PEIXES EN LUGAR DA AUGA

Unha investigación posta en marcha pola Universidad Politécnica de Madrid e o Instituto Nacional da Investigación e Tecnoloxía Agraria e Alimentaria especifican que a calidade das augas que alimentan as piscifactorías pode monitorizarse mediante a análise dos seus peixes, o que serve para detectar a posible contaminación de ríos e masas de auga.

Neste proxecto monitorizáronse dúas piscifactorías continentais ao longo  de tres anos, e para evindenciar a exposición a cantidades traza de contaminantes utilizáronse tres diferentes aproximacións. Por unha banda  mostráronse regularmente os peixes das piscifactorías e analizáronse a inducción de procesos de detoxificación que se activa pola presenza de contaminantes.

Estes procesos estaban inducidos nalgúns meses do ano. Nestes mostreos tamén se tomaron sedimentos da canle  de entrada da piscifactoría, obtivéronse extratos e leváronse a cultivos de células de peixes “in vitro”. Segundo os investigadores, a indución nestes cultivos celulares dos mesmos procesos de detoxificación observados nos peixes evidencia a presenza de contaminantes retidos nos sedimentos.

Autor: Esteban Pintos Noya

Esta entrada foi publicada en Recursos naturais, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

24 Responses to PEIXES EN LUGAR DA AUGA

  1. Victor di:

    ESTE SERÁ O ÚLTIMO ARTIGO PUBLICADO, NESTE BLOG, NO ANO 2013

    Que pode aportar este tipo de innovación?

    • fab-manuelgonzalez di:

      Aporta unha boa información acerca dos peixes e augas contaminadas que podemos introducir no noso corpo sen sabelo,e que grazas a este proceso podemos evitalo e saber os niveis de contaminación.

    • faa-christiancacabelos di:

      Esta innovación permitiría comparar peixes que viven noutras áreas e diferentes ecosistemas e poder así saber tamén que elementos contaminantes existen nesas áreas e ecosistemas diferentes. Podendo especificar asi a calidade desa auga e tamén a calidade dos peixes que a habitan.

  2. faa-ricardop di:

    Penso que estaría ben utilizar outro tipo de medidor de contaminación, en vez de utilizar seres vivos coma os peixes, xa que en moitas ocasións, algúns deses peixes pode chegar a escapar e ser pescado por un pescador e ser dixerido por nós, pasando así a dita toxina.

  3. fab-marcosdaporta di:

    Supoño que estas técnicas de medición de contaminación indica de forma directa as consecuencias da polución das augas. Aparte de ser un recurso para asegurarse de se é seguro comer os peixes de alí, tamén é unha forma nova de amosar á xente o que ocorre ca contaminación.

  4. faa-santiagoescudeiro di:

    Eu creo que este tipo de proceso para detectar a calidade e a contaminación da auga pode aportar melloras para o ser humano, os posibles consumidores desa auga. Aporta melloras para nós porque os peixes son seres vivos e ao poder analizar o efecto da auga neles, podemos aproximarnos máis ao efecto que esa determinada auga tería en nós. Desa maneira temos a posibilidade de seleccionar a auga que mellor se axeite para o noso consumo, ou de mellorala só nos aspectos nos que o precise e poder aforrar cartos.

  5. fab-robertopineiro di:

    Eu penso que o de utilizar seres vivis para medir a contaminación e unha barbaridade. Coa tecnoloxia que hai hoxe en dia podian inventar algo para que a medise.

  6. fab-martapalacios di:

    Paréceme un bo proceso. Esta técnica ademais de darnos a coñecer o nivel de contaminación que ten a auga, axúdanos a ver o efecto que fai sobre un ser vivo xa que pode haber contaminacións suficientemente abundantes como para intoxicar, ou simplemente producir una leve gastroenterite e desta forma sabemos o dano que produce.

  7. faa-laurarey di:

    Na miña opinión, aínda que considero unha crueldade experimentar con seres vivos, incluso sendo peixes, penso que este tipo de innovación pode servir para indicarnos a calidade dunha auga: se e apta para o consumo humano, a cantidade de contaminación que posúe …

  8. fab-anaoubina di:

    Eu creo que este proceso está ben, se hai unha pequena cotaminación, que sin afectar a cacidade do producto, poden orixinar reaccións fisiolóxicas nos peixes, de forma que a análise dos cambios pode ser un bo indicador da calidade da auga. A demais realizar analíticas químicas de maneira continuada é complexo e custoso, e tamém aporta información sobre a presencia de unha serie limitada de compostos químicos, obviándose a posible influencia de aqueles que non se inclúen nas análises, ou no efecto dos compostos que aparecen en concentracións que non chegan a detectarse por métodos analíticos tradicionais.

  9. faa-laurapaz di:

    O feito de utilizar os peixes para esta técnica está bastante ben porque así podemos saber o nivel de contaminación da auga e os efectos que fai sobre os seres humanos. Aínda que a min, a experimentación con animais non me parece a mellor opción.

  10. fab-alejandrocosta di:

    Eu creo que é algo cruel experimentar con seres vivos pero pareceme ainda peor que nos contaminemos nos, asique prefiero que morran os peixes antes de verme contaminado polas augas contaminadas

  11. faa-sergioserantes di:

    Sen dúbida sería útil, e ademais penso que podería tratarse dunha maneira bastante sinxela de controlar a posible contaminación dos ecosistemas acuáticos.

  12. fab-aidagonzalez di:

    Este proceso non só beneficia ós peixes, axudando a que non sofran enfermidades pola contaminación da auga, ademais, grazas a estes mostreos pódese previr enfermidades que nos poden transmitir os peixes provocados pola contaminación, que nalgúns casos poden chegar a ser moi graves. Algunhas destas enfermidades son a gastrointerite, como di Marta. Non é sixelo averiguar cal foi o alimento que o provocou pero grazas a estes procesos vanse poder diminuír os riscos desta enfermidade así como a de outras.

  13. fab-mariablanco di:

    É unha boa maneira de ver a contaminación nas augas e ver os efectos que esta causa en nós, pero no que non estou de acordo é en que se teñan que empregar peixes para facer estes experimentos, xa que se pode facer calquer outro tipo de análise sen ter que afectarlle aos seres vivos.

  14. faa-fatimaf di:

    Este tipo de innovación pode axudar moito a controlar o nivel de contaminación da auga xa que ó tratarse dun ser vivo, podemos ver con maior claridade o que nos ocorrería a nos se consumísemos esa auga.

  15. fab-martarodriguez di:

    Pareceme unha moi boa idea que se experimente con peixes para saber a contaminación das nosas augas ou calquera outra contaminación que poida a ver. Xa que os seres vivos mariños son os que mellor coñecen os nosos ecosistemas acuáticos.

  16. fab-andrearomero di:

    Estou totalmente dacordo con Sergio, esto sería moi útil para así poder controlar a posible contaminación dos ecosistemas acuáticos,pero por outro lado paréceme moi cruel experimentar con seres vivos.

  17. fab-yamilayelpez di:

    Este proceso é práctico por un lado, ademáis de ser un recurso natural, pero paréceme demasiado lento. Se o obxetivo é medir o nivel de contaminación e a calidade da auga, hai outros métodos máis rápidos e exactos, e que non precisan seres vivos.

  18. fab-saulmondragon di:

    Esta iniciativa é un gran avance.A natureza foi e sera sempre mais lista ca os humanos,si sabemos interpretar certos síntomas de contaminación en seres vivivos que viven nun entorno podremos controlar e saber se tal entorno esta contaminado ou non con moita mais certeza que si o facemos con aparatos.O malo disto é o dilema moral xa que é unha cruelda experimentar con calquera ser vivo sexa cal sexa.

  19. fab-gretageorgieva di:

    Grazas a este procedemento podemos detectar a calidade e o nivel da contaminación da auga, experimentando cos peixes podemos facernos unha idea do efecto que esta auga tería sobre o corpo humano xa que os peixes igual que nos son seres vivios.De maneira que asi podemos escoller a auga que mellor se adapte a nosa ou mellorar a que xa se ten. Tamén é outra maneira de saber si os peixes consumidos estan contaminados, si é o casa de que a auga estea contaminada.

  20. fab-beatrizcasal di:

    Eu opino que esta innovación e útil porque permite observar a calidade e o nivel de contaminación que hai na auga a través dos peixes, pero por outra parte paréceme cruel que experimenten con peixes ou con calquera outro ser vivo.

  21. faa-adrianbarreiro di:

    Este procedemento pode determinar o nivel de contaminación ao longo do tempo das augas. Ademais pode indicar a que tóxicos resisten máis determinadas especies de peixes e a evolución que sofren debido a unha prolongada exposición aos tóxicos.

  22. fab-lorenasoto di:

    Esta innovación paréceme ben aparte de ser moi útil xa que nos permite saber o nivel de contaminación das augas e ver os efectos que causa en nós se a inxerimos, pero por outro lado non estou de acordo en que se empreguen seres vivos neste proceso.