NON SÓ GRUÑIDOS

Dan Dediu e Stephen C. Levinson, do Instituto Max Planck para la Psicolingüística, en Nijmegen, Países Baixos, levaron a cabo unha investigación na que se descubriu que os neandertais tamén fixeron uso da linguaxe oral, o que levaría a descartar a idea de que a linguaxe oral é única e exclusiva do Homo Sapiens.

Cando alguén utiliza a palabra “neandertal” o primeiro que se nos ven á mente é unha especie que se comunicaba por xestos e gruñidos, porén, en realidade posuían capacidades cognitivas e culturais moi similares ás nosas, á que se suma agora a capacidade de falar e incluso o uso dunha linguaxe oral antiga.

Se estes descubrimentos son correctos, significaría que as orixes da linguaxe actual, que ata agora estaban situadas hai uns 75.000 anos, en realidade estarían entorno ó millón de anos.

Isto quere dicir que a capacidade de fablar non surxiu a través dunha mutación, senón que é unha acumulación de innovacións culturais e biolóxicas.

Paleontólogos como Juan Luis Arsuaga e Ignacio Martínez xa sostíñan recentemente que os neandertais posuían unha linguaxe oral se se tiñan en conta as adaptacións anatómicas relacionadas coa presenza de linguaxe que presentan no xacemento de Sima de los Huesos, en Atapuerca.

Este tipo de descubrimentos lévannos a estar cada vez máis preto de coñecer totalmente o noso pasado evolutivo.

Autora: Noelia Parracho Rial

Esta entrada foi publicada en Evolución, Orixe humana e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

43 Responses to NON SÓ GRUÑIDOS

  1. Victor di:

    Que órganos ou partes do noso corpo interveñen na nosa capacidade de falar?

    • fab-tcores di:

      Na nosa capacidade para falar interveñen os seguintes órganos.
      Os pulmóns, bronquios e a tráquea interveñen coma os órganos de respiración, que son os que recollen o aire para transportalo en vibracións sonoras.
      A larinxe, as cordas vocais e os resonadores son os encargados de transformar o aire que inspiramos en sons.
      E por último, interveñen os órganos de articulación ( o paladar, a lingua, os dentes, os beizos..)os que son os encargados de conseguir sons diferentes.

    • fab-manuelgonzalez di:

      Os órganos que interveñen na fala son as cordas vocais,a farinxe,a lingua,e o aparello respitario (pulmóns,bronquios e traqueas) Esta capacidade de comunicación é exclusiva dos seres humanos,que se diferencia do resto dos animais.

    • faa-begonasuarez di:

      Hai distintas partes que interveñen á hora de falar:
      Os órganos da respiración; pulmóns, bronquios e tráquea; xa que para falar fainos falta respirar.
      Os órganos de fonación; laxinxe, cordas vocais e resonadores; mediante os cales podemos emitir sons.
      E os órganos de articulación; paladar, lingua, dentes, beizos e glotis; mediante os cales sabemos pronunciar.
      Ademais o correcto funcionamento é controlado polo sistema nervioso central.Para convertirse en son, o aire procedente dos pulmóns debe provocar unha vibración, e o primeiro lugar no que ocorre é a larinxe; que está formada por un conxunto de cartílagos e unha serie de ligamentos e membranas que sosteñen as cordas vocais. Ao vibrar as cordas vocais prodúcese o son.

  2. fab-anaoubina di:

    Hay 5 órganos que interveñen na nosa capacidade de falar, que son: a larinxe, a farinxe, as fosas nasais, fauces e a boca. A larinxe é a máis importante en canto a producción da voz, xá que as tres calidades acústicas que ten a voz, o tono e a intensidade dependen da larinxe. O timbre é o que lle da calidade a voz, a demais permite distinguir a voz das persoas.
    Das estructuras que existen na boca as máis importantes que interveñen la articulación da fala son: a língua, o paladar, os dentes, os lábios, a mandíbula e toda a muculatura facial. As fosas nasais e o nariz tamén forman parte do sistema fonatorio.

  3. faa-noeliaparracho di:

    Na fala interveñen tres grupos de órganos:
    Os órganos de respiración, os órganos de fonación e os órganos de articulación.
    Os órganos de respiración son pulmóns, bronquios e tráquea. Son aqueles que recollen o aire que se transformará en vibracións sonoras.
    Os órganos de fonación son larinxe, cordas vocais e os resonadores (nasal, bucal e farínxeo) Estes son os encargados de transformar o aire recollido polos órganos de respiración en sons.
    Os órganos de articulación son o padal, a lingua, os dentes, os beizos e a glote. Estes son os encargados de conseguir que os sons sexan entendibles, que se adapten ó que se desexa transmitir con eles.

  4. faa-fatimaf di:

    Na nosa falan interveñen tres grupos de órganos:

    -órganos de respiración, como son os pulmóns, os bronquios e a traquea.
    -órganos de fonación, como son a larinxe, as cordas vocais e os resoadores (nasal, bucal e farínxeo).
    -órganos de articulación, como son o padal, a lingua,os dentes,o glote e os labios.
    Ademais, o control da fala realízase na área de Broca, situada na esquerda da corteza cerebral.

  5. faa-cristinaguillan di:

    Na capacidade da fala interveñen tres grupos de órganos:
    Órganos do aparello respiratorio, como son os bronquios, pulmóns e a tráquea, encargados de recoller o aire.
    Órganos de fonación, como son aa cordas vocais, a larinxe e os resonadores (bucal, nasal e farínxeo), encargados de transformar o aire recollido polos órganos do aparello respiratorio en vibracións sonoras.
    Órganos de articulación, como son a lingua, a glote, o padal e os beizos, encargados de facer que os sons consigan transmitir o que se desexa.

  6. faa-laurarey di:

    O responsable da nosa capacidade de falar é o aparello fonador. Este está formado por tres partes:
    – Órganos de respiración: que son os pulmóns, os bronquios e a traquea.
    – Órganos de fonación: que se corresponderían á larinxe, ás cordas vocais, e ós resoadores nasal, bucal e farínxeo.
    – Órganos de articulación: padal, a lingua, os dentes, os beizos e a glote .
    O son vocal prodúcese cando o aire expulsado polos pulmóns é forzado a través da glote facendo vibrar as cordas vocais.

  7. faa-sergioserantes di:

    Órganos moi importantes para a fala e que interveñen nela son a lingua, e tamén os órganos relacionados coa respiración, e tamén as cordas vocais, imprescindibles para a articulación dos distintos sons que producimos.

  8. fab-iriamartinez di:

    Os órganos que compoñen o aparato fonador son:
    órganos de respiración: pulmóns, bronquios e tráquea. Órganos de fonación: larinxe, cordas vocales e resonadores -nasal, bucal e farínxeo.
    órganos de articulación: padal, lingua, dentes, beixos e glotis.

  9. faa-veronicanoya di:

    Os órganos e partes do noso corpo que interveñen á hora de falar son as cordas vocais, que se atopan na larinxe; a farinxe, encargada de emitir sons; a lingua, para articular as palabras; as fosas nasais, que actúan como punto de entrada de aire; a cavidade bucal, onde chegan as vibracións para convertirse en sons con significado fonético e as meixelas e os beizos, usados para articular as palabras.

  10. fab-sofiacastineiras di:

    O noso aparello fonador o compoñen tres grupos:
    -Órganos de respiración, que son os pulmóns, a traquea e os bronquios.
    -Órganos de fonación, como son a larinxe, as cordas vocais e os resonadores nasal, bucal e farínxeo.
    -Órganos de articulacion, como o padal, a lingua, os dentes, os beizos e a glote.

  11. faa-manuelmontes di:

    Hai tres grupos nos que se dividen os órganos que permitennos a capacidade de falar, que a realización desta sitúase na área de Broca, que se atopa na esquerda da corteza cerebral. Os tres grupos son: os órganos de fonación, os órganos de respiración e os de articulación.
    -Os órganos de fonación son a larinxe, as cordas vocais e os resoadores (nasal, bucal e farínxeo).
    -Os órganos de respiración son os pulmóns, os bronquios e a traquea.
    -E os órganos de articulación que son o padal, a lingua e os denes, o glote e os labios.

  12. fab-andrearomero di:

    Aqueles órganos que interveñen na nosa capacitacición da fala son os seguintes:
    No aparello fonador temos a larinxe, cordas vocais e os resonadores nasal, bucal e farínxeo.
    No aparello respiratorio temos os pulmóns, bronquios e a traquea
    No aparello articulatorio temos o padal, lingua, dentes, beizos e glote
    Tamén utilizamos o aparello fonador, onde temos a Órganos de respiración: que son os pulmóns, os bronquios e a traquea.
    Os sons prodúcense cando o aire sae dos pumóns con máis ou menos presión e ó pasar polas cordas vocais, que están situadas na larinxe, fainas vibrar.

  13. faa-fatimalago di:

    Á hora de falar interveñen diversos órganos, como os órganos da respiración (pulmóns, bronquios e tráquea), os órganos de fonación (larinxe, cordas vocais e resonadores (nasal, bucal e farínxeo)), e os órganos de articulación (paladar, lingua, dentes, beizos e glotis). Ademáis, o sistema nervioso central é o encargado do correcto funcionamento do aparato fonador.
    Para que o aire procedente dos pulmóns se convirta en son, debe de provocar unha vibración, é o primeiro lugan onde esto se produce é na larinxe. A larinxe é a que suxeita as cordas vocais. Estas cordas son as encargadas de producir unha vibración audible, o que chamamos sons sonoros.

  14. fab-martapalacios di:

    Son necesarios os seguintes tres grupos de órganos para poder falar:
    Órganos de fonación (as cordas vocais, a larinxe e os resonadores) que encárganse de transformar o aire en vibracións sonoras.

    Órganos do aparello respiratorio (bronquios, pulmóns e tráquea) os cales recollen o aire.

    Órganos de articulación (a lingua, a glote, o padal e os beizos) que fan que os sons transmitan o que se propón.

  15. Victor di:

    E contando cos órganos que apuntáchedes para poder falar;o cerebro que papel xoga nesta función?

    • faa-martinlosada di:

      O cerebro ten tres funcións principais no que a función na linguaxe se refire, a primeira é a de procesar os sons que se perciben, porque si non os puderamos procesar, por moito que tiveramos a capacidade de falar, sería totalmente inútil. A outra é a de que ao emitir os sons, os sons que emitamos sean coherentes. E por último a función máis obvia é a de emitir as señales aos músculos, para que estes poidan articular os sons.

    • faa-veronicanoya di:

      Na fala o cerebro cumple unha función importante, xa que se encarga da comprensión da linguaxe. Ademáis, é o encargado de realizar patróns motores para a expresión das palabras.

    • faa-begonasuarez di:

      O cerebro ten unha importancia moi grande na fala, xa que contribúe ao procesamento e comprensión da lingua, tanto na semántica e sintaxis do que vamos a falar, como a maneira na que comunicamos algo. Se non coñeceramos os aspectos dunha lingua, nos sería imposible comunicarnos.

  16. faa-ricardop di:

    Pois o cerebro coordina os movementos de cada órgano para poder articular palabras, xa que se non fose así emitiríamos gruñidos ou palabras sen sentido.

  17. faa-santiagoescudeiro di:

    Como ben mencionan os meus compañeiros, hai tres grupos de órganos que permiten que falemos: órganos respiratorios, órganos fonadores e órganos de articulación. Pero o órgano ou conxunto deles que practicamente é imprescindible para falar son o cerebro e o sistema nervioso. O cerebro é o director do noso corpo, xa que manda as ordes ao noso organismo para realizar todo tipo de funcións, incluída a laboriosa acción de producir e articular complexos sons que nos permitne falar e comunicarnos entre nós. Polo tanto o cerebro xoga unha función moi importante á hora de falar.

  18. fab-mariablanco di:

    Os órganos encargados son:
    Órganos de fonación que veñen sendo as cordas vocais, a larinxe e os resonadores encárgados de transformar o aire en vibracións e emitir sons.
    Órganos respiratorios que son os bronquios, pulmóns e tráquea,encargados de recoller o aire.
    Órganos de articulación que son a lingua, a glote, o padal e os beizos que fan que se transmitan os sons.

  19. fab-mariablanco di:

    Os órganos encargados son:
    -Órganos de fonación que veñen sendo as cordas vocais, a larinxe e os resonadores encárgados de transformar o aire en vibracións e emitir sons.
    -Órganos respiratorios que son os bronquios, pulmóns e tráquea,encargados de recoller o aire.
    -Órganos de articulación que son a lingua, a glote, o padal e os beizos que fan que se transmitan os sons.

  20. fab-mariablanco di:

    O cerebro xoga unha das funcións principais xa que o sistema nervioso é o encargado de controlar as funcións do corpo e para poder falar estas coordinacións son necesarias.

  21. fab-sporto di:

    Hai tres grupos nos que se dividen os órganos que permitennos a capacidade de falar, que a realización desta sitúase na área de Broca, que se atopa na esquerda da corteza cerebral. Os tres grupos son: os órganos de fonación, os órganos de respiración e os de articulación.
    -Os órganos de fonación son: a larinxe, as cordas vocais e os resoadores (nasal, bucal e farínxeo).
    -Os órganos de respiración son: os pulmóns, os bronquios e a traquea.
    -E os órganos de articulación que son: o padal, a lingua, os dentes, o glote e os labios.

    Pois o cerebro ten o papel importante xa que é o que coordina os movementos de cada órgano para poder articular palabras se non fose así emitiríamos gruñidos ou palabras sen ningún sentido.

  22. faa-laurarey di:

    Debido a que o cerebro é a parte central do sistema nervioso, permítenos: poder entender a información que se nos achega a través dos sentidos, pronunciar palabras cunha certa coherencia e, andar a información necesaria para por en funcionamento os distintos órganos e músculos que interveñen neste proceso.

  23. fab-martapalacios di:

    Obviamente o cerebro realiza a función primordial á hora de falar xa que sen el sería completamente imposible este feito. O cerebro encárgase principalmente de todo o noso organismo. Na función de falar, o cerebro fai que entendamos o que se nos está a dicir e poidamos procesalo. Tras estar a información procesada, o cerebro permite que pensemos o que queremos dicir e que se movan os músculos necesarios para poder falar.

  24. fab-elisaperez di:

    O cerebro é un perfecto melómano, e é capaz de identificar tres características da linguaxe sonora. Unha característica é o ton (grave ou agudo). Outra característica é a armonía, e a última característica é a melodía.

  25. fab-iciacores di:

    O sistema nervioso controla tódalas funcións do noso corpo. Cada movemento que facemos é enviado previamente desde o cerebro. Polo tanto para falar, o cerebro xoga un papel importante.

  26. fab-iriamartinez di:

    O cebro é o órgano imprescindible para a fala, xa que é o encargado de coordinar controlar as funcións do corpo.

  27. fab-aidagonzalez di:

    No cerebro hai unhas zonas chamadas zonas da linguaxe cerebral, nesta área desempéñase a función do procesamento e da producción da fala, ademais,eu creo que este é un dos órganos máis importantes xa que controla o resto das partes do noso corpo que interveñen no proceso da fala como a larinxe, as cordas vocais, os pulmóns…

  28. fab-martarodriguez di:

    O cerebro ten tres funcións principais na función da linguaxe:
    -Procesar os sons que percibimos.
    -Emitir os sons de forma coherente.
    -Emitir as señales os músculos para que poidan articular os sons.

  29. fab-rebecachaves di:

    O cerebro encárgase de procesar a información sensorial, posto que controla os movementos, os sentimentos, entre outros. O cerebro é o responsable da cognición, da memoria e a aprendizaxe, e as emocións.

    Na linguaxe podemos atopar tres funcións principais: -Procesar os sons que percibimos.
    -Emitir as señales ó corpo e a os músculos para que éste poidan articular os sons.
    -Emitir os sons de forma lóxica e con coherencia.
    Tamén a capacidade de procesamente e almacenamento que ten un cerebro humano supera a todas as computadores que poden existir hoxe en día.

  30. faa-sergioserantes di:

    O cerebro encárgase de procesar e emitir os sons, así como de coordinar os músculos e órganos que participan na fala para permitirnos crear os distintos sons segundo a orde que dé.

  31. fab-jairotroncoso di:

    O cerebro xoga un papel importante, porque el é o encargado de facer coordinar esta función, e tamen controlala. O cerebro é o organo que controla estos movementos.

  32. faa-laurapaz di:

    Todos estes órganos mencinados anteriormente son imprescindibles á hora de falar, pero o cerebro e o sistema nervioso son os máis importantes. O cerebro encárgase, primeiro de procesar e organizar os sons que percibimos, despois procesa a información e por último coordina e controla os músculos para poder articular e producir os sons. Polo tanto, o cerebro xoga un papel moi importante.

    • faa-larafernandez di:

      Como di Laura, o cerebro encárgase de procesar os sons, pero ademais tamén procesa calquera tipo de información que o individuo reciba, provocando un estímulo que pode reaccionar en forma de transmitir a información en sons. Este mensaxe, dirixido polo cerebro, envíase polo sistema nervioso ata os músculos que actuaran nese momento, tanto os faciais como aqueles músculos( como de brazos e pernas) que queiran acompañar ao que se vai decir, en forma de xestos visuais.

      En resumo, o cerebro e o centro de control para todos os ámbitos lingüísticos e corporais.

  33. fab-anaoubina di:

    O cerebro procesa a información sensorial, controla e coordina os movementos. Tamén se encarga de procesar e entender unha lingua.

  34. fab-yamilayelpez di:

    O cerebro controla todas e cada unha das funcións do noso corpo, ademáis, almacenamos ahí os coñecementos léxicos e xestuais que adquirimos co paso do tempo, polo tanto o cerebro é indispensable á hora de comunicarnos.

  35. fab-gretageorgieva di:

    O cerebro encargase de procesar os sons e mais calquera tipo de comida que reciba,esta información enviase polo sistema nervioso ata aqueles músculos implicados no momento, axudndi así a controlar os nosos actos. O cerebro tamen funciona como.almacen dos nosos coñecementos léxicos.

  36. fab-aldaramuniz di:

    No noso corpo non hai ningún órgano qur o seu único funcionamento sexa o de crear a fala. Temos un conxunto deles que contribúen a producir sons. Un dos principais é a larinxe, que lle axuda ás cordas vocais, e despois están outros órganos como a lingua, a boca, a farinxe os pulmóns o diafragma os musculos abdominais etc. que teñen funcións principais respiratorias e dixestivas. Para producir a voz necesitamos o aparello fonador, pero o oído é moi importante tamén, xa que é o encargado de captar, controlar e corrixir os sons.
    O cerebro intervén no proceso desta función dunha maneira moi importqnte. É o que envía as súas ordes a un nervio e este pon en funcionamento o mecanismo da fonación mentres vai executando tales ordes.