NON MÁIS LADRIDOS

Os cans faladores xa non pertencen só ás películas, debuxos animados e aplicacións para Android. Un grupo de investigadores escandinavos propúxose a tarefa de traer á realidade ás mascotas fantásticas das pantallas. Actualmente xa están listos para ensinar ó mundo a primeira versión do “No more woof” (“Non máis ladridos”), un dispositivo portable e externo que é capaz de traducir os pensamentos dos cans á linguaxe humana.

O proxecto pode soar un tanto disparatado, pero os seus creadores sinalan que é bastante sinxelo posto que válense de mecanismos técnicos xa utilizados noutras áreas, como a electroencefalografía e a microcomputación.

 

O primeiro que fai o dispositivo é medir as sinais eléctricas da mente do animal a través de sensores de encefalogramas. Logo unha interfaz computadorizada convérteos en palabras, que son emitidas por un pequeno altavoz instalado no aparato.

“Cada cerebro xera patróns cando pensa, polo que só temos que localizar estes patróns e interpretalos. No caso dos cans, logramos identificar e distinguir entre as sensacións de cansancio, enfado, curiosidade e fame”, explica Per Cromwell, cofundador da Sociedade Nórdica para a Invención e o Descobremento (o laboratorio que desenvolve este producto).

Aínda que de momento os cans só poden expresarse cun único tipo de voz, os investigadores están traballando para que haxa unha variedade de timbres e sons adaptados á raza e personalidade de cada can. Ademais, pretenden ofrecer o producto non só en inglés, senon tamén en francés, español e chinés.

Autora: Marta palacios

 

Esta entrada foi publicada en Novas tecnoloxías e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.