O PLANETA LIBRE

Dende que comezamos a estudar sempre non enseñaron que os planetas do sistema solar xiran en torno ao Sol, e deducíase que isto ocorría con todos os demáis planetas do universo. Coma en todas as teorías sempre hai una excepción que confirma a regra, esta non iba a ser menos, neste caso a nosa excepción chámase PO J318.5-22. Este astro carece dunha estrela nai sobre a que xirar polo tanto carece de órbita e flota libremente polo espazo.

Aínda que se atopa fora do nosos sitema solar, encóntrase bastante preto da Terra; a uns 80 anos luz aproximadamente. Posúe unha masa seis veces maior á de Xúpiter, e é un planeta bastante crecidiño de composición gasosa.

Polo momento non se ten máis información ca esta xa que se descubriu este ano, pero os científicos teñen indicios de que existen máis planetas coma este, que seguen o seu propio camiño.

Autora: Elena Fontenla

Esta entrada foi publicada en Investigación espacial, Universo e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

52 Responses to O PLANETA LIBRE

  1. Victor di:

    Como se forma un planeta?

    • fab-iriamartinez di:

      O noso Sistem Solar igual que os planetas se formaron fai uns 4.500 anos.
      En xeneral, os materiais lixeiros que non se quedaron no Sol se alexaron máis que os pesados.
      Na nube de gas E polvo oriXinal, que xiraba en espirais, había zonas máis densas, proxectos de planetas.
      A gravidade e as colisións levaron máis materia a estas zonas e o movemento rotatorio as redondeou.
      Despóis, os materiais e as forzas de cada planeta se foron reaxustando, e todavía o fan.
      Os planetas e todo el Sistema Solar continúan cambiando de aspecto.

    • faa-manuelcacabelos di:

      Eu a parte das explicación que comentan os meus compañeiros atopei unha teoría moi distinta que consiste en:
      O proceso de formación dos planetas é o proceso gradual de extinción das estrelas ananas. O sistema estelar orixinal -onde as estrelas ananas orbitan ó redor dunha estrela central, principal-, conforma despois un sistema solar -onde os planetas orbitan ó redor dunha estrela principal (sol).
      As condicións e características particulares das estrelas ananas e dos sistemas estelares van a contribuír á formación de diferentes tipos de planetas, superficies planetarias, estruturas e atmosferas, gasosos, sólidos, líquidos.
      Os planetas son estrelas ananas extintas onde a estrela principal, central do sistema, (despois o sol) permanece por períodos máis largos como estrela, mentres que por degradación e extinción das estrelas ananas, o sistema pasa de estelar a solar.

    • faa-veronicanoya di:

      Hai dúas teorías que explican a formación dos planetas: o modelo de acreción do núcleo e o modelo de inestabilidade do disco.
      O módelo de acreción do núcleo di que co surximento do Sol a materia comezou a agruparse dando lugar ós planetas.
      O módelo de inestabilidade do disco que os aglomerados de po e gas están unidos no inicio da vida do sistema solar. Eses anacos vanse comprimindo dando lugar a un planeta. Estes planetas fórmanse máis rápido que os que o fan pola acreción do núcleo.

  2. fab-martapalacios di:

    Hai dúas teorías acerca de como se formaron os planetas no Sistema Solar. A primeira e máis ampliamente aceptada, a acreción do núcleo. A segunda, o método de inestabilidade do disco, pode dar conta da creación dos planetas xigantes. Os científicos continúan estudando planetas dentro e fora do Sistema Solar nun esforzo para ter unha mellor comprensión de cal destes métodos é o máis preciso.
    O modelo de acreción do núcleo:
    Preto de hai 4.600 millóns de anos, o Sistema Solar era unha nube de gas e po coñecida como a “nebulosa solar”. A gravidade colapsou o material sobre si mesmo cando comezou a xirar, formando o Sol no centro da nebulosa. Co ascenso do Sol, o material restante comezou a xuntarse. As partículas pequenas foron agrupadas pola forza da gravidade en partículas máis grandes. O vento solar “varreu” os elementos máis lixeiros, como hidróxeno e helio, das rexións próximas, deixando só os materiais rochosos máis pesados para crear mundos terrestres menores, como Venus. Pero nas rexións máis distantes, o vento solar tivo un impacto menor sobre os elementos máis lixeiros, permitíndoos para formar xigantes gasosos. Así, creáronse asteroides, cometas, planetas e lúas.
    O modelo de inestabilidade do disco:
    Segundo a teoría da inestabilidade do disco, os aglomerados de po e gas están unidos no inicio da vida do sistema solar. Co tempo, eses anacos comprímense lentamente nun planeta xigante. Estes planetas poden formarse máis rápido que os que o fan pola acreción do núcleo , algunhas veces en poucos miles de anos, e isto permítelles reter os gases máis lixeiros que escapan rapidamente. Tamén alcanzan rapidamente unha masa que estabiliza a súa órbita , evitando que se precipiten cara o Sol

  3. faa-ricardop di:

    A formación dun planeta comezou hay milleiros de anos coa compactación de toda a materia do universo (gas e pó cósmico) nun espazo moi pequeno, polo que se produciu unha explosión, e esta comezou a xirar sobre sí mesma, estando agrandado no centro (xerando o Sol primitivo que deu lugar ó noso Sol actual), cada vez xiraba a máis velocidade, xerando os planetésimos (Planetas en estado incandescente; moi quente, tanto na codia coma no núcleo), estes viaxaron polo universo, chocando entre eles, provocando que os planetas cambien de tamaño (agrandando ou empequenecendo), provocando o arrefriamento dende entón dos planetesimos (expulsando gases mediante a liberación de calor polo arrefriamento; volcáns)
    Logo, xérase, cos gases máis densos (pesan máis), unha capa que cubre os planetésimos, provocando a choiva durante millóns de anos, xerando os océanos (Na Terra), podendo chamarlle xa planeta, xa que ten atmosfera grazas ós gases liberados anteriormente.

  4. fab-elisaperez di:

    Os planetas nacen ou fórmanse de discos xiratorios de gas e polvo, onde poden labrarse brechas nos discos a medida que se fan máis grandes.

  5. fab-anaoubina di:

    Un planeta fórmase nas nubes moleculares. As nubes moleculares son hidróxeno e helio que se encontran dentro dunha galaxia.
    O material da nube que rodea a unha estrela contén pó ou granulitos de materia sólida que van uníndose por colisión ata formar rochas, chamados planetesimales. Si aumenta a creación de masa ata chegar a 1 kilómetro de radio o planetesimal chegará a ser protoplaneta. En este momento o protoplanete ten a capacidade de atraer a corpos cada vez de maior tamaño que se unirán co seu ata formar un planeta.

  6. faa-saracastro di:

    É difícil precisar a orixe do Sistema Solar con exactitude, pero crese que se pode situar hai aproximadamente uns 4650 millóns de anos. Unha das teorías máis aceptadas é a de Laplace, que é a que nos di que unha inmensa nube de gas e pó contraeuse a causa da forza da gravidade e comezou a xirar a gran velocidade, probablemente debido á explosión dunha supernova cercana.

  7. fab-ariadnacordal di:

    Primeiramente cómpre distinguir entre os planetas rochosos e os xigantes de gas. Como os seus nomes indican, están constituídos por rochas e gas, respectivamente.
    Os planetas son estrelas ananas extintas, que puideron formarse mediante algunha das teorías seguintes, a saber:
    -O modelo de acreción do núcleo ou coagulación, o cal adoita ser máis lento e polo tanto aplicable aos planetas rochosos e que consiste en que os elementos máis pequenos se agrupan entre si e forman ditos corpos celestes.
    -O modelo de inestabilidade gravitational ou do disco, o cal é máis rápido e se adapta ao caso dos xigantes de gas.

  8. faa-fatimaf di:

    Algúns científicos cren que a orixe do Sistema Solar pode situarse fai uns 4.650 millóns de años, cando unha inmensa nube de gas e po contraeuse pola forza da gravidade e comezou a xirar a gran velocidade, probablemente debido á explosión dunha supernova próxima.
    A maior parte da materia acumulouse no centro formando unha estrela mentres noutras zonas ían aparecendo algúns remuíños que, ó crecer, aumentaban a súa gravidade e recollían máis materiais en cada volta.
    Tamén había moitas colisións. Millóns de obxectos acercábanse e uníanse, formando os planetas, ou chocaban e partíanse en anacos.
    Outros, pola contra, opinan que os planetas fórmanse polo consumo e extinción das estrelas ananas, polo que o sistema estelar orixinal, onde as estrelas ananas xiran ó redor dunha estrela central, convértese despois nun sistema solar, onde os planetas xiran ó redor dunha estrela principal.

  9. faa-noeliaparracho di:

    Hai dúas respostas posibles á pregunta “Como se formaron os planetas?”.
    A primeira resposta baséase na teoría de acreción do núcleo, qué é a máis aceptada das dúas teorías acerca da formación dos planetas.
    A teoría de acreción do núcleo sostén que fai 4.600 millóns de anos, cando o Sistema Solar era unha nebulosa solar, a gravedade fixo colapsar o material desta nebulosa formando o Sol no centro da nebulosa. O material restante do proceso de formación do Sol comezou a agruparse debido á forza de atracción entre as pequenas partículas, producindo así que estas formasen partículas máis grandes. O chamado “Vento Solar” retirou da zona os materiais máis lixeiros, a maioría deles gases, deixando soamente materiais rochosos moi pesados, que crearon os planetas máis pequenos. Porén, noutras zonas, o vento solar non retirou os gases, permitindo así a formación de grandes planetas gaseosos. Deste xeito explica a teoría de acreción do núcleo a creación de asteroides, cometas, planetas e lunas.
    O gran problema desta teoría é que na formación dos planetas gaseosos, estes deberían ter evolucionado moi rápido para poder reter a gran cantidade de gases que conteñen hoxe en día.
    A segunda posible resposta a esta pregunta baséase esta vez no Modelo de inestabilidade do disco, que trata de dar unha explicación á formación dos planetas xigantes gaseosos, xa que é pouco probable que se formasen segundo a teoría de acreción do núcleo.
    Esta teoría é relativamente nova, e sostén que os terróns de polvo e gas da nebulosa se uniron e, co paso do tempo, se compactaron paulatinamente nun planeta xigante. Estos planetas poderían formarse deste xeito máis rápidamente que pola teoría de acreción do núcleo, podendo reter unha gran cantidade de gas.

  10. fab-martarodriguez di:

    Hai moitas teorías a cerca da formación de planetas, algunhas delas dicen que había moitas colisións de astros, estrellas…millóns de obxetos acercábanse e uníanse ou chocaban con violencia e partíanse en anacos. Os encontros constructivos predominaron e en solo 100 millóns de anos adquiriron un aspecto semellante o actual. Dise que despois cada corpo continuou a súa evolución.

  11. fab-cporto di:

    É difícil precisar a orixe do Sistema Solar. Os científicos cren que pode situarse hai uns 4.650 millóns de anos. Segundo a teoría de Laplace, unha inmensa nube de gas e po contraeuse a causa da forza da gravidade e comezou a xirar a gran velocidade, probablemente, debido á explosión dunha supernova próxima.

    Orixe dos planetas:
    Millóns de obxectos achegábanse e uníanse ou chocaban con violencia e partíanse en anacos. Os encontros construtivos predominaron e, en só 100 millóns de anos, adquiriu un aspecto semellante ao actual. Despois cada corpo continuou a súa propia evolución.
    Calquera teoría que pretenda explicar a formación do Sistema Solar deberá ter en conta que o Sol xira lentamente (momento angular e a masa dos planetas e do sol).
    Hai cinco teorías consideradas razoables:
    – A teoría de Acreción asume que o Sol pasou a través dunha densa nube interestelar, e emerxeu rodeado dun envoltorio de po e gas.
    – A teoría dos Proto-planetas-planetas di que inicialmente houbo unha densa nube interestelar que formou un cúmulo. As estrelas resultantes, por ser grandes, tiñan baixas velocidades de rotación, en cambio os planetas, formados na mesma nube, tiñan velocidades maiores cando foron capturados polas estrelas, incluído o Sol.
    – A teoría de Captura explica que o Sol interactuar cunha proto-estrella-estrela próxima, sacando materia desta. A baixa velocidade de rotación do Sol, explícase como debida á súa formación anterior á dos planetas.
    – A teoría Laplaciana Moderna asume que a condensación do Sol contiña grans de po sólido que, a causa do rozamento no centro, frearon a rotación solar. Despois a temperatura do Sol aumentou e o po evaporouse.
    – A teoría da Nebulosa Moderna baséase na observación de estrelas novas, rodeadas de densos discos de po que se van freando. Ao concentrarse a maior parte da masa no centro, os anacos exteriores, xa separados, reciben máis enrxía e fréanse menos, co que aumenta a diferenza de velocidades.

  12. Victor di:

    E os planetas que non están asociados a unha estrela, considerades que poderían ser axeitados para albergar vida?

    • fab-manuelgonzalez di:

      Polos estudios e información que temos hoxe en día,grazas o traballos dos científicos,a principal fonte de vida sería a auga,xa que calquer planeta que albergue esta substancia sería un claro indicio de que existe vida alieníxena,sen importar que orbite arredor doutro astro,como o caso do sistema solar,que todos os seus planetas xiran en órbitas elípticas arredor do sol.

    • fab-jairotroncoso di:

      Non podrían albergar vida, porque para que haiga vida necesitase luz. Si non hai unha estrale que poida dar luz, e dar calor, non se pode orixinar vida en un planeta.

    • faa-manuelcacabelos di:

      Non, nos podrían albergar vida pois unha estrela é para un planeta unha fonte de luz e calor. Sen luz non habería vida pois sen ela as prantas non poderían facer a fotosíntese, e sen prantas a vida e inpensable pois, de que se alimentarian os animais herbivoros?
      A parte disto, sen unha fonte de calor o planeta sería frio polo que, seguramente, non alcanzaría a temperatura de fusión da auga, e sen auga en estado líquido non habería vida.

    • faa-santiagoescudeiro di:

      Non considero que un planeta sin unha órbita e polo tanto unha estrela ao redor da cal xirar, sexa axeitado para a vida humana. Os humanos necesitamos osíxeno para respirar e poder sobrevivir, as plantas suministrannos moito osíxeno, pero neste planeta sin estrela non habería luz e calor fixos para que as necesarias plantas realizasen a fotosíntese. Outro dos moitos motivos polos que non parecen ser habitables é a ausencia de calor, calor que na Terra por exemplo, nos suministra o Sol(unha estrela), este plaeta ao carecer desa estrela, non pode ser habitad: morreríamos conxelados.

    • fab-tcores di:

      Sí que se podería dar o caso de que existira algunha especie de vida, aínda que fose microscópica, xa que non necesitan verdaderamente a luz, xa que na terra hai casos de peixes que viven debaixo do mar, nos lugares que xa non chega a luz solar.

      • faa-larafernandez di:

        Estou de acordo, nese planeta poderia albergar vida no caso de que cumplira certos requisitos, como o de conter auga (en estado líquido). A luz, tamén importante, non sería de todo necesaria, xa que, por exemplo, existen casos de zoas sen luz nas que exite vida, como os peixes que se encontran a niveis por debaixo de 200 metros no mar. Tamén sería necesario unha certa temperatura nese planeta para que apareza a vida.

    • fab-saulmondragon di:

      Sen unha estrela que proporcione luz e calor adecuados para a vida, sen contar outros factores como unha atmosfera con determinados gases,seria moi difícil.Un planeta sen unha orbita é como un asteroide xigante por todo o universo con risco tamen de cambio de condicións atmosféricas.

  13. fab-ariadnacordal di:

    Esa clase de planetas, que ás veces foron expulsados dos seus sistemas solares, poden chegar a albergar vida debido á gran cantidade de gases que as súas atmosferas conteñen. Como consecuencia do efecto invernadoiro, eses planetas poderían alcanzar unha temperatura o suficientemente elevada como para permitir a vida, mais non creo que sexan axeitados de todo. Se non pertencen a un sistema solar, a temperatura apenas variaría (porque non están baixo a influencia dunha estrela), o cal podería significar dificultades para a existencia de vida.

  14. faa-saracastro di:

    Así é. Un planeta que non orbita ningunha estrela podría albergar vida igual, posto que se a auga líquida consegue sobrevivir nese planeta que foi expulsado do seu propio sistema solar, por moito que non teña ningunha estrela ó seu arredor que xere calor, el mesmo podría manter a calor que anteriormente lle proporcionaron e conservalo grazas á desintegración de elementos radioactivos no seu núcleo rochoso.

  15. fab-aidagonzalez di:

    O importante para que haxa vida nun planeta é a exsistencia de auga e que se establezan unhas condicións necesarias para que poida albergar vida, que esté asociado ou non a unha estrela non vai cambiar a posibilidade de que poida chegar a xurdir a vida.

  16. faa-veronicanoya di:

    Para que un planeta poida albergar vida debe ter auga en cantidades e condicións necesarias. Polo que sempre que ese planeta teña auga, en estado líquido, poderá albergar vida.

  17. fab-iriamartinez di:

    Si, podería existir a vida, xa que con auga nos poderíamos sobrevivir igualmente, aínda que non forme parte de ningún Sistema Solar para proporcionarlle calor, xa que o planeta só pode manter a súa calor.

  18. fab-yamilayelpez di:

    En teoría, para a existencia da vida o indispensable é a auga, pero hai certas teses (sen confirmar) que din que pode existir vida en calquer planeta. Esta vida non sería tal e como a conocemos, senón adaptada ás calidades do planeta habitado.

  19. fab-noerodriguez di:

    Claro que pode chegar a haber vida nestes planetas “independientes” se se reunen as condición saxeitadas. O feito de que non xire entorno a unha estrela non quere dicir que a vida sexa imposible, non como no caso da Terra, que a ausencia do sol dificultaría moito a vida. A pesar disto, a ausencia dun astro que lle proporcione calor e luz a este planeta dificulta a existencia de vida, pois a temperatura non sería moi alta e tampouco variaría.

  20. fab-gretageorgieva di:

    A vida nun planteta que nn está asociado a unha estrela,sí sería posible debido á que as suas aatmósferas conteñen grandes cantidades de gases. O feito de que non estea na orbita unha estrela non inpide que se establezca unha vida,o principal para que esto ocurra é unha temperatura adecuada e auga.

  21. faa-laurarey di:

    Segundo un recente estudo, realizado por Sean McMahon, revelouse que a vida nun planeta que se atope lonxe do sol é posible. Esta non se atoparía na superficie do mesmo, se non que, en lugares profundos, con maior probabilidade de que a temperatura aumente, e por conseguinte de que poida albergar auga, algo fundamental para a presenza de seres vivos.
    Para probar isto os científicos realizaron un modelo informático que era capaz de mostrar aproximadamente a temperatura baixo a superficie dos planetas, utilizando como datos, o tamaño deste e a distancia a estrela máis próxima.

  22. faa-ricardop di:

    Na miña opinión non, xa que sen estrelas (coma o noso Sol), non habería luz, polo que sería sempre de noite, perxudicando a vida, tanto vexetal coma animal.

    • fab-marcosdaporta di:

      Pero sí que poderían aparecer algunhas bacterias simples que se alimenten dos materias inorgánicos que saen das chemineas mariñas no fondo oceánico.
      Se pasa na Terra, por que non ha de pasar noutro planeta?

  23. faa-manuelmontes di:

    Si que podería albergar vida, pero sempre que tivera auga nas condicións e nas cantidades axeitadas, porque para que albergue vida é necesario que nese planeta haxa auga, e principalmente en estado líquido.

  24. faa-elenafontenla di:

    Un planeta sen órbita como o que amosa o artigo podería albergar vida perfectamente. Esta clase de planetas, que xeralmente foron expulsados do seu sistema solar, poseen unha composición gaseosa importante, o que favorecería a formación dunha atmosfera. Grazas a esta atmosfera, se no planeta ten lugar a formación de auga, aínda que non posea unha órbita e polo tanto sen estrela,esta auga preservaríase este auga e polo tanto tería lugar a fomración de vida.

  25. faa-aliciafeijoo di:

    Inda que sexa un planeta sin ter unha órbita arredor dunha estrela,como ben dí no artigo, si que podría ser apto para a vida. O planeta podría gardar o seu propio calor cunha capa de gases na súa atmosfera en lugar do que lle proporcionaría unha estrella coma o noso so unhas condición do clima axeitadas e o que si sería imprescindible sería a presenza de auga.

  26. faa-fatimalago di:

    O termo “planeta” refírese a un astro que non emite luz propia, como as estrelas, e que ten masa. Calcúlase que o Sistema Solar se formou fai uns 4,568 millóns de anos, debido a un colapso gravitacional dunha pequena parte dunha xigantesca nube molecular (unha rexión extensa no interior dunha galaxia, coas condicións necesarias para que exista hidróxeno molecular, H2). A maior parte de masa colapsante agrupouse no centro, formando unha estrela que denominamos Sol, mentras que o resto(planetas,lúas, asteroides e outros corpos menores do Sistema Solar) se distribuiron formando un disco protoplanetario (unha estructura material con forma de anel, ao rededor dunha estrela xoven).
    Baseándome en estudos que se fixeron, é certo que os planetas sen órbita, que maioritariamente foron expulsados do seu sistema solar, poderían albergar vida, xa que a existencia de diversos gases favorece a existencia dunha atmosfera, e se ese planeta posúe auga, sendo esta unha das principais cousas que favorecen a vida, claro que podería albergar vida. Agora ben, como di Ariadna, non sería axeitado de todo a existencia de vida neste tipo de planetas, xa que se non pertencen a un sistema solar a temperatura apenas variaría o que significaría ter dificultades para a existencia de vida.

  27. faa-cristinaguillan di:

    O esencial para que exista vida nun planeta é que teña auga en estado líquido, xa que no caso contrario, ainda que estea próximo a un astro, o calor deste non lle serviría de nada.
    Para un mellor desenvolvemento da vida neste planeta que non está asociado a unha estrela pero que si posue auga debería ter unha temperatura adecuada, que si posúe unha capa de gases densa que realice o efecto invernadoiro, puido ser obtida cando se atopaba preto dun astro do que logo se alonxou, ainda que esta temperatura non terá tan longa duración coma se se atopase premanentemente preto de un, a non ser que a conserve grazas á deintegración de isótopos radiativos do seu núcleo rochoso. Por outra banda, esta temperatura seria practicamente constante, o que non sería beneficioso para a vida nese planeta.

  28. fab-javiercarou di:

    A principal condición para que un planeta poida albergar vida é a existencia de auga nas cantidades e condicións axeitadas. A vida nun planeta sen luz é posible sempre que ese planeta conserve unha temperatura axeitada, polo que non é necesario que estea asociado a unha estrela.

  29. fab-anaoubina di:

    Claro que pode albergar vida aínda que o planeta non estea asociado a unha estrela. Para que nun planeta poida haber vida ten que ter unhas condicións climáticas e temperaturas semellantes as nosas e auga en forma líquida.

  30. fab-elisaperez di:

    Penso que un planeta, independentemente de se está asociado ou non a unha estrela, podería albergar vida sempre e cando ese planeta tivera auga e estivera en boas condicións.

  31. faa-noeliaparracho di:

    Na miña opinión cabe a posibilidade de que un planeta albergue vida aínda que non esté asociado a unha estrela.
    Cabería a posibilidade de que unha estrela cercana (Á que non estaría asociado) facilitara as condicións necesarias para que se dese vida nese planeta.
    Outra alternativa sería que os compoñentes que formasen o planeta emitiran a calor interna suficiente como para regular a temperatura, e que ademais o tamaño do planeta fora moi grande, o que permitiría que a calor interna se xerase durante períodos de tempo moi prolongados, xa que en caso contrario o planeta se arrefriaría en un período de tempo moi curto (A escala humana)
    Hai que comentar tamén, que aínda que o planeta non estivese preto dunha estrela que lle proporcionase luz e calor, podería existir vida igual, xa que hai organismos capaces de sobrevivir sen luz.

  32. Victor di:

    Cantos planetas libres, coma este, se coñecen? Como son detectados?

  33. fab-sofiacastineiras di:

    O principal autor do descubrimento afirma, “Nunca viramos antes un obxecto coma este flotando libremente no espazo e que ten todas as características dos planetas xovenes que se encontran en órbita arredor das súas estrelas” pero consta que hai uns cantos máis ademáis deste, aproximadamente 20.

  34. fab-ariadnacordal di:

    Algúns algúns astrónomosos afirman que se teñen atopado arredor de 18 planetas ‘vagabundos’ e que poden existir incluso máis ca estrelas, mais case todo son especulacións; non se sabe moito destes planetas con certeza.
    Para descubrilos empregan telescopios capaces de medir a calor que desprenden este tipo de astros.

  35. fab-noerodriguez di:

    Actualmente, soamente se detectaron uns 18 planetas libres, 10 deles do tamaño de Xúpiter. Aínda así, estímase que estes planetas poden ser máis numerosos que as estrelas, de feito, crese que estes mundos poderían ser tan comúns coma os planetas que orbitan coas estrelas. Aínda que, debido a non ter unha estrela que lles proporcione luz, estes corpos celestes son máis difíciles de atopar e visualizar, pois é necesario dun telescopio moi potente que ademais poida medir a calor.

  36. faa-ricardop di:

    Como moi ben di Sofía, estes planetas non poden ser tan ben detectados coma os outros, xa que os outros se detectar pola `baixa´ da intensidade luminosa dunha estrela (porque pasa por diante dela), mentres que estes planetas non, xa que nos están asociados a unha estrela como A Terra, ademáis de non describir unha órbita precisa.

  37. faa-larafernandez di:

    A deteccion de planetas lévase a cabo cun potente telescopio capaz de medir a calor e a luz que desprenden estes astros ou planetas extrasolares. Estos resultan moy dificiles de ver, xa que brillan menos que a su estrela (xa que son máis pequenos que esta e de que únicamente reflexan a luz que lles chega dela) no caso de que a tivese.

    Nestes planetas sen orbita algunha e estrela que o atraia, son detectados pola calor que desprenden

  38. faa-noeliaparracho di:

    Polo de agora téñense atopado 18 planetas libres, pero segundo se esecula debe de haber unha inmensidade de eles. A razón pola que coñecemos tan poucos é porque non están asociados a unha estrela, polo que o método normalmente utilizado para atopar planetas (Asociados a estrelas) non é valido, xa que se basea na observación da luz que emite a estrela. Cando a intensidade de luz diminúe ou a luz “parpadea” por un momento é debido a que un planeta asociado a dita estrela pasou por diante da misma. Así se atopan os planetas. Agora ben, este método non pode ser utilizado cos planetas libres xa que non están asociados a estrelas, é a única posibilidade de atopar un seguindo este método é que casualmente pase por diante dunha estrela que está sendo observada nese momento, ó que bastante pouco probable.
    Por todo o dito anteriormente, ó único modo de atopar planetas libres é detectalos pola calor que desprenden, o qué bastante complicado, polo que teremos que tratar de obter máis métodos para poder investigar máis sobre estes planetas.

  39. fab-gretageorgieva di:

    Nestes momentos os científicos e astrónomos afirman que poden existir ao rredor de 18 planetas libres aislados polo espacio. Estes non están asociados a ningunha estrela , son ç
    planetas novos e xigantescos e podrían implicacions na búsqueda de vida extraterreste. Estes 18 planetas forman parte do conxunto estelar Sigma Orionis.
    Os planetas son detectados grazas ao calor que desprenden, no caso dos planetas libres é algo difícil xa que son máis pequenos que una estrela polo que desprenden menos calor.

  40. fab-anaoubina di:

    Científicos alemáns, españois e estadounidenses detectaron18 planetas que vagan aislados polo espazo, que non grabitan arredor de ningún astro. Os planetas libres teñen entre 1 e 5 millóns de anos de idade, son moi xóvenes comparado cos do noso sistema solar. A súa orixe é difícil de explicar, os científicos din que probablemente naceran mediante un mecanismo similar ao que naceron as estrelas, a partir dun colapso dun enorme conxunto de corpos celestes. A partir de ahí desprendéronse os planetas que ahora vagan polo espazo.
    Estos corpos foron detectados ao recibir directamente a luz emitida nos telescópios de Canárias, Hawai e Escócia.

  41. faa-fatimaf di:

    Nun estudo entre Xapón e Nova Zelanda reveláronse probas duns 10 planetas, cunha masa moi semellante á de Xúpiter, que flotan libres,
    Neste estudo usouse un telescopio de 1,8 metros no Observatorio da universidade Mount John en Nova Zelanda para facer un varrido do dentro da nosa galaxia buscando algunha estrela ou planeta que pasara fronte a outra estrela máis afastada. A gravidade do corpo que pasa curva a luz da estrela do fondo, provocando que aumente o seu brillo.