SOÑOS OU ESTADOS MENTAIS?


Algunha noite espertaches experimentando a sensación de que caes no baleiro? Ou porque te ves realizando moitas actividades para despois darte conta de que non fixeches nada? Ou sentes que non te podes mover ou non podes respirar ben? Estas son características dalgúns estados mentais relacionados coas etapas do sono que, sen tratarse de soños, gardan unha relación directa con estes e poden chegar a confundirse. Cales son?

Alucinación hipnogóxica: ocorre cando un está a punto de durmirse, o corpo paralízase e só funcionan os músculos dos ollos, corazón, cerebro e respiración. Neste estado é común crer que se está esperto, ata tal punto que se ten a  seguridade de ter os ollos abertos e escoitar cousas ao redor. A característica deste estado é que o corpo non pode moverse. A experiencia máis común é a sensación de caer, ou que hai algo ou alguén na habitación.

Alucinación hipnopómpica: difiren das hipnogíxicas en que se presentan cando as persoas están espertando. Son percepcións que non se corresponden coa realidade obxectiva, pero son vividas como tales, de maneira que o suxeito non as distingue dunha experiencia normal vivida completamente esperto.

Terrores nocturnos: son unhas súbitas reaccións de medo que teñen lugar durante a transición dunha fase de sono a outra. A respiración e o ritmo cardíaco pode acelerarse, e o individuo pode sudar e comportarse coma se estivera alterado. Ao día seguinte, non se ten recordo do terror nocturno.

Pesadelos: é a forma que o noso cerebro ten de facer fronte ás tensións e temores da vida cotiá. Un ou máis pesadelos durante un breve período de tempo poden ser causados por un feito importante da vida (morte dun ser querido, aumento do estrés…)

Sonambulismo: os individuos desenvolven actividades motoras automáticas sinxelas ou complexas (saír da cama, camiñar, orinar…) mentres permanecen inconscientes. É difícil espertalos, pero non é perigoso.

Soños diurnos: é soñar esperto. A mente escapa e déixanos nun espazo que inclúe a imaxinación pero sen poder controlala. É divagar onde toda a nosa estructura mental traballa para aventurar prognósticos agradables ou desagradables, posibles ou imposibles ou gratificantes ou frustrantes. Sempre se refire a algo de interese persoal.

Trance e delirio: diminúe a eficacia do sistema nervioso central para procesar os estímulos sensoriais da contorna e o suxeito segue ao ritmo interno das súas ideas.

 

 

 

 

 

 

Autora: Elisa Pérez

Esta entrada foi publicada en Medicina, Saúde e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

52 Responses to SOÑOS OU ESTADOS MENTAIS?

  1. Victor di:

    Cando estamos durmidos, o normal é que non exista actividade cerebral?

    • fab-taniacores di:

      Cando estamos durmidos a nosa actividade cerebral é máis amplia que cando estamos despertos.
      Está comprobado que cando dormimos o noso cerebro segue desarrollando unha forte acrividade. Durante o soño, detectanse pulsos eléctricos constantes na superficie cerebral que mantén en funcionamento a actividade das neuronas.

    • faa-begonasuarez di:

      Cando estamos durmidos sí e normal que haxa actividade cerebral, xa que o cerebro sempre está en actividade, non descansa.

    • fab-tcores di:

      Cando estamos durmidos a nosa actividade cerebral é máis amplia que cando estamos despertos.
      Está comprobado que cando dormimos o noso cerebro segue desarrollando unha forte acrividade. Durante o soño, detectanse pulsos eléctricos constantes na superficie cerebral que mantén en funcionamento a actividade das neuronas.

    • faa-santiagoescudeiro di:

      Falso, cando durmimos existe actividade cerebral. De feito, o cerebro emprega as horas nas que nós durmimos para asentar e relacionar os sucesos que percibiu durante o tempo anterior no que estivemos despertos, utiliza ese tempo do noso descanso para poder asimilar información percibida, entre outras cousas. Evidentemente a actividade cerebral ten que haber sempre, senon morreríamos. Se non existise actividade cerebral o noso organismo non sabería que ten que respirar, polo tanto faleceríamos, por exemplo.

    • faa-diegocores di:

      Isto non é así, cando durmidos a actividade cerebral segue funcionando, en ocasións con maior intensidade, posto que neste período o cerebro organiza toda a información recollida en todo o tempo que estivemos espertos, por iso é tan importante durmir. Ademais desto, engadir que o cerebro ten que estar en continuo funcionamento, posto que as accións involuntarias como son o latexar do corazón e a respiración son necesarias constantemente e son dirixidas polo cerebro. Se o cerebro non estivese activo, estas accións pararían, causando a morte.

    • fab-fatimachaves di:

      sempre esta en continua actividade xa que mentras durmimos o cerebro entrégase á analise de datos,en tarefas que van dende o esforzo de recordos hata a resolución de problemas.

    • fab-manuelgonzalez di:

      O cerebro nunca para de funcionar,sempre esta activo,incluso se podría falar de que,en estado de sono,o cerebro presenta máis actividade cerebral de cando estamos espertos.

  2. fab-iriamartinez di:

    O cerebro non descansa nin sequera mentras dormimos. Cando reposamos a cabeza na almohada, e perdemos a conciencia, as neuronas non durmen. Polo contrario continúa unha actividade, pode detectarse pulsos eléctricos sincronizados que viaxan continuamente na superficie cerebral, mantendo conectada a actividade neurona.

  3. faa-nicolecorbacho di:

    Cando estamos durmindo o cerebro segue activo durante parte do sono, realizando tareas como a resolución de provlemas ou o esforzo ao recordar.

  4. fab-mmendoza di:

    O noso cerebro nunca descansa. Ainda no sono danse dous mecanismo de defensa. Polo xeral aos 90 minutos de haber conciliado o sono, entramos na fase REM (Rapid Eyes Moviment. É na fase NO REM onde alcanzamos un sono profundo e verdadeiramente relaxador. A actividades cerebral a experimentamos todo o tempo, durmidos ou despertos.

  5. fab-sofiacastineiras di:

    Podría pensarse que a función do sono é deixar que o noso cerebro descanse, deixando de traballar. Pero está comprobado que isto non é así, xa que cando durmimos éste continúa facendoo. É máis, comprobouse que segue desenvolvendo unha forte actividade; durante o sono, detectanse pulsos eléctricos constantes na superficie cerebral que manteñen en funcionamento a actividade das neuronas.

  6. fab-robertopineiro di:

    Durante o sono, o cerebro entrégase á análise de datos, en tarefas que van dende o reforzo de recordos ata a resolución de problemas.Se esto non e asi bamos ter un grabe problema.

  7. fab-martarodriguez di:

    Estou de acordo con todo o que din os meus compañeiros e nosa actividade central mentres dormimos e mallor que cando estamos espertos, o cerebro por decilo de algunha maneira recapacita de todo o que fai durante o día por iso veñen dado todos estes transtornos.

  8. fab-iciacores di:

    Non, o raro é que non exista esa actividade cerebral, pois o noso cerebro non descansa e está sempre en funcionamento. Aínda que pareza que cando estamos durmidos non o utilizamos, o noso cerebro funciona igual que cando recordamos.

  9. Victor di:

    E como é o noso soño?, mentres está durmido podes soñar sempre?

    AVISO: O SÁBADO PECHARASE O FORO

    • faa-begonasuarez di:

      O soño é un estado fisiolóxico de autorregulación e descanso que experimenta un organismo ao durmir. Cando durmimos sempre estamos soñando, aínda que ao despertamos non nos acorde que soñamos, ou nos acorden partes do soño.
      Que recordemos ou non un soño depende da fase na que nos atopemos cando o temos e nos despertamos. Se o temos na fase REM acordámonos ben do que era, si non é nesa, canto máis nos alonxamos dela, menos recordaremos. Ademais, todo o que ocorre durante os cinco minutos previos a que durmamos, bórrasenos da memoria, polo que ao despertar non nos acordamos.

  10. fab-noerodriguez di:

    Si, sempre soñamos ao estar durmidos, mais esquecémonos pola mañán ou só recordamos unhas poucas imaxes do mesmo. O soño dura uns 90 minutos aproximadamente e consta de 5 fases: catro de soño normal e unha última con movementos rápidos oculares (esta é a única parte que podemos recordar de todo o soño). Isto repítese unha media de 5 veces, dando lugar ás horas que pasamos durmindo.

  11. faa-manuelmontes di:

    Si,poderíase dicir que cando durmimos sempre soñamos. Todos soñamos unhas cinco ou seis veces por noite e arredor de unha hora e media en total, aínda que hai periodos nos que estamos durmindo profundamente e sen soñar. Os soños ocupan arredor do 20 por cento do tempo en que se durme, aínda que hai veces que no os recordamos.

  12. fab-martapalacios di:

    Cando durmimos soñamos continuamente. Todas as persoas soñamos unhas cinco ou seis veces por noite, arredor dunha hora e media en total. Estes períodos altérnanse con outros momentos do durmir profundo sen soñar. Os soños ocupan arredor do 20 por cento do tempo no que se durme, só que algunhas veces non os lembramos. Cando estamos durmidos temos moitos soños pero xeralmente só logramos lembrar algúns poucos ou ás veces ningún.

  13. faa-saracastro di:

    Así é. Nós soñamos sempre, todas e cada unha das noites que durmimos. Outra cousa é que pola mañá lembremos ou non o que aconteceu nese soño.
    Podemos dicir que todo o tempo que durmimos é un ciclo, un ciclo que se divide en cinco etapas. Catro delas son de sono normal, pero unha delas é o coñecido sono REM ou, en español, MOR (Movementos Oculares Rápidos). O ideal é que este ciclo se repita unhas cinco ou seis veces, que sería o equivalente a oito horas de sono.
    Aínda que pareza mentira, o feito de lembrar ou non o soño é dependendo de en cal das fases nos espertamos. Se é en plena fase REM, acordarémonos do soño perfectamente. Se non é así, canto máis nos alonxemos da fase REM, menos nos lembraremos.
    Ademais, todo o que sucede nos cinco minutos previos a que nos durmamos, bórrase por completo da nosa memoria. Desta maneira podemos explicar por que non lembramos os soños que nos despertaron durante a noite, xa que para recordar un soño debemos levantarnos e permanecer espertos un rato.

  14. fab-iriamartinez di:

    Si soñamos todas as noites, o soño pasa por varias fases:
    -Fase 1: é un estado de somnolencia que dura uns dez minutos.
    -Fse 2: Disminuye tanto o ritmo cardíaco como o respiratorio, o cal fai máis difícil despertarse. En algúns casos, se chega a un proceso no cal as nosas pulsacións son extremadamente baixas e o soño é tan profundo que o cerebro presenta dificultades para rexistrar contacto co cuerpo, polo que manda un impulso para corroborar as conexións entre o cerebro e o corpo estén en normal funcionamento.
    -Fase 3: hacia o sueño profundo. Pasamos uns 2 – 3 minutos aproximadamente nesta fase.
    -Etapa 4: Fase de sueño lento. Costa moito despertarnos estando nesta fase que dura uns 20 minutos aproximadamente.
    -Fase REM: característica na cal o cerebro está moi activo, o tronco cerebral bloquea as neuronas motrices de maneira que no nos podamos mover. Ésta é a fase onde soñamos.

  15. faa-veronicanoya di:

    Sempre se soña mentres se durme. Estos soños ocupan ó redor do 25 por cento do tempo que durmimos, alternándose períodos sen soños con períodos con soños, dos que temos aproximadamente cinco ou seis cada noite.

  16. fab-angelpineiro di:

    Referíndome a este tema, a cuestión que eu me plantexo é a seguinte:
    Todos sabemos que cando estamos durmindo soñamos…pero, é posible soñar desperto?
    Eu non sabería responder a esta pregunta xa que me plantexo varias posibles respostas… Unha delas é que non se podería soñar desperto xa que para poder facelo temos que estar durmidos. En tal caso, sería pensar e non soñar desperto. Vós que opinades?

  17. fab-sofiacastineiras di:

    Cando unha persona durme sempre soña algo. Pode ser, e é moi frecuente, que ao día seguinte non recordes o teu soño, pero seguro que soñaches algo. É máis, dise que temos ao menos cinco soños por noite.

  18. fab-martarodriguez di:

    Por suposto que é moi normal que a xente soñe todas as noites, a veces temos soños que parecen moi reais e hasta espertamos cansos ou con unha angustia si é algo malo. Respecto o que plantexa Angel non estou segura,pero creo que non é posible soñar espertos, xa que penso que necesita a tranquilidade como a de estar dormidos para facelo.

  19. Victor di:

    Que función ten o soño para os seres vivos? Hai seres vivos que non soñan?

    • faa-begonasuarez di:

      O soño ten varias funcións para os seres vivos:
      -Eliminar os residuos celulares do cerebro, coma a proteína beta-amiloide, responsable da enfermidade do Alzheimer.
      -Consolidación da nosa memoria: algúns estudos demostran a idea de que o sono está implicado nas funcións da memoria de seres humanos e animais.
      O que está confirmado é que os humanos si soñamos, e nos animais tense a certeza de que pasan pola fase REM, polo tanto pode que soñen.

  20. faa-saracastro di:

    A pregunta de “que función ten o soño para os seres vivos?” é un tanto complexa de explicar, pero podemos dicir que son tres as funcións principais. Por unha banda teriamos a teoría da conservación de enerxía, que o que nos ven dicindo é que o ese estado de reposo sírvenos para recuperar a enerxía gastada nesa xornada. Despois temos tamén outra teoría que é a teoría de reparación corporal e neurolóxica. Esta o que nos ven dicindo é que o soño é coma un estado do organismo imprescindible para restablecer a actividade física e cerebral. Por último, outra teoría que hai acerca da función do soño é que este sírvenos para consolidar a memoria. Parécenos un pouco difícil de asimilar este último feito, pero hai estudos que o demostran. Ao parecer, podemos levar a cabo a nosa creatividade mentres durmimos. Este estudo plantea, con máis ou menos exactitude, que Paul McCartney compuxo a súa mítica canción Yesterday mentres durmía; ó igual que Dimitri Mendeleiev vislumbrou a súa famosa tabla periódica de elementos entre soños.
    En canto a se existen ou non seres vivos que non soñan, é algo que non sabemos con exactitude, pero crese que calquer individuo que posua sistema nervioso ten a capacidade de soñar.

  21. faa-sergioserantes di:

    O sono provoca que o cerebro desconecte os seus patróns de pensamento do exterior e reduza a súa actividade, permitindolle ao cerebro recargarse e clasificar a información almacenada ao longo do día. Os animais que teñen que durmir flotando, como as baleas ou os golfiños, e os que durmen de pé, por exemplo, non chegan a acadar a fase REM do sono, que é na que se teñen os soños, co que non poden soñar.

  22. faa-marcromero di:

    Afirmar que os soños son esclusivos do home é completamente falso.De feito todos os seres vivos o fan, polo menos os animais vertebrados.

    Soñar é una actividade do subconsciente que acontece normalmente mentres durmimos, pero no durante toda a noite, hai periodos.

    Entón, si afirmamos que soñar é una actividade do subconsciente, os seres que soñan deben ter consciente que é o que lles permite entender a realidede que os rodea. Un humá soña cousas que lle ocurren ou que imaxina basandose nos seus sentidos e a sua vida cuotidiá. Un león tamén soña pero o seu soño consistirá en cazar unha presa ou outras cousas que fagan os leóns.

    Deste modo, tanto un esser humá como un animal aprenden nos seus soños e lles sirven para mellorar comportamentos…isto é unha hipótesis.

    Por último, é facendo alusión ao título dunha celebre novela de ciéncia ficción, supoñendo que nun futuro hipotético no que a tecnoloxía creae robots cunha intelixencia artificial moi potente, «Soñarian ditos robots con ovellas electricas?», é dicir podriamos os humans crear consciencia? é dicir, é posible crear vida artificial autónoma? refirome a un robot que poda tomar decisions propias.

  23. faa-nicolecorbacho di:

    dado a pregunta, como é o sono ? e, se soñamos?,o sono é un estado fisiolóxico de autorregulación e reposo uniforme dun organismo, e se caracteriza pólos baixos níveis de actividade fisiolóxica e resposta menor dos estímulos externos.
    Como comentan algúns dos meus compañeiros, nós sempre soñamos, pero cando estamos despertos non sempre lembramos o soño que tuvemos.

  24. faa-nicolecorbacho di:

    A principal función do soño é reparar o organismo para poder seguir a vida en condicións óptimas. Unha función fisiológica, soño aparecen materiais cognitivos de difícil interpretación e cun alto contido emocional, a os que moitas veces se lle da moitas diversas interpretacións. E na función psicológica intervén o REM que consolida a nosa memoria e que a recuperación dos nosso recoros,que é mais efectiva despois dun bo sono. En resumen o sono actúa sobre a nosa memoria emocional activando os circuitos cerebrales asociados da emoción, e desactivando o control da entrada e saída dos estímulos. Teñen a capacidade de soñar, todos os indivíduos con sistema nervioso.

  25. fab-iciacores di:

    Pois eu non estou dacordo co que dí Noé de que só recordamos unhas poucas imaxes dos nosos soños. Eu cada vez que soño (que é moi frecuentemente), adoito acordarme de practicamente todo, non só de imaxes, senón do sono completo, as voces, as persoas ou os lugares.

  26. faa-noeliaparracho di:

    As cinco funcións máis aceptadas son:
    1. Compensación: Aínda que podemos ter soños moi abstractos estes poden funcionar como reguladores dos eventos que suceden nas nosas vidas, por exemplo, unha persoa infeliz soñaría cunha extrema felicidade para compensar na vida real.
    2. Mecanismo antiestrés:
    Cando o estrés nas nosas vidas aumenta os nosos soños poden reflictir estes sentimentos para tratar de dar un aviso para relaxarnos.
    3. Procesamento da información.
    Os soños poden funcionar tamén como unha axuda para procesar información ou asimilar sucesos e para reter información aprendida.
    4. Resolución de problemas.
    Cando necesitamos resolver un problema o máis beneficioso é durmir, xa que mentras durmimos o noso corpo busca solucións ó problema e reláxase.
    5. Autorealización.
    Os soños son sempre moi egocéntricos, o que soña adoita ser a personaxe principal no soño, esto é para sentirse realizado.

  27. fab-iriamartinez di:

    O soño serve para recuperar a enerxía que se perde coas diversas actividades. De esta maneira, durante o soño se repoñen diferentes hormonas, tamén favorece a producción de anticorpos, se crean as hormonas de crecimiento, inflúe no proceso de cicatrización e reparación da maioría dos texidos e na correcta función dalguns órganos.

  28. fab-ariadnacordal di:

    Soamente está confirmado que o ser humano é capaz de soñar, pero os animais si pasan pola fase REM e é probable que soñen tamén.
    Existen diversas hipóteses sobre as funcións do soño no ser humano, e a maioría aínda non se demostraron. As teorías máis importantes son: a da conservación de enerxía, a reparadora, a de protección e a da fortaleza da memoria. Algúns científicos indican que soñar axuda a reparar o organismo para seguir coa vida en condicións óptimas, é dicir, descansar. Outros, que serve para recuperarse dos esforzos sufridos durante o día, ou para preparse para o día seguinte. Tamén pode servir para fortalecer a memoria; dise un bo sono axuda a recordar mellor as cousas.

  29. faa-veronicanoya di:

    As funcións son:
    1.-Compensación: os soños son métodos de compensación dos eventos das nosas vidas.
    2.-Mecanismo antiestrés: os soños reflexan os nosos sentimentos, podendo avisarnos así de que debemos baixar o nivel de estrés da nosa vida.
    3.-Procesado da información do día: axudan no proceso de asimilación de sucesos e na retención de información.
    4.-Resolución de problemas: soñar é esencial para organizar os recordos e para intentar mostrar solucións a certos problemas.
    5.-Autorealización: os soños reflexan os nosos desexos.

    Só temos a certeza de que os seres humanos soñen, non o sabemos de ningún outro ser vivo, aínda que os animais si pasan pola fase REM, sendo probable que tamén soñen.

  30. Victor di:

    RECORDADE QUE O SÁBADO SERÁ PECHADO O FORO

  31. fab-noerodriguez di:

    Sábese que o ser humano é capaz de soñar, non obstante, os animais seguen o mesmo proceso e padecen as mesmas fases que o home (como a fase REM), así que probablemente sexan capaces de soñar. A pesar diso, non todos os animais pasan pola fase REM así que non sabemos se estes son capaces de soñar. As principais funcións do soño son:
    -Rememorar cousas que pasaron na nosa vida.
    -Organizar os nosos recordos.
    -Procesar a información obtida o día anterior.
    -Relaxarnos, é dicir, reducir o noso estrés.
    -Axudar co proceso de retención de información.

  32. fab-aidagonzalez di:

    O soño é unha parte importante da vida, xa que sen ela non poderíamos realizar as actividades que facemos cando estamos despertos porque non teríamos a enerxía suficiente, esta enerxía recupérase descansando, é dicir, durmindo. Mentres durmimos, en ocasións, podemos soñar. Isto é que mentres durmimos manexámonos nunha “realidade virtual” que non existe, soamente existe na nosa cabeza.
    Non só os seres humanos soñamos, os animais tamén o fan aínda que poida que uns máis ca os outros xa que uns teñen máis conciencia de onde están e do que son.

  33. Victor di:

    Está demostrado que exista relación entre o soño e a aprendizaxe?

  34. faa-igonzalez di:

    Os soños e o aprendizaxe si que están relacionados. Dormir axuda a consolidar o aprendizaxe, fixar os coñecementos e contribúe a mellorar as habilidades adquiridas, segundo numerosos estudios realizados, pero aínda non se estableceron con certeza os mecanismos que explican esta relación. Nestes estudos realizados observouse que o aprendizaxe dunha habilidade motora asociábase de forma moi significativa cos cambios nas ondas cerebrais, mismos que se producían na fase coñecida como soño de ondas lentas, que é cando o soño é o suficientemente profundo para xerar actividade nun área do cerebro que xa se asociara coas habilidades motoras.

  35. faa-ricardop di:

    Penso que sí, que hay estudos sobre que a aprendizaxe está moi influenciada polos soños, xa que durante os soños, aparte de soñar, recordamos todo o que fixemos durante o día.
    Moitas veces axudando a que un concepto quede claro.

  36. faa-saracastro di:

    Sí, hai estudos que demostran que sen soño non hai aprendizaxe. É dicir, o cerebro precisa durmir para recuperar enerxía e mellorar así a memoria. Polo contrario, nós estariamos esgotados e non rendiríamos o suficiente, posto que mentres durmimos estamos recuperándonos da gran cantidade de sinapsis (unión intercelular especializada entre neuronas ou entre unha neurona e unha célula efectora) que realizamos durante o día.
    En definitiva, a enerxía é a clave para que o noso cerebro funcione como debe funcionar.

  37. fab-ariadnacordal di:

    Si, está demostrado. Cando durmimos e pasamos pola fase MOR, o noso cerebro diminúe o tamaño de das sipnasis, que son unións entre as células nerviosas onde se traspasan sinais eléctricas ou químicas. Para aprender máis cousas, o cerebro necesita espazo para sipnasis novas. E por suposto, o soño fai que o cerebro descanse e recupere enerxía, fase moi importante tamén.

  38. faa-laurapaz di:

    Si, realizáronse estudos que demostran que o soño e a aprendizaxe están relacionados. Un dos estudos indica que durmir máis horas mellora a capacidade de aprendizaxe do cerebro. Unha profesora de psiquiatría di que “para o cerebro, a enerxía éo todo. Aprender sen soño é insostible desde un punto de vista enerxético”. O estudo fala da importancia de durmir para a consolidación da memoria e para a abstracción. No experimento observouse que as persoas que durmiron tiveron maior capacidade de memorizar unha secuencia de estímulos que o grupo de control non fixo.

  39. faa-veronicanoya di:

    Aprender sin sono é insostible desde un punto de vista enerxético, ademáis necesitamos o sono para reducir as sinapsis e deixar espazo para as novas.

  40. faa-nicolecorbacho di:

    Si existe a relación entre o soño e a aprendidaxe, por exemplo os estudantes, despois dun rendemento duro ou dun esforzo duro, reflexan un sono paradóxico, que quere decir: que durante o sono, as ondas cerebrais son mais rápidas, que os movemento oculares son máis rápidos, a respiración e o latido cardíaco é mais rápido e incluso hay movementos esporádicos musculares, cando as persoas con deficiência mental mostran movementos oculares máis lentos que unha persoa sen deficiencia, e cós superdotados é todo o contrario.
    Ter soños paradóxicos incrementa a consolidación da memória.
    As funcións do soño paradóxico é a de reprocesar activamente as actividades que fixemos durante o día ou durante as semanas anteriores, por tanto é importante durmir ben e as horas suficientes par poder rendir durante o dia.

  41. fab-iriamartinez di:

    Dormir axuda a consolidar o aprendizaxe, fixa os coñecementos e contribúe a mellorar as habilidades adquiridas. Todo sucede mentras durmimos, pero a ciencia aínda non puido descubrir os mecanismos que explican esta relación.

  42. fab-beatrizcasal di:

    Si, os diversos estudos suxiren que existe unha correlación entre o sono e as funcións da memoria. Os investigadores do sono dixeron que unha parte esencial da memoria e da aprendizaxe consiste en que as dendritas das células nerviosas envíen información ás células para facer novas conexións neuronais. Para facer este proceso, as dendritas non deben recibir ningún tipo de información externa e por iso suxírese que acontece durante o sono.

  43. fab-elisaperez di:

    O sono actúa sobre o noso organismo como un descanso reparador, tanto das facultades físicas como intelectuais. Ademais, os soños, en certo sentido, son derivados das nosas vivencias, medos, teimas, traumas, alegrías, etc. E, polo tanto, serven para coñecernos un pouco mellor e para facernos reflexionar sobre moitas características da nosa personalidade.