ATRAÍDOS POLOS SONS

Un recente estudo, levado a cabo na Universidade estatal de Carolina do Norte, descubriu que as ostras aséntanse nun lugar permanente, atraídas polos sons que son producidos por un arrecife.

As larvas deste bivalvo teñen a capacidade de moverse, dentro dunha columna de auga, cara arriba e cara abaixo, polo cal, a medida que van madurando desenvolven un músculo do “pé”, a través do cal poden detectar a presenza de escollos mariños e buscar un punto idóneo, no que se sitúan durante o resto da súa vida.

Neste estudo  Ashlee Lillis e David Eggleston comprobaron a relación que existía entre este feito, co  de que determinadas sinais físicas e químicas, no mar, provocan que os bivalvos comecen a buscar un fogar. Para elo, contando coa axuda do xeofísico Del Bohnenstiehl, realizaron determinadas gravacións sonoras, en mar aberto, e cerca dun arrecife. Despois disto someteron a un grupo, de larvas de ostras, a estes sons, podendo comprobar que a taxa de colonización era maior cando estes eran expostos as resonancias dos arrecifes.

Autora: Laura Rey Romay

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

10 Responses to ATRAÍDOS POLOS SONS

  1. Victor di:

    Como son as larvas dos bivalvos? Seméllanse en algo a eles?

  2. faa-ricardop di:

    Para nada, as súas larvas nacen sen concha, logo fórmaselle, para poder escarvar na area e enterrarse.

  3. faa-laurapaz di:

    As larvas dos bivalvos teñen dúas valvas, un sistema dixestivo completo e un velo (órgano circular que só está nas larvas e pode sobresaír das valvas). Aliméntanse de fitoplancton que toman a través do velo.
    Aos sete días desenvolven unhas protuberancias, chamadas umbos, que sobresaen na concha.
    A duración da fase larvaria varía entre os dezaoito e os trinta días.
    Cando as larvas están madurando, desenvolven un pé e branquias rudimentarias, e aparece unha mancha escura circular, a mancha ocular.
    Nos períodos de actividade natatoria, as larvas aséntanse e utilizan o pé para arrastrarse polo substrato ata que está preparada para a metamorfose e as larvas maduras agregan unha gota de cemento na glándula do pé e quedan aí o resto da súa vida.

  4. faa-saracastro di:

    Nos bivalvos podemos diferenciar que as larvas pasan por diferentes estados, por dicilo dalgún modo. Tras a fecundación desarróllase unha larva trocófora nadadora á que lle segue unha larva véliger, con simetría bilateral e que posúen ademais unha serie de valvas. Nos parásitos, por exemplo, esta larva transfórmase nunha larva gloquidio, que ten unha serie de dentes nas valvas e o pé modificado por un filamento adhesivo, para poder fixarse mellor en peixes ou outros animais.
    Por outra banda, entre as larvas e os propios bivalvos non hai moita diferenza. Todo o contrario, son moi parecidos entre sí.

  5. faa-sergioserantes di:

    As larvas dos bivalvos comezan sendo trocóforas nadadoras, e segundo se van desenvolvendo, convértense en unha larva vélixer, con valvas, que xa se asenta na superficie axeitada.

  6. fab-gretageorgieva di:

    Entre as larvas e os propios bivalvos non hai moita diferenza. Todo o contrario, son moi parecidos entre sí. Ao grupo dos bivalvos pertences especies como os mexilóns ou as ameixas etes caracterizanse polo seu corpo aplanado e polo xeral teñen dúas cunchas unidad que cubren o total do corpo, as dúas valvas das conchas son similares, ovaladas e convexas.
    Atopamos varios tipos de bivalvos: os de superficie fixados ao sustrato,libres de superficie,perforadores e parásitos.
    Reproducense da seguinte maneira: A fecundación é externa e os gametos son expulsados na auga, despois da fecundación desenvolvese unha larva trocñofora nadaddora, logo unha larva véliger. No caso dos parásitos esta ultima convirtese nuha larva gloquidio.

  7. faa-veronicanoya di:

    As larvas dos bivalvos, tamén coñecidas como gloquidios teñen unha serie de dentes nas valvas e o pé modificado nun filamento adhesivo co que se fixan ós peixes dos que se alimentan hasta que maduran e caen ó fondo.

  8. faa-marcromero di:

    A fase larvaria dos moluscos bivalvos comprende 4 subfases: dende a fase de fecundación dos ovos ata a aparición da semente.

    Realmente non son moi semellantes as larvas cos seus pais no que respecta á fisionomía exterior que nós podemos observar a primeira vista. Pero anatomicamente comparten moitos órganos en común.

    As principais diferenzas son que as larvas non teñen cuncha, no seu defecto teñen unha especie de velo protector. E as larvas polo xeneral solen ter cilios cos cales nadan para buscar unha localización onde asentarse para o resto da sua vida, e no caso das ostras, aburrirse.

  9. faa-igonzalez di:

    A larva defínese ó organismo que aparece entre o estado de embrión e de xuvenil. É un estado independiente e móbil no que o organismo ten unha morfoloxía diferente á do xuvenil e á do adulto. A larva presenta unha invaxinación na súa superficie dorsal, denominada glándula da concha, sua secreción forma dous discos unidos por un puente que envolven parcialmente á larva, formando súa concha. Esta é moito máis delgada e menos ríxida ca concha larval nos seus últimos estados, xa que posue moi pouco carbonato de calcio. Ó final do estado, na rexión central das larvas aparecen pequenas marcas que xerarán a concha en forma de “D”. Neste último proceso, seméllanse bastante ós bivalvos.

  10. fab-marcosdaporta di:

    Non, as larvas dos bivalvos son minúsculas, falando de menos de un milímetro e non teñen cuncha nas súas primeiras fases. Logo desarrollan pouco a pouco unha cuncha e sitúanse nalgún lugar que lles guste.