XUNTOS ATA A MORTE

O luns 6 de outubro tivo lugar un varamento histórico  de caldeiróns tropicais, posiblemente o maior rexistrado de España, na Praia de Bares, en Mañón. Vinte e dous caldeiróns  recalaron neste lugar, dos cales seis pereceron.

Colaboradores do CEMMA, persoal e voluntarios de Protección Civil loitaron durante toda a xornada  para evitar que estes animais vararan de novo. A demais, os veciños encargáronse de  verter sobre estes, cubos con auga, co fin de mantelos con vida.

Semella que a causa desta traxedia foi posiblemente que, o guía da manada tivera algún tipo de problema de saúde e se achegase a costa, sendo seguido polo resto de caldeiróns.


Autor: Laura Rey

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

47 Responses to XUNTOS ATA A MORTE

  1. Victor di:

    Que tipo de cetáceos existen e cales son máis comúns nas costas galega?

    • faa-laurapaz di:

      Os cetáceos divídense en 2 tipos: os misticetos (con barbas), que son unhas 11 especies, e os odontocetos (con dentes), unhas 73 especies.
      Nas costas galegas pódense observar ata 20 especies de cetáceos, os máis comúns son: o golfiño común, o golfiño riscado, o arroás, a toniña, o arroás boto, o caldeirón común, o cachalote e a balea común.

    • fab-aldaramuniz di:

      Normalmente a xente clasifica estes mamíferos mariños en 3 tipos según o seu tamaño: baleas, golfiños e marsopas. Pero nun término máis científico e preciso, en xeral, os cetáceos divídense en 2 grupos: os odontocetos e os misticetos. Os odontocetos poseen dentes e aliméntanse doutros animais mariños. E os misticetos posúen barbas na mandíbula superior para poder alimentarse de pequenos crutáceos.
      Os cetáceos máis comúns nas costas galegas son os delfins comuns, as marsopas,os arroases, os cachalotes e as baleas comúns.

    • fab-jessicapineiro di:

      Existen dous grandes tipos:O dos odontocetos formado por delfins,cachalotes,orcas etc. con dentes nas súas mandíbulas,e o dos Misticetos composto por baleas e rorcuales,con unhas estruturas filtradoras chamadas barbas,en lugar de dentes.En Galicia abunda: o golfiño común, o golfiño riscado, balea de aleta branca, arroaz real e o caldeirón común.

    • fab-iriamartinez di:

      Os cetáceos son de mamíferos placentarios que viven exclusivamente no ambiente acuático, abarcan as baleas, os golfiños e as marsopas. O orden está constituido por unHas ochenta especies viventes clasificadas en dous subórdenes: Mysticeti (baleas con barbas, que se alimentan filtrando o alimento do agua) e Odontoceti (animales cazadores, con unha dentición homodonte que se aparta moito do que é característico dos mamíferos)

    • faa-adrianmartinez di:

      Na actualidade hai dous tipos de cetáceos: os misticatos ou cetáceos con barbas ( como as baleas) e os odoncetos ou cetáceos con dentes ( como os golfiños). No pasado había un terceiro grupo de cetáceos, os arqueocetos, grupo do cal evolucionan estes dous tipos de cetáceos modernos.
      Nas costas galegas podemos distinguir varias especies de cetáceo, coma por exemplo: o golfiño, o arroaz, a toniña, o caldeirón, o cachalote e a balea.

    • faa-diegocores di:

      Os cetáceos comprenden 79 especies diferentes de baleas, delfíns e marsopas. Á sua vez englobanse en dous subordes: odontocetos con dentes e fosas nasais unidas en unha soa; e misricetos ( sin dentes pero con barbas que filtran o alimento). Os mais comuns en galicia son os delfins comúns.

  2. fab-manuelgonzalez di:

    Os cetáceos comprenden 79 especies de baleas,golfiños e marsopas,que varían de tamaño,de de os 1,3 metros ata os 30; nestea categoría de animais,atopanse os animais máis grandes do mundo,claro exemplo da balea azul. Nas costas galegas o cetáceo típico desata zona son os arroaces,pero déronse casos de baleas que pasaron por estas rías.

  3. faa-manuelcacabelos di:

    Os cetáceos son as baleas,os cachalotes,as candorcas,os golfiños,os arroaces e as toniñas.
    O golfiño común é a especie de cetáceo máis abundante nas augas de Galicia. Aínda que soen vivir en augas exteriores, lexos da costa, dependendo da época e da abundancia de pesca, poden chegar a observarse grandes grupos cercanos á costa.

  4. fab-iciacores di:

    Existen uns 79 tipos diferentes de cetáceos. Entre os máis comúns e os máis coñecidos atopamos os golfiños, as baleas e orcas, os cachalotes ou os caldeiróns. Nas costas Galegas conviven os golfiños ou arroases (un dos exemplos foi o golfiño Gaspar, que se paseou durante 3 anos polas nosas costas en busca para chamar a atención humana). Tamén atopamos baleas e cachalotes.

  5. fab-martapalacios di:

    A orde dos cetáceos agrupa a 84 especies e divídese en dous grupos: Misticetos e Odontocetos. Os Misticetos son os cetáceos con barbas: unhas placas córneas que colgan da mandíbula superior e usan como filtro para alimentarse có zooplancton, krill e pequenos peixes. Hai 11 especies clasificadas en: balénidos, neobalénidos, escrictidos e balenoptéridos. Os Odontocetos que inclúe a todos os cetáceos con dentes, ben sexan visibles ou aparentes, compréndense en 73 especies clasificadas en: fisetéridos, zífidos, focénidos, ínidos, pontopóridos, monodóntidos, delfinidios e platanístidos. Os cetáceos máis comúns en Galicia son os golfiños e arroases.

  6. faa-sergioserantes di:

    O grupo dos cetáceos abarca case oitenta especies distintas de marsopas, delfíns e baleas, que xa poden ser odontocetos (ter dentes) ou misticetos (con barbas). Os máis habituais nas augas de Galicia e do nordeste do Atlántico en xeral son os arroases, os golfiños comúns, algúns rorcuais, asi como caldeiróns, grises e comúns, cachalotes, zifios e algún tipo de balea, como a de Groenlandia ou a balea franca.

  7. faa-saracastro di:

    Nas costas galegas os cetáceos que máis predominan son o golfiño, o arroaz, a marsopa e mesmo o calderón; pero por atopar, podémonos atopar moitos outros como baleas ou cachalotes.

  8. faa-nicolecorbacho di:

    Hay tres tipos de cetáceos : as balea son cetáceos grandes que miden máis de 4 metros de longitud, os delfíns son cetáceos medianos que miden entre4 e 2 metros de longitud e, as marsopas son os cetáceos pequenos que miden menos de 2 metros de longitud.
    Os máis comúns na costa galega son os delfíns e as baleas.

  9. fab-ariadnacordal di:

    Os cetáceos son un grupo de mamíferos placentarios que comprende 84 diferentes especies de baleas, golfiños e marsopas.
    Nas costas galegas os cetáceos máis comúns son o golfiño común, o golfiño riscado, o arroás, a toniña, o arroás boto, o caldeirón común, o cachalote e a balea común.

  10. faa-noeliaparracho di:

    Os cetáceos comprenden 79 especies de baleas, golfiños e marsopas que posúen variados tamaños de entre 1’3 e 30 metros de lonxitude. Neste grupo inclúense algúns dos animais máis grandes do Mundo, como a Balea Azul.
    Nas rías galegas hai sobre unhas 20 especies diferentes entre as que se atopan: Arroás, Golfiño Común, Toniña, Rorcual…

  11. faa-veronicanoya di:

    O grupo dos cetáceos comprende ó redor de 80 especies de baleas, golfiños e marsopas de diferentes tamaños que oscilan entre os 1’3 e os 30 metros de lonxitude.
    Nas nosas costas os cetáceos máis comúns son o golfiño común, o golfiño riscado, o arroás, o arroás boto, o caldeirón común, o cachalote, a toniña e a balea común.

  12. faa-laurarey di:

    Os tipos de cetáceos que existen son: os misticetos; entre os cales destacan as baleas desdentadas; e os odontocetos; como son os delfíns, as baleas dentadas, as orcas , as marsopas…
    Os máis comúns en Galicia son o delfín listado, o caldeirón común, o delfín mular, o delfín común e a marsopa.

  13. Victor di:

    RECORDADE QUE O SÁBADO SERÁ PECHADO O FORO

  14. fab-noerodriguez di:

    Os cetáceos divídense en dous grupos: os miscetos (con barbas, como no caso dalgunhas baleas) e os odontocetos (que teñen dentes, son o caso dos golfiños ou os arroás. Este grupo de mamíferos está formado por arredor de 79 especies de entre 1’3m (como é a vaquita) e 30m (caso da balea azul). Os máis comúns nas costas galegas son o golfiño, o arroás, o cachalote e a balea.

  15. fab-aidagonzalez di:

    Os cetáceos son mamíferos que se adaptaron á vida mariña como a balea, os delfíns ou as marsopas.
    Exisiten 80 especies diferentes de cetáceos entre os que se atopa o animal máis grande do mundo, a balea azul. Divídense en tres grupo: os cetáceos primitivos, os cetáceos con barbas e os cetáceos con dentes.
    En Galicia temos o golfiño común, o golfiño riscado, balea de aleta branca, arroaz real, arroaz bolo e o caldeirón común.

  16. fab-sporto di:

    A orde dos cetáceos agrupa a 84 especies e divídese en dous grupos: Misticetos e Odontocetos. Os Misticetos son os cetáceos con barbas: unhas placas córneas que colgan da mandíbula superior e usan como filtro para alimentarse có zooplancton, krill e pequenos peixes. Hai 11 especies clasificadas en: balénidos, neobalénidos, escrictidos e balenoptéridos. Os odontocetos son unha suborde de mamíferos cetáceos, sen barbas coa cabeza prolongada nun fociño provisto de dentes, que poden ser numerosos ou se reducen a un só par. As foxas nasais son verticais e abertas no vértice da cabeza por un orificio común ou espiráculo. Os membros anteriores son pentadáctilos e as costelas articúlanse fortemente coa columna vertebral.
    As súas especies distribúense en seis familias: das que as máis importantes son as dos fisetéridos, os cachalotes; os delfínidos, os delfinas, os orcos e caldeiróns; os focénidos, as marsopas; e monodóntidos, o narval. Os cetáceos máis comúns en Galicia son os golfiños e arroases.

  17. Victor di:

    Semella que os cetáceos teñen un alto grao de intelixencia que lles permite interaccionar cos seres humanos; pero cal é o grao de parentesco que existe ente cetáceso e humanos?

    • faa-larafernandez di:

      Tanto os cetáceos como os seres huamanos comparten una intelixencia e extructura cerebral (xa nomeada noutro artigo anterior), pero tamen teñen en común as súas relacións sociais cos distintos individos da manada. Coma os humanos, gardan unha relación máis estreita con amigos e membros da familia que co resto da comuidade, e mantendo tamén un continuo fluxo de asociación con outros grupos de cetáceos.

  18. faa-manuelmontes di:

    O tamaño relativo do cerebro dos cetáceos, os niveis de autoconciencia e sociabilidade gardan certa similitude coa do ser humano, por exemplo, os cetáceos teñen unha vida social que está controlada polos sentimentos e emocións parecida á nosa.

  19. faa-ricardop di:

    Eu penso que nun principio había unha raza con rasgos de todas as especies, logo da separación dos continentes e o seu alonxamento, provocou que as especies evolucionaran de forma diferente, sendo as máis próximas as máis parecidas e as menos próximas menos parecidas.
    Tamén hay que ter en conta que os cetáceos se adaptaron ó medio acuático, mentres que os humanos ó medio terrestre.

  20. faa-igonzalez di:

    Os cetáceos e os seres humanos teñen moito en común. Nosos irmáns, os cetáceos, sorpréndennos novamente. Distintas investigacións científicas confirmaron que a composición xenética do ADN dos cetáceos é sorprendentemente semellante ós seres humanos. Os cetáceos están máis cerca de nós como mamíferos que das vacas, cabalos ou porcos, a pesar do feito de vivir na auga. Nos análises identificaronse 36 segmentos comúns entre o xénoma dos seres humanos e os cetáceos que, 13 dos 22 cromosomas dos cetáceos, son iguais cos cromosomas dp ADN dos seres humanos.

  21. faa-saracastro di:

    Entre os cetáceos e os humanos hai algunhas características que fan que seamos semellantes, por dicilo dalgún modo.
    Os cetáceos teñen un cerebro dun tamaño moi similar ao noso. Tamén posúen uns altos niveis de autoconciencia e sociabilidade.
    É tal o parentesco que temos, que ata a eles se lles nota cando están enfadados ou cariñosos. Teñen unha vida social increíblemente controlada polos sentimentos e polas emocións, algo que nos resulta verdaderamente asombroso.
    Unha capacidade que tamén teñen é que son capaces de reconocerse diante dun espello, como é o caso dos golfiños. Isto indícanos a posesión de vida interior.
    En definitiva, os cetáceos son unha das especies máis parecida a nós, xunto cos primates, e por ese motivo debemos coidalos e protexelos todavía máis.

  22. fab-ariadnacordal di:

    O maior parecido entre os humanos e os cetáceos radica no desenvolvemento da corteza do cerebro. Isto implica que ambos posuamos conductas semellantes, tales como a habilidade da aprendizaxe, o uso de ferramentas ou incluso o sentido do humor. Non obstante, o ser humano segue a ser o máis intelixente; en comparación cos cetáceos, a relación entre o tamaño do cerebro e o corpo é maior na nosa especie.
    Ademais, o ser humano e o cetáceo tamén comparten parte da anatomía e bioloxía reprodutiva.

  23. faa-nicolecorbacho di:

    Os cetáceos se poden considerar como persoas, dado o su tamaño relativo cerebral e os niveis de autoconciencia e sociabilidade.
    Teñen unha vida social controlada polas emocións e sentimentos moi similares aos nosos, mimanse e acaricianse entre si, resulta moi doado distinguir cando se enfadan;
    Comunicanse emitindo o sonido póla frente e, teñen unha capacidade similar a nosa.

  24. Victor di:

    Os mamíferos proceden, evolutivamante, dos réptiles e son basicamente animais terrestres. Como se explicaría a presencia de mamíferos mariños?, cal é a súa procedencia?

    • faa-adrianmartinez di:

      Os mamíferos mariños xorden por evolución dos mamíferos terrestres que por algún motivo, tiveron que volver ao mar. As adaptacións levadas a cabo por eles son moi diferentes ás nosas debido a isto.

  25. faa-noeliaparracho di:

    Os seres humanos teñen un nivel de parentesco cos cetáceos maior que cos coellos, porcos, ou outras especies terrestres. Aínda que isto poida parecer curioso, o que provoca este parentesco é a coincidencia de 36 segmentos de ADN comúns con este animal. Ademais, a corteza cerebral dos cetáeos e a dos humanos desenvolvéronse dun xeito moi semellante, o que provoca comportamentos semellantes entre estas dúas especies.

  26. faa-noeliaparracho di:

    Os mamíferos mariños proceden daqueles mamíferos que, tras colonizar a terra, volveron por algunha razón ó mar, adquirindo diferentes rasgos para adaptarse á vida no mar, como un tamaño (xeralmente) maior, unha forma hidrodinámica para nadar a máis velocidade e máis fácilmente ou coma una mecanismo termorregulador.

  27. faa-saracastro di:

    Os mamíferos mariños evolucionaron a partir dos seus antecesores terrestres e adquiriron diferentes rasgos para adaptárense á vida no mar. Cada especie adaptouse á vida mariña dunha maneira distinta. Os máis adaptados son sen dúbida algunha os cetáceos e os sirenios, xa que pasan toda a súa vida na auga. O resto dos grupos pasan polo menos algún tempo en terra.
    En canto á explicación da existencia de mamíferon mariños non hai moito que dicir. As especies evolucionan, cada unha á súa maneira e adaptándose ós medios nos que viven, así que estes foi o que fixeron.

  28. fab-elisaperez di:

    Os mamíferos mariños son un grupo variado de aproximadamente 130 especies de mamíferos que se adaptaron á vida no mar ou dependen del para a súa alimentación. Inclúense os cetáceos, sirenios, pinnipedos e algunhas nutrias. Evolucionaron a partir dos seus antecesores terrestres e adquiriron distintos rasgos para adaptarse á vida no mar, como un tamaño xeralmente maior, forma corporal hidrodinámica, modificaron apéndices e experimentaron adaptacións termoregulatorias. As diferentes especies adaptáronse á vida marítima en distintos graos. Os máis adaptados son os cetáceos e os sirenios, mentres que os demais grupos pasan algo de tempo na terra.

  29. fab-beatrizcasal di:

    Os mamíferos mariños evolucionaron a partir dos seus antecesores terrestres e adquiriron distintos trazos para adaptarse á vida no mar, como un tamaño xeralmente maior, forma corporal hidrodinámica, modificaron apéndices e experimentaron adaptacións termoregulatorias. As diferentes especies, non obstante, adaptáronse á vida marítima en distintos graos.

  30. Victor di:

    Cales son as adaptacións ao medio acuático que experimentaron os cetáceos?

    • faa-mbarreiro di:

      Os cetáceos poseen varias adaptacions ao medio acuático: Poseen corpo en forma Hidrodinámica para a natación. As súas extremidades anteriores e posteriores trasnformadas en aletas. O seu orificio nasal está ubicado na parte posterior da cabeza formando un espiráculo que lle permite obter o O2 do aire para a respiración e o intercambio gasoso. Comunicanse por medio de ondas producidas por sons entre os individuos que forman a población. Ademáis diso poseen un oído moi desenvolto coma asi tamén a masa encefálica que lles permite recoñecer con mais facilidade.

  31. faa-adrianbarreiro di:

    Para adaptarse ao medio acuático os cetáceos teñen o corpo alargado para adoptar unha forma aerodinámica que lles permita nadar a altas velocidades e o doten de axilidade no medio acuático. As súas extremidades dianteira son aletas que lle axudan a moverse polos océanos e a aleta traseira para impulsarse,como no precisaban de máis extremidades traseiras foron perdendo progresivamente o que anteriormente eran patas para desprazarse no medio terrestre. Os seus ollos están moi separados entre si ,a ambos lados da boca, o que lles permite ver hacia os lados e incluso detrás deles, pero non ven claramente de frente.Para superar este problema adquiriron un sistema que consiste en emitir ondas sonoras para atopar presas ou guiarse, este sistema de ondas sonoras chámase ecolocalización. Para poder respirar posuen un orificio nasal na parte superior da cabeza. Dependendo do tamaño e da súa alimentación algún cetáceos adquiriron dentes mentras que outros non os necesitan, se teñen dentes o normal e que o seu morro sexa alongado.

  32. faa-veronicanoya di:

    Modificaron a súa forma, sendo agora moito máis hidrodinámica, as súas extremidades transformáronse en aletas, comunícanse mediante ondas que se propagan polo mar, posúen un oído moi desenvolto e o orificio nasal atópase na parte posterior da cabeza, podendo obter osíxeno do aire con máis facilidade.

  33. fab-gretageorgieva di:

    Algunhas das adaptacións ao medio acuático que presentan os cetáceos:
    – O seu corpo presebta a forma hidrodinámica para a natación
    – As extremidades anteriores e posteriores trasnformadas en aletas
    – Su orificio nasal se atopa ubicado na parte posterior da cabeza formando un espiráculo que lle permite obter o O2 do aire atmosférico para a respiración e o intercambio gaseoso.
    – Comunican se por medio das ondas producidas por sonidos entre os ciudadanos.
    – Posuen un oído moi desenvolto e igual a masa encefálica que lles permite reconocer con máis facilidad o aprendizaxe.

  34. faa-larafernandez di:

    Algunhas das adaptacións máis destacada dos ceáceos ó medio mariño son, por exemplo, a súa forma dinámica que lles permite ir a velocidades máis altas, que xunto a súa cola permítelles tomar impulsos. Outra adaptación é a situación do seu orificio nasal no lombo, que lle permite respirar na superficie máis comodamente.

    E finalmente outra característica que destacaría é a súa forma de comunicación e recepción de ditas mensaxes coos da súa especie. Isto fano mediante ondas que viaxan polo mar ata outros cetáceos, e recívenas mediante os seus desenrolados e agudos oídos.

  35. faa-saracastro di:

    Os cetáceos son mamíferos e, debido a iso, teñen sangre quente, paren ás súas crías e estas toman leite das súas nais. Pero, debido á súa adaptación á vida acuática, tiveron que adquirir rasgos moi distintos ós dos mamíferos terrestres, como é a forma hidrodinámica do seu corpo e a pérdida total do seu pelo para mellorar así o deslizamento na auga. Teñen pescozos curtos e ríxidos, esenciais para nadar a gran velocidade. As súas extremidades anteriores transformáronse en aletas pectorais e as posteriores desapareceron. Teñen colas musculares que serven para a súa propulsión e os seus orificios nasais trasladáronse á parte superior da cabeza para respirar con maior facilidade na superficie da auga.
    Tamén hai outras adaptacións un pouco menos evidentes, como o desarrollo do oído, que compensa a falta casi total de olfato, así como a pouca precisión de visión subacuática. Teñen tamén unha alta tolerancia ó dióxido de carbono. Ademais, as súas caixas torácicas son pregables, para favorecer así a inmersión profunda. Teñen tamén capas de graxa que manteñen a calor.

  36. faa-laurapaz di:

    As adaptacións dos cetáceos ao medio acuático son:
    -As extremidades e a cola dos mamíferos terrestres transformáronse nas aletas.
    -A maioría dos mamíferos mariños eliminaron o pelo para adaptarse á natación.
    -Aumentou a superficie alveolar para ter un sistema respiratorio máis eficaz, xa que permanecen moito tempo sen coller aire.
    -Como os cetáceos non teñen labios, para amamantarse dan pequenos golpes nas mamas ata que se produce unha expulsión forte de leite, moi concentrada para que non se disperse na auga.

  37. faa-sergioserantes di:

    Entre as adaptacións dos cetáceos ao medio acuático están:
    -Adquirimento dun corpo hidrodinámico
    -Desaparición do pelo ou adaptación deste á auga
    -Potente sistema respiratorio
    -Adaptacións relacionadas coa reprodución (ao mamar os labios das crías están pensados para perder o mínimo de leite por exemplo)

  38. fab-andreabrea di:

    Algunhas das adaptacións dos cetácxeos ó medio acuático son:
    Teñen un potente sistema respiratosio, o que lles permite estar maís tempo baixo a auga sen risco de asfixia.
    Sufriron a transormación das extremidades en aletas, o que lles permite unha maior movilidade; outra adaptación que ten relación con esta é que, tamén eliminaron o pleo, ou elaboraron unha adaptación á auga.
    Tamén posuen un corpo hidrodinámico.
    O seu orificio nasal está ubicado na parte posterior da cabeza formando un espiráculo que lle permite obter o O2 do aire para a respiración e o intercambio gasoso.
    Os seus ollos están moi separados entre si ,a ambos lados da boca, o que lles permite ver hacia os lados e incluso detrás deles, pero o inconveniente disto é que non lles permite ver de frente.
    Algúns cetáceos teñen dentes, metres que outros non, isto depende da súa alimntación; os cetáceos que posuen dentadura teñen a característica de ter o morro máis alargado.
    Teñen unha toleración alta ó dióxido de carbono.
    Para poder nadar a unha gran velocidadae teñen a característica de ter un pescozo pequeno á vez que ríxido.
    Os cetáceos a penas posuen olfato, e para compensar isto, tñen unha capacidade de oído maior que os demáis mamíferos.