ENTRE PEIXE E CROCODILO

Segundo sostén un equipo de investigadores, as extremidades dos animais vertebrados probablemente tiveron a súa orixe nas aletas traseiras dos peixes, que foron evolucionando ata facerse máis robustas.

Esta especie apareceu por primeira vez no 2004 (pero só atoparon a parte dianteira) e bautizouse como Tiktaalik roseae. Seguiron escavando e nas posteriores campañas de 2006, 2008 e 2013 atoparon fósiles da pelvis e das aletas traseiras. Segundo aseguran trátase dunha especie de transición entre peixes e tetrápodos terrestres mellor coñecida ata agora.

Ten uns 375 millóns de anos e é uns 10 millóns de anos anterior á aparición dos primeiros tetrápodos.

Describiuse coma un híbrido entre peixe e crocodilo. Tiña aletas lobuladas e una cabeza ancha e plana, con afiados dentes. Un exemplar adulto podía medir máis de dous metros. Cren que era un peixe de auga doce e que cazaba ás súas presas en augas profundas. As articulacións das súas patas dianteiras tamén permitan ao animal sosterse no chan e camiñar polo fondo do mar, ademais de nadar.

A súa pelve é comparable nalgúns aspectos á dos primeiros animais tetrápodos. Tiña branquias, escamas e aletas coma os peixes, pero tamén un pescozo móbil, pulmóns primitivos e caixa torácica coma os tetrápodos. A súa cintura pélvica era case idéntica en tamaño á súa cintura escapular, unha característica similar á dos tetrápodos e posuía unha xunta de rótula esférica da cadeira destacada, que conectada a un fémur móbil podería estenderse por debaixo do corpo.

Autora: Begoña Suárez González

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade, Evolución, selección natural e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

43 Responses to ENTRE PEIXE E CROCODILO

  1. Victor di:

    Conta, de xeito sinxelo, coma os peixes evolucionaron ata orixinar os anfibios.

    • faa-veronicanoya di:

      Para conquistar o medio terrestre, os peixes evolucionaron ata converterse en anfibios, conservando as agallas e escamas.
      As aletas evolucionaron en forma de patas anchas cun gran número de dedos. Para adaptarse á vida terrestre tamén desenvolveron linguas viscosas, coas que capturar ás presas, glándulas secretoras de veneno, como método de defensa e párpados móviles para a limpeza, protección e lubricación dos ollos, entre outros.

    • faa-begonasuarez di:

      Os primeiros animais desta especie orixináronse a partir dun antepasado común entre estes e os peixes de aletas lobuladas, conservando aínda as agallas e as escamas na súa evolución, pero no sitio das aletas presentaban patas anchas e aplanadas con dedos, como é o caso dalgunhas especies. Os cambios e adaptacións producidas á vida terrestre seguíronse producindo, entre os cales se poden citar a evolución dunha lingua viscosa e empregada principalmente na captura de presas, o desenvolvemento de glándulas secretoras cutáneas do veneno como método de defensa, párpados móviles e glándulas para a limpeza, protección e lubricación dos ollos, entre outras.

    • fab-iriamartinez di:

      Hai 360 millóns de anos, os primeiros tetrápodos -animais acuáticos con catro patas- emerxeron dos pantanos e outros hábitats de auga doce e adaptáronse á vida terrestre. Isto supuxo un gran paso na evolución dos seres vivos a partir do cal apareceron os primeiros anfibios.

    • faa-cristinaguillan di:

      A máis extendida e simple das hipóteses é que os peixes pulmonados (é dicir, que respiran coma os cetáceos actuais) se transladaron á terra para explotar novos recursos, coma os alimentos que ao non ser explotados por demasiados predadores eran máis abundantes, ao igual ca o osíxeno, ainda que neste caso a súa abundancia non se debía á súa explotación, senón que a diferencia de na auga, na superficie terrestre non tiñan a necesidade de estar certto tempo sen repirar ata emerxer, senón que podian facelo continuamente, condición á que se tiveron que acostumar.
      A outra teoría é a clásica, que sostén que os peixes se trasladaron ao medio terrestre escapando da desecación progresiva das augas. Esta teoría foi moi criticada debido á escasa existencia de probas de sequías e a que só explica unha mínima parte das adaptacións sufridas por estes animais ao medio terrestre e non a complexidade das extremidades dos anfibios de xeito completo.

  2. faa-ricardop di:

    Ésta evolución fixo que conservaram as agallas e escamas, pero que en lugar de aletas presentasen patas anchas e aplanadas con un gran número de dedos.
    Estos cambios e adaptacións á vida terrestre, entre os cales pódese nombrar a evolución de unha lingua viscosa e protácil (empleada primordialmente na captura das presas), o desenrolo de glándulas cutáneas secretoras de veleno (como método de defensa), párpados móbiles e glándulas para a limpeza, proteción e lubricación dos ollos, etc…

  3. faa-saracastro di:

    A hipótese máis simple é que os peixes pulmonados se transladaron á terra para explotar novos recursos. Non só comida en forma de plantas e animais que non eran aproveitados por ningúen, senón tamén osíxeno, moito máis dispoñible no aire que na auga, aínda que tiveron que apender a absorbelo sen risco.
    A teoría clásica sostén que os pixes se trasladaron para escapar da desecación progresiva das augas, pero esta foi moi criticada debido á limitada existencia de probas de sequías e porque explica só unha mínima parte das adaptacións ao medio terrestre, non a enteira complexidade das extremidades dos anfibios.

  4. faa-laurarey di:

    Unha das teorías que explican como os peixes lograron evolucionar, ata converterse en anfibios, suxire que isto se produciu debido a unha desecación do medio natural no que vivían. Estes animais lograron sobrevivir grazas a que adquiriron a capacidade para moverse por terra firme. Ademais, con isto, tamén puideron escapar dos predadores mariños, e colonizar novos ecosistemas, porén esta colonización non foi completa, pois seguían dependendo da auga para reproducirse.
    Para poder adaptarse á vida terrestre desenvolveron determinadas características como: unha capa externa de células epidérmicas que se renova de xeito regular; unha lingua protráctil que lle axuda a hora de capturar as presas; patas largas e fortes para saltar; membranas interdixitais para nadar; sufrir un proceso de metamorfose que permite o cambio da vida acuática dos cágados a vida terrestre das rás, sapos; respiración pulmonar;…

  5. faa-fatimalago di:

    Fai uns 430 anos apareceron os peixes, os que máis tarde acabarían dando lugar a outra especie de animais, os anfibios, e estos, á súa vez acabarían dando lugar, máis tarde, aos reptís.
    A teoría básica que explica esta evolución é a creada por Romer en 1950, mantén que os peixes escaparon á terra firme para escapar da sequía no mar. Aínda que esta teoría foi criticada pola ausencia de probas que confirmen que houbera tales sequías, e porque, ademáis, só explica unha mínima parte das adapatacións ao medio terrestre. Outra hipótesis, a máis simple, é que os pulmonados se transladaron á terra para explotar novos recursos, no só a comida, se non tamén o osíxeno, moito máis dispoñible no aire que na auga, aínda que tiveron que acostumarse a absorbelo sen risco algún.

  6. fab-ariadnacordal di:

    Os científicos cren que os anfibios evolucionaron a partir de peixes de aletas lobuladas (as cales lles permitían apoiarse sobre a terra), e parece ser que esta evolución débese aos instintos desta especie de conquistar o medio terrestre (e como dixo Sara, explotar novos recursos).
    Os peixes foron adaptando lentamente os seus organismos ó novo hábitat: as súas aletas remataron por articularse e posuír partes diferenciadas (cóbados, dedos, xeonllos, nocellos…) e desenvolveron os seus aparellos de reproducción e respiración, entre outros cambios.
    A especie Ichthyostega está considerada coma o primeiro anfibio.

  7. fab-jairotroncoso di:

    Os peixes evolucionaron en anfibios da seguinte maneira; o seu organismo foi cambiando, as aletas convertironse en patas, con dedos,aunque se adaptaran á vida terrestre, conservaban as agallas e escamas. Podemos decir tamén que a súa lingua evolucionou a unha lingua viscosa e protáctil.

  8. fab-anaoubina di:

    Os anfibios son o reflexo dun gran paso evolutivo dos vertebrados para conquistar o medio terrestre. Son animais terrestres pero eles aínda seguen ligados a auga polos mecanismos de reproducción e de desarrollo, e así poden completar o seu ciclo e vida.
    Para a formación dos anfibios a evolución obrígalle que as aletas dos peixes cheguen a ser extremidades articuladas, xunto con grandes alteracións nos músculos e nos nervios. As branquias convértense en pulmóns e as linguas tamén experimentaron alteracións.

  9. fab-aidagonzalez di:

    Fai uns centos de millóns de anos apareceron os anfibios provintes dos peixes, estes foron os primeiros vertebrados en adaptarse a unha vida terrestre. Os peixes saíron da auga e pouco a pouco foron evolucionando ata converterse en anfibios. Ambos teñen en común as agallas e as escamas. As aletas dos peixes foron evolucionando ata converterse en patas para así poder adaptarse á vida terrestre que teñen os anfibios, ademais da acuática.

  10. fab-sofiacastineiras di:

    Fai uns 430 millóns de anos foi cando apareceron os peixes, e que máis tarde, darían lugar a outras especies animais; os anfibios. A hipótese máis simple é que os pulmonados trasladáronse á terra para explotar novos recursos, ademais de comida, osíxeno, moito máis dispoñible no aire que na auga. A teoría clásica sostén que os peixes trasladáronse para escapar da desecación progresiva das augas. Os peixes foron evolucionando ata o punto de cambiar as aletas por patas, por exemplo, xa que para habitar no medio terrestres as necesitan.

  11. faa-laurapaz di:

    Os peixes transaldáronse á terra en busca de novos recursos como a comida e o osíxeno, e tamén para escapar da desecación continua das augas.
    Para poder vivir na terra tiveron que adaptarse, modificando o espiñazo, os ósos do cráneo, convertindo as aletas en extremidades articuladas con dedos, as branquias convertíndose en pulmóns, desenvolvendo o tímpano, e modificando os ollos, nacendo así os anfibios.

  12. fab-beatrizcasal di:

    Os anfibios xurdiron fai centos de millóns anos. Estes peixes posuían pulmóns que lles permitían respirar fóra da auga, o seu esqueleto estaba ben osificado, un requisito importante para vivir en terra, e as súas aletas presentaban unha disposición dos ósos similar ao resto de vertebrados terrestres. Na actualidade os anfibios están representados só por tres ordenes: os urodelos (O. Caudata) ao que pertencen píntegas e tritóns, a Orde Gymnophiona (grupo de anfibios adaptados á vida subterránea, de corpo alongado e anelado sen ollos nin extremidades) e os anuros (O. Anura) integrado por ras e sapos.

  13. faa-manuelcacabelos di:

    A hipótese máis simple é que os pulmonados trasladaronse a terra para explotar novos recursos: non só comida, en forma de plantas e pequenos animais que non eran aproveitdos por ninguén, senon tamén oxígeno, moito máis disponible no aire que ns auga, que tiveron que aprender a absorberlo sen risco.

  14. Victor di:

    Sigo con este tema e plantéxovos unha pregunta que me fixeron esta semana e que está relacionada con este artigo. Sería posible que existiran as sereas?

    Refírome as sereas como as do conto (“La sirenita”). Hai programas de televisión que afirman que existen.
    Tratade de utilizar a ciencia (como a deste artigo) para razoar este feito.

  15. faa-fatimaf di:

    Sería posible que existisen animais semellantes ás sereas pero non como as que nos noñecemos por contos ou películas, senon que serían animais semellantes ós cetáceos xa que respirarían por pulmóns pero terían a capacidade de aguantar bastante tempo baixo a auga e posiuirían unha cola que lles permitiría desplazarse dentro dela, pero non terían a capacidade de pensar ou falar que se lles atribue nas películas xa que o único ser vivo racional existente na Terra somos nós, os humanos.

  16. faa-laurarey di:

    Moitos científicos utilizan a hipótese do simio acuático (é dicir un antepasado en común entre os simios e os homínidos) para explicar a existencia das sereas.
    Esta expón que, os antecesores directos dos humanos e outros homínidos vivían nun entorno semiacuático, onde se alternaban etapas en terra e etapas na auga, para poder fuxir dos depredadores ou buscar alimento. Ante este suposto caso, a hipótese afirma que isto puido influír na evolución destes, provocando así a aparición das “sereas” un ser que é metade home, metade peixe.

  17. faa-cristinaguillan di:

    É posible que existan seres da familia dos cetáceos, é dicir, que respiren mediante pulmóns, que ainda estean por descubrir e estudar, ainda que esta teoría non é moi fiable xa que hoxe en dia hai un estudo moi exhaustivo e fiable dos océanos, e ademáis debería haber probas materiais da súa existencia, como avistamentos xa que terían que ascender á superficie para respirar regularmente, ou mesmo algún corpo, xa que coma os demáis animais mariños, en algunha ocasión poderíase producir algún varamento.
    Deste xeito, podemos decir que estes seres non terían a apariencia que nos ensinan nos contos e películas, onde lle atribuen tronco, cabeza e extremidades superiores semellantes ás humanas e cola de peixe, xa que resultarían bastante rechamantes e por tanto fáciles de avistar, e como xa cometei antes, non hai probas de ditos avistamentos.

  18. fab-marcosdaporta di:

    Para empezar, é dificil pensar nun animal que teña escamas de peixe e á vez teña pel de mamífero, sería unha especie de híbrido moi raro. Non poderían ter esas longas melenas que se ven nos contos, xa que aumentaría a resistencia da auga ó moverse.
    Non terían brazos tan longos e non terían mans. Entre os dedos é onde se perde maior parte da enerxía ao desplazarnos entre a auga, entón terían que ter algunha especie de ancas. E os brazos, seguramente máis gorodos ou acurtados para facer movementos máis rápidos.
    As mamas dos cetáceos están baixo pliegues cutáneos, así que non terían peitos.
    A maioría dos cetáceos tampouco teñen pescozo, así que terá a cabeza pegada ó torso.
    Tal vez exista algo ó que poder chamar sirea, pero non algo parecido ós contos.

  19. faa-noeliaparracho di:

    As características que se lles atribúen ás sereas nos contos non farían posible a supervivencia desta especie, xa que ten a metade do corpo adaptado ó entorno no que vive (acuático) pero a outra metade dificulta a supervivencia, xa que non está adaptada como debería. O pelo restaría aerodinamicidade á serea, entre os seus dedos debería haber unha especie de pel para axudala a nadar mellor, necesitaría uns brazos máis curtos e fortes, non terían peitos xa que tamén restarían aerodinamicidade… Todas esas malas adaptacións ó medio mariño convertirían as sereas nunha presa fácil para os seus depredadores, polo que o máis probable é que acabaran desaparecendo.
    Hai moitas teorías entorno á existencia de sereas, como que existía un antepasado común a homes e simios, o simio mariño, que sería unha adaptación ó entorno mariño. Ou un híbrido entre home e alguna especie mariña. Aínda que son moi pouco fiables.
    Na miña opinión, co ben que coñecemos os océanos se existisen agora, ou existiran nalgún pasado remoto, teríamos probas. é certo que no máis profundo dos océanos non chegamos a coñecer todo, pero a esas profundidades non chega a luz solar, polo que sería difícil, por non decir imposible, que un ser vivo do tamaño dun humano sobrevivira aí, xa que nin estaría adaptado, nin conseguiría alimento suficiente, polo que dende o meu punto de vista é prácticamente imposible que as sereas, tal e como as describen nos contos e películas, existan.

  20. fab-sofiacastineiras di:

    Podería existir algo ao que atribuírlle o nome de serea, pero non serían como as das películas. Semellaríanse máis ós cetáceos xa que respirarían por pulmóns. Tampouco a súa estructura sería coma as poñen nas películas, xa que deberían ter outras características para sobrevivir no medio acuático.

  21. faa-manuelmontes di:

    Tal vez haxa animais que semellen ás sereas, pero non como as que nós vemos nas películas ou nos contos. Gardarían semellanzas cos cetáceos, xa que estes respiran por pulmóns coma nós, e tamén terían una aleta para poder desprazarse no medio acúatico, aínda que esta no estaría recuberta de escamas. Aínda non se atopou ningunha pero podería suceder.

  22. fab-andrearomero di:

    O paso de peixes a anfibios produciuse fai uns 430 millóns de anos, cando apareceron os peixes, que logo deron lugar a outras especies de animais; os anfibios,e éstos deros paso ós reptiles.
    Os primeiros anfibios apareceron antes dos vertebrados, ó final do Devónico.
    No mundo terrestre habitaban só artrópodos.
    A hipótesis máis simple da aparición destos seres é que os pulmoados se trasladaron á terra para explotar novos recursos, incluído o osíxeno, máis dispoñible na auga que no aire e non lle quedou outra que aprender a absorvelo sen risco.

  23. fab-martapalacios di:

    Fai uns 430 millóns de anos foi cando apareceron os peixes, que resultaron ser os primeiros vertebrados que poboaron os mares primitivos e, que máis tarde, saíndo das augas, darían lugar a outras especies animais. Os primeiros peixes apareceron pois no Silúrico. Eran seres mariños sen mandíbula: os Agnatos, precursores das actuais lampreas e mixinos.
    No período seguinte, o Devónico (fai de 407 a 362 millóns de anos), descóbrense os peixes con esqueleto externo: os placodermos, aparecendo logo tamén os tiburóns, que datan pois de fai uns 400 millóns de anos.

  24. fab-martapalacios di:

    Para unha serea coma as de conto sería completamente imposible a vida no mar cheo de depredadores especializados. Como ben se di por aquí, necesitarían unha serie de cambios que as axudasen a permanecer e non estinguirse. O primeiro de todo, por suposto, substituir o nariz por branquias no pescozo. Tras iso, o máis importante son as membranas nas máns para nadar con máis axilidade. E o resto, cambios como unha pel resistente ás temperaturas mariñas, unha mandíbula especializada a súa alimentación (dependendo de que comesen) etc. Polo tanto, se unha serea quixese vivir no mar tería que realizar primeiro bastantes modificacións.

  25. Victor di:

    Por que animais tan diferentes na actualidade como peixes e mamíferos como cetáceos, teñen formas tan semellantes?

    • faa-martinlosada di:

      Unha posibilidade, é a de que teñan un parecido tan apreciable porque ambos tipos de animais, partiron dunha especie común, a outra que creo que é máis probable é a de que teñan ese parecido é a de que ambolos dous tipos de animáis viven nun medio común, e o parecido do seu corpo veña dado pola evolución, porque ter esa forma corporal no medio acuatico supón unha vantaxe, polo que sería unha adaptación ao medio

    • faa-sergioserantes di:

      No caso dos cetáceos e os peixes, ambos son semellantes probablemente debido a que viven no mesmo medio, o acuático, e teñen unha forma parecida xa que é a máis apropiada para habitar nese determinado medio.

    • faa-veronicanoya di:

      Penso que a súa semellanza na forma se debe a que viven nun mesmo medio, un medio no que esa anatomía lles da maiores posibilidades de supervivencia.

  26. faa-ricardop di:

    Eu penso que é así porque todos vimos daquelas primeiras células sen núcleo, evolucionando ata unha especie común, logo por unhas circunstancias, a especie sepárase en dous grupos, evolucionando de forma diferente.
    Neste caso sería o Terrestrisuchus, que deu lugar a peixes por unhas determinadas circunstancias e crocodilos por outras.

  27. faa-santiagoescudeiro di:

    Paréceme algo moi difícil o feito de que uns seres fantásticos como os dos contos, chamados sereas, existan na realidade.
    O medio acuático é complicado para os humanos, pola dificultade para desplazarse e respirar nel, ou para comunicarse, por exemplo. As sereas fantásticas considéranse metade humano e metade peixe, en teoría terían unha respiración pulmonar e eso significaría que terían que salir cada certo tempo á superficie para tomar aire, polo tanto os avistamentos destes seres produciríanse máis veces, e de forma clara algunha destas ocasións; algo que non é así.
    Aínda que o medio mariño non está completamente explorado pola humanidade, non creo que existan as sereas tal como nos mostran ou nos fan crer ás veces.

  28. fab-yamilayelpez di:

    Se nos poñemos a comparar animais e incluso nós, as similitudes son evidentes, e isto débese á evolución. Todos vimos dunha única especie, a cal foise adaptando a diferentes condicións a medida que o tempo pasaba. O animal do que fala o artigo e moi bo exemplo disto, xa que é a proba de que un peixe saiu do mar (ou río) e adaptouse ás condicións ata evolucionar nun crocodilo.

  29. faa-noeliaparracho di:

    Pode haber similitudes entre dúas especies (ou máis) debido a dous motivos:
    Porque os seus órganos son homólogos: é dicir, son órganos cunha orixe común, e polo tanto, unha estrutura interna similar, pero que realizan diferentes funcións adaptadas ós diferentes ámbitos, polo que a adaptación de cada un deles é diferente aínda que gardan certa semellanza. Como exemplo poderíanse poñer os brazos dun ser humano e as aletas dunha balea, que realizan funcións distintas (Agarrar cousas e axudar no impulso baixo a auga, respectivamente) pero teñen unha estructura interna moi semellante.
    Ou porque os seus órganos son análogos: é dicir, que non teñen unha orixe común nin unha estrutura interna semellante, pero evolucionaron dun mesmo xeito para adaptarse a ambientes moi similares, polo que a semellanza entre ambos a simple vista adoita ser notable. Como exemplo cabería dicir as patas dun grilo e dunha toupa. Ambas teñen a función de escarvar, pero non teñen unha orixe común.

  30. faa-laurarey di:

    As similitudes que se establecen entre estas especies son debidas a que posúen ou órganos homólogos ou órganos análogos.
    – Órganos homólogos. Son aqueles que teñen a mesma estrutura básica pero realizan diferente función debido a adaptación ao medio en que viven. Por exemplo o brazo dunha persoa, a pata anterior dun cabalo, a á dun morcego e a aleta dunha balea. Trátase de estruturas herdadas dun antecesor común; a posterior adaptación a distintos medios xerou diferenzas entre elas.
    – Órganos análogos. Son os órganos que presentan a mesma función pero a súa orixe e estrutura son diferentes. Por exemplo a á dun insecto, a á dun morcego, a á dunha ave.

  31. fab-aidagonzalez di:

    Como din os meus compañeiros, a razón pola poida que os diferentes animais que hai na actualidade teñan formas tan parecidas é debido a que proveñan dun ser vivo común que foi evolucionando para poder adaptarse nos diferentes medios, ademais, o corpo dos animais, incluído o noso está axeitado para que se poidan realizar as funcións principais como comer, de xeito que como todos teñemos esta necesidade o noso corpo está axeitado dunha forma parecida para poder facelo.

  32. fab-marcosdaporta di:

    Unha das causas podería que evolucionaron a partir dunha especia en común, pero incluso así podería haber moitas máis diferenzas.
    A razón principal e que o viviren no mesmo medio, adáptense dunha forma similar. Se a natureza escolle sempre as formas máis óptimas de evolución e estas dúas especies viven no mesmo medio pois é normal que se parezan.
    Pero tal vez sexa que non apreciamos esas diferencias de igual maneira, como cando dicimos que todos os asiáticos son iguais, para eles tamén somos todos iguais, non será o mesmo no caso dos peixes?

  33. fab-rebecachaves di:

    Teñen forma semellante debido a súa adaptación ó medio no que se atopan, ademáis de haber evolucionado da mesma especie. Como viven nas mesmas circunstancias teñen que desenvolvberse da mellor maneira posible para que lles sexa máis plácida a súa supervivencia, desenvolvendo así as mesmas características a pesar de ser peixes e outros mamíferos.
    Entre estas especies non existe moita diferencia a pesar de que sexan de diferentes clases, unha das diferenzas físicas externas pode ser a maneira de desprazarse, nos cvetáceos o movemento da cola realízase en sentido vertical mentres que nos peixes efectúase de esquerda a dereita e viceversa. Outra diferenza sería que os cetáceos ó seren mamíferos amamantan as súas crías, mentres que os peixes non.

  34. faa-laurapaz di:

    As similitudes que hai entre estas especies poden darse en dous casos, ou que teñen órganos homólogos, esto quere decir que teñen un antepasado común, que a estrutura interna é semellante pero teñen diferente función porque evolucionaron debido ó medio no que viven. E a outra similitude é que teñan órganos análogos, os que teñen orixe diferente pero a súa función é a mesma por que evolucionou.

  35. Pingback: De peixe a cocodrilo ou como potenciar a argumentación científica | Blog Guia

  36. Pingback: car title loans