tempo.

  28. faa-manuelmourino di:

    Eu penso que o primeiro en que deberían pensar as grandes marcas seria en coidar dos seus clientes antes que nos seus bolsillos

  29. fab-anaoubina di:

    Eu penso que nunha gran cadea do sector alimentario todo o que mencionou Víctor é importante, pero creo que as máis importantes son o valor nutritivo dos productos e o bo estado sanitario, xa que si eso non se cumpre podríanse orixinar enfermidades no noso organismo.
    O marketing é un proceso que consiste en refinar e retomar decisións como son o estilo do servizo, menú, estructura de precios etc, para así poder obter unha maior productividade. A súa finalidade é ofrecerlle ao cliente o que el quere e gracias a eso aunmentar o número de estos. A presentación do producto é algo moi importante xa que gracias a eso chamaría a atención do cliente e éste animaríase a compralo.

  30. faa-mbarreiro di:

    Estes almentos das cadeas de restaurantes de comida rápida están elaborados con moitos conservantes para que aguanten tempo e tempo sen pasarse, ademáis a materia prima soe ser de baixa calidade para aforrar ó máximo nos gastos e ter moitos mais beneficios. Ademáis soen ter pouco control no persoal, esta semana apareceu unha noticia dunha empregada que poñia drogas nos menús infantís.

  31. fab-mariablanco di:

    Eu considero que o principal factor a ter en conta é o valor nutritivo e o bo estado, xa que se estos factores están mal pode afectar a saúde das persoas e este producto pode verse afectado. Pero tampouco descarto como importantes os outros exemplos nomeados, xa que a presentación e o sabor vai implicar que o producto vaia a ser máis demandado polos consumidores ou non.

  32. faa-larafernandez di:

    Pois a prioridade depende do punto de vista, dende o das grandes cadeas de comida rapida, e a do consumidor.
    O consumidor sempre dará prioridade ó feito da calidade dos productos e as medidas sanitarias, xa que un cando vai a comer fora da casa sempre busca unha certa calidade, coas súas respectivas medidas de sanidade (sen ratas ou insectos na cociña, limpeza tanto dos cociñeiros como do lugar de traballo…).
    Dende o punto de vista das cadeas de comida rápida, o que máis lles interesa é o marketing, vender moito o seu producto a toda costa, e para iso gastan moito diñeiro en publicidade, a meirande parte dela enganosa.

  33. fab-sofiacastineiras di:

    Todos estamos dacordo que a principal prioridade debería ser o bo estado sanitario, pero para as empresas o principal é a apariciencia do producto, xa que está claro que ninguén pagaría por algo que non tivese boa pinta a simple vista, por iso coidan tanto que o producto chame a atención do consumidor. Pero para esa boa apariencia son necesarios procesos de modificación xenética, polo cal a prioridade de bo estado sanitario pasa a ser secundaria. Eu personalmente opino que a principal prioridade é o bo estado sanitario acompañado dunha boa presentación, xa que sen ela todos os consumidores seguiremos optando por comida menos saludable pero con mellor pinta que o que realmente é mellor para nós.