INIMIGO SILENCIOSO

O grisú é o resultado da mestura de aire e de emanacións de gas metano que se desprenden do carbón. Para que sexa explosiva precisa que a concentración de metano alcance proporcións entre o 5% e o 14%, e require ademais a presenza dunha fonte de calor. Unha elevada concentración, ben por emanación lenta ou por un desprendemento súbito, causa asfixia.
A presenza de gas metano (grisú na xerga mineira) é unha das peculiaridades máis perigosas dalgúns dos depósitos hulleiros españois, e fai destas explotacións as máis difíciles, perigosas e custosas da minaría europea, xunto á estreiteza e verticalidade das capas de mineral. As emanacións de gas asociado ao carbón, e en ocasións as súas explosións, foron, xunto aos desprendementos de mineral (derrabes) e o afundimento de talleres e tallos (quebras), tres das causas máis recorrentes dos grandes desastres na minaría carboeira.
Estes perigos, (a enfermidade respiratoria e pulmonar crónica habitual dos mineiros de carbón), foron as principais causas de mortalidade nunha actividade cunha longa historia de catástrofes e unha elevada taxa de sinestralidade. Antes o sistema de detección era a famosa gaiola cun xílgaro cuxa morte era o aviso de que había que abandonar a mina de forma precipitada.

Hoxe as explotacións están dotadas de sistemas fixos e estáticos de medición e algúns mineiros portan consigo medidores móbiles mentres realizan as súas tarefas. Uns e outros emiten advertencias luminosas ou acústicas, segundo os casos. As minas actuais contan, ademais, con poderosos sistemas de ventilación.



Autora: Cristina Porto Rivas

Esta entrada foi publicada en Recursos naturais, Sobreexplotación dos recursos, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

33 Responses to INIMIGO SILENCIOSO

  1. Victor di:

    Por que se forma metano nas minas de carbón?

    • fab-iriamartinez di:

      O proceso de carbonización, comeza coa oxidación e descomposición da materia vexetal cando está queda sumerxida nas zonas pantanosas. A medida que aumenta a profundidade de estos depósitos de materia vexetal, aumenta a presión e temperatura. Como consecuencia de este fenómeno, se produxeron alteracións térmicas do carbón que resultaron na formación de metano termoxénico. O metano quedou almacenado no interior das capas de carbón, creando una reserva de gas, ao ser químicamente absorbido por o mineral, os carboóns sufren una mayor presión e se encontran a mayor profundidade tienen un mayor contenido de gas.

  2. fab-aidagonzalez di:

    O metano é un gas de efecto invernadoiro. Na natureza prodúcese pola descomposición de substancias orgánicas en ambientes pobres en osíxeno, tamén se produce na combustión de combustibles fósiles e na queima de biomasa. Logo e filtrado no solo ata quedar baixo terra, onde se pode atopar unha mina onde se traballa. Cando este se pon en contacto co aire convértese nun explosivo moi potente e esto é un dos principais problemas que teñen os mineiros cando están traballando.

  3. fab-gretageorgieva di:

    O grisú ten a mesma orixe que o carbón e se forman a vez.No proceso de carbonificación, o carbón desprende diversos elementos, como hidróxeno, carbón e osíxeno, en forma de auga e gases como el dióxido de carbón,o metano…Estos gases en parte quedan retidos na capa de carbón mentras que o resto eliminase.
    No caso das minas subterráneas de carbón a causa principal de accidentes seguen sendo as explosiones de metano, principal componente do gas grisú, capaz de formar atmósferas explosivas.

  4. fab-elisaperez di:

    O metano é un gas emitido en minas subterráneas e de superficie, e como resultado de actividades posteriores á actividade mineira (procesamento, almacenamento e transporte de carbón.) As minas subterráneas son a única fonte máis grande de emisións metano de minas de carbón na maioría dos países. Durante anos, o metano nas minas de carbón foi considerado como unha molestia e un risco para a seguridade do escaso valor intrínseco.

  5. fab-beatrizcasal di:

    O metano fórmase mediante o proceso de carbonización, comeza coa oxidación e descomposición da materia vexetal cando esta queda somerxida nas zonas pantanosas. A medida que aumentaba a profundidade destes depósitos de materia vexetal, aumentaba a presión e a temperatura á que estaban sometidos. Como consecuencia deste fenómeno, producíronse alteracións térmicas do carbón que resultaron na formación de metano termoxénico.

  6. fab-mariablanco di:

    O metano é un hidrocarburo. Este gas despréndese dos terreos pantanosos e pode recollerse fácilmente en áreas subterráneas, en concreto en donde hai auga estancada. Así mesmo atópase no gas do alumbrado e é un dos gases que se forman nas minas de carbón. Os mineiros dánlle o nome de grisú e cando se encontra mesturado co aire dunha mina, con que se prenda simplemente un fósforo, xa se crea unha explosión.

  7. Victor di:

    Que outras fontes de metano coñecedes? Que efecto ten este gas na atmosfera?

    • faa-begonasuarez di:

      Existen fontes naturais e fontes alternativas. Fontes naturais son gas natural, petróleo e carbón. Unha fonte alternativa é o biogás. Na atmosferas, este gas, ten un gran efecto por un breve período e a súa concentración na atmosfera aumentou nun 150% dende 1750.

    • faa-larafernandez di:

      Outras formas de metano, eoncóntranse en granxas, concretamente en vacas, cabras e obellas. Estes animais, rumiantes e herbívoros, durante o seu proceso natural de dixestión crean moito metano (coñecido tamén como fermentación estérica, que ocurre no interior do estómago destes animais). Outra fonte de metano é do esterco que se acumula en grandes cantidades nas granxas, e utilizan formas de almacenamento deste material, tanques, nos que se descompón o esteco e produce metano.

    • faa-martinlosada di:

      O metano pode proceder de varias fontes, a primeira é a a través da extracción de combustibles fósiles como pode ser o gas natural ou o carbón, outra son as actividades agrícolas, que son as que emiten a maior parte das emisións, esto ocorre cando os animais defecan, e por último son as emisións que se producen en sitios como pantanos, donde abunda este gas

  8. faa-veronicanoya di:

    O metano obtense coa extracción de gas natural, pola descomposición de materia orgánica, tamén se pode extraer dos depósitos de carbón e polo proceso de defecación dos animais, expecialmente do gando.
    Na atmosfera o metano é un dos gases que contribúe no efecto invernadoiro. Este gas veuse aumentado nun 150% desde o ano 1750.

  9. faa-saracastro di:

    O metano pódese obter de diferentes maneiras, entre as que destaca a súa extracción de depósitos xeolóxicos. Tamén se pode obter, como ben dicíamos anteriormente, en depósitos de carbón.
    Ademais destas fontes, existen outras alternativas, coma o biogás procedente da fermentación de materia orgánica que se atopa nos estércoles, nos lodos das augas residuais, na basura domésstica ou en calquer outra materia prima biodegradable, baixo condicións anaeróbicas. Pódese obter tamén industrialmente mediante o proceso Sabatier.
    Este gas é moi importante na atmosfera. A emisión dunha tonelada de metano ten 23 veces o impacto da emisión dunha tonelada de dióxido de carbono durante os seguintes 100 anos. O metano ten un gran efecto durante un breve periodo (10 anos aproximadamente), mentres que o dióxido de carbono ten un pequeno efecto por un periodo prolongado (100 anos aproximadamente). Debido a este diferenza no efecto e no periodo, o potencial de quentamento global do metano nun prazo de 20 anos é do 63.

  10. faa-laurapaz di:

    O gas metano podémolo obter a partir de actividades naturais ou humanas. As 3 principais fontes de obtención do metano son:
    – Combustible fósil: o metano emítese durante operacións de extracción de petróleo, gas natural ou carbono, e tamén durante a manipulación, o procesamento e o transporte destes combustibles fósiles.
    – Animais de cría: algúns animais de granxa como vacas, ovellas ou cabras, emiten metano de dúas formas diferentes, unha é que durante a súa dixestión crean grandes cantidades de metano. E outra a través da descomposición do estrume do gando.
    -Vertedeiros: a basura, igual que o estrume, ó aire libre está chea de materia orgánica que ao descompoñerse sen osíxeno produce grandes cantidades de metano.
    Este gas ten un potencial de 23 nun período de 100 anos, é dicir, unha tonelada de metano tendrá 23 veces o impacto dunha tonelada de dióxido de carbono na atmosfera nos seguintes 100 anos.

  11. faa-fatimalago di:

    O metano (CH4) é un gas de efecto invernadoiro, producido pola putrefacción anaeróbica (sen osíxeno) das plantas. O metano tamén é coñecido como “gas dos pantanos” debido a que este gas se desprende dos terreos pantanosos e pode recollerse fácilmente en pequena cantidade axitando o lodo que hai no fondo das augas estancadas. Tamén é un gas que se forma nas minas de carbón, que recibe o nome de “grisú”. Fórmase á vez que o carbón. No proceso de carbonificación, o carbón desprende varios elementos, como o hidróxeno, o carbón e o osíxeno, en forma auga ou de gases, como o dióxido de carbono ou o metano…Estos gases, en parte quedan retidos na capa de carbón e estatos adxacentes, mentres que o resto marcha. A maioría do grisú atópase absorvida pola superficie intera do carbón, e o resto atópase de forma libre en gretas, fisuras e fracturas que se atopan no interior da capa e do propio carbón.

  12. fab-angelpineiro di:

    Unha fonte de metano que coñezo son os vertedoiros; a basura acumulada neles é materia orgánica e está exposta ao aire libre, polo tanto, á oxidación. Esta materia orgánica vaise apilando por capas e descomponse en condicións anaeróbica (sen osíxeno) no cal se desprenden grandes cantidades de gas metano.

  13. fab-angelpineiro di:

    O gas metano (CH4) é o segundo gas máis abundante na atmosfera, despois do dióxido de carbono (CO2), pero é 20 veces máis pesado que este último.
    Un dos efectos que provoca na atmósfera é que axuda a aumentar a temperatura da Terra provocando tamén que os polos se derritan antes.

  14. faa-sergioserantes di:

    Boa parte do metano fórmano microorganismos en situacións sin osíxeno, pero tamén se forma moitísimo gas metano nos campos de arroz e nos pantanos. Este gas é o segundo gas máis influínte no cambio climático actual tras o dióxido de carbono.

  15. fab-noerodriguez di:

    Unha das principais fontes de metano é o gas natural,formado principalmente por este material. A putrefación das plantas o outra importante razón, pero menos relevante. O metano é un dos principais gases que causan o efecto invernadoiro, polo que a súa principal función é a de illar na Terra parte dos raios do sol e así quentala.

  16. faa-mbarreiro di:

    O igual ca o CO2, ls fontes de metano poden ser naturales ou produto de actividades humanas. A actividade humana é a que crea a maior fonte de emisions de metano, as 3 principais fontes son:Combustible fósil (Carbón, petróleo e gas),vertederos e agrícola (estérco).

    O metano é un gas de efecto invernadoiro moi importante na Terra. Ten un gran efecto na atmosfera terrestre por un período de tempo corto, axuda o quecemento da Terra.

  17. faa-larafernandez di:

    O grisú, como di o artigo, contén gas metano que é o seu principal compoñente. O grisú ten o mesmo orixe que o carbón e se forma ó mesmo tempo que el, polo que en parte estes gases quedan retidos na capa do carbón nun 95%, e o resto, queda libre en gretas, fisuras e fracturas que existen no interior da capa e do propio carbón.

    Nas minas de carbón, e moi perigoso, xa que o facer o camiño para extrae carbon, o metano retido comeza a sair (porceso chamado desgasificación). Pode probocar enfermidades nos mineiros que o respiran e no caso de estar concentrado e encenderse un misto, este gas metano explotaria, probocando mortes, derrubamentos e máis.

  18. fab-rebecachaves di:

    A maior parte das emisións (un 60%) en todo ó mundo proceden das actividades agrícolas e outras actividades humanas, polo que podemos dicir que é de tipo antropoxénico. Tamén se produco ca descomposicón do esterco, de ahí que a maioría do metano se atope en granxas.

  19. faa-noeliaparracho di:

    As emisións de metano poden ser de dous tipos:
    Naturais ou alternativas.
    As naturais son nun 60% causadas polos homes, sobre todo en actividade agrícola pero tamén contribúen outras actividades humanas. Pero a maior fonte de metano é da súa extracción de depósitos de gas natural. Tamén se pode extraer metano en depósitos de carbón por perforación de capas de carbón. A combinación de xeo e metano no fondo mariño será, nun futuro, unha gran fonte de metano. Os procesos de dixestión e defecación dos animais tamén produce metano, sobre todo o gando.
    Nas alternativas destaca a emisión de metano no proceso de obtención de biogás. Tamén se obtén metano industrialmente, ó utilizar materias primas como o hidróxeno ou o carbono, este último no proceso Sabatier.

    O metano é un gas moi importante no efecto invernadoiro, xa que unha tonelada de metano ten 23 veces o impacto dunha emisión de dióxido de carbono nos seguintes cen anos. Polo tanto, o aumento de metano faría maior o grao de efecto invernadoiro dun modo máis rápido que o CO2.

  20. faa-laurarey di:

    Outras fontes de metano coñecidas poden ser:
    – A descomposición de residuos orgánicos por bacterias.
    – Fontes naturais (pantanos).
    – Procesos de dixestión e defecación dos animais.
    – Dixestión anaeróbica da biomasa
    – Materia viva vexetal
    Este gas provoca na atmosfera un importante incremento do efecto invernadoiro, que contribúe o calentamento global terrestre.

  21. Victor di:

    Que tipo de carbóns temos en Galiza? Producen algún gas contaminante?

    • fab-tcores di:

      O carbón é un dos principais motivos do quentamento global, xa que cando se queima produce dióxido de carbono, o qué vai cara a armosfera. Tamén expulsa mercurio que é moi perxudicial para todos nós.

  22. faa-ricardop di:

    O carbón galego está formado de dióxido de xofre (SO2) e dióxido de carbono (CO2) e os nosos carbóns, conteñe máis dun 2% de xofre e o que proveen de Indonesia só un 0´1, e aparte de ser máis contaminante a súa potencia calorífica é inferior, polo que supón moito máis gasto.

  23. faa-adrianbarreiro di:

    Un tipo de carbón que temos en Galiza é o lignito que ao ser queimado emite dióxido de carbono á atmosfera que provoca o efecto invernadeiro pero tamen emite óxidos de nitróxeno e azufres que ao reaccionar co vapor de auga transfórmanse en ácido sulfúrico e ácido nítrico que se precipitan en forma de chuvi ácida.

  24. faa-saracastro di:

    En Galicia actualmente non temos ningún carbón propio. Fai aproximadamente uns seis anos cerraron as dúas minas que quedaban, provocando así que agora só se traballe con mineral importado do estranxeiro. Un dos carbóns que máis se traballan nas nosas terras é o grafito.
    Por outra banda, temos que recoñecer que o carbón é un dos principais motivos do quentamento global, xa que cando este se queima produce dióxido de carbono, que é liberado á armosfera. Non só isto, senón que en ocasións tamén expulsa mercurio, elemento que é moi perxudicial para todos nós.

  25. faa-sergioserantes di:

    Galicia destacaba pola produción de lignito pardo, que ata fai soamente uns anos era extraído en minas nos concellos de As Pontes e Meirama, na provincia da Coruña, que xa non empregan carbón galego.

  26. fab-elisaperez di:

    O carbón é un tipo de roca formada en zonas pantanosas pola descomposición de restos vexetais. Esta descomposición é levada a cabo por bacterias anaerobias (que viven en ambientes pobres de osíxeno.) Sobre os restos vexetais deposítanse limos ou arcillas que aumentan o ambiente anaeróbico, facilitando o enriquecemento en carbono dos sedimentos. Xeralmente intercálanse capas carboníferas e capas doutras rocas sedimentarias. O carbón sempre se utilizou para obter enerxía calorífica. Hai catro tipos de carbón:
    -Turba: contén menos dun 60% de carbono, o que fai que teña baixo poder calorífico. Pode desmenuzarse.
    -Lignito: fórmase por compresión da turba. Contén entre un 60 e 75% de carbono.
    -Hulla: orixínase por compresión do lignito. Ten entre un 75 e 90% de carbono. É moi dura.
    -Antracita: fórmase a partir da hulla. Contén un 95% de carbono. É o carbono de mellor calidade. É duro e brillante.

  27. fab-martapalacios di:

    Galicia destacou pola produción de lignito pardo xa que fai poucos anos era extraído en minas nos concellos de As Pontes e Meirama, na provincia de A Coruña.
    O lignito é un carbón mineral que se forma pola compresión da turba (material orgánico, de cor parda escura e rico en carbono), converténdose nunha substancia esnaquizable na que ainda pódense recoñecer algunhas estruturas vexetais. É de cor negra ou parda e frecuentemente presenta unha textura semellante á da madeira da que procede.
    A variedade negra e brillante denomínase acibeche, que por ser dura pódese pulir e talar. Emprégase en xoiería e obxectos decorativos.
    En España os xacementos máis importantes localízanse en Asturies Oles (Teruel), Mequinenza (provincia de Zaragoza) e Pontes de García Rodríguez (A Coruña).

  28. fab-marcosdaporta di:

    En Galicia temos en abundancia Lignito, que é o carbón máis contaminante xa só aproximadamente o 50% é carbono puro. Este carbón produce CO2 (como todos) e pouca enerxía e a gran contra de este carbón é que emite máis xofre que os demáis.
    Ata fai pouco foi o carbón máis usado en Galicia polo seu baixo custo de extracción, pero actualmente debido a súa contaminación úsase máis carbón importado que é máis puro.
    Tamén temos pero en menor cantidade Hulla que é un carbón máis puro con aproximadamente un 75% de carbono pero demasiado contaminante.