DE MAZÁS E TOMATES

Un dos problemas de maior importancia para a humanidade é a pouca cantidade de auga potable que temos na Terra e o alto prezo que significa potabilizala, facendo que non estea ó alcance de comunidades economicamente débiles.

Estes problemas levaron a dous químicos da Universidade Nacional de Singapur a experimentar con diversas técnicas de purificación de auga, coa meta de utilizar menos productos químicos que nos tratamentos tradicionais, materiais baratos e fáciles de obter e pouca enerxía.

Nesta procura atoparon dúas novas formas de purificar a auga, utilizando peles de mazás e peles de tomates. Demostraron que as peles de tomate poden retirar da auga diversas substancias contaminantes como tintes, pesticidas e substancias químicas orgánicas e inorgánicas e que ó igual que a pel do tomate, a pel da mazá tamén pode eliminar varias substancias a través dun proceso de absorción. Ademáis, aplicando á pel da mazá óxidos de zirconio poden extraerse anións de fosfato, arseniato, arsenito e ións cromato da auga.

Purificación da auga

O mellor deste método de purificación da auga, ademáis de ser moi económico, é que poder ser usado a gran escala, axudando a reducir o impacto medioambiental negativo que produce a purificación de auga a nivel mundial.

Autor: Verónica Noya Padín

Esta entrada foi publicada en Contaminación, Recursos naturais, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

43 Responses to DE MAZÁS E TOMATES

  1. Victor di:

    Imaxinade que padecemos unha gran catástrofe natural e os supervivintes necesitamos purificar a auga que dispoñemos; coñecedes algún xeito sinxelo de facelo?

    • faa-sergioserantes di:

      Sería tan fácil como encher botellas de plástico transparente c on auga e deixalas ao Sol durante un tempo, de aproximadamente seis horas, no que se eliminarían as bacterias e os virus que puidese conter a auga.

    • faa-diegocores di:

      Hai barios métodos, entre eles están: espñer a auga que desexamos purificar á radiación solar, ferver a auga, ainda que non se eliminan tantos tipos de toxinas, utilizar as peles da mazá e dos tomates como di o artigo, utilizar terra a modo de coador…
      Tamen vin nun programa da televisión que as augas que hai polo monte, as que van esvarando por paredes rocosas que teñen vexetación como musgo, estan en certo modo purificadas, pero non estou seguro.

  2. fab-robertopineiro di:

    Eu coñezo un xeito de facer que a auga sexa potable a cal descubrin nun programa da televisión e consiste en encher unhe botella de plástico chea da auga a cal queremos potabilizar e metela dentro dunha fogueira durante un tempo. Esa auga xa se poderá consumir.

    • faa-veronicanoya di:

      Se metes unha botella de plástico nunha fogueira desfaise, contaminando máis a auga e quedando sen ela, xa que ó desfacerse o recipiente non hay nada que a conteña. Penso que sería máis eficaz utilizar un recipiente de cerámica ou metal.

      • fab-marcosdaporta di:

        Pero iso só funciona para matar os xérmenes e evaporar algúns compostos diluídos na auga, non todos. Suponse que esa auga a quitaches dun lago/pantano/manantial. Se estivese contaminada con residuos tóxicos esta técnica non funcionaría a largo plazo.

  3. faa-marcromero di:

    Quentar auga ata unha temperatura na que a vida sexa imposible é un bo método para esterilizala de bacterias e protozoos patóxenos que poidan supoñer un dano para o noso organismo. Este proceso tamén pode eliminar determinados tipos de toxinas termo-volátiles como as presentes nalgúns tipos de fungos como a Amanita rubescens. Pero ferver a auga non nos salvaría en ningún caso de compoñentes inorgánicos tales como metais pesados, arsénico ou amoníaco presentes na natureza. Así que en conclusión, se estivésemos en situación de supervivencia o mellor sería vivir canto máis lonxe da desembocadura mellor e en caso de dúbidas ferver a auga que foramos a beber antes de usala.

  4. fab-mmendoza di:

    O método máis antigo e seguro de potabilizar auga é hervila durante 10 minutos, entendedo que esta sexa auga dulce.

    Outros métodos poden ser: Construindo un colador nun cilindro valeiro polos dous extremos, prensando nun extremo algodón, agrandando por riba uns catro ou cinco centímetros de pó de carbón de leña e por riba catro ou cinco centímetros de area, ó pesar auga procedente do río o laguna esta potabilizase.

  5. fab-manuelgonzalez di:

    Nun recipiente de metal, limpio, sellado (como unha olla a presión) e Cunha ranura de ventilación, calentase auga de mar ata o punto de ebullición. Deixa que os primeros minutos de hervor se ventilen o aire pois esto elimina cualquera impureza que teña.

  6. faa-veronicanoya di:

    Como di Roberto, un método bastante sinxelo é hervir ese auga, xa que as bacterias morren ou se desactivan cando a auga chega ós 100ºC. Outra forma podería ser gardar a auga nun recipiente transparente, usando os raios ultravioletas, que poden matar diversos microorganismos, pero necesitaríamos que auga estivese clara, xa que se houbese partículas en suspensión poderían protexer ós microorganismos dos raios. Para considerarse efectivo a auga debería permanecer un mínimo de 4 horas exposta.

  7. fab-yamilayelpez di:

    Sen dúbida eu herviría a auga, pois paréceme o método máis fiable. Pero tamén pódese facer todo o contrario, ou sexa, conxeala. A pega de esta práctica é que fai falta unha temperatura tremendamente baixa. Outro método que teño escoitado é pasala auga por terra diversas veces (ademáis de por un filtro, para non consumir auga embarrada).

  8. fab-sporto di:

    A auga pódese purificar de xeitos caseiros estas tres formas:
    . Con calor: Para obter auga pura só necesítase fervela durante cinco minutos, para eliminar todos os organismos que causan enfermidades. Antes de beber, debe estar fría para evitar queimaduras.
    . Desinfección solar (método SODIS): A radiación ultravioleta axuda a desinfectar a auga. Esta técnica é moi barata, simple e require pouco traballo. Para logralo necesítase colocar o líquido en botellas limpas de plástico transparente, tapalas e axitalas vigorosamente durante 20 segundos, para que exista suficiente aire na auga, o cal reacciona coa luz do sol no proceso de purificación. Débense deitar os cilindros nun lugar onde reciban luz solar directa durante varias horas. Este proceso pode utilizarse cando non se ten acceso a auga potable.
    . Filtración lenta: Este método utilízase para eliminar os sólidos suspendidos na auga. Componse dunha serie de estratos de area cunha variedade de tamaños de gran e de gravidade. Os filtros deste material divídense en diferentes tamaños, así como manuais e automáticos.

  9. faa-laurapaz di:

    O método máis sinxelo, e sobretodo máis coñecido, para purificar a auga é, como din tamén os meus compañeiros, fervéndoa a temperaturas bastante altas durante 15 minutos.
    Tamén hai outros métodos, pero son menos coñecidos e non tan sinxelos: desinfección con cloro, con prata iónica, con filtros de cerámica, con filtros de carbón activado, purificación por ozono, por raios ultravioleta ou por ósmosis inversa.

  10. fab-aidagonzalez di:

    Un dos xeitos máis sencillos para purificar a auga é quentala ata que herva durante uns 15 ou 30 minutos, deste xeito elimínanse as bacterias que conteña auga e poderase utilizar para beber ou para calquera outro propósito. Este método é importante e moi empregado xa que é unha forma de poder sobrevivir en lugares extremos e para realizalo non é necesario ningún material que non se poda atopar na natureza.

  11. Victor di:

    E con filtros de carbón vexetal; é posible?
    E outra cousa; Verónica escribe nun dos parágrafos: …proceso de absorción … pero eu creo que debería dicir …proceso de adsorición… (con d en lugar de b). Vos que pensades?

    • faa-diegocores di:

      Con filtros de carbón vexetal é posible porque neste proceso ocorre o mesmo que co exemplo que a miña compañeira Verónica pon no artigo.
      Opino tamén que ten que ser adsorción, porque as peles destes alimentos non “tragan” os residuos, senon que quedan pegados na pel, por iso o termo de absorción me parece erróneo e opino que lle queda mellor o termo de adsorción.

  12. fab-gretageorgieva di:

    O método mais común para purificar a auga é quentala ata unha temperatura moi elevada ,é dicir ata chegar a un punto de ebullición (100 graos centígrados) isto son entre 15-30 minutos. Tamén Se pode falar de outros métodos de purificación da auga perobmenos coñecidas como conxelar a auga e logo desconxelar para o seu uso ou tamén por filtracion coa axuda de filtros de carbón ou cerámica.

  13. fab-elisaperez di:

    Eu penso que debería dicir proceso de adsorción, xa que é un proceso no cal un contaminante soluble (adsorbato)é eliminado da auga por contacto cunha superficie sólida (adsorbente). A adsorción dunha sustancia é a súa acumulación nunha superficie interfacial entre dúas fases. O resultado é a formación dunha película líquida ou gaseosa na superficie dun corpo sólido ou líquido.

  14. fab-ariadnacordal di:

    A purificación de auga mediante filtros de carbón vexetal é un método común para moitas culturas. Estes filtros permiten eliminar residuos orgánicos, clorina e bacterias resistentes a esta, como o cryptosporidium, responsable de enfermidades diarreicas.
    A diferenza da absorción, a adsorción é un proceso meramente superficial; e efectivamente, Verónica refírese ña absorción cando explica que as substancias que se desexan eliminar da auga quedan recollidas na superficie da pel da mazá ou do tomate e non son absorbidas polas peles en si (feito que si podería considerarse absorción).

  15. fab-ariadnacordal di:

    Cometín un erro, no meu anterior comentario quería escribir:
    “[…] Verónica refírese á adsorción cando explica que as substancias que se desexan eliminar da auga quedan recollidas na superficie da pel […]”

  16. fab-mmendoza di:

    Con filtros de carbón vexetal tamén se pode, existe un sistema casero no que o temos que usar, necesitariamos un pano de tea, un bote cun buraco, area e carbón vexetal. Consiste en facer pasar a auga primeiro polo pano e despois polo bote de carbono vexetal.

  17. fab-jairotroncoso di:

    E coñezco un modo, que alguien nombrou por ahi arriba, e é que si recolles auga nun reipiente metálico e a ferbes, ao ferber a auga, as bacterias ou todo tipo de microrganismos morren.
    Creo que cun filtro de carbón vexetal, non habería ningun problema.

  18. Victor di:

    E agora a opinar: seméllavos factible a forma de depurar a auga que describe este artigo, para facelo a gran escala?

  19. faa-ricardop di:

    Eu penso que sí, xa que as tonas de tomates e mazás son degradables, aunque cando chega o tempo en que non se dan estes froitos, teríamos menos cantidade de auga purificada e nos tempos de maior produción daríase máis cantidade de auga.

    Tamén opino que se fixeramos éste proceso esgotaríamos toda a froita desta clase se quixeramos purificar milleiros de litros de auga.

  20. fab-aidagonzalez di:

    Eu creo que este método de purificación da auga pódese realizar a gran escala xa que os materiais naturais que utilizan (peles) non escasean e ademais este método axuda ao medioambiente. Ademais , como di no artigo, este xeito é moito máis económco o que fomentará a súa utilicación así que, na miña opinión creo que se podería levar á gran escala.

  21. fab-martapalacios di:

    En certo modo ten razón no que di Ricardo, pero a min paréceme que tendo as depuradoras non é necesario utilizar este método nas grandes cantidades. Isto está ben en casos menores nos que unha persoa quere aforrar á hora de conseguir auga e en lugar de mercar filtros utiliza este método. Pero a gran escala paréceme un estrago tendo xa os medios necesarios.

  22. faa-noeliaparracho di:

    Na miña opinión este método de purificación da auga podería chegar a ser factible a gran escala cunha certa organización. Unha idea factible sería a recollida de peles de mazás e tomate, aínda que esta idea ten un gran desvantaxe, xa que as peles da froita apodrecen en un tempo moi limitado, polo que habería que facer unha recollida diaria e o transporte suporía máis gastos, polo quizáis esta idea non sexa de todo viable.
    No caso de que se venderan tomates ou mazás sen pel, as empresas que proporcionan este produto podería donar ou, máis probable, vender as peles.
    Restaurantes ou bares poderían facer o mesmo que as empresas.
    O caso é que a pesares de que costaría moito traballo e implicaría a colaboración de todos, cousa que moitos non están dispostos a facer, a idea podería chegar a ser factible a gran escala, e sinceiramente paréceme unha gran idea xa que solucionamos dous problemas á vez: A pouca cantidade de auga potable e o problema de contaminación que causamos ó purificala.

  23. Victor di:

    E como se purifica a auga da traída abastece as nosas vivendas?. De onde procede?

  24. fab-gretageorgieva di:

    A purificación da auga empeza pola decantación desta, que é necesaria, en caso de arrastres de barro ou lixos.O ablandamento,este proceso evita a presenza de sales,calcio e magnesio.A desmineralización,evita o elevado contido en sales disoltas.E por último a desgasificación,elimina os gases disoltos.
    O auga pode chegar ás nosas vivendas dende montañas,ríos…pero sempre dende un depósito de auga e mediante Un sistema de bombeo e unha serie dw tuberías mediante as cales nos chega o auga nas casas.

  25. fab-ariadnacordal di:

    A auga que consumimos nas nosas vivendas pode proceder basicamente de presas de auga (se a vivenda emprega o sistema de traída municipal de auga) ou de manantiais subterráneos(se a vivenda posúe un pozo privado).
    Para o suministro público, mediante traídas de auga, existe un encoro que abastece aos arredores; no caso de Cambados é a presa do río Umia (a Baxe), situada en Caldas de Reis. Coa fin de que a auga que se suministra sexa potable, fíltrase para eliminar certas partículas da auga e se lle agrega cloro (entre outros produtos químicos) para limpala de microorganismos e bacteria daniña. Tamén poden empregarse outros métodos para purificala, como a decantación, que pode ser cha e lisa ou por precipitación. Para isto, a auga déixase repousar para que certas substancias vaian cara o fondo. Se o método é por precipitación, mediante produtos químicos conséguese que esas substancias teñan maior peso específico que a auga e vaian cara o fondo tamén.

  26. fab-yamilayelpez di:

    A auga que abastece os nosos hogares pode vir de ríos, quebradas, lagos, pozos ou manantiales (estos dous últimos son fontes subterráneas). As empresas hidrolóxicas a envían ás plantas depuradoras, onde é sometida a distintos controles e tratamientos. Finalmente, distribúese a pobos e cidades, e despois de ser empregada domésticamente é vertida a unha rede de cloacas para perdurar o seu uso.

  27. faa-fatimalago di:

    Existen diferentes métodos para purificar a auga, pero un dos máis sinxelos é fervela. Ferver a auga durante ao menos uns 5 minutos basta para acabar con todos os organismos que a contaminan e poden chegar a causar graves enfermidades. Aínda que, este método ten algúns inconvenientes, como que para ferverla fai falla un combustible, e non sempre é barato, e ademáis precisase de moito tempo en espera para poder bebela, xa que tarda tempo en enfriar. Outros métodos moi coñecidos son: A desinfección solar (método SODIS), que consiste en desinfectar a auga a través dos raios solares. Collemos unha botella de plástico e enchémola de auga, axitamos a botella durante uns 20 segundos e deixamos que a auga quede en calma, cando esto ocorra, pousamos as botellas enriba dun sitio accesible e sen sombra, como pode ser un tellado baixo dunha casa, e ao final do día recollemos a botella, e se o día estivo soleado, a auga xa está purificada.
    A auga da traída soe proceder de ríos e de embalses,e de ahí vai directa a unhas depuradoras onde as tratan e purifican. Unha das depuradoras máis cercanas é a de Cambados, en Corbillón, que recolle a auga do río Umia.

  28. faa-ricardop di:

    A purificación da auga empeza pola súa decantación, qsendo precisa en moitos casos, en caso de arrastrar barro ou lixo. Logo o ablandamento,este proceso evita a presencia de sales,calcio e magnesio. Posteriormente a desmineralización, para evita o elevado contido en sales disoltas.E por último a desgasificación, para elimina os gases disoltos.
    A auga pode chegar a nós dende montañas, ríos… pero sempre dende un depósito de auga, mediante un sistema de bombeo e unha serie de tuberías mediante as que nos chega a auga ás nosas casas.

  29. faa-manuelmontes di:

    Normalmente a auga que é traída pasa por un encoro que se sitúa cerca da cidade e así facer que a auga sexa potable e sirva para o consumo dos seres vivos. Esta fíltrase e bótaselle algúns productos químicos (non perxudiciais) para purificala. A auga que recibimos nos nosos fogares poden proceder de manantiais subterráneos (pozos) ou por un encoro de auga, pero esto dase se a casa ten un sistema de traída do municipio. Outros procesos son o de precipitación e o de decantación.

  30. faa-cristinaguillan di:

    A auga que abastece os fogares que utilizan o sistema de augas da traída municipal provén do encoro que máis preto se atope de dito municipio.
    Para que a auga sexa potable, é dicir, para purificala o que fan é pasala por depuradoras onde se filtra para evitar que conteña lixos e outras partículas e despois aplicaselle o cloro (e outros produtos químicos non perxudiciais) para eliminar bacterias, ainda que tamén se poden empregar outros procesos como a decantación, que consiste en que ao deixar a auga repousar, certas partículas se afundan por ser máis densas que a auga.
    No caso do noso municipio, Cambados, o encoro máis cercano a nós é o do rio Umia en Caldas de Reis, e a depuradora que convirte a auga en potable é a de Tragove, en Corbillón, Cambados.

  31. faa-noeliaparracho di:

    A auga das vivendas pode proceder de dous lugares:
    Manantial subterráneo, se a vivenda posúe pozo privado ou compartido con outra vivenda.
    Tamén cabe a posibilidade, que é a máis frecuente, de que a auga que se consome nunha vivenda sexa auga da traída.
    A auga da traída abastece o suministro público, e recóllese dun encoro e purifícase para que sexa apta para o consumo. Cada encoro abastece ós lugares máis próximos a el.
    Hay diversos métodos de purificación da auga, pero o máis común na auga da traída é engadir productos químicos. Neste proceso de purificación da auga o primeiro paso é filtrala para extraer as substancias máis “grandes”. Tra-la filtración engádenselle os produtos químicos (o máis coñecido o cloro) co fin de librala de bacterias e microorganismos que poidan afectar á saúde humana. Despois de esto almacénase e lévase ás vivendas, xa que xa é apta para o consumo humano.
    Outro método de purificación da auga é a decantación ou precipitación, que consiste en deixar repousar a auga para que as substancias que contén (que son máis densas que esta) vaian cara o fondo, e así poder separar o precipitado da auga.
    O encoro que abastece de auga Cambados é o que recolle auga do Umia, que está en Caldas de Reis.

  32. fab-sofiacastineiras di:

    A auga da traída provén dos encoros máis próximos. Existen distintos métodos para a purificación da auga, a súa efectividade depende do tipo de contamintante tratado e do tipo de uso que vai ter esa auga:
    -Filtrado
    -Destilación: neste proceso a auga debe destilarse e logo almacenarse para ser utilizada despois, o que pode levar a unha nova contaminación se non se almacena ben
    -Adsorción de carbono activado: funciona coma un imán para o cloro e os compostos orgánicos
    -Radiación ultravioleta: esterilízanse as bacterias e descompóñense outros microorganismos
    -Desionización: utilizase para producir auga purificada facendoa pasar a través de capas de resina

  33. fab-lorenasoto di:

    A auga que abastece os nosos fogares procede de encoros que están preto da localidade, pero tamén procede de manantiais subterráneos se a vivenda conta cun pozo privado.
    Para purificar a auga o que se suele facer é filtrala para eliminar todo tipo de lixos e outras subtancias. Despois engádenselle productos químicos non perxudiciais como, por exemplo, o cloro. Outro proceso frecuente é a decantación.

  34. fab-alejandrocosta di:

    Eu creo que o método ese e moi eficaz pero non serviria para grandes cantidades, hai maquinas electrónicas que fan eses procesos máis efectivos e mais rápidos.

  35. faa-fatimaf di:

    A auga que nos abastece pode proceder de presas de auga, ríos, lagos, pozos ou mananciais. No caso de Cambados, a auga procede da presa do río Umia, situada en Caldas de Reis.
    Existe varios métodos para purificala auga, dende o máis sinxelo, que consiste en fervela, como o de filtrar as partículas, a destilación, a absorción do carbono, a radiación ultravioleta que, cunha lonxitude de onda determinada, permite eliminar bacterias e outros microorganismos, ou o intercambio de ións, no que se fai pasar a auga a través dunhas capas de resina negativa, que eliminan os ións positivos e outras de resina positiva, que eliminan os negativos.