SELVA AMAZÓNICA

A Selva Amazónica é unha vasta rexión da parte central e septentrional de América do sur que comprende a selva tropical da cuenca do Amazonas.

A Selva Amazónica, aporta o 20% da auga doce ó planeta e gran parte do osíxeno, estará case perdida en 40 anos. Segundo a Rede Amazónica de Información Socioambiental (RAIS), as presións e ameazas que pesan sobre este ecosistema continental, extendido por nove países, está levando a que as paisaxes da selva, diversidade socioambiental e agua doce sexan reemplazados por áreas degradadas. Entre o ano 2000 e o 2010, taláronse preto de 240.000 km2 de bosques, extensión equivalente ao territorio do Reino Unido. Xa hay un arco de deforestación que se extende desde Brasil ata Bolivia e unha zona de presión hídrica e explotación petroleira na Amazonia andina.

Se os intereses económicos que avanzan nesta zona se concretan, esta convertirase nunha sabana con só illas de bosques; e en 20 anos só teriamos o 45% do que existe hoxe alí. Tanto a fauna como a flora desde rico ecosistema corren perigo.

Autor: Jorge González

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade, Ordenación do territorio, Recursos naturais, Sobreexplotación dos recursos, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

30 Responses to SELVA AMAZÓNICA

  1. Victor di:

    Encontrades algunha semellanza entre este artigo e o anterior?

    • faa-adrianmartinez di:

      Si hai semellanzas. Este artigo é un exemplo da sobreexplotación dalgunhas zonas da Terra. O que provocará a ausencia de recursos e que teñamos que recorrer a métodos coma o do artigo anterior.

    • faa-christiancacabelos di:

      Ola!
      A semellenza que eu atopo entre o anterior artigo e este novo é o que o home fai por conseguir materias primas sen importarlle as consecuencias biolóxicas ata que chegan a problemas socioeconómicos e atópanse coa falta desta materia.

    • fab-iriamartinez di:

      Si nos dous casos quérense explotar os recursos dun lugar, neste caso a tala de árbores.

    • faa-larafernandez di:

      A semellanza entre estos dous artículos, como comentan os meus compañeiros, e que nos dous se explota unha zona, tanto espacial como terrestre en cada caso. Na Terra estase explotando esta selva tropical, que sendo un método barato seguirase levando a cabo durante moito tempo, que é o que lles interesa as empresas, a pesar das moitas protestas en contra desta explotación dun medio natural moi importante.

    • faa-begonasuarez di:

      Si hai semellenzas entre estes dous artigos, xa que este fálanos sobre a explotación que ocorre na Amazonia, e que a longo prazo tería un aspecto negativo, polo que existirían alternativas coma no artigo anterior, que nos fala dunha nova maneira de conseguir recursos fóra da Terra.

    • fab-manuelgonzalez di:

      Si,en ambos artigos tratan da explotación de materias primas,neste caso fala da deforestación do bosque Amazonas,coñecido pola súa gran aportación de osíxeno o mundo como “O pulmón da Terra”.

  2. fab-marcosdaporta di:

    Sí, en los dos casos se quiere explotar los recursos de un lugar. La diferencia es que en este caso, se explota una zona con vida mientras que en el anterior se sale de la Tierra, lógicamente es más barato este método y por eso seguirá siendo explotado, tristemente.

  3. faa-fatimaf di:

    Hai unha clara semellanza entre estes dous artigos. Ambos tratan de explicar o que está disposto a facer o home por conseguir recursos enerxéticos, sen importarlle o gran impacto ambiental que poidan producir.

  4. fab-martapalacios di:

    Si, nos dous casos explótanse recursos dun sitio e en ambos móstrase o que o home está disposto a facer e invadir con tal de ter o maior número e mellores materiais.

  5. Victor di:

    Por que, na amazonia, resulta tan problemático a perda do bosque (perda de árbores)?

    • fab-taniacores di:

      Resculta tan problemático porque contén a maior riqueza florística, e casi con certeza, é unha das concentracions máis altas de especies de plantas vasculares aún por descrubir.

    • faa-begonasuarez di:

      Na Amazonia resulta problemático a perda de bosques porque é unha zona rica en flora e fauna, e o que se consegue con esta explotación é que pouco a pouco vaian desaparecendo certas especies.

    • fab-tcores di:

      Resculta tan problemático porque contén a maior riqueza florística, e casi con certeza, é unha das concentracions máis altas de especies de plantas vasculares aún por descrubir.

    • faa-santiagoescudeiro di:

      Por que, na amazonia, resulta tan problemático a perda do bosque (perda de árbores)?
      Responder
      A perda de bosque na amazonia é un problema moi grave, xa que ao perder árbores en gran cantidade, perdemos a gran cantidade de osíxeno que estas liberan á atmosfera. As árbores tamén funcionan como depuradoras: filtran o C02 e a contaminación que existe no aire da actualidade que temos que respirar a especie humana para sobrevivir. Polo tanto talalas non é algo bo.
      Outro punto de conflicto da perda de árbores é a destrución de fauna e flora como ben se di no artigo, xa que ao talar árbores acábase co fogar de moitos animais que se refuxian alí dos seus depredadores. Das árbores tamén saen froitos e outros produtos que os animais aprobeitan para alimentarse e que ao desaparecer ditas árbores, desaparecerían tamén moitos animais.

  6. faa-fatimaf di:

    Porque a selva amazónica é o bosque tropical máis extenso e con maior biodiversidad do mundo.

  7. fab-robertopineiro di:

    A biodiversidade nos diversos hábitats do bosque pluvial do Amazonas é probablemente maior que en calquera outro ecosistema no mundo. Todos os bosques, e especialmente os bosques tropicais, exhiben unha gran riqueza en especies. Non obstante, o inmenso tamaño da rexión amazónica fai que sexa o lugar máis diverso en termos ecolóxicos do mundo.

  8. fab-martarodriguez di:

    Porque na amazonia hai como gran diversidade de especies de árbores, si esas árbores desaparecen a parte de facerlle moito dano a un ecosistema podría suceder a desaparición de moitas plantas e xa non se sabería máis delas.

  9. fab-iciacores di:

    A amazonia é un dos conxuntos máis ricos tanto en vexetación como animais. Se a perda do bosque continúa, a natureza sofrirá graves consecuencias, entre elas:
    -A perda de biodiversidade. Desaparecen primeiro os animais máis grandes como poden ser os tigres ou os monos, despois os insectos e como consecuencia, as plantas.
    -Repercusión sobre as precipitacións: As alteracións na vexetación levarán ás alteracións no balance de enerxía, o que quere dicir que a auga conducida ó océano aumenta e a humidade relativa disminúe.

  10. faa-nicolecorbacho di:

    resultaría problemática a perda do bosque amazónico, dado que hay millóns de plantas, animáis e insectos que a ciencia aínda non a estudado, ademáis por que é coñecida como o gran pulmón do mundo e, nos proporciona dióxido de carbono e osíxeno.

  11. Victor di:

    Ao que me refería era a que cando desaparecen as árbores, o solo tropical é moi pobre e non deixa crecer vexetación; por que?

    AVISO: O SÁBADO PECHARASE O FORO

  12. faa-saracastro di:

    É moi sinxelo de explicar. As árbores almacenan auga e logo libérana á atmosfera. Este ciclo da auga é unha parte moi importante do ecosistema, xa que moitas plantas e animales dependen dela. Cando se cortan ou desaparecen as árbores, xa non hai nada que reteña ou almacene a auga, polo que nos leva a un clima moito máis seco. A pérdida de árbores tamén causa erosión debido a que non hai raíces que reteñan o solo, e entón, as partículas deste solo son arrastradas hacia os lagos e ríos, matando así os animais que hai na auga.
    Como ben podemos ver, a desaparición de árbores non só influen na vexetación, senón que tamén afectan ós animais.

  13. faa-veronicanoya di:

    Esto non só pasa no solo tropical. Cando desaparecen as árbores non hai raíces para suxeitar a terra, de forma que as novas sementes non se poden depositar nesas zonas, xa que se producen escorregamentos do terreo con moita facilidade, que as desprazan cara outros lugares, máis aínda nun clima tropical, no que as chuvias torrenciais arrastran estas partículas cara os ríos. Ademáis, ó non haber árbores non se depositan follas nin ramas no solo, que son un importante aporte de nutrintes.

  14. Victor di:

    Por que a vexetación da selva tropical é tan fráxil?

    • faa-sergioserantes di:

      A vexetación dos bosques tropicais é tan fráxil debido a que cada unha das especies se atopa vinculada de maneira funcional a tódalas demais. Deste modo, atacando unha soa delas, este dano sería “contaxioso”, afectaría de xeito directo ao resto de especies.

  15. faa-veronicanoya di:

    Penso que a fraxilidade desta vexetación se debe ó nivel de precipitacións desas zonas, nas que as precipitacións se concentran e de precipitan de forma violenta, facendo que incluso zonas pouco inclinadas estén expostas a altos niveis de erosión se non están protexidas, sometendo a esta vexetación a unhas duras condicións.

  16. Victor di:

    RECORDADE QUE O SÁBADO SERÁ PECHADO O FORO

  17. fab-gretageorgieva di:

    A fraxilidade da vexetación dos bosques tropicais ven dada pola abundancia de nitroxeno nestes terreos e tamén pola elevada humidade, que provoca un cremento brusco das árboles e como conseguinte a súa fraxilidade.

  18. fab-noerodriguez di:

    A vexetación da Selva tropical é fráxil debido ás múltiples precipitacións e tormentas que se producen nesa zona e tamén debido a que o chan é rico en nitróxeno. Isto fai que as árbores da zona medren moito e ademais sexan fráxiles. Tamén existe a posibilidade que non só sexa que as árbores sexan fráxiles, pode que sexa que o ser humano tamén é moi forte e lle resulte moi sinxelo destrozar todas esas hectáreas.