COMUNICACIÓN MARIÑA

Científicos dunha Universidade en Escocia demostraron que os golfiños emplean sinais acústicas específicas entre sí que lles permiten realizar e responder a chamadas individuais. A investigación demostra a asombrosa intelixencia destes cetáceos.

O estudo demostra que os golfiños desenvolven un asubío específico que codifica a súa identidade individual e só responden aos que imitan o mesmo asubíu, a tomalo como unha resposta a súa chamada. Os animais ignorarían polo tanto os sons que non reproducen o seu propio. Os golfiños emiten varios sons en alta e baixa frecuencia , contan cun aparello auditivo interno que capta a través das súas mandíbulas, tanto os sons directos como os do ambiente. Trátase dunha actitude case humana: cando escoitan o seu nome, responden.

A especie analizada é o arroaz de nariz de botella, o Tursiops trucantus, a especie máis común deste tipo de cetáceo e a máis estudiada a causa da súa sorprendente capacidade de aprendizaxe de comunicación vocal. Estes animais viven nun medio onde necesitan un sistema moi eficiente para manterse en contacto.

Os golfiños e arroaces son os únicos mamíferos a parte do ser humano capaces de integrar novas sinais a o seu propio sistema de comunicación natural. Outras investigacións suxiren que certos tipos de aves, como o loro, posúen tamén esta capacidade de imitar aos seres humanos.

Autora: Raquel Oliveira

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

33 Responses to COMUNICACIÓN MARIÑA

  1. Victor di:

    Que tipo de tecnoloxía se utiliza para captar os sons que emiten os cetáceos?

    • faa-begonasuarez di:

      Para captar os sons dos cetáceos utilízanse uns hidrófonos. Un hidrófono é un transductor de sons a electricidade para ser utilizado en auga ou noutro líquido.
      É unha sonda de pequeno diámetro cun elemento nun extremo que ao introducilo na auga recolle os sons e produce un sinal eléctrico.
      Un hidrófono tamén se pode utilizar como emisor, pero non todos teñen esa capacidade.

    • fab-fatimachaves di:

      Para captar os sons que emiten os cetáceos votamos man dun hidrófono.
      Un hidrófono é un aparello capaz de converter o son en electricidade para uso en auga ou outro líquido,semellante ao uso dun micrófono no aire.Un hidrófono tamén se pode empregar como remitente,pero non todos teñen esta capacidade.

    • fab-iriamartinez di:

      Para capatar os sons dos cetáceos utilízase os hidrófonos, é un transductor de sonido a electricidade para ser usado en auga ou en outro líquido, de forma análoga ao uso dun micrófono no aire. Un hidrófono tambén se pode emprear como emisor, pero non todos os hidrófonos teñen esa capacidade.

    • fab-jairotroncoso di:

      Para poder escoitar o son dos cetáceos, e demáis sons parecidos; utilízase un aparello chamado hidrófono. Este aparello é unha especie de tubiño que se pode meter na auga, e con el podense captar estos sons. Pode actur tamen como emisor.

    • faa-adrianmartinez di:

      Para captar eses sons son empregados os hidrófonos. Os hidrófonos converten os sons en electricidade para usarse en calquer medio líquido. Os hidrófonos son unha pequena sonda de diámetro reducido que ao introducir un elemento que teñen no extremo, este recolle os sons e produce un sinal eléctrico. A maioría de hidrófonos son capaces de ser usados tamén como emisor.

    • fab-manuelgonzalez di:

      Utilízanse os hidrónos,que son uns aparellos que converten o son en electricidade,en calquer tipo de medio líquido,que teñen forma de tubos

    • faa-manuelcacabelos di:

      Para captar o son dos cetaceos utilizase un hidrófono,que é un transdutor acusto-eléctrico que transforma ondas sonoras en sinais eléctricos, isto é, funciona coma un receptor de ondas sonoras, aínda que ás veces serve tamén de emisor, ao xeito dun altofalante.

    • faa-diegocores di:

      Para captar sons en medios acuáticos un aparello utilizado é o hidrófono, como ben dixeron os meus compañeiros. Este aparello foi utilizado como mellora do sonar, para localizar os obxectos nas profundidades mariñas. Pero como este aparello non deixa de ser un micrófono acuático pois valería para recoller os sons emitidos polos cetáceos.

  2. fab-yamilayelpez di:

    Precisamente, recentemente desarrollouse na universidade de Vigo un software que permite detectar o son dos cetáceos. Este software utiliza unhas boyas situadas nas islas Cíes. Cando as boyas perciben un son, actívase a grabación, e así evitan pasar horas e horas escoitando o son do mar sen resultado.

  3. faa-saracastro di:

    Hoxe en día os aparatos que máis se utilizan para captar os sons dos cetáceos son os hidrófonos, que son uns dispositivos que se empregan na auga e que son capaces de transformar o son en electricidade. Poden ser tanto de arrastre coma estáticos. Estos últimos permítennos instalalos a unha determinada profundidade para poder así rexistrar sonidos nun período de tempo máis prolongado.
    A colocación destes aparellos permiten rexistrar os sons provocados pola actividade das distintas poboacións de cetáceos.
    Despois dun longo estudo, demostrouse que nesas grabacións rexistradas, os “clics” son máis abundantes en horas de atardecer e durante a noite. Sen embargo, os silbidos que producen estes animais para comunicarse entre sí, son máis elevados nas horas de atardecer, pero casi ausentes durante a noite.
    Estes resultados o que nos indican é que o comportamento que predomina nas horas de día é máis de carácter social e, pola noite, dedícanse máis á alimentación.

  4. fab-ariadnacordal di:

    Como xa mencionaron Begoña e Sara, o aparello máis empregado no estudo da bioacústica dos cetáceos é o hidrófono, mais tamén existe o sistema EAR, ‘Ecological Acoustic Recorder’, sendo este pioneiro en Europa e do que só existen 23 unidades no mundo.. Unha das principais funcións destes inventos consiste en advertir se algúns destos animais están sendo afectados por actividades realizadas por humanos, como o uso de embarcacións recreativas ou sónares, xa que producen ruido e poden impedir que os animais atopen alimento ou se comuniquen entre si.

  5. fab-elisaperez di:

    Para captar os sons dos cetáceos utilízanse os hidrófonos, que son uns transductores de son a electricidade para ser usados en auga ou noutros líquidos.

  6. fab-martapalacios di:

    Para captar os sons do mar utilízanse os hidrófonos. Un hidrófono é un transductor de son á electricidade para ser utilizado na auga ou noutro líquido. Tamén pódense empregar como emisor, pero non todos teñen esta capacidade. Un hidrófono de boa calidade pode conseguir unha recepción omnidirecional case perfecta. Segundo fontes, existen fortes hidrófonos capaces de detectar un submarino inimigo a distancia

  7. fab-martarodriguez di:

    Para poder captar os sons que fan os cetáceos utilizamos os hidrófonos. Un hidrófono é un traductor de sonido a electricidade para ser usado en auga ou en outro líquido. Un hidrófono tamén se puede emplear como emisor, pero non todos os hidrófonos teñen esta capacidade.

  8. Victor di:

    Hai posibilidades de entendernos cos cetáceos? E con outros animais?

    • faa-martinlosada di:

      Creo que si existea posibilidade de establecer unha comunicación con golfiños, e porque non, con outros animais que teñan unha alta capacidade para aprender, como poden ser certos tipos de primates. Se algo caracteriza ao ser humano e a sua intelixencia, como está demostrado, o home non para de inventar e descubrir novas innovacións con respecto a ciencia, asique porque non seremos capaces de establecer comunicación con outros animais.

    • fab-manuelgonzalez di:

      Penso que a posibilidade de entender a comunicación entre cetáceos pode ser posible,xa que utilizan unha linguxe basada nas ondas,o cal temos aparellos dabondo especializados nesta comunicación por ondas. A posibilidade de coñecer a comunicación entre putitas especies(elefantes,tigres,…) é,ata este momento,un poco irreal,xa que ata agora non temos información acerca da súa comunicación.

    • fab-jairotroncoso di:

      Eu creo que podrá haber posibilidades. Non teño coñecemento de como é a tecnoloxía mariña hoxe en día, ou si xa dentro de pouco se pode dar este fenómeno, pero non dubido en que algún día se poida conseguir.

    • faa-diegocores di:

      En 2005 un grupo de investigadores instalaron unha serie de hidrófonos nas costas galegas coa intención de que desta forma se puidese facer un seguimento maior dos mamíferos acuáticos desta zona, e así poder comprendelos de mellor forma.
      Un equipo de investigadores do Instituto de Telecomunicacións y Aplicacións Multimedia de València e do Departamento de Investigación do Oceanogràfic de Valencia, desenrolou un sistema que axuda a entender a linguaxe dos cetáceos e o seu grado de benestar.
      Estes son algúns exemplos que encontrei de cómo o ser humano intenta comprender a linguaxe de cetáceos, pero non so o fai con estes animais, se non con todos. Non sei se agora mesmo hai algún código ou conxunto de normas que nos permita comunicarnos cos animais, pero estou seguro de que nun período non moi longo de tempo será posible.

  9. faa-ricardop di:

    Na miña opinión creo que non, xqa que os animais non falan, só emiten sons que podemos percibir coma ondas, captadas polo chamado SONAR, que foi e segue sendo moi útil na 2 Guerra Mundial.

  10. fab-anaoubina di:

    O ser humano conseguiu establecer unha comunicación cos animais, podemos entender o que queren decirnos ou o que se din entre eles.

    Todos os que temos unha mascota na casa seguro que xa experimentamos a comunicación con ela, co tempo coñécese que quere decir o noso animal de compañía con movementos corporales e con diferentes tons dos sons que emite. Eles tamén nos entenden a nós, non só cando lle decimos algo utilizando as palabras senón tamén cos nosos xestos.

  11. fab-ariadnacordal di:

    O Wild Dolphin Project é unha organización científica estadounidense que conseguiu deseñar un sistema de comunicación con golfiños. Este consiste na gravación de sons que emiten para despois reproducilos con algunha intención comunicativa. Non obstante, tamén é posible que os golfiños, debido á súa intelixencia, poidan asociar sons con palabras e ademais, está demostrado que son capaces de memorizar palabras e responder a ordes.
    Respecto a entendernos con outros animais, eu opino que é posible. O exemplo máis claro é o do can; somos capaces de ensinar a estes animais de compaña e incluso algunhas razas, debidamente entrenadas, poden axudar a persoas discapacitadas no seu día a día (coma os cegos).

  12. faa-nicolecorbacho di:

    Entre os humanos e os animais existe comunicación, atraves das nosas acción, sentimentos, ordenes,… e unha comunicación non verbal.

  13. faa-fatimalago di:

    Os aparellos tecnolóxicos que se utilizan para captar os sons que emiten os cetáceos son os hidrófonos. Estes aparellos converten o son en electricidade, e dannos información en tempo real xa sexa vía cable ou vía radio. Dado a que as señais acústicas emitidas polos cetáceos son, en xeneral, únicas en cada especie e incluso se poden atopar diferenzas etre poboacións dunha mesma especie, o uso destos hidrófonos para grabar sons no mar facilítanos información acerca do comportamento acústico e a distribución destas especies de cetáceos. Os delfíns producen sons que se poden clasificar en dúas categorías, os “silbidos” de frecuencias moi baixas, e os “clips” que son pulsos de sons de corta duración que poden alcanzar frecuencias de 150kHz.

  14. fab-sporto di:

    O Wild Dolphin Project é unha organización científica estadounidense que conseguiu deseñar un sistema de comunicación con golfiños. Este consiste na gravación de sons que emiten para despois reproducilos con algunha intención comunicativa. Non obstante, tamén é posible que os golfiños, debido á súa intelixencia, poidan asociar sons con palabras e ademais, está demostrado que son capaces de memorizar palabras e responder a ordes.
    Os aparellos tecnolóxicos que se utilizan para captar os sons que emiten os cetáceos son os hidrófonos. Estes aparellos converten o son en electricidade, e dannos información en tempo real xa sexa vía cable ou vía radio. Dado a que as señais acústicas emitidas polos cetáceos son, en xeneral, únicas en cada especie e incluso se poden atopar diferenzas etre poboacións dunha mesma especie, o uso destos hidrófonos para grabar sons no mar facilítanos información acerca do comportamento acústico e a distribución destas especies de cetáceos. Os delfíns producen sons que se poden clasificar en dúas categorías, os silbidos de frecuencias moi baixas, e os clips que son pulsos de sons de corta duración que poden alcanzar frecuencias de 150kHz.
    Na miña opinión penso que sí que nos podemos comunicar con outros animais.

  15. fab-beatrizcasal di:

    Na miña opinion eu considero que hai posibilidades de entendernos cos cetáceos posto que hai numerosas investigacións como a organozación Wild Dolphin Project que conseguiu deseñar un sistema de comunicación con golfiños. Este consiste na gravación de sons que emiten para despois reproducilos con algunha intención comunicativa. Non obstante, tamén é posible que os golfiños, debido á súa intelixencia, poidan asociar sons con palabras e ademais, está demostrado que son capaces de memorizar palabras e responder a ordes.

  16. fab-mariablanco di:

    Pode establecerse unha comunicación, pero non se captará da mesma maneira que entre animais ou entre persoas. Pódense ter comunicacións através de signos ou de forma visual, ou mesmo con certas palabras, pero non creo que vaia a ter sempre resultados efectivos con todos os animais.

  17. faa-fatimaf di:

    Eu creo que na actualidade si existen medios que nos permiten comunicarnos cos animais, tanto mediante sons como mediante movementos, cores, imaxes, etc. O único necesario é ensinarlle ós animais o significado de cada un destes sinais.

  18. faa-igonzalez di:

    No Centro de investigación AtlantTIC da Universidade de Vigo, desenrolaron un software que permite detectar o son de grabacións realizadas a cetáceos de forma automática. As largas campañas de grabación de balenas, golfiños ou cachalotes en alta mar, supoñen un posterior traballo en terra laborioso. Ata o momento, os investigadores tiñan que escoitar as horas e horas que grababan cada día de campaña para identificar o son dalgún animal e comparalo cos avistamientos que realizaron a bordo. Por este motivo, un grupo de investigadores crearon un software que permite detectar este son dos cetáceos de forma automática. Este tipo de software utiliza boias como as que están colocadas nas Islas Cíes. Cando se detecta un son producido por un cetáceo, actívase a grabación. Con esto pódese obter información sobre o tamaño das poblacións, o tipo de cetáceos na zona, etc.

  19. faa-manuelmontes di:

    Na actualidade creo que temos as posibilidades e os medios para comunicarnos cos animais a parte de con sons, con cores ou imaxes… Será máis fácil ensinarlle aos animais que teñan maior capacidade para entender, pero antes habería que ensinarlle a relacionar o significado do sinal co sinal propio.

  20. fab-cporto di:

    Na comunicación dos delfíns nariz de botella existen asubíos comúns e asubíos con firma. Cada delfín desenvolve o seu propio asubío que non é igual ao de ningún outro; por iso dise que ten unha firma e funciona como unha especie de nome propio. Así, cando un delfín entra en contacto con outro delfín usa o seu asubío firma para anunciar a súa identidade.
    O estudo revela que os delfíns nariz de botella se chaman entre eles polos seus asubíos firma, similar ao xeito en que os humanos se comunican polos seus nomes. O fascinante é que de acordo a esta investigación, os delfíns, sendo animais acústicos, poden recordar un vello amigo que non viron ata por vinte anos só ao escoitar o seu asubío. Isto significa que a súa rede social é moito máis sólida e entrañable que a que temos a maioría de nós.

  21. fab-raqueloliveira di:

    Claramente existe a posibilidade de comunicación cos animais,así como estos se comunican entre sí,tamén existe a posibilidade de que cheguen a comunicarse con nós.
    Existen avances considerables entre a comunicación das persoas con moitos dos tipos de animais, estudando técnicas, novos xestos e demáis, nun futuro existirá a comunicación con gran parte das diferentes razas animais.