O GAS DA RISA, MENUDA GRACIA..,

O óxido nitroso (N2O), tamén coñecido como o gas da risa, é un gas contaminante que pode aguantar na atmosfera ó redor de 120 anos. Malia non ser tan abundante na atmosfera como o CO2, o N2O ten un gran impacto sobre a capa de ozono polas súas propiedades radiactivas.


Este gas xa existía de forma natural na atmosfera en pequenas cantidades, pero as actividades humanas aumentaron notablemente as súas concentracións, sendo a agricultura, a industria e a queima de combustibles fósiles, biomasa e augas residuais a fonte de N2O de orixe humana.

Segundo un informe do Programa de Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA), o N2O é o terceiro gas que máis dano fai á capa de ozono, situándose detrás do metano e do dióxido de carbono, pero xeralmente pásase por alto. A reducción deste gas suporía un aumento da productividade agrícola e gandeira, unha mellora  da saúde humana e unha reducción da degradación o medio, mais a mitigación deste gas custaría máis de 11 mil millóns de euros ó ano. De non ser mitigado, estímase que no 2050, estará duplicada a cantidade actual.

Concentración de N2O na Terra ata o 2009

Autora: Verónica Noya Padín

Esta entrada foi publicada en Residuos, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

38 Responses to O GAS DA RISA, MENUDA GRACIA..,

  1. Victor di:

    Xa o tratamos nun artigo anterior pero neste creo que volve a haber o mesmo erro. A cuestión é a seguinte: o artigo estaba categorizado como dentro do Cambio Climático, pero do que trata é do efecto dun gas sobre a capa de ozono e, por iso, pregunto; hai relación entre o cambio climático producido polo efecto invernadoiro e a destrución da capa de ozono?

    • faa-adrianmartinez di:

      Eu creo que non existe tal relación. A destrucción da capa de ozono provoca a nosa menor protección fronte a emisións solares, algo que non ten que ver según eu o vexo, co cambio climático.

    • fab-iriamartinez di:

      Non teñen porque estar directamente ligados.O calentamento global foi provocado polas emisiones de gases -principalmente o dióxido de carbono- mentras que la reducción da capa de ozono, protexe a Terra das radiacións máis peligrosas do Sol.

  2. fab-sporto di:

    Non teñen porqué estar relacionados. O quentamento global foi provocado polas emisións de gases de efecto invernadoiro -principalmente o dióxido de carbono- mentres que a redución da capa de ozono, que protexe á Terra das radiacións máis perigosas do Sol, foi consecuencia do uso dunha clase deles, os clorofluorocarbonos (CFCs).

  3. faa-manuelmontes di:

    Si, hai unha relación. A capa de ozono filtra a radiación que chega desde o Sol, esta radiación rebota na Terra e sae, pero o efecto invernadoiro produce que esta radiación quede aquí. Se a capa de ozono é máis pequena, non filtra tanta radiación, e por culpa do efecto invernadoiro, non marchará.

  4. faa-ricardop di:

    Eu creo que sí, hay relación entre o cambio climático (efecto invernadoiro) e a destrución da capa de ozono (O3), xa que o cámbio climático fai que os climas que unha vez houbo, xa non estean, ou estean desprazados, polo que a vexetación que antes houbo non concorda co clima que agora temos, entón esto afecta ó ozono ( con CO2 principalmente, tamen NO2 e SO2) reducíndo así ésta capa que nos protexe dos raios canceríxenos.

  5. faa-igonzalez di:

    O cambio climático e a destrucción da capa de ozono non teñen nada que ver, pero en moitos lugares, si relacionan estes fenómenos, aínda que non teñan que estar directamente ligados.
    O quentamento global foi provocado polas emisións de gases, que se acumularon na atmósfera (principalmente o dióxido de carbono), mentres que a reducción da capa de ozono, que protexe á Terra das radiacións máis peligrosas do Sol, foi consecuencia do excesivo uso duhna clase destes gases, os clorofluorocarbonos (CFCs).

  6. faa-laurapaz di:

    Si, si que existe unha relación entre o cambio climático e a destrucción da capa de ozono, porque os raios do Sol entran na Terra e gracias á capa de ozono non saen, producíndose o efecto invernadoiro. E como a capa de ozono se está deteriorando, algúns raios saen, e entón baixa a temperatura producindose o cambio climático.

  7. faa-saracastro di:

    Cando falamos da relación entre o cambio climático e a destrucción da capa de ozono adoitamos xeneralizar demasiado e, sen embargo, ambos fenómenos non teñen porque estar ligados entre sí.
    O cambio climático prodúcese debido ás emisións de gases do efecto invernadoiro, principalmente de dióxido de carbono. Polo contrario, a redución da capa de ozono foi consecuencia do uso dunha clase deles, os clorofluorocarbonos.

  8. Victor di:

    Hai unha relación secundaria entre ozono e efecto invernadoiro, pero podemos considerar que son dous conceptos independentes.
    Que función ten a capa de ozono?
    Que función ten o efecto invernadoiro?

    • faa-adrianmartinez di:

      A capa de ozono ten como función protexernos de radiacións solares e outros axentes, mentres que o efecto invernadoiro ten como función que a diferencia de temperatura entre o día e a noite na terra non sexa máxima, xa que retén a calor emitida polo sol.

    • faa-begonasuarez di:

      A capa de ozono é unha capa protectora da atmosfera que se encontra entre 15 e 50 km da Terra. A súa función é reducir as radiacións ultravioletas á Terra. Estas radiacións son perxudiciais para a saúde humana e para a vida animal e vexetal.
      O efecto invernadoiro é o fenómeno polo cal determinados gases, compoñentes da atmosfera terrestre, reteñen parte da enerxía que a superficie planetaria emite cando se quenata pola radiación solar. Evita que a enerxía recibida constantemente volva inmediatamente ao espazo, producindo un efecto similar ao dun invernadoiro. A súa función é manter a temperatura adecuada para a Terra, a pesar de que varíen moito dun lugar a outro.

    • faa-sergioserantes di:

      A capa de ozono protéxenos de diversos tipos de radiacións nocivas e de alta enerxía, e o efecto inverndoiro o que provoca e que parte da enerxía dos raios solares que chegan á Terra permaneza dentro da atmosfera, sen deixala saír, actuando asi como regulador térmico.

    • fab-iriamartinez di:

      O ozono é un gas escaso que ten a función de protexernos da radiación UV-B que poden producir daños aos seres vivos, dependiendo da sua intensidade e tempo de exposición; estos danos poden abarcar desde irritacións da pel, conxuntivitis e deterioro no sistema de defensas, hasta chegar a afectar ao crecemento
      das plantas e dañando o fitoplancton.
      Por outro lado Denomínase efecto invernadoiro á absorción, por parte da atmosfera, de emisións infravermellas impedindo que escapen ó espazo exterior aumentando polo tanto as temperaturas medias do planeta.
      O efecto invernadoiro evita que a calor do Sol deixe a atmosfera e volva ó espazo. Isto quenta a superficie da terra co cal se produce o efecto de invernadoiro. Existe unha certa cantidade de gases de efecto de invernadoiro na atmosfera necesaria para quentar a terra

  9. fab-martarodriguez di:

    Estou de acordo con todo os que din os meus compañeiros, creo que si existe algunha relación entre o cambio climático e a destruccion da capa de ozono.
    Os raios do sol entran na Terra e grazas a capa de ozono non saen. Co tempo a capa de ozono estase deteriorando eso fai que algún raios do sol saían producindo unha baixa temperatura, e algúns deses raios son os que son malos para a nosa pel no verano, os raios ultravioletas.

  10. faa-noeliaparracho di:

    O ozono é un gas que forma unha capa protectora ó redor da Terra, e que é capaz de filtrar os raios ultravioletas provintes do Sol, para evitar que estes causen danos na Terra e as súas especies e incluso a desaparición da maioría delas.
    Os gases invernadoiro da atmósfera cumplen a función de manter a temperatura adecuada para a vida na Terra. Ó contrario do que se adoita pensar, o efecto invernadoiro non é “malo”, en realidade, sen él non sería posible a vida na Terra. Ó que é perxudicial do efecto invernadoiro é o aumento do mesmo, producido polo aumento de ozono nesta capa que cobre a Terra.

  11. fab-noerodriguez di:

    A función da capa de Ozono é facer que os raios ultravioletas non impacten directamente coa superficie terrestre reducindo estas radiacións.
    O efecto invernadoiro o que fai é reter parte da enerxía emitida polo sol de xeito que non saia de volta ao espazo e así quede na Terra quentandoa.

  12. fab-cporto di:

    -Función da capa de ozono: Na superficie da terra, o ozono resulta prexudicial para a vida, pero na estratosfera, a unha distancia entre 15 e 50 quilómetros, forma unha verdadeira capa protectora dos raios ultravioletas provenientes do sol, xa que actúa como unha pantalla que filtra os devanditos raios; polo que esta é,
    indubidablemente a súa función especifica na estratosfera, que é onde se encontra en estado natural e é alí onde absorbe as perigosas radiacións ultravioletas provenientes do sol, mentres que deixa pasar a luz visible para soportar a produción das plantas que forman a base das cadeas alimenticias.
    -Función do efecto invernadoiro: As causas naturais do efecto invernadoiro son as emisións de gases como o óxido nitroso, o dióxido de carbono, o metano, o ozono e vapor de auga.
    .Unha das causas de orixe humana do efecto invernadoiro é a deforestación. A deforestación aumenta a cantidade de dióxido de carbono na atmosfera. Así mesmo, debido á desaparición das árbores, a fotosíntese non se leva a cabo.
    .Causa do aumento no efecto invernadoiro debido á emisión destes gases son todos os aparatos eléctricos. Algúns procesos das industrias de fabricación de cemento tamén actúan como unha causa cara ao efecto invernadoiro.
    Outros procesos de orixe humana que contribúen son a queima de gasolina, petróleo e carbón.
    O crecemento demográfico é un factor indirecto e unha das causas do efecto invernadoiro. Co aumento da poboación, as necesidades das persoas increméntanse. Polo tanto, isto aumenta os procesos de fabricación, así como os procesos da industria. A maioría das máquinas feitas polo home, como o automóbil tamén contribúen ao efecto invernadoiro.

  13. faa-saracastro di:

    A capa de ozono é unha capa que protexe á atmosfera. É a encargada de reducir as radiacións ultravioletas que chegan á Terra. Estas radiacións son prexudiciais para a saúde dos seres humanos e para a vida animal e vexetal, polo que sen esta capa a nosa existencia sería practicamente imposible.
    Por outra banda, o efecto invernadoiro é o fenómeno que explica que determinados gases, que son compoñentes da atmosfera terrestre, reteñen parte da enerxía que emite a superficie do planeta polo feito de haber sido quentada pola radiación solar. Este fenómeno evita que a enerxía recibida constantemente volva inmediatamente ó espazo.

  14. fab-mariablanco di:

    Eu creo que sí que hai relación, pero non creo que o cambio climático sexa o culpable deste problema.
    A capa de ozono é a encargada do efecto invernadoiro (o cal é algo indispensable para a vida na terra)e tamén protexe a terra das radiacións do sol. Pero o cambio climático prodúcese por certos gases perxudiciais creados polo efecto invernadoiro, en concreto o dióxido de carbono.
    A capa de ozono por outra banda, está sendo afectada polas emisións de gas chamadas
    clorofluorocarbonos.

  15. fab-beatrizcasal di:

    A capa de ozono ten como función reducir as radiacións ultravioletas (UV) á terra. Estas radiacións son prexudiciais para a saúde humana e para a vida animal e vexetal e os gases invernadoiro da atmosfera cumpren a función de manter a temperatura media axeitada para a Terra, a pesar de que as temperaturas varíen moito dun lugar a outro: Se estes gases aumentasen, reterían demasiada calor, isto provocaría o requentamento do planeta.De este xeito, a atmosfera deixa que a radiación solar a atravese para quentar a Terra, pero non deixa saír a radiación que a Terra irradia cara ao espazo.

  16. faa-fatimaf di:

    -A capa de ozono é unha zona situada na estratosfera terrestre que contén o 90% do ozono presente na atmosfera e absorbe sobre o 97% da radiación ultravioleta emitida polo Sol, que, en grandes cantidades, é prexudicial para os seres vivos.
    -O efecto invernadoiro evita que a enerxía que chega do sol á Terra volva inmediatamente ó espazo, regulando así a temperatura terrestre.
    O seu funcionamento é moi similar ó dun invernadoiro (de ahí o seu nome), xa que permite a entrada da enerxía procedente do Sol pero evita que esta saía na súa totalidade, producindo así un quentamento necesario para a vida na Terra.

  17. faa-nicolecorbacho di:

    A principal función da capa de ozono é evitar que a radiación ultravioleta, nociva para á vida, chegue a nós. Actúa como filtro, a radiación da luz que nos chega do sol, é absorbida póla capa de ozono sendo esta convertida en calor. E a función do efecto invernadoiro é manter a temperatura media adecuada para a Terra, a pesar de que as temperatures varíen moito dun lugar a outro: si os gases do efecto invernadoiro aumentan, retendrían demasiada calor, esto provocaría o recalentamento do planeta.

  18. Victor di:

    Sería posible a vida , neste planeta, sen capa de ozono?, e sen efecto invernadoiro?

    • faa-begonasuarez di:

      A vida na Terra non sería posible sen a capa de ozono e sen o efecto invernadoiro, xa que sen capa de ozono as radiacións ultravioletas chegarían directamente á Terra e estas radiacións son perxudiciais para a saúde humana e para a vida animal e vexetal. E sen o efecto invernadoiro a enerxía recibida constantemente a través da radiación solar volvería inmediatamente ao espazo, deixando a Terra con temperaturas extremas, polo que a non sería posible a vida.

  19. faa-veronicanoya di:

    Non sería posible a vida sen capa de ozono, xa que é a encargada de reducir a cantidade de raios ultravioletas que entran na Terra. No caso da entrada destos raios os homes e os ecosistemas veríamonos moi afectados. O home estaría exposto a alteracións do sistema inmunolóxico, risco de contraer cáncer ou cataratas, entre outros; e a vida animal e vexetal diminuiría notablemente o ritmo de crecemento.
    Sen efecto invernadoiro as temperaturas terrestres serían extremas, non podendo vivir ningún ser vivo na Terra.

    • faa-larafernandez di:

      Como di Veronica, a vida no sería posible na Terra sen a capa de ozono xa que os raios ultravioletas chegarían a Terra dende o Sol na súa totalidade, cousa que probocaria a morte da vida terrestre, incluidas as plantas e animais. O que facia esta capa, era reter estes raios fscendo que so unha parte deles chegue.

      No caso do efecto invernadoiro, non é bo nin malo, é decir, malo en exceso e bo nunha cantidade adecuada. O que fai o efecto invernadoiro é que os raios solares cheguen a superficie terrestre, que reboten cara arriba e o chegar a atosfera unha parte deles saia e outra volva rebotar cara a Terra. En exceso dos gases que o provocan (entre eles o CO2), fai que estes raios non saian, probocando o aumento das temperaturas. No caso de que non existise, sería imposibel a vida devido o cambio brusco de temperaturas, e decir, extremadamente quentes de día e glaciares pola noite.

  20. faa-adrianbarreiro di:

    A vida neste planeta sería imposible no caso de que non tivésemos capa de ozono porque as radiación de raios ultravioletas que recibiríamos serían tan intensas que acabarían con todos os seres vivos deste planeta, ao mellor poderían sobrevivir as bacterias ou organismos das profundidades abisales ou das profundidades candentes do subsolo. Pero tamen sería imposible a vida sen efecto invernadoiro porque a Terra está sustentada polo continuo fluxo da enerxía solar. O calor atravesa a atmosfera e quenta a superficie, conforme aumenta a temperatura parte desa calor e regresada a atmosfera e algúns gases como o dióxido de carbono, o vapor de auga, etc atrapan parte desa calor. Esto fai que a temperatura media global sexa de 15 grados centígrados e non de -18 grados centígrados en caso de non ter atmosfera e polo tanto tampouco efecto invernadoiro.

  21. fab-gretageorgieva di:

    Claramenten non,a vida non sería posible sen o efecto invernadoiro as temperaturas sería moi elevadas de modo que sería imposible a vida de calqueira ser vivo.
    Na atmósfera,os gases como o (CO2), vapor de agua, metano, óxido de nitróxeno… atrapan parte do calor actuando como un invernadoiro.
    Tampouco sería posible sen a capa de ozono, xa que é funciona como unha barreira contra a radiacción solar.

  22. faa-laurapaz di:

    Non sería posible a vida na Terra sen a capa de ozono porque é a capa que non deixa pasar raios ultravioletas ó interior da Terra, e se pasarían, ás persoas, por exemplo, produciríannos cancro ou outras enfermidades graves.
    E sen efecto invernadoiro tampouco habería vida, porque evita que a diferencia de temperatura entre o día e a noite non sexa moi notable, e sen el polo día teríamos moitísimo calor e pola noite moito frío.

  23. faa-fatimaf di:

    Non, a vida non sería posible no noso planeta sen a capa de ozono xa que é a que absorbe a maior parte da radiación ultravioleta emitida polo Sol, que sería moi prexudicial para os seres vivos se non se vise reducida pola capa de ozono. Os humanos aínda poderíamos soportalo sen saír de casa ou poñéndonos una gran cantidade de crema solar con moita protección pero o resto dos seres vivos non teñen esas facilidades polo que se verían gravemente afectados, producindo una reacción en cadea que nos acabaría afectando tamén a nos xa que se o resto dos seres vivos non lograsen sobrevivir nós non teriamos de que alimentarnos.
    O efecto invernadoiro tamén é imprescindible xa que é o encargado de regular a temperatura terrestre e sen ese efecto as temperaturas na Terra serían tan extremas que os seres vivos non poderían resistilas.

  24. faa-sergioserantes di:

    Sería imposible vivir na Terra tanto sen efecto invernadoiro, porque as temperaturas serían moi extremas, como sen a capa de ozono, porque todas as radiacións nocivas das que esta nos protexe chegarían á superficie terrestre e non permitirían o desenvolvemento axeitado de ningunha forma de vida.

  25. fab-sporto di:

    A capa de ozono é moi importante para todos nós, pois esta nos protexe dos raios ultravioleta, os cales coa súa forza ocasionan enfermidades á pel. Pero ao degradarse deixa que os raios ultravioleta aumenten a súa forza. Non obstante esta capa estase a degradar pouco a pouco e como consecuencia o mundo está a empeorar. Os máis afectados neste problema somos nós, os humanos e todos os demais seres vivos do planeta Terra. Ironicamente nós somos os causantes desta degradación da capa de ozono.
    Sen o efecto invernadoiro as temperaturas terrestres serían moi extremas e non podería vivir ún ser vivo en ningún lugar da Terra.

  26. fab-martarodriguez di:

    Non sería posible a vida sen a capa de ozono e o efecto invernadoiro. A capa de ozono é a encargada de parar os raios ultravioleras para que estes non chegen directamente a terra e nos produzcan danos na pel como queimaduras ou cáncer, non habería case vida nos nosos bosques e moi poucas empecies animais xa que as temperaturas serían extremas, imposibles de soportar na Terra.

  27. faa-lauravazquez di:

    Neste planeta non sería posible a vida sen capa de ozono nin efecto invernadoiro.
    En pequenas concentracións, os gases invernadoiro son vitales para a nosa supervivencia. Cando a luz solar chega á Terra, unha parte de esta enerxía refléxase nas nubes e o resto atravesa a atmosfera e chega ó chan. Grazas a esta enerxía as plantas poden crecer.
    A capa de ozono é como un paraugas protector frente ós raios ultravioletas. Se estas radiacións alcanzaran a superficie terrestre, sen pasar polo “fltro” do ozono, causarían moitos efectos moi daninos como a destrucción do fitoplacton (a base de todas as cadeas alimenticias do océano)e no home causaría un debilitamento xeral do sistema inmunolóxico, danos na vista e tamén aumento do cancer de pel.
    É incorrecto decir que a capa de ozono ou o efecto invernadoiro son perxudiciais ou que afecta ó cambio climático. Ambas son necesarias para o desenvolvemento da vida na Terra e o que actualmente está afectando é a contaminación que perxudica tanto a capa de ozono (facendo que se debilite) como ó efecto invernadoiro (atenuando o seu impacto na superficie terrestre).

  28. faa-laurarey di:

    Non, pois sen a capa de ozono estaríamos expostos a radiación ultravioleta solar, o que provocaría a esterilización da superficie terrestre, matando virus e bacterias. Ademais nos humanos provocaría graves enfermidades como por exemplo o cancro. No caso en que non existise o efecto invernadoiro as temperaturas serían moi extremas, imposibilitando a vida neste planeta

  29. fab-rebecachaves di:

    Como di Verónica, a vida non sería posible, porque non é só que pare os raios ultravioletas, senón que para todos ou casi todos nun 90%.Polo que chegaría a probocar a morte de toda a vida do planeta.
    En canto ao de o efecto invernadoiro, sen él tampouco poderíamos vivir, xa que faría demasiado frío, sen embargo últimamente está sendo afectado polo dióxido de carbono e o metano.
    En conclusión, sen a acapa de ozono os raios do sol acabarían por terminar ca vida na Terra debido ás altas temperaturas, e sen o efecto invernadoiro pasaría o contraio e habería temperaturas ínfimas.

  30. fab-andreabrea di:

    A vida sen a capa de ozono sería imposible, xa que esta capa é a que non permite que os raios ultravioletas e outros cheguen a nós, se esta capa non estivese, porduciríanse, por exemplo, queimaduras cutáneas en cinco minutos e duplicariaxse a intensidade da radiación solar; e ó mismo tempo, tamén sería inviable vivir sen o efecto ionvernadpoiro, xa que a súa finción é a de ter unha temperatura adecuada na Terra, de non telo, este sería un planeta totalmente conxelado.