IRON MAN, CADA VEZ MÁIS PRETO

Todos os que viron Iron-man ou os que xogaron ó Halo imaxináronse ter un traxe que nos permitise posuir “poderes” como a superforza. O feito é que, outra vez, a realidade supera á ciencia ficción. A xeración de soldados e obreiros biónicos chegou á actualidade con estes traxes ou exoesqueletos biónicos.

Cyberdin HAL-5 Type B

Este traxe, Cyberdin HAL-5 Type B fíxose famoso cando o accidente de Fukushima. Utilizárono para facer algunhas tarefas en zonas radioactivas, xa que ofrece protección á radiación e axuda a levantar pesos tendo unha especie de soporte para minimizar as cargas na espalda e pernas. Hai outro traxe como este, o HAL-5 que incorpora brazos biónicos, que podería usarse para a seguridade ou para axudar á xente dun hospital a volver a moverse.

Por agora só hai 330 traxes comercializados no mundo pero nun futuro pode que se fabriquen en masa.

 

Rewalk

Esta é unha boa noticia para a xente con parálise de cintura para abaixo ou algún tipo de enfermidade que lle impida camiñar. Este exoesqueleto fai volver a camiñar a esas persoas que xa non  poden facelo, por iso chámase Rewalk (recamiñar). Nalgúns hospitais de Xapón utilízase con algúns paciente. Este exoesqueleto pode ser comprado por calquera, calquera que teña 65.000 $ para pagarlo. Neste 2014 tal vez sexa moi caro, pero quen sabe se nun futuro cualquera discapacitado será capaz de compralo. Esta é outra razón para investir en I+D.

 

Pero non todos os proxectos son solidarios ou están feitos para un fin humanitario, máis ben a maioría teñen fins militares (non sei como será a terceira guerra mundial, pero a cuarta será con paus e pedras). Actualmente hai decenas de proxectos de exoesqueletos biónicos financiados polo exército de EEUU. O máis avanzado actualmente é Lockheed Martin HULC pero o más destacable é o Sarcos XOS, con este exoesqueleto  pódese correr, saltar, levantar máis de 100 kg… O seu propósito sería abastecer ós soldados de provisións e incluso axudarlles no combate cunha versatilidade impresionante, o seu único inconveniente é necesitar dunha fonte de energía externa. Pero más que deciros que fai, óllao.


Autor: Marcos Dapota

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Novas tecnoloxías e etiquetada . Garda o enlace permanente.