DINOSAUROS CONVERTIDOS EN ACTORES

Moitas das características que se lle atribúen ós dinosauros nas películas non se corresponden en absoluto coa descrición científica destes grandes réptiles. Algunhas, como o feito de que falen son bastante pouco cribles, pero hai moitas outras que nos creríamos con total seguridade. Un claro exemplo son os Pachyrhinosaurus, nos cales destaca a ausencia dos típicos cornos occipitais e nasais, substituídos por uns osos sobresaíntes, especialmente desenvoltos na zona nasal, dándolle ó cranio un aspecto robusto.


Os fallos que máis se soen repetir neste tipo de películas son, entre outros, que mostran ós dinosauros correndo demasiado rápido, cando os máis grandes eran relativamente lentos, e en moitas ocasións atribúenselles emocións e reaccións humanas, como son os ciumes.

As expresións faciais son outro dos fallos que se cometen ó representalos, xa que os dinosauros non tiñan músculos no seu rostro e, polo tanto, eran incapaces de recrear xestos como os dos humanos, polo que, para reflectilos nas películas, procurando ser o máis fideis posibles á realidade, inténtase que manifesten as emocións sen utilizar as expresións faciais, é dicir, a través dos movementos dos ollos, a cabeza, o corpo ou a cola, e tamén facendo que interactúen entre si.

Pero non é doado recrear como eran algúns destes seres, xa que de moitas especies recuperáronse moi poucos restos fósiles. Do Argentinosaurus, por exemplo, só se coñecen once osos.

Unha das fontes de información das que dispoñen os paleontólogos para reconstruír a locomoción dos dinosauros son os restos e as pegadas destes animais, xa que a partir deles pódese determinar a velocidade de desprazamento.

Outro dos moitos fallos clásicos é identificar como dinosauro a case calquera réptil extinguido.

En moitas películas vimos e escoitamos falar de “dinosauros voadores” ou “dinosauros mariños”, o cal é completamente falso xa que os dinosauros eran réptiles exclusivamente terrestres que se caracterizaban por ter as patas situadas debaixo do corpo, ó igual cos mamíferos actuais, entre moitas outras características. Calquer outro animal terrestre que non cumpra con estes requisitos non pode considerarse un dinosauro.

Autora: Fátima Fernández

Esta entrada foi publicada en cine e etiquetada . Garda o enlace permanente.

39 Responses to DINOSAUROS CONVERTIDOS EN ACTORES

  1. Victor di:

    Entón, os dinosaurios non voaban nin nadaban?

    • faa-begonasuarez di:

      O artigo dinos que os dinosaurios eran exclusivamente terrestres, o que é certo xa que se caracterizaban por ter as patas en posición vertical debaixo do corpo, e non nos costados coma a maior parte dos réptiles. Eran bípedos aínda que surxiron varias especies cuadrúpedas.
      Estaban feitos para camiñar e non voaban nin nadaban, pero tiñan parentes que sí o facían.

    • fab-manuelgonzalez di:

      Este artigo fala dos fallos que teñen os dinosaurios que nos imaxinamos con respecto da pasada realidade,e concretamente describe os terrestres,pero si que existían dinosaurios que voaban,como o Pterosauria,e tamén que nadaban e vivían baixo a auga,como todos os peixes e medusas que habitaban daquela na Terra.

    • faa-adrianmartinez di:

      O que está considerado como “dinosauro” efectivamente nin voaba nin nadaba, eran animais terrestres cunha disposición dos ósos feita para camiñar. O que sí é certo é que tiñan parentes que sí voaban e nadaban, pero non estamos a falar de dinosauros ao referirnos a eles.

    • fab-iriamartinez di:

      O artigo dinos que os dinosaurios son animáis terrestres polo tanto nin voan nin nadan, pero teñen parentes acuáticos ou voadores que adoitan confundir con eles

    • faa-diegocores di:

      Denomínase dinosauros so aos réptiles terrestres. Os seus parentes acuáticos ou voadores teñen outro nome: os peterosauros eran os voadores e os plegosauros ou ictiosauros eran os acuáticos.

  2. fab-noerodriguez di:

    Os dinosaurios non voaban nin nadaban, pois só son considerados “verdadeiros dinosaurios” aqueles que se desprazaban camiñando, é dicir, os que eran terrestres (por exemplo, o Velociraptor). Os que se desplazaban de outro xeito (voando ou nadando) non son considerados dinosaurios, se non simplemente réptiles acuáticos (como o Plesiosaurus e o Meyerasaurus) ou voadores (caso do Dimorphodon ou o Quetzalcoatlus).

  3. fab-ariadnacordal di:

    Como di o artigo, os dinosaurios foron reptís terrestres, polo que, efectivamente, non voaban nin nadaban. Non obstante, adoitan confundirse con outras especies de reptís antigos que si o facían, aos que se lles denomina, erroneamente, ‘dinosaurios’. Isto débese á influencia das adaptacións cinematográficas que conteñen dinosaurios.

  4. fab-sporto di:

    Como ben dixeron os meus compañeiros os dinosaurios non poden voar nin nadar. Só se denominan dinosaurios a aqueles reptiles terrestres. Teñen parentes acuáticos ou voadores, os acuáticos por exemplo os Ictiosaurios ou Plegosaurios, e os voadores por exemplo o Pterosaurios.

  5. Victor di:

    Que “parientes” actuais teñen os dinosaurios?

    • fab-iriamartinez di:

      Sempre se considerou os que os parentes máis próximos eran os cocodrilos, polas súas escamas, os seus enormes dentes e mandíbula, pero considérase que os parentes máis próximos son as aves xa que dos esqueletos algúns dinosaurios son típicos das aves actuais.

    • faa-diegocores di:

      Os parentes mais próximos dos dinosauros son as aves. Isto para min resúltame algo difícil de asimilar, porque tendo en conta o que dixen na anterior pregunta: “Denomínase dinosauros so aos réptiles terrestres, pterosauros aos voadores e plegosauros ou ictiosauros aos acuáticos”, o máis normal, para min, seria que os plegosauros evolucionasen nos animais acuáticos que agora coñecemos, os pterosauros nos voadores actuais e os dinosauros nos terrestres. Pero a evolución é un proceso difícil de comprender na miña opinión, aínda que tamén interesante.
      As características que conectan aves con dinosauros son as seguintes: plumas, esqueleto, Corazón e postura ao durmir, pulmóns, bioloxía reprodutiva, Incubación e coidado de crías, etc.

  6. fab-aidagonzalez di:

    Os verdadeiros dinosaurios non voaban nin nadaban xa que, como señala o artigo, só os réptiles exclusivamente terrestres se poden considerar dinosaurios. O erro que se soe cometer ao confundir un dinosaurio cun animal terrestre ou voador pode ser producido porque ao pertencer á mesma época se designa a todos como dinosaurios. Tamén inflúe en nós as series e películas nas que non se teñen en conta a diferencia entre eles.

  7. fab-cporto di:

    Sempre se considerou os dinosauros como réptiles, e supoñíase que os seus parentes máis próximos eran os cocodrílidos. Dise que os parentes máis próximos dos dinosauros son as aves. Tal afirmación estivo implícita durante moitos anos pero non se expresou con claridade ata hai moi pouco. Os argumentos de Ostrom foron recollidos por varios analistas que os consideraron irrefutables. As aves encaixan á perfección ao final dunha secuencia de terópodos cada vez máis similares a elas (que comeza con Coelophysis) e vai avanzando a través dos tiranosauros, os ornitomímidos, os celúridos e outros, ata chegar aos dromeosáuridos, os troodóntidos e, por último, as aves. Varias características típicas das aves xa estaban presentes en distintos terópodos. Algúns paleontólogos mesmo afirman que as plumas estaban presentes en todos ou polo menos nalgúns dos dinosauros terópodos. Polo momento, non existen probas directas.

  8. faa-veronicanoya di:

    Aínda que habitualmente se cree que son os réptiles, os parientes vivos máis próximos ós dinosaurios son as aves, xa que rasgos dos esqueletos dalgúns dinosaurios son típicos das aves actuais, e non dos réptiles.
    O primeiro fósil de ave que se coñece é o Archaeopteryx, un animal de pequeno tamaño que posuía características anatómicas dos dinosaurios, como os dentes, a cola longa e extremidades posteriores ben desenvoltas, e das aves, como as plumas, que eran a evolución das escamas. É moi probable que este animal puidese voar.

  9. faa-laurapaz di:

    Os dinosaurios sempre se consideraron como réptiles, e supoñíase que os parentes máis próximos eran os cocodrilos, pero non o son. Os seus parentes actuais máis próximos son as aves, por que teñen máis similitudes xenéticas en común que cos réptiles.
    Para demostrar esto, compararon o calóxeno (proteína que forma fibras) dunha pata de Tiranosaurio Rex con 21 vertebrados actuais.

  10. fab-gretageorgieva di:

    Os verdadeiramente considerados dinosaurios son aqueles que se desprazaban grazasvas suas extremidades, é dicir os reptis terrestres. É común que se lles atatribuían características como sabee nada ou voar a causa dos erros cinematográficos qur influen en nos. Por outra parte este erro tamén se debe a que ao pertencer á mesma época que outros que si o facian se lles atribuía a todos.

  11. fab-jairotroncoso di:

    Case todo o mundo cre, que os parientes dos dinosaurios son os reptis…pois nonn, os seus parientes son as aves, xa que nos manteñen alguns rasgos na estructura osea coas aves.

  12. Victor di:

    E os mamíferos como nos; podemos considerarnos descendentes de dinosaurios?

    • fab-iriamartinez di:

      Non creo que os mamíferos descendan dos dinosaurios xa que seméllase moito mais ao grupo dos réptiles.

  13. fab-gretageorgieva di:

    É habitual que os cocodrilos ou os réptis sexan considerados os descendentes máis próximos aos antigos dinosaurios pero é un erró, os parientes actuais destes son as aves, xa que según un estudio o Arehaeopteryx non é máis que un dinosaurio con plumas e tamén é certo que os esqueletos das aves son similares ao esqueleto dos terópodos.

  14. fab-elisaperez di:

    Dado que os dinosaurios semellan pertencer máis ao grupo dos reptís que ao dos mamíferos, resulta cando menos insólito que descendamos deles. Outra cousa é saber se a partir das liñas evolutivas que xurdiron despois da era dos dinosaurios hai algunha conexión que permita enlazar a aqueles cos primates dos que descendemos.

  15. fab-ariadnacordal di:

    Os mamíferos descenden dunha clase de réptiles, a sipnásida, mais non dos dinosaurios, xa que, pola contra, os dinosaurios pertencían á clase saurópsida. Ambas clases están incluídas nos amniotas (e estes dentro dos tetrápodos), pero posúen diferencias entre si.

  16. fab-jairotroncoso di:

    Non creo que os mamíferos descendan dos dinosaurios para nada. Como dice ariadna, podran descender dunha clase de réptiles, pero non teñen que ver cos mamiferos, e con nós mesmos aínda menos.

  17. fab-martapalacios di:

    Unha das principais características dos dinosaurios é a propiedade de ter as patas situadas en posición vertical por debaixo do corpo, como os mamíferos, e non hacia os costados, como a maior parte dos réptiles. Os dinosaurios eran réptiles orixinariamente bípedos, aínda que o cuadrupedismo resurxiu en varios grupos distintos. Durante os últimos anos acumuláronse probas científicas moi contundentes de que pequenos dinosaurios carnívoros deron orixe ás aves durante o periodo Jurásico. De ahí que, actualmente, as aves estén clasificadas dentro do taxón Dinosauria. Confúndese frecuentemente aos dinosaurios con outros tipos de réptiles antiguos, como os alados pterosaurios, os terápsidos pelicosaurios e os acuáticos ictiosaurios, plesiosaurios e mosasaurios, ainda que ningún destes era realmente un dinosaurio.

  18. Victor di:

    Aves e mamíferos somos animais de “sangue quente” (endotermos); e os dinosaurios eran de sangue quente ou frío?

    • fab-iriamartinez di:

      Houbo un gran debate sobre si los dinosaurios eran ou non de sangue quente. Pero nos últimos años, o análisis de unhas extructuras dos hosos parecidas ós anéis do crecemiento dos árboles en dinosaurios fixo que durante teempo predominase la hipótesis de que son de sangue fría, es decir, que necesitan energía del exterior para realizar sus funciones vitales, ahora investigadores demostraron que os maiores dinosaurios no conseguirían tener esos hosos sin un metabolismo de sangue quente.

  19. faa-ricardop di:

    Os dinosaurios son de sangue quente, sobre todo os aéreos, xa que esto lles axuda a manter o vó.

  20. faa-fatimalago di:

    Os dinosaurios son unha superorde de vertebrados que habitaron no Mesozoico durante uns 160 millóns de anos, alcanzando unha grande diversidade e tamaños moi variados, alguns dinosaurios chegaron a ser xigantescos. Os dinosaurios caracterízanse pola propiedade de ter as patas situadas en posición vertical por debaixo do corpo, como os mamíferos, e isto é unha das probas, como ven se di no artigo, de que os porpiamente “dinosaurios” nin voaban nin nadaban.
    Os parentes máis cercanos aos dinosaurios son as aves, xa que comparten con eles máis similitudes xenéticas que os actuais reptís, como é no caso dunha galiña común ou una avestruz, que comparten máis secuencias xenéticas co Tiranosaurio Rex que un réptil.
    Actualmente segue habendo un debate sobre se os dinosaurios eran de sangue fría ou de sangue quente. Ao principio críase que eran de sangue fría, xa que os relacionaban cos reptís, pero comezou a aumentar o número de xente que cree que son de sangue quente, aínda que faltaban algúns argumentos para verificar isto.

  21. fab-elisaperez di:

    Ata fai pouco pensábase que os dinosaurios foron animais de sangue frío (a súa temperatura corporal depende dunha fonte de calor exterior). Ao contrario, os mamíferos somos animais de sangue quente. Pero un estudo recente indica que os dinosaurios foron animais de sangue quente.

  22. fab-anaoubina di:

    Durante catro décadas houbo un gran debate sobre si os dinosaurios eran ou non de sangue quente. Durante moito tempo predominaba a hipótese de que estos animais eran de sangue fría (ectodermos), é decir, que necesitan enerxía do exterior para realizar as suas funcións vitais da mesma forma que os lagartos ou serpes actuais que necesitan a calor do sol para vivir.
    Sem embargo algúns investigadores tiñan os seus argumentos para seguir pensando que os dinosaurios eran animais de sangue quente (endotermos). Pero faltáballes un argumento sólido para derribar a hipótese dominante de que tiñan a sangue fría.

  23. faa-fatimaf di:

    Hoxe en día predomina a afirmación de que os dinosauros eran animais endotérmicos, é dicir, de sangue quente, baseándose en que as extremidades baixo o seu corpo suxiren un estilo de vida activo, as crías dos dinosauros podían crecer rapidamente, como as dos mamíferos e aves, houbo dinosauros que habitaron en rexións semipolares, onde ningún animal de sangue fría podería haber existido, etc.

  24. fab-martapalacios di:

    Durante máis de 40 anos, a temperatura do corpo dos dinosauros foi un tema de intenso debate entre paleontólogos. O feito de que estes animais conseguesen alcanzar en pouco tempo de desenvolvemento decenas de metros de longo e toneladas de peso daba a pensar que quizais tivesen sangue quente, pois é preciso un alto metabolismo para un crecemento tan brutal. Con todo, había un detalle nos ósos de dinosauros, aneis semellantes a aqueles atopados nos troncos das árbores, o que obrigou a crer que eran tan fríos coma os lagartos, porque estas marcas son consideradas típicas só de tales criaturas. Un novo estudo publicado na revista Nature e conducido por investigadores do Instituto Catalán de Paleontoloxía (ICP) desenmascara o argumento clave. Segundo o novo traballo, os dinosauros eran réptiles de sangue quente.

  25. faa-noeliaparracho di:

    A pesar de que na actualidade temos grandes vías de investigación para descubrir cada vez máis cousas sobre o noso pasado evolutivo e sobre as cousas que nos rodeaban de aquela, todavía non se chegou a determinar se os dinosaurios eran de sangue fría ou quente.
    Por unha banda, algunhas persoas afirman que eran de sangue fría, xa que os relacionan cos reptís de hoxe en día polo seu parecido físico, aínda que esta afirmación non é de todo fiable, xa que se demostrou que os parentes máis cercanos dos dinosaurios son as aves e non os reptís.
    As persoas que afirman que eran de sangue quente dan motivos máis fiables:
    – Existiron dinosaurios que habitaron en rexións con climas prácticamente polares, polo que ter o sangue frío non sería factible.
    – Debido a que os parentes máis cercanos dos dinosaurios son as aves e estas son de sangue quente esto leva a pensar que os dinosaurios poderían selo tamén.
    Este dato está sen confirmar aínda pero acabarase atopando algo que dea unha resposta a este debate.

  26. fab-yamilayelpez di:

    No 2012 confirmouse que os dinosaurios tiñan o sangue quente. Chegouse a esto porque os ósos dos dinosaurios crecían deixando marcada unha circunferencia, tal e como pasa cas árbores. A través de este descubrimento estudaron o metabolismo dos dinosaurios e os cambios que sufrían as circunferencias nas diferentes estacións (que dependía da comida e do clima), e así chegaron a esta conclusión.

  27. fab-aidagonzalez di:

    Dende fai moitos anos hai un debate entre os científicos sobre si os dinosaurios eran ou non de sangre quente.
    Ter sangre fría significa que a temperatura interna do animal baixa ou sube tendo en conta a temperatura ambiental mentres que a sangre quente logra que o corpo do ser vivo teña unha temperatura constante independente á temperatura ambiente.
    Ao principio pensábase que os dinosaurios, ao ser réptiles, eran de sangre fría pero máis tarde demostrouse que eran de sangre quente porque se foran de sangre fría non poderían moverse casi ao ter ese gran tamaño que alcanzaban algúns.

  28. fab-gretageorgieva di:

    A cuestión de si os dinosaurios son de sangue quente ou fría non se pode contestar cunha conveción total,xa que p para os científicos tampouco está moi claro. Nos principios pensabase que eran de sangue fría, pero foise chegando a conclusión de que os dinosaurios son animais grandes ou xigantescos polo que necesitarían sangue quente para moverse nin Desenvolverse.

  29. fab-sofiacastineiras di:

    Dende hai moitos anos os científicos veñen dudando se os dinosaurios eran de sangue quente ou fría. Ao principio polo feito de que eran réptiles pensabase que eran de sangue fría, pero acabaron chegando a conclusión que debido ó seu gran tamaño, para moverse tiñan que ter sangue quente.