CLONACIÓN DUN MAMUT

Científicos rusos descubriron sangue e tecidos musculares, perfectamente conservados, entre os restos do mamut lanudo enterrado baixo o xeo na pequena illa Liajovski ,na costa do noroeste de Rusia. Isto supón un importante paso na realización dun experimento sen precedentes, a clonación e o regreso á vida desta especie que desapareceu da faz da Terra hai preto de 10.000 anos.

A expedición, levada a cabo pola Sociedade Xeográfica Rusa e especialistas da Universidade Federal do Noroeste, puido recuperar e examinar o corpo do animal, unha femia duns 60 anos. A pesar de que o animal morreu hai uns 10.000 ou 15.000 anos, os seus restos desafiaron o paso do tempo de forma extraordinaria, ata o punto de que conserva sange en estado líquido.

“Cando rompemos o xeo baixo o seu abdome fluiu sangue moi escuro. É o caso máis sorprendente que vin na miña vida”; afirma Semyon Grigoryev, responbale do equipo científico. Ademáis os tecidos musculares “estaban vermellos, da cor da carne fresca”

  • CLONACIÓN:

Semyon cre que o milagre do sangue puido producirse porque o mamut caeu nun pozo de auga ou nun pantano, probablemente ata a metade do seu corpo, e a outra metade quedou conxelada pola auga.  A parte superior, incluído o lomo e a cabeza, asemellan ter sinais de ataques de depredadores. As patas dianteiras e o estómago están ben preservados, pero a parte traseira non é máis ca un esqueleto.

O investigador pensa que este descubrimento pode supor un paso máis no intento de clonar a este animal extinto.

Os investigadores xa toparon ADN viable do tecido doutro mamut conxelado en Siberia. A idea é extraer núcleos de varias células do xigante e introducilas en óvulos de elefante para crearen un embrión que conteña os seus xenes. Ese embrión implantarase no útero dunha elefanta e, se todo sae ben, nacerá o primeiro mamut moderno!

Autora: Andrea Brea

 

Esta entrada foi publicada en Bioloxía celular, Biotecnoloxía, Evolución e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

27 Responses to CLONACIÓN DUN MAMUT

  1. Victor di:

    Podedes explicar, de xeito sinxelo, como é iso da clonación do mamut nun elefante femia? Que especie de elefante sería a maís axeitada?

    • faa-diegocores di:

      Para o meu entender o que pretenden é obter o material xenético que hai no nucleo das células que teñen de mamut e introducilo nun óvulo do seu parente máis cercano e con maior similitudes evolutivas. Sendo este un proceso de inseminación artificial paro con ADN de fai moitisimos anos.

  2. faa-igonzalez di:

    A forma máis sinxela de clonar un mamut, a través dunha femia sería extraendo o ADN nuclear do animal, transferíndoo a un óvulo viable dunha especie o suficientemente cercana e, unha vez obtido o embrión, introducilo no útero dunha hembra desa especie para que se desarrole o embarazo. A especie de elefante máis axeitada sería o elefante asiático (Elephas maximus).

  3. faa-veronicanoya di:

    Esta clonación trata de introducir células do mamut no óvulo da elefante creando así un embrión que conteña os xens do mamut. Penso que a especie máis axeitada sería a Loxodonta africana.

  4. faa-saracastro di:

    Para explicar esta clonación de forma sinxela bastaría con dicir que a partir dos restos de mamut atopados se extraería ADN, e deste, á súa vez, núcleos de varias células. Deste xeito poderiamos introducir estas células en óvulos de elefante e que se cree así un embrión que conteña os seus propios xenes.
    A especie de elefante máis axeitada para este proceso é sen dúbida o elefante asiático, xa que é o máis semellante ós mamuts.

  5. faa-christiancacabelos di:

    Ola!
    Pois para clonar este mamut extraeríase o ADN que logo sería introducido nun óvulo que ó formar un embrion daría finalmente un mamut.
    A especie máis parecida é o elefante asiático.

  6. fab-marcosdaporta di:

    Actualmente a clonación realízase creando un feto e implántase no utero de outra especia, neste caso un elefante. Supoño que se usraá un elefante africano polo seu gran tamaño

    • faa-noeliaparracho di:

      Polo que teño lido, a especie máis semellante ó mamut é o elefante asiático e non o africano, xa que a semellanza e parentesco entre especies non se determina a simple vista, senon que é necesario comparar as estructuras de ADN de ambas especies coas do mamut.

    • faa-sergioserantes di:

      As semellanzas entre os taxóns de ADN do mamut e do elefante africano son grandes, pero máis próximo xeneticamente falando ao mamut é o elefante asiático, co que o normal sería empregar un óvulo desta especie e non da africana.

  7. faa-noeliaparracho di:

    O proceso de clonación realízase a través do ADN do ser vivo que se desexa clonar, extraendo o núcleo do mesmo e introducíndoo no lugar do núcleo dun óvulo da especie máis similar á que se desexa clonar.
    No caso do mamut, a clase máis axeitada para o proceso de clonación sería o elefante asiático, que é moito máis similar ó mamut que o elefante africano.

  8. Victor di:

    Cando morre un ser vivo e, de ocorrer a súa transformación nun fósil, que lle pasaría ao seu ADN?

    • faa-estebanpintos di:

      Ao morrer un ser vivo, o cal posee ADN, este ADN non o fai ata aproximadamente 5 anos despois. Pero no caso desde mamut, ao conservarse o sangue en case perfecto estado facilita a extracción do ADN enteiro deste animal e posible consecuente clonación.

  9. Victor di:

    RECORDADE QUE HOXE REMATA O PRAZO DE TRABALLO AVALIABLE PARA ESTE TRIMESTRE.

  10. faa-ricardop di:

    Pois os seres vivos, cando morren, seguen a producir celulas, ata uns 5 anos, logo vai a menos e o ADN fragmentase nas diferentes proteinas constituíntes.

  11. faa-sergioserantes di:

    Aínda convertido este ser vivo nun fósil, sería posible obter del o seu ADN e amplificalos mediante PCR para así establecer relacións filoxenéticas entre distintos taxóns e facilitar unha visión global das ramas evolutivas.

  12. faa-cristinaguillan di:

    Cando morre un ser vivo segue a producir células, pero aos poucos anos deixan de facelo e o seu ADN comeza a fragmentarse nas diferntes proteínas que o forman. No caso dos fósiles, xa que o corpo non se desintegrou por completo, pódense atopar estes fragmentos e tratar de reconstruílos.

  13. faa-saracastro di:

    Aínda que un ser vivo morra, o seu ADN non o fai. Con isto quero dicir que por moitos anos que pasen, sempre que se conserve o seu fósil, é posible sacar de aí o seu ADN, e poder así saber con que outras especies ten relación. É dicir, con que especies está emparentado e con cales non.
    En definitiva, o ADN é un ácido nucleico que nos permite obter toda a información necesaria sobre un ser vivo. E é, por dicilo dalgunha maneira, o noso carnet de identidade xenético.

    • fab-marcosdaporta di:

      Non sempre, xa que os fósiles dos dinosaurios están cristalizados, isto é que as células foron reemplazadas por mineral e por iso non se pode sacar ADN dos fósiles dos dinosaurios.

      O que pasa é que o fósil dese mamut non se cristalizou, consérvase ata o sangue, e por iso pódese sacar ADN. O feito de que morrese a unha temperatura tan baixa fixo que non se descompoñese tan rápido e as cadeas de ADN convertíranse en aminoácidos máis lentamente. Pero os fósiles dos dinosauros non son de fai uns miles de anos se non de varios millóns deles e por iso non se pode conseguir ADN deles (Víctor menciona moitas veces o caso da peli do Paque Xurásico)

  14. faa-noeliaparracho di:

    Cando un ser vivo morre o seu ADN vaise despedazando ata quedar fragmentado, polo que non poderiamos obter toda a información do ser vivo fosilizado pero sí moitas pistas sobre o mesmo, pero se o proceso de fosilización permite a boa conservación do ser vivo, probablemente o ADN se conserve en bo estado, como neste caso no sangue todavía líquido, aínda que este fenómeno non adoita ocorrer.

  15. fab-alejandrocosta di:

    Da igual que estea vivo ou morto un ser vivo, o caso e que nos en todo momento podemos saber desde cando esta morto aproximadamente ou a sua forma iso si a forma podemola imaxinar polos restos que atopamos, é dicir que unha mutacion ou algo asi, podriamolo catalogar coma unha nova especie e estariamonos equivocando, eu creo que é moi dificil de saber o ADN con un só trozo de fósil, podriamos saber a idade co carbono 14.

  16. faa-adrianbarreiro di:

    Cando un ser vivo se convirte nun fósil o seu ADN co paso do tempo fragméntase. Aínda así como di Sergio pódese amplificar un fragmento de ADN mediante PCR que consiste en conseguir un gran número de copias dun fragmento en particular. Amplificando o fragmento de ADN deste xeito, podemos identificar fácilmente cunha alta probabilidade, virus ou bacterias causantes de enfermidades e identificar especies e as relacións entre membros da mesma especie.

  17. fab-ariadnacordal di:

    O ADN contén a información xenética dos organismos. Unha vez que o organismo morre, o ADN segue a conservarse nos seus restos, e pódese acceder a el analizando os mesmos. O único problema que presenta é que co paso do tempo, o ADN vai ‘deteriorándose’; para ser específicos, as bases nitroxenadas que o forman vanse dividindo. Un ADN que posúe as bases divididas (como sucede cos fósiles) pode ser reconstruído, aínda que non é unha tarefa doada. A paleoxenética encárgase de estudar este fenómeno.

  18. faa-javierestevez di:

    Cando un ser vivo morre segue producindo células máis ou menos 5 anos e despois cando para, o seu ADN comeza a romperse. Nun fósil aínda podemos atopar algúns anacos de ADN dado que non desapareceron por completo.

  19. faa-fatimaf di:

    Cando un ser vivo morre, o seu ADN vaise rompendo en pedazos que conteñen información xenética que, aínda que non nos permite recontruílo, si nos da moita información sobre el.

  20. faa-fatimalago di:

    Cando morre un ser vivo, o seu ADN séguese conservando, debido a que a estructura que o contén se fosiliza, e eso sirve como protección, pero non queda de todo intacto, xa que se pode dañar debido a diversos factores como o mesmo proceso de fosilización. Así que o que se recupera é unha parte do ADN orixinal.

  21. faa-mbarreiro di:

    Para clonar ó mamut sería necesario coller un óvulo dunha elefante, extraerlle o núcleo con 23 pares de cromosomas e introducirlle o ADN do mamut. Despois se introduce o óvulo co ADN do mamut na elefanta. O período de xestación nos elefantes é de 22 meses.

  22. faa-aliciafeijoo di:

    Cando un ser vivo morre, o seu ADN non desaparece de todo, senon que vai desaparecendo pouco a pouco e fragmentandose, por este motivo non poderiamos obter toda a información necesaria pero si podemos obter fragmentos de ADN, que pola semellanza destes con outras especies,axudaríanos a saber con que outras especies ten relación